Programa provisorio

Anuncio
Programa provisorio
ENCONTRO “COOPERATIVISMO: SOSTIBILIDADE E INNOVACION SOCIAL”
09.00 a 09,30
Recepción de asistentes
09.30 a 10,00
Presente e futuro dos servizos sociais en Galicia.
Coro Piñeiro Vázquez, secretaria xeral de Política Social
10,00 a 10,30
Fórmulas cooperativas para a organización e prestación dos servizos sociais.
Factores diferenciais e vantaxes competitivas.
Juan Antonio Pedreño Frutos, presidente de CEPES (Confederación
Empresarial Española de la Economía Social)
10,30 a 11,15
Panel de experiencias cooperativas de autoemprego:
Presenta e introduce a temática:
Mar Pernas Marquez, xerente da Unión de Cooperativas de Traballo
Asociado UGACOTA
Experiencias invitadas:
 Suara, S. Coop (www.suara.coop)
É a maior cooperativa de Cataluña no sector da atención ás persoas,
con presenza en mais de 15 bisbarras desa comunidade autónoma.
Xestiona un amplo abano de servizos e equipamentos para dar
resposta ás necesidades de atención, apoio, asistencia e educación de
nenos e mozos; de familias; de persoas maiores e discapacitados; de
desempregados e persoas en risco de exclusión social, entre outros.
 Sociedad cooperativa de Tapia de Casariego, El Orrio (www.orriocoop.com)
Formada por dez socias traballadoras prestan servizos asistenciais a
domicilio a persoas do seu contorno dende o ano 1991, centrándose
nas necesidades especificas de cada usuario. Contan con certificación
do Sistema Integrado de Calidade ISO 9001-2008, participan na
creación de Software Informático para a xestión da Axuda a Domicilio,
e recibiron numerosos premios e recoñecementos por parte da
Administración, coa que colaboran na prestación de servizos
asistenciais.
11,15 a 11,45
Pausa café
1
Programa provisorio
11,45 a 12,00
Inauguración oficial
Conselleira de Traballo e Benestar
Director general del Trabajo Autónomo, de la Economía Social y de la
Responsabilidad Social de las Empresas do Ministerio de Empleo y
Seguridad Social
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
Alcalde da Coruña
12,00 a 12,30
A iniciativa de emprendemento social da Comisión Europea:
Membro do grupo de expertos en emprendemento social da Comisión
Europea
12,30 a 13,30
Mesa redonda sobre cooperativismo, servizos sociais e políticas públicas:
Presenta e introduce o tema:
Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Traballo e Economía Social
Relatores:
 A influencia no emprego e no desenvolvemento local e rural:
Maria José Cabaleiro Casal da Universidade de Vigo
 As fórmulas de colaboración coa administración local:
Representante da administración pública
 As cláusulas sociais na contratación pública:
Representante do Centro de Estudios Cooperativos
13,30 a 14,00
A posta en marcha dunha cooperativa de servizos sociais:
Ana Rosa Lorenzo Vila, técnica experta en cooperativismo
16,30 a 17,45
Panel de experiencias de autoorganización cooperativa:
Presenta e introduce o tema:
Mª Carmen Calviño Rodríguez, subdirectora xeral de Recursos Residenciais
e de Atención Diúrna
2
Programa provisorio
Experiencias invitadas:
 Trabensol S.Coop (http://trabensol.org/ )
Situado en Torremocha de Jarama, nun ámbito rural ben comunicado,
o obxectivo fundamental deste proxecto é buscar en común unha
forma satisfactoria de pasar a etapa dá vellez, combinando
independencia e participación cooperativa nunha forma diferente e
alternativa ás clásicas residencias para maiores. Está formada por un
grupo de persoas que decidiron apostar por un xeito diferente de
envellecer baseada nos principios do cooperativismo e compartindo
non só necesidades e coidados, senón tamén un proxecto de vida
activa.
