Historia Política Contemporánea

Anuncio
HISTORIA POLÍTICA CONTEMPORÁNEA
I. DA CRISE DO ANTIGO RÉXIME Á GRANDE GUERRA.
1. A crise do Antigo Réxime. Estructuras sociais e políticas.
Na segunda metade deste século a meirande parte da xente non se movía do lugar de nacemento, case sempre
un pequeno pobo, polo tanto, estes pequenos lugares debíanse acostumar á propia autosuficiencia a pesares da
existencia do comercio entre países, pois este era moi pouco significativo. Establécese entón, unha
predominancia do mundo rural e, sobor de todo, na economía domina a especialidade agraria aínda que
existiran outras actividades.
A sociedade, por mor destes termos, é moi fragmentada, é dicir, separada e ademais enténdese por dous
termos; o Término Real (as actividades) e o Abstracto (valoracións da función das actividades, definindo un
status social. Cada sociedade posúe unha forma de pensar e polo tanto de valorar).
No S.XVIII (e xa dende o S.VII) a sociedade dividíase según 3 tipos de funcións:
• Defensa do territorio e Administración do goberno: Comporíase pola Nobreza.
• Oración: Regulaban a relación entre persoas e o máis aló. Formada polo Clero.
• Traballadores: Principalmente no agro. Terceiro Estado.
A valoración destas 3 actividades era desigual, sendo as dúas primeiras as máis valoradas e máis importantes,
por contra, os traballadores posuían un valor inferior. En función desta valoración vaise definindo unha
situación de desigualdade xurídica para cada grupo, e xa no século X ou XII aos 2 primeiros estamentos
outórgaselle o PRIVILEXIO (Lei Privada), quedando o terceiro estamento sen el.
Este sistema desigual do S.XVIII xéstase na caída do Imperio Romano e no señorío feudal. Nunha sociedade
actual, supostamente igualitaria, non terían sentido estes valores; pero no pasado, a defensa do territorio
(debido as continuas loitas entre poboacións veciñas) e a igrexa (única estructura permanente en tódolos
lugares do imperio romano) eran de extremada importancia, por iso o Privilexio, xa que esto exercía un
equilibrio entre funcións e dereitos dos diferentes estamentos (termo xurídico que non ten ningunha
connotación económica nin material, non debe confundirse con clase).
Aínda que, no século XVIII segue esta clasificación estamental, as cousas comezan a diferenciarse da Idade
Media, xa que, trala conquista de Granada, mediante a axuda dos nobres e os seus exércitos, aséntase o
precedente do Exército Nacional, porque os combatentes pasan de representar ao seu nobre a representar á
Monarquía, xerándose unha Administración Monárquica; por esta circunstancia, a nobreza deixa de exercer a
labor da guerra, polo que perde o súa misión oficial, provocando un desequilibrio dado que sigue instaurado o
Privilexio e este vólvese inxusto.
Ademais, neste século, xa non se vive nunha sociedade na cal a relixión é algo global, é máis individual
respecto da tutela eclesiástica, polo que o clero perde poder sobre o individuo e o goberno.
Ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII o desenrolo da economía vai mermando a importancia da terra, xa
que se desenvolven outras actividades (comercio, finanzas...) que cobran moita importancia na sociedade e, xa
que estaban prohibidas para Nobreza e Clero, dan lugar a novos ricos que piden un cambio na organización
social, debido a imposibilidade de gobernar por pertencer o Terceiro Estado, e a falta de equilibrio na
sociedade. Esta petición precisa de novas ideas para intentar centrarse na igualdade xurídica (para disipar a
anterior desigualdade)polo que xorde a Filosofía Ilustrada.
1
En resumen, a sociedade do século XVIII é estamental (baseada na desigualdade xurídica) en crise, xa que, a
nova sociedade intenta basearse na igualdade xurídica e na razón (non na fe), e nela se discute ao nacemento
como inserción social, intentando suplantalo polo mérito.
En canto ás estructuras políticas do século XVIII, estas teñen un punto en común, a Monarquía está presente
en todos os sistemas políticos. A diversidade política desta época podémola basear na súa antigüidade.
Os máis antigos son os sistemas políticos de réximes feudais (monarquías de carácter feudal), nos que existe
feudalismo sen existir un verdadeiro estado, o que significa que o goberno está moi fragmentado en pequenas
partes sen intromisión do goberno central. Existían diversos réximes; africano, asiático, precolombino e o
europeo. Este feudalismo está cuberto por un monarca que abarca diferentes señoríos rexidos por nobres. A
partires do S.XIII consolídase cada vez máis a monarquía en deterioro das funcións nobiliarias ata desembocar
na desaparición en Europa no século XVIII, agás en Polonia. Nesta época a desaparición do feudalismo
político e o mantemento do feudalismo social (mantense a sociedade estamental) se compatibilizan.
Os segundos máis antigos son as Repúblicas Oligárquicas Urbanas, consistentes na substitución do monarca
por un órgano colexiado que representa a un grupo social de carácter oligarca (elitista) normalmente non
aristócrata senón burgués. Estas repúblicas ademais son urbanas (fundamentalmente cidades que
experimentan un importante crecemento económico debido ao comercio dende o século XIV coma Venecia
ou Estrasburgo) dominadas agora pola nova burguesía rica. Estas estructuras políticas están tamén en
decadencia debido a que o seu escaso territorio non pode ser defendido polo seu escaso exército fronte ás
estructuras e grandes monarquías que as acaban absorbendo dentro dos seus territorios.
O terceiro grupo de sistemas políticos son as monarquías nas que o rei goza do poder político absoluto. Estas
monarquías avanzan e chegan a constituír a partir do S.XVI, diferentes formas de goberno:
a) Monarquía Absoluta: O rei concentra absolutamente o poder político e ademais é o único dono da
soberanía. Este poder absoluto non é, sen embargo, arbitrario, nin xusto nin inxusto, xa que responde a un
dobre proceso complexo que acaba outorgando lexitimidade a existencia destes monarcas. Este proceso
iniciouse no S.IX e se consolida no S.XII. Dende aquí ata o S.XVI este dobre proceso intentará recuperar a
cultura clásica do Imperio Romano (recupérase a idea de estado baixo a forma de imperio). Esta estructura
parece máis eficiente ca fragmentación feudal, ademais vai acompañado dun triunfo do cristianismo, o cal
favorece a esta tendencia (alianza entre filosofía e relixión). O poder absoluto do rei non é exercido de forma
totalitaria debido a estructura estamental (o monarca é un nobre) na que 2 grupos son o sustento ideolóxico
(nobreza e clero), o cal crea unha enemistade histórica entre monarca e nobres, que ademais depende do
Terceiro Estado (único que paga impostos). En xeral, a monarquía absoluta considérase unha modernización
do feudalismo que vai alimentando os factores de desequilibrio social que se revolve en contra súa (coma na
revolución francesa).
b) Despotismo Ilustrado: Posúe semellanzas coa Monarquía absoluta, xa que tamén o rei concentra
soberanía e poder político, e tamén é resultado dun proceso de modernización do feudalismo. As diferencias
xacen na cronoloxía, xa que o despotismo é do propio S.XVIII, o que nos conduce a unha diferencia tamén
xeográfica pois este desenrolase onde máis dura o feudalismo (Rusia, Austria, Alemaña...). A última
diferencia radica na ideoloxía do poder e da súa lexitimación, dada pola ilustración filosófica e non na historia
coma na monarquía absoluta. Esta ilustración pretende a felicidade do pobo (todo para o pobo pero sen o
pobo), para isto, os déspotas forman cortes de filósofos en prol do seu asesoramento. Detrás do despotismo
ilustrado hai un intento dalgúns reis de recuperar o tempo perdido con respecto aos países occidentais (por
tardar máis en desaparecer o feudalismo) e situalo a mesma altura. Algúns monarcas ilustrados foron Catalina
II en Rusia, Federico II en Prusia e José II en Austria.
c) Monarquía Británica: A partir de finais do S.XVII danse uns cambios na monarquía británica, ata ese
momento absoluta, polas continuas guerras dinásticas, relixiosas e internobiliarias. En 1688 consolídase un
2
cambio dinástico como resultado da victoria dunha facción que apoiaba ao novo rei que cambiará as regras do
xogo, xa que este debe cumprir as novas esixencias da nobreza que o apoiou, a cal lle impón poder intervir no
poder central político a través dun parlamento nobiliario, o cal fai caer ao absolutismo e empeza a vislumbrar
a división de poderes. O monarca terá o poder executivo (para gobernar) pero estará rexido polo parlamento
(poder lexislativo), intentando equilibrar a monarquía coa nobreza. Neste tempo aparece un ápice do debate
parlamentario futuro, pois a nobreza triunfante e a nobreza derrotada constituirán os novos grupos
parlamentarios; os Whigs (futuro partido liberal que pretende debilitar o poder real e repartilo) e os Tories
(futuro partido conservador e monárquico). Esta monarquía abre a posibilidade de cambios futuros, de aquí a
súa importancia, porque este parlamento (debido a que a posibilidade de voto dábase acorde ca riqueza)
ábrese á burguesía 100 anos despois (1788) sen necesidade dunha revolución que tombe ao pasado coma
noutros países, así coma unha apertura do liberalismo, aínda que non haberá un réxime liberal real ata o século
XIX, xa que, polo de agora, a división de poderes non está perfectamente desenvolvida, o monarca segue
reservando gran parte do poder e a representatividade do réxime é escasa, exclusivamente aristocrática.
A Revolución Industrial.
Supuxo o paso dun modo de producción tradicional a unha producción fabril. Este cambio foi brusco e levado
á cabo nun espacio de tempo moi curto. Algúns historiadores pensan que realmente non houbo unha
verdadeira revolución, pero a maioría pensan que na Inglaterra de finais do XVIII si a houbo. Para esta
revolución tiveron que darse unhas circunstancias:
a)Aplicación xeneralizada da ciencia e da técnica.
b) A producción sexa destinada aos mercados amplos.
c) O proceso productivo provoca desprazamentos de poboación.
d) Ampliación das unidades productivas.
e) Uso crecente do capital no proceso productivo.
f) As transformacións productivas son capaces de transformar á sociedade en virtude da relación co capital.
A revolución industrial non é unicamente unha cuestión productiva, senón tamén afecta á demografía e a
economía.
Causas da Revolución Industrial.
A Revolución Industrial non pode explicarse en función dos avances técnicos, aínda que si foron moi
importantes, senón que pode explicarse por unha serie de factores que interactúan entre si e que foron o seu
motor. En Inglaterra, dende 1830 ata 1840, asistimos a un incremento da poboación que produce unha crise
demográfica, este crecemento de poboación foi , en gran parte , beneficiada polo crecemento dos recursos
agrarios producidos pola Revolución Agraria, que veuse favorecida pola rotación de cultivos e pola
desecación de pantanos. Este foi o motivo fundamental que favoreceu á Revolución Industrial, xa que, esta
poboación vai demandar alimentos e outras necesidades novas, entre elas a confección de roupa. A revolución
Industrial pois, encargarase de satisfacer as novas necesidades, e a partir de aquí, prodúcese a conexión coa
ciencia e a técnica e polo tanto, a conexión entre producción, demanda e técnica.
As materias Primas
Nesta revolución, tamén se produciu o cambio de materia prima, substituíndo a la polo algodón. A razón desta
substitución foi o límite productivo para a la, xa que non habería posibilidade de multiplicala para satisfacer
3
ao mercado, mentres que no caso do algodón si. Ante esta situación a técnica céntrase na producción de
máquinas para a transformación do algodón.
A Poboación
A poboación aumentaba sobre todo no mundo rural que non era capaz de absorbela, xa que as melloras na
agricultura fixeron que se precisase menos man de obra. Esta situación beneficia os acercamentos
(enclausures acts), polo tanto moitos campesiños quedaron sen terras. Ambas situacións, xunto coa demanda
de man de obra na industria, fai que as poboacións se trasladasen ás cidades.
Os Mercados
Prodúcese unha ampliación de mercados que, debido, por unha banda, ao aumento da demanda por parte da
poboación industrial e, por outra banda, ás melloras nos transportes.
O Capital
A aportación de capital sae de tres sitios diferentes; do comercio (antes da revolución había unha burguesía
comercial que estaba disposta a inverter no proceso fabril), da agricultura (debido á revolución agrícola) e da
industria téxtil (debido ao aumento de beneficios producidos polo aumento da poboación). Este entramado
supuxo, dende o punto de vista socioeconómico, a aparición do capitalismo.
Formas productivas
Antes da revolución industrial existían varias formas de producir, e todas elas eran artesanais, existindo
diferentes formas de producción:
− Artesán Rural: Non se pode falar de disociación de capital e traballo, xa que o dono dos medios de
producción é, a maioría das veces, o único traballador.
