Historia de la Economía (1945-1970)

Anuncio
INTRODUCCION
A história da economía é un senfín de períodos álxidos e decadentes que condicionan ou vense condicionados
polas actitudes dos homes. Neste caso a obra a analisar é Las economías capitalistas durante el período de
expansión 1945−1970, realizado por Enrique Palazuelos e outros autores. O capítulo elixido é o número oito:
La organización del comercio internacional.
Trátase dunha obra que analisa precisamente un destes períodos álxidos da economía, e con ela da sociedade,
como é o comprendido entre o ano 1945, ano en que dáse por rematada a segunda Guerra Mundial, e o 1970,
momento en que escomeza unha das grandes crises do século XX, debida á distorsión monetária, á inflación
ou cuestións similares, e refrendada pola crise do petróleo de anos posteriores.
Xa no século XIX o filósofo alemán Karl Marx vaticinara que o sistema capitalista ía vivir un ciclo constante
de períodos álxidos, freados por crises periódicas. Claros exemplos destas crises poderían ser a de 1929,
tra−los felices anos vinte, e a producida na década dos setenta.
A obra en cuestión abarcará o período de expansión capitalista iniciado na posguerra, de vital importáncia
pola persisténcia deste período de crise que segue influíndo até nos nosos días. Loxicamente para tratar este
tipo de etapas históricas é preciso falar do capitalismo.
Así encontramos unha análise do concepto de capitalismo, así coma os modelos de acumulación de capitais, a
estructura económica das nacións capitalistas do primeiro mundo, intervencións estatais no capitalismo, ou a
organización do comércio internacional.
Por outra parte atopámosnos con temas de carácter un tanto máis internacional, como poden ser o caso do
sistema monetário e financieiro internacional, ou a Comunidade Económica Europea.
Nun tercer e último bloque temático poderían situarse os apartados relacionados co Tercer Mundo, como
podería ser a análise do subdesenrolo ou a saída do mundo subdesenrolado de países a cabalo entre o primer e
o terceiro mundo.
A ORGANIZACION DO COMERCIO INTERNACIONAL
O capítulo a analisar trata, como o seu próprio título indica, a organización do comércio internacional no
período comprendido entre 1945 e 1970, sen esquencer tampouco os antecedentes a dita etapa
Neste capítulo pódense distinguir tres partes ben diferenciadas.
Nun primeiro intre o autor trata o dilema existente entre o librecambismo e o proteccionismo dende o
momento en que surxíu o comércio internacional. O autor trata de analisar o período no que baséase a obra,
pero para elo necesita buscar antecendentes sobre todo no século XIX.
Define o proteccionismo como o conxunto de medidas que buscan reduci−la importación para favorecer con
iso á producción nacional orientada ao mercado interior. Claros exemplos de medidas proteccionistas serían as
subvencións a determinadas actividades económicas, ou a elevación das aduanas (nalgúns casos prohíbense
tanto importacións como exportacións). Considérase indispensábel algún tipo de proteccionismo para
promove−lo crecemento do mercado nacional, e practicamente tódolos países desenrolados recorreron nalgún
intre ao proteccionismo.
Pola súa contra o librecambio postula a auséncia de barreiras ao comércio internacional. Segundo a teoría das
1
ventaxas comparativas todo país obtén benefício deste sistema porque fai que cada nación se especialice
naquelas produccións en que teña menores costes relativos, situando aos países nunha posición mellor que a
dos carentes de comércio.
Sen embargo, na práctica é evidente que os países subdesenrolados, que coñeceron siglos de especialización,
non obtiveron ventaxas, senón que vense nun crecente subdesenrolo que os alonxa cada vez máis do primeiro
mundo.
Entre ambos sistemas o librecambio foi moito máis defendido por economistas teóricos, máis preocupados
pola teoría ca pola práctica, mentres que os estadistas decantáronse en maior medida polo proteccionismo,
parcial ou total.
No segundo apartado o autor analisa a evolución das relacións económicas internacionais a partir da
posguerra:
• Forte crecemento do valor dos intercambios; o valor das exportaciones mundiais multiplicouse por cinco.
Producíuse tamén un forte crecemento nos servizos ligados directmente ao comércio, como o transporte e
os seguros.
• Crecemento polarizado e desigual do comércio internacional. Incremento do predominio comercial das
economías desenroladas e crecente marxinación das economías subdesenroladas.
• A incidéncia dos productos primários redúcese no conxunto do comércio mundial. Constátase dende finais
dos anos corenta.
• Acrecéntase o predominio dos productos manufacturados no comércio mundial.
• Aumento da participación das economías desenroladas na venta de productos básicos (en 1970
concentraban o 56 por 100 do mesmo).
