COMITÉ ORGANIZADOR DON JAVIER NOGUEIRA DÍZ Presidente da Federación Galega de Caza DON MANUEL SAA CASARIEGO Presidente da Federación Galega de Caza na Coruña DON JUAN ANGEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ Presidente da Sociedade Cazadores de Melide. DON RAMÓN RODRÍGUEZ COBAS Secretario da Federación Galega de Caza XURADO DE COMPETICIÓN Designarase o mesmo día no lugar de competición DIRECTOR DA PROBA DON JOSÉ MARÍA ÁLVAREZ VILLAR CAMPIONATO GALEGO DE CAZA SAN HUBERTO 6 de agosto de 2016 7,00 horas.- Concentración na Cafetería, Avenida Praza das Universidades (praza Multiusos) 15800 Melide (Coruña) (coordenadas 42°54'59.0"N 8°00'54.0"W) 8:00 horas .- Comezo da Competición. 15:00 horas Finalizada a proba procederase a clausura e entrega de premios no Mesón Parrillada El Molino, Rúa Rosalía de Castro, 21, Melide, 15800 (coordenadas 42°54'55.3"N 8°00'42.9"W). REGULAMENTO O Campionato Galego de Caza San Huberto rexerase polo respectivo Regulamento da Federación Galega de Caza e Normas complementarias da F.G.C Coordinador de Competicións e Delegado de San Huberto e Cans de Parada da FGC XUÍCES Serán designados polo Comité de Xuíces e Árbitros da FGC SORTEO DE QUENDAS E DORSAIS O sorteo de quendas e dorsais o día 2 de agosto, ás 12 horas, na sede da Federación Galega de Caza en Santiago de Compostela O Comité organizador resérvase o dereito a modifica-lo presente Programa se circunstancias excepcionais así o aconsellan. INSCRICIÓNS Conforme a vixente Normativa de Competicións participarán 21 deportistas previamente clasificados nos respectivos Campionatos Provinciais (6 Coruña, 5 Lugo, 5 Ourense e 5 Pontevedra), o Campión da edición anterior, emais 5 clasificados pola Copa Galicia. A inscrición das Donas e Springer será “libre”, previa participación no campionato provincial. As inscricións realizaranse na Federación Galega de Caza, antes do día 2 de agosto mediante as actas dos Campionatos Provinciais. Os cans participantes deberán estar inscritos nun libro xenealóxico legalmente recoñecido.