Graf 8 5

Anuncio
#05
A realidade
AUMENTADA,
camiño de
ser un feito
Chechu Pérez
presidente de
Creatividade
Galega
Amalia Baltar
presidenta de
DIRCOM Galicia
Cambie las
reglas
re imprímete
Para afrontar os cambios sufridos
polo sector da comunicación gráfica requírense grandes doses de
creatividade, innovación e, sobre
todo, da unión de tódolos profesionais que día a día loitamos polo
noso futuro. O Cluster da Comunicación Gráfica nace para apoiar
este labor e para defender os intereses de tódolos seus integrantes.
Para coñecer as demandas de cada
un dos subsectores integrados
(comunicación e marketing, artes
gráficas e editorial) estanse celebrando reunións periódicas para
analizar a realidade actual e definir
as necesidades concretas de cada
eido, antes de establecer as liñas
estratéxicas que dotarán de contido
a esta nova entidade.
Acepte el 98% de los pedidos. Sin limites.
Con la misma calidad. Y muchos más materiales.
Con miles de prensas digitales instaladas en todo el mundo y
acuerdos de colaboración con los principales proveedores de
soluciones y acabado, HP Indigo es la mejor elección para que su
negocio crezca con más rapidez. Sin renunciar a nada.
Más información en: hp.com/go/indigo
Foto: Luís Cobas
Las reglas del juego han cambiado. Presentamos las últimas y
revolucionarias innovaciones de HP Indigo. Esta gama de prensas
digitales es más rápida, inteligente, automatizada y rentable.
La nueva gama incluye las prensas digitales HP Indigo 5600 y 7800,
así como la HP Indigo 10000 con formato B2 (75 x 53 cm), todo lo
que cabe esperar de una prensa digital Indigo, con un formato mucho
más grande. Una gama de productos que abre un mundo de
posibilidades sin precedentes.
O Cluster da Comunicación Gráfica
é un proxecto longamente meditado, que aglutina ás empresas da
cadea de valor da comunicación
gráfica galega. Xa se creou a Comisión Xestora para determinar as
actuacións que se deben realizar
no primeiro cuadrimestre deste
ano. Máis ca nunca, agora é necesario xuntar forzas para impulsar
este proxecto común e lograr que
se teñan en conta as demandas do
noso sector. A unión de todos é o
único camiño para sentar os alicerces do futuro da comunicación
gráfica en Galicia.
sumario
Edita
Cluster do Produto Gráfico e do
Libro Galego
Prensa digital HP Indigo 7800
Prensa digital HP Indigo 5600
Consello asesor: Jacobo Bermejo, presidente; Carlos Del Pulgar
Sabín, vicepresidente; Antonio
Couto Rego, vicepresidente; Mar
Delgado López, tesoureira; Carlos Docampo Freire, secretario;
Ana Bravo Doviso, vogal.
Deseño, maquetación e redacción
Atelier Gráfica Visual S. L.
Depósito Legal
C 2126- 2013
Prensa digital HP Indigo 10000
Jacobo Bermejo
Presidente do CPGLg
A fondo Norberto Penedo Rey páx. 4/reportaxe Arranca
a creación do novo Cluster da Comunicación Gráfica páx. 6/
entrevista Amalia Baltar páx. 8/entrevista Chechu
Pérez páx. 10/reportaxe A realidade aumentada, camiño de
ser un feito páx. 12/reportaxe Graphispag 2015 páx. 14/
entrevista Enric Martínez-Abarca páx. 16/reportaxe
Simbiotic páx. 18
04
05
“Un sector como o das artes
gráficas debe evolucionar para
adaptarse a novas realidades”
Norberto
Penedo Rey
Director da Área de Competitividade no IGAPE
“A hibridación é esencial en ámbitos como o
formato, o deseño de produto ou o packaging”
Que iniciativas de apoio ao sector
da comunicación gráfica contempla o IGAPE?
Os problemas que atopan as empresas son comúns, polo que as
liñas de apoio do Instituto tenden a
ser transversais. Pero temos un coñecemento directo das necesidades
do sector grazas á estreita relación
que se vén mantendo co Cluster, o
que fai posible encaixar as demandas en liñas concretas.
Onde coida que está a viabilidade
das empresas do sector?
