Áreas do galego # Gallego

Anuncio
Áreas do galego
• Bloque Occidental
• Isoglosa: cans / cas
• Fenómenos xerais:
1. Gheada (amigho, ghato).
2. Seseo postnuclear (lus, dès /luz, dèz).
3. Metafonías e outras alteracións do timbre ( èla, hòra, tempo, sogro / ela, hora, tèmpo, sògro).
4. Terminación en án (irmán, verán, mañán).
5. Plural −ns (cans, ladróns).
6. Pronome suxeito ti.
7. Vocal temática e (collEche(s), vendEche(s) / collIche(s), vendIche(s).
8. Formas cantei, cantín, cantén, cantein na P1 do IP da C−I.
9. Sufixo número−persoal −des (maioritaria) e −s, −ndes, −is (cantades, cantás, cantandes, cantais).
• Áreas lingüísticas
• Área fisterrá
• Isoglosas: Seseo prenuclear (faser, sinco) e Cheísmo (vinCHE onte)
• Subáreas
A−1: Xallas.
• Ditongo ui (muito, nuite, cuiro, truita).
• Vocal temática i (colliu, partiu) na P³ do IP da C−II e C−III.
A−2 Tambre−Barbanza.
• Ditongo oi ( moito, coiro).
• Vocal temática e (colleu, parteu).
Subáreas de transición.
A−3 Bembibre.
• Ditongo oi (moito, coiro).
• Vocal temática i (colliu, partiu).
• Seseo prenuclear (faser, sinco).
• Sen cheísmo (vinTE onte).
A−4 Compostelá.
1
• Ditongo oi (moito, coiro)
• Vocal temática e (colleu, parteu)
• Seseo prenuclear (faser, sinco)
• Terminación −ao (ou −án) de irmao.
• Área Bergantiñá
• Isoglosas: Seseo prenuclear (faser/ facer), ó sur e suroeste e cans /cas ó leste.
• Fenómenos.
• Sen seseo.
• Sen cheísmo.
• Ditongo oi (moito, troita).
• Vocal temática i (colliu, partiu).
• Área Pontevedresa
• Isoglosas: Cheísmo ó norte e cans/ cas ó leste.
• Fenómenos:
• Radical hub− no tema de perfecto de haber e sup−,sub− como radical de perfecto de saber.
• Radicales tru(i)− e trux− maioritarios fronte a troux−, trougu− para o perfecto de traer.
• Subáreas.
C−1 Ulla−Umia
Isoglosas: esto /isto e moito/ muito.
• Deíctico esto.
• Ditongo oi (moito, coiro).
• VT e (colleu, parteu).
Microsubáreas.
C−1.1 Salnés
• Seseo prenuclear ou a súa ausencia.
• Terminación −án (irmán).
C−1.2 A Ulla
• Sen seseo prenuclear.
• Terminación −ao (irmao).
C−1.3 Moraña−Cotobade.
• Sen seseo prenuclear.
• Terminación −án (irmán).
C−2 Macrosubárea Verdugo−Miño.
Isoglosas esto /isto e moito/ muito.
2
Fenómenos.
• Deíctico isto (hipercaracterizado).
• Formas muito, noite, coiro~couro.
• VT e/i (colleu/ partiu).
Subáreas:
• Verdugo (isoglosa quères/ queres).
Microsubáreas
• Redondela−Mondariz, sen seseo.
• Morrazo−Fragoso con seseo prenuclear. Inclúese a illa de Ons.
• Do Miño (isoglosa quères/ queres, nève/ neve. As formas con vocal pechada son propias desta zona).
Microsubáreas:
• Baixo Miño (C−2A).
• Teísmo (xa TO dixen/ xa CHO dixen).
• Pronome suxeito tu.
• SNP −is, −ndes (cantais, cantandes).
• Miñor (C−2B).
• Sen teísmo.
• SNP −ndes.
• Seseo prenuclear (faser).
• Louriña (C−2C).
• Presencia / ausencia de seseo (facer/ faser).
• SNP −des (cantades).
• Sen teísmo.
• Condado (C−2D).
