Historia económica e social do século XX As bases do crecemento económico internacional 1) Segunda onda de innovación tecnolóxica 2) Innovación nas formas de organizar a produción e o traballo 3) Máis investimento 4) Novas formas de empresa ( multinacionais ) Poboación a) Duplícase entre 1870 e 1913 b) Taxe de crecemento anual 9.2% c) Países avanzados ciclo demográfico moderno d) Urbanización na fase máis densa Agricultura 1- Integración do mercado mundial e extensión da área de cultivos 2- Melloras tecnolóxicas e aumento da produtividade 3- Novidades en Europa tales como novos cultivos e gandería máis industrial Industria 1) Novas fontes de enerxía a) Electricidade. Vantaxes: transmisibilidade, flexibilidade e menor custo b) Petróleo. Asociado ao motor de explosión, difúndese a partir da 1ª Guerra Mundial, ata 1885 só no alumeado. 2) Novos materiais da II Revolución tecnolóxica a) Aceiro ( EEUU, Gran Bretaña ou Rusia as grandes potencias ) b) Produtos químicos ( caucho, vidro, medicamentos…) Todos estes cambios dan lugar á gran empresa moderna caracterizada polo mercado nacional unificado e onde as novas tecnoloxías impulsan a produción e distribución en masa. Características da empresa moderna segundo Williamson: a) Multiunitaria b) Goberna as diferentes funcións c) Coordinación das unidades d) Control xerárquico. As empresas maioristas O seu éxito depende da forza de venda e da organización das compras, tres tipos: a) Gran almacén (1860­1870) • Novas liñas de produtos • Obxecto de consumo para clases medias e altas • Baixos custos • Anonimato da clientela e máis velocidade na reposición de produtos b) Empresas de venda por correo (1887) • O obxectivo era cubrir un extenso mercado • Gran volume de venda a prezos reducidos e rapidez de distribución c) Cadeas de tendas (1900) • Venda de produtos específicos • Estratexia de compra a gran escala • Prezos baixos e publicidade • Velocidade na venda d) Bazares ( antes da 1ª Guerra Mundial ) • Prezos asequibles • Rapidez nas vendas e) Cooperativas de consumidores Minoristas independentes ( tendeiros, vendedores ambulantes…). Xorden cando: • Crece a demanda das clases traballadoras • Aumenta a urbanización e as clases medias • Cambios na tecnoloxía, na produción ou no transporte Crises de sobreprodución Respostas: ­ Concentración horizontal (cooperación entre empresas do mesmo sector) ­ Integración vertical ­ Expansión de mercado ­ Diversificación de produtos Cartel: A partir de 1870, acordos entre empresas para fixar prezos e repartirse os mercados. Obxectivos: a) Reservar o mercado nacional b) Delimitación de mercados e cotas de exportación c) Regulación de prezos d) Regulación da capacidade produtiva e) Adquisición conxunta de materias primas f) Fusión de diferentes empresas nunha nova Integración vertical Posesión dunha mesma empresa de distintas actividades relacionadas co obxectivo de reducir custos, asegurarse as materias primas e establecer barreiras de entrada. OCT Organización científica do traballo. A produción xestionábase a partir de: • Coñecer o rendemento de cada máquina usada no proceso • O rendemento de cada obreiro • Tempos de execución da tarefa • Nivel de fatiga do obreiro As matemáticas substitúen ao empirismo. A base da OCT tiña por obxectivos: • Aumentar o rendemento do traballador • Reducir custos • Cambiar a mentalidade obreira a base da transición da OCT e do drive system era: • División do traballo en tarefas simples • Contabilización • Planificación As migracións transoceánicas :O máis coñecido dos argumentos é o push & pull empuxa a emigrar e a sobrevivir e atrae o maior salario. Tipos de emigración: a) Pobreza ( exceso de poboación, cambios na propiedade da terra ou crises agrarias ) b) Diferenzas de salario entre países ou rexións de orixe ou destino c) Situacións do conxunto de familia Consecuencias demográficas da emigración • Incremento da poboación nos lugares de destino ( USA 30%, Arxentina 50%...) • Os emisores perden parte da súa poboación ( Irlanda perde 4.5 millóns ) • Perda nos emisores de poboación nova en idade de traballar Consecuencias económicas • Redistribución da poboación agraria europea