• A exportación de bens manufacturados é efectuada polas economías desenroladas en máis do 90 por 100 do
seu total, de modo que a participación da área subdesenrolada convértese nun compeñente case residual.
• Como resultado de todo o anterior, pódese concluír con que al economías subdesenroladas sofren un
progresivo desprazamento cara a marxinación no conxunto das relacións comerciais que teñen lugar neste
período.
Finalmente o autor trata o GATT.
As súas orixes sitúanse no fin da II Guerra Mundial. Tra−la guerra EE.UU resultou ser a única gran poténcia
comercial do momento, polo cal os seus intereses pasaban por liberalizar máis o comércio internacional. A súa
presión tivo froito en 1947 cando se firmou o Acordo Xeral sobre Aranceis de Aduana e Comércio (GATT).
O Acordo consta de catro partes. Na primeira deféndese o princípio de non−discriminación entre países
membros á hora de comerciar. A segunda parte establece as normas políticas que deben observa−los
governantes. Na terceira as disposicións sobre a adhesión e retirada de signatários, e na cuarta e última
sinálase o trato preferente que deben te−los países subdesenrolados.
Os obxectivos do GATT son promove−la expansión, o pleno emprego e a eficaz utilización dos recursos
baixo a premisa de que a liberdade de comércio sería o troco adecuado para lograr tales fins.
O GATT de acordo con estas posturas, basea a súa acción nos seguintes princípios:
• Princípio de non−discriminación e de reprocidade: asegúrase aos productos importados o mesmo trato
que se dispensa aos productos de fabricación nacional.
• Supresión de obstáculos non arancelários. As restriccións cuantitativas unicamente se admiten para
equilibra−la balanza de pagos en circunstáncias especiais e prévia consulta ás partes contratantes.
2
• Sistema de consultas e acción colectiva. O seu propósito é impedir que os países tomen medidas
unilaterais que poidan oxinar unha reacción proteccionista en cadea.
A sé do GATT atópase en Xenebra e a súa estructura administrativa está formada, en primeiro lugar, pola
Assemblea das Partes Contratantes, órgano decisório máximo. Como elementos auxiliares está o Consello de
Representantes, en Xenebra, e unha Secretaría Xeral. Ademais tamén existen diversos Comités, de carácter
permanente ou especial, e o Centro Internacional de Comércio UNCTAD−GATT.
En resumo, ainda que o GATT obtivo rebaixas arancelárias considerábeis a súa efectividade global vése en
entredito pola falla de discriminación en favor dos países pobres e polo seu carácter conservador do status
comercial.
A consecuéncia desta relativa ineficácia do GATT é que os países subdesenrolados sentíronse enganados pola
sua actuación e fai xa anos puxeron os seus ollos na UNCTAD confiando en que fose o organismo onde
poidesen atopar maiores cauces de expresión e acción en matéria de comércio mundial.
CONCLUSIONS
As conclusións que poden desprenderse do análise deste capítulo é que o librecambismo sempre vai beneficiar
aos mesmos, é dicir, tódalas medidas liberalizadoras que toman os países benefician aos Estados Unidos como
líderes do mercado mundial. Actualmente tanto EE.UU. como Europa controlan economicamente ao resto de
países do Tercer Mundo, o que fai que en case todos haxa especialización. Sen embargo a tendencia que levan
é a afundirse cada vez máis na pobreza. Polo tanto pódese dicir que a história derribou o debate entre
proteccionismo e librecambismo, porque se países como EE.UU. ou Alemaña se recuperaron tra−la Crise do
29 foi gracias ao proteccionismo que levaron a cabo tanto Roosevelt como Hitler, mentres que os países
subdesenrolados tras moitos anos de sumisión política de Europa pasaron a unha sumisión encuberta de tipo
económico, animándoos coa idea de que cantos máis McDonalds haxa nas súas aldeas máis preto estarán da
chamada aldea global.
Por outra parte está o tema do G.A.T.T. Actualmente non se pode considerar que teña unha releváncia moi
grande, se ben no momento actual os que dirixen as tareas económicas do mundo son máis ben a O.N.U. ou a
Unión Europea, deixándolles tanto a Estados Unidos coma os membros da Unión Europea vía libre para
colonizar economicamente o Tercer Mundo. Polo tanto á conclusión á que se pode chegar é que por moitas
medidas que se tomen para protexer e favorecer ao desenrolo do Tercer Mundo o poder económico das
grandes poténcias sempre superará tódalas barreiras.
Bibliografia
PALAZUELO, Enrique y otros Las economías capitalistas durante el período de expansión 1945−1970 Ed.
Akal 1986. Madrid.
1
5
3
Descargar