Galego # Gallego

Anuncio
GALEGO DE COU
1.− Lingüística interna:
Bloque 1º Sintaxe:
1.− A sintaxe: obxecto de estudio
2.− Unidades sintácticas: frase, cláusula, oración.
3.− Relacións sintácticas: conectivas e funcionais.
4.− Análise de unidades sintácticas.
Bloque 2º Fonoloxía:
1.− A fonoloxía: obxecto de estudio.
2.− O sistema vocálico e consonántico dende a prespectiva fonolóxica.
Bloque 3º Morfoloxía:
1.− A morfoloxía: obxecto de estudio.
2.− Estudio das unidades morfolóxicas: clase sustantivo, clase artigo, clase pronome,...
Bloque 4º Léxico− Semántico:
1.− A formación do léxico: procedementos para a creación de novas plantas.
2.− A formación histórica do léxico: léxico patrimonial, culto e semiculto.
2.− Lingüística Externa:
1.− A formación da lingua galega: elementos que interveñen nese proceso.
2.− As variedades xeográficas da lingua galega.
3.− As variedades sociais e contextuais.
4.− As interferencias lingüísticas.
5.− O conflicto lingüístico.
6.− As linguas minorizadas.
7.− A formación do galego estándar.
8.− Temas monográficos da Hª da lingua.
1
________________________________________________________________________________
BLOQUE 2º: FONOLOXÍA
1.− A fonoloxía: obxecto de estudio.
A linguaxe humana está constituída por un sistema de sons. En principio é oralmente, xa que a lingua escrita é
posterior a oral, e o seu contido é a representación de símbolos. O home é capaz de producir infinidade de
sons, sen embargo, para comunicarnos utilizamos un número limitado de sons. Cada falante usa sons
similares, pero non son iguais os dos demais. Un mesmo falante o longo do día é incapaz de pronunciar un son
igual. Desta maneira chegamos o concepto de fonema.
Fonema Unidade abstracta de carácter fónico, que a demáis é comun a tódolos falantes da mesma lingua, e
permite diferenciar significados. Deles ocúpase a fonoloxía. Os sóns son ocupados pola fonética.
2.− O sistema vocálico e consonántico dende a prespectiva fonolóxica.
Sistema de 26 fonemas. Os parámetros que utilizamos para definilos son tres, que os lingüistas defínelos
como punto de articulación, facendo referencia a órganos da boca que interveñen na realización de fonemas;
o modo de articulación refírese a maneira en como sae o aire para a realización dos fonemas. Outro apartado é
o parámetro de sonoridade, segundo vibran as cordas vocais permíten caracterizar os fonemas.
A partir dos 26 fonemas xa solo son sons. O sistema de fonemas divídese en 2: vocálico de 7 e consoántico.
• Vocálico Son todas sonoras en principio. Na súa emisión hai facilidade para a
saída do aire. As vocais teñen capacidade de formar sílabas. Distinguimos 2 series:
As de abertura media son fonemas porque distinguimos ven as palabras.
• Consonántico Hai 19 fonemas que nos imos representar mediante o alfabeto
fonético (R.E.F.), xa que os fonemas teñen o seu peculiar xeito de representación. Imos seguir sobre todo o
parámetro do modo de articulación.
−O carácter oclusivo reside nunha pechación total e posteriormente o aire sae violentamente.
−O caráter fricativo reside nun rozamento do aire cara o exterior.
−O carácter africado consta de dous momentos de formación: no 1º momento de pechación total, e o 2º é de
rozamento.
−O carácter nasal é o que parte de saír do naríz.
Hai quen considera que −nh non é un fonema, e falan dunha variante de n alveolar. Hoxe en día hai tendencia
a citala como un fonema.
−O carácter líquido reside en que son consoantes que se poden mesturar con outras.
Hai unha serie de fenómenos que se producen na fala que afectan tanto o vocalismo como o consonantismo.
• Con respecto o vocalismo podemos distinguir 2 grupos:
2
• Con respecto o consonantismo:
2.1− Sílaba e acentuación
Cada un dos golpes de voz con que pronunciamos unha palabra é a unidade inmediatamente superior fonema,
distinguimos entre sílabas simples e complexas. Denominaremos sílaba simple a única constituída por vocais.
Dentro das complexas distinguiremos a C + V, complexa libre e a complexa travada. As letras (a, e, o) + (i, u)
forman un diptongo. Distinguiremos crecentes (ia, ie, io, iu, ua, ue, uo) e drecrecentes (ai, ei, oi, au, eu, ou).
BLOQUE 1º: SINTAXE
Pasar da Fonoloxía a Sintaxe supón un salto nos compoñentes fónicos da palabra a un estudio das relacións
entre palabras para constituíren unidades superiores a ela. Esas unidades de estudio da sintaxe son
básicamente 3: a frase, a cláusula e a oración.
2.− Unidades sintácticas: frase, cláusula, oración
• A Frase
E unha unidade de tipo intermedio entre a inmediatamente inferior a ela e a superior. E a 1ª unidade en que se
agrupan as palabras coa finalidade de desempeñar unha determinada función dentro da unidade superior a ela,
dentro da cal a frase queda integrada. Establecemos dous grandes grupos:
1º.− Frases que os seus elementos integrantes están nunha relación de subordinación, hai un elemento básico
esencial que ten autonomía e un segundo elemento que é opcional (Núcleo e modificador)
Mercou libros vellos
Mercou libros
2º.− Teñen os seus elementos integrantes nunha relación de interordenación. Neste caso non temos un
elemento principal e outro secundario, senon que os elementos integrantes condiciónanse mutuamente entre
sí. Relación de reciprocidade mútua.
Vive nesa cidade
• 1º Grupo Frases con elementos integrantes, en relación de subordinación.
Este tipo ven dado polo carácter obrigatorio (núcleo). O núcleo permítenos catalogar ante que tipo de frase
estamos.
− Frase nominal Presenta como núcleo un nome ou pronome. Pode ir acompañado de outros elementos,
como determinantes, modificadores.
Coñecemos como determinantes toda a serie de palabras que teñen como función concretar o significado do
núcleo da F. N. ( Eses libros vellos ), significación gramatical. A súa posición xeral soe ser antes do núcleo,
pero non sempre. Hai casos de postposición.
O núcleo vai ser un nome ou pronome persoal ou doutro tipo. No caso de que sea un P. P. Van a entrar os
pronomes da serie tónica. Hai que ter en conta o proceso de sustantivación, palabras que non son sustantivos
pero pasan a ser o núcleo gracias o artigo (Ex: Gústame o azul)
3
O espacio modificado son as secuencias de carácter opcional que aportan información sobre o núcleo.
• Frase Adxectival Vai haber unha relación entre o núcleo e modificador
(pode aparecer ou non). Como modificadores poden aparecer o adverbio ou a frase preposicional.
Canso
Moi canso
Estou canso de traballo
• Frase adverbial Igual extructura que o anterior. (núcleo − modificador).
Como modificadores poden aparecer: adverbio, frase preposicional.
Vive lonxe
Vive moi lonxe
Vive moi lonxe de aquí
• 2º Grupo Os elementos integrantes están nunha relación de interordenación.
Non existe a relación núcleo−modificador. A representante e a Frase Preposicional
• Frase Preposicional Presenta a extructura de enlace cun término de
relación. Entre enlace e término hai interordenación. Como término pode aparecer frases nominais (En esa
cidade) e frases adxectivais, frases adverbiais. Ademáis de extructuras simples podemos atoparnos con frases
compostas, cando estamos ante frases do mesmo tipo, aparecen coordenadas entre sí (Frase Nominal
Composta)
• A Clausula Simple
Estamos ante unha unidade de carácter intermedio, inmediatamente inferior a oración. E a unidade na cal se
integran as frases, desempeñando determinadas funcións.
E a unidade que posue a función comunicativa, unha unidade dotada de sentido completo. Posue tamén a
escritura predicativa (que ten que ter un verbo). As frases aparecen integradas na cláusula desempeñando
diversas funcións:
1º.− Función Suxeito Dende o punto de vista semántico, indica quen realiza a acción verbal. Sintácticamente
está tramitada por unha frase nominal. Máis excepcionalmente o suxeito pode aparecer tramitado por unha
frase preposicional (entre, ata) Ex: Ata os seus enimigos o deloitaban. Este suxeito pode estar tramitado por
frases simples ou compostas. A ausencia de suxeito da lugar a cláusulas impersoais. Podemos distinguir varios
tipos de cláusulas impersoais.
−Falsas impersoais o suxeito non aparece explícito, pero o contexto permite recuperalo. Ex: Colle o tren
−Propiamente impersoais non hai posibilidade de repoñer o suxeito. Hai outros tipos:
4
−Impersoais naturais Fenómenos de tipo metereolóxico ou natural. −Impersoais gramaticalizadas Verbos do
tipo haber, facer, cedo, tarde.
−Impersoais reflexas Construidas co pronome persoal, véndese, cómese.
• Método para identificar a función suxeito:
• Preguntamento o verbo de quen ou que
• Transformación a pasiva, o cal o suposto suxeito pasa a ser complemento axente.
• A orde de elementos.
2º.− Función Predicado Semánticamente o resto da secuencia dentro da cláusula que aporta información
sobre o suxeito. Sintácticamente está tramitado por unha frase verbal. Segundo a natureza do verbo temos
dous tipos básicos de cláusula:
−Cláusula atributiva Son aquelas que a frase verbal está constituído por un verbo que se coñece como verbo
copulativo e tamén o atributo. Os verbos copulativos non teñen contido semántico, actúan como un nexo entre
suxeito e atributo. Incluso suprimindo a forma verbal, o sentido da secuencia séguese mantendo (ser, estar,
parecer, semellar). As unidades que poden tramitar a función atributo son as seguintes.
F.N. Pedro é alcalde.
F. Adx. Estaba farto de comer.
F. Prep. Pepe é de Santiago
F. Adv. Elas són así.
Relacionadas coas cláusulas atributivas temos as cláusulas de carácter pasivo, pasivas, construidas co verbo
ser igual que as anteriores, pero leva tamén un participio. Nos analizaremos (ser + participio) como núcleo. O
que acompaña e un complemento axente, está tramitado por unha frase preposicional usando a preposición por
de enlace (Ex: Foron avisados pola policía)
−Non atributivas Leva o verbo non copulativo máis complementos ( C.D., C.I., C.C., Suplemento e
predicativo).
−Complemento Directo E o tipo de complemento que restrinxe a significación do verbo. A posición xeral é
despois do verbo pero hai casos tamén de ateposición (Ex: Merquei un libro onte Un libro merquei onte). O
normal é que esté tramitado por unha frase nominal. Tamén hai casos no que está tramitado por unha frase
preposicional. Isto ocurre cando fai referencia a persoas ou cousas, e toma como enlace a preposición a (Ex:
Levo a María Lévoa) Como criterios de identificación poden ser:
• Preguntamento do verbo de que ou quen.
• Pasándoa a pasiva, que o C.D. pasaría a ser suxeito.
• Sustitución por un pronome persoal átono.
O C. D. Pode ser un pronome:
−Complemento Directo Pleonástico E un procedemento para resaltar o C. D. Consiste na situación do C. D:
nos comezos da secuencia e a posterior reiteración mediante un pronome (Ex: As chaves perdínas na praia )
−Complemento Indirecto Indica o destinatario da acción verbal. As unidades que o tramitan son a frase
5
preposicional (a, para). Como consecuencia o proceso de identificación é o de preguntar quen ou para quen.
Hai casos en que o C. I. É un pronome
−Complemento Indirecto Pleonástico Serve para resaltar o C. I. Nunha secuencia. Consiste na situación do C.
I. A comezos da secuencia e a posterior reiteración mediate un pronome que tramita ese C. I. (Ex: Os nenos
dilles .... )
−Complemento Predicativo E un tipo de complemento que está tramitado por unha frase adxectival e refírese
simultaneamente a suxeito da cláusula e mesmo a súa forma verbal.
−Suplemento E similar o C. D. Porque tamén limita a significación do verbo. Sen embargo sempre vai estar
tramitado por unha frase preposicional. (Ex: Pensou o problema Pensouno Pensou no problema Pensou nel ).
E sustituible por calquera pronome da serie tónica.
−Complmento Circunstancial E un tipo de complemento moi variado, xa que depende do que exprese, temos
varios tipos de circunstancias. As unidades que o tramitan son a frase nominal (Ex: Chego hoxe a tarde ), frase
preposicional , frase adverbial.
• A Cláusula Complexa
Unidade de carácter intermedio, entre a cláusula simple e a oración. Unha cláusula é complexa cando no seu
interior posúe outra cláusula desempeñando unha determinada función. Hai entón unha cláusula principal
(marco) e outras cláusulas subordinadas a esta 1ª, desempeñando unha determinada función. Estas clásulas
subordinadas poden ser de 3 tipos:
−Subordinación substantiva Na relación que se establece entre cláusula principal e cláusula subordinada. A
cláusula subordinada substantiva cumpre a mesma función que cumpriría unha frase nominal na cláusula
simple.
• Subor. Substantiva en función suxeito Equivalen a unha frase nominal suxeito na cláusula simple (Ex:
Que poida vivir así é imposible )
• Subor. Substantiva en función atributo Equivalen a unha frase nominal atributo nunha cláusula simple
(Ex: A realidade é que non temos tempo)
• Subor. Substantiva en función C. D. Equivalen a unha frase nominal C. D. Na cláusula simple. Os
nexos introductores son que e se (Ex: Prefiro que cabes Dime se pensas asistir a festa de ... )
• Subor. Substantiva en función Suplemento Equivalen a unha frase preposicional en función
suplemento na cláusula simple. O nexo introductor é a preposición de na maioría dos casos e o nexo
subordinante que. (Ex: Os organizadores trataron de que saíse todo ben Queixouse de que había moito
tráfico )
• Subor. Substantiva en función C. I. Equivalen a unha frase preposicional C. I. Na cláusula simple. Os
nexos introductores son pa, para, a forma que ou quen. (Ex: Darei a venvida os que cheguen primeiro
)
−Subordinada Adxectiva A relación é a mesma que se establece na frase nominal, entre núcleo e modificador.
O que acontece é que o modificador no canto de ser un adxectivo é toda unha cláusula completa. Tamén son
denominadas cláusula de relativo porque o nexo introductor é un nexo relativo (que, quen, cal, cales).
Estes pronomes relativos na cláusula adxectiva, fan referencia sempre a un sustantivo anterior, que
6
denominamos antecedente.
(Ex: Os mobles que mercaches onte son moi funcionais )
−Subordinada Adverbial A relación que se establece é a mesma que un adverbio na cláusula simple,
complemento circunstancial. Podemos indicar 3 tipos:
• Subor. Adverbial en función lugar A cláusula subordinada fai a mesma función que un C. C. L. Na
cláusula simple. O nexo introductor é a partícula onde. (Ex: Deixa o libro onde estaba
• Subor. Adverbial en función tempo A mesma función que o C. C. T. Na cláusula simple. Nexos
cando, mentre, namentres, entrementes... (Ex: Saían eles cando chegaba o pai ). Outros nexos son
antes que, antes de que, despois que, despois de que...
• Subor. Adverbial en función modo Equiva... Nexos como, según, conforme (Ex: Fíxoo segundo lle
dixeron )
• A Oración
A gramática tradicional tiña un concepto erróneo de oración, o sea, induía na clase de oración o que en
realidade eran cláusulas complexas. Nos entendemos por oración aquela unidade constituída por duas ou máis
cláusulas no nivel inmediatamente inferior de análise. Distinguimos dous tipos básicos de oración: oración
coordenada e oración bipolar.
−Oración Coordenada:
• Oración Coordenada Copulativa As cláusulas que a configuran teñen un resultado de suma ou
adición. Os nexos introductores son e e máis e a forma nín (para copulación negativa) Ex: Non o sei
nin me importa sabelo
• Oración Coordenada Disxuntiva As cláusulas que a configuran teñen
olvídao para sempre
−Oración Bipolar Neste tipo as cláusulas están nunha relación de nterdependencia (Necesítanse mutuamente
elas duas. Ex: Se ves conmigo douche un caramelo
• Oración Bipolar Adversativa A gramática tradicional inclúea na
nexos pero, senón, senon que, sen embargo
• Oración Bipolar Causal Duas cláusulas unidas polo nexo que indican
casualidade. Porque, pois, posto que, por mor de que, por causa de que.
• Oración Bipolar Consecutiva Unha cláusula expresa a consecuencia da outra . así que, de modo que,
de maneira que, polo tanto, dexeito que
• Oración Bipolar Concesiva Unha das cláusulas expresa unha dificultade para o cumprimento da
acción, pero non impide a total realización. Ainda ou inda que, a pesar de que
• Oración Bipolar Condicional Se, con tal que, con tal de que, sempre que,
7
TEMAS DE 4 PUNTOS
1.− Elementos que interviron no proceso de formación da lingua
1º.− Linguas que conforman o galego actual
En canto lingua románica, a malloría do seu léxico provén do Latín, pero non na súa totalidade, hai outros
elementos que interviron na formacción do galego como son:
−Léxico Prelatino Englobamos aquí unhas palabras dunha serie de pobos asentados en Galicia antes da
Romanización. Moitas destas palabras prelatinas atribúense a unha posible orixe céltica (Ex: camisa, cervexa,
carro, camiño, beizos)
−O Latín E o compoñente maioritario do léxico galego. A Romanización e a posterior implantación do Latín
levouse a cabo en tres fases:
1º.− Expedición de Décimo Xunio Bruto Limitouse o Sur de Galicia, principalmente na costa.
2º.− Expedición de Xulio César.
3º.− Octavio Augusto Esta supón a total sumisión de diversos pobos, desde Galicia o País Vasco.
−Léxico Postlatino Desaparecido o imperio romano vanse a sentar unha serie de pobos que van a deixar a súa
influencia no léxico do galego. Temos así o aporte Xermánico (suevos e visigodos). Chegaron no S. V. A súa
influencia lingüística foi reducida debido o seu escaso nº, e a súa excasa formación cultural. Acabáronse
Romanizando eles. O léxico que nos deixaron está referido o mundo guerreiro (Ex: frecha, guerra, orgullo,
branco). Tamén nos deixaron topónimos rematados en −iz e −mil (Ex: Mondariz, Samil). Tamén
antropónimos (Ex: Luís, Rodrigo, Fernando). A influencia Arabe. Chegaron no S. VIII (711). A súa influencia
no léxico é indirecta, a través do Francés, Castelán (Ex: alcalde, algodón, alcachofa, almofada) Constituído xa
o galego como lingua fixada, na idade media e posteriormente seguiu recibindo novas aportacións léxicas, de
linguas como o Francés, Italiano (Ex: piano, sonata).
2.− As variedades xeográficas da lingua galega
Son as variedades que se producen na lingua tendo enconta a zona donde se habita. Son estudiadas pola
dialectoloxía. Para establecer as variedades xeográficas os lingüístas teñen en conta unha serie de fenómenos
dialectais. Salientaremos algun destes fenómenos que valen para clasificar as variedades xeográficas.
• O Seseo ausencia de / /
• A Gheada ausencia de /g /
• Os plurais dos nomes rematados en −n no singular. Con este fenómeno podemos encontrarnos con 3
solucións.
1.− Formación de plural mediante adición de −s (can cans)
2.− Formación do plural mediante supresión de −n (can cás)
3.− Supresión da secuencia −is (can casi)
• −num (germanum) Temos duas solucións mayoritarias
1.− Non distinción do xénero. Unha terminación para ambos sexos (o irmán, a irmán)
8
2.− Distinción do xénero (o irmao, a irmá)
• Variacións nos diptongos:
/ oi / noite, moito
/ oi / −− / ui / noite, muito
• Sistema de demostrativos a nivel xeográfico:
/ e / este, esta , esto
/ i / para o masculino (iste, esta, esto)
/ i / para o neutro (este, esta , isto)
• Sis tema de pronomes persoais As variacións que producen no sistema de pronomes persoais tamén
nos poden servir para caracterizar as variedades xeográficas.
2ª ti / tu
3ª el / il
Tendo en conta toda esta serie de fenómenos e algúns outros que se producen nos verbos, podemos establecer
as variedades xeográficas do galego.
Así podemos distinguir a chamada zona ou bloque:
• Occidental ( A Coruña e Pontevedra).
− Seseo
− Gheada
− Plural en −ns
− Non distinción do xénero
− Ti, el
− Con í no neutro
• Central
−Non seseo
−Non gheada
−Plural en −s con supresión da −n
−Distinción −ao / −a
9
−Diptongo / oi / en xeral
−Poden aparecer demostrativos con −i no masculino (iste, ese)
• Oriental
−Non seseo
−En xeral, non gheada
− Distinción −ao / −a
−Plural en −is (casi, camiois)
3.− Variedades sociais e contextuais
• Variedades Sociais
Estes tipos de variacións poden vir motivados pola clase social a que pertencen o falante pola súa profesión,
nivel cultural, académico,...
Son estudiadas pola sociolingüistica. Podemos distinguir varios tipos:
1.− Subcódigos Son variedades que veñen producidas polo ámbito profesional o que pertence o falante. Cada
profesión posúe un léxico expecífico. Isto configura un subcódigo (médico, xudicial, administrativo,...)
2.− Xergas É un tipo de variedade social que procura o ermetismo, para evitar ser comprendidos por persoas
alleas a ese grupo. E propia dun determinado colectivo social que a utiliza para autocaracterizarse como grupo
e o mesmo tempo evitar ser comprendidos por outros grupos. En Galicia, cada oficio tiña unha xerga
característica : cabaqueiros, canteiros,...
3.− Calón Esta variedade caracterízase porque o léxico que a configura non é un léxico inventado senón que
está formado por palabras de lingua común pero otorgándolle novos significados. Ex. Viaxe (alucinación)
• Variedades Contextuais
Non son as variedades xeográficas nin as sociais as únicas existentes nunha lingua, xa que un mesmo
individuo pode expresarse de diferente forma dentro do contexto en que se atopa. Son as chamadas variedades
contextuais, tamén denominadas niveis ou rexistros de lingua. Distinguimos basicamente dous:
1.− Nivel coloquial aqueles actos de fala no que predomina ante todo a comunicación. Atenden a unha
finalidade puramente práctica, que é a comunicación cotiá. O léxico non soe ser coidado, e poden aparecer
vulgarismos, castelanismos, dialectismos.
2.− Nivel culto ou científico aqueles actos de fala que veñen motivados por unha actividade intelectual ou
científico. O léxico utilizado non é espontaneo, senón que está escollido e apréciase unha gran preocupación
pola gramática.
BLOQUE 3º: MORFOLOXÍA (2º Evaluación)
Pasar do plano sintáctico o morfolóxico supón establecer un paso de estudiar como se relacionan as palabras
entre sí, a estudiar as palabras en sí mesmo, en tanto que son supceptibles en canto composición. Délo
10
ocúpase a morfoloxía, que xunto ca sintaxe configuran o propio extracto gramatical dunha lingua.
Fonoloxía−Léxico por outra parte son satélites.
Centrarémonos na morfoloxía, esta clasifica as palabras tendo en conta as súas características. Distinguiremos
2 tipos:
1.− Variable Estas presentan alteracións (xénero ou nº). Aquí englobamos a clase nome (sustantivo e
adxectivo), pronome (demostrativo, posesivo, persoal, indefinido, numeral), artigo e verbo.
2.− Invariable Estas non presentan estas variacións. Aquí englobamos o adverbio, preposición e a
conxunción.
O NOME
• Sustantivo
1.− Caracterización semántica
Os sustantivos denotan entidades fronte o adxectivo que denota variedades. Estas entidades poden ser seres
vivos, cousas inanimadas ou conceptos abstractos. Constitúen un inventario en contínua evolución, xa que en
calquera momento pode ser ampliado mediante unha serie de mecanismos (incorporación de novos
sustantivos que designan conceptos modernos; incorporación de préstamos doutras linguas; formación de
novos sustantivos mediante procedementos que a lingua posee en sí mesma). Non son un mecanismo pechado
de elementos como poden ser as preposicións).
2.− Clasificación semántica
3.− Caracterización morfolóxica
E unha clase de palabras variable, iso implica xénero e nº.
−Xénero (fotocopia 1)
−Número:
E a oposición básica entre singular (un individuo dunha especie) e o plural (máis dun individuo dunha
especie). Ainda que hai sustantivos que soo teñen plural e non singular (Ex: cóxegas)
−Regras de formación do plural en palabras simples:
1.− Rematados en vocal −s
2.− Rematados en consoante −n −s
3.− Rematados en consoante diferente de −n, −l −es
4.− Sustantantivas rematadas en −l:
−Polisílabas agudas −is
−Monosílabas ou graves −es
11
−Regras de formación do plural en palabras compostas:
Os sustantivos de carácter composto sobre a formación do simple seguen a regra do simple.
Parasol Parasoles / Parasois
Cando o sustantivo está formado por 2 secuencias onde o grao de unión non é total levan marca de plural os 2
elementos.
Garda civil Gardas civís
Cando ten os seus elementos integrantes unidos entre sí, mediante unha preposición, neste caso soo leva
marca de plural o 1º elemento.
Estrela de mar Estrelas de mar
• Adxectivo
1.−Xénero−número Segue os parámetros do nome sustantivo.
2.− Gradación
A cualidade expresada polo adxectivo, pode presentarse tal como está (grao positivo), ou sometida a un
proceso de determinadas tensións expresivas. Temos así os graos comparativo e superlativo.
−Estructura do grao comparativo:
Compara a cualidade atribuida a un sustantivo en relación coa mesma cualidade referida a outro sustantivo.
Distinguimos un esquema comparativo de igualdade, inferiodidade e superiodidade:
−Estructura do grao Superlativo:
A cualidade atribuida a un sustantivo, parece expresada no seu grao máximo ou mínimo.
Temos unha forma sintéctica de superlativo, mediante sufixos −ísimo ou −érrimo, e temos unha forma
analítica, mediante a estructura
moi + adxectivo
Os adxectivos, bo−malo, alto−baixo, grande−pequeño, sabemos que presentan unhas formas específicas tanto
de comparativo como de superlativo.
−Formas comparativas bo−malo mellor−peor
alto−baixo superior−inferior
grande−pequeño maior−menor
−Formas superlativas bo−malo óptimo−pésimo
alto−baixo supremo−ínfimo
12
grande−pequeño máximo−mínimo
ARTIGO
1.− Contextualización da 2ª forma (−lo, −la, −los, −las)
−Representación gráfica con guión.
1.− Forma verbal rematada en −r ou −s.
2.− Pronomes persoais (no−lo, vo−lo,...)
3.− Partícula interrogativa (u−lo, u−la)
−Representación sen guión.
1.− Tódolos, tódalas, ámbolos, ámbalas.
2.− Polo (s), pola (s), tralo (s), trala (s).
3.− Mailo (s), maila (s).
2.− Valor do artigo determinado
−Valor xenérico o artigo vai precedendo a un sustantivo que indica toda unha clase de individuos. O home é
mortal / Tódolos
−Valor distributivo acompañando a valores que indican peso ou medida.
Son a 20 ptas. / o quilo
−Valor posesivo acompañando a sustantivos que fan referencia a unha entidade propia do individuo.
Roubáronme a carteira
−Valor enfático valor puramente expresivo.
A de cousas que hai que oir
O PRONOME
• Demostrativos
1.− Morfoloxía (buscar pola nosa conta)
2.− Sintaxe dos demostrativos
Pertencente o grupo dos determinantes, a súa posición é antes do núcleo, pero podemos encontrarnos casos de
postposición, cando o demostrativo ten unha función evocadora.
Cando o demostrativo vai en posición prenuclear, a súa posición e incompatible co artigo. Se o demostrativo
pasa a postposición, entón hai compatibilidade (a auga esta− a esta auga).
13
3.− Semántica do demostrativo
A parte do significado habitual que é indicar a situación dun obxecto no espacio, pode presentar outros valores
específicos como:
−Valor sustantival cando se comporta como un verdadeiro sustantivo
aquel
−Valor adverbial aparece cas formas nisto e niso.
−nisto (neste momento)
−niso (nese momento)
Tamén aparece ca forma daquela (naquel tempo pasado). Estas formas adquiren un valor adverbial.
−Valor consecutivo equivale a unha partícula consecutiva. Aparece ca forma daquela (Naquel tempo).
−Valor verbal podemos formar a partir de daquel un verbo (aquelar,...)
−Valor despectivo aparece ca forma s cando vai despois de sustantivo.
• Posesivo
1.− Morfoloxía (buscar pola nosa conta)
2.− Sintaxe dos posesivos
Xeralmente funciona como determinante na F. N e a súa posición xeral é antes do núcleo, pero é tamén
posible a postposición (o meu libro / o libro meu).
En posición prenuclear é obrigatorio que o posesivo vaia precedido de artigo. Unicamente é posible a súa
omisión cando vai acompañando a sustantivos que implican parentesco. En vocación é posible tamén a
omisión do posesivo.
3.− Semántica do posesivo
A parte do significado habitual, pode presentar outros valores específicos como:
−Valor de propiedade exclusiva indica que o sustantivo o cal se refire é de posesión exclusiva (meu, teu, seu,
noso, voso, seus). Son formas inmovilizadas de xénero e nº.
−Valor de seu por natureza, por sí mesmo.
−Valor distributivo candansuas, cadanseus. Vai acompañados de obxecto.
−Valor aproximativo posesivo cando vai con numerais ten valor aproximativo.
−Valor de habitualidade Sempre toma o seu café
−Valor referido o ámbito familiar Os meus, os teus, os seus
14
−Valor afectivo A nosa Susi
−Valor de accións negativas Xa estás facendo das túas/suas
• Pronome Persoal
E un inventario pechado de elementos que son agrupables en 2 series: tónicos e átonos. Non constituen por
tanto unha categoría homoxénea.
1.− Características da serie tónica
Son formas autónomas, é dicir, poden aparecer por sí soas no enunciado. Dende o punto de vista sintáctico
poden tramitar todas as funcións sintácticas existentes.
A serie átona son formas que carecen dde autonomía por sí mesmas, e a súa presencia sempre está vencellada
a un verbo, situándose diante ou detrás do verbo. Non teñen carácter independente. Teñen importantes
restrincións funcionais (CD:, CI:, e Atributo. Estas son as que pode tramitar)
S. Tónica Plural
1.− Eu min comigo
2.− Ti contigo (vostede)
3.− El/−a si consigo
1.− Nós (nosoutros) connosco
2.− Vós (vosoutros) convosco (vostedes)
3.− Eles/−as si consigo
S. Atona Plural
1.− Me nos
2.− Te / Che vos
3.− Lle, o, a, se lles, os, as, se
Observacións da serie Tónica
−min Obrigado en contextos preposicionais e comparativos.
−comigo A forma conmigo considérase castelanismo.
−Vostede/−es Estas formas denomínanse formas de cortesía e levan verbo na 3ª a pesar de referirse a 2ª.
−si /consigo Son formas reflexivas.
−el/−a Contraen na escrita cas preposicións del/−es
15
−Existe unha diferencia entre nós, vós e nosoutros, vosoutros.
Nós,vós Fan referencia a un grupo amplo de individuos, a totalidade.
Nosoutros, vosoutros Significación limitada.
Observacións sobre o singular
As formas sintácticas que pode tramiotar a forma me:
−CD Leváronme
−CI Leváronme libros
−Reflexivo
−Te CD e Reflexivo
−Che CI
−Lle CI
−o,a CD
−se Reflexivo
lo,la (verbos rematados en −s e −r) Contas + o / Cóntalo
no,na (verbos rematados en diptongo) contou + o / Contouno
o, a cóntao
Observacións no plural
−nos CD, CI, Reflexivo
−vos CD, CI, Recíproco
−lle CI
−os,as CD
−se
Colocación de formas átonas na frase
Posto que carecen de autonomía, a súa presencia na frase vai estar en relación co verbo, situándose ou ben
antes del (posición proclítica) ou ben despois del (posición enclítica). As formas átonas nunca poden aparecer
en posición inicial absoluta. Nas cláusulas simples ou na principal dentro dunha complexa, a posición é
enclítica (déixao .../ díxenlle...) ainda que é posible a proclise, en oración de carácter negativo e tamén en
interrogativas e exclamativas. Tamén é posible a anteposición cando temos unha orden non habitual dos
elementos que entran a tramitar diferentes funcións sintácticas (cousas fermosas lles regalaron).
16
Colocación das formas átonas en relación o indefinido
O pronome átono non ten un comportamento homoxéneo con relación os indefinidos. Hai unha serie de
indefinidos que fan que o pronome átono vaia antes do verbo, pero hai outra serie de indefinidos que fan que
vaian despois.
−Indefinidos (antes do verbo)
Ninguén, nada, ningún
Algo, alguén, ambos, entrambos, mesmo, todo
−Indefinidos (depois do verbo)
Cada, varios/−as, certo/−a/−os/−as
Comportamento do pronome átono en relación cos adverbios
Ocorre o mesmo caso que o anterior, non hai unha unimidade.
Adverbios (pr. Antes do verbo)
O pronome vai antes do verbo cos adverbios de dúbida (quizáis, saibao). Tamén con xa, sempre, só, ainda)
Adverbios (pr. Despois do verbo)
Son a maioría de adverbios de tempo e lugar.
Colocación de formas átonas en cláusulas subrodinadas
Nas cláusulas subordinadas, dentro dunha cláusula complexa os pronomes átonos van antes da forma verbal.
Colocación de formas átona en perífrasis verbais
Unha perífrasis é unha extructura verbal formada por 2 formas verbais unidas entre sí por un nexo. Podemos 3
posibles colocacións das formas átonas:
1.− Ténocho que dar
2.− Teño que darcho
3.− Teño que cho dar
Te (CD) − Se existe CD Che
Che(CI) − Se non existe CD Te
• Pronomes Relativos
E un tipo de pronomes con valor relacionante, é dicir, poñen en contacto unha cláusula adxectiva en función
modificador co núcleo da F.N., o cal modifica. Ten un valor de unión. Non constitúen un inventario
homoxéneo, xa que hai unhas formas de carácter variable frentes as formas invariables.
17
Formas invariable do relativo
−Que E o relativo de maior uso na fala, xa que ten a posibilidade de referirse o núcleo da F.N., sexa este do
tipo que sexa. E frecuente que na fala apareza precedido de artigo ( deixo a casa en que nacín /Deixo a casa na
que nacín).
−Quen o seu antecedente está referido únicamente a persoas. Como forma quenes é un castelanismo. Entra a
formar parte de numerosas expresións, de numerosas frases feitas (facer coma quen no sentido de
aparentar)(ser quen/ non ser que no sentido de ser capaz de facer algunha cousa)
Formas invariables
−Cal/−es A forma cal non é moi utilizada na fala, soe sustituirse pola forma que.
A razón pola que estou aquí
−Canto/−a/−os/−as
• Pronomes Interrogativos
−Que Admite os 2 usos (interrogativo e exclamativo)
−Quen Admite os 2 usos (interrogativo e exclamativo)
Como interrogativo a forma quen non admite plural, por conseguinte o verbo o cal se refire vai sempre en
singular, excepto co verbo ser (quen son) que admite o plural do verbo.
−Cal/−es Admite os 2 usos, ainda que en exclamativo é bastante infrecuente.
En relación con estos pronomes debemos mencionar as partículas onde, como, cando; considerándose
adverbios pero o seu comportamento está moi próximo os relativos, podendo ser sustiruidos pola forma que
(paréceme como actúa / Ali tes a estrada que vai a Guarda/O dia no que naceu).
• Cuantificadores
Toda unha serie de palabras que teñen unha función de tramitar unha idea de cantida, pode ser exacta ou
inexacta. Falamos de numerais e indefinidos relativamente
Numerais Cualificación exacta
Indefinidos Cualificación inexacta.
Indefinidos
Expresan imprecisión con respecto a unha cantidade:
−Alguén implica imprecisión relativa a identidade dunha persoa. Pode formar parte de frases feitas (ser alguén
chegar a ser persoa importante)
−Ninguén é o correlativo negativo frente alguén. Pode chegar a formar parte de frases feitas (Algo é algo
Conformidade,resignación)
18
−Nada correlativo negativo de algo, implica a inexistencia de cousas. Pode chegar a formar parte de frases
feitas (Nada de nada)
−Cada Ten un valor distributivo. Este indefinido que afecta o pronome átono, provocando a súa posición
enclitica (Cadaquen é un composto desta forma)
−Calquera Frase feita (Ser un calquera carácter despectivo. Calqueira non existe.
−Máis, menos, algúns, ningún, bastante
−Ambos, entrambos (formas necesariamente de plural). Exisen a 2 forma de artigo .
−Outro
−Un
−Todo (pode ter valor distributivo, cada elemento dentro dun grupo. (Todo home é mortal)Pode chegar a
formar frases feitas (así é todo, con todo, a todo correr, a todo meter)
−Varios/−as
−Certo/−a/−os/−as (afectan o pronome átono, provocando a súa enclise, postverbal)
O ADVERBIO
E unha palabra invariable. Sintácticamente todos van tramitar a función C.C. Semanticamente expresan unha
determinada circunstancia. Segundo o tipo de circunstancia temos diversas subclases de Adverbios:
Adverbios de lugar
Indican situación no espacio de algo ou de alguén. Hai 2 categorias:
−Absolutos situan no espacio en relación o lugarr ocupado polo falante. Nunca teñen unha significación
concreta. O seu significado é ocasional, depende de cada lugar en concreto no que se atopa o falante.
Serie en /i/ (Aquí, alí)
Serie en /a/ (Acá, Alá)
Serie en /o/ (Acó, Aló) e acolá
Manteñen un certo paralelismo co sistema de demostrativos a maior proximidade, e a menor proximidade
(ese).
−Relativos Sitúan no espacio, pero en relación coa posición dun determinado obxecto. Oposición entre:
dentro−fora
cerca, preto − lonxe
arriba, enriba, encima − abaixo, debaixo, enbaixo
19
A distinción céntrase en que as formas a posúen unha significación máis extensa, menos precisa, por iso
podemos matizar co adverbio máis.
As formas con /d/ son máis concretas (non máis)
Adiante, diante − atrás, detrás
As formas en a posúen unha significación máis extensa por iso podemos matizar con máis. As formas con /d/
son máis limitados (máis non). atrás − Detrás se poden intercambiar en determinados contextos.
−Presentativos presentan ou amosan algo que están a nosa vista. (Ex: velaquí, velaí)
Ademáis destes temos que añadir as formas algures sitio que non se quere ou non se sabe precisar e ningures
−Locucións adverbiais de lugar por riba, por baixo, a carón de, o pe de, a rente de, a redor de, a desmán, a
contraman
Adverbios de tempo
Son situadores no tempo dunha acción ou un feito. Establecen unha relación con adverbios de tempo absoluto
e relativos.
−Absolutos Podemos establecer 2 subgrupos, segundo como tomemos como referencia o ano ou día.
−Ano (antano, hogano)
−Dia (onte, hoxe, maña, antonte, trasantonte, pasadomañá, agora, arestora, despois.
En relación co momento puntual temos: antes, agora, arestora.
−Relativos aquí imos englobar as formas aínda frente a xa, mentres.
−Ainda (indica continuidade dunha acción)
−Xa (indica o fin de algo que se viña producindo)
−Mentres (situa unha accion simultanea doutra
Temos unha nova oposición entre entón fronte daquela
Temos outra oposición entre log, axiña e tarde.
−Indefinidos Sempre, decote e nunca
−Locucións adverbiais de tempo Temos as formas deseguida, o contado, a cotio, a tempo, as veces, de vez en
cando, de tempo en tempo, de cando en vez.
Adverbios de modo
Expresan a maneira de ser ou de producirse algo. O procedemento máis rentable para a lingua na creación de
adverbios modais é a través do adxectivo femenino, os cales se lle engade −mente (caladamente, lentamente,
rapidamente). Como adverbios propios de modo temos (así, ben, mellor, mal, peor, gratis, asemade.
20
Como locucións adverbiais modais temos (a modo, de vagar, a eito, o chou, o revés, do revés, en balde, de
balde)
Adverbios de cantidade e precisión
Expresan xeralmente unha cantidade non determinada, moitos son indefinidos pero empregados
adverbialmente, inmovilizados de xénero e número (máis, menos, algo, bastante, moito, pouco).
As locucións adverbiais que existen son de máis, de menos
Estas 4 clases de adverbios, hoxe en día falamos de partículas de afirmación, negación e dúbida, que non
vamos a incluir en adverbios.
TEMAS DE 4 PUNTOS
1.− O Galego Estandar
Debemos definir en principio o concepto de lingua estándar. E aquel modelo de lingua común para tódolos
falantes pertencentes a unha mesma comunidade lingüística. Está por encima de todas as variedades que
existan nunha lingua, tanto sociais como xeográficas. Tódalas linguas teñen o seu modelo estándar ou
normativo. A lingua estándar ou normativa é a que se utiliza en contextos formalizados, é dicir, ámbito do
ensino, medios de comunicación social,... Hoxe en día, no galego como noutras linguas existe un modelo
estándar. No proceso de formación do modelo estándar da lingua galega atravesouse diversas fases:
1.− Etapa dialectal Despois da paréntese dos séculos escuros, cando se produce unha recuperación do uso do
idioma (S. XIX), non existía un modelo de lingua a seguir, ademáis os escritores descoñecían a esistencia dun
galego medieval. A propia Rosalía quéixase no prólogo do seu libro Cantares Gallegos da falta ou inexistencia
dunhas mínimas regras gramaticais das que poder someterse. Os escritores comezaron entón escribindo as
súas obras basándose no modelo que correspondería o seu ámbito xeográfico de orixe. Comezan reflexando na
escrita o galego da súa zona. Representante desta 1ª etapa reríamos o 1º libro de Rosalía Cantares Gallegos no
que aparece o seseo.
2.− Etapa interdialectal A medida que avanza o Rexurdimento, os escritore lense e coñécense entre sí e como
consecuencia disto decátanse da existencia doutras posibilidades idiomáticas o que vai levar a que
paulatinamente introduzan nas súas obras solucións idiomáticas propias doutras zonas xeográficas distintas a
primitiva zona de orixe, por iso denominaremos fase interdialectal.
3.− Etapa supradialectal Pouco a pouco os escritores van tomando experiencia da necesidade de elaborar un
modelo normativo ou extandar da lingua. Neste senso van xurdir 2 posturas.
1ª− Parte de que ese modelo estándar de lingua ten que tomar como referente as diversas variantes dialectais
que existen no galego e así mesmo servirse do posible do castelán.
Representante desta postura foi Saco e Arce.
2ª− Sería unha aproximación o Portugués. Representante desta postura foi Murguía.
Hoxe en día, a pesar da controbersia existente entre os que buscan un modelo autóctono para o galego e
aqueles que son partidiarios do achegamento o portugués (lusistas), posuímos un galego estándar. Este modelo
encóntrase recollido nas normas ortográficas e morfolóxicas do galego.
2.−Diferencias lingüísticas entre o galego e o castelán
21
O contacto continuado nunha mesma sociedade entre 2 sistemas lingüísticos acaba por producir interferencias
e contaxios mutuos. Por interferencia lingüística entendemos a introducción de elementos fonéticos
morfosintácticos ou léxicos dunha lingua noutra veciña distorsionando a súa norma lingüística. No caso do
galego o contacto que se da entre idiomas que son extructuralmente moi próximos debido a súa común orixe
latina, favorece sen dúbida as interferencias. Ainda que as interferencias poden producirse nos 2 sentidos, son
máis frecuentes as do castelán no galego
Interferencias do castelán no plano fónico
Ainda que neste apartado son as menos abundantes, podemos mencionar algunhas.
−Aparición da fricativa palatal sorda / / en contextos nos que realmente debía aparecer / /, a partir dunha falsa
equivalencia entre / x / e o / j / do castelán.
Paisaje paisaxe
Lentexa lentella
Parexa parella
Conexo coello
Interferencias do castelán no plano morfolóxico
O plano morfolóxico pódese ver bastante alterado por influencia do castelán. Entre as máis frecuentes:
−Alteración do xénero en determinados sustantivos (a labor, a sangre, a árbore)
−Uso do pronome persoal eu en lugar de min por interferencia de yo do castelán en contextos comparativos.
Mais ca eu * mais ca min
−Formación de falsos plurais nos demostrativos
estos, esos * estes, eses
−Pluralización do relativo interrogativo quen dando lugar a quenes (castelanismo)
−Formación de falsas formas verbais por interferencia do castelán
traduxo, anduven traducir, andei
Interferencias no plano sintáctico
Podemos indicar aquí as colocacións incorrectas de pronomes átonos:
−Emprego da preposición a en perífrasis ir + infinitivo
ir a cantar un conto
Interferencias no plano léxico
22
E neste aspecto donde se deixa notar máis a influencia do castelán. Polo poder que ten en canto lingua
prestixiada socialmente e normalizada a todos os niveis, podemos distinguir varios tipos de castelanismos no
plano léxico:
1.− Un 1º tipo consiste na restricción da forma galega a determinados contextos, aparecendo en tódolos
demais castelanismos.
Vasoira escoba (castelanismo) para referirse as de fabricación industrial, utilización na casa,...
Moa (forma galega) para referirse únicamente a pecha do muiño aparece o castelanismo (muela) para as pezas
dentais.
2.− Son aquelas que se introducen na lingua baixo apariencia de formas galegas, pero realmente son
interferencias.
Axuntamento / Parexa parella
Carreteira * estrada
3.− A forma máis radical do castelán é a sustitución da forma galega pola castelá. En zonas onde os falantes
estan moi castelanizados, a forma galega chega a ser descoñecida
Dios, Iglesia, A Dios * Deus, Igrexa, A Deus
BLOQUE 3º: SISTEMA VERBAL. PERIFRASIS VERBAIS (3º Evaluación)
Caracterización xeral do verbo galego
1.− Conxugacións:
1ª Conxug. / −ar /
2ª Conxug. / −er /
3ª Conxug. / −ir /
4ª Conxug. / −or / (Pór)
2.− Voz:
−activa
−pasiva ( ser + participio)
3.− Modo:
−Indicativo (expresa cousas reais)
−Subxuntivo (expresa cousas irreais)
−Imperativo
23
4.− Tempo:
−Indicativo: Presente (canto) Pluscuamperfecto (cantara)
Imperfecto (cantaba) Futuro (cantarei)
Perfecto (cantei) Condicional (cantaría)
−Subxuntivo: Presente (cante)
Imperfecto (cantase)
Futuro (cantar)
A todos estes hai que engadirlles as formas non persoais.
En canto sistema de conxugacións distinguimos:
1.− Un carácter regular Son os verbos que poseen unha raíz que non varía o longo de todo o paradigma
(cant−o/ −a/ −as/ ...)
2.− Un carácter irregular Dentro destes distinguimos varios tipos de verbos irregulares:
1º tipo cuia irregularidade consiste na intercalación da vocal −i na 1ª persoa de indicativo e en todo o presente
do subxuntivo. Son os verbos rematados en −aer (traer), −oer (moer).
2º tipo (sentir, servir, mentir). A irregularidade consiste na alternancia da vocal −i fronte −e no presente de
indicativo (sinto, sentes, ...)
3º tipo (subir, durmir, cubrir). A irregularidade consiste na alternancia de −u fronte −o (na 2ª, 3ª e 6ª) do
presente de indicativo (subo, sobes, sobe, subimos, subides, soben).
4º tipo (facer, dicir, saber, caber). A irregularidade consiste na presentación dunha raíz específica, no perfecto,
pluscuamperfecto e perfecto de subxuntivo. (dix− / soub− / coub− ).
Análise morfolóxica (en compoñentes dunha forma verbal)
En principio toda forma verbal consta do que se coñece co nome de tema verbal + desinencias verbais.
Tema verbal: −raíz ou lexema
−vocal temática
Desinencias: −sufixo modo−tempo
−sufixo nº e persoa.
1.− Raíz E a parte do verbo que aporta significado a este
Nos chamados verbos regulares esta permanece sempre inalterable.
Nos chamados verbos irregulares o normal é que aparezan 2 raíces ou lexemas.
24
1ª Tempos de presente
2ª Tempos de perfecto (perfc de ind, plusc de ind, imperf de ind)
2.− Vocal temática Denominamos vocal temática a que está antes do −r final do infinitivo:
cant− A − r
tem− E − r
part− I − r
Esta vocal permite clasificar os verbos en 3 conxugacións. O máis habitual e que estas vocais se manteñan
inalterables respectivamente a cada conxugación. Sen embargo, en determinados tempos ou en determinadas
persoas dun tempo verbal se produzan alteracións ou modificacións da vocal temática habitual. Nos imos
estudiar estas modificacións.
As perífrasis verbais
Extructura formada por un verbo en forma persoal seguido dun verbo en forma non persoal (infinitivo,
xerundio ou participio), entre os que pode aparecer elementos de unión ou conxunción. Dende un punto de
vista semántico, as perífrasis verbais posúen unha significación unitaria, conxunta:
1.− Perífrasis Temporais Tramitan unha idea de futuridade ou tamén a idea de inminencia.
−Ir + inf (Vaiamos dicir o de sempre) As veces esta perífrasis expresa intencionalidade (vou pechar a porta)
−Haber + (de) + inf o valor temporal de futuridade aparece co verbo haber en presente ou imperfecto de
indicativo (han (de) vir mañá), xa que cando o verbo está en perfecto de indicativo, a perífrasis tramita un
contido de acción que estivo a piques de suceder, pero que o final non sucedeu (co disgusto o pai houbo (de)
morrer co susto).
−Estar (a/para) + inf indica que unha acción está a piques de suceder.
−Querer + inf está destinada a verbos que indican fenómenos metereolóxicos pero mantense a idea de
futuridade (quere saír o sol).
2.− Perífrasis Modais Tramitan unha idea de obriga, hipótese, dúbida, probabilidade.
−Haber + (de) + inf matiz de obriga (As de comezar a facer os apuntes), hipótese (Ese rapáz ha de andar
polos 15 anos).
−Hai + que + inf indica obrigatoriedade, concebida de forma inpersoal (Hai que evitar iso por exemplo).
−Ter + que + inf indica obrigatoriedade, pero máis forte cas anteriores (Por enriba de todo temos que evitalo).
Pode ter a variante ter+ de + inf.
−Deber + (de) + inf Pode tramitar unha orde de obriga (Agora debe (de) camiñar soo), dúbida (Debe (de) ter
15 anos).
−Poder + inf Probabilidade (Pode ter 15 anos).
25
3.− Perífrasis Aspectuais
−Aspectuais incohativas Serven para presentar unha acción que comeza nese momento.
−Comezar a + inf
−Votarse /a + inf
−Dar en + inf
−Romper a + inf
−Poñerse a + inf
−Aspectuais Imperfectivas Expresan unha acción que ainda se está realizando, soen ser perífrasis con
xerundio.
−Estar + xerund
−Andar + xerund
−Levar + xerund
−Seguir + xerund
−Ir + xerund
−Vir + xerund
−Aspectuais Perfectivas Serven para expresar unha acción acabada, soen levar participio.
−Ter + participio
−Dar + participio (aparece en oracións negativas tramitando unha idea de incapacidade de rematar o que se
empezou Non demos atopado a casa
−Levar + participio
−Acabar de + inf
−Vir de + inf
−Aspectuais terminativas Acción no final do seu proceso.
−Chegar a + inf
−Acabar por + inf
−Aspectuais reiterativas Acción que se repite.
−Ter + participio
26
−Volver + inf
BLOQUE 4º: LEXICO−SEMANTICA
A Formación do léxico: procedemento para a formación de novas palabras
O léxico non é algo pechado de elementos, senón que constitue un nivel dinámico en continua evolución. As
linguas sempre están en predisposición de recibir palabras novas. Estes procedementos para a creación de
novas palabras básicamente son de 2 tipos: procedementos internos (existentes na propia lingua) e
procedementos externos (préstamos dunha lingua con respecto a outra).
Procedementos de carácter interno para a creación de novas palabras
1.− Derivación Este procedemento permite crear palabras novas a partir dunha palabra orixinaria.
Muiño............ re−muiño
Muiñ−ada
Muiñ−eiro
Soe haber unha parte invariable (lexema ou raíz) a cal se lle engaden unha serie de elementos ou ben antes
(prefixos) ou ben despois do lexema (sufixos). Podemos distinguir varios tipos de derivación:
1.1−Derivación prefixal Permítenos crear palabras a través de prefixos. Segundo a orixe histórica podemos ter
derivación prefixal grega ou latina.
1.−Grega Os prefixos máis frecuentes en galego son:
−/a−/, /an−/ Tramita a idea de negación analfabeto ateo
−/anfi−/ Tramita idea de dualidade anfibio
−/anti−/ Oposición, contrariedade anticonxelante
−/arqui−/ Conxunto de... arquipélago
−/auto−/ Que se move por sí mesmo automóvil
−/dia−/ a través de diálogo diámetro
−/endo−/ interiodidade endocrino endóxeno
−/eu−/ idea de ben euforia eutanasia
−/epi−/ superficialidade epiderme
−/hemi−/ metade de hemisferio hemiciclo
−/hiper−/, /hipo−/ superiodidade ou inferiodidade hipertensión hipotensión
−/mono−/ idea de unidade
27
−/orto−/ ben, correcto ortografía
−/para−/ idea de proximidade a parasicoloxía paraolímpico
−/peri−/ arredor de perímetro
−/si−/, /sin−/ conxunto, simultanedade sinfonía sinónima
−/tele−/ idea de lonxe televisión
2.− Latina
−/a−/, /ab−/ afastamento, separación absterme aversión
−/a−/, /ad−/ aproximación adxuntar aproximación
−/ambi−/ dualidade, ambiguedade ambiguo
−/ante−/ anteriodiade no espacio antebrazo ou no tempo antonte
−/bi−/, /bis−/ dualidade
−/circun−/ arredor de circunvalación
−/co−/ conxunto coordenamos correspondemos
−/contra−/ oposición
−/de−/ pesimismo, tendencia a peor deforma depresión
−/des−/ acción contraria
−/en−/, /in−/ idea de interiodidade envolver encoller
−/ex−/ fora de exclamamos exportamos
−/extra−/ fora de extraordinario extraoficiais
−/i−/ negación
−/infra−/ inferiodidade infrahumano
−/intra−/, /intro−/
−/per−/ a través de perseguir percorrer
−/pos−/, /post−/ posteriodidade postguerra postdata
−/pre−/ anteriodidade preocuparse presentir
−/pro−/ favorable a, en beneficio de proanmistia
28
−/re−/ reiteración reclamación recitar recoller
−/retro−/ visión hacia atrás retrovisor
−/so−/, /sub−/ debaixo de socabar soterrar submarino
−/sobre−/, /super−/ superiodidade sobrenatural sobredose
−/trans−/ a través de transformar transportar
−/ultra−/ máis alá de ultramar
−/vice−/ sustitúe a vicepresidente
1.2−Derivación sufixal
1.−Sustantival Entran aquí unha serie de sufixos que engadidos a un lexema permiten formar nomes
sustantivos.