por todo o planeta • Mellora dos salarios agrarios e reduce o desemprego Consecuencias para os países receptores: a) Aumento da man de obra b) Aumento do capital e do coñecemento tecnolóxico e técnico c) Traballadores pouco cualificados dedicados á construción d) Introdución de novos cultivos e) Creación de mercados de importación entre emisor e receptor f) Difusión da cultura, tradición, industrialización… g) Formación dun mercado global xerme da globalización Tema 2: economía e sociedade no período de entreguerras Consecuencias económico –sociais da 1ª Guerra Mundial • Pon fin á orde mundial • Importantes derivacións económicas, sociais e políticas • Custos humanos, materiais e financieiros moi importantes • Desestabilización monetaria • Desequilibrio na economía mundial Perdas humanas • 8% da poboación activa masculina e 2% da total • 8.5 millóns de mortes, 15 millóns de feridos e 7 millóns de incapacitados • Enfermidades e fame • Déficit de nacementos • Catástrofes demográficas ( Gripe española…) Perdas de capital (3.5% do stock existente en 1914) Este stock deteriorouse por: • Dano físico aos escenarios de guerra • Sacrificios territoriais a causa dos tratados de paz • Venda de activos para financiar a guerra • Freo no investimento Custos financieiros • 6 ao 8% da débeda pública acumulada a nivel mundial Financiación da economía de guerra pouco ortodoxa: • Abandono do patrón do ouro (+ inflación, + prezos) Recursos ao déficit orzamentario • Emisión de débeda pública • Emisión de billetes Dirixismo estatal sobre a economía Desequilibrios comerciais que acentúan a débeda externa Reestruturación da economía mundial • Relegación da agricultura a un 2º plano • Desatender os mercados exteriores • Potenciación da produción de armas • Alteración do equilibrio económico mundial Impacto da guerra no sector agrario: • Contratación da produción agrícola durante o conflito • Crecemento da agricultura non europea • Aumento da oferta a nivel mundial (prezos deflacionistas) Consecuencias económicas da paz: • Tratado de paz de Versalles: Novas fronteiras alemás Desarme de Alemaña Abolición do servizo militar Consecuencias das realiñacións territoriais: • Multiplicación de aranceis e aduanas • Moitas zonas industriais pasaron a outros países A loita contra a inflación A Guerra xerou unha inflación sen precedentes. Causas: 1) Desequilibrio entre oferta e demanda 2) Incremento da cantidade de diñeiro A tendencia dos países belixerantes era máis inflacionista ca do resto. Medidas de loita: a) Recorte do gasto público b) Aumento de impostos c) Políticas monetarias restritivas Alemaña e a hiperinflación Os prezos en 1918 eran 5 veces maiores aos de 1914. Consecuencia de: • Endebedamento durante a Guerra • Gasto de reconstrución Consecuencias da hiperinflación: 1) Expropiación do aforro privado e arruinamento das clases medias 2) Malestar social polos baixos salarios Obrigou a Plan Dawen (1924): • Reorganizar o banco central • Crédito internacional a Alemaña • Programa de control do gasto público Crecemento e inestabilidade (1919­1929) Alemaña Primeira metade dos anos 20: • Hiperinflación • Devaluación • Pago de reparacións • Plan Dawen ( crédito internacional ) Segunda metade dos anos 20: • Estabilización monetaria • Reorganización industrial • Aumento da produtividade • Concentración empresarial • Recuperación dos niveis de posguerra • Renda per cápita baixa • Sector agrario débil • Intervención do Estado (vivendas sociais, bancos públicos, seguridade social…) • Sindicatos adquiren forza • Aumento do gasto social Gran Bretaña Primeira metade dos anos 20: • Aguda contracción en 1921 • A produción industrial descende un 18% • Crise industrial • Perde o título de 1ª potencia mundial polo paro e polos altos salarios que deron en aumento de prezos. Segunda metade dos anos 20: • Crece a produción industrial nun 17% • Moeda sobrevalorada • Custos salariais flexibles • Política monetaria restritiva • Evolución estable das exportacións No plano social: • Afiánzase a seguridade social • Comités obreiros nas empresas • Vivendas subvencionadas • Aumento do salario real Francia Primeira metade dos anos 20: • Produción agrícola e industrial inferior á de 1913 • Franco devaluado • Produción industrial duplícase entre 1921 e 1924 Segunda metade dos anos 20: • Devaluación do franco • Mellora das exportacións • Segue medrando a PI • Políticas monetarias expansivas Plano social • Semanas de 48 horas • Apróbase o proxecto de seguridade social (moi completo) • Os sindicatos adquiren importancia Italia Primeira metade dos anos 20: • Crecemento das PI • Medran as exportacións pola depreciación monetaria • Emigración • Políticas de expansión do crédito Segunda metade dos anos 20: • Redución da emigración • Sobrevaloración da lira • Deflación e paro • Reorganización industrial Estados Unidos Gran beneficiado da Guerra • Aumento do crecemento económico pola demanda de Europa • Máis produción industrial • Estandarización da economía A Crise de 1929 Causas 1) Legado da inestabilidade da guerra 2) Crise das economías dedicadas á exportación de materias primas 3) Exceso de produción en novas ramas da economía 4) A crise tiña orixe en EEUU (caída da demanda americana e crack do 29 ) 5) Persistencia de políticas económicas que non funcionaban ( patrón ouro e ortodoxia fiscal) 6) Inexistencia dun marco fiscal que axudara a solventar a situación Factores que contribuíron: • Descenso do consumo e aumento da especulación bursátil • Quebra da bolsa de Nova York ( xoves negro ) • Actuación equivocada da Reserva Federal A crise non só foi bursátil; contribuíu: • Diminución da PI • Descenso dos prezos • Descenso dos salarios • Aumento do paro • Quebra de bancos e grandes empresas Difusión da crise Afundimento do comercio Retirada de capital americano Quebra de bancos europeos Descenso de prezos Reaccións proteccionistas Devaluacións monetarias Patrón ouro abandoado Políticas de corte keynesiano • Intervención do goberno na economía • Devaluación da moeda • Exportacións con papel reactivador • Abandono do patrón ouro Estados Unidos Entre 1929 e 1933 desplómase a economía cun descenso dos prezos agrícolas do 50%, a PI baixou á metade, o índice de novas vivendas cae dous terzos, taxa de paro do 25%. Fracaso da política de Hoover por: • A política monetaria foi deflacionista • Mantivo o vínculo co patrón ouro • Política arancelaria proteccionista Roosevelt e o New Deal Centrouse en: • Devaluación do dólar • Política monetaria expansiva • Soster prezos e salarios • Programa de gasto en obras públicas • Regulación de actividades industriais Pódese distinguir do New Deal o primeiro: ­ A agricultural adjustment act (AAA) prevía absorber o exceso de produción para impedir a baixada de prezos. ­ O NIRA pretendía impulsar os prezos e o consumo, regulando prezos mínimos, salarios mínimos na industria e potenciación de obras públicas. ­ Revaluóuse o dólar nun 30­45% ­ Suavización das tarifas aduaneiras Resultados do 1º New Deal • Medra a renda real, os prezos e a PI. • O investimento fíxose en sectores con pouca capacidade de absorción de emprego. O 2º New Deal (1935­1937) Reformas sociais como: • Intervención dos sindicatos na política económica • Apróbase a lei de seguridade social • Impulsouse o gasto público Gran Bretaña Factores do relanzamento: • Boom da construción residencial • Cambios estruturais na industria • Mellora na relación real de intercambio • Efectos das medidas de política económica Alemaña Foi a máis afectada pola crise: • A PI acada en 1932 un 70% do valor de 1913. • Disparouse o desemprego • Investimento cae en 2 terzos Orixe da depresión: • Política deflacionista errónea do canciller Brunny • Enormes dificultades no sistema financieiro • Efectos inducidos da crise internacional O erro de Brunny consistiu en: • A súa política deflacionista • o desequilibrio que creou recortando o gasto público e aumentando os impostos A recuperación veu da man do nazismo: • amplo programa de obras públicas • estritos controis resultados: ­ bo resultado da política de rearme ­ prezos estables ­ recuperación do emprego ­ salarios inferiores nun 3% a 1928 ­ beneficios empresariais que aumentan Tema 5 As consecuencias da 2ª Guerra Mundial e a NOM Perdas humanas: • 50 millóns de mortos • A URSS perde o 14% da súa