O sector rexistrou un axuste debido
ás restricións orzamentarias dos
principais clientes, empresas e administracións. Saíron fortalecidas
as empresas que tiveron habilidade
para reposicionarse, adaptándose
aos cambios. O futuro pasa por procurar novos nichos, ou o que Europa
denomina “emerging industries”:
liñas de negocio e oportunidades
relacionadas coa sustentabilidade
e a responsabilidade social. Asemade, a hibridación, en forma de
achega innovadora a outros sectores para incrementar o valor percibido, é esencial en ámbitos como
o formato, o deseño de produto ou
packaging. E, por suposto, resulta
imprescindible un posicionamento
do produto, a comunicación gráfica
deberá recuperar o seu espazo e
valor diferenzado dentro da comunicación multimedia.
Como valora que o Cluster do Produto gráfico e do Libro Galego se
refunda nun só, o da Comunicación
Gráfica?
Os clusters constitúen un ecosistema onde a existencia de ramas
de negocio próximas é fundamental, faise máis doado impulsar calquera iniciativa tanto no que toca
á innovación como en procesos ou
na segmentación e redefinición de
negocios e, por suposto, a internacionalización. Un sector como o
das artes gráficas debe evolucionar para adaptarse a novas realidades, que hoxe en día abranguen
ese ámbito máis global que supón
a comunicación gráfica, que, sen
renunciar ao ‘gráfico’, aglutina a
máis axentes para converter a actividade nun soporte renovado na
era da comunicación.
En outubro mantivo unha xuntanza coa DX de Empresa e Industria
e de I+D da Comisión Europea para
estudar as posibilidades de financiamento comunitario para as empresas ata 2020, onde destaca o
Programa COSME. Como se pode
acceder a el?
O COSME dedica un 60% do orzamento a mellorar o acceso ao financiamento. A UE prevé mobilizar
25.000 millóns de € a través de in-
termediarios financeiros ata 2020.
O Fondo Europeo de Investimentos
(FEI) é quen selecciona ás entidades
financeiras que farán de intermediarias e as empresas accederán ao
financiamento a través delas, que,
á súa vez, obterán garantías da UE
para realizar as operacións. Agárdase que 330.000 pemes reciban
préstamos; o 90% serán microempresas. As interesadas só terán que
acudir ás entidades seleccionadas
polo FEI para comezar a tramitación das operacións.
Cales son os mellores instrumentos europeos de financiamento da
innovación para empresas e clusters?
O groso do financiamento tanto
para
pemes
como
para
clusters, a nivel
europeo,
está en tres
programas.
O
programa
H2020
para
actividades de
innovación con
80.000 millóns
de €; o programa COSME cun
orzamento de
2.300 millóns
de € que, ademais do referido a acceso ao crédito, facilita o
acceso a mercados exteriores; e en
terceiro lugar, o programa EUROSTARS, dotado de 1.140 millóns de €
de apoio a pemes intensivas en I+D
no desenvolvemento de proxectos
transnacionais. Todos buscan aumentar a participación das pemes a
través de proxectos colaborativos e
dos clusters.
O proxecto europeo AT Clusters
procura a cooperación dos galegos
con outros do espazo atlántico, estanse obtendo os resultados esperados?
Un dos seus maiores logros foi a
planificación estratéxica a medio
prazo. O IGAPE e os clusters teñen
reunións periódicas para definir retos e poñer en marcha as accións
necesarias para acadalos. Ese espírito trasladouse fisicamente a un
espazo compartido, o Atclusters
Espazo Compostela, onde
xunto co Cluster Gráfico están situados
seis máis. Isto
posibilita que
xurdan sinerxias, proxectos conxuntos
e transferencia de coñecementos. Ademais, no seo
destes grupos, foi onde
se lanzou a
liña de apoio a estruturas cluster
en base á carteira de proxectos innovadores da que o Cluster Gráfico
é beneficiario.
“O futuro pasa por
procurar o que Europa
denomina ‘emerging
industries’: liñas de
negocio relacionadas
coa sustentabilidade
e a responsabilidade
social”
06
07
Ao
servizo
dos
sectores
gráfico,
editorial
e publicitario
Arranca a creación do novo
Cluster da Comunicación Gráfica
Despois de celebrar xuntanzas
sectoriais previas con tódolos
axentes implicados nun camiño
que se iniciou hai dez meses durante a celebración do Día Internacional do Libro, o Foro Reimprímete debateu como se poderían
aunar esforzos en beneficio de
todos. Froito deste debate xorde o
proxecto de creación do Cluster da
Comunicación Gráfica.
As fases
Para iniciar este proxecto decidiuse
segmentar o sector en tres subsectores: comunicación e marketing,
artes gráficas e editorial. Cumprida
esta fase de segmentación sectorial, convocouse ás distintas empresas de cada un dos subsectores
a xuntanzas
prepa-
ratorias para informar do proxecto.
