Historia e España

Anuncio
HISTORIA 1ª EVALUACIÓN
TEMAS 1−7
As colonizacións e os pobos prerromanos
Gregos e fenicios coñécense co nome de colonizadores pola pegada que o seu nivel de desenvolvemento
deixou na Península.
Os fenicios empezaron a exercer−la súa influencia desde o século IX a.C. sobre todo na costa andaluza.
Os gregos, que xa estaban establecidos en Marsella, avanzaron a partir do ano 600 a.C. pola costa
mediterránea da península Ibérica. A diferencia dos fenicios, os gregos conservaron textos literarios referentes
a súa expansión.
Fenicios e gregos chegaron a Iberia como comerciantes. Buscaban metais, pero interesáronse tamén polas
industrias pesqueiras e polo sal. A cambio, impulsaron a vida urbana e legáronlles ós pobos peninsulares os
alfabetos grego e fenicio, a cuñaxe da moeda, o torno de oleiro, novos cultivos e un estímulo a formas
políticas máis avanzadas.
No primeiro milenio a.C. habitaban a península Ibérica unha serie de pobos que chamamos prerromanos.
A época da Idade do Ferro corresponde, en Galicia, coa cultura castrexa, así chamada pola existencia de
numerosos asentamentos coñecidos como castros.
Os castros son recintos fortificados, de forma circular, que tiñan funcións defensivas e de residencia.
Practicaban unha agricultura estable e sedentaria.
A unidade de menor rango era a familia, seguida nunha segunda instancia pola centuria ou castro e
finalmente, polo populum.
A sociedade castrexa estaba fortemente xerarquizada, cunha distribución da riqueza moi desigual.
A relixiosidade do mundo castrexo era moi acentuada.
A conquista romana da Península (Hispania, unha provincia romana)
Roma comezou a incorporar Hispania á súa área de influencia a partir do ano 218 a.C.
Os romanos comezaran a súa expansión pola península Itálica a comezos do s. IV a.C. Oito decenios máis
tarde, romanos e cartaxineses, asinaron un tratado de non agresión delimitaba as súas respectivas áreas de
influencia.
En 264 a.C., rompeuse o acordo e comezaron as hostilidades. Era o comezo da primeira guerra púnica, que
saldouse coa victoria de Roma.
Para compensa−la súa derrota nas illas, Cartago tratou de afianza−la súa presencia na península Ibérica. Os
cartaxineses, ó mando de Amílcar, desembarcaron en Cádiz e, durante uns anos, tiveron éxito en controlar os
pobos do sur. Animado polos seus triunfos, Amílcar ampliou a súa zona de dominio cara á costa mediterránea.
1
O seu sucesor, Asdrúbal, asinou cos romanos un novo tratado que fixaba o río Ebro como límite norte do
dominio cartaxinés.
Aníba, sucesor de Asdrúbal, non respectou os termos do acordo. Iso desencadeu a segunda guerra púnica e a
intervención deliberada dos romanos na Península que non tardaron en acabar co dominio cartaxinés.
Interesados xa polas riquezas da Península, os romanos decidíronse a ocupala.
Os romanos conquistaron sen maiores dificultades as zonas que viviran en contactos cos colonizadores
fenicios e gregos. Pero o estende−lo seu dominio ó conxunto da Península, comezaron as súas complicacións
pola decidida resistencia dos pobos peninsulares do oeste, centro e norte. A súa estratexia baseouse nunha
guerra de guerrillas contra as lexións romanas.
Esa foia forma das gueras lusitanas e das guerras celtibéricas. As guerras cántabras, con suicidios colectivos
dos indíxenas, qeu preferían a morte a caeren en mans dos romanos, volveron reedita−las vellas imaxes da
resistencia.
Só cando Roma logrou vencer a cántabros, ástures e galaicos, o emperador Augusto deu por concluída a
conquista de Hispania.
Os romanos fixeron una extensión da economía monetaria e crearon unha rede de comunicacións. Tamén
produciuse un desenvolvemento da escravitude.
A pegada deixada por Roma foi determinante na historia de España.
O triunfo do latón supuxo a desaparición das linguas prerromanas, das que unicamente subsistiu o éuscaro.
O dereito romano é ainda hoxe unha bases substancial do noso ordenamento xurídico.
A relixión: o cristianismo monoteísta, opoñíase ós deuses dos pobos prerromanos coma ó culto ó emperador.