− Artesán Urbano: Normalmente posuía un taller dentro da cidade para producir. Na estructura atopábase o
artesán xefe (mestre), para o cal traballaba un grupiño de persoas divididas en; artesáns de taller (oficiais) e
aprendices. A relación entre os dous grupos establécese na posesión de soldo dos oficiais, por contra, os
aprendices non recibían soldo (normalmente), pero si a manutención e vivenda (integración familiar). Na
relación Capital/Traballo o mestre sería o capitalista, e o traballo repartiríase entre todos (mestre, oficiais e
aprendices) e maioritariamente o mestre.
Respecto do artesán rural, aquí vese unha certa disociación entre capital e traballo. O mestre do taller sempre
forma parte do gremio (estructura asociativa que consiste nunha asociación de artesáns dunha mesma rama
productiva que se encargaba de supeditar tódolos aspectos da producción coma fixar salarios de traballadores,
cantidade de producción, prezos ao público...), xa que, era obrigatorio. En consecuencia, o artesanado urbán
non era ceibe, e estas limitacións tería uns beneficios; defendíanse cos asociados, evitando a competencia
foránea facéndolles pagar o Portazgo. En consecuencia, o gremio era un mecanismo de defensa, pero a
cambio evitaba a expansión de maneira libre,
− Domestic System: Relación entre dous axentes diferentes, o mercader e o artesán. O mercader adícase a
comprar as materias primas necesarias e as sitúa no domicilio do artesán, o artesán elabora o producto e
devólvello ao mercader (o mercader paga aos artesáns, sen estar o número destes limitado) e o mercader
véndeo.
A relación Capital/ Traballo establece ao mercader como capitalista e ao artesán como capitalista−traballador,
xa que posúe parte dos medios de producción.
4
Este sistema funciona con total liberdade, non pertence a gremios, nin cidades ni disciplinas de ningunha
organización. A súa producción dependerá da súa capacidade e así poderá expandirse. É o comezo do Factory
System. Os inconvintes do sistema proveñen da propia estructura productora, xa que só se poderán fabricar
cousas no taller do artesán (non poden facer productos enormes coma locomotoras), ademais a posibilidade de
expandirse choca coa forma de venda urbana controlada polo gremio (moitos impostos). Este sistema só
permite acumular capital ao mercader, polo que, o seu obxectivo será reunir aos artesáns nun mesmo lugar,
poñendo el os artiluxios necesarios para a producción, perdendo así o artesán a parte capitalista que posuía,
pasando a ser un traballador asalariado (factory system).
− Factory System: Reunión dos artesán nas instalacións (concentración da producción) coa conseguinte
disociación completa do Capital/Traballo. O empresario formará parte da burguesía industrial e o traballador
do proletariado. O principal escollo que se atopa o Factory system é a liberdade de comercio, a cal, acota o
gremio e así conseguir a expansión no mercado. Ademais levará consigo un cambio político na sociedade,
debido a abolición dos gremios (prohibición das asociacións) sendo o primeiro peldaño ata o capitalismo. O
obxectivo esencial, coma no capitalismo, é o incremento do beneficio, e na expansión constante (única que
garante o incremento do beneficio constantemente).
Os novos grupos sociais:
A expansión económica crea burguesía industrial e ao proletariado:
− Burguesía Industrial: As súas orixes son variopintas (mercaderes reconvertidos, industriais procedentes do
comercio, novos ricos de calquera condición...) Os primeiros burgueses (primeiros pequenos fabricantes)
recoñecen rapidamente os seus diferentes intereses e asócianse. En 1785 aparece a Cámara Xeral de
Fabricantes de Gran Bretaña, exclusiva da burguesía industrial, que defende os intereses para o
recoñecemento das liberdades económicas por parte do poder político. A, cada vez, maior presencia no
parlamento da burguesía industrial fai que se consigan recoñecer estes intereses. A partir de 1780 sucédense
as aprobacións de: Abolición dos gremios, Novos sistemas fiscais e Asignacións de fábricas. En 1850 xorde a
Abolición das Leis de Cereais (Corn Laws) procedentes do século XVI que exercía aranceis aos cereais
externos, o que conlevaba a que os productos de primeira necesidade non soportasen competencia, o cal,
favorecía a nobreza. Ao romperse estas leis se demostra que o poder político posúeo a burguesía en troques da
nobreza. Isto fai baixar o prezo dos productos, o que permite aos burgueses rebaixar os salarios do
proletariado (calcúlase o salario en medida do costo da supervivencia). É, ao mesmo tempo, o ascenso do
liberalismo e o inicio do conflicto permanente e sistemático (debido aos intereses totalmente opostos) entre
burguesía industrial e proletariado.
− Proletariado: Aumenta o seu número conforme avanza a revolución industrial. Proceden do campo
maioritariamente (campesiños sen terras) e tamén da artesanía (incapaz de competir coa nova industria). Hai
que destacar o cambio traumático que supuxo na vida dos proletarios, xa que, había que adaptarse a uns ritmos
moito mais mecánicos e opresores dentro da fábrica. Unido a este trauma débense mencionar as condicións
hixiénico−sanitarias deficientes; estas circunstancias adversas fan que xurda a conciencia de Clase
(desfavorecida) e que traten de organizarse en prol dos seus dereitos, pero en contraposición da burguesía, non
conseguirían os seus dereitos tan pronto, sobre todo debido a tres causas; o gran número de compoñentes, a
súa analfabetización e a existencia dun medio político hostil que cada vez favorecen mais á clase antagónica
(burguesía). Ademais, a abolición dos gremios,que supostamente impedía as asociacións patronais e aos
sindicatos, realmente tan só impedía aos sindicatos, pois aos patróns permitíaselles seguir reuníndose.
Aparece entón o LUDISMO (que sabotaba as máquinas dos patróns) como único medio de protesta contra o
traballo industrial, por elo, non se pode considerar, ao ludismo, como un movemento obreiro organizado. A
continuación xorde o CARTISMO, que tampouco é un movemento obreiro, pois é impulsado pola propia
burguesía e acada un caracter democrático, o que atrae aos obreiros.
5
Fora de Inglaterra, en xeral, o proceso de industrialización ten un problema de partida, debido a que o
mercado xa está abastecido por productos ingleses, pero en cada país o proceso será diferente polas
circunstancias propias:
− Francia: Inflúe a forma de liquidación do Antigo Réxime, porque se fai por vía revolucionaria en 1789, a
partir da cal séntanse as bases para o desenrolo da estructura capitalista, pero pasarán bastantes décadas
(1840) para que chegue a Revolución Industrial, porque había a necesidade de reconstruír trala revolución e a
historia política a partires de entón é traumática. A revolución industrial francesa empeza pola expansión
ferroviaria (con papel destacado do estado), o cal consegue articular o mercado nacional francés. A partir de
aquí, a RIF, será exitosa ata o punto de que en 1880 se converte nunha importante potencia industrial.
− Alemaña: As dificultades incrementan, xa que aínda non existe o estado ata 1870. Antes existen territorios
fragmentados coma Baviera ou Prusia, todas de caracter feudal (pouco propicia para o desenrolo industrial).
En 1820 o ZOLLVEREIN (unión aduaneira de diferentes territorios do estado alemán) crea un mercado único,
e é a primeira pedra da industrialización. En 1840 iniciase un desenrolo ferroviario, pero dividido en
territorios (escasa organización). Todo esto fai que, a partir da unificación, sexa moito mais eficaz, debido ao
gran aporte do estado (Bismarck) na educación, o que fai que a industria alemana se centre en sectores de
maior aporte tecnolóxico, o cal fai que se converta nunha industria importante no sector químico, eléctrico,
etc.. ata o punto de que Alemaña se converta na primeira potencia industrial europea a principios do século
XX por riba de Gran Bretaña, pero cun problema moi importante, a carencia de mercados internos, o que trae
a necesidade de chegar a mercados externos (UK e Francia tíñanos mais amplos porque eran imperiais) polo
cal, se recorre a unha política exterior agresiva o que leva as guerras mundiais (caso similar ao de Xapón).
− España: A revolución industrial en España non foi un fracaso total, pero si, un fracaso, esto é debido, en
primeiro lugar, polo peso específico que tiñan os terratenentes (oligarquía agraria) na política (a burguesía non
era capaz de derrotar a estes nobres), en segundo lugar, as continuas guerras e gobernos inestables da época,
en terceiro lugar, a escaseza do capital, o que fai depender do capital estranxeiro, e en cuarto lugar, as
decisións equivocadas (coma o ancho das vías e comunicacións ferroviarias). Por todo esto a industrialización
foi mínima e só en grandes grupos poblacionais como Euskadi e Catalunya.
− Estados Unidos: Chegan a ser, no século XIX, a primeira potencia mundial, pero neste século aínda
estaban en construcción (Conquista Interior ou avance ata o Oeste). Na década de 1850 ocorre o primeiro
despegue industrial freado pola guerra de secesión (1861−1865) o que require unha reconstrucción rápida,
para en 1870 volver coa industrialización. A partir desta época, a industrialización será rápida e
tremendamente eficaz, debido a cinco causas; en primeiro lugar, a posesión dun inmenso territorio cheo de
recursos necesarios,en segundo lugar, a disposición dun mercado propio en continua expansión sen
necesidade de exportar, en terceiro lugar, a capacidade de innovación e atracción destas innovacións
(atracción de cerebros), en cuarto lugar, é o primeiro país que trata cientificamente a capacidade de
producción o que conleva ao Taylorismo (la racionalización de los procesos productivos al diferenciar las
tareas de creación y ejecución, o lo que es lo mismo, al dividir la organización de la producción (directivos,
ingenieros, entre otros) de las tareas mecánicas, asegurando un mayor control de la producción por parte
de los gestores) e en último lugar, conséguese a complementariedade territorial (especialización rexional).
Zona NE industria, SE productora materias primas, Medio Oeste e Oeste productora de alimentos. Esta
complementariedade axúdase dos transportes.
A situación da producción industrial, a nivel mundial, a principios do século XX (en 1913) era: U.S.A 36%,
Alemaña 14,3%, U.K 13,9% e Francia 7%. Para chegar a estes datos, os grandes axentes da industrialización
foron os empresarios, os bancos e o estado.
Os empresarios dirixían as fábricas, pero no século XX dáse unha evolución de múltiples pequenas empresas
a grandes corporacións que, nalgúns casos conseguen pasar a ser multinacionais, o que conleva a unha
concentración de capital en favor das industrias mais grandes. Esta concentración plantexa un problema na
6
oferta e na demanda, xa que fórmanse oligopolios (mercado dominado por un reducido número de
productores o distribuidores u ofertantes) ou incluso monopolios (situación de un sector del mercado
económico en la que un único vendedor o productor oferta el bien o servicio que la demanda requiere para
cubrir sus necesidades en dicho sector).
Os bancos, como acumuladores de capital, interveñen na industrialización na medida en que este avance
industrial, cada vez, necesite mais diñeiro, polo que os bancos inverten nas industrias. En torno ao século XX
establécense dous tipos de bancos; o banco de depósito, que reúne capital gracias a moitos pequenos clientes,
facendo operacións de moi baixo risco, e o banco de negocios, que se relacionan mais coa industria, pois se
surten de poucos pero grandes capitalistas. Os bancos, ademais, tamén sofren (a principios do século XX) a
concentración da cal, nacen os grandes bancos.
O papel dos estados baseouse no liberalismo (o estado intervén tan só coma un árbitro económico, ten que ser
rexido pola empresa privada), aínda que, en países como Francia e Alemaña o estado direcciónaos á
ilustración. En calquera caso, en todos os países, o estado ocupouse de todo o que non se ocupou a empresa
privada (todo o que non era un negocio) coma na rede de comunicacións. Así mesmo, o estado, era cliente
destas empresas privadas, así como unha fábrica de consumidores (traballador que cobra do estado para poder
comprar) o que significa unha ampliación da demanda ademais, o número de funcionarios vai a crecer
enormemente co paso dos anos, o que significaba que o estado foi incrementando, aínda que de maneira
indirecta a industrialización.
A Revolución Francesa. (Triunfo do liberalismo).
Dende 1789 ata 1799 vense, en Francia case tódalas ideoloxías posteriores (liberalismo, demócratas,
nacionalistas e comunistas) agás o fascismo. Por todo isto, a Revolución Francesa, é unha anticipación de
elementos que posteriormente vanse a revisar. Podemos dicir que é a ilustradora de moitos movementos
posteriores, tanto en Francia coma no exterior. Aínda que non é o primeiro paso ao liberalismo (en U.K xa
estaban nestes pasos aínda que nun proceso mais longo e en U.S.A tamén) si que é de vital importancia. A
Revolución Francesa parte dunha sociedade estamental en crise, que se dividía en; Nobreza, formada por
350.000, Clero (dividido en clero secular e clero regular) formado por 120.000 e Terceiro estado, formado por
24.500.000 dos cales o 80% eran campesiños.
A Nobreza, en vésperas da Revolución Industrial, estaba en dificultades, xa que, a base da economía era a
terra, e esta supuña unha riqueza cada vez menor. Ademais, a nobreza, estaba sendo desfuncionalizada polos
procesos de centralización monárquica, o que lles fai vivir por riba das súas posibilidades.