 Fundación COCOPE (http://residenciafcocope.com/)
A Fundación nace por iniciativa da Cooperativa Cocope e ocupase de
xestionar un proxecto con carácter benéfico-asistencial para mellorar
a calidade de vida das persoas maiores do medio rural,
proporcionando un lugar digno e confortable para gozar da terceira
idade. Conta cunha residencia en Peñafiel, que permite un alto grao
de independencia, así como cun Centro de día para atender calquera
tipo de residentes: autónomos, dependentes ou asistidos.
 Taller Escola Barceloneta TEB (http://www.teb.org/)
O Grupo Cooperativo TEB (Taller Escola Barcelona) está formado por 7
cooperativas que traballan desde os principios e valores cooperativos
para conseguir unha vida inclusiva para as persoas con discapacidade
intelectual. O arraigamento no territorio e a proximidade na xestión
foron os motores do desenvolvemento do Grupo e o seu obxectivo,
achegar solucións a través da formación e a integración laboral das
persoas con discapacidade, a través da inserción no mercado de
traballo ordinario e a creación de postos de traballo no Centro
Especial de Traballo. A actividade do Grupo Cooperativo TEB céntrase
na prestación de servizos e fabricación de produtos propios.
 Cooperativa de Solidariedade Social do Povo Portuense
Creada fai 120 anos por obreiros portuenses, esta cooperativa
solidaria e aberta a sociedade agrupa a máis de 18.000 socios, xurdeu
con fins asociativos, culturais e, sobre todo, asistenciais: terminar cos
funerais de vala común e dar ata na morte dignidade a quen tanto
sufriu na vida. Actualmente, a súa actividade comprende os subsidios
de funerais e a asistencia sanitaria a través de clínicas en Porto e Vila
Nova de Gaia, dando e proporcionado os mellores coidados médicos
e de enfermería posibles. Son tamén viveiro de asociacións facilitando
espazos onde as asociacións e colectividades populares da cidade do
Porto.
3
Programa provisorio
17,45 a 18,45
Panel de experiencias de innovación social:
Presenta e introduce o tema:
Xoan Miguel Concheiro Abal, subdirector xeral de Cooperativas e Economía
Social
Experiencias invitadas:
 Luscofusco, S. Coop. Galega
(http://luscofuscoespacioinfantil.blogspot.com.es)
É un proxecto sociocultural educativo cuxo obxectivo principal é o
desenvolvemento persoal dos nenos a través do xogo. O espazo
infantil atópase nunha antiga escola unitaria situada en Santa Eulalia
de Oza, Teo.
O obxectivo do espazo infantil para nenos de 2 a 8 anos, é ofrecer un
lecer inclusivo e que favoreza a coeducación, onde os nenos/as
xoguen, aprendan a convivir e se enriquezan das experiencias mutuas,
beneficiándose da interacción co medio e do traballo en equipo, que
recupere a esencia dos antigos colexios rurais e a implicación de toda
a comunidade e, así mesmo, dinamice a zona.
 Red Koopera, de cooperativas de iniciativa social
(www.koopera.org)
Trátase dun grupo de cooperativas de iniciativa social e empresas de
inserción, centrado na loita contra a exclusión social e na inserción
sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión social,
mediante actividades principalmente en defensa do medio ambiente.
Está formada maioritariamente por mulleres traballadoras e
voluntarias provenientes de Cáritas Bizkaia, que traballan no ámbito
téxtil realizando labores de captación de roupa, atención a usuarios e
apoio na comercialización das tendas.
A Rede realiza servizos medioambientais principalmente de xestión de
residuos, comercializa produtos solidarios, xustos e ecolóxicos e
promociona a economía social e solidaria en países en vías de
desenvolvemento.
 Vitivinícola del Ribeiro, S. Coop. Galega
Esta cooperativa de Ribadavia (Ourense) colabora coa Asociación de
Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense, para ofrecer apoio
aos familiares dos enfermos nun contexto rural, con frecuencia
menos favorecido con iniciativas deste tipo. Inicialmente o programa
só se dirixía a socios e provedores e debido ao éxito alcanzado,
ampliase a toda a bisbarra.
4
Descargar