Manzaneda Paula Salgado Pérez 45159110J jjjjjj Índice 1. Introducción........................................................................................... páx.3 2. Ubicación e descrición da zona............................................................. páx.3 3. Datos demográficos............................................................................... páx.4 4. Análise DAFO....................................................................................... páx.5 5. Explicación factores do DAFO............................................................. páx.6 6. Bibliografía........................................................................................... pax.10 2 Para este traballo escollín o concello de Manzaneda porque, principalmente, é onde viven os meus avós, concretamente en Raigada, e estou bastante familiarizada con el. Tamén o escollín porque me parece un concello bastante bonito e con moitos recursos que deberían estar máis valorados. Ademais, para realizar este traballo conseguín facerlle unhas preguntas a través do correo electrónico ao alcalde do concello, Amable Fernández Basalo. Ubicación e descrición da zona O concello de Manzaneda está situado na parte nororiental da provincia, a 80 quilómetros de Ourense, na comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Limita ao norte co concello da Pobra de Trives, ao leste co Bolo, ao sur con Vilariño de Conso e ao oeste con Chandrexa de Queixa. O alcalde deste concello é Amable Fernández Basalo, que pertence ao PSOE. A súa superficie é de 114,6 km². Está composto por 10 parroquias: Cernado (Santa María), Cesures (Santa María), Manzaneda (San Martiño), Paradela (Santo Antonio), Placín (Santiago), Raigada (Santa María Madanela), Requeixo (San Bartolomeu), San Martiño de Manzaneda (San Martiño), San Miguel de Bidueira (San Miguel) e Soutipedre (San Marcos). En total, a este concello pertencen 30 pobos, que son os seguintes: A Corredoira, A Madroa, A Mata, As Escadas, Bidueira, Borruga, Cernado, Cimadevila, Cubeiros, Escourido, Langullo, Manzaneda, O Souto de Rozavales, Palleirós, Paradela, Placín, Rebodepó, Raigada, Requeixo, Rozavales, San Martiño, San Miguel, San Paio, San Pedro, San Vicenzo, Seoane, Soutelo, Soutipedre, Tonxil e Trabazos. En canto ás infraestruturas e comunicación do concello con outros, existe unha línea de autobuses que pasa por algúns dos pobos do municipio para ir pola mañá e para volver á noite, ademais de que tamén hai tres taxis propios do concello de 3 Manzaneda. Destaca á estación de esquí de Manzaneda ou Cabeza de Manzaneda, que é a única estación de esquí de Galicia e está situada nas ladeiras norte e sur do Macizo Central Ourensán. Por último, no concello hai un colexio, situado en Manzaneda, que imparte as ensinanzas infantil e primaria e dispón de pavillón con actividades extraescolares, comedor, biblioteca e transporte escolar. Datos demográficos O concello de Manzaneda ten unha poboación total de 870 persoas, segundo os datos de 2019, sendo 422 homes e 448 mulleres. En canto a poboación por idades, con menos de 16 anos hai 47 persoas (19 homes e 28 mulleres), 435 habitantes entre 16 e 64 anos (222 homes e 213 mulleres) e 388 persoas con mais de 64 anos (181 homes e 207 mulleres). Polo que se pode observar nestes datos, a poboación deste concello está bastante envellecida, xa que, aínda que o 50% da poboación maior de 16 anos e menor de 64, a poboación maior de 64 anos representa aproximadamente o 45% da poboación total, sendo o 15% os menores de 16 anos. Sobre a variación de habitantes, no ano 1981, Manzaneda tiña 1954 habitantes, 1084 máis que no ano pasado. A partir dese ano, a poboación comeza a diminuír cada ano máis, deixando atrás a cifra de 1000 habitantes no ano 2013. En canto a poboación por sexo pódese ver que está bastante equilibrada, habendo soamente 26 mulleres máis. Polo que se refire á poboación estranxeira, soamente hai 16 persoas, 7 homes e 9 mulleres. De Europa atopamos 7 persoas estranxeiras, un procedente de Italia, 6 procedentes de Rumanía e 4 de Ucraína; de América hai 4 persoas, 1 de Colombia, 2 de República Dominicana e 1 de Venezuela; e por último 1 persoa de Asia. Por estes datos, obtidos do ano 2019, pódese deducir que a poboación estranxeira é escasa nesta zona. Polo que se refire aos indicadores demográficos, a taxa de natalidade de Manzaneda é dun 0’34%, mentres que a taxa de mortalidade é dun 2’74%. Sobre o paro, pódese observar que o número total é de 30 persoas aproximadamente (non é un dato exacto xa que é a media de varios meses), dos cales 19 pertencían ao sector servizos. 