O clero, en comparación, coa poboación, era extremadamente culto, polo que, os últimos eslavóns desta
organización apúntanse ao cambio (revolución).
O Terceiro Estado posuía un grupo relativamente culto, pertencente á burguesía, que conducirá á revolución,
contando co apoio do Terceiro estado completo, tendo en común a loita contra os privilexios.
En canto a situación política francesa, so cabe destacar a existencia dunha monarquía absoluta.
Os desencadeamentos da Revolución Francesa pódense agrupar en 5 grupos de factores:
− Factores Financeiros: O problema financeiro fai necesaria a convocatoria dos Estados Xerais, institución
que comeza a Revolución. A escaseza de cartos crónica (debido ao esforzo centralizador do estado, sustentado
polo terceiro estado) agrávase pola intervención de Francia na Guerra Americana contra os Británicos,
chegándose case a ruína absoluta no reinado de Luís XVI.
− Factores Económicos: Unha crise comercial derivada do acordo de ceibe comercio con U.K en 1786, o cal
7
favorece ao comercio británico, xa que estaba moito mais desenrolado, e prexudica ao artesanado e a
burguesía comercial de Francia, que se converten nos dous novos focos de descontentos sociais. Ademais
disto, dáse unha crise agraria en 1787 e, nunha economía coma a francesa, afectou moito aos campesiños (xa
que pagaban taxas fixas) o que os inclúe no foco descontento, e mais cando esta crise se prolonga durante
anos.
− Factores de crise da sociedade: En termos xerais se debe a inadecuación da sociedade estamental coas
novas realidades sociais, pero en Francia se centran polo endurecemento da nobreza, que trata de recuperar a
fortaleza perdida, exacerbando o antagonismo co terceiro estado, e agravando o pagamento destes.
− Factores de crise política: Na medida en que a monarquía crece a expensas das funcións de nobreza e
clero, e vai sendo sustentada polo terceiro estado, a monarquía tenderá a favorecer ao terceiro estado,
consolidándose así, o enfrontamento entre monarquía e privilexiados. Este triángulo de relacións,
Monarquía−Privilexiados−Terceiro Estado entra en crise pois, privilexiados e Terceiro Estado presionan á
monarquía en función das súas peticións. Esto fai que Luís XVI sexa incapaz de arbitrar esta situación o que
conleva á Revolución contra os Privilexios, nun principio non é antimonárquica aínda que remate séndoo.
− Factores Ideolóxicos: As diferentes propostas ilustradas baséanse, en primeiro lugar, en substituír
desigualdade por igualdade en segundo lugar na non concentración do poder nunha mesma persoa.
A convocatoria dos Estados Xerais.
En 1776 noméase ao controlador xeral de finanzas para aliviar a situación financeira da monarquía. Necker
encargouse de suxerirlle á monarquía que os privilexiados deben pagar os impostos ao igual que o terceiro
estado, pero tanto nobreza coma clero néganse , e lle propoñen ao monarca que lles devolva as súas antigas
funcións como solución ao problema financeiro. En 1785 Necker é cesado e substituído por Calonne que crea
un novo imposto; a subvención territorial, para tódolos propietarios de terras, independentemente da súa
condición. En 1787 Calonne dimite e chega Brienne, que empeña aínda mais a Francia e debe dimitir. En
1788 desígnase novamente a Necker que insiste na idea de convocar aos Estados Xerais (institución propia da
monarquía Francesa, de caracter consultivo para que o rei soubera a opinión do país nun determinado tema)
aínda que Luís XVI tómao coma un síntoma de debilidade do seu poder, non ten mais remedio que
convocalas.
Os Estados Xerais se dividían en 3 estamentos; Cámara Nobiliar, Eclesiástica e do Terceiro Estado que
deliberaban individualmente, esto traducíase nun voto para cada cámara, e o resultados destes tres votos
chegaba ao rei que tiña a última decisión, polo cal, o abatemento do privilexio foi imposible.
Durante os primeiros meses de 1789 lévase acabo o proceso electoral polo cal cada estamento elexía aos seus
representantes para elaborar documentos das tendencias ideolóxicas, nos cales, nobreza e clero reclaman coma
solución económica o restablecemento das súas antigas funcións nas cámaras; por contra, o terceiro estado,
nos seus cadernos de queixas remarca a súa idea de facer desaparecer as desigualdades xurídicas.
Para facilitar o proceso electoral o rei toma a decisión de duplicar o número de representantes do terceiro
estado, xa que son 24 millóns, pero sen aumentar o voto. O 5 de maio de 1789 é a sesión inaugural dos
Estados Xerais, na cal, escoitase ao rei recordar a cuestión do déficit fiscal ea necesidade de solucionar o
problema sen centrarse noutros temas, pero nesta mesma sesión, o terceiro estado propón dúas cousas; en
primeiro lugar a conveniencia de sesións conxuntas (non en tres cámaras), e en segundo lugar, que as
votacións sexan nominais, non estamentais. O rei négase aceptar estas propostas polo que o Terceiro estado
inicia un peche e declárase en Asemblea Nacional e xuran (xuramento do xogo da pelota) non saír ata que se
faga unha constitución para Francia (pode considerarse o verdadeiro inicio da revolución xa que,o terceiro
estado pasa de considerarse un estamento a considerarse un parlamento). Co peche faise un chamamento para
o seu apoio aos outros dous estamentos privilexiados, aínda que só os apoian os eslavóns mais baixos do
8
clero.
A nova sesión, do 23 de maio de 1789, nos Estados Xerais, o rei continúa o seu discurso de centrarse no
déficit fiscal, ao que un deputado do terceiro estado, Mirabeau, contesta da seguinte forma:
− Os representantes do terceiro estado representan a vontade da nación exclusivamente.
− A decisión de facer unha constitución é irrevocable.
− So serán desaloxados pola forza das armas.
O rei cedeu asombrosamente, pasando os Estados Xerais a chamarse Asemblea Nacional, os votos de
estamentais a uninominais, e de asembleas divididas a unha unicameral, pero recordou que, a última palabra
era a súa. Por todo esto, a Rebelión Aristocrática destes dez últimos anos desembocou na Revolución
Francesa. O 9 de Xullo de 1789 a Asemblea Nacional, cos 3 estamentos reunidos pasa a chamarse Asemblea
Constituínte polo que, o terceiro estado agora maioritario, inicia os seus pasos ata a Constitución. A partir de
aquí, a revolución pasa a ter 2 vías; unha na asemblea constituínte e outra nas cidades e nos campos; por todo
esto a Revolución terá tres protagonistas; o parlamento, o pobo de París e os campesiños.
Na asemblea hai tendencias diferentes, que de dereita a esquerda son, en primeiro lugar os Aristócratas
(nobres), partidarios do antigo réxime feudalizado. En segundo lugar, os Monárquicos (nobres, unha parte
importante do clero, e algúns burgueses) que querían facer algunhas reformas moderadas polas que o rei
comparte algunhas funcións no parlamento bicameral (nobiliar e terceiro estado semellante ao Reino Unido).
En terceiro lugar, os Constitucionais (monárquicos constitucionais) que piden a división de poderes para
formar unha monarquía parlamentaria constituíndo o liberalismo mais puro, en cuarto lugar, os demócratas
(chamados patriotas) que queren unha auténtica democracia republicana e forman un grupo heteroxéneo con
pouca conexión interna o que os divide en 2 tendencias (xirondinos e xacobinos). Os Xirondinos son
republicanos federalistas, inimigos do centralismo, xa que representan á burguesía de provincias, e creen que a
lei debe estar en función da vontade popular, ademais cree que a revolución non pode ser unicamente
francesa, senón europea. Os Xacobinos son tamén republicanos pero centralistas e non creen en vontades
populares para as leis, xa que creen que o pobo non está formado, senón que as leis son exclusivas dos
revolucionarios, ademais os Xacobinos creen que o fin xustifica os medios. En quinto lugar sitúanse dous
pequenos grupos, os Hebertistas (de extrema esquerda que procuran tamén a igualdade económica, ao que
chaman comunismo), e os Iguais liderados por Babeuf (primeiro comunista da historia contemporánea) que
ten un comunismo mais elaborado, de base agraria, para repartir entre todos o pouco que se ten; a terra non é
de ninguén e os seus productos de todos e intentouno coa conxura dos iguais.
Todas estas tendencias enxendraron os futuros pensamentos políticos agás o fascismo.
A revolución parlamentaria sae á rúa dende o parlamento mediante dúas vías; unha son os clubs, lugares de
reunión dos partidarios dunha determinada tendencia, nos cales dábanse uns pseudomitins co que a política
pasa a ser pública, e outra é a prensa, que se converte nun vehículo de formación e información política
mediante xornais e panfletos.
A intervención popular ten 2 ámbitos, o popular parisino e o rural campesiño. Esta intervención é
multitudinariamente popular en París (coma a toma da Bastilla) e continua pero confusa, é dicir, a actuación
da multitude depende mais da capacidade de convicción dun orador que da propia opinión do pobo. Esta
participación popular desaparece en 1795 debido a que, ao poder, ata ese ano interesáballe esa participación
cidadán, pero a partir dese ano está decidido a acabar con el incluso mediante o exército. A intervención do
campesiñado ten un carácter socioeconómico, e utilizan a revolución para reivindicar o final do señorío.
A asemblea constituínte, nuns primeiros pasos da revolución, escápanselle os actos da revolución das mans,
9
para tratar de asumir o poder promulga 2 decretos en Agosto de 1789:
• Decreto do 4 de Agosto: Supresión dos privilexios señoriais e do réxime señorial.
• Decreto do 26 de Agosto: Declaración de dereitos do home e o cidadán que complementa ao anterior,
poñendo as bases da nova sociedade na igualdade de dereitos.
Este segundo decreto tamén tiña un contido político, porque entre os dereitos dos cidadáns había liberdades
políticas (expresión, reunión, ...). Os 2 decretos supoñen a acta de defunción do Antigo Réxime, producíndose
3 transicións; da desigualdade a igualdade, da soberanía no monarca a soberanía na nación e da situación de
súbdito a de cidadán. Ademais, estes dous decretos son negados por Luís XVI polo que a asemblea chama ao
pobo para ir a Versalles a sitiar ao rei co que Luís XVI non ten mais remedio que firmar os decretos o que
marca o principio do derrubamento da monarquía. Nos meses seguintes a este Agosto de 1789 a Asemblea
levou a cabo unha importantísima labor lexislativa; o deseño dun novo mapa administrativo francés, unha
reforma militar (elimínase o recrutamento obrigatorio), unha reforma do sistema fiscal, a constitución civil do
clero, a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial), promulgase unha lei electoral que recoñecese
aos franceses certos dereitos políticos e limita a participación electoral. Gran parte destes principios están
recollidos na Constitución do 3 de Setembro de 1791 que establece a división de poderes, a soberanía nacional
e recoñécense os dereitos dos cidadáns (os franceses deixan de ser súbditos e pasan a ser cidadáns).
Antes da promulgación desta constitución o rei intenta fuxir coa súa familia, pero son detidos, conducidos a
París e convertido nun rei cautivo que perde a liberdade de manobra, aínda que a constitución resérvalle o
poder executivo. Finalmente, Luís XVI xura a constitución. Unha vez promulgada a constitución convócanse
as eleccións de carácter censitario e xorde un resultado de tendencia esquerdista. Con esta nova asemblea
comeza unha nova fase na revolución: a Asemblea Lexislativa.
A Asemblea Lexislativa (Outubro 1791− Agosto 1792)
A Asemblea Lexislativa atopouse con problemas que aínda non foran resoltos, coma o déficit financierio e a
crise agraria, e novos problemas. No interior de Francia ficaban certas rexión aínda controladas por nobres e a
igrexa que exercían a contrarrevolución. A Revolución Francesa comezou a atoparse coa hostilidade das
outras potencias europeas, estes actos hostiles tamén foron apoiados polos emigrados (nobres franceses
fuxidos) e polo propio Luís XVI, de modo que, xa a finais de 1791, hai unha coalición en contra de Francia.
Ante esta situación, xa na primavera de 1792 hai múltiples disturbios en París, que dan lugar, en Agosto de
1792, a un enfrontamento entre a Asemblea e a Comuna de París, que provocou novas eleccións. Estas novas
eleccións deron lugar a un novo desprazamento cara á esquerda que deixa ao parlamento en mans de
Xacobinos e Xirondinos, comezando unha nova fase coñecida como a Convención.
A Convención Xirondina (Agosto 1792− Marzo 1793)
Nun primeiro momento o maior poder esta en mans dos Xirondinos, nesta etapa, Luís XVI é destituído e
Francia convértese nunha República. O rei é sometido a xuízo, condenado a morte e guillotinado. Esta
situación é acollida en Europa como un desafío e constrúese unha coalición formada polas monarquías
europeas que lle proclaman a guerra a Francia. Francia, ao ser derrotada en moitas batallas renuncia ao
principio de recrutamento voluntario, esta situación vese agravada coa guerra interior de revolucionarios e
contrarrevolucionarios rexurdindo os problemas existentes. Esta situación remata cun levantamento popular
apoiado polos Xacobinos que darán un golpe parlamentario en Marzo de 1793.