A ampliación da cristiandade peninsular
A desaparición do califato de Córdoba en 1031 fixo varia−la relación de forzas entre cristiáns e musulmáns na
Península. Os cristiáns exisíronlles ós reinos de taifas o pagamento das parias, importantes cantidades de
diñeiro.
As primeiras manifestacións da ofensiva hispanocristiá foron a toma de Calahorra polos navarros, a de Viseu
e Lamego polos leoneses, a de Toledo por casteláns e leonese, a de Huesca polos aragoneses e a do Campo de
Tarragona polos cataláns. De todas esas accións, a incorporación do reino de Toledo en 1085 ó de Afonso VI
de León e Castela era o golpe máis duro para os musulmáns.
Os reis de taifas chamaron para que acudisen na súa axuda ós almorábides. Estes entraron na Península,
venceron a Afonso VI e, a pesar das súas derrotas ante Rodrigo Díaz de Vivar, o Cid Campeador, en terras de
Valencia, conseguiron unificar todo Al Andalus e ameaza−los territorios cristiáns.
Sen embargo, os aragoneses arrebatáronlles ós almorábides Zaragoza. Nos trinta anos seguintes, unidos xa
aragoneses e cataláns, fixéronse co resto do val deica Tortosa.
De todos eses territorios, soamente os habitantes musulmáns de Aragón permaneceron en número importante
baixo o dominio cristián. Chamóuselles mudéxares.
2
Unha importante novidade no éxercito foi a aparición dunah mariña de guerra.
A principios do s. XIII, os cristiáns peninsulares aproveitaron os problemas que tiñan os almohades no norte
de África. En 1212, un exército combinado de casteláns, navarros e aragoneses derrotou na batalla das Navas
de Tolosa as tropas almohades. A victoria cristiá supuxo o comezo do final da presencia islámica na
Península.
Os hispanocristiáns puideron consolida−la súa presencia nos territorios ocupados e pensar en novos avances
cara ó sur.
Entraron en Palma de Mallorca e despois, comezou a conquista do reino de Valencia.
Pola súa parte, casteláns e leoneses, conquistaron as prazas de Estremadura e avanzaron polo val do
Guadalquivir. Conquistaron Sevilla e Murcia.
A repoboación nos territorios ganados ó islam realizouse segundo cinco modelos distintos:
− Na repoboación entre o río Douro e o Sistema Central, o territorio foi dividido en grandes circunscricións
constituídas por unha cidade que actuaba como capital, e un alfoz formado por numerosas aldeas e os seus
termos.
− Na repoboación da zona do Texo, o modelo baseouse en grandes comunidades de vila e terra.
− No val do Ebro cabe diferenciar dúas zonas. Nos grandes núcleos urbanos os cristiáns repartiros entre eles
as casas do interior e obrigaron ós musulmáns que non quixeron exiliarse a instalarse nos arrabaldes. Nas
poboacións aragonesas ó sur do río Ebro, organizáronse segundo as pautas recollidas nos foros.
− Na Mancha e nos macizos montañosos de Teruel a repoboación foi lentísimae deixouse en mans das ordes
militares, o que favoreceu a creación de grandes latifuncios, dedicados á gandería.
− En Baleares, Valencia, Murcia e no val do Guadalquivir a formula empregada foi a repartición.
A colonización interior foi menos espectacular cá repoboación dos territoiors cobrados ó islam.
Os obxectivos máis frecuentes foron o obxetivo económico, o estratéxico e o político−social.
A incorporación dos territorios de Al Andalus e a atracción de xente de fóra da Península diversificaron a
abase étnica e relixiosa dos reinos cristiáns españois. A maior parte da súa poboación era hispana e cristiá,
pero tamén había mozárabes, francos, xudeus e mudéxares.
A Baixa Idade Media
Foi un período de numerosas crises.
A fame e a peste chegaron con diversas guerras, as máis importantes foron a guerra dos dous Pedros, a guerra
civil de Castela e a revolución e a guerra civil de Cataluña.
Xunto a elas outros enfrontamentos agravaron a situación.
A recuperación demográfica empezou a sentirse a partir de 1420.
A crise demográfica tivo tres consecuencias importantes: a detención do crecemento, a preponderancia de
3
Castela e a redistribución da poboación.