As reunións preparatorias deron
paso ás xuntanzas definitivas, onde
participaron as empresas interesadas en formar parte desta iniciativa.
Estes encontros definitivos tiveron
varios obxectivos:
- Nomear un representante do
sector que é o que participa nas
reunións cos representantes dos
outros eidos para fixar as liñas de
actuación, é dicir, os obxectivos
básicos.
- Realizar unha posta en común e
extraer as necesidades principais.
- Decidir as primeiras accións que
se deben poñer en marcha.
No mes de decembro de 2014 noXa
meáronse os membros da Comisión Xestora que se encargará
foron nomeados
de estructurar esta nova enos membros da
tidade, que son:
Comisión Xestora
- Amalia Baltar, presiencargados de botar a
denta da Asociación de
Directivos de Comuniandar a nova agrupación
cación (Dircom)
empresarial, que reúne ás
- Xose Luis Reza, presiempresas da cadea de valor dente
de MARKEA
da comunicación gráfica
- Chechu Pérez, presicomo desenlace a un
dente de Creatividade Galega
camiño que se iniciou
hai dez meses
- Jacobo Bermejo, de Tórculo Co-
municación Gráfica
- Carlos Docampo, de Gráficas Anduriña
- Carlos do Pulgar, de Nova Galicia
Edicións
- Mar Delgado, de Atelier Gráfica
Visual
- Antonio Couto, de Ediciones Bolanda
- Ricardo Fernández, do colexio Fogar A Fundación
- Emma Suárez, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra
(Universidade de Vigo).
No mes de xaneiro celebrouse a
primeira reunión desta Comisión
Xestora, que decidiu sobre o plan
de actuacións do primeiro cuadrimestre. Entre os obxectivos deste
plan de traballo está a preparación
da Asemblea Constituínte. Iremos
informando dos avances na preparación da Asemblea Constituínte do
novo Cluster, así como da consolidación dun proxecto que coidamos
que ten gran transcendencia para
milleiros de profesionais galegos.
Se estás interesado en recibir máis
información sobre este proxecto podes solicitala a través do teléfono de
contacto: 881 977 102 ou ben a través do mail info@clustergrafico.com.
C
M
Y
CM
MY
CY
CMY
K
Traballamos
dende o
asociacionismo
co obxetivo
común da
mellora na
competitividade
e a cooperación
das máis de 60
empresas
galegas que o
integran.
Os nosos compromisos
Modernidade
Tecnoloxía
Profesionalidade
Creatividade
Os nosos obxetivos
Internacionalización
Innovación
Formación
Competividade
Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego
Edificio Feuga. Oficina nº11
R/ Lope Gómez de Marzoa s/n
15705 Santiago de Compostela
Teléfono: 881977102 \\ www.clustergrafico.com \\ info@clustergrafico.com
@clustergrafico
www.facebook.com/clustergrafico
08
09
Chega ao cargo como parte dunha
directiva con novas ideas a nivel
estatal. Que queren facer en Galicia?
Os retos da nova directiva de Dircom España céntranse no desenvolvemento e consolidación territorial, capítulo no que entra Dircom
Galicia, que naceu a finais de 2009
para que a comunicación sexa unha
ferramenta pegada á estratexia de
organización de empresas. Este é
un dos nosos empeños, así como
acadar que Dircom sexa unha asociación de referencia. Ademais,
queremos fomentar modelos de
referencia e incrementar a formación.
Amalia Baltar
Presidenta de DIRCOM Galicia
“Se non comunicas, non te coñecen”
Dircom Galicia participou activamente no recente 2º Foro da Comunicación de Galicia. Que conclusións podemos extraer?
Máis de 20 relatores compartiron
conceptos para comprender a comunicación actual, un proceso circular no que o receptor é, a súa vez,
prescriptor de información. Tamén
muda o perfil dos xornalistas, en
constante evolución, porque pasan
a ser traballadores multimedia que
teñen o difícil obxectivo de captar a
atención dun consumidor saturado
da información, trasladar información a un público con moito criterio.
Tamén celebraron hai pouco con
EOSA e o Círculo de Empresarios
de Galicia a xornada “A imaxe da
empresa nos medios”. Cal diría
que é?
A imaxe das empresas nos medios
progresa axeitadamente, pero aínda queda moito por mellorar. O escenario mudou e estamos nun proceso de adaptación.
E ao revés? É dicir, os empresarios
galegos son conscientes da importancia que ten a comunicación?