A Convención Xacobina ou Montañesa (Marzo 1793− Xullo 1794)
Os Xacobinos enfróntase a esa gravísima situación poñendo en marcha dúas medidas; centrar tódolos recursos
económicos nas guerras e construír un novo entramado legal, levando así á cabo a etapa mais exaltada,
promulgando unha nova constitución (a Constitución do ano I), construíndo un novo calendario e suprimiron
10
á relixión pola Relixión da Razón. A constitución é a primeira constitución democrática que recolle o sufraxio
universal e somete as decisións do goberno ás decisións do pobo. Para levar a cabo todas estas medidas debían
dotar á Revolución das suficientes forzas e utilizar o terror como método de goberno. Ao servicio dese terror
créanse tribunais revolucionarios, ao fronte dos cales se atopaba o Comité de Saúde Pública e ponse en
marcha a Lei de Sospeitosos contra os elementos contrarrevolucionarios.
Como balance positivo desta Convención cabe destacar á primeira constitución democrática e a victoria nas
dúas guerras, sen embargo, os Xacobinos non foron capaces de superar a crise económica nin evitar os
excesos de terror. Esta situación permitiu a recuperación dos Xirondinos e a pérdida de apoios para gobernar o
que propiciou un novo golpe de estado da burguesía apoiada pola Convención Thermidoriana.
A Convención Thermidoriana (Xullo 1794− Outubro 1795)
Trátase dunha reacción burguesa que tiña como obxectivo retomar a liña revolucionaria posta en práctica ata
1791. Para iso elabórase unha nova constitución, a Constitución de 1795 ou do ano III. Esta constitución e
moi similar á de 1791, volvendo ao sufraxio restrinxido e a división de poderes, pero establécese un réxime
liberal−republicano e o poder executivo é ostentado polo Directorio, formado por 5 persoas nomeadas por un
parlamento bicameral; o Consello de Accións (formado por altos cargos) e o Consello dos Cincocentos
(resultante das eleccións). Coa promulgación da constitución comeza unha nova fase revolucionaria chamada
o Directorio.
O Directorio (Outubro 1795− Novembro 1799)
O directorio é o poder executivo en mans da burguesía, que se consolida no poder fronte ás resistencias que
aínda perduran. Isto fai que o Directorio teña que recorrer en numerosas ocasións ao exército, o que propiciou
que se potenciase ao exército na vida política, así chega Napoleón ao poder en 1799 a través do consulado.
Isto foi posible porque a burguesía quería orde e a cambio tiña que renunciar a algún dos seus preceptos.
Conclusión da Revolución
O gran detonante da Revolución é a inmobilización dos nobres e as súas negativas fronte a calquera cambio, o
que permitiu a conversión dos Estados Xerais en Parlamento. Cando os Estados Xerais comezan a
transformarse en Asemblea Nacional iníciase a Revolución.
Hai unha primeira fase na que a burguesía faise co apoio do Terceiro estado, eliminándose a sociedade
estamental e a partir da soberanía nacional establécese un sistema liberal.
Para os que elaboran a Constitución de 1791 a Revolución xa rematara pero foron incapaces de manter o
poder na burguesía, polo que recaeu nas clases populares, significando a República e a Democracia que
atentaba contra os intereses da propia burguesía. Sen embargo, tratábase dunha democracia imposible polo
que obrigou a práctica do terror. A burguesía, cando retoma o poder, é incapaz novamente de mantelo, forma
un parlamento bicameral coma precaución e finalmente, para conservar o poder, recorre ao exército para dar
estabilidade. É dicir, a burguesía, establecedora das grandes ideas revolucionarias, no remate da revolución,
está disposta a renunciar aos seus principios a cambio de estabilidade.
Legado Revolucionario.
Despois da revolución, e despois de 1815 (derrocamento de Napoleón en Waterloo) chega a Restauración
Monárquica, na cal, os monarcas destronados recuperan a posición e tratan de volver ao absolutismo,
intentando que a revolución non tivera efectos. Durante a restauración conviven moitas tensións ata 1830, no
cal a restauración é derrotada polos antigos movementos revolucionarios, momento no que se retorna ao
legado da revolución.
11
Napoleón, é considerado en Francia como o asasino da revolución, xa que elimina moitas das conquistas
revolucionarias, pero non pretende volver ao antigo réxime e promove o novo sistema administrativo.
Ademais, Napoleón vai estendendo moitos puntos revolucionarios e eliminando ao Antigo Réxime conforme
vai ampliando o territorio (como ocorreu en España) polo que, fora de Francia pode considerarse un promotor
da revolución.
Balance a Revolución.
− Ruptura na Política: Rompe co Antigo Réxime e a monarquía absoluta, instaurando un réxime liberal. A
política pasa de ser unha cousa secreta a ser de dominio público o que implica á sociedade na política o que
esixe información e formación na sociedade. Ademais nace o debate como forma para chegar á solución mais
razoable o que implica a chegada de liberade política.
− Multiplicación dos asuntos políticos: Como por exemplo a asistencia social que, no antigo réxime era
traballo da igrexa, pasa a ser do mundo político.
− Administración: Consolídase e perfecciónase, xa que a revolución é capaz de acabar cos restos de
administracións feudais por completo (a monarquía absoluta non fora capaz), conseguindo a homoxeneización
do territorio e dotar a administración dunha maior eficacia, racionalizando a administración. Todos os demais
países europeos tratan de adaptarse a este sistema de homoxeneización e racionalización na súa
administración.
− Relixión e Sociedade (Igrexa e Estado): A revolución introduce unha ruptura absoluta, pasándose dun
poder político sustentado ou condicionado pola igrexa a un poder político condicionado única e
exclusivamente pola sociedade. A igrexa perde a capacidade de intervención no poder político e convértese en
algo privado. Esta ruptura e propia de tódalas revolucións liberais, xa que, é necesaria para abandonar o
Antigo Réxime (excepto en U.K).
− Estructura Social: Rompeuse totalmente coa sociedade do Antigo Réxime inmediatamente despois do 4 de
Agosto de 1789; sendo este o punto mais visible na vida dos franceses durante a revolución, xa que representa
o triunfo da igualdade xurídica. Agora, o status ven dado polo talento, capacidade...(aínda que realmente é o
diñeiro). Isto fai evidente que, a revolución é de carácter burgués xa que; en primeiro lugar, a burguesía lidera
o proceso revolucionario, e dirixe ao terceiro estado e cando perde o control mostra capacidade para
recuperalo, en segundo lugar, o seu traballo político vai encamiñado a liquidar ao antigo réxime, liberar as
estructuras e a exercer o poder en función do seu interese, e en terceiro lugar, polo éxito da burguesía en
impoñer os seus propios valores ao resto da sociedade por convicción (diñeiro, talento...).
− Nación: Supón o primeiro nacemento consciente dunha nación contemporánea, xa que se pasa dunha
nación personificada no monarca, levando implícita a soberanía, a unha nación que renuncia a encarnarse
nunha persoa, entendéndose como comunidade nacional composta por cidadáns, dos cales, cada un deles é
partícipe da soberanía nacional, elixindo ao parlamento que exerce dita soberanía. Esto conduce ao
nacionalismo (sentimento de pertencer a unha nación sendo unha parte activa dela) e terá diferentes efectos
sobre as relacións internacionais (antes relacións entre monarcas) xa que agora serán relacións entre pobos (xa
que nación e pobo van ser identificados por primeira vez), o que lles concede un dereito, o Dereito das
Nacionalidades ou dereito dos pobos a dispoñer de si mesmos. Esto traducirase en procesos de emancipación
nacional para ser donos do seu propio destino.
2. As ideoloxías políticas do século XIX.
(faltan 5 minutos nos que debe citar a sucesión AR−LIB−DEM−SOC e introducir o liberalismo e a
democracia)
12
En terceiro lugar estudiaremos o socialismo, que ten por fundamento a idea de igualdade, tanto xurídica como
socioeconómica. Ata o século XX (revolución rusa de 1917) ningún socialismo chegará ao poder, durante o
século XIX só haberá movementos.
En cuarto lugar estudiaremos os Movementos Nacionalistas, que centran a súa preocupación na nación. Aínda
que non é unha fase despois do socialismo, xa que recorre todo o século XIX e XX e está no XXI, o
nacionalismo non presupón ningunha idea política concreta.
En quinto lugar estudiaremos o Imperialismo.
Durante a Restauración Monárquica, aplicable a todos os países afectados por Napoleón, instáuranse as
dinastías anteriores e os principios monárquicos (lexitimidade tradicional). En último termo trata de acadar a
recuperación da cadea dos tempos rota en 1789, é dicir, intentan volver atrás, polo que se pode considerar á
Restauración coma a Contrarrevolución. Todo isto plásmase no Congreso de Viena en 1815, dado que o
réxime dos Habsburgo dos poucos que permaneceu; pero o intento de volver atrás fáiselles imposible en
tódolos puntos; xa que, en primeiro lugar, mantéñense certas modificacións territoriais (o Imperio non é
recuperable) nin se recupera o territorio que mais tarde será Alemaña (mantense a Confederación Xermánica
feita por Napoleón), en segundo lugar, a administración, xa que, nos casos onde o sistema administrativo era
similar ao de Francia vaise manter, xa que era un sistema completo e mais eficaz (non se volve ao
solapamento entre señores feudais e monarquía), e en terceiro lugar, as conquistas sociais da revolución
permanecerán, xa que non se retorna a exención fiscal , nin a igrexa recupera seus bens.
En termos políticos tampouco se pode comparar estas novas monarquías coas absolutas do antigo réxime; xa
que as novas monarquías van ser presionadas polas novas ideas; polos que seguen defendendo ao Antigo
Réxime e os que seguen a defender as ideas revolucionarias. Por todo isto, a monarquía ten que arbitrar un
consenso no punto intermedio entre o Antigo Réxime e o liberalismo, pero a grande tensión entre estes dous
grupos fará que a Restauración sexa inestable e en 1830 empecen a caer as monarquías.
O LIBERALISMO
Encargado historicamente de derrotar ao Antigo Réxime, xa sexa ao Antigo Réxime en plenitude ou o da
Restauración.
Aproximación ideolóxica.
A súa ideoloxía pretende ser unha filosofía global e subordinada a idea de liberdade (idea básica). Para os
liberais, todo o sistema político lexítimo debe partir da liberdade, senón non debe ser admitido. Agora ben,
esta idea da liberdade basease no individuo (liberdade individual), ignorando a existencia de colectivos e as
súas liberdades. Esta idea de liberdade individual é elaborada con criterios racionalistas (a razón é o
instrumento para construír) por iso o liberalismo respecta moito mais á razón ca tradición, por iso combate
contra o Antigo Réxime. Ademais, o liberalismo cree que a mellor forma de encontrar á razón é o debate, o
cal supón o rexeitamento da non aceptación de ideas, o parlamento e a tolerancia fronte ao dogma.
A idea liberal, no seu final di, si o esencial son as liberdades do individuo, ese individuo non pode estar baixo
ningunha presión ou opresión, e ademais que todo poder corrompe e o poder absoluto corrompe
absolutamente.
Para o liberalismo, calquera poder excesivo está mal visto, esto trae como consecuencia a reducción do poder
á mínima expresión, para que tan só garantise a liberdade do individuo aquel poder que pase desapercibido.
Para conseguilo faise mediante tres vías:
− División de poderes: En lexislativo, executivo e xudicial. Este require dúas condicións; en primeiro lugar,
13
que sexan independentes entre si, e en segundo lugar, que resulten equilibrados, de forma que se controlen
entre eles.
− Outorgamento de escasas competencias: Cantos menos asuntos ocupen ao poder político mellor, é dicir,
cantos mais asuntos queden nas mans individuais mellor.
− Sometemento a control permanente polas persoas: Eleccións.
A gran importancia do liberalismo reside en ser a nova idea progresista contra o Antigo Réxime, por eso é
revolucionario e se pode falar de revolucións liberais.
Estudio Sociolóxico
Dende o punto de vista sociolóxico, o liberalismo é distinto, xa que, aparece moi pronto a relación entre
liberalismo e burguesía, é dicir, os primeiros simpatizantes do liberalismo son burgueses, tamén e claro que o
triunfo do liberalismo significou o ascenso ao poder da burguesía.
O liberalismo pódese definir como traxe á medida da burguesía, xa que a defensa da igualdade, da liberdade
do individuo, beneficia a aqueles que mais teñen que perder. As proclamacións do liberalismo, para todos,
benefician mais aos burgueses, xa que para acceder á política mídese o talento, capacidade, éxito, utilizando
para elo o diñeiro e a cultura, o que fai que só eles cheguen ao poder político.
O liberalismo acaba producindo mais desigualdades das que combatía, xa que, posta a liberdade individual,
desaparecen os vínculos e as clases mais desfavorecidas quédanse sen protección nin axuda (é dicir, ganan
liberdade e perden protección) polo que a súa situación empeora.
