Subido por Laura Tajes Cundins

A praia dos afogados

Anuncio
A praia dos afogados
Exercicio 1.
- Título: A praia dos afogados.
- Autor: Domingo Villar.
- Editorial: Editorial galaxia.
- Xénero: Xénero narrativo.
- Tema principal: A investigación da morte dun home atopado na praia de Panxón.
- Tema secundario: A vida persoal de Leo Caldas.
- Personaxes: Leo Caldas, pai de Leo Caldas, Alberte (tío de Leo Caldas), Rafael
Estévez, Clara García, Guzmán Barrio, Lola, Marcos Valverde, Ana, Xosé Arias, Veciña
de Arias, Hermida, Xusto Castelo “El Rubio”, Capitán Sousa, Rebeca Neira, Irene
Vázquez, Diego Neira, Antonio Sousa, Manuel Trabazo, Alberto, Somoza.
Exercicio 2.
- Que teñen en común todos os capítulos? No comezo de cada capítulo preséntase
unha palabra xunto con todos os seus significados.
Exercicio 3.
- Nome do sitio onde ocorre o asasinato de Xusto Castelo: Panxón.
- Praia que se cita na historia: Praia de Panxón.
- Nomes de cinco lugares que se citan na historia: Vigo, Panxón, Aguiño, Sálvora e
Escocia.
Exercicio 4/5.
- Describir 5 personaxes.
· Leo Caldas: É un inspector de policía algo solitario, capaz de involucrarse no seu
traballo ata a obsesión. É desconfiado, paciente e metódico, como ben policía, escoita,
pregunta e descubre. É bo no seu traballo.
· Rafael Estévez: É o axudante de Caldas. Un policía algo bruto recen chegado a Galicia
ao cal lle costa adaptarse ao seu novo destino. É o contrapunto de Leo, é impulsivo,
actúa seguindo o seu instinto e di o primeiro que pensa. Pero ambos enténdense e
traballan ben xuntos.
· Xosé Arias: É un mariñeiro dedicado ao mar e a vida. Outro dos tripulantes do
pesqueiro que naufragou fai unha década, O Xurelo. Tras uns anos nunha plataforma
petrolífera no Mar do Norte, volve a Panxón, onde traballa como mariñeiro de baixura.
· Alicia Castelo: É a irmán de Xusto Castelo (“O Rubio”). É mestra e vive en Panxón
con a súa nai afastada do seu marido, embarcado no Atlántico sur.
· O pai de Leo Caldas: É bodegueiro e vive feliz no seu mundo, afastado da axitación
da cidade. Ademais, acompaña cada día o seu irmá Alberte no hospital e na viña
familiar.
- Resumo:
O inspector de policía, Leo Caldas, está no hospital, onde o seu tío Alberte, está
ingresado, loitando por respirar, aínda que, proximamente daranlle a alta. No transcurso
do tempo, ao inspector chégalle un aviso: apareceu un cadáver nunha praia de Panxón,
pero el, no lugar de ir, queda na casa do seu pai e manda ao seu axudante, o aragonés
Rafael Estévez, para o levantamento do cadáver.
Ao día seguinte, Leo recibe o informe da morte. Tratábase dun mariñeiro sen muller nin
fillos, chamado Xusto Castelo, coñecido como “O Rubio”. Este levaba as mans atadas,
con unha brida de plástico, pero por a colocación de esta, o forense, Guzmán Barrio
afirma que non se trata dun suicidio. Ademais, Castelo presentaba un traumatismo na
cabeza, provocado por un obxecto alargado cunha esfera na punta. Finalmente, Castelo
conservaba no peto do pantalón unha bolsiña de sal, que máis adiante descubriuse que
se trataba dun amuleto.
Unha maña, Caldas e Rafa, diríxense a Panxón para investigar a morte. Neste lugar, un
mariñeiro chamado Ermida, cóntalle a historia do capitán Sousa, cuxo barco, O Xurelo,
naufragou en Sálvora, levando consigo a vida deste último. No seu barco, iban
numerosos mariñeiros, onde se encontraban O Rubio, Xosé Arias e Marcos Valverde,
salvándose ao lanzarse ao mar estes dous últimos, xunto con un home máis.