Son cada vez máis conscientes dos
beneficios de contar coa comunicación dentro da súa estratexia de
negocio. Sempre digo que, igual
que nunha empresa hai un director
financeiro, hai que contar cun director de comunicación que estea
escoitando de dentro a fóra e ao
revés. As empresas están obrigadas non só a comunicar o que fan,
senón tamén a facelo dun xeito
transparente e responsable. Se non
comunicas, non te coñecen. Teñen
que chegar ao seu público e coñecer as súas necesidades. E non
só ao seu público. A comunicación
interna é clave para que as cousas
funcionen, os traballadores reclaman coherencia e boa comunicación dos seus responsables, queren
un contacto aberto e bidireccional.
E o encargado de que isto funcione
é o responsable de comunicación.
Pode unha peme acceder a servizos de comunicación e xestión de
redes sociais e rendibilizalos?
Non só pode, senón que debe. Non
é necesario contar cunha superestrutura, hai boísimas axencias de
comunicación con xente moi profesional capaces de traballar de
maneira integral. Nalgún momento
as pemes serán conscientes de que
é doado adicarlle algo de tempo a
estes aspectos no seu propio beneficio.
Dircom Galicia realizou 21 actividades en 2013. É un servizo valorado?
É imprescindible estar ao tanto do
que se move no eido tan cambiante e tecnolóxico no que desenvolvemos o noso labor. Hai moitas
oportunidades, pero tamén ameazas que poden interferir negativa-
mente nas nosas empresas e, canto
más coñezamos, mellor podemos
previr. Por iso a formación é unha
das grandes bazas, sempre xorden
iniciativas para levar a cabo. Atopámonos co problema da dispersión,
pero tamén contamos coa nosa
web, onde ter acceso á documentación no caso de que non podamos
asistir aos cursos. Nestes días precisamente, os socios de Dircom poden acceder a unha zona privada do
Foro Mundial da Comunicación que
se celebrou en setembro en Madrid
e atopar máis de 40 horas de contidos audiovisuais. É un servizo ao
que os socios lle conceden moita
importancia.
“Confío no éxito
do Cluster da
Comunicación
Gráfica”
O marketing corporativo e publicitario, segue sendo un bo investimento?
Por suposto. A tendencia, sobre
todo cando hai unha crise económica, é sempre a reducir presupostos
pola parte de marketing e comunicación. E claramente é un erro que
se pode pagar moi caro.
E como valora a unión que supón o
Cluster da Comunicación Gráfica?
É un paso adiante para lograr sinerxias entre sectores afectados pola
crise. É toda unha experiencia que
está comenzando a dar os seus primeiros pasos, e confío no seu éxito.
010
011
Antes de ser vicedecano de promoción na Facultade de Ciencias
Sociais e da Comunicación, colaborou con axencias publicitarias
e foi director de comunicación da
Universidade de Vigo. Como ve ámbolos dous sectores, publicidade e
comunicación?
Creo que é máis pertinente referirse ao sector da comunicación como
un todo (pois non creo que publicidade e comunicación vaian por
libre). Se partimos desta premisa,
existen moitos motivos para ser optimistas: as empresas galegas confían cada vez máis no marketing e a
comunicación.
Chechu Pérez
Presidente de Creatividade Galega
“A publicidade serve para dinamizar a economía,
é un investimento estratéxico”
Cales son os camiños que teñen
que exploran as axencias e os
creativos galegos?
Estamos nun momento propicio para reivindicármonos como
sector. Debemos trasladarlle aos
anunciantes o gran profesionalismo
e potencial creativo das empresas
publicitarias de Galicia; convencelos de que a publicidade serve para
dinamizar a economía, de que é un
investimento estratéxico.
“O video mapping,
o digital signage e
a integración dos
medios sociais
cos formatos
publicitarios
tradicionais,
son exemplos
das novas
oportunidades”
Onde atopan máis mercados? Hai
sectores emerxentes?
As novas posibilidades do dixital
permítennos innovar nos formatos
e nas linguaxes. O video mapping,
o digital signage, a integración dos
medios sociais cos formatos publicitarios tradicionais, son algúns
exemplos das novas oportunidades
para as empresas do sector.
Cal é o perfil das campañas que
máis triunfan?
A xeración de contidos está sendo a
sensación nos últimos anos. A publicidade que triunfa é a que sabe
integrar todos os medios, a que é
capaz de contarnos historias que
nos mobilicen. As marcas xa non
están centradas en agresivas promocións, procuran contidos que
satisfagan as expectativas dos consumidores.
“O Cluster nace
como unha
oportunidade para
vertebrar o sector”
Que importancia lle dan ao packaging as nosas empresas?
Os envases constitúen o principal
reclamo no punto de venda. Canto
máis coidados estean, maior posibilidade de chamar a atención e captar o interese dos consumidores.
