Conta saldada; Suso de Toro

Anuncio
FICHA DE LEITURA DO 2º TRIMESTRE
FICHA TÉCNICA:
TÍTULO. Conta saldada
AUTOR/A. Suso de Toro
EDITORIAL. Alfaguara/ Obradoiro
XÉNERO. Narrativa
LOCALIZACIÓN ESPAZO−TEMPORAL.
Os feitos acontecen en Galiza, na década dos noventa. A historia transcorre durante apenas unha semana.
PERSONAXES.
PRINCIPAIS.
Catuxa, é a filla do xestor asasinado, de dezasete anos é unha moza formal e estudosa, que vive coas
comodidades que o seu nivel económico lle brinda. Amosa transtornos psicolóxicos trala morte do seu pai.
Destaca o cambio de actitude e personalidade que sofre ao longo da historia, ela mesma identifícase con
Hamlet, un protagonista dunha novela de Shakespeare.
Xermán, é o suposto irmán de Catuxa, ten uns poucos máis anos ca ela. Non vai moi ben no colexio, fuma, e o
ambiente no que se move ten un ton de delincuencia e marxinalidade. Cun andar fachendoso e arrogante
pretende disimular as súas carencias.
SECUNDARIOS.
A nai de Catuxa, profesora nun instituto cercano. A relación co xestor enfriárase nos últimos anos de
matrimonio, mais a súa morte afectoulle profudamente.
Begoña, a mellor amiga de Catuxa, mantiñan unha relación de amizade moi acentuada, mais tralos últimos
acontecementos Catuxa vaise afastando dela e comeza a ocultarlle cousas.
O xestor, foi asasinado por invertir cartos dalgúns clientes sen consentimento previo. Nunca tivera moita sorte
con ese tipo de negocios, era, nese aspecto un pouco temerario e inmaduro. Quería moito a Catuxa, tratábaa
coma unha reina. Por outra banda estaba moi ivolucrado no seu traballo co que pasaba pouco tempo na casa
coa familia, feito que o distanciou da súa esposa.
Cabuxo, era un vello que se adicaba ao contrabando na Illa de Arousa, parte do capital que o xestor invertira
de xeito negativo era del. A súa muller, Carmucha, sofría desequilibros mentais.
Cotelo, era dono dun restaurante na ría de Arousa. Foi o asasino do pai de Catuxa.
Castiñeiras, era dono doutra xestoría, e foi quen lle levou os clientes ao outro xestor trala súa morte. Foi
copartícipe do homicidio deste. Catuxa repugnáballe que a sobara sempre que se atopaban, coa excusa de
darlle o pésame.
1
ARGUMENTO.
Catuxa é unha rapaza de case 18 anos, á que pouco tempo despois lle morreu o pai, supostamente a causa dun
suicidio. Catuxa sente morriña e de vez en cando visita a xestoría do seu pai. Nunha das súas visitas secretas
aparéceselle o seu difunto pai. Este vén despedirse dela, ademais de confesarlle que ten outro irmán do que a
nai non sabe nada, e encoméndalle entregarlle un talón de cartos. Por outra banda, desvélalle un feito
impactante: el non se suicidou, senón que o asasinaron uns clientes seus por invertir os seus cartos sen
consentimento deles.
Ante todo isto a Catuxa mestúraselle unha chea de sentimentos e pensamentos na cabeza que a deixan
cavilando, e comeza a ver a realidade desde outra perspectiva.
Decide ir, ao día seguinte, na procura do seu suposto irmán, o nome do cal é Xermán. Mais non lle dá o talón
así como así, senón que o extorsiona dicíndolle que se lle axuda a vingar a morte do seu pai entregaralle o
devandito talón. Xermán, que non vive con demasiados luxos, non tarda moito en aceptar a proposta. Pero
antes confésalle que non é irmán seu, que todos estes anos a súa nai empregouno para sacarlle cartos ao pai de
Catuxa. Para saíren de dudas deciden facerse unha análise de sangue que o confirme. Tras pechar os
preparativos quedan en chamarse ao pouco tempo.
Cando chega á casa, Catuxa cambia o seu peiteado, o calzado, mesmo a forma de actuar, pois falta a algunhas
clases e comeza a mentir dun xeito natural, soltando troula tras troula.