4 Análise DAFO Plano Interno Debilidades - - Fortalezas Estradas en mal estado e falta de - Gran cantidade de patrimonio e medios de transporte que o espazos naturais para actividades faciliten turísticas Poucas instalacións turísticas que - aproveiten o territorio do concello - Falta de aloxamentos turísticos - Poucos fondos do concello Estación de esquí, que trae moitos ingresos ao concello - Moitas festas e tradicións culturais propias dos distintos pobos destinados á promoción deste - Gastronomía e produtos típicos da zona Plano Externo Ameazas - Pandemia provocada polo Oportunidades - COVID-19 - Invernos con falta de precipitacións grazas a pandemia - e forma de neve - - Falta de interese dos inversores Fomento do turismo de cercanías Aumento do turismo de natureza e rural - Nova tendencia de persoas novas potenciais do turismo que se mudan ao rural e emprenden Clima moi frío con moitas negocios precipitacións en forma de choiva - 5 Explicación factores do DAFO Plano Interno: Debilidades: Estradas en mal estado e falta de medios de transporte que o faciliten: O concello está situado a 80 km de Ourense, pero debido á súa situación xeográfica non pasa ningunha estrada nacional ou ningunha autopista ou autovía, e para chegar a el hai que pasar por moitos pobos e estradas que están en bastante mal estado. Neste punto tamén hai que destacar que para chegar a el existen poucos medios de transporte, xa que o único autobús que pasa por aí é o que vai a Ourense e volve só unha vez a día. Como propostas para mellorar esta situación, plantexaría unha inversión económica, xa sexa propia do concello ou das axudas do Estado, para arranxar e mellorar as estradas que van a Manzaneda e un servicio de autobuses máis amplio que o existente. Poucas instalacións turísticas que aproveiten o territorio do concello: Como se pode observar, o concello de Manzaneda está rodeado por montañas nas que se poden realizar diversas actividades, como sendeirismo o rutas con cabalos, ademais de poder visitar o patrimonio histórico do que gozan todos os pobos, por exemplo a capilla de San Paio en Reigada ou todas as igrexas situadas por esta zona, suxerindo así que o concello debería promocionar o turismo relixioso. As solucións que eu aportaría a esta debilidade sería máis aportación monetaria por parte do concello para aproveitar estes recursos, como por exemplo ofertar rutas de sendeirismo polas montañas dos arredores ou outros servicios similares, e dedicarlle máis importancia ao sector turístico do concello. Falta de aloxamentos turísticos: En todo o concello pódese observar que hai poucos aloxamentos destinados ao turismo, aínda que este non é moi grande. O problema atópase cando é temporada alta de esquí e non chegan os aloxamentos para todo o volume de xente que acude, xa que é a única estación de esquí de Galicia, e moitos deles teñen que aloxarse en concellos veciños. Entre estes hospedaxes atopamos o Pazo da Pena, o hotel e os bungalós da estación de esquí e o hostal O Pendón. Para que o concello non perda eses ingresos da xente que se aloxa noutros pobos alleos, proporía que este estableza un negocio con concellos de arredor para poder enviar á xente que queira facer esquí en 6 Manzaneda ou simplemente queira facer turismo pola zona e non teñan sitio en ningún aloxamento dentro do concello, recibindo así unha parte dos ingresos deses aloxamentos. Poucos fondos do concello destinados á promoción deste: Como se pode observar, a promoción do turismo desta zona vai dedicada principalmente a atraer xente á estación de esquí, que é a razón pola que a xente coñece este concello. Dende a miña perspectiva, Manzaneda ten moitos máis recursos para explotar a parte da estación, e debería destinar parte do presuposto da promoción da estación a outros recursos turísticos dos que goza, como por exemplo as propostas anteriormente suxeridas sobre rutas de sendeirismo ou outros tipos de turismo como o gastronómico ou o relixioso. Fortalezas: Gran cantidade de patrimonio e espazos naturais para actividades turísticas: Como xa se comentou antes, o concello está cheo de espazos naturais que se poden recorrer e aproveitar como recursos turísticos. Entre estes recursos podemos atopar a parte do Macizo Central situada en Manzaneda, Pena Trevinca ou o Souto de Rozabales, lugares cheos de rutas das que se poden aproveitar as empresas do concello. A estes recursos hai que engadirlles o patrimonio histórico do que goza, principalmente igrexas. Estación de esquí, que trae moitos ingresos ao concello: Esta é a principal fortaleza de Manzaneda, xa que é a razón pola que o concello é coñecido. Esta instalación, ademais do esquí, ofrece servicios durante todo ano, como hípica, karts, tiro con arco, paintblall, etc. Conta con aloxamentos propios, como hoteis e apartamentos. Por último, actualmente aplicaron unha política para prevención do COVID-19, facendo así que a xente se sinta máis segura e siga