En Galicia existen varios exemplos
de produtos que triunfan gracias a
un envase innovador a atractivo.
Que peso xoga a impresión no
mundo creativo, na comunicación
gráfica?
A impresión sempre estivo vencellada ao acabado dos traballos.
Unha boa impresión é sinónimo de
calidade no produto final.
E como valora o nacemento do
novo Cluster da Comunicación
Gráfica de Galicia?
O asociacionismo segue a ser unha
das nosas asignaturas pendentes e
este Cluster nace como unha oportunidade para vertebrar o sector.
012
A realidade aumentada,
camiño de ser un feito
Xa estamos traballando en SIMBIOTIC, un programa
para implantala nas empresas do sector das artes
gráficas e editoriais galegas combinando o
soporte gráfico cunha tecnoloxía incipiente
que crea produtos sorprendentes.
013
Non podemos quedar nun segundo plano no ámbito comercial e publicitario polos cambios nos hábitos de consumo. Debemos reformular o modelo de negocio e focalizar esforzos en ofrecer produtos que combinen novas
aplicacións tecnolóxicas e canles de comercialización.
Neste camiño, o Cluster do Produto Gráfico e do Libro
Galego presentou o proxecto “SIMBIOTIC, Desenvolvemento da realidade aumentada como vehículo de innovación tecnolóxica no ámbito comercial aplicada ao
soporte gráfico e editorial” ao Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo; e foi aprobado. O prazo
establecido para a execución é duns 6 meses:
3 meses (outubro-decembro) e 3 meses prorrogables (xaneiro-marzo de 2015). O Cluster
do Produto Gráfico e do Libro Galego leva a
dirección xeral do proxecto; pero contamos co
traballo do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, Gradiant que fai a parametrización das aplicacións tecnolóxicas; e de Eosa
Consultores, responsable da dirección técnica.
Que se está a facer
Basicamente crear produtos e servizos gráficos vinculados con elementos de Realidade Aumentada e a parametrización das aplicacións tecnolóxicas no ámbito
da mercadotecnia e o editorial. Por exemplo, no ámbito
comercial catálogos, folletos, tarxetas de presentación,
paneis tactis, PLV, envases e embalaxes, etiquetado… e
no ámbito editorial, libros e soportes multimedia.
A realidade aumentada aplicada por recoñecemento de
imaxe permite acceder á información ou ao contido que
se xere a través dunha imaxe. Pero debe ser unha tecnoloxía accesible, que non supoña un investimento excesivo, xa que sabemos que a gran maioría son pemes cunha
reducida capacidade de investimento. É por iso que se
estuda o desenvolvemento de Ferramentas de Autor que
permitan ás empresas crear a súa propia Realidade Aumentada aplicada con frameworks desenvoltos, e subir o
contido que consideren oportuno (imaxes, vídeos, outros
aplicativos, texto...) sen necesidade de desenvolver novas
aplicacións tecnolóxicas específicas.
As etapas
FASE 1.- Estudo para coñecer o estado das tecnoloxías
existentes baseadas na Realidade Aumentada que poden
aplicarse a soportes gráficos e editoriais: coñecer o grao
de desenvolvemento, o servizo, o contexto de uso, o que
sabe a poboación e a capacidade de consumo. Tamén
se está estudando a capacidade das empresas do sector para introducir a RA na súa carteira de servizos e os
potenciais clientes, sectores ou mercados que poderían
aplicar esta opción.
FASE 2.- Creación dun grupo de traballo intersectorial
para analizar requisitos, características e elementos
innovadores do produto. Marcaranse as pautas para o
desenvolvemento do framework axeitado.
1. Selección de empresas do Cluster que participen no
grupo de traballo de forma directa.
2. Posta en común dos resultados procedentes da fase 1.
3. Identificación das características que debe ter o framework a desenvolver.
4. Brainstorming de ideas.
5. Valoración da innovación que se vai desenvolver.
FASE 3.- Parametrización das aplicacións que configuran
o framework de Realidade Aumentada. O obxectivo é
desenvolver dous prototipos:
1. Prototipo aplicado a soportes gráficos de ámbito comercial (realidade aumentada en PLV nun punto de venda).
2. Prototipo de aplicación a produtos editoriais (por
exemplo, libros).
FASE 4.- Testeo do produto. Para saber se o xerado ten
unha boa acolleita no mercado antes do seu lanzamento
definitivo. Terá tres etapas:
1.Preparación: presentación do produto e metodoloxía de
execución, identificación das empresas onde se testará e
proba de fallos.
2.Execución: lanzamento do prototipo framework en produtos gráficos das empresas piloto.
