Documento 2608672

Anuncio
O aprendiz de
bruxo e Os Invisibles
PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL
Jordi Sierra i Fabra
O aprendiz de bruxo
e Os Invisibles
PREMIO EDEBÉ DE LITERATURA INFANTIL
rodeira
Obra gañadora do Premio EDEBÉ de Literatura Infantil segundo
o ditame do xurado formado por: Teresa Colomer, Toni Iturbe,
Esperanza Nova, Roberto Santiago e Vicenç Villatoro.
Título orixinal: El aprendiz de brujo y Los Invisibles
© Jordi Sierra i Fabra, 2016
© Ed. Gal.: rodeira, 2016
Rúa Rafael Alberti, 11, baixo
15008 A Coruña
www.edebe.com
Atención ao cliente 902 44 44 41
contacta@edebe.net
Directora de Publicacións: Reina Duarte
Editora de Literatura Infantil: Elena Valencia
Traducción: María Xesús Gómez Sanjurjo
Deseño gráfico de cuberta: César Farrés
Ilustracións: Francisco Ruizge
Primeira edición: marzo 2016
ISBN 978-84-8349-506-3
Depósito Legal: B. 4466-2016
Impreso en España
Printed in Spain
Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares,
agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta
obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).
Índice
Primeira parte: A noite dos mortos viventes
1. A estraña poción
do profesor Haggath ....................................... 8
2. Unha besta no cemiterio
de Parr-Harway ............................................. 20
3. A resurrección de
Meredith Conway... e algo máis ...................... 31
4. Un morto anda solto ...................................... 41
Segunda parte: O primeiro día
5. O poder de tres simples pingas ....................... 52
6. No orfanato Monroe ...................................... 63
7. O morto vivente da rúa McDougal .................. 75
8. Preparando a nova escapada .......................... 88
9. Un rostro na parede ...................................... 99
Terceira parte: O segundo día
10. Na procura dos Invisibles ............................ 114
11. O xornalista do Daily Today ...................... 126
12. A gran sorpresa dos Invisibles ..................... 138
13. Plans para desenmascarar
un asasino ................................................ 150
Cuarta parte: O último día
14. A alegre e feliz xornada
de Jonas Petigrew ..................................... 160
15. A pantasma .............................................. 172
16. O encontro de dous vellos inimigos ............. 182
17. Fronte a fronte .......................................... 194
18. Medianoite no cemiterio ............................ 206
Epílogo: Ao día seguinte...
19. Un futuro perfecto (ou case…) .................... 212
Primeira parte:
A noite dos mortos viventes
1
A estraña poción do
profesor Haggath
Á
s veces non sabía como facía para
se mover coa súa cadeira de rodas
entre tantos centos, miles de botes, botellas,
caixas, recipientes ou pebideiros cheos de
pos e líquidos de todas as cores. Pero facíao,
e facíao rápido e con precisión milimétrica.
Igual que cando lle tomaba as medidas a cada
cousa. Unha cullerada pequena de pos vermellos, dous chiscos de pos verdes, un vaso
de líquido azul, medio de líquido amarelo, o
xusto e exacto de rabo de lagarta, tres follas
de plantas cortadas de pola mañá ou a folla
dunha planta seca coidadosamente gardada,
9
as especias, o ollo dunha rata morta, a pluma
dunha pomba, un pouco de vento capturado ao voo, unhas pingas de choiva de pri­mavera…
Todo ía parar á pota que se quentaba no
lume e da cal fluía un fume branco, case vivo.
Un fume que adoptaba formas no aire durante un segundo, ou dous, e logo esvaíase.
Na pota, os ingredientes fervían formando
burbullas.
Era o único que se escoitaba, porque a
cadeira de rodas do profesor Haggath non
facía ruído ningún.
«Plub, plub, plub».
Mortimer observábao todo desde un recuncho.
Case sen respirar.
Porque o profesor Haggath tíñache moi
mal xenio.
Se se poñía era quen de o converter a el
nunha lagarta e quitarlle o rabo para llo botar
a unha das súas apócemas.
10
—Ben, isto xa case está —detívose de súpeto o alquimista cun aquel de orgullo na
voz.
Os dous, un de preto e o outro de lonxe,
quedaron mirando para a cocción da estraña
mestura.
Só faltaba o último.
O máis importante.
Que o profesor Haggath pronunciase as
palabras máxicas e adecuadas no momento
único e preciso.
«Miau…», miañou Arquímedes, o gato e
mellor amigo do profesor.
—Cala, que non é a túa cea —rifoulle el.
Arquímedes afundiu a cabeza entre as
patas dianteiras, pechou os ollos e colocou
o extremo da súa longa cola fronte a eles,
coma se, xa que non era a súa cea, non quixese ver nada do que estaba a facer.
Mortimer sabía que Arquímedes era malo.
Só lle faltaba falar.
11
E se noutro momento da súa vida foi un
neno ou unha nena e o profesor Haggath o
converteu en gato?
Era posible?
Ben, a maxia… non, a maxia non. O poder alquimista do profesor era moi notable,
pero tanto…
Ademais, Arquímedes adorábao.
O reloxo da igrexa de St. John’s resoou
na noite coas súas badaladas lentas, graves.
Mortimer contounas, aínda que sabía perfectamente que eran once. Cando se extinguiu
a última polo aire, a luz da lúa entrou pola
xanela coma unha admonición, no momento en que unhas nubes se apartaron para
descubrila.
O rapaz mirou pola xanela.
A lúa estaba chea, como tiña que ser para
que a apócema funcionase. Chea, perfecta,
branca, coma un faro iluminando a escuridade.
Ela marcaríalle o camiño.
12
Tería que correr para chegar antes da medianoite ao cemiterio de Parr-Harway.
