hora de ler-instrucións.Ceip. MilladoiroPara Equipo Direct…

Anuncio
Biblioteca. Hora de ler. PLSS (Plan de lectura Silenciosa Sostida)
¿POR QUE “ HORA DE LER” ?
“O verbo ler non soporta o imperativo. Aversión que comparte con outros verbos: o
verbo “amar”..., o verbo “soñar”…
Daniel Pennac (Como unha novela. Ed Xerais)
¿Como imos conseguir que disfruten lendo os nosos alumnos, moitos deles con
verdadeiras dificultades para “descifrar” o código? Pois, simplemente, con TEMPO. E
para iso servirá a hora de ler: para proporcionarlles ese Tempo no que contacten co libro
sen medo, sen apuros, sen preocupacións e sen render contas.
Condemarín, Mabel http://es.wikipedia.org/wiki/Mabel_Condemarin
(1931-2004) foi unha grande educadora chilena quen, xunto ao seu marido, Felipe
Alliende fixo unha grande achega á educación chilena e internacional.
Sempre vinculada a temas de lectoescritura, un dos seus programas máis importantes foi
a sistematización dun PLSS (Programa de Lectura Silenciosa Sostida) e que moitas
escolas practican.
Explicaba a nosa autora que "un PLSS consiste en complementar os programas de
ensino regular dos establecementos educacionais con momentos de lectura individual
silenciosa, con materiais seleccionados por cada lector, nos que participa toda a
comunidade escolar ou, polo menos, unha parte considerable dela".
Explicaba que, en termos prácticos, unha escola dedicaba un tempo especial e exclusivo
á lectura silenciosa dentro dos horarios da xornada escolar. No devandito tempo, os
estudantes seleccionan a súa lectura e len. Non hai controis nin exercicios nin ningunha
avaliación sumativa asociada á actividade.
Esta descrición pode levar a equivocada idea de que se pode implementar un programa
así doadamente e sen maiores planificacións, a propia Mabel Condemarín sinalou ao
respecto: "Hai moitas maneiras informais de realizar un programa de LSS, pero os seus
efectos plenos só se poden lograr cando se desenvolve na súa forma máis rigorosa ".
HORA DE LER NON É
☻ Un castigo : non está destinada a estar en silencio como contraposición a disfrutar
xogando, é unha “hora” de relax, outra forma de lecer.
☻ Unha asignatura: non se trata de pedir nada a cambio, non se trata de avaliar a
evolución do propio neno, non se trata de mellorar a súa comprensión lectora,....
☻ Un traballo: a hora de ler é hora de pracer, non debemos “traballar” neses 20
minutos de lectura.
HORA DE LER É
☺ Son 20 minutos adicados á lectura, polo puro pracer de ler.
☺ Son 20 minutos de descanso e de “desconectar” do ritmo das clases para adicarnos
ao noso propio ritmo, o ritmo da lectura.
☺ Son 20 minutos para disfrutar de mirar, de ler, de compartir en silencio.
Algunhas recomendacións
Baseándonos nas experiencias doutros centros, intentaremos dar resposta ás dúbidas
máis frecuentes:
• Como me organizo nesa sesión?
Simplemente, antes de baixar ao recreo, todos (o profe tamén), deixará a súa mesa
recollida, e o libro que vai ler enriba, listo para chegar e abrirse.
• Como facer que se senten en silencio e comecen a ler, sen máis?
Os primeiros días seguramente proporcionarán algunha que outra frustración, pero
debemos manternos ben seguros do que queremos. Cando cheguen do recreo, non se
atenderá ningunha queixa nin discusión, non iremos ao baño, non iremos beber, nin
daremos recados... deixaremos TODO para despois de ler (o máis probable é que para
entonces calquera problema estea xa esquecido). Para facilitar a creación dun clima de
calma, convén que nós mesmos nos sentemos a ler. Fagamos todo o posible por deixar
entrar na nosa aula o ambiente máxico que crea a lectura ...
• Que deben ler?
O que queiran, o que lles guste, o que lles interese, o que lles resulte máis fácil, ou máis
interesante, ou máis entretido, o que teña máis dibuxos, ou o que estea protagonizados
por un personaxe coñecido... o que escollan das caixas qiue proporcionamos a cada
aula. En definitiva, os que lles proporcionen pracer. Será normal que, sobre todo ao
principio, se levanten con moita frecuencia para cambiar de libro : “Este non me gusta,
este abúrreme, este xa o lin, .....” Non importa; serán sobre todo os que teñan máis
dificultades para ler o que lles coste encontrar o seu gusto, pero todo é cuestión de
tempo. Poderán cambiar de libro cantas veces queiran (é o primeiro dereito do lector),
mentres respecten o espazo e o silencio dos demais.
As lecturas deben ser autoseleccionadas:
a) Porque o proveito é maior cando responde a intereses persoais.
b) Porque dese modo se converte en algo grato e desexado.
c) Porque posibilita unha mellor adaptación entre texto e lector.
d) Porque se fai realidade o ámbito de liberdade que provoca a lectura
•
Por qué debe ser silenciosa?
