Erasmo de Rotterdam Índice Biografía.................................................................... Páx. 2 •

Anuncio
Erasmo de Rotterdam
Índice
• Biografía.................................................................... Páx. 2
• As súas obras............................................................. Páx. 3
• O seu ideal................................................................. Páx. 4Biografía
Desiderio Erasmo de Rotterdam, anteriormente chamado Geert Geertsz, naceu en Gonda, preto de Rotterdam,
cara o 1466 ou 1467. Era fillo ilexítimo dun sacerdote chamado Roger Gerard e da filla dun médico.
Ós 14 anos de idade quedou orfo, ingresando no convento dos agustinos de Steyn, preto de Guda, sendo
ordenado sacerdote no 1492, con 25 anos. Doctorouse en teoloxía pola universidade de Turín e ensinou esta
disciplina na universidade de Cambridge, Inglaterra. Dende o ano 1499 viaxou de cidade en cidade
traballando como profesor e conferenciante, e investigando manuscritos. Mantivo correspondencia
(consérvanse máis de 1500 cartas súas) con personaxes da época, e ó longo de catro viaxes a Inglaterra trabou
amizade con humanistas da época como John Colet (fundador do colexio Saint Paul de Londres), Thomas
Linacre ( fundador da Real Universidade de Medicina), Tomás Moro (escritor e Lord Canciller de Inglaterra),
e William Grocyn (profesor de grego en Oxford). No ano 1521, con 57 anos, estableceuse en Basilea e
imprimiu unha edición xeral das súas obras.
Faleceu en Basilea no ano 1536, o 12 de xullo, ós 69 anos de idade. Hoxe en día, n Rotterdam existe a
universidade Erasmo; e a rede de intercambios académicos en Europa denominase Erasmus na súa honra.
As súas obras
A maioría das primeiras obras de Erasmo critican ás prácticas corruptas da igrexa, procurando unha volta a
antiga ética cristiá. Proba de esto son as súas obras Eloxio da loucura e Manual do cabaleiro cristián.
A súa obra mais transcendente é a traducción do novo testamento ó grego, no ano 1516.
Expuxo as súas ideas progresistas sobre a ensinanza en obras coma Sobre o método de estudio(1511) e A
ensinanza firme pero amable dos mozos(1529).
1
No 1517, cando a reforma era tema candente, pasou de ser crítico a ser apoloxista pero sen confiar nin nos
católicos nin nos reformistas, e renunciando tomar partido por un dos dous bandos. Polos seus continuos
ataques ós erros da autoridade eclesiástica (Coloquios, 1518) e ás supersticións, acusárono de luterano, o cal
negou escribindo unha declaración da súa posición teolóxica, Disquisición acerca do libre albedrío, que inclúe
un ataque a Lutero.
As súas obras foron incluídas no Índice de Obras Prohibidas no Concilio de Trento, considerándoo precursor
da Reforma. Trala súa morte, as súas obras foron prohibidas pola igrexa católica e denunciada por moitos
protestantes.
Destacan as seguintes obras:
• Adagios (1500)
• Eloxio da loucura (1511), dedicada ó seu amigo Tomás Moro
• Manual do cabaleiro cristián (1502)
• Doutrina do príncipe cristián (1516), que escribiu para Carlos V
• Coloquios (1518)
• O ciceroniano (1527)
• Sobre a pureza da igrexa cristiá (1536)
O seu ideal
Erasmo non foi un reformador relixioso coma Lutero e Calvino, nin quixo participar en discusións teolóxicas.
Era un conciliador, odiaba os extremos de todo tipo. Foi o principal humanista do Renacemento, e precursor
da época humanista.
2
Descargar