En canto a economía produciuse unha depresión agraria, que se caraccterizou polo aumento do número de
despoboados, o retroceso dos cultivos, o desequilibrio entre prezos e salarios, a caída das rendas señoriais e a
despoboación dos campos. Tamén produciuse un triunfo da gandería e a vide, cunha especialización dos
cultivos. No comercio produciuse un aumento das producción e a inserción da Península nos itinerarios
internacionais
As perturbacións demográficas e económicas tiveron unha fonda repercusión nas relacións sociais.
Produciuse un dominio dos señores e unha proliferación de conflictos, onde destacaron a explosión do
sentimento antixudeu, o movemento irmandiño, os payeses de remensa en Cataluña e a revolta foránea en
Mallorca.
Nos séculos XIV e XV, desenvolvéronse tres procesos: a autonomía de cada reino, a disputa entre a versión
autoritaria e a pactista do exercicio do poder e a renovación das institucións.
No s.XIV nacera a idea de que cada reino constituía un único corpo. O rei que figuraba á cabeza de cada reino
era o señor natural de tódolos habitantes do territorio.
As discrepancias xurdían á hora de decidir cómo debía goberna−lo rei:
− Os expertos en dereito e os reis afirmaban que o que prace o rei ten vigor de lei. Era a versión autoritaria.
− Os nobres máis poderosos e as grandes cidades decían que o que a todos concerne por todos debe ser
aprobado. Era a visión pactista.
As dúas posturas resolveron moitas veces as súas diferencias por conflicto armado.
Os señoríos seguiron sendo células fundamentais do sistema político. Aínda así, producíronse tres
innovacións:
− Delimitouse cada reino mediante a creación de fronteiras e aduanas.
− Naceron as capitais de cada zona.
− Creouse unha nova fiscalidade.
Evolución política dos reinos na Baixa Idade Media
O reino de Granada quedou confinado en poucos anos ás actuais provincias de Granada, Málaga e Almería.
O seu último século e medio de existencia viviuno marcado por catro feitos: a tensión do cerco castelán, as
loitas entre liñaxes que combatían polo poder, a intensa actividade artesanal e o esplendor intelectual e
artístico.
O reino de Navarra pasou a mans da dinastía francesa de Campaña.
Despois unha nova dinastía, a casa de Evreux, fíxose cargo do trono. Os intereses franceses da nova dinastía
implicaron decisivamente a Navarra na guerra dos Cen Anos.
O matrimonio entre a herdeira do trono e un nobre castelán devolveulle a atención do reino navarro ó
4
escenario peninsular. A morte da raíña abriulle a porta ó enfrontamento entre agramonteses, partidarios do
goberno do seu viúvo Xoán, e beaumonteses, partidarios da coronación do seu fillo, Carlos de Viana. Durante
anos a guerra entre ámbolos bandos arrasou Navarra.
A Coroa de Aragón iniciou a súa expansión mediterránea coa conquista de Baleares. Tras anos de loita, os
monarcas aragoneses, conseguiron incorporar Sicilia á Coroa de Aragón.
Máis tarde conseguiron instalarse en Sardeña.
Tamén crearon os ducados de Atenas e Neopatria.
A comezos do século XV, a presencia aragonesa no Mediterráneo occidental debilitouse. Tras asedios,
combates e acordos, o monarca controlou Sardeña, renunciou a Córsega e conquistou o reino de Nápoles.
A política interior da Coroa de Aragón desenvolveuse en tres frontes: o enfrontamento entre autoritarios e
pactistas, o compromiso de Caspe e a guerra civil catalana.
Na Coroa de Castela a apertura do estreito de Xibraltar á libre navegación cristiá foi o primeiro obxectivo dos
casteláns, os xenoveses e os mercadores doutras repúblicas italianas. Todos prefería o camiño do mar para
relacionar Italia e Flandres.
O éxito de Castela no estreito de Xibraltar suscitou o interese de Francia e Inglaterra por contar coa forza
naval castelá na guerra dos Cen Anos. O apoio naval castelán ás pretensión francesas, que finalmente
alcanzaron a victoria, mantívose durante un século.
O interese castelán polo Atlántico e as excelentes relacións con Francia foron determinantes na conquista das
illas Canarias. Aínda que ocupación das illas non resultou doada.