Unha lectura colectiva oral non surte os mesmos efectos. A vantaxe do silencio radica
en que mellora o comportamento lector en varias formas:
a) Permite que se lea unha grande variedade de textos, de acordo aos intereses dos
lectores.
b) Significa un esforzo menor que permite concentrarse na comprensión.
c) Elimina tensións ao non haber xuízo público das súas habilidades lectoras ou de
comprensión (como si acontece na lectura oral pública).
d) Permite que o lector respecte e adecúe a súa lectura aos seus propios ritmos.
e) Acostuma o estudante a utilizar a lectura como método de estudio.
f) Elimina mediatizadores externos tales como pronunciación, altura e timbre de voz,
preocupación polo auditorio, avaliación do docente, etc.)
g) Pon en práctica as técnicas de lectura ensinadas previamente.
h) Mellora a Ortografía de palabras usuais ao velas e lelas ben escritas en forma
permanente.
•
Por qué nós tamén debemos ler?
Isto baséase en que grande parte das condutas se adquiren por imitación de modelos
persoais e, sabido é, que os docentes son un modelo importante, pois están axiña do
modelo que achegan os pais. As condutas son complexas, combinan elementos
cognoscitivos, motores e afectivos que non poden transmitirse cunha mera instrución.
Un adulto que le algo que lle interesa, cunha boa postura e atención, é un exemplo
potentísimo superior a calquera advertencia ou suxestión. Por iso é necesario que vexan
lendo tamén, nesas ocasións, a persoal administrativo e directivo.
CITAS DO LIBRO de Beatriz ACTIS “¿Qué, cómo y para qué leer?”
Ed. Homo Sapiens – Colección Leer y Escribir. Buenos Aires, 2002
“A la pregunta “¿Por que nuestros niños y nuestros jóvenes no leen?, se podría
responder simplemente: “¿Y por qué deberían hacerlo?” “Porque éste es uno de los
objetivos principales de nuestra escuela obligatoria, también llamada escuela de leer y
escribir”, rebatiría el ingenuo interlocutor, que en ese momento, probablemente, notará
que se ha metido en un callejón sin salida. Y es que aquí está la raíz del problema: a la
mayoría de los niños no le gusta leer y no leen, pero en la escuela se enseña a leer y
todos van a la escuela. Esto significa que la escuela no es capaz de enseñar a leer, que
comete errores graves y generalizados justamente cuando hace las primeras y más
importantes propuestas educativas”.
Francesco TONUCCI
“La enseñanza de la lengua en la escuela obligatoria tiene que garantizar que los
ciudadanos y ciudadanas que van a vivir en el futuro en esta sociedad alfabetizada
puedan desarrollar sus funciones fundamentales.
Estas funciones son las de utilizar la lengua en todos sus ámbitos de uso: escribir cartas,
informes, etc., y aprender a disfrutar de la literatura (...). No sólo es posible que en la
escuela haya placer en la lectura y la escritura, sino que es necesario que lo haya.
Lo que ocurre es que, en este momento, estamos arrastrando un conjunto de prácticas
educativas que no se caracterizan por fomentar el placer, la motivación por la lectura y
la escritura, sino por lo contrario: se caracterizan por fomentar la alienación.
Los medios de comunicación audiovisuales significan una gran competencia con la
lectura y la escritura. Es un momento muy difícil. Pero desde hace muchos años se han
venido levantando voces muy críticas al respecto (...).
La lectura por placer significa, en primer lugar, buscar textos que interesen a los
alumnos y que hablen de sus problemas. Significa fomentar la literatura infantil y
juvenil. Significa también no obligar a los niños a leer este libro o el otro, sino dejar que
ellos elijan. Y permitir que, si no les gusta, lo dejen y vayan a otro libro. Es decir, actuar
de la misma forma en la que actuamos los adultos.”
Daniel Cassany
“Si aprender a nadar fuera definido como un contenido escolar para todos los niños,
debería haber piscinas en todas las escuelas y los maestros deberían saber nadar.
Además, seguramente, a nadie se le ocurriría dejar a un chico solo en el medio del agua
y se harán todos los esfuerzos para que no tuviera miedo de entrar a la pileta, con la
suposición de que todos pueden aprender a nadar.
Les pedimos que aprendan a leer y a escribir, pero sin libros ni bibliotecas, creyendo
que algunos van a poder y otros no y, sobre todo, pretendiendo que les resulte evidente
la relación entre los sonidos del habla y las maracas de la escritura (algo así como
enseñar a nadar sólo a quienes ya saben flotar por sí mismos).
Entrenamos la mano y el ojo, descomponemos rápidamente las palabras, que es como
entrenar movimientos aislados fuera de la pileta. Meterse a la pileta es otra cosa...”
Emilia FERREIRO
(é unha psicóloga especializada na adquisición da lingua escrita)
Equipo de Biblioteca
Outubro 2008
Descargar