La entrevista de Nacho Mirás a Gayoso

Anuncio
La Voz de Galicia
72
LUNES
21 DE NOVIEMBRE
DEL 2005
INDICE
A Fondo
Opinión
Galicia
España
Internacional
Marítima
2
4
6
16
18
20
Economía
Local
Deportes
Sociedad
Cultura
21
13
23
51
57
DE UTILIDAD
Servicios
15
(Teléfonos, farmacias,
exposiciones y museos)
Hemeroteca
22
Tiempo
22
Esquelas
60
Clasificados
Pasatiempos
Cartelera gallega
Televisión
Sorteos
62
67
68
69
71
| FUNDADO EN 1882 POR JUAN FERNÁNDEZ LATORRE |
A cara b | Xosé Ramón Gayoso
Nacho Mirás
nacho.miras@lavoz.es
PRESENTADOR DE TELEVISIÓN
DE SOL A SOL
CARLOS G. REIGOSA
«Son un tipo moi doce porque
nacín nunha pastelería»
É un avogado metido a presentador; foi campión de España de
lanzamento de martelo; e é o personaxe máis popular de Galicia
■ ¿Que non sabe quen é «Jalloso»? Entón é vostede de
Marte. Xosé Ramón Gayoso
Bonigno (A Coruña, 1956) pilota desde hai catorce anos o
buque insignia da Televisión
de Galicia, o exitoso e tamén
controvertido Luar. Aviso a
navegantes: hai candil para
rato.
—Non parece que vaia
vostede facer cincuenta
anos, a metade da vida útil.
¡Está feito un mozo!
—¡Xa me gustaría! Ah, bueno, útil si [bota unha risotada].
Hai un axioma que di que a televisión bota quilos e anos.
—¿E é verdade?
—En xeral, si. Pero é moi
satisfactorio porque, cando
estás na tele, ninguén se atreve a dicirche nada e, cando
estás na rúa, todos che din:
«¡Pero ti es moito máis rapaz,
estás moito máis delgado!». E
entón medras.
—Corróeme a dúbida: Con
novo goberno en Galicia
¿desaparece o «Luar»?
—Para nada. Escoitei unha
declaración dun político
que dixo que Luar estaba aí
porque o pobo decidía que
estivese aí. Non temos ningunha intención nin ningún
interese en facer política
nun programa musical para
as noites dos venres.
—¿Por que teñen artistas
como o Fary ou Manolo Escobar que parece que estean
abonados?
—Despois de catorce anos,
bastante máis abonados
son os rapaces das bandas
de gaitas e as agrupacións
folclóricas ou as corais. Manolo Escobar vén dúas veces
ao ano porque hai avós que
| O |
Gayoso para a tomar o café no Labrador de San Marcos
se educaron, creceron e bailaron coas cancións desa xente.
¿Por que imos privar á xente
deles se lles gustan?
—¿E as críticas?
—Cando che fan críticas,
estante mirando, entón hai
unha satisfacción desde ese
punto de vista porque ninguén critica nada que non
se ve. Despois, ti escoitas a
crítica porque os que vivimos
de cara ao público o que temos é que escoitar. ¡A min,
a xente rífame pola rúa! No
fondo, a xente é a que sabe
de televisión, nós levamos
catorce anos aí e é como o
que está metido no bosque e
as árbores impídenlle ver.
—¿Será vostede o segredo
do éxito do «Luar»?
—Non, e interésame que o
recalques. O éxito de Luar é
un equipazo fenomenal.
—¿Nunca estivo tentado de
dar un volantazo?
—Como en tódolos camiños,
hai momentos de cansazo.
Pero, a día de hoxe, como
se me fago vello facendo o
«Luar».
—Vostede é tan popular
que xa lle cambiaron o
apelido. Para os galegos é
«Jalloso».
—¡Son «Jalloso», si, con jota!
Máis ca un peso, son unhas
ás. A xente é suficientemente educada como para que, se
non lles gustas, non che digan
nada pola rúa e, se lles gustas,
páranche para dicirche que lle
gustas. ¡Xa me dirás que peso
é ese!
—Agora que non escoita
ninguén ¿Recibe cartas de
admiradoras/es?
—Non. Como símbolo sexual non teño futuro. ¡Pero
non perdo as esperanzas!
[Ri].
—En América, os actores
chegan a presidentes. ¿E
vostede de político que tal?
—Xa me teñen dito que
Fraga tería menos se eu me
presentara [Ri]. Pero non,
eu son moi consciente das
miñas limitacións, que son
moitísimas. A política non
me di nada, aínda que penso
que é un nobre traballo.
—¿E a familia como leva a
súa fama?
—Os meus pais, o meu irmán, a miña muller e a miña
filla son o xermolo de todo.
—Vivir na Coruña, que
bonito é...
—¡Que bonito é! Eu son un
tipo moi doce porque nacín
nunha pastelería. Meu pai foi
facer a mili e logo a estudiar
na Coruña. Un día entrou a
comprar un pastel, un Torpedo, e quedou prendado da
pasteleira, a miña nai. E nacín
grazas aos pasteis, non podo
ser amargo na miña vida. A
confitería chamábase La Imperial, fundada polos meus
avós na rúa Panaderas.
—¿E iso de que foi atleta?
—Está mal que o diga, pero
fun campión de España de
lanzamento de martelo.
—¿Xa lle dedicaron unha
rúa, unha avenida?
—Non, pero temos unha praza en Touro, a praza «Luar»
¡Amigo!
LOE
VISTOS LOS resultados de los
informes europeos sobre el
mal estado de la educación en
España (seguimos en el furgón
de cola), sería muy deseable que
el PSOE y el PP se tomaran en
serio remediar la situación, más
allá de los atractivos y rentabilidades de su gresca política.
Sus discrepancias sobre la Ley
Orgánica de Educación (LOE)
deberían encontrar la senda del
esfuerzo común y del acuerdo
para evitar un fracaso escolar
descomunal, que afecta a profesores y a alumnos, y del que
son directamente responsables
los dos partidos principales por
no sentar las bases de una enseñanza eficaz, exigente y rigurosa.
Las aulas no se pueden convertir
en lugares donde se aparca a los
estudiantes con el único fin de
sacárselos de en medio y cubrir
el expediente. ¡Así nos va! Se
trata justamente de lo contrario:
de convocarlos a las aulas a fin
de formarlos y educarlos para
vivir y desarrollarse (también
laboralmente) en una sociedad
democrática. No hacerlo así es
alimentar un autoengaño irresponsable, mientras seguimos
construyendo nuestro propio
fracaso futuro como comunidad.
El rollo ideológico (tantas veces
sectario) no debe ser el sepulturero de nuestras mejores expectativas. Sobran experiencias
propias y ajenas para acertar. No
caben excusas.
| O |
NO VA MÁS
E. GONDREDO
Petróleo
NORUEGA ha puesto en marcha una operación de acoso
contra los pesqueros que faenan en las lejanas islas Svalbard,
cerca de Groenlandia. Y, claro,
hasta allí arriba llegan también
barcos gallegos. ¿Es éste un interés repentino de los noruegos
por preservar el fletán azul? No,
más bien parece que detrás de
esta guerra también está el
petróleo.
Descargar