Na política interior da Coroa de Castela destacaron catro procesos: a pugna entre autoritarios e pactistas, o
asasinato de Pedro I o Cruel, o intento de incorporación de Portugal e o problema sucesorio.
O descubrimento e a conquista de América
América foi descuberta por Cristovo Colón no ano 1492.
O descubrimento de América por súbditos da Coroa de Castela foi consecuencia case inevitable do interese
atlántico de casteláns e portugueses durante o s.XV.
A guerra civil castelá concluíu cun tratado entre Portugal e Castela que repartía as súas zonas de influencia no
continente africano.
Os portugueses comezaron a busca−lo camiño que lles permitise chegar ás riquezas Indias.
En 1486, en plena guerra de Granada, Colón presentóulle−la súa iniciativa ós Reis Católicos, que se resistiron
a aceptala. Pese a todo, os monarcas acabaron por subscribir con Colón as Capitulación de Santa Fe en abril
de 1492.
En agosto do mesmo ano, a nao Santa María, ó mando de cristovo Colón e baixo a pilotaxe de Juan de la
Cosa, e as carabelas La Pinta e La Niña saíron do porto de Palos (Huelva) e fixeron escala en Canarias.
Nuñez de Balboa descartou a idea que Cristovo Colón mantivo deica a súa morte: que chegara a Xapón e
China. As terras descubertas consituían un novo continente. Américo Vespuccio deulle o seu nome e o mariño
5
Juan de la Cosa elaborou en 1500 o primeiro mapa do novo continente.
O descubrimento trouxo consigo numerosos interese e efectos.
A colonización das primeiras terras resultou difícil. As características tropicais da terra e o clima avíñanse moi
mal cos cultivos ós que estaban afeitos os españois. A dieta alimenticia dos primeiros colonos foi case
exclusivamente carnívora.
A busca do ouro foi un estímulo constatne na empresa americana. Os organizadores das viaxes e a facenda
real castelá beneficiáronse dos achados do mineral.
A repartición entre España e Portugal das áreas de expansión atlántica foi o resultado máis inmediato do
descubrimento de América.
No Tratado de Tordesillas de 1494, os portugeses conseguiron desprazar cara ó oeste a liña de demarcación
fixada polo papa. Isto permitiu a instalación portuguesa en Brasil.
Os españois a súa chegada a América, romperon un ecosistema moi fráxil, trataron de aproveitar ata a
extenuación a forza de traballo da poboación indíxena e contaxiáronlle as súas efermidades. Os indios das
Antillas morreron a milleiros e isto deixou sen man de obra ós españois.
Para compensa−la escaseza de man de obra, e dada a negativa da raíña Isabel a acepta−la escravitude dos
indios, arbitrouse o procedemento das encomendas: os indios repartíronse entre os colonos e estes
comprometéronse a instruílos. A solución non evitou o traballo forzoso dos indios nun réxime parecido á
escravitude.
O goberno e maila administración das Indias fixéronse segundo patróns da Coroa de Castela, á que quedaron
incorporadas.
As bases institucionais da presencia española no Novo Mundo foron as Audiencias e os municipios. Máis
tarde, tamén os vicerreinados.
Durante os vintesete anos que seguiron á primeira viaxe de Colón, os españois continuaron descubrindo as
terras do que resultara ser un novo continente.
A chegada de Carlos I a España en 1517 coincidiu coa difusión entre os poucos españois asentados nas costas
e nas illas do Caribe de noticias sobre a existencia de riquísimos imperios no interior do continente.
Hernán Cortés saíu da illa de Cuba e desembarcou na costa de México. Tres anos despois, Cortés, púxolle fin
ó imperio azteca e dominou a meseta central mexicana.
Francisco Pizarro se fixo co imperio inca, que ocupaba o actual Perú, Ecuador e parte de Bolivia.
As conquistas de México e Perú provocaron o desenvolvemento de expedición a partir dos territorios
ocupados. Novos descubridores e novos conquistadores encargáronse de amplia−lo imperio españo. Gonzalo
Ximénez de Quesada creou Santa Cruz de Bogotá; Pedro de Valvidia, Santiago e outros lugares de Chile; e
Juan de Garay refundou Bos Aires.
Os protagonistas da conquista foron xeralmente segundóns de familias fidalgas ós que se lles sumaron xente
de toda clase e condición.
As Indias, como os españois chamaron ás terras conquistadas en América, non se consideraron territorios
6
coloniais senón prolongación da propia España. A cabeza do goberno encontrábase o rei.
