Europa plurilingüe

Anuncio
2010
Lingua Galega e Literatura
Estudo da lingua: Unha Europa plurilingüe (tema 1)
1. A diversidade lingüística No mundo fálanse actualmente unhas seis mil linguas en 300 países, polo que estes países son plurilingües, é dicir, no seu territorio fálanse varias linguas.
•
Linguas oficiais / linguas sen estado
As linguas oficias son as que representan de maneira oficial e legal o Estado no que se falan: francés (Francia), italiano (Italia). Sen embargo as linguas sen estado son as linguas propias de territorios que carecen de independencia política: bretón (Francia).
•
Linguas maioritarias / linguas minoritarias
As linguas maioritarias son as utilizadas por moitos falantes: chinés­ mandarín, inglés, español… . Sen embargo as linguas minoritarias son as que teñen un número reducido de falantes.
o
Linguas propias dunha rexión: galego, catalán, escocés…
o Linguas oficiais nun Estado pero minoritarias noutro: alemán (Bélxica, Dinamarca, Francia, Italia).
o
Linguas oficiais en perigo de extinción: gaélico irlandés.
o
Linguas non territoriais (utilizadas polos súbditos dun Estado que son diferentes das que utiliza o resto da poboación e que non se ligan a unha área xeográfica particular): romaní (lingua dos xudeus de Romanía), ídiche.
•
Linguas hexemónicas / linguas minorizadas
As linguas hexemónicas son as que teñen un gran prestixio social porque hai un poder político­ económico que as potencia, como o inglés, e as minorizadas son as que están nunha situación de inferioridade dentro da propia comunidade lingüística e non teñen recoñecemento oficial.
A diversidade lingüística na Unión Europea. 2.
No seo da Unión Europea atopamos:
•
País monolingües: Islandia, O Vaticano, San Marino e Liechtenstein
•
Países bilingües: Irlanda
•
Países plurilingües: cunha soa lingua oficial (Francia e Italia), ou con dúas ou máis linguas oficias (Bélxica)
Tamén hai linguas que se falan en distintos territorios, como o alemán en Alemaña, Austria…
En total, na Unión Europea hai máis de sesenta comunidades de falantes de linguas rexionais ou minoritarias autóctonas. Un de cada 10 cidadáns europeos forma parte dunha minoría lingüística.
3. Dereitos lingüísticos 2010
Lingua Galega e Literatura
A Unión Europea considera a diversidade un valor fundamental e unha importante riqueza cultural que debe ser protexida. A Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea defende o respecto pola diversidade lingüística e prohibe a discriminación en razón da lingua.
No ano 1992, España asinou a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, un tratado internacional promovido polo Consello de Europa, que foi asinado por moitos Estados membros da U.E., entre eles o Estado español. No seu articulado contémplase dereitos e alcances legais para o fomento e protección das linguas menos estendidas. Os asinantes comprométense a eliminar toda distinción, exclusión e restrición na utilización dunha lingua rexional ou minoritaria. Tamén propoñen a adopción de medidas especiais a favor das linguas minoritarias para promover unha igualdade entre os falantes destas e o resto da poboación. A adopción deste texto pola Unión Europea permitiu o recoñecemento e progresiva incorporación das linguas non oficiais nos seus organismos.
No ano 1996 elabórase e asínase en Barcelona a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos co obxectivo de corrixir os desequilibrios lingüísticos e asegurar o respecto e pleno desenvolvemento de todas as linguas. Baséase no principio de que os dereitos de todas as comunidades lingüísticas son iguais e independentes da consideración xurídica ou política de linguas oficiais, rexionais ou minoritarias. No seu artigo 3, establece uns dereitos personais e uns dereitos colectivos:
•
O castelán é a lingua española oficial do Estado. (Deber de coñecela, e dereito a usala.)
•
As demáis linguas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus Estatutos.
•
A riqueza de distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
A aposta que Europa realiza polo interculturalismo e o multilingüismo supón dúas actuacións complementarias: a aprendizaxe doutras linguas europeas, e o mantemento e potenciación das linguas propias.
4. A diversidade lingüística do Estado español España é un Estado plurilingüe. Dende a Idade Media, levouse a cabo una política centralista que impuxo o castelán coa intención de asegurar a súa supremacía fronte ás outras linguas faladas no Estado. Así o castelán foise convertendo nunha lingua hexemónica ou dominante, e as outras quedaron nunha situación de marxinalidade e convertéronse en linguas minorizadas ou dominadas.
Esta situación foi corrixida pola Constitución Española de 1978 que establece a cooficialidade do castelán coas outras linguas españolas nos respectivos territorios.
As linguas españolas que gozan de recoñecemento oficial son: o galego (en Galicia, no oeste do Principado de Asturias, no Baixo Bierzo de León, nos catro concellos máis occidentais de Zamora e no enclave do val de Ellas en Estremadura), o catalán (en Cataluña, e nas Illas Baleares), o valenciano (en Valencia) e o éuscaro (no País Vasco e Navarra). Outras linguas españolas son o asturiano, o aragonés e o aranés (no val de Arán, Lleida).
No ano 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía para Galicia que institúe o galego como a lingua propia de Galicia e sinala o seu carácter oficial, no artigo 5:
 A lingua propia de Galicia, é o galego.
 Galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de coñecelos e usalos.
 Os poderes públicos garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informática, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
 Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
2010
Lingua Galega e Literatura
Esta declaración da lingua galega como lingua propia de Galicia, xunto coa cooficialidade co castelán, permitiu a adopción de medidas lexislativas para protexer e fomentar o uso do galego, é dicir, para favorecer a súa normalización. A diversidade lingüística e cultural de España é un elemento de riqueza que a sociedade española debe valorar e apreciar, tal e como sinala a Constitución.
Ademais, a proximidade do galego e do portugués facilita a comunicación con cidadáns de Europa, África e Iberoamérica que falan esta lingua irmá.
2010
Lingua Galega e Literatura
Estudo da lingua: O galego hoxe (tema 2)
1. Niveis de competencia e uso. O galego é o idioma da maioría da poboación galega, xa que 28000000 habitantes, case dous millóns e medio de persoas teñen o galego como lingua habitual. Por tanto o galego, en Galicia é a lingua maioritaria.
Os falantes bilingües son un terzo da poboación. O 63.5% ten o galego como lingua habitual, e o 36.5% fala máis castelán ou só castelán. E entre os que falan unha lingua son tamén máis numerosos os galegofalantes.
Competencia lingüística.­ Capacidade que unha persoa ten para desenvolverse nunha lingua concreta. Os cidadáns galegos posúen unha elevada competencia nas catro destrezas básicas (entender, falar, ler, e escribir). Depende da idade ou do hábitat dos falantes. Estes dous conceptos, lingua maioritaria e competencia lingüística, parecen dar unha visión moi positiva acerca da situación da lingua galega na actualidade. Pero hai que ter en conta outras circunstancias.
Se ben o galego, é a lingua maioritaria, o seu emprego non é homoxéneo en todo o corpo social. A súa utilización depende do hábitat (o galego é maioritario no ámbito rural e nas vilas) ou da idade (o galego predomina nos falantes máis vellos). Segundo estes datos, o galego é lingua habitual predominante en todos os tramos de idade, excepto nos máis novos.
Aínda que a gran maioría da poboación ten como lingua habitual o galego, hai unha tendencia ao bilingüismo.
Ademais o galego retrocede como lingua inicial.
Factores positivos:
­
Grande avance no recoñecemento oficial do galego e hoxe contamos cunha lexislación que supuxo un logro importante no proceso de revitalización do noso idioma.
­
As actitudes e prexuízos negativos cara ao galego foron reducindo.
­
O seu uso aumentou na Administración pública, nos medios de comunicación, na vida cultural, no ensino, na actividade comercial, na actividade política… o que contribuíu ao cambio de actitude cara á nosa lingua. Non obstante, nestes ámbitos segue habendo unha preferencia polo castelán, e a práctica do galego segue a ser minoritaria.
Conflito lingüístico.­ Diglosia.­ Convivencia de dúas linguas nun mesmo territorio caracterizada polo desequilibrio entre ambas, que se empregan en diferentes contextos. Para remediar esta situación, son necesarias políticas favorables que corrixan ese desequilibrio, é dicir, medidas que procuren unha efectiva normalización da lingua minorizada.
2. Normalización lingüística. A normalización dunha lingua é o proceso polo cal a lingua propia dunha comunidade logra superar a opresión que sobre ela exercía unha lingua allea e se converte na lingua de uso normal desa comunidade. A normalización dunha lingua supón a súa rehabilitación como vehículo de comunicación e o seu emprego libre e espontáneo en calquera contexto.