Aos poucos días Xermán chámaa para contarlle que xa ten todo o material; e cítanse ao día seguinte pola
mañá cedo.
Cando Catuxa o ve ao lonxe, decátase sorprendida de que conseguiu rescatar a súa bicicleta que días atrás lle
roubaran no barrio de Xermán. Como os asasinos de seu pai viven na Ría de Arousa deciden coller o todo
terreo que teñen na casa, a pesar de non ter ningún dos dous carné de conducir.
Durante a viaxe pola autoestrada vanse turnando no manexo do volante. Os dous están desacougados polo que
poderá pasar. Xermán sente medo e de vez en cando tenta convencer a Catuxa de que o mellor sería abortar o
plan. Mais, nin sequera Catuxa ten un plan realmente definido, o que a move é a ira que sente cara os asasinos
do seu pai, e o sentimento de vinganza.
Ao chegar ao restaurante do Cotelo, un dos homicidas, Catuxa baixa do todo terreo cunha escopeta recortada
agochada baixo a cazadora. Comeza a falar co propietario, e con sutileza apúntalle coa arma, indicándolle que
entre no automóbil. O home queda desconcertado e ante a pouca vacilación da rapaza, comeza a suplicar que
el non matou ao xestor, e que as probas atópanse na casa do Cabuxo, un dos donos do diñeiro invertido.
Tras sopesar as opcións, Catuxa accede a ir ata a casa acompañada polo home. Unha vez alí, baixan até o
ximnasio da mansión, é entón cando se dá conta que foi enganada.
Cabuxo era un vello, o que organizara todo, e Cotelo fixera o traballo sucio: matar ao pai de Catuxa. Este
último, cun rápido amago, tíralle coa escopeta e dun golpe derríbaa, deixándoa medio inconsciente. Nese
momento, entra no ximnaso Carmucha, a muller do Cabuxo, e despois dun forcexeo, remata matando ao seu
marido cun fouciño. De seguido, aparece Xermán, e coa recortada dispáralle de morte a Cotelo. Deste xeito,
rescata a Catuxa, saen correndo de alí e fuxen no todo terreo.
Ao chegar a vila deciden voltar visitar a xestoría por derradeira vez. Mentres que están alí aparece o outro
cómplice do asasinato, Castiñeiras, quen forza a porta seguro de que a rapaza está alí; mais cando acende a luz
morre electrocutado. Emocionados e asustados ao mesmo tempo, deciden deixalo nunha rúa estreita, na que
hai uns cables eléctricos tirados.
2
Despois de semellante día deciden marchar a cadansúa casa; aínda que previamente Catuxa entrégalle a
Xermán o prometido talón que contén cinco millóns de pesetas.
Os días posteriores mantéñense en contacto para asegurarse de que os asasinatos non transcenden nas noticias
do xornal.
A partir destes acontecementos a vida de Catuxa muda completamente, e, tras comprobar que efectivamente
non son irmáns, comezan a mirarse con outros ollos.
BIBLIOGRAFÍA DE SUSO DE TORO.
Xesús Miguel de Toro Santos (Santiago de Compostela, 1956) é un escritor contemporáneo galego.
Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo, é tamén guionista de televisión e colaborador habitual en
prensa e radio. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio. A súa obra está traducida
a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas. O seu irmán, Xelís de Toro,
tamén é escritor.
Obras:
• Caixón desastre (1983).
• Polaroid (1986). Premio da Crítica de Galiza
• Land Rover (1988).
• Ambulancia (1990).
• Tic−tac (1993). Premio da Crítica española
• A sombra cazadora (1994).
• Conta saldada (1996).
• Unha rosa é unha rosa (1997), teatro
• Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor.
• Círculo (1998).
• Non volvas ( 2000), Premio da Crítica española.
• Trece badaladas ( 2002). Premio Nacional de Narrativa
• O príncipe manco (2004)
• Morgun (2004)
• Home sen nome (2006)
Periodismo e ensaios:
• Parado na tormenta (1996).
• Eterno retorno (1996).
• O país da brétema (2000).
• A carreira do salmón (2001).
• Nunca máis Galiza á intemperie (2002).
• Españois todos: As cartas sobre a mesa (2004).
3
• Ten que doer: literatura e identidade (2004)
• Outra idea de España: Mar de fondo (2005).
4
Descargar