Os extensos territorios americanos quedaron divididos en dous vicerreinados:
− O vicerreinado de Nova España, con capital en México, comprendía América central e maila setentrional.
− O vicerreinado do Perú, con capital en Lima, comprendía a América do sur.
Cada vicerreinado incluía varias gobernacións e estas, á súa vez, varios corriximentos, dentro dos cales había
un número variable de municipios.
Paralelamente, existían Audiencias con funcións xudiciais e gobernativas.
As illas Filipinas organizáronse como Audiencia e non como vicerreinado.
Os Reis Católicos
O título de Reis Católicos correspóndelle a Isabel de Castela e Fernando de Aragón, que durante o seu reinado
realizaron a unión persoal das Coroas de Castela e Aragón, expulsaron a musulmáns e xudeus, incorporaron a
Castela os reinos de Granada e Navarra, renovaron as institucións, aumentaron os recursos do Estado e foron
testemuñas do descubrimento de América por parte de súbditos seus.
A gandería ovina consolidouse como a principal opción nos diferentes reinos.
O obxectivo da producción dos reinos seguiu sendo a obtención de materias primas para intercambialas por
productos manufacturados.
En xeral, destacou a actividade dos teares casteláns e a producción metalúrxica.
A actividade comercial foi especialmente intensa na Coroa de Castela.
Os señoríos continuaron sendo pezas sociais e políticas esenciais. Os monarcas enfrontáronse a dous
problemas herdados: o poder dos señores e a submisión dos campesiños.
A expulsión de xudeus e musulmáns e a emigración americana supuxeron unha sangría demográfica.
A eliminación dos disidentes relixiosos por motivos de ideoloxía tivo dúas manifestacións principais:
− A primeira tivo carácter político: a conquista do reino de Granada e a expulsión dos musulmáns. O seu
obxectivo era acabar co islam na Península e consegui−la unidade política.
− A segunda manifestación foi de carácter relixioso e comprendeu a reforma da Igrexa, a creación do Tribunal
da Inquisición e a expulsión dos xudeus.
A reforma da Igrexa tivo os seus piares no nomeamento de bispos e na reforma das ordes relixiosas.
A Inquisición xurdiu a comezos do século XIII para combate−los herexes do sur de Francia.
A fins do s. XV, extinguírase practicamente. A Inquisición moderna naceu en España para loitar contra os
conversos que continuaban coas súas prácticas relixiosas xudías.
Pronto quedou constituído como un tribunal dependente do monarca.
7
A maior resistencia á implantación do tribunal ofrecérona os territorios da Coroa de Aragón.
A convicción de que, mentres a práctica do xudaísmo estivese autorizada e as sinagogas funcionasen, os
conversos corrían o risco de volver a súa relixión animou á raíña Isabel a propoñe−la expulsión dos xudeus.
A pesar da conservación das identidades de cada reino na unión de Fernando e Isabel, a súa política exterior
foi única e estivo inspirada polos intereses históricos da Coroa de Aragón. Isto significou, ante todo, atención
ó espacio mediterráneo e amizade coas dinastías con dominios que arrodeaban a Francia para limita−la forza
desta.
Pola súa parte, a atencion atlántica, propia da Coroa de Castela, impulsou a conquista das illas Canarias e o
descubrimento de América.
Carlos V
En 1517, un fillo de Xoana a Louca e Filipe I o Fermoso, o rei Carlos I, chegou a España. Con el instaurábase
unha nova dinastía, a casa de Austria.
A sublevación das Comunidades comezou na Coroa de Castela. A protesta estivo protagonizada por xente das
cidades.
A aristocracia mantívose á marxe ata que os comuneiros animaron os movementos antiseñoriais, Entón, a alta
nobreza pechou filas cos representantes do monarca. A derrota dos comuneiros en Villalar supuxo o final do
movemento.
Na Coroa de Aragón, prenderon polas mesmas datas outros movementos. En xeral, tratouse de revoltas
antiseñoriais.
A sublevación das Xermanías contou coa participación dos artesáns, campesiños e o baixo clero.
O levantamento foi derrotado polos señores e as tropas do rei e os seus dirixentes duramente castigados.
A súa política exteiror estivo marcadda por tres feitos: as guerras contra Francia, a guerra contra o islam e a
guerra contra a Reforma protestante.