O proceso normalizador desenvólvese en dous ámbitos:
­
O recoñecemento social
Unha lingua só pode acadar a súa normalización cando unha comunidade a valora e percibe como símbolo de identidade.
­
O recoñecemento oficial
Cómpre unha lexislación específica que adopte medidas de fomento e protección da lingua.
2010
Lingua Galega e Literatura
2010
Lingua Galega e Literatura
3. O galego e as leis. O primeiro texto legal que recoñecía a oficialidade da lingua galega foi o Estatuto de Autonomía de Galicia (1936)
Despois da morte de Franco, 1975, a chegada da democracia propiciou un novo marco lexislativo, inaugurado coa aprobación da Constitución Española, 1978.
En 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia que establece que o galego é “lingua propia de Galicia” e defende o seu emprego e potenciación.
En 1983 promúlgase a Lei de Normalización Lingüística, para desenvolver o prescrito no Estatuto acerca da potenciación do galego, incidindo esencialmente nos ámbitos da Administración, o ensino e os medios de comunicación. O Título I trata dos Dereitos lingüísticos de Galicia, declara o galego como lingua propia e establece os dereitos lingüísticos dos seus falantes. A partir deste texto legal, publicáronse outros decretos e ordes diversos para desenvolver as medidas concretas de actuación que se debían levar a cabo nos distintos eidos.
No ano 2004, o Parlamento Galego aprobou por unanimidade o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que contén 445 medidas para potenciar o seu emprego.
­
Garantir a posibilidade de vivir en galego
­
Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais priorizando a súa presenza en sectores estratéxicos
­
Introducir na sociedade a oferta positiva de atender o cidadán en galego
­
Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega
­
Dotar o galego de recursos lingüísticos e técnicos necesarios para que o capaciten para vehicular a vida moderna
A Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos 1996
A Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea 2000
A Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias 1992
Todos estes textos recoñecen e amparan os dereitos lingüísticos e promoven a normalización efectiva na nosa lingua.
4. O galego no ensino.  Ensino do galego: lingua obxecto de estudo
 Galego no ensino: lingua vehicular
Aínda que xa desde comezos do século XX se viña reclamando o ensino da lingua galega e o ensino en lingua galega, este proceso de incorporación da lingua ao sistema educativo non comezou ata 1979.
No 1979 o Real Decreto coñecido como Decreto de Bilingüismo, establece por primeira vez a obrigatoriedade do ensino do galego no sistema educativo oficial a partir so curso 1979­1980.
A Lei de Normalización Lingüística, 1983, dá un paso máis neste proceso de incorporación do galego ao ensino e dedica o seu Título III á regulamentación do seu emprego como lingua vehicular.
O citado Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, 2004, analiza a situación do galego no ensino e apunta súas circunstancias principais:
2010
Lingua Galega e Literatura
­
As carencia no uso do galego afectan sobre todo ás primeiras etapas educativas e á aprendizaxe da lectura e da escritura.
­
O dominio do noso idioma por parte do alumnado é inferior ao acadado no castelán, por tanto o sistema educativo non responde ao mandado legal de formar cidadáns cunha competencia semellante nos dous idiomas oficiais.
En definitiva, respecto ao ensino da lingua galega, hoxe existe unha boa competencia lingüística entre as novas xeracións, máis notoria no ámbito escrito ca no oral. E en canto ao ensino na lingua galega, as resistencias da sociedade e do profesorado ante a presenza do galego no ensino diminuíron e hai novas disposicións lexislativas que pretenden equilibrar a utilización das dúas linguas oficiais, para que os alumnos acaden unha competencia equivalente nas dúas.
2010
Lingua Galega e Literatura
Literatura: A literatura no tempo das Irmandades
1. Galicia no primeiro terzo do século XX TRES ETAPAS POLÍTICAS:
•
A monarquía.
A restauración borbónica ten lugar en 1874 e prolóngase ata 1931
•
II República
O 14 de abril de 1931 ten lugar a instauración da Segunda República e comeza unha etapa de intensa actividade políticae cultural. (Desenvolvemento do nacionalismo e extraordinario desenvolvemento da literatura).
•
A Guerra Civil (1939­1939)
•
Período de silencio e represión que suporá a paralización da vida política e cultural, así como o retroceso de todos os avances conseguidos durante a II República.