• Sen seseo (facer).
• SNP −des.
• Sen teísmo.
• Bloque Central
• Isoglosas: cans / cas (occidente), cas / cais (oriente)
• Fenómenos xerais
• Gheada (occidente) e ausencia de gheada (oriente).
• Ausencia de seseo (facer, cinco). Só lus e ves na Coruña e Pontevedra.
• Ditongo oi (moito, noite, coiro).
• Plural −s (sg. −n): cas, ladrós, (sg. can, ladrón).
• Terminación −ao (masc.) / −á (fem.): irmao, verao / irmá, mañá.
• Pronome suxeito ti (occidente) tu (oriente).
• Vocal temática i, etimolóxica, na P² dos perfectos fracos da C−II (collIches, vendIches.
• Terminación verbal −des (cantades) maioritaria.
• Áreas lingüísticas
• Área mindoniense
• Isoglosa: Sufixo modal temporal è/ é, a (cantèmos, collèmos, partèmos/ cantemos, collamos, partamos).
• Fenómenos.
• Pronome suxeito nosoutros, vosoutros no canto de nòs, vòs.
3
• CD enclítico −i no canto de −o.
• Formas verbais (es)teña, seña, vallo, sallo.
• Léxico específico: barruzar, golpe, cimo/ chuviñar, raposo, grelo.
• Subáreas:
A−1 Occidental, con gheada.
Microsubáreas:
• A Capelada−Ferrol−Guitiriz con pronome suxeito ti.
• Viveiro−Xermade con pronome suxeito tu.
A−2 Oriental, sen gheada.
Microsubáreas:
• A Mariña−Xistral con colleu, parteu.
• A Mariña− Lourenzá con colleu/ partiu.
• Área lucu−auriense
• isoglosas: iste(s) / este(s), il(es)/ el (es).
• Fenómenos:
• Vocal radical u, i no imp. da C−II (culle, bibe, turce/ colle, bebe, torce), especialmemte en falas
ourensás.
• Subáreas:
• Lucense (E−1) caracterizada pola presencia de llo (lle+o) e llelo (lles+o).
• Microsubárea:
• Becerreá:
• Ditongo ui (muito , truita) e oi (noite, oito).
• Terminación −ín (pl. −iños) en camín, padrín.
• SNP −is (cantais)−
• Auriense (E−2) con llo (lle+o, lles+o).
• Microsubáreas:
• A Limia Baixa (E−2A), especialmente os concellos de Lobios e Entrimo.
• Sibilantes sonoras.
• Intestabilidade do è (>e) en queres, neve que tende a pechado.
• Arcaísmos morfolóxicos como decer ou sintácticos como a interpolación.
• A Limia Alta (E.2B), co SNP −ndes de cantandes, collendes, etc.
• O Ribeiro (E−2C) coa terminación −án (pl.−ás) para o feminino de mazán, etc.
• Área central de transición
• Isoglosas: cantèmos, collèmos / cantemos, collamos ó norte; el/ il ó sur.
• Fenómenos:
• Deíctico este e pronome el.
• SMT e en cantemos e a en collamos.
• Subáreas:
4
• Occidental (F−1), coa terminación fem. án (mazán, pl. mazá) e formas colleu, parteu, ou colleu,
partiu.
• Microsubáreas.
• As Mariñas (F−1A), masc. e fem. sg. −án, pl. −ás (irmán, irmás).
• Ordes − Terra de Montes (F−1B), masc. −ao, fem. −án (pl. −ás) (irmao(s), irmán, irmás).
• Meira (F−2), con moito, troita (xeral) e muito, truita; terminación −iño ou −ín (camiño ~ camín) e
SNP (cantais).
• Área oriental de transición
• Isoglosas: il/el no occidente e cas/cais no oriente.
• Fenómenos (de oeste e leste).
• −oit−, −uit−, −ut− (moito, muito, muto).
• SNP −ndes, −is (cantandes, cantais).
• Subárea.
G−1 Oímbra−Vilardevós coa terminación feminina −án (mazán).
• Bloque Oriental
• Isoglