Nº 168 앫 Luns, 1 de setembro de 2008 Anuncio do 19 de agosto de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo aberto, na especialidade de ruso entre outras, polo Anuncio do 12 de marzo de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, na especialidade de ruso e no corpo de profesores de artes plásticas e deseño, na especialidade de conservación e restauración de materiais arqueolóxicos (Diario Oficial de Galicia do 17 de marzo de 2008). Rematado o prazo para presentar a instancia solicitude e realizada a baremación dos méritos, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das delegacións provinciais e na páxina web desta consellería. En consecuencia, esta secretaría xeral RESOLVE: Primeiro.-Facer público na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas delegacións provinciais e na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es profesorado/interinos-substitutos) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos do baremo para prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiales de idiomas, na especialidade de ruso. Segundo.-Publicar a relación provisional de excluídos na devandita especialidade no anexo deste anuncio. Terceiro.-Contra estas puntuacións e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. DIARIO OFICIAL DE GALICIA 16.383 CONSELLERÍA DE SANIDADE Orde do 25 de agosto de 2008 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde. Convocada, pola Orde do 18 de xuño de 2008 (DOG nº 127, do 2 de xullo de 2008), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei, DISPÓN: Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 18 de xuño de 2008 (DOG nº 127, do 2 de xullo de 2008). Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo a esta orde. Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo. Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2008. Benito Fernández Rodríguez Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2008. Mª José Rubio Vidal Conselleira de Sanidade ANEXO ANEXO Excluídos Apelidos e nome DNI/NIE Yakimenko, Andrey X6473806L Botnar, Galina X5678868P Knyazeva, Yana X7712239V López López, Mercedes 45713411-Z Rodríguez Daza, Vicente 22963202-W Causa Non ter certificado de aptitude en ruso. Título non homologado. Título non homologado. Non reúne a formación complementaria. Falta un ciclo da licenciatura de filoloxía eslava. Sherevera, Elena Non ter certificado de aptitude en ruso. Zhukova Danilov, Ulyana 77466027-A Non presenta documentación. Apelidos e nome: Iglesias Rodríguez, Verónica. N.R.P.: 3426441313A1146. Grupo: D. Nivel C.D.: 18. Posto de traballo: secretaria do director xeral. Dependencia: División de Asistencia Sanitaria. Localidade: Santiago de Compostela.