A Galicia de comezos do século XX segue sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico.
•
Agrarismo
Movemento reivindicativo dos campesiños que se organiza e crea sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para defenderen os seus intereses. O seu obxectivo era a abolición do sistema foral que os obrigaba a pagar rendas abusivas; a súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban. Destaca a sociedade Acción Gallega, 1910 por Basilio Álvarez en Orense.
•
A decadencia da fidalguía
Debido á desaparición do sistema foral en 1926 e á súa incapacidade para adaptarse aos novos tempos. Os fidalgos perden o seu papel predominante na sociedade e serán substituídos por unha burguesía foránea.
•
O nacemento dunha burguesía
Dedicada fundamentalmente ao comercio, á banca, á industria conserveira e á construción naval.
•
O trasvase de poboación rural a espazos urbanos
Cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, o que supón o desenvolvemento das cidades como Vigo e Coruña.
•
Irmandades da Fala 1916
Iniciativa de Antón Vilar Ponte, na Coruña
Obxectivos: Exaltación e dignificación do idioma galego e a expansión do seu uso.
Súmanse escritores e intelectuais como Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco…
1918.­ Convértense nunha organización política que formulará teses do nacionalismo galego. Galicia é definida como unha nación (un país con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propias).
As reivindicacións do nacionalismo:
2010
Lingua Galega e Literatura
I ­Autonomía integral para Galicia
II ­Cooficialidade lingüística galego­ castelán
III ­Ingreso na Sociedade das Nacións
IV ­Potenciación da cultura propia de Galicia
1931.­ na sétima e última asemblea fórmase o Partido Galeguista. Na súa Declaración de Principios, considera que a lingua galega é un dos trazos individualizadores máis importantes de Galiciia e defende o dereito ao seu emprego, así como a súa oficialización.
1932.­ Estatuto de Autonomía.­ Aprobado en plebiscito pola poboación galega o 18 de xuño de 1936, pero o comezo da guerra impediu que sexa ratificado polas Cortes Republicanas, o que non acontecerá ata 1938, en plena Guerra Civil, grazas a Castelao. A aprobación do Estatuto suporía a oficialización da lingua galega.
2. A lingua galega ata 1936 Nas primeiras décadas do século XX continúa o proceso de recuperación e expansión da lingua galega iniciado no século anterior.
As Irmandades da Fala asumen o ideario nacionalista e perseguen a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis, o que supón a súa utilización en ámbitos nos que nesa época tiña unha presenza escasa (ensino, xustiza, prensa, actos públicos…)
O Seminario de Estudos Galegos, institución de carácter científico fundada en 1923 por un grupo de estudantes e profesores universitarios. Participa na potenciación do noso idioma ao empregalo para a redacción das primeiras obras de ensaio na nosa lingua, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas.
No Estatuto de Autonomía deféndese a cooficialidade galego­ castelán e reivindícase a presenza da lingua galega no ensino.
Lingua estándar.­ capaz de superar diferenzas locais, que non mesturase, como sucedía cos escritores do Rexurdimento. Deste modo, procúrase a creación dunha variante supradialectal.
1906.­ Real Academia Galega.­ Fixar e depurar o idioma.
3. A literatura nos comezos do século XX Como consecuencia da reivindicación, a literatura galega experimenta un notable crecemento. Os autores recollen o herdo do Rexurdimento do século XIX e van incorporando novos xéneros e novas perspectivas que revitalizan o panorama literario.
∙Creación de editoriais (Lar, Céltiga, Nós…)
∙Revistas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…) que propician a dinamización cultural de Galicia e posibilitan un notable incremento da actividade literaria na nosa lingua en todos os xéneros, especialmente no narrativo e no dramático.
Produción literaria de comezos do século XX
•
A etapa anterior a 1916
Continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimento.
O xénero máis cultivado segue sendo a poesía, que se ocupa de temas intimistas, costumistas, paisaxistas, sociais­ patrióticos, etc.
Antonio Noriega Varela.
•
1916­ 1936
Créanse as infraestruturas necesarias para a renovación da literatura. 2010
Lingua Galega e Literatura
Incorporación de novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran desenvolvemento.
Aumenta considerablemente o cultivo da narrativa, así como do teatro e do ensaio.
Ramón Cabanillas.