3.Seguemento: identificar onde fan falta cambios, constatar erros e o grao de implicación do consumidor.
FASE 5.- Transferencia tecnolóxica a empresas. Non só
se trata de transferila ao noso sector, senón tamén de
esforzarse por chegar aos clientes potenciais.
Traballamos en facela
accesible, xa que sabemos
que moitas das empresas do
sector son pemes con pouca
capacidade de investimento
014
015
Graphispag 2015,
novas ideas de negocio
no eido da impresión
As industrias gráficas de Galicia e
de España acoden a un dos foros
máis relevantes do sector, Graphispag, coa vontade de descubrir nova
maquinaria, tecnoloxía e soportes
cos que crear produtos impresos
que proporcionen valor engadido
para os seus clientes. Xunto a isto,
chegan coa necesidade de buscar
fórmulas alternativas que lles permitan complementar o seu actual
modelo de negocio, afectado pola
crise económica e a xeralización da
comunicación.
Neste contexto, o salón plantexa a
súa próxima edición cun enfoque
moi práctico que achegue respostas, oportunidades de crecemento
e novas perspectivas, tanto para
empresarios gráficos como para
profesionais de diferentes sectores
que utilizan técnicas de impresión
na súa actividade.
Do 24 ao 27 de marzo, Graphispag
vai reunir no Pavillón 2 do recinto
da Gran Vía de Fira, en Barcelona, un total de 180 expositores directos que representan a preto de
400 marcas; dúas áreas para experimentar aplicacións gráficas e
coñecer innovacións no eido da impresión avanzada; un espazo para
relatorios e networking que acollerá máis de 30 sesións de traballo;
e un servizo individualizado para
distribuidores de maquinaria e accesorios de impresión en diferentes
sistemas (offset, inkjet, flexografía,
serigrafía, etc.) conforman o grupo
principal da oferta desta edición de
Graphispag.
“Con esta extensa oferta comercial e de actividades, Graphispag
achegará ideas, inspiración e coñecemento a un sector obrigado a
redefinir o seu futuro a curto prazo,
en non máis de dous anos, e que se
plantexa novos investimentos para
non perder o tren”, asegura o presidente do Comité de Graphispag,
Ángel Artola.
Impresión,
soportes e remates
Cun 30% do total de empresas participantes, os suministradores e
Novas áreas
Paralelamente, Graphispag 2015
vai procurar abrir a mente e inspirar novidosas ideas de negocio no
ámbito da impresión aos seus visitantes. E, ademais, os organizadores desta feira queren que estes
vivan as experiencias en primeira
persoa. Por iso, estrean a ‘Print
All Experience’, unha área que posiblitará aos visitantes adentrarse
nunha casa, nunha tenda e nun
bar, onde todo estará impreso.
procurar financiamento e para proporcionar axuda nos seus trámites
ás empresas que estean pensando
en saír ao exterior e exportar.
Do 24 ao 27 de
marzo, Graphispag
vai reunir en
Barcelona un total
de 180 expositores
directos que
representan a
preto de 400
marcas
nices, planchas, consumibles e
produtos químicos (5%); e o eido
da consultoría, prensa e entidades
sectoriais (4%).
A procedencia
das empresas
participantes é
maioritariamente
española, aínda
que tamén
expoñen unha
quincena de
compañías
estranxeiras
Outra cuarta parte dos expositores
enmárcase no sector da maquinaria de remate e transformación,
mentres medra a presenza de
empresas de materiais e soportes
de impresión, que supoñen o 20%
dos stands. Completan a listaxe
de especialidades de Graphispag,
a área das ferramentas de xestión
de cor e deseño (10%); os servizos
de impresión (6%); as tintas, ver-
Cunha atractiva posta en escea, a
‘Print All Experience’ será o centro de atracción de todos aqueles
visitantes que queiran ver e tocar
aplicacións impresas nun contorno real. Así, poderán atopar
catálogos, folletos, libros, revistas, merchandising, fotoálbumes,
rótulos, paredes, mobles, textís,
baldosas, alfombras, mamparas,
elementos de PLV, packaging e
etiquetas. Tamén haberá tarxetas,
menús, vaixelas, roupa ou vehículos, entre outros.
Nesta área, os produtos virán suministrados polos expositores de
Graphispag. “Serán aplicacións
gráficas novidosas que demostren
como xerar valor coa impresión e
que desperten o interese de novos
sectores de demanda como a decoración, o interiorismo, o textil,
a publicidade, a moda ou o packaging”, afirma o director de Graphispag, Aleix Planas.