O fume que saía da pota que estaba no
lume formou unha caveira no aire. Unha caveira tétrica, de grandes ollos negros. Flotou
ingrávida ata que, aos poucos, a súa boca de
dentes rectos comezou a subir polos lados.
Mortimer anicouse un pouco máis no seu
recuncho.
Había momentos en que, malia todo, o
medo podía con el.
A caveira botou unha risa.
Daquela, o profesor Haggath comezou o
esconxuro.
A parte final de todos os seus traballos,
porque a el non lle gustaba chamarlles feitizos. Non era un mago. Como moito un bruxo. Un bruxo co poder ancestral de todos os
dominadores da enerxía, os sabios capaces
de entender a física e a química dos elementos, mesturándoa coa forza das sombras e
os ritos herdados da escuridade do pasado.
14
Algo que só pasaba de pais a fillos, ou de
mestres a aprendices.
—Aixakalandra munharis guggan ha!
—levantou as dúas mans cara ao ceo sen
deixar de mirar a caveira riseira—. Que o
río da vida volva fluír en ti! Que a terra che
devolva a súa enerxía! Que as sombras dean
paso a unha nova luz!
A caveira sorriu máis aínda.
O profesor Haggath estendeu as dúas
mans por encima do recipiente.
—Moh ajkadarm suggestered vij! —berrou.
A caveira esvaeuse paseniñamente.
A pota tremeu.
O lume que a quentaba apagouse de súpeto.
—Sexa!
E fíxose o silencio.
Mesmo as candeas, que un momento antes abanaban as súas lapas nerviosas, están
agora moi quietas, e espallan a súa difusa
claridade polo laboratorio.
15
Sempre que acababa a elaboración dunha
poción, o profesor quedaba exhausto, e desta volta tamén. Deixouse caer cara a atrás
na cadeira e arquexou coma se acabase de
facer unha longa carreira sobre as súas pernas. Arquímedes volvía ter os ollos abertos.
Mortimer saíu do seu recuncho.
—Quere que o faga eu, señor? —preguntoulle ao seu amo ao ver o seu esgotamento.
Peter Hawthorn-Thorne Haggath ergueu
a man dereita.
—Insensato —arquexou—. Non ves que
unha soa pinga derramada, unha soa, cambiaría o devir dos acontecementos segundo
onde caese?
—Só quería ser de máis axuda —inclinou
a cabeza submiso.
—Xa o es —dixo o alquimista—. Para ser
un neno non o fas mal. E es listo. Poida que
algún día herdes os meus coñecementos. Pero mentres tanto…
Mortimer sacou peito.
16
Algún día.
De momento só tiña doce anos e levaba
pouco máis de tres co seu mestre.
Escollido entre todos os do orfanato Monroe.
Deixouno facer. Haggath seleccionou unha
botella de cristal cun tapón de cortiza. Sacouno e puxo un embude na boca da botella.
Logo, protexeu ambas as mans con luvas de
pel e colleu a pota quente con coidado, e con
máis coidado aínda verteu o líquido final na
botella a través do embude.
Máis que un líquido, era unha pasta que
non se pegaba nin á pota nin ao embude,
como o mercurio, que parecía líquido pero
non mollaba nin deixaba restos. A súa cor
era estraña, gris escura con pintiñas vermellas, verdes, azuis, amarelas e laranxas. Ata
a última pinga pasou da pota á botella, que
quedou practicamente chea. Despois, deixou
a pota de novo sobre as brasas misteriosamente apagadas e pechou a botella co tapón.
17
—A túa quenda —díxolle a Mortimer.
O mozo foi agarrala.
A man do seu amo agarrouno.
—Escoita —fitouno aos ollos—. Cumpriches moitos encargos, fuches un eficaz
recadeiro e servente, nunca tiveches un problema, es rápido, fiel, e iso hónrate. Pero
isto —sinalou a botella coa outra man—, é
diferente. Moi diferente ao que imaxines, ou
ao que puideches ver aquí ata agora. Trátase
dun encargo especial. Na vida unicamente
fixera un parecido, hai bastantes anos. É
unha poción moi moi forte, única, difícil, que
só pode funcionar esta noite. A persoa que o
pediu pagarame moito diñeiro por isto —os
seus ollos viránronse un pouco máis pequenos—. En primeiro lugar, debes levarllo antes
das doce. En segundo lugar, debes entregar
a botella intacta. Non a abras. Que non se
derrame nin unha pinga! Entendíchelo? Nin
unha! Se unha soa desas pingas caese noutro lugar, podería desencadear algún feito…
18
preocupante, por dicilo de forma suave!,
entendes? Plimton encárgase de cobrar. Ti
lévao. Lembras o enderezo?
—Cemiterio de Parr-Harway, detrás da
parroquia da Madeleine, ao fondo, xunto ao
muro que dá ao río. Eles estarán alí, agardando por min.
—Ben —a man deixou de lle premer o
brazo—. Levas o teu zurrón?
—Si —e ensinoullo.
O profesor Haggath colleu a botella coas
dúas mans. Debía de conter polo menos un
litro. Colocoulla el mesmo no fondo acolchado do zurrón, a proba de tropezos inoportunos e caídas. Mortimer notou o seu
peso.
—Imos, corre —ordenoulle o seu amo—.
Tes o tempo xusto.
—Si, señor.
Deu media volta. Os primeiros pasos.
«Miau!», miañou Arquímedes, coma se se
despedise.
19
—Non corras, pero vai rápido! —foi o último que escoitou de beizos do alquimista.
Como se ía rápido sen correr?
Xa na rúa lanzouse con valor.
Que raios, tiña doce anos, era áxil, nunca
caeu.
Descargar