O liberalismo, en termos sociais, vai a ser usado de forma defensiva pola burguesía (aínda que se lle chame
revolucionario) intentando evitar o avance da democracia.
Ascenso ao poder
En canto ao ascenso ao poder do liberalismo, foron seguidas 2 vías diferentes; unha vía Reformista, lenta e
carente de traumas (U.K, países nórdicos e Holanda) e unha Revolucionaria e rupturista, moi ligada na
primeira metade do século XIX ao espírito romántico. Estas revolucións danse en dous momentos diferentes,
unha primeira oleada entorno a 1820 ( trienio liberal español, Francia, Portugal e Rusia) de carácter militar (en
pequenos grupos do exército). Estes movementos triúnfan de maneira inmediata, pero ningunha consegue
consolidarse no poder e vólvese a Restauración Monárquica. A segunda oleada prodúcese en 1830, de carácter
mais amplo e con maior apoio popular, sendo estes os primeiros triunfos do liberalismo na Europa Occidental.
O triunfo destas revolucións marca unha liña divisoria en Europa, separando a parte occidental da central e
oriental, nas cales, sigue vixente o antigo réxime, nestes países dáse un certo retraso político, o que implica un
desenrolo mais precario, coma por exemplo na Confederación Xermánica (dáselle prioridade política a idea de
unificación e non ao avance hacia o liberalismo), en Austria (permanece o antigo réxime case sen
modificacións ata 1867 que pasara a denominarse Imperio Austro−Húngaro para solucionar a cuestión do
nacionalismo, pero sen grandes reformas políticas), e en Rusia (o liberalismo apenas existe no XIX e
tampouco haberá cambios políticos importantes ata que en 1905 o Zar debe aceptar reformas liberais).
O liberalismo no XIX non é exclusivo de Europa, xa que triúnfa en USA, está presente e domina en toda
América Latina (inspirándose no liberalismo Francés) e nas colonias (sobre todo nalgunha colonia inglesa coo
a India).
En que se converte o liberalismo
14
O ascenso do liberalismo plásmase na eliminación do antigo réxime, presentando sempre rasgos comúns
dentro dos diferentes réximes liberais:
− Sempre existe unha constitución escrita que marca a ruptura co Antigo réxime. Nela recóllense as regras do
novo xogo político. Os modelos destas constitucións son as constitucións de USA e da Revolución de Francia.
No século XIX as constitucións poden ser de dúas maneiras diferentes; unha Carta Outorgada (concesión do
rei polo que implica unha soberanía que acepta e outorga aos seus súbditos unha constitución) ou unha
Constitución propiamente dita (promulgadas dende a soberanía nacional, e no caso de que exista un rei, este
debe xurala para poder ser rei). Os contidos destes 2 tipos poden se moi similares, as grandes diferencias
residían nos preámbulos, en calquera caso, a existencia destes textos implicaba a caída do antigo réxime. As
constitución liberais teñen coma obxectivos prioritarios, en primeiro lugar, a limitación do poder político, e en
segundo lugar defender os dereitos do cidadán. Os réximes liberais tenden a ser monárquicos, non
republicanos, dándolle o valor da estabilidade a estes monarcas (si o rei acepta o liberalismo non hai razóns
para que os demais nobres o acepten).
− Nunca recoñecen o sufraxio universal (será o que arque o paso do liberalismo á democracia) xa que, se
establecerá o sufraxio censatario que marca unha ruptura moi clara co antigo réxime. A oportunidade de
sufraxio ía en función dos méritos e capacidades adquiridos, non era universal, debido á concepción do voto
coma un servicio ou traballo do cidadán para o estado, polo cal o estado ten dereito a seleccionar aos mais
capacitados para o voto, establecéndose unha relación riqueza−mérito−voto que, comparándoo co antigo
réxime, supón un avance drástico e progresista.
− A sociedade xira entorno ao valor que adxudica o status das persoas; a Riqueza (coma diñeiro ou
propiedade) e a Igualdade de Dereitos; ámbolos dous coma principios liberadores que significan un progreso
histórico pero que enxendrará novos problemas; xa que, a igualdade xurídica emancipa ás persoas pero pode
agravar as desigualdades materias, xa que fallan os vínculos de protección, e a riqueza como parámetro de
status supón o nacemento doutras desigualdades (así como no antigo réxime eran os do terceiro estado os
discriminados, agora serán os pobres, é dicir os que non poden votar). Ademais existe un vínculo entre riqueza
e educación, pois a educación só está ao alcance de quen poida pagala; é dicir, o liberalismo, é incapaz de
resolver o problema social, xa que se centra no individuo, non na sociedade.
A DEMOCRACIA
Nace na primeira metade do século XIX, enfrontada ao Antigo Réxime, nos lugares nos que pervive, e cun
afán de contraporse ao liberalismo, considerándose un proxecto mellor e mais avanzado.
Aproximación Ideolóxica
Inicialmente pódese pensar que comparte os principios proclamados polo liberalismo, xa que estes 3
fundamentos son a liberdade, igualdade e soberanía nacional. Aínda que estes principios son iguais, a
democracia entende a estes 3 fundamentos de forma diferente:
− Ante a idea de igualdade das persoas perante a lei, a democracia, lévaa ao ámbito social e político (mentres
que o liberalismo levábao ao ámbito civil), por elo, na democracia, pásase do sufraxio censitario ao sufraxio
universal. A inclusión da igualdade política compártena todos os demócratas e establécese a gran diferencia
doutrinal co liberalismo. A democracia pretende que a igualdade sexa real e poida ser exercida, o cal esixe a
igualdade non so individual , senón tamén social.
− A soberanía nacional é defendida pola democracia, a gran diferencia co liberalismo céntrase na non
restricción na participación política, tanto para ser electo coma para ser elector.
− A liberdade, gran pedra angular do liberalismo, é tamén compartida pola democracia, aínda que, esta última,
15
pretende acadar a realidade destas liberdades con certas correccións do poder político, xa que os demócratas
saben que As diferencias económicas impiden as liberdades.
A democracia establece unha relación que o liberalismo non contemplaba, entre liberdade e igualdade, de
maneira que, para ser libres, é necesario que todos sexan precisamente iguais, tanto no ámbito xurídico coma
no social. Esto produce un problema, na medida na que se tratan de potenciar as correccións das
desigualdades, probablemente obrigue a atacar ás liberdades individuais e viceversa; debido a esta
preocupación xorden 2 tendencias:
a) Democracia Social: Pon o acento na corrección das desigualdades sociais, levando a cabo unha distribución
da riqueza que ataca a idea de liberdade do liberalismo, contactando co socialismo que trata de corrixir as
desigualdades rematando coas liberades (Suecia).
b) Democracia Liberal: Prefire favorecer a liberdade individual, en consecuencia, será menos capaz de corrixir
as desigualdades sociais (USA).
A principal consecuencia para o sistema político é, así coma no liberalismo reduce o poder ao goberno,
construír un poder político que intervén en cuestións económicas e sociais. Todos estes diferentes aspectos
desembocaron no século XIX en enfrontamentos das ideas liberais e democráticas.
Aproximación Social: Democracia e Sociedade
Si o Liberalismo e a burguesía estaban directamente relacionados, á democracia está directamente relacionada
coa clase media, explicándose o ascenso da democracia polas transformacións sociais ao longo do século XIX
dados coa expansión da industrialización. Se no principio da industrialización créase unha confrontación entre
burguesía e proletariado, na medida en que se avance este feito co liberalismo e as expansións económicas,
fan que certa parte do proletariado pase a ser obreira e outra parte pase a ser traballadores cualificados ou
funcionarios, é dicir, clases medias (infantería da democracia, xa que non é admitida no liberalismo para a
política), mentres que a clase obreira tenderá ao socialismo.
Nas sociedades do século XIX a clase media vai conseguindo máis poder ata acadar o sufraxio universal, a
antiga nobreza, que se opuxo ao liberalismo, acaba integrándose, coa burguesía, nos defensores deste fronte á
democracia. Por outra parte, o campesiñado integral, agora dentro da clase obreira, aínda sendo maioritario,
permanece durante longo tempo (ata finais do XIX) fora da política, pero na súa chegada apoiará á
democracia.
Ascenso ao poder
A democracia loitará co liberalismo, esa loita producirase por dúas vías diferentes ou dous territorios:
a) A democracia trata de conseguir o sufraxio universal: A chegada do sufraxio universal data ás chegadas
da democracia en cada lugar, o recoñecemento deste sufraxio universal faise en etapas normalmente, é dicir,
fanse ampliacións paulatinas no censo, rebaixando os requisitos para poder votar. O primeiro país en
recoñecelo foi USA en 1828, con Jackson coma presidente electo; a este feito chégase mediante distintas
constitucións dos estados (os primeiros estados con sufraxio son do medio oeste debido á igualdade social dos
colonos conquistadores) e dende aquela case non sofren variacións, sendo a máis estable das constitucións do
mundo (sempre se elixe presidente o primeiro martes despois do primeiro luns de novembro nos anos
múltiplos de catro). O Segundo país en recoñecer o sufraxio universal foi Francia que o conseguiu mediante
unha vía revolucionaria (Marzo de 1848) ao mesmo tempo que abolía a escravitude. No Reino Unido séguese
unha liña reformista, que evite rupturas, mediante reformas lexislativas ao longo do século XIX, rebaixando as
esixencias económicas para o voto. Estas reformas lévanse a cabo tanto polo Partido Liberal (no poder) como
o Conservador ata o recoñecemento do sufraxio universal en 1918 (homes e mulleres, debido á incorporación
16
da muller á vida civil durante a Guerra Mundial na ausencia de homes).
En Alemaña, o sufraxio universal masculino, vai unido ao Proceso de Unificación (1871 − II Reich), este
sufraxio é defendido por Bismarck, pero non implica a instauración dun réxime democrático, senón sendo
utilizado en referendos para combater ás elites políticas contrarias á unificación.
En Italia a unificación lógrase en 1880, e sitúase un liberalismo moi forte, e non é ata 1918 cando chega o
sufraxio universal masculino en réxime democrático, que perdurará ata Mussolini en 1922 (Marcha sobre
Roma) cun goberno de coalición de dereitas (1925 comezo das Leis Fascistísimas e a partires de 1929 a
dictadura).
O sufraxio universal vai chegando aos diversos países, sobre todo a finais do XIX; en 1887 nos Países Baixos,
1890 España, 1893 Bélxica, 1899 Austria, 1909 Suecia... Estas datas son símbolos da caída do liberalismo, o
que fai que os diferentes gobernos teman as repercusións do sufraxio universal, por elo, en cada país non
chega realmente o sufraxio universal ata que o goberno liberal fique seguro da estabilidade, para elo, os países
toman diferentes precaucións:
Bélxica: A maioría dos belgas a partir de 1893 poderá deixar un voto, pero algúns, en función dos cargos que
ocupen, poderán deixar máis.
Austria: En 1906 recoñecese o sufraxio universal para a parte austríaca do antigo Imperio Austro−Húngaro
para elixir aos membros dunha cámara parlamentaria (as 3 Curias, parecidas aos Estados Xerais).
USA: Na Guerra de Secesión (1861−1865) deixa de haber escravos, polo cal millóns de antigos escravos
poderían votar, xorden entón os requisitos para o voto tales como a mostra de coñecemento.
España: O sufraxio universal non supón cambio político, xa que o sistema funciona a través de resultados
electorais non reais (pucherazo) querendo implanta aos Partidos do Turno (de Cánovas e Sagasta) que era o
que convocaba as eleccións.
Reino Unido: O perfeccionamento progresivo das circunscricións electorais, privilexiando ás conservadoras
(as do campesiñado).
b) A democracia combate tratando de incrementar as competencias das institucións máis
representativas.
Para poderse cualificar coma un verdadeiro réxime democrático non basta co sufraxio universal, estas
democracias tamén debían, e deben posuír:
1. Liberdade de voto: Case nunca estivo garantido por diferentes formas tales coma ilegalizar ás forzas
políticas (en Bélxica ao partido socialista), non garantir o voto secreto (na España da Restauración).
2. Escrutinio limpo e real.
3. Escasas diferencias entre os requisitos para votar e para ser candidato: Idade, solvencia económica...
4. Garantir que os cargos electos sexan ben remunerados.
Resultado do Ascenso ao poder
Ademais desto, na Democracia, o poder lexislativo aparece dividido en Cámara Baixa (resultante dos procesos
electorais) e Cámara Alta. Esta denominación ven dada polas súas competencias (a Alta tiña un poder
17
superior). Nalgúns casos, coma Francia, elimínanse as dúas cámaras para facer un Parlamento Unicameral,
pero isto non é posible en tódolos países polo que nos demais países invértese a relación de poderes nas
cámaras, dándolle máis poder á cámara elixida por sufraxio (en España, actualmente a Cámara Baixa é o
congreso e a Alta o Senado, ou no UK no que a Cámara dos Comúns recibe cada vez mais poder).
