Bases e inscrici n para o Mercado de Nadal 2008

Anuncio
ORGANIZACIÓN
A Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo co apoio da D.X. de Turismo da
Consellería de Innovación e Industria e a Sociedade de Desenvolvemento Comarcal organizan o VI
Mercado de Nadal de Ribadeo, que terá lugar na praza de España en Ribadeo , os días 5,6,7 e 8 de
decembro. Os horarios de apertura serán de 11h a 14h e 17h a 21h.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar tanto o sector artesán de manofaturas como a alimentación artesanal. A participación
será gratuita, non tendo que realizar pago algún polo aluguer do Stand.
SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN
Poderán solicitar a participación aquelas persoas cuia producción sexa exclusivamente artesanal e de
elaboración propia e que estean debidamente dados de alta no réxime de autónomos na actividade.
Os documentos a adxuntar , xunto coa solicitude , serán os seguintes:

Memoria descritiva da actividade e 3 fotografías da obra e stand ( Só os que participen por
vez primeira)

Copia DNI ou N.I.F./ C.I.F.

Copia da última cuota pagada do réxime de autónomos.

Certificado de epígrafes do I.A.E.

Carta de artesán ( a valorar)

Rexistro sanitario, no caso de que sexa necesario para exercer a actividade.

Declaración xurada e asinada polo/a interesado/a, que acredite que os produtos cos que
participará no mercado, responden a unha elaboración artesanal de autoría propia, acorde
á memoria presentada.

Valorárase que o/a solicitante realice traballos de artesanía na súa especialidade en vivo,
durante a celebración do mercado.
As solicitudes deberán enviarse enviarse a :
Área de Desenvolvemento Local
Concello de Ribadeo
Pza. de España, 1
27700 Ribadeo
Ou ao correo electrónico: adl@ribadeo.org
PRAZO
O prazo para solicitar a participación estará aberto, con carácter xeral, ata o día 21 de outubro do 2008
ás 14:00 h .
SELECCIÓN
No caso de ser necesario, unha vez pechado o prazo de admisión, reuniráse o Comité de Selección para
seleccionar aos que se consideren, resolvendo as solicitudes con carácter inapelable.
NORMAS DE PARTICIPACIÓN
Todos os que o soliciten a participación aceptan as condicións de funcionamento dos eventos.

A feira levárase a cabo baixo unha carpa e a distribución e ubicación dos stands será
competencia da comisión.

A montaxe será a tarde-noite do 4 de decembro ou o mesmo día, e a desmontaxe será o día 8
de decembro.
A organización poñerá aos servizo dos participantes:

Stand, enchufes e luz ambiental. Vixiancia durante as horas de peche

Megafonía e calefacción.
Cada expositor comprométese a :
-
Responsabilizarse dos produtos expostos no seu stand durante a celebración do mercado
-
A venda de produtos elaborados por el/ela mesmo/a , relacionados coa solicitude de
participación , no admitíndose a revenda de produtos non propios o que non sexan de
elaboración artesanal.
-
Que o seu stand permaneza aberto debidamente atendido durante o horario establecido.
SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
NOME DO TALLER / STAND ––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
NOME E APELIDOS ––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––––
OFICIO _______________________________________________________________
ENDEREZO, C.P, LOCALIDADE E
PROVINCIA___________________________________________________________
TELEFONO/S DE CONTACTO __________________________________________
E-MAIL : ______________________________________________________________
PRODUCTO/S A VENDA________________________________________________
TALLER AO VIVO
SI
NON
Descargar