Máis tarde, os policías van a casa do falecido, que permanece precintada, onde se
encontra Alicia, aquí esta cóntalle que Castelo atopábase asustado dende que apareceu
unha pintada no seu barco, pero finalmente o carpinteiro borraríalla.
Van a ver ao xoven carpinteiro Diego, quen lles conta que o que había pintado en
vermello na barca era unha data, o 20 de Novembro de 1996, debaixo da cal
encontrábase a palabra “asasinos”.
Visitan a casa de Marcos Valverde, quen non se atopa aquí, polo cal falan con Ana, a
súa muller, observando que viven nunha luxosa casa, comprada posteriormente de que
o seu marido deixase a un lado o mar, a construción, a explotación de gasolineiras e o
viño.
Tras varios días de investigación, falan con Valverde, quen lles manifesta a súa versión
do naufraxio, contándolles que o Capitán Sousa solo pensaba en salvar o barco xa que
levaban a bodega chea, o cal acabou coa súa vida.
Posteriormente de isto, Leo comeza a ler as noticias do pesqueiro que naufragou en
Sálvora. Mentres isto ocorre, Rafa comunícalle que O Rubio fixo a súa última chamada
a Xosé Arias, a tarde anterior a súa morte. Tras isto, diríxense a casa de Xosé, quen
defende a súa posición confesando que Castelo perdera unha defensa, cuxa explicación
non lle convenceu ao investigadores.
Tras un tempo, Caldas pregúntalle mentres cena a Carlos, dono do bar ao que vai
sempre, antigo mariñeiro, onde se refuxiaría el si lle houbera pillado unha tormenta en
Sálvora, este dille o nome de Aguiño. Recorda entón, que leu unha noticia sobre a
desaparición dunha muller en este lugar, Rebeca Neira, a mesma noite do accidente do
barco O Xurelo.
Leo e Rafa marchan a Aguiño, onde desenmascaran a mentira de Xosé e Marcos, xa
que o día do naufraxio do Xurelo estiveron en Aguiño. Seguidamente, falan con Irene,
unha íntima amiga de Rebeca Neira, esta manifesta que Neira foi asasinada o 20 de
novembro de 1996 (o día do naufraxio do Xurelo), pero que a policía non investigou xa
que tiñan múltiples prexuízos contra Rebeca. Máis adiante, descobren que Rebeca tiña
un fillo, Diego Neira, o carpinteiro, quen foi a testemuña de dous homes flirteando con a
súa nai; a descrición dun deses dous homes coincide coa de Xusto Castelo.
Nunha ocasión, Caldas pensa que o autor do asasinato de Xusto Castelo é Diego,
detéñeno, pero cando isto ocorre, Neira estaba na casa de Marcos Valverde, co cal os
policías consideran que tamén pode matar a este último.
Máis tarde, razoan que o causante do asasinato e violación de Rebeca é Arias, ademais
de poñer o barco do Capitán Sousa en marcha para fuxir de Aguiño. Leo varexaba unha
hipótese: Sousa négase a saír co temporal e Arias o mata tamén, os demais, por medo,
fan todo o que el di e, por iso, despois do naufraxio do Xurelo, ningún dos tres mariñeiros
segue a manter o contacto.
Despois de días investigando, os policías declaran inocente a Diego Neira, isto é posible
xa que grazas a unha gravación descobren que o autor do asasinato non lle faltaba
ningún dedo.
Alberte recibe a alta e diríxese as viñas familiares, xunto con o pai de leo e este último.
Mentres Caldas e o seu pai plantan unha árbore, Leo fíxase na brida e dáse de conta
que é o mesmo tipo das que ataban as mans do Rubio, contándolle o seu pai que llas
enviaron desde a asociación de bodegueiros, a cal pertence Marcos.
Finalmente, expoñen culpable a Marcos Valverde, el asasinou e violou a Rebeca Neira,
posteriormente matou ao Capitán Sousa, cando este se negou a partir por ser unha
noite tormentosa, ao igual que fixo con Castelo cando viu que este comezaba a pensar
en denuncialo, pois sabía que Arias non sería capaz de facelo, ademais de matar a
Rebeca, tirándoa finalmente no mar.
Ao final de esta novela, deteñen a Valverde e regresan a Panxón, onde Leo fala con
Xosé Arias, quen lle asegura que se quedará alí, mentres miran o mar esperando que
suba a marea.
Descargar