Xunto a isto, na feira poderase ver
o resultado dos equipos dixitais
máis innovadores tanto en pequeno como en gran formato, e tamén
se poderá comprobar a calidade e as posibilidades do offset, a
flexografía, a serigrafía ou doutras
técnicas utilizadas ben individualmente, ben combinadas entre si.
Pola súa banda, a Print Innovation
Zone mostrará e explicará unha
vintena de proxectos e produtos
nos que están traballando algunhas
empresas e centros tecnolóxicos
de toda España baseados en impresión funcional, electrónica impresa
e impresión 3D, así como materiais
e produtos gráficos intelixentes.
Nesta área, que anticipa o futuro
e que pode supoñer unha alternativa para reconverter a actividade
gráfica, veranse alarmas impresas para a vixilancia electrónica
de artigos, sensores para dispositivos táctiles, pezas deportivas
que controlan as constantes vitais,
pantallas LCD flexibles, packaging
tratado con vernices funcionales
que alarguen a vida dos alimentos,
envases que desprenden luz, dispositivos antifalsificación, antenas
RFID, impresoras tridimensionales, tintas para a impresión cerámica, ou brazaletes para a monitorización clínica de pacientes
durante as intervencións quirúrxicas. Este espazo leva asociado
a celebración de reunións con inversores interesados en que estes
produtos dean o salto do laboratorio ao mercado.
Finalmente o Print Conference Corner acollerá unha decena de conferencias diarias nas que se tratarán
temas relacionados cos equipos e
tecnoloxías de impresión, acabados, mellora de xestión e as vendas,
análises do cliente, a conexión entre produto impreso e as canles dixitais, así como casos de éxito. Neste espazo, tamén se desenvolverán
as diferentes sesións da Xornada
Nova coa que se recibe aos grupos
de estudantes que tradicionalmente visitan o salón.
016
017
Enric
“A impresión dixital chega aquí
para quedar e ofrecer novas
oportunidades de negocio”
Martínez-Abarca
Regional Business Manager de HP Indigo
España e Portugal
Que novidades van presentar?
En Graphispag presentaremos
a nova prensa de folla HP Indigo
7800 e a ws6800 de bobina, produtos dispoñibles desde hay escasamente tres meses e que, do mesmo xeito que o resto da familia de
produtos Indigo, están baseados
en tinta líquida coa máxima calidade e produtividade.
“HP seguirá
participando na
transformación
da industria”
Que esperan da nova edición de Graphispag? Cales son as súas expectativas?
Graphispag sempre nos sorprende
gratamente e esperamos que a edición
deste ano non sexa menos, en canto a
volume de visitantes e oportunidades.
A nosa expectativa é ver a moitos dos
nosos clientes, así como a outros empresarios da industria que teñen a vontade de facer cousas diferentes e que
teñen curiosidade.
O salón da Fira de Barcelona ten
tres áreas: Print All Experience,
Print Innovation Zone e Print Conference Corner. En cales participan?
Pois participaremos en todas, a
través dos produtos de HP, non
unicamente de Indigo, senón tamén de impresión en gran formato, en ríxido, en flexible, en folla,
en bobina, con electro-tinta, con
látex, etc. HP é xa a empresa máis
grande do mundo en artes gráficas con toda a súa liña de produtos. Tamén falaremos sobre 3D e
amosaremos prototipos impresos,
entre outras novidades.
Cal é o lugar que ocupa esta empresa no mercado español?
HP é número un en participación
de mercado nas categorías nas
que está presente. Con todo, o
noso obxectivo é axudar a transformar esta industria de forma rendible para os usuarios, impresores
e fabricantes. Se o conseguimos,
serán os impresores os que nos
digan cal é o noso límite.
Leva case 20 anos traballando
para esta compañía, que cambios
se viviron na impresión gráfica e
que horizonte se debuxa a curto
prazo?
Esta é unha industria madura,
impactada por un cambio na conduta do consumidor do mesmo
xeito que outras. A creatividade
e a innovación reemprazan xa á
produción. Aqueles que queiran
permanecer deben adaptarse;
unicamente imprimir non será suficiente. A industria das artes gráficas ten moitos segmentos, pero o
ámbito comercial, que é o que sufriu o maior impacto, empeza a ver
brotes verdes. Pero, sen dúbida, a
transformación non rematou.
A impresión dixital substituirá a
sistemas tradicionais como a serigrafía, tampografía ou flexografía?
A impresión dixital chega aquí para
quedar e ofrecer novas oportunidades de negocio a quen as queira ou
as saiba aproveitar. Por iso, a vocación de HP non é vender máquinas,
é tamén formar, colaborar, aportar
ao impresor para que o seu investimento teña un retorno rápido. As
diferentes tecnoloxías existirán
mentres o usuario as valore.