acudindo ela, recuperando de esta maneira os gastos que tiveron na pandemia e evitando perdas. Actualmente estase a realizar un cambio de empresa que vai dirixir as instalacións da estación, por iso está un pouco abandonada. Moitas festas e tradicións culturais propias dos distintos pobos: Neste punto deberíamos destacar o Folión Tradicional, cuxo personaxe principal é a chamada Mázcara. Esta tradición, celebrada na época do Carnaval, consiste en que cada pobo ten unha canción, denominada folión, e van recorrendo cada pobo polas súas rúas tocándoa con bombos, aixadas, cornas, gadañas... e tamén van aos 7 pobos que teñen arredor. Isto representa unha gran parte dos ingresos anuais do concello xa que atrae o moitas persoas, principalmente a familiares dos habitantes, aínda que tamén asisten turistas de distintas partes. Ademais desta celebración, tamén están as festas patronais de cada pobo, como Santa Magdalena en Raigada. Gastronomía e produtos típicos da zona: Neste punto destacamos a carne de Porco Celta, que ten a súa propia festa gastronómica e que atrae a moita xente. Pero tamén destacan a mel que se produce dentro do concello e as castañas, alimentos típicos da zona. Plano Externo Ameazas: Pandemia provocada polo COVID-19: Loxicamente a pandemia representa unha ameaza para todos os concellos debido a que obrigou a cerrar moitos negocios e o turismo estivo parado durante varios meses. Actualmente as restricións seguen vixentes e esta actividade está moi limitada, polo tanto segue sendo unha ameaza para este xa que reduce os ingresos esperados que tiñan. Para diminuír o dano que isto pode provocar suxeriría que o concello promocionase o destino ofrecendo unha imaxe segura de el, mostrando as medidas que toman. Invernos con falta de precipitacións en forma de neve: Este factor afecta exclusivamente á estación se esquí, principal ingreso turístico de Manzaneda, polo tanto en realidade termina afectando ao concello ao completo. Se non hai neve, a xente que vai esquiar vai diminuír, e polo tanto, os ingresos seguirán a mesma tendencia. Aínda que isto afectaría bastante á estación, por sorte esta dispón de máis servizos que permiten seguir facturando. Falta de interese dos inversores potenciais do turismo: Se isto ocorre, o concello estaría gravemente ameazado, xa que os negocios turísticos que hai na zona levan bastante tempo aí, pero se ningún inversos atopa atractivo no concello, estes irán desaparecendo pouco a pouco. Para atraer a eses inversores, o concello podería tentar incrementar ese atractivo. Clima moi frío con moitas precipitacións en forma de choiva: Aínda que poida soar un pouco como contradición dun punto anterior, este vai referido a 8 que se fai moi mal tempo, podería afectar as actividades, como o sendeirismo ou outro tipo de rutas ao aire libre, xa que se fai moi mal tempo, ao revés, fai demasiada calor, os turistas deixarían de vir. Como posible solución a isto proporía algunhas actividades dentro de espazos pechados. Oportunidades: Fomento do turismo de cercanías grazas a pandemia: Tras o confinamento, debido a que moitos países prohibiron a entrada a turistas fomentouse o turismo de cercanías, é dicir, que a xente comezou a viaxar a destinos máis próximos as súas casas dentro do país. Isto representa unha oportunidade xa que aumenta o número de turistas que antes optaban por destinos máis afastados, xeralmente internacionais, e agora prefiren destinos que están máis a man. Aumento do turismo de natureza e rural: Ao igual que no anterior punto, grazas a pandemia, a xente prefire destinos turísticos onde se poden realizar actividades ao aire libre. Como xa mencionei nas fortalezas, Manzaneda ten grandes recursos naturais que se poden potenciar para realizar todas estas actividades, sendo así unha gran oportunidade para o concello e para os seus ingresos, ademais de que se da a coñecer en máis sitios. Nova tendencia de persoas novas que se mudan ao rural e emprenden negocios: Actualmente, pódese observar que a tendencia a mudarse ao rural está crecendo, e moitas desas persoas aproveitan para emprender novos negocios, os cales poderían afectar positivamente ao concello. A maioría destas persoas son xente nova con ganas de innovar e formar novos negocios, como casas rurais ou algún bar e hostais. 9 Bibliografía https://www.ine.es/ https://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl https://www.turismo.gal/que-visitar/xeodestinos/manzaneda-trevinca?langId=es_ES https://gl.wikipedia.org/wiki/Manzaneda http://www.concellodemanzaneda.es/ http://catedralsuites.com/blog/2014/01/09/descubre-manzaneda-entre-nieve-ygastronomia/ http://www.manzaneda.com/ https://www.turismo.gal/localizador-de-recursos//sit/que_visitar/naturaleza/espacios_naturales/manzaneda?langId=es_ES 10