Nas guerras contra Francia, o emperador fíxolles fronte a seis guerras. Na primeira os franceses invadiron
Navarra e trataron de asegura−la súa hexemonía no norte de Italia. Foron rexeitados en Navarra e derrotados
no Milanesado na batalla de Pavía.
Francia cedeulle a Carlos V o control de Milán. España converteuse en potencia hexemónica en toda a
península Itálica. O papa aceptou a situación e coroou a Carlos emperador.
As loitas con Francia reiniciáronse en Italia e nas fronteiras de Flandres e os Países Baixos. As hostilidades
prolongáronse durante vinte anos, aínda que se intercalaron longos períodos de paz.
A pesar da posterior recuperación francesa e da crise financeira española, a paz de Cateau− Cambresis,
asinada entre Filipe II de España e Henrique II de Francia, estableceu de forma duradeira a hexemonía
española en Italia e en toda a Europa occidental.
A política de Carlos V contra o islam cantárona algúns poetas como proba de continuidade de tradición
hispana medieval. Sen embargo, as súas razóns foron estrictamente estratéxicas.
8
A ameaza de turcos e corsarios foi constante durante o reinado.
A guerra contra a Reforma protestante surxiu da seguinte maneira: Carlos V convocou unha reunión en
Worms, onde fixou a súa oposición a Lutero e reclamou do papa a convocatoria dun doncilio que emprendese
a necesaria reforma da Igrexa.
Nos anos seguintes, os conflictos con franceses, turcos e corsarios impedíronlle a Carlos V atende−lo
problema relixioso. Os príncipes luteranos creceron en número e organizáronse militarmente. Cando o papa
Paulo III convocou o Concilio de Trento para trata−la reforma da Igrexa, os protestantes xa non estaban
interesados. Carlos V reclamou a fidelidade dos seus súbditos, pero os luteranos negáronse a prestala, o que
orixinou unha guerra entre eles e o emperador. A victoria deste aumentou o seu poder en Alemaña pero non
resolveu a cuestión. A paz de Augsburgo recoñeceu oficialmente o luteranismo en Alemaña.
Filipe II
A súa política interior estivo mediatizada polos seus intereses exteriores. O ano 1568 considérase unha data
clave no reinado: morreron a terceira muller do monarca e o príncipe Carlos, herdeiro da Coroa; comezaron os
disturbios en Flandres e o conflicto mourisco no antigo reino de Granada; e entraron en vigor as disposicións
do Concilio de Trento.
O conflicto mourisco xurdiu nas Alpuxarras de Granada en 1568. A comunidade mourisca ergueuse contra o
trato vexatorio das autoridades e dos cristiáns vellos.
O levantamento tivo por escenario exclusivo o ámbito rural e provocou unha guerra enormemente cruel.
O conflicto acabou coa intervención de don Xoán de austria que expulsou ó norte de África e dispersou por
outras rexións peninsulares uns oitenta mil mouriscos.
As alteracións de Aragón estiveron motivadas pola crise económica, que fortalecera o bandoleirismo; e o
descontentamento político.
Neste ambiente produciuse a chegada de Antonio Pérez a Zaragoza, que fora encarcerado polo asasinato do
secretario de don Xoán de Austria. Tras once anos de prisión, Antonio Pérez fuxiu á súa terra aragonesa e
acolleuse ó foro do Xustiza Maior. Para recupera−lo reo, e coa escusa de que cometera delitos contra a fe
católica, o monarca recorreu á Inquisición, que encarcerou a Pérez.
Os aragoneses considerárono un acto contrario ós seus foros e costumes e liberaron o preso.
A entrada dun exército real en Aragón permitiulle a Filipe II controla−la situación.
A política exterior estivo marcada pola defensa dos intereses dinásticos da casa de Austria e dos relixiosos do
catolicismo. Nela, produciuse o enfrontamento con Inglaterra, a guerra de Flandres e os Paixes Baixos e a
pugna co islam.
Os xefes militares que reprimiron o levantamento mourisco das Alpuxarras consideraron a súa acción como
unha batalla contra o islam.
Outros acontecementos fixeron pensar nunha ofensiva islámica no Mediterráneo encabezada polos turcos.