A Democracia Parlamentaria (actualmente liberal) non foi a única democracia posible, existían outras
democracias mais rupturistas que pensaban nunha democracia na que houbera un vínculo de poder entre pobo
e representantes sen necesidade de representantes (Parlamento), onde o poder sería exercido consultando
directamente co pobo para que o pobo se manifeste a favor ou en contra do poder político e para consultar
directamente decisións políticos concretas en referendos, a esta democracia chamóuselle Democracia Directa
ou Autoritaria, aínda que non é claro que este tipo de democracia se dera, pero si aproximacións a ela, como
en 1851 no II Imperio Francés ata 1871 na derrota con Prusia. Neste Imperio, o emperador, Napoleón III
consultaba asiduamente co pobo, o resultado foi a acusación sobre o emperador por parte dos demócratas
parlamentarios de ser un dictador e polos liberais de ser excesivamente demócrata. A Democracia
Parlamentaria triunfou debido a que a Democracia Directa foi utilizada sobre todo por dictadores ao longo do
tempo.
A democracia introduce prácticas políticas novas moi diferentes ao liberalismo, tales como:
a) Política Educativa: O liberalismo preparaba ás futuras elites do goberno, preocupándose do ensino medio e
superior, non tendo preocupacións dun sistema educativo universal (considerando que a cultura é perigosa).
Por contra, a democracia, fará todo o contrario (mantendo o ensino superior) facilitando o ensino primario,
tendo un sistema educativo universal en prol de eliminar o analfabetismo xa que así, poderán votar con
independencia, por elo, o ensino, pasa a ser obrigatorio e gratuíto. Ademais, os réximes democráticos tamén
queren conseguir un modelo cualitativo (non confesional).
b) Medios de Información (no XIX só prensa escrita): O liberalismo promulgou a liberdade de expresión, pero
baixo un réxime fiscal excesivamente pesado (para comezar a publicar un periódico debíase depositar unha
fianza), ademais, os réximes liberais poñían cargos impositivos altos polo que os facían inmensamente caros,
é dicir, para publicar facía falta moito diñeiro e tamén para adquirilos como lector. A democracia elimina os
gravames económicos para a súa publicación (non fianza previa nin fiscalidade excesiva) abaratando costos e
prezo, incluso chegando a subvencionalos. Ademais, polas melloras no transporte, avances técnicos nos
medios de producción e a alfabetización, coa democracia a prensa sofre un boom.
c) Política Fiscal: Opóñense dúas formas de ver a cuestión, o liberalismo cree que a riqueza non debe ser
abarcada pola política, e a democracia cree en repartir a riqueza. O liberalismo crea un sistema fiscal baseado
en impostos indirectos (tódolos individuos pagan en función da súa renda, pero ese impostos supón unha
porcentaxe mínima do que recibe o estado, polo tanto non grava a riqueza senón o consumo; esto implica que
non se reparte a riqueza e o estado basease no consumo). A democracia mantén certos impostos indirectos
pero basea a súa recadación en impostos que gravan a riqueza (pagan mais os que mais teñen permitindo
repartir a riqueza). Ata 1945 os esforzos por conseguilo estado de benestar foron en baleiro, xa que o diñeiro
conseguido fiscalmente gastase en armas para as continuas guerras.
O SOCIALISMO
Á Democracia xórdenlle tamén, coma ao Liberalismo, grupos de xentes aos que lles parecen insuficientes os
seus pasos ata a igualdade, cimentándose entón o Socialismo, que lle concede a prioridade a idea de
igualdade. O Socialismo é todo aquelo que se marca a igualdade material entre as persoas. Esta preocupación,
aínda que presenta ao longo de toda a historia (Platón ou Tomás Moro), cando empeza a Idade
Contemporánea asociase ao movemento obreiro, debéndose aclarar que son dous conceptos diferentes; xa que
o Socialismo é anterior ao movemento obreiro. Esta conexión ven da unión dos dous movementos a mediados
do XIX (1848) cando se publica o Manifesto Comunista de Marx, co cal nace un Socialismo dirixido á clase
18
obreira. A partir deste momento, a gran maioría das ideas socialistas, xurdiran para os obreiros e a maioría dos
movementos obreiros iranse adaptando a esta ideoloxía coma a mais adecuada para os seus intereses.
O unir no estudio aos dous é debido a que, o Socialismo, no século XIX, non se presta a ser estudiado como o
Liberalismo ou a Democracia, xa que non existen réximes socialistas neste século, por iso a substitución polo
movemento obreiro animado polo socialismo.
O Socialismo contemporáneo está representado por Babeuf (socialista non obreiro) que propón o Comunismo
da Escasez en Francia. O mais importante de Babeuf e o proxecto para conquistar o poder (era consciente das
oposicións a unha sociedade igualitaria) polo cal, para superar estas resistencias adopta un plan no que
configurar un complot de persoas comprometidas para tomar o poder e exercer unha dictadura revolucionaria,
única capaz de derrotar ás oposicións elitistas. Este proxecto exerce unha influencia notable nos proxectos de
Marx e de Lenin.
Mais adiante, a cabalo entre Antigo Réxime e Liberalismo, xorden distintos pensadores que descobren as
novas desigualdades que aparecen co avance da industrialización. Estes pensadores orixinan aos
Asociacionistas, xa que fronte ao individualismo triunfante propoñen as virtudes e vantaxes da asociación e o
colectivo; estes son mais coñecidos coma Socialistas Utópicos, expresión adoptada por Marx, como mostra do
seu desprezo por eles.
O primeiro deles era Saint−Simón (1760−1825) conde culto que entendía que a historia se divide en etapas
críticas e orgánicas, sendo as criticas nas que o mundo das ideas dominantes non se corresponden coa
realidade material o que fai necesario novas ideas para chegar á etapa orgánica na cal si se corresponden.
Saint−Simón di que el vive nunha etapa crítica e adícase a propoñer novas ideas, ademais entende a sociedade
dividida en clase Ociosa e Industriosa, na cal os ociosos viven a conta dos industriosos, propoñendo para
resolvelo unha Tecnocracia Autoritaria, no que o fundamental e administrar as cousas, confiada a aqueles
capaces de producir riqueza e nunha segunda fase procederíase ao reparto igualitario construíndose así unha
sociedade xusta, pero Saint−Simón non aclara o proceso para chegar a esta Tecnocracia e ademais non aclara
como se repartiría, dando como clave ao cristianismo. Tivo moitos seguidores ao longo do XIX pero
demasiado centrados no incremento da riqueza aliándose despois coa burguesía.
O segundo foi Charles Fourier (1772−1832) empregado de comercio, nos seus escritos critica o que el chama
civilización capitalista á que tacha de anarquista provocada polo parasitismo social debido a que os parasitos
son os propietarios da riqueza, poñendo acento en que o estado é o que defende a estes parasitos polo que
propón a abolición da propiedade privada, ademais o estado encargase de inocular a moral represiva do
instinto humano, polo que propón a abolición do estado, consecuencia do éxito do seu modelo (sociedade
articulada en comunidades independentes, federadas entre si chamadas Falansterios, nos que a xente
traballaría en traballos non alienantes). Incluso chegou a fundar Falansterios que non chegaron ao éxito. Ao
igual que Saint−Simón, rexeitaba a violencia.
O terceiro é o avogado Cabet (1788−1856), o cal, defínese como comunista que outorga o papel principal ao
estado para transformar á sociedade, chegándose ao comunismo co estado e abolindo a propiedade privada e
repartindo as necesidades de cada un, sen aclarar que ou quen ocuparía o poder do estado, confiando na
educación e dando exemplo, polo que funda algunhas comunidades socialistas en Texas, as cales non chegan a
ter éxito. O principal logro de Cabet é a asociación co movemento obreiro, xa que entre eles xorde Cabet
como referencia.
O cuarto é o inglés Robert Owen (1770−1858) de orixe modesta que se fai rico coma empresario téxtil, aporta
que o medio no cal un vive reporta a firma de pensar, é dicir, o pensamento ven definido pola situación, pero
que o medio é moi diferente para cada individuo e existe unha minoría que explota á maioría, a cal vive na
miseria, polo que propón a abolición da propiedade privada, rexeitando a violencia e formula o fallo nun erro
ético, e debe xurdir a ética da colaboración. Para dar un exemplo experimenta nas súas empresas (seguros, bos
19
salarios, pensións...) e fundando aldeas de colaboración nos USA ,como New Armony, sen moito éxito,
rematando como líder dunha secta. De Owen resalta tamén a abolición da propiedade privada e o intento de
colaboración.
O quinto pensador é Louis Blanc (1811−1882), xornalista e home de acción política que basea a súa loita en
promover a democracia para avanzar ata a igualdade. Participa na Revolución de 1848, a partir de aquí
promovera os Talleres Nacionais ou Sociais (fábricas nas que todo o mundo ten o mesmo salario e que non
producían beneficios privados, en consecuencia podían vender mais barato e ser mais competitivos. Os
beneficios irían a vantaxes sociais) que duraron moi pouco debido á involución política (1851 comezo do II
Imperio Francés).
O último é Augusto Blanqui (1805−1881), fillo de deputado Xirondino e irmán dun economista liberal
(Adolfo Blanqui). Promove disturbios e entende a sociedade dividida entre acomodados e opulentos e as
masas populares ignorantes (os opulentos non lles permiten saír da ignorancia) que permiten a súa
explotación. Tamén promove a abolición da propiedade privada, e a educación accesible a todos grazas ao
estado, pero tampouco indica quen e como se debe levar o poder.
En conclusión, estes pensadores teñen un denominador común, confían en algo abstracto (ética, moral,
educación...), polo cal Marx os critica, aínda que leen ben a sociedade, non propoñen unha alternativa viable.
Marx asume o reto de analizar as mesmas cousas e propoñer unha alternativa dende a ciencia (Socialismo
Científico).
O Marxismo
Marx é o autor que actúa sempre pensando na práctica, as súas fontes son variadas pero estudia
fundamentalmente tres cousas; a filosofía Hegeliana, a economía liberal e a capitalista inglesa (Engels), e a
tradición revolucionaria francesa (sobre todo dos mecanismos que conducen á revolución xa que o seu
proxecto político é fundamentalmente revolucionario).
Na década de 1840 o pensamento de Marx está totalmente formada pero haberá que esperar a 1867 para que
apareza publicada por primeira vez a súa obra.
Marx comeza por estudiar o sistema capitalista e quere atopar as súas debilidades (contradiccións do sistema).
O primeiro asunto no que centra a súa atención é o proceso de mobilidade do capital e o obxectivo do capital
que é a obtención do beneficio. Disto Marx deduce dúas cousas:
1. O capitalismo precisa dunha expansión permanente.
2. O incremento de capital só procede daquelo que, no proceso de producción, non é remunerado polo seu
valo real, é dicir, o traballo. A esta parte do valor do traballo da que se apropia o capitalismo, Marx chamouna
plusvalía.
Por estas dúas deduccións, Marx chega á conclusión de que o sistema ten varias contradiccións:
a) O sistema derívase da confrontación social.
b) Existe a necesidade de competir entre os empresarios.
c) A burguesía tratara por tódolos medios de aumentar o seu beneficio, ou ben aproveitándose das horas de
traballo dos seus traballadores, ou ben, incrementando a productividade.
d) O incremento da productividade provocará unha continua carreira tecnolóxica que reducirá os beneficios.
20
e) As condicións do mercado: Para que o empresario poida competir pode incrementar a calidade pero sobre
todo axustar os prezos.
En consecuencia, o sistema capitalista, que o que busca é aumentar o beneficio, vese sometido a unhas
condicións que fan reducir estes beneficios. Así chégase a unha fase na que o capital tende a concentrarse
cada vez en menos mans, xa que hai moitos burgueses que non poden adaptarse ás novas esixencias do
mercado, deste xeito a burguesía faise cada vez mais rica e menos numerosa e o proletariado aumenta en
número e vaise empobrecendo. Por esta razón, Marx di que o capitalismo xera descontento, e, a diferencia dos
socialistas utópicos, vai a identificar ao proletariado como o protagonista do cambio. Este cambio é inevitable
debido ás contradiccións do sistema polo que pretende dar un paso a unha sociedade desprovista de clases.
Nesta sociedade sen clases haberá diferencias pero non serán debidas a explotación social, xa que non haberá
clases sociais en canto desapareza a propiedade privada, aparecendo así a Anarquía da Producción. Nesta
sociedade, o estado, non é necesario, xa que, según Marx, o estado é o núcleo de opresión das clases
dominantes, agora ben, o estado terá que ser utilizado para aniquilar o capitalismo, por iso a dictadura do
proletariado é un goberno provisional unha vez aniquilado o capitalismo.
Sen embargo, as teorías de Marx non se cumpriron completamente xa que a clase obreira mellorou as súas
condicións de vida e así anos despois xurdiu, o denominado por Engels, a Aristocracia Obreira. Por outra
anda, a concentración global do capital non se produciu de maneira que Marx prevía inicialmente.