−/−ado/, /−ada/ Conxunto, colectividade de profesores, alumnos
rapazada niñada
Institución xulgado
Cantidade brazada cornada
Tempo outonada invernada tempada
Golpe ou instrumento navallada pedrada
Acto propio de animalada parvada pallasada
−/−ame/, /−amia/ conxunto, colectividade velame pelame dentame−dentamia −/−axe/ conxunto, colectividade
cortinaxe plumaxe
Acto propio de atenaxe abordaxe
−/−dade/ para formar sustantivos abstractos bondade maldade
−/−dor/ obxecto, instrumento amortecedor recolledor
Lugar comedor mirador mostrador
−/−dura/ obxecto, instrumento pechadura cerradura
conxunto, colectividade armadura dentadura
formar sustantivos abstractos verdura gordura
−/−edo/, /−eda/ conxunto, colectividade viñedo alameda
29
−/−ería/ contido profesional, lugar onde se realiza unha profesión panadería destilería
−/−eza/ formar sustantivos abstractos firmeza certeza estrañeza
−/−ía/ Formar sustantivos abstractos cobardía valentía
Profesión ou lugar onde se exerce asesoría notaría
Valor temporal invernía outonía
−/−ísmo/ doutrina, movemento filosófico comunismo nacionalismo
forma de actuar na vida eroísmo patriotismo
valor científico do sufixo traumatismo magnetismo
−/−mento/ sustantivos abstractos coñecemento esquecemento
conxunto, colectividade armamento cargamento
−/−ncia/ formar sustantivos abstractos doenza mudanza creenza
−/−ume/ formar sustantivos abstractos servidume
conxunto, colectividade cardume
−/−zón/ formar sustantivos abstractos razón
2.− Adxectival
−/−aco/ pertenece a cardíaco demoniaco
−/−aico/, /−aica/ prosaico pirenaico
−/−án/, /−a/, /−ano/, /−ana/ adxectivos de carácter xentilicio
compostelán/−a australiano/−ana
−/−ble/ carácter cualificativo definible discutible mellorable
−/−(d)izo/ adxectivos cualificativos axustadizo movedizo
valor temporal invernizo outonizo primeirizo
−/−ento/, /−enta/ adxectivos cualificativos pecadento famento
−/−es/, /−esa/, /−ense/, /−ensa/ formar xentilicios
vigués−viguesa Guardés/−esa
−/−ino/, /−ina/ relativo pertencente a canino alpino uterino
30
xentilicio granadino−ina herculino
−/−ista/ seguidor dunha doutrina comunista marxista
oficio, profesión dentista oficinista xornalista
−/oide/ similar a humanoide
−/−oso/, /−osa/ adxectivos cualificativos caprichoso montañoso
química sulfuroso
−/−udo/, /−uda/ adxectivos cualificativos de carácter peludo orelludo
3.− Nominoadxectival Tramitan tanto un adxectivo como un sustantivo
−/−atico/ oficio catedrático
relativo ou pertencente a lunático acuático
−/−al/ conxunto de areal instrumental
relativo pertencente a policial anxelical
−/−doiro/ idea de vulgar ancoradoiro miradoiro lavadoiro
adxectivos cualificativos casadoiro perecedoiro
−/−eiro/, /−eira/ [oficio, profesión canteiro gaiteiro
[obxecto, instrumento tinteiro
[conxunto, colectividade cancioneiro carballeira
adxectivos cualificativos costeiro mareiro
xentilico brasileiro rosaleiro
−/−on/, /−ona/ acción repentina apagón empurrón
adxectivos cualificativos despreciativos abusón
4.− Verbal Case todos eles son pertencentes a C. I.
−/−ar/ agonizar casar telefonear mellorar
−/−ear/ sortear nortear
−/−izar/ civilizar finalizar fosilizar −/−exar/ branquexar pestanexar carrexar
−/−ificar/ amplificar identificar purificar
31
−/−iscar/ choriscar iscar choviscar
5.− Adverbial Un único sufixo −mente, engádese a adxectivos na súa forma feminina e os adverbios
resultantes van pertencer a categorías modais.
1.3−Derivación regresiva Fronte os outros tipos, esta derivación caracterízase porque as palabras resultantes
posúen menos elementos da palabra da que proceden.
Acougar acougo
Obrigar obriga
Mecanismos de composición
Xunto a derivación é outro grande mecanismo para a creación de novas palabras. Na composición temos 2 ou
máis palabras simples que unidas dan lugar a unha nova palabra denominada composta. Podemos mencionar
os seguintes tipos:
−Sustantivo + sustantivo beirarúa veiramar
*As veces é posible que apareza un elemento de relación (preposición) arco da vella lente de contacto man de
obra
−Sustantivo + adxectivo noiteboa augardente
*As veces o 1º sustantivo troca a súa vocal final por un i aninobo rabicurto
−Adxectivo + sustantivo cortocircuito longametraxe
−Adxectivo + adxectivo azulmariño sordomudo
*As veces é posible que o 1º adxectivo troque a vocal agridoce altibaixos branquiazul
−Verbo + sustantivo pararaios pasatempos lavapratos
−Verbo + verbo bulebule vaibén
−Adverbio + verbo benestar malestar
Parasíntesis
A palabra formada desta forma é parasintéctica
Parar + auga paraugas + −eiro Paragüeiro
Formación histórica do Léxico: Palabras patrimoniais, cultismos e familias léxicas irregulares
Así é como podemos clasificar o léxico galego dende un punto de vista histórico. Entendemos por palabras
patrimoniais todas aquelas que teñen orixe latina e que forman parte do idioma dende sempre. A súa
característica máis salientable é que no paso do latín o galego experimentan unha serie de transformacións
fonéticas. Estas transformación son as que nos van a permitir caracterizar as palabras patrimoniais como tales.
Vexamos algunhas destas transformacións.
32
1.− Caida das consoantes −n e −l intervocálicas no paso do latín o galego (lunam lúa Bonam boa Filum fío).
2.− Evolución o galego de palabras latinas que presentaban −p, −t e −k intervocálico, dando en galego −b, −d
e −g respectivamente.
Populus pobo
Amatis amades
Totum todo
Amicum amigo
/k/
3.− As palabras latinas que comezan por cl−, fl−, pl−, evolucionaron o galego dando o fonema / / (ch)
clavem chave
plorare chorar
plenum cheo
flamman chamas
4.− Aparición nas palabras patrimoniais galegas unha serie de novas consoantes, que non existían no latín.
Son as consoantes palatais / /, / /, / /. Nas palabras nas que aparecen algunhas destas serán palabras
patrimoniais.
5.− Aparición en palabras patrimoniais unha serie de novos diptongos que non existían no latín. Se aparecen
serán únicamente en palabras patrimoniais.
/ ou / / au / / kt / / ei /
causam cousa tectum teito
taurum touro noctem noite
aurum ouro
− Os Cultismos son palabras introducidas máis tarde no idioma coa finalidade de poder nomear a novos
obxectos que ían aparecendo na sociedade e pos cales non había palabras patrimoniais específicas, soen ser
temas filosóficos, médicos, científicos, artísticos que veñen motivados por exixencias de tipo cultural.
Caracterízase por non esperimentar as transformacións fonéticas, por conseguinte van permanecer bastante
iguais que a palabra latina orixinaria.
Causam cousa / causa
− Familia léxica irregular é aquela familia de palabras que ten a súa orixe no mismo étimo latino, nunha
mesma palabra latina, e dela van saír tanto palabras patrimoniais como cultismos. O resultado é unha familia
léxica irregular.
33
Noctem noite, anoitecer, noctámbulo
Taurum touro, tauromaquia
TEMAS DE 4 PUNTOS
A lingua na idade media (S. IX−XV)
Na idade media o galego era un idioma plenamente normalizado, é dicir, de uso normal e habitual, empregado
pola totalidade das clases sociais e en tódalas situacións. Podemos señalar 2 etapas:
1.− Etapa (IX−XII) Esta etapa é únicamente de uso oral do idioma. Neste periodo o galego vaise caracterizar
por ser unha lingua únicamente falada, manténdose o latín como lingua escrita, existindo así unha dualidade:
galego para uso oral e o latín para o uso escrito.
2.− Etapa (XIII−XV) Etapa da constitución do galego como lingua escrita. A distinción de funcións entre o
latín como lingua escrita e o galego como lingua oral vaise facendo cada vez máis difícil de facer por varias
causas: o nº de persoas capaces de entender o latín a estas alturas ía disminuindo. Así mesmo, os propios
escribáns tiñan enormes dificultades para unha correcta utilización do latín, polo que frecuentemente
intercalaban nos seus escritos palabras e estructuras galegas en lugar das correspondentes latinas.
Todas estas causas van a motivar a que o galego comece a ser utilizado na escrita, sustituíndo o latín. 1º
comezará a utilizarse en documentos privados e posteriormente en documentos públicos. Así mesmo comeza
nesta etapa o emprego literario do idioma. A súa manifestación máis importante vai a ser no ámbito da lírica
(cantigas de amor, escarnio, amigo da literatura medieval).
Algunhas características do galego medieval.
1.− Existencia de vocais nasais ou nasalizadas, resultantes da caída dunha −n intervocálica.
2.− Existencia de consoantes fricativas sonoras a carón das correspondentes sordas. O portugués conservou as
fricativas sonoras.
3.− Os nomes rematados en −or eran invariables no medieval.
A lingua na Idade Moderna (S. XVI,XVII e XVIII)
A idade moderna significou para Galicia un periodo de decadencia con respecto a idade media.
Efectivamente, a partires do S. XV Galicia comeza a perder gran parte das súas peculariedades sendo unha
causa disto o proceso de uniformidade polos Reis Católicos e consolidado por Felipe II e Carlos II. Este
proceso conlevará a unha progresiva castelanización da forma de vivir cotiá en tódolos aspectos. Esta época é
coñecida como época dos séculos escuros da cultura galega, denominación que soe ser extensible o S. XVIII.
Este século (XVIII) vai presentar xa unha serie de peculariedades, que permite o seu tratamento diferenciado,
podendo denominalo século da Ilustracción Galega.
A lingua galega afastada do mundo administrativo, literario e da investigación vai quedar relegado o ámbito
oral e rural. O español vaise converter na lingua da cultura e na lingua da administracción. A ruralización do
galego e o seu afastamento do mundo cultural vai traer grandes consecuencias no campo léxico por non se
producir a renovación lexical que si afectou a outras linguas romances. Por outra banda provocou que non
existiran nin gramáticas, nin diccionarios, nin estudios científicos sobre o idioma.
Esta situación de decadencia comeza a cambiar no S. XVIII gracias o labor dos chamados ilustrados, como o
34
Padre Feixoo e o Padre Sarmiento. Este último, gran precursor nos estudios de lingüística galega. Durante a
época moderna, vanse producir no galego os grandes cambios fonéticos e morfosintácticos que configurarán a
lingua que hoxe temos:
−aparición de / /
−os 1º testimonios do fenómeno da gueada
−perda de consoantes fricativas sonoras (o portugués vainas manter)
− Nesta época tamén se converte en xeral a imposición do artigo precedendo o posesivo (O meu can).
A lingua no S. XIX
A lingua entra nunha nova fase no S. XIX a cal supón un cambio importante con respecto os 300 anos
anteriores. O galego vai recuperar a categoría de lingua literaria gracias a Rosalía, Curros e Pondal
fundamentalmente. Por outra banda, o labor desenrolado polos Ilustrados no S. XVIII desembocará na
aparición do galeguismo, entendido este como movemento cultural e político que vai ter na reivindicación da
lingua un dos seus principais obxectivos. Estes 2 aspectos, recuperación literaria e toma de conciencia da
indiosincracia galega, van permitir calificar o S. XIX como o século do rexurdimento galego.
Varias son as causas que contribúen a explicar este periodo de renacemento literario e cultural:
−En 1º lugar, pervivencia do galego como lingua falada maioritariamente polo pobo, así como o labor dos
ilustrados galegos (Sarmiento) en defensa de Galicia e da súa lingua.
−Unha 2º causa son as consecuencias da invasión francesa e a conseguinte guerra da independencia, que
xerou nos galegos unha necesidade de autoorganización e autoafirmación do seu carácter diferencial e que vai
provocar a aparición dun tipo de literatura de carácter propagandístico que incita a loita patriótica contra os
franceses.
−Unha 3º causa pode ser a propia ideoloxía romántica da época, que busca ante todo unha exaltación do
particular e do individual de cada un entre o xeral.
Podemos indicar 3 etapas no XIX segundo a evolución dos escritos:
1.− 1º tercio ata 1833 Aparición dun tipo de literatura de circunstancias propagandística ou planfetaria,
motivada polo levantamento contra os franceses. E un tipo de literatura que incita a loita contra os franceses.
2.− Etapa dos precursores (1833−63) Autores que van desenvolver unha serie de actividades culturais e
literarias, podendo considerar esta fase como unha fase preparatoria para o rexurdimento pleno.
3.− Etapa (1863−....) Iníciase en 1863 coa publicación de cantares galegos de Rosalía de Castro, libro que
inaugura o pleno rexurdir da nosa literatura despois do brillante periodo medieval. Xunto a Rosalía estarán
Curros e Pondal. Neste último periodo van aparecer as 1ª gramáticas e diccionarios sobre o idioma. A 1ª
gramática é de Saco e Arce publicada en 1868.
A lingua no 1º tercio do S. XX
Se o S. XIX supuxo na historia da lingua un momento fundamental, o pasar novamente de lingua oral a
escrita, o S. XX vai supor outro avance importante: tirar o galego do ámbito exclusivamente literario para
proxectalo noutros campos, como o ensaio político, xornalismo.
35
O 1º tercio do Século vaise caracterizar pola continuación do labor normalizador levado a cabo polos autores
do rexurdimento no S. XIX. Así imos mencionar unha serie de institucións que desenvolverán un importante
traballo na normalización e dignificación do noso idioma:
1.− Irmandades da Fala Asociación de carácter galeguista creada no 1916 na cidade da Coruña co obxectivo
de dignificar a lingua e ampliar os seus ámbitos de uso. Formaron parte dela figuras destacadas como
Castelao, Vicente Risco, R. Cabanillas. Tivo unha gran acollida e rápidamente se formaron irmandades
similares por toda Galicia. As Irmandades viron no teatro un medio moi útil para expander as súas ideas.
Fundaron así a Escola Dramática galega co fin de levar o teatro por todalas vilas e cidades galegas.
Conscientes tamén da importancia da escola para a recuperación e normalización lingüística prepararon unha
serie de proxectos para a galeguización do ensino.
2.− Revista Nós Aparece en Ourense no 1920 creada polo grupo ourensán das irmandades. Dela toma nome a
brillante xeración Nós integrada por figuras como O. Pedrayo, Risco, Castelao. Foi unha revista fundamental
para a modernización da cultura galega e para a ampliación de ámbitos de uso da lingua, xa que nas súas
páxinas tiveron cabida traballos de historia, filosofía, socioloxía e etnografía.
3.− Seminario de Estudios Galegos Foi fundada en 1923 por un grupo de Universitarios galegos e
desenvolverán unha gran actividade investigadora en diferentes campos, como arqueoloxía, filoloxía, ciencias
naturais; actividade que se verá cortada polo estallido da Guerra Civil no 1936. Conscientes da importancia
dunha normativa gramatical unificada para o idioma, publicarán en 1933 Algunhas normas para a Unificación
do idioma galego.
A lingua durante a Dictadura de Franco (1936−75)
O inicio da Guerra Civil no 1936 supuxo a parálise de todo o labor galeguizador precedente desenrolado no 1º
tercio do século.
O triunfo do Dictador Franco fai que se instaure un clima xeneralizado de represión contra as linguas e
culturas de expresión non Castelá, destruíndo no caso galego todo o esforzo anterior e cobrándose incluso
vidas de persoas entregadas a esa causa. Co obrigado silencio dos galeguistas que quedaron no interior e o
exilio doutros, o centro da cultura galega vaise desprazar agora a América, fundamentalmente a cidade de Bos
Aires donde residirán Castelao e outros escritores e intelectuais. A lingua galega vai ter alí a presencia que se
lle nega no seu propio país: cursos de galego, emisións radiofónicas, publicación de libros... Hai que ter en
conta que a dictadura Franquista persegue con dureza o uso consciente do galego converténdoo prácticamente
nunha lingua clandestina de uso familiar ou coloquial, porque o seu uso público podía supor a perda do posto
de traballo ou da liberdade. A partires do 1950 comezan a aparecer algúns síntomas de recuperación,
coincidindo isto con certa apertura do réxime dictatorial.
Un grupo de galeguistas van a formar a Editorial Galaxia de importancia decisiva para a recuperación do
galego no ámbito escrito e para a recuperación da literatura galega en xeral. Polos anos 60 van a xurdir
diversas asociacións culturais que serán de gran importancia para a defensa e promoción da lingua e do país
no seu conxunto. Así mesmo a producción literaria en galego vaise recuperando pouco a pouco.
Nombraremos a Neira Vilas Memorias dun neno labrego, 1961, Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra,
1962.
A lingua desde 1975 hasta hoxe
Morto Franco no 1975 e instaurada unha Democracia Parlamentaria en España pola constitución de 1978,
Galicia é dotada dun Estatuto de Autonomía (1980) e de institucións propias (Parlamento, Xunta de Galicia).
As condicións para o idioma van ser mellores, a nivel legal e xurídico, de feito o artigo 5 do Estatuto de
Autonomía declara textualmente que a lingua propia de Galicia é o galego. En 1983 é aprobada a lei de
36
normalización lingüística, que recolle o dito no Estatuto entorno o idioma.
Durante esta última etapa do idioma tense dado pasos importantes na investigación e divulgación do galego
(aparición de gramáticas, atlas lingüísticos, nacemento de novas editoriais, posibilidade de estudiar filoloxía
galega).
Con todo a situación sociolingüística actual segue sendo complexa. Hai determinados ámbitos de uso onde a
penetración do idioma segue sendo complexa. No ámbito da xustiza o español segue sendo practicamente o
único idioma usado maioritariamente. O mesmo ocorre no ámbito eclesiástico, a igrexa segue a vivir de costas
a lingua do País, e a maioría das misas teñen como idioma vehicular o castelán, sen embargo, no mundo
educativo, a presenza da lingua galega medrou sensiblemente (introducción nos programas de estudio a
materia de lingua galega), así como un incremento do seu uso para lingua de transmisión de outras materias.
No ámbito dos medios de comunicación tamén se avanzou (aparición de xornais, revistas, creación da TVG,
1985). A pesar de todo isto, estase lonxe de conseguir a recuperación total do idioma.
37
Descargar