Nestas circunstancias, unha Liga Santa aglutinou o esforzo naval de Venecia e España baixo a xefatura de don
Xoán de Austria. Os turcos e os coligados hispanovenecianos mediron as súas forzas na batalla de Lepanto,
que saldouse coa victoria cristiá. A única consecuencia que trouxo foi que se debilitou a ameza islámica no
9
Mediterráneo occidental.
Durante o reinado de Filipe II produciuse tamén a guerra de Flandres que mesturou tres cuestións:
− A resistencia da poboación ás tendencias autoritarias dun monarca que pretendía gobernalas na distancia.
− As provincias do sur mantivéronse dentro da ortodoxia católica mentres que as do norte aceptaron o
calvinismo.
− A imposibillidade de xerar recursos suficientes para manter un exército castigou as finanzas da monarquía.
Estas cuestións e a política inflexible dos gobernadores enviados por Fillipe II fomentaron un estado de
conflicto permanente. Produciuse a división definitiva entre o norte calvinista e o sur católico.
A guerra con Inglaterra produciuse da seguinte forma:
A alianza que Carlos I mantivera con Inglaterra prolongouse durante os primeiros anos do reinado de Filipe II,
pero a situación cambiou. Os corsarios ingleses empezaron a obstaculiza−lo comercio entre España e América
mentres os holandeses interferían as relacións marítimas entre España e Flandres. O vicealmirante británico
Drake entrou na baía de Cádiz e queimou unhas cantas naves.
Para asegura−la súa posición en Flandres, o monarca español enviou a Armada Invencible. O afastamento das
súas bases, a mobilidade da armada inglesa aliada e as tormentas provocaron o desastre daquela aventura
naval.
No s. XVI Filipe II herdou Portugal. Os intereses da aristocracia e da burguesía portuguesa estaban agora
moito máis próximos ós dos españois ca había dous séculos.
Filipe III
Filipe III inaugurou o costume de delega−lo exercicio do poder nun valido ó concede−las rendas dos negocios
nacionais e internacionais o duque de Lerma.
Entre outras cousas, o duque de Lerma transladou a capital do reino temporalmente desde Madrid a
Valladolid.
A aparición da figura do valido supuxo tamén a substitución dos consellos tradicionais polas xuntas.
En 1609 decretouse en España a expulsión dos mouriscos dos reinos de Aragón e Valencia e da Coroa de
Castela.
Foi necesario o despregamento dunha grande forza militar para logra−la súa expulsión, que suscitou
resitencias e rebelións en tódalas zonas afectadas.
A política exterior de Filipe III foi cualificada como pacifista. Pouco despois de acceder ó trono, Filipe III
asinou unha serie de tratados de paz con Francia, Inglaterra e Holanda.
A pesar da firma de paz de Vervins as relacións entre España e Francia seguiron sendo tensas. Durante os
anos seguintes mantívose unha guerra subterránea, na que os franceses apoiaron ós rebeldes holandeses e ós
sectores descontentos co dominio español en Italia.
A paz de Londres puxo termo a unha guerra concibida para evita−lo apoio inglés ós rebeldes holandeses.
10
O fracaso dunha expedición española ás costas irlandesas e a chegada ó trono do rei Xaime I facilitou a fin das
hotilidades.
Desde o reinado de Filipe II, as Provincias Unidas (Holanda) mantiñan a loita pola súa independencia do
dominio español.
Na loita mesturábanse razóns de carácter político, relixioso e económico.
O cansazo e as dificultades financeiras de ámbolos contendentes para soste−la guerra levaron á firma dunha
tregua de doce anos.
A tregua supuxo temporalmente o final dos enfrontamentos abertos. Mantívose, en cambio, unha guerra
económica soterrada contra a monarquía.
Filipe IV
O valido de Filipe IV foi o conde−duque de Olivares, que emprendeu un programa de reformas económicas,
administrativas e políticas, que supuxeron un fracaso.
Ó final da Tregua dos Doce Anos, o comezo da guerra dos Trinta Anos e unha Francia cada vez máis activa
no terreo internacional provocaron unha situación crítica.
Olivares expresou o esencial da súa política reformista no chamado Gran Memorial.
O seu esforzo traduciuse nun incremento da presión fiscal e na formación dun exército permanente.
Nas reformas administrativas e económicas destacaron as seguintes propostas.
− Reducción de oficios e empregos cortesáns.
− Protección das actividades artesanais e do comercio.