poboación • Alemaña o 8% • Gran Bretaña 365.000 mortos • Francia 293 mil • Italia 445.000 mortes • Xapón 2.5 millóns • China 13 millóns • EEUU e Canadá 340.000 e 45.000 respectivamente Perdas materiais • Destrución de edificios… • Produción e comercio paralizados • Distorsións da economía de guerra • Escaseza de maquinaria • Problemas de comunicación • Falta de técnicos Nacemento da NOM Desprazamento do poder cara Estados Unidos, os aliados ( EEUU; URSS e GB ) inician unha política de colaboración: ­ ­ Conferencia de Ialta ( febreiro 1945, Roosevelt, Stalin e Churchill ): • Desarme de Alemaña e división dela en zonas de ocupación • Compromiso para a creación das UN • Apróbase a declaración sobre a Europa liberada Conferencia de Postdam (17 xullo – 2 agosto 1947 ) • O poder de Alemaña residiría nun consello formado por comandantes das 4 zonas de ocupación • ­ Definiuse o plan de desarme ( Plan das 4 Des ) Carta da ONU ( Conferencia de San Francisco ) • Propósitos: manter a paz e a seguridade mundial, cooperar solución dos problemas internacionais, servir de centro harmónico. • Obxectivos: igualdade de voz entre os países adheridos, as decisións eran tomados polo consello de seguridade, colaboración económica e social. A Guerra Fría Desátase un estado de permanente tensión entre as dúas grandes potencias mundiais ( EEUU e a URSS ). Características: a) Enfrontamento directo e non bélico b) Sistema internacional bipolar c) A tensión impulsou unha carreira armamentística Coa Guerra fría xorde un sistema bipolar con valores antagónicos: • Por un lado EEUU defendía o mundo capitalista • A URSS presentaba o primeiro estado socialista do mundo Desencadeante: Doutrina Truman • Todo aquel goberno que loite contra a expansión do comunismo ten dereito á axuda norteamericana. Tratábase de conter a influencia soviética. Reconstrución de Guerra: Plan Marshall (1947­1951) Os obxectivos do Plan eran: • Reconstrución de orde capitalista • Defensa dos intereses americanos no mercado • Motivacións políticas de oposición ao comunismo Potencial interno de Europa occidental: ­ Innovación tecnolóxica ­ Abundante man de obra ­ Iniciativas derivadas da financiación americana Funcionamento do European Recovery Program: • Acordos bilaterais entre gobernos europeos e EEUU • Axuda mediante entrega gratuíta de materias primas e bens industriais • Cada goberno entregaba a axuda aos axentes económicos mediante pago en moeda nacional • O 45% da axuda percibida era empregada polo propio goberno Distribución do Plan ­ Repartiuse entre os países participantes segundo a renda por habitante ­ Gran parte do diñeiro foi parar aos grandes grupos industriais Balance económico ­ O sector agrario medrou máis lento co industrial ­ 1950 estabilízanse os prezos ­ A balanza externa europea quedou potenciada favorablemente ­ As reservas de ouro e divisas acadan valores de 1938 O plan consolidou a división entre 2 ámbitos hexemónicos: • O occidental con tutela dos EEUU • O oriental baixo a influencia da URSS Tema 6 Occidente despois de 1945. Crecemento económico e Estado do benestar ­ Os países capitalistas experimentaban un crecemento rápido sen depresións e con ritmos superiores aos de entreguerras. Aparecen novos fenómenos: • Converxencia entre economías • Cambios estruturais • Pleno emprego • Estabilidade monetaria • Melloras nos niveis de benestar O crecemento foi distintos entre diferentes áreas económicas: • Europa occidental: 3.9% • EEUU: 2.45% • Xapón: 8.8% • España: 5.7% O crecemento logrouse por: ­ Esforzo de cooperación e integración, cun novo sistema monetario, creación do FMI, políticas económicas intervencionistas… As razóns da converxencia entre Europa e EEUU: • Capacidade de aforro • Transferencia de capital e tecnoloxía • Imitación de procesos exitosos como o fordismo • Incremento na formación e no capital humano Outros indicadores confirman o aumento do nivel de benestar: • Aumento do gasto público • Aumento da demanda agregada • Aumento do investimento en novas tecnoloxías e gasto militar • Aumento da calidade e cantidade de man de obra • Aumento da capacidade de compra • Aumento dos salarios e do consumo privado