Por último, Marx propón, o materialismo dialéctico que é unha nova forma de pensar do xénero humano. Para
Marx, a forma de pensar das persoas depende das súas condicións de vida. Os cambios históricos son
explicacións por razóns de carácter material e ás formas tanxibles, denominadas infraestructuras, que se sitúan
por debaixo das superestructuras que trata de lexitimar a esta realidade material. Este conxunto é o que forma,
según Marx, un modo de producción e pensa que a historia e unha sucesión de modos de producción:
a) Modo de producción escravista no Imperio Romano.
b) Modo de producción feudal na Idade Media.
c) Modo de producción capitalista: Do cal se pasaría ao modo de producción socialista ou comunista, que será
o modo de producción definitivo. Esta sucesión de modos de producción foi debida á loita de clases, que cada
vez faise mais aguda de xeito que da lugar a outro modo de producción. Sen embargo, unha vez que se
aniquilen as clases sociais, xa non haberá loita de clases e polo tanto, non haberá mais modos de producción.
O Anarquismo
Consegue facerse sitio ao longo do século XIX. Parte da preocupación da desigualdade social, o que ocorre é
que chega a ser unha corrente autónoma e enfrontada ao Socialismo Marxista. O Anarquismo consegue maior
influencia social en ámbitos europeos rurais marcados pola confrontación cos terratenentes e xornaleiros, por
iso é importante en España. É un movemento complexo, con formulacións contradictorias (son pacifistas que
practican o terrorismo) pero ten uns rasgos xerais, sobre todo dous:
a) Enemistade co Estado: Todo estado é o resultado do matrimonio entre violencia e roubo.
b) Hostilidade fronte a toda acción política: Para eles a política non serve para cambiar nada, a excepción de
España durante a Guerra Civil, na cal a CNT apoia á República. Esta automarxinación fronte á vida política
enfróntaos tamén co Marxismo (xa que quere a conquista política) personalizada nos debates da 1ª
Internacional entre Marx e Bakunin.
A sociedade ideal, xusta e igualitaria, sen estado, nin propiedade privada nin vestixio de poder é a finalidade
(ao igual que o punto final do Marxismo) do Anarquismo con diferentes medios para chegar a ela, aínda que
21
non estean moi claramente definidos.
No século XIX destacan dous autores que forman o patrimonio Anarquista:
a) Proudhon (1809−1865): Coa súa obra ¿qué es la propiedade? , defínea coma un roubo á excepción daquela
que serve como instrumento de traballo aos propietarios. Tamén aporta a hostilidade co Estado, xa que este
impide o libre desenrolo. Para Proudhon, a comunidade desexable sería en comunas e sen goberno, tan só
faría falla administrala, ademais tampouco cree na violencia e si na educación.
b) Bakunin (1814−1876): É o gran representante anarquista. Participa en case todas as ideas de Proudhon,
aínda que aporta dúas novidades, a definición de liberdade coma eu serei libre cando todos os demais sexan
tan libres coma min , é dicir, unha liberdade individual moi diferente á liberal. A segunda novidade é non
aceptar ningunha forma de propiedade privada e apoia a supresión de herdanza.
O Anarquismo formará numerosos sindicatos organizados.
Movemento Obreiro
En Inglaterra, en 1790, danse as Sociedades de Axuda Mutua, aínda que non teñen moita relevancia, son
fundadas por artesáns que tratan de defender o seu traballo fronte a nova industria. Son organizacións
defensiva e son o primeiro síntoma de choque social debido á industrialización. Causan algúns disturbios e
levan ao goberno de Inglaterra a promulgar leis contra as asociacións en 1799.
Xorde o movemento Luddista en 1810 (seguidores do obreiro Ludd, que destruíu as máquinas das industrias
téxtiles) Este movemento espontáneo débese a miseria dos obreiros, os cales reaccionan perante as máquinas.
A represión e a falla de alternativas faino desaparecer pese a estares presente en tódolos países no comezo da
revolución.
En 1825, o Goberno Británico, recoñece as asociacións sindicais, polo que nacen os Trade Unions ou
sindicatos, que atravesan 2 fases:
1ª Fase: De carácter local e corporativo, é dicir, constitúense por oficios, o que fai que existan enfrontamentos
entre eles.
2ª Fase: A partir dos anos 30 xorden os Sindicatos de Clases, que agrupan obreiros de diferentes sectores. Non
soen alinearse con políticos, as súas necesidades son estrictamente laborais.
A primeira conexión entre clase obreira e liña política dáse co Cartismo (toma o nome da carta de 1838 ao
Parlamento na que se pide a democratización do Réxime Liberal). Estes sectores (obreiros e sindicatos)
únense á pequena burguesía (clase media) que non chega ao límite para poder exercer o voto. A súa existencia
foi escas pois durou escasos dez anos.
Dende 1850 (desaparición do Cartismo) retórnanse aos sindicatos sen aliñación política, xa que o movemento
obreiro británico non se politizará ata 1906 coa fundación do Partido Laborista, terceira forza política inglesa.
O sindicalismo, nos distintos países, é moi diverso dependendo do país (Francia, Rusia...). Do movemento
obreiro o mais importante é o internacionalismo, consecuencia directa da conexión entre clase obreira e
socialismo a través do Marxismo (1848 Manifesto Comunista), establecéndose unha ideoloxía propia. A partir
desta data proliferan os sindicatos socialistas que pretenden, non so cambiar as situacións laborais, senón
tamén as estructuras políticas. A culminación desta asociación é a fundación no 1864 en Londres (na cal vive
Marx e é o lugar de asilo político de moitos participantes) da 1ª Internacional (AIT). Marx redactará os
estatutos desta organización, deixando claro a independencia política do movemento obreiro e que a 1ª
22
Internacional está ao servicio da clase obreira.
Na 1ª Internacional están presentes diferentes ideoloxías (utópicos, anarquistas...), e aínda que os Marxistas
eran unha minoría, son os decisivos, debido á concepción de internacionalismo (un obreiro polaco ten mais en
común con un obreiro francés que con un empresario polaco, e dicir, o vínculo de clase é mais importante que
o vínculo nacional).
A 1ª Internacional, como conxunto de seccións, estaba formada por mais de 100 seccións en todo o mundo,
cada sección era un sindicato no seu lugar de orixe. Este feito preocupa nos distintos gobernos de cada país,
converténdose a AIT, nun problema para eses gobernos, neste feito radica o principal éxito da AIT xunto coa
difusión do pensamento Marxista.
A AIT sofre 2 crises que poñen o punto e final á organización:
1ª Crise: Comuna de París en 1871: Trala guerra entre Francia e Prusia de 1870, en Francia sófrese unha crise
económica que remata en insurrección popular, tomando o mando os sublevados (predominantemente
Anarquistas e Marxistas), os cales enfróntanse entre si, para rematar formando a Comuna de París, feito que
evidencia as diferencias entre este dous grupos se desemboca na eliminación da comuna en Marzo de 1871 e
na discusión na AIT.
2ª Crise: Congreso de La Haya de 1872: Os Marxista, agora maioritarios no congreso, expulsan aos
Anarquista de Bakunin da internacional debido ás diferencias sobre o estado, participación política e a propia
Internacional xa que, para Marx, a estructura era primordial e Bakunin cría nunha AIT despoxada de poder e
que so fora un mecanismo de organización. En 1876 desaparece a AIT en Nova York e Bakunin formará a
Internacional Antiautoritaria que morre canda el en 1876.
A partir de 1876 aparecen, en diferentes países, Partidos Socialistas con sindicatos asociados. A propia
evolución da clase traballadora, xa que se diversifica moito trala 2ª Revolución Industrial, celebra en Xullo de
1879 en Francia o 1º Centenario da Revolución Francesa, onde se dan congresos políticos, coma o convocado
polos Partidos Socialistas, de onde sae a decisión de formar a 2ª Internacional (1889) Marxista, sen tanta
diversidade ideolóxica coma a primeira. Esta 2ª Internacional dótase dunha estructura diferente á primeira, xa
que está composta por estes grandes partidos socialistas nacionais, que seguirán gozando de autonomía
política nos seus países. Ademais tamén se crean diversos órganos especializados, sendo os 2 mais
importantes o Parlamento do Traballo e o Burosocialista Internacional (de carácter político e ideolóxico). A 2ª
Internacional adquire pronto importancia e influencia no movemento obreiro, xa que promove a fundación de
mais partidos socialistas e porque é capaz de converterse nun instrumento serio de ataque ao capitalismo.
As crises da 2ª Internacional foron:
1ª Crise: Crise Revisionista de 1899: Bernstein, líder do Partido Socialista Alemán, publica un libro sobre as
ideas e tarefas do socialismo, no cal cuestiona e nega algunhas das ideas de Marx, dicindo que non se adecúan
aos novos tempos (non cree na revolución e si na democracia). Estas propostas son negadas pola 2ª
Internacional, pero a maioría de partidos dos países con oportunidade democrática as acatan. Esta crise, co
paso do tempo, da lugar a gran excisión dos socialistas coa chegada da Revolución Rusa; a partires destas
datas cabe destacar a diverxencia entre Comunistas (vía revolucionaria) e Socialistas (vía revisionista
democrática).
2ª Crise: A Crise Bélica; inicio da 1ª Guerra Mundial en 1914: Sobre esta guerra, anunciada dende 1907, a 2ª
Internacional dixo que sería entre as potencias capitalistas polo que a clase obreira debería protexer a paz. En
1914, co comezo da guerra, os Partidos Socialistas actúan de diferentes formas, xa que o Partido Francés
(PSF) apoia ao seu goberno e loitan contra o estranxeiro, sumándose á Unión Sagrada de todas as persoas da
guerra, e o Partido Alemán (PSDA) apoia ao seu goberno. Debido a esta situación, Nacionalismo perante o
23
Internacionalismo, desfaise a 2ª Internacional.
3. Os Movementos Nacionalistas: Nacionalismo
Movemento político que non supón un 4º movemento nas ideas, pero que convive ao longo do século XIX
con todos os anteriores, polo cal podemos dicir que non é unha idea política concreta, pero si casar con tódalas
anteriores (exceptuando ao Socialismo do XIX debido ao seu Internacionalismo). Os Nacionalismo animan ao
longo da historia aos cambios de estados, fronteiras,...Case sempre foron movementos elitistas (historiadores,
filósofos...) e case sempre minoritarios, e aínda así, conseguiron éxitos debido á ideoloxía á cal se acercaban
(independencia de Bélxica grazas ao seu Liberalismo).
A idea de nación parte da Revolución Francesa cando a Soberanía pasaba do Rei á Nación, pasando a
entenderse á Nación como Comunidade de Cidadáns asentada nun determinado territorio. A partir de comezos
do XIX desenrólanse diferentes conceptos de nación ata o Congreso de Viena en 1815 e a nova organización
de Europa; esto fai que poidamos ter 2 conceptos de nación:
1º Concepción Liberal: Os que aceptan o legado da Revolución Francesa. Concíbena como unha Comunidade
de Cidadáns composta por diferentes elementos coma o territorio, historia común, lingua propia, tradicións
culturais... Estes elementos non son estrictamente necesarios, o único elemento necesario é a vontade das
persoas de converterse en nación, e dicir, esixe a liberdade e dereitos políticos. Co tempo, esta concepción
liberal, sufrirá unha evolución conforme avance a política á cal se aferra.
2º Concepción Orgánica: Os que atacan ás ideas da Revolución Francesa e propoñen unha idea de nación
diferente. Empézase a elaborar en Alemaña, no momento en que Napoleón invade pobos nese país, con Fichte
e Herder. Para eles a nación posúe vida propia, esa vida procede da historia, e os seus elementos integrantes
son tanxibles como a tradición, historia e sobre todo a lingua. Unha nación existe independentemente da
vontade das persoas (Volksgeist= alma do pobo). Este concepto conectará con movementos políticos
autoritarios, xa que non antepón a vontade do pobo á nación, senón ao revés.
As dúas concepcións conflúen en que toda nación debe aspirar a formar un estado propio con autogoberno. Ao
longo dos anos, os nacionalismos evolucionan hacia a democracia, pero ao principio, o nacionalismo
orgánico, trata de buscar novos elementos definitorios de nación, atopando á relixión e a raza, tanto que ao
final do XIX os 3 elementos básicos da nación sería:
a) Lingua: Marca o territorio.
b) Relixión: Fortaleza á nación e a enfronta con outras nacións (coma aos xudeus, co antisemitismo,
provocando outros nacionalismos como o destes, o Sionismo).
c) Raza: No XIX proliferan as ideas de diferencias entre razas (Darwin, Chamberlain...) promovendo as
xerarquías raciais ( no orde de Aria, Latinos, Eslavos...e rematar nos Xudeus).
Estes estudios son acollidos polos nacionalistas orgánicos en prol de mais elementos básicos de nación.Con
estes 3 elementos dáse en Alemaña con un nacionalismo para salvar ao mundo con tendencias agresivas na
política exterior. Tamén con estes elementos crease a tendencia de salvar África.