− Abolición dos millóns e creación de erarios públicos e montes de piedade.
− Medidas para aumenta−la poboación.
As resistencias ás reformas foron múltiples en toda a monarquía.
Unha das ideas de Olivares era implicar a tódolos reinos por igual nos esforzos bélicos. Para isto, ideou a
creación da chamada Unión de Armas, que establecía que cada reino debía proporcionar un número
determinado de homes armados e pagados en caso de guerra.
A rebelión de Cataluña estalou no contexto do esforzo requerido para a guerra contra Francia. Tras varios
enfrontamentos entre os habitantes e as tropas castelás, as desordes culminaron no chamado Corpus de sangue
en Barcelona.
Os cataláns solicitaron axuda militar a Francia e mantiveron un enfrontamento bélico coa monarquía española.
O desengano dos cataláns ante o carácter subordinado da súa unión con Francia e o temor das oligarquías
catalanas a non controla−lo descontento social xeneralizado propiciaron a capitulación de Barcelona.
Durante o seu reinado produciuse tamén a independencia de Portugal. O descontento dos portugueses
11
manifestouse inicialmente nos tumultos de Évora, que foron reprimidos con facilidade polo conde−duque de
Olivares.
A esixencia de que os soldados portugueses loitasen na fronteira de Cataluña provocou a revolta en Lisboa.
A decisión da monarquía hispana de concentra−lo esforzo bélico en Cataluña en detrimento do intento de
reconquistar Portugal facilitou a independecia portuguesa. Cando, se intentou reconquista−lo reino, era xa
demasiado tarde.
As causas das rebelións en Nápoles e Sicilia encontrábase no contexto bélico e na crecente presión fiscal.
O conde−duque de Olivares tratou de calma−los ánimos suspendendo os novos impostos e ofrecendo un
indulto ós revolucionarios. Estas medidas surtiron efectos positivos en Sicilia, pero non en Nápoles, onde o
levantamento foi sufocado militarmente.
A política exterior de Filipe IV está marcada por tres feitos: a guerra dos Trinta Anos, a guerra con Holanda e
a guerra con Francia.
A guerra dos Rinta Anos comezou por motivos relixiosos, pero acabou envolvendo a toda Europa nunha
intensa loita pola hexemonía política.
Dous motivos fundamentais levaron á Monarquía Hispánica a implicarse: a defensea da relixión católico e a
necesidade de articular de maneira más firme os distintos territorios dun vasto imperio europeo moi disperso.
A guerra desenvolveuse en catro fases sucesivas.
A contenda concluíu coa firma da paz de Westfalia, que supuxo o final da hexemonía de Habsburgo en
Europa.
Comezou así a asentarse o principio do equilibrio europeo internacional e do Estado secularizado.
Desde o punto de vista da participación española a guerra dos Trinta Anos desenvolveuse en tres fases
diferenciadas. A primeira, caracterizouse polos éxitos dos exércitos españois en Alemaña, Italia e Flandres. A
segunda, estivo marcada pola crise de Mantua e polo enfrontamento con Suecia. A terceira, definiuse pola
entrada de Francia na guerra.
Nestas datas tamén púxose fin á Tregua dos Doce Anos e iniciouse a guerra con Holanda.
Aínda que as motivacións relixiosas seguían sendo importantes, o enfrontamento con Holanda adquiriu un
novo carácter. Tratábase dunha pugna por frea−lo poderío comercial e colonial holandés en detrimento de
España.
O final da guerra entre estas dúas potencias supuxo a definitiva independencia de Holanda.
Entre os anos 1625 e 1635, Francia e España tiveron unha aberta política de enfrontamento, aínda que sen
chegar a declararse formalmente a guerra.
En 1635, Luís XIII declaroulle formalmente a guerra a España, baseándose na política agresiva española en
Europa.
As primeiras cdampañas resultaron favorables ós españois.
12
A derrota en Rocroi supuxo o principio do fin. As accións conxuntas de Francia e Suecia levaron ó emperador
austríaco a pedi−la paz e a abandonar a España na contenda.
A paz de Westfalia non puxo fin ós enfrontamentos entre Francia e España.
En 1657, España entrou en guerra con Inglaterra.
En 1659 asinouse a paz dos Pirineos, que sancionou a preponderancia territorial, económica e política de
Francia e a supremacía marítima de ingleses e holandeses.
13
Descargar