Ánxel Fole Ánxel Fole naceu en Lugo en 1903. Estudiou Filosofía e Dereito en Valladolid e Santiago. Publicou Artigos de prensa e no 1932 funda Yunque en Lugo. Foi secretario do Partido Galeguista. Trala guerra civil pasa bastante tempo na Terra Chá, e esto influe nas suas obras. No 1953 regresa a Lugo e integrase no movemento de restauración da literatura galega. No 1963 ingresa na Real Academia Galega. Morre no 1986. As obras narrativas máis importantes foron: − Á lus do candil (1953), colección de contos relacionados entre si. − Terra brava (1955), segue un procedemento semellante o anterior. − Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981), coleccións que prescinden da anterior estructura. Eduardo Blanco Amor Naceu en Ourense no 1900 e a sua infancia transcorre na cidade natal. Na sua adolescencia marchou a Santiago. Relacionase con Vicente Risco e Noriega Varela e traballou como director de El diario de Orense. Os dezasete anos emigra a Arxentina. Alí asiste a Universidade. Traballa como empregado de banca. Colabora con La Nación. Máis adiantre publica o Poema en catro tempos e aparecen na revista Nós A escadeira de Xacob. Pasou tempadas en Vigo e morreu no 1979. No 1928 publica Romances Galegos, libro de poesía o que lle seguen Poema de catro tempos e Cancioneiro. Eduardo emprega na sua poesía formas e temáticas variadas. 1