Estes nacionalismo baseados en Lingua, Relixión e Raza esténdese a tódolos lugares e tamén, no século XIX,
chega ao nacionalismo Árabe (racial) e o Islámico (relixioso), ao Vasco (con Sabino Arana) con criterio
racial.
Este sentimento de nación serve como escusa perfecta para a independencia, a unión de territorios así coma
tamén, mais tarde, o imperialismo. Autores como Kipling (Jingoismo) ou Dostoievski (Paneslavismo) son
24
partidarios destas ideas e convértense en difusores.
Os 2 movementos nacionalistas mais importantes, e que dan lugar a 2 estados, son os de Alemaña e Italia:
a) Italia (1815−1848): O ideal de unificación está presente dende finais da Idade Media, e retomándose esta
idea no Renacemento, por mor da nostalxia do Imperio Romano. Haberá que agardar ata o período
Napoleónico para poñer en marcha o proxecto unificador, como resistencia italiana fronte a invasión. Dende o
Congreso de Viena, Italia se dividía en 7 territorios con 7 dinastías diferentes, pero o afán de conseguir un só
estado reflexarase en ámbitos coma a literatura romántica, a pintura ou a música, sendo o autor mais ligado á
unificación o compositor Verdi. Ademais deste ámbito cultural, tamén se manifestará no ámbito político, o cal
ten dificultades debido á Restauración Monárquica, o que fai que esta tendencia se vincule a reunións
clandestinas e organizacións secretas coma os Carbonarios.
En 1831 fúndase a 1ª Sociedade Política Xove Italia de Mazzini, que manifesta publicamente a idea de
unificación. Cabe citar tamén o ámbito económico, xa que esta unificación está impulsada polas pretensións
económicas da burguesía do norte, que pretende expandirse ao sur. Os obstáculos aos que se enfrontará este
movemento son, en primeiro lugar, ás políticas europeas que apoian ás monarquías existentes, en segundo
lugar, ás propias monarquías, en terceiro lugar, á presencia austríaca no norte de Italia, exercendo a súa
influencia nos reinos do norte , e en derradeiro lugar, a existencia da Cuestión Roman, xa que Roma estaba
chamada a ser a capital de Italia, pero naquel momento era a capital dos Estados Pontificios, que sempre se
negaron a ser absorbidos por Italia.
A partir de 1830 vanse elaborando diferentes proxectos políticos para a unificación:
1º. Proxecto Neogüelfo de 1834: Defendido po Gioberti na obra Da primacía moral e política do Papa na que
propón a unificación entorno ao Papa (como poder moral e político). Este concepto é fundamentalmente
orgánico de nación, fundamentada na lingua e na relixión católica. Tamén menciona á raza italiana pero sen
noción de superioridade. Para el, a futura Italia, debe de ser católica por iso non debería de ter problema coa
figura do Papa coma director da Confederación de Estados Italianos que el propuña (con esta confederación
non deberían desaparecer os monarcas). En términos sociais non habería cambios, e dicir, seguiría a estructura
do Antigo Réxime, sendo os monarcas os soberanos. A este proxecto pódeselle atribuír o cualificativo de
Tradicionalista.
2º. Proxecto Moderado: Representado nas obras de Balbo e de Cavour, é un proxecto liberal que pensa
construír Italia coma unha Monarquía Liberal, converténdose esta nun único estado con Monarquía
Parlamentaria, esta monarquía recaería no estado de Piamonte (Saboya). A burguesía do norte apoiaba este
proxecto, non así os austríacos.
3º. Proxecto Revolucionario: representado por Mazzini, que propón as revolucións populares nos diferentes
reinos, capaces de derrocar ás monarquías chegando a diferentes repúblicas que despois se unirían nunha soa
República Italiana de carácter democrático.
Nestes 3 proxectos vense claramente as diferencias ideolóxicas do nacionalismo. Ao redor de 1840−1845
estes 3 proxectos son o principal debate político.
A unificación ten un protagonista claro que é o reino de Piamonte, xa que determinados factores convérteno
no mais poderoso dos sete por diferentes causas:
a) Foi un reino moi beneficiado no Congreso de Viena.
b) Único reino con monarquía italiana soberana.
25
c) Contaba co exército mais poderoso.
d)Dispoñía dunha infraestructura de transporte e unha economía mais avanzada.
e) Posuía o réxime político mais avanzado, pois tiña unha monarquía liberal fronte a estructura de Antigo
Réxime dos demais reinos.
Todos estes factores fan que o conde de Cavour (cando chega a ser primeiro ministro de Piamonte cos
Saboya) sexa a primeira persoa en liderar o proceso de unificación, pois era un gran coñecedor da economía
italiana. Cavour, en primeiro lugar, moderniza ao Piamonte (co que consegue consolidar ao estado), en
segundo lugar, promociona o crecemento nas infraestructuras de transporte (co que consegue o apoio da
burguesía para a industrialización), en terceiro lugar, intervén no terreo diplomático considerando que a
cuestión da unificación tamén debe ser dos europeos, non so dos italianos, polo que intente conseguir apoios.
Durante o proceso de unificación, non está claro que nos anos 20 e 30 os movementos revolucionarios teñan
que ver co proceso, senón mais ben coas tensións sociais, pero en 1847, co canciller Metternich, Austria
invade Ferrara en repulsa do excesivo liberalismo do Papa, polo que Piamonte apoia ao Papa dándose o
primeiro choque entre Piamonte e Austria, mais tarde, en 1848 danse os primeiros levantamentos populares,
esta vez si relacionados coa unificación, en Milán, contra esta ocupación austríaca. A este levantamento
únense mais ao longo do territorio italiano, o que fai fuxir a varios monarcas (son levantamentos
republicanos). Carlos Alberto (rei de Piamonte) apoia ditos levantamentos, aínda que sexan republicanos, xa
que prioriza a idea antiaustríaca.
A finais de Xullo de 1848, esta guerra contra Austria parece perdida polo que Carlos Alberto firma a paz con
Austria polo que é tildado de traidor; neste momento podemos considerar que o Proxecto Moderado fracasa (a
estas alturas xa fracasara o Proxecto Neogüelfo por mor da non pronunciamento do Papa fronte a invasión),
polo que Mazzini parece ser o único que pode levar a Italia á unificación.
Ao mesmo tempo ocorre unha revolución en Roma que fai fuxir ao Papa, proclamándose unha república, a cal
é repudiada por toda Europa e rapidamente vencida agás en Venecia; en consecuencia, o Proxecto
Revolucionario tamén fracasa a finais de Agosto de 1849.
Contra todos estes fracaso Cavour recoméndalle a Carlos Alberto a abdicación coma única posibilidade para
retomar o liderazgo pola unificación, tomando o poder Víctor Manuel.
En 1858 prodúcese unha conferencia entre Cavour e Napoleón III, na que se promete o apoio de Francia á
unificación sempre que permanezan algúns dereitos do Papado, a cambio, Piamonte entrará na Guerra de
Crimea apoiando a Francia.
En 1859 comeza a Guerra entre Austria e Piamonte co apoio de Francia (batallas nas que se fundou a Cruz
Vermella Internacional). Antes da derrota definitiva de Austria, Francia abandona ao Piamonte e manifesta o
apoio ao Papa. Cavour presiona a Napoleón III para que admita que o Papa debe perder poder a cambio dun
estado independente dentro de Italia, o cal acepta Napoleón III.
Os estados do norte de Italia apoiaron mediante diferentes plebiscitos populares a unificación de Italia polo
que, en 1860 o proceso ponse en marcha. Coa axuda de Garibaldi conquistase o sur de Italia (Nápoles e Dous
Sicilias), dando como resultado, en Febreiro de 1861 en Turín, que o Parlamento proclame, a Víctor Manuel,
Rei de Italia pola gracia de Deus e a vontade da nación, coma conexión entre Antigo Réxime e Liberalismo.
A estas altura quedan 2 territorios pendentes, Venecia e os Estados Pontificios, en 1866 os italianos aproveitan
a Guerra entre Austria e Prusia (Austria derrotada) para incorporar Venecia ao estado italiano. En 1870 a
guerra entre Francia e Prusia, obriga a Francia a deixar desprotexido ao Papado en Roma, co que Roma é
26
proclamada capital do estado italiano, recoñecendo ao Vaticano como estado independente dentro do territorio
italiano. O Papa reponde a esto con unha encíclica na que excomulga aos espoliadores da santa sede non
recoñecendo ao estado italiano e incita aos católicos a non participar na política italiana. Ata Mussolini non se
normalizarán as relacións entre os dous estados.
A unificación uniu os mercados, os códigos legais, incorporou a Italia ás estructuras europeas liberais pero
tamén deixaría decepcións en forma de cousas sen resolver (non solucionou o desequilibrio económico entre o
norte e o sur, o problema católico durou demasiado tempo e sobre todo deixou caer a decepción sobre o pobo
o non ser capaz de converterse nunha potencia mundial coma antano) que remataran nun nacionalismo
violento e fascista.
b) Alemaña: Napoleón, coas súas conquistas, reagrupa os múltiples territorios de Alemaña condicionando ao
Congreso de Viena (39 estados, destacando a Prusia e a Austria). Isto marca o inicio dun problema, similar ao
italiano, pois a Austria non lle interesa a unificación (crearíase unha nova estructura política forte). Cada un
dos 39 estados mantiña a súa independencia, existindo moi poucos vínculos entre eles.
Alemaña, xa antes de 1815, desenrolara un sentimento de unificación debido á nostalxia do Imperio
Xermánico e ao interese da burguesía de ampliar os mercados, polo que a unificación tomará dúas vías:
1. A vía económica: Sobre todo Prusia, para crear os Zollverein (unións aduaneiras), que se desenvolverá a
mediados de 1820 e que en 1830 chegan a unir a case tódolos territorios agás Austria.
2. A vía intelectual: O primeiro escritor que pon de manifesto a necesidade da unificación foi Fichte, do que
caben destacar 4 ideas básicas; en primeiro lugar, o protagonismo deberao asumir Prusia, en segundo lugar, a
identificación entre Nación Alemana e os territorios de Lingua Alemana, en terceiro lugar, a subordinación da
liberdade individual á creación dunha nación alemana, e en cuarto lugar, a crenza da superioridade alemana.
Outros autores coma Hegel aportarán poucas novidades a esta concepción de unificación, pero a partir de
1820 (en paralelo cos Zollverein) elabóranse, ao igual que en Italia, diferentes proxectos de unificación e
diferentes vías:
1. Proxecto e Vía Liberal: Anhela un estado federal cunha forte centralización do poder.
2. Proxecto e Vía Conservadora: Pretende establecer unha confederación na que se mantiveran os diferentes
poderes dentro dos estados.
3. Proxecto e Vía Democrática: Ansía un estado unitario, eliminando os diferentes estados.
Ao longo do século XIX, sobre todo na segunda metade, independentemente dos proxectos, aclárase que o
obxectivo político fundamental é a unificación, pasando a un segundo plano a idea política concreta. Esta
unificación terá como protagonista a Bismarck, que chega a ser canciller de Prusia en 1862, procedendo da
extrema dereita, o cal non lle impide tratala unificación neutralmente.
A primeira decisión que adopta é aillar a Austria (principal escollo da unificación) e que esta fique se apoio
algún dentro e fora da futura Alemaña. O segundo é incorporar diferentes ducados do norte, ata aquel
momento pertencentes aos noruegos, que nun futuro apoiaran á unificación..
O primeiro momento importante é en 1866 coa guerra entre Austria e Prusia, que se debe a que Bismarck, nos
anos anteriores, non deixou a hostilidade coa política de Austria (ademais xa conseguira o illamento de
Austria explotando o papel de Francia na política europea para conseguir que incluso Rusia simpatice coa
causa Alemana, xa que Rusia espera que Austria entre na unificación, o que lle daría mais poder a Rusia). Esta
guerra significa (ademais da incorporación de Venecia a Italia) a demostración de poder do exército de Prusia,
e o aceleramento da unificación (neste intre xa son 26 os territorios da Confederación Alemana do Norte).
27
Neste ano 1866 Bismarck presenta un proxecto de unificación con sufraxio universal, pois sabe que a maioría
de cidadáns é favorable á unificación.
O momento decisivo da unificación é o 19 de Xullo de 1870, co comezo da guerra entre Prusia e Francia, co
resultado, en Xaneiro de 1871 en Versalles, da proclamación do II Imperio Alemán. Nesa unificación
intégranse 38 dos 39 estados (Austria queda fora sendo a cabeza do Imperio Austro−Húngaro).
Durante 20 anos Bismarck gobernará Alemaña, nacendo un estado co exercito mais poderoso do mundo, con
fortaleza económica e en resumidas contas unha superpotencia (co único problema da superproducción), e
capaz de regular a política europea con sistemas diplomáticos que conseguen 35 anos de paz en Europa,
deixando á guerra Prusia−Francia coma a última guerra do XIX en Europa.
32
28
Documentos relacionados
Descargar