Adoitábase argumentar que a calidade da impresión dixital era
inferior á offset, pero a brecha
entre unha e outra foise reducindo. Estamos ante a igualdade de
resultados?
Actualmente a única tecnoloxía
que pode reclamar esa igualdade
é HP Indigo, basicamente porque
utilizamos tinta líquida e un caucho do mesmo xeito que un offset.
Outras tecnoloxías melloraron a
súa calidade, sen dúbida, pero non
chegaron ao nivel do offset tradicional. Non obstante, quen debe
definir a calidade é o cliente.
Como valora o mercado galego da
impresión?
Creo que o mercado galego sufriu
unha situación similar a outras
rexións de España; como di un amigo meu ‘a tormenta perfecta’, crise
económica, cambio na conduta do
consumidor e un exceso de corpos
de impresión. Isto provocou unha
consolidación do mercado tremenda; moitos sobreviviron e volvéronse máis fortes e máis sabios. Pero
hai que seguir, non podemos relaxarnos, e HP seguirá participando cos gremios e con Graphispag
na transformación da industria.
018
019
Posta en marcha de
SIMBIOTIC
O Cluster do Produto Gráfico e do
Libro Galego, en colaboración co
Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e Eosa
Consultores, presentou o proxecto
SIMBIOTIC “Desenvolvemento da
realidade aumentada como vehículo de innovación tecnolóxica no ámbito comercial, aplicada ao soporte
gráfico e editorial”.
A finalidade da xornada, celebrada
o pasado 18 de decembro, foi achegar o proxecto SIMBIOTIC, cuxos
obxectivos son:
1. Implantar un servizo de realidade aumentada como un aumento do
valor engandido aos soportes gráficos e editoriais dos que dispoñen as
empresas do sector das artes gráficas e editoriais.
2. Facer accesible esta tecnoloxía
ao maior número de empresas
posibles do sector, xa que a gran
maioría das empresas do sector
son de tamaño pequeno ou mediano
e cunha reducida capacidade de investimento financeiro nos proxectos de innovación.
3. Creación de produtos e servizos
gráficos vinculados con elementos de
realidade aumentada (folletos, tarxetas de presentación, libros, PLV, etc,).
4. Deseño das funcionalidades que
debe conter a “Ferramenta de Autor” para que as propias empresas
desenvolvan os seus propios produtos de realidade aumentada.
Simbiotic
desenvolve
produtos e servizos
gráficos vinculados
á realidade
aumentada
e aplicacións
tecnolóxicas no
eido editorial e da
mercadotecnia
Jacobo Bermejo, presidente do
Cluster do Produto Gráfico e do
Libro foi o encargado de presentar
o proxecto SIMBIOTIC; Antía Fernández e Adrián Teijeiro da Área
de servizos e aplicacións de Gradiant describiron a participación do
Centro como socio tecnolóxico do
proxecto SIMBIOTIC; Aurelio Mendiguchía, director técnico do Instituto Tecnolóxico e Gráfico Tajamar
ofreceu o relatorio titulado “Tendencias tecnolóxicas vinculadas ao
sector das artes gráficas e do libro.
O papel da Realidade Aumentada”.
Ángeles Montecelo, especialista
en Mercadotecnia e Comunicación
compartiu “Exemplos de Realidade
Aumentada no sector das artes gráficas e do libro”.
Pola súa banda, Antonio de la Cruz,
socio director de Eosa Consultores, presentou os grupos de traballo intersectoriais que contempla
o desenvolvemento do proxecto.
Ao remate da xornada celebrouse unha rolda de preguntas sobre SIMBIOTIC e as actividades
proxectadas no mesmo; logo realizáronse as inscripcións nos grupos
de traballo.
No marco deste proxecto
desenvolvéronse dous grupos
de traballo intersectoriais co
obxectivo de marcar as pautas
para a incorporación da realidade
aumentada aplicada ao libro
e ao eido da mercadotecnia.
Estes grupos estiveron abertos
a tódalas empresas do sector
das artes gráficas e editoriais,
para que puideran participar e
traballar conxuntamente coa
AEI Cluster do Produto Gráfico
e do Libro Galego (CPGLG)
e o Centro Tecnolóxico de
Telecomunicacións de Galicia
(Gradiant) na definición e o
deseño de ferramentas de autor
que permitan “crear” a súa
propia realidade aumentada. O
primeiro taller de Simbiotic xa
se celebrou o 15 de xaneiro.
020
Descargar