4. Ramón Cabanillas (Cambados 1876­ 1959) Logo de realizar estudos no Seminario Menor de Santiago, en 1910 emigra á Habana. Alí entra en contacto coa intelectualidade galeguista emigrante e publica os seus dous primeiros libros de poesía, No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
En 1916 regresa a Galicia e participa activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo: nas Irmandades, no Grupo Nós, no Seminario de Estudos Galegos… Vincúlase ao nacionalismo e a Acción Gallega, converténdose ao pouco tempo no poeta do movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil. Todo isto valeulle o apelativo de “Poetas da Raza”.
En 1920 ingresa na Real Academia Galega e, en 1929, na Real Academia Española como representante da literatura galega.
Despois da Guerra Civil, 1936­ 1939, volve escribir obras en galego; é autor do primeiro libro que publica a editorial Galaxia tras a súa fundación, Antífona da Cantiga, 1951.
2010
Lingua Galega e Literatura
A obra literaria de Cabanillas é moi extensa e variada. Cultivou fundamentalmente a poesía, a cal conxuga a tradición literaria procedente dos escritos do século XIX coas novas correntes anovadoras do seu tempo, como o modernismo. É un autor que serve de ponte entre a tradición decimonónica e as vangardas literarias galegas.
Poesía lírica:
­
Cívica ou social.­ de carácter agrarista e anticaciquil. “No desterro”, “Vento mareiro”.
­
Intimista.­ “A rosa de cen follas”.
­
Costumista.­ Debuxa tipos, situacións, ambientes, con elementos humorísticos e con aspectos formais de carácter modernista.
Poesía narrativa:
“Na noite estrelecida”, “Samos”
∙”Na noite estrelecida” recolle os temas medievais célticos da materia de Bretaña: as lendas da corte do rei Artur e a busca do Grial polos cabaleiros da Táboa Redonda. Consta de tres sagas que se desenvolven parcialmente en escenarios galegos: “A espada Escalibor” que se atopa na illa de Sálvora, desde onde será levada á presenza do rei Artur; “O cabaleiro do Santo Graal” na que Galahaz atopa o cáliz da Derradeira Cea no Cebreiro; e “O sono do rei Artur” que narra a morte do rei e o seu descanso nunha furna á espera de tempos futuros.
Cabanillas establece varios paralelismos: o cáliz identifícase co escudo, que representa a identidade de Galicia; os cabaleiros da Táboa Redonda identifícase coas Irmandades da Fala; e a procura do Grial coa arela de redención e liberdade da nosa terra.
∙”O bendito San Amaro” narra os acontecementos principais da vida deste santo, presente na tradición popular das terras do Salnés.
∙”Samos” trata da historia e da vida dos monxes deste mosteiro, no que o propio Cabanillas pasou algunhas tempadas.
Características da poesía de Cabanillas:
­
Trazos modernistas que o distinguen do popularismo ou formalismo dos devanceiros e o converteren na ponte necesaria entre o Rexurdimento e as Vangardas.
­
Tendencia ao sensual e colorista
­
Preciosismo verbal
­
Musicalidade
Teatro:
∙”A man da Santiña” é unha comedia de tema amoroso protagonizada por personaxes fidalgos.
∙”O Mariscal” é un drama en verso de intención política. Recupera a figura do mariscal Pardo de Cela, executado en 1483 por orde dos Reis Católicos. O Mariscal é un símbolo da resistencia galega fronte á política centralista dos reis, e convértese nunha referencia fundamental para o nacionalismo de comezos do XX. A reconstrución do noso pasado serve así á ideoloxía das Irmandades da Fala.
5. Noriega Varela (Mondoñedo 1869­ Viveiro 1947) Tras os seus estudos no Seminario, exerceu como mestre en diversos lugares de Galicia. Vencellouse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o tema.
É autor dun único libro, “Montañesas” 1904, que a partir da 3ª edición cambia o seu título polo de “Do ermo”.
2010
Lingua Galega e Literatura
Na súa poesía trata dúas temáticas principais:
­
Costumismo: circunstancias da vida dos labregos
­
Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da natureza.
Tamén publicou unha recopilación de cantigas populares en honra da Virxe: “A Virxe e a paisanaxe” 1913, e unha colección de refráns e cantares populares, “Como falan os brañegos” 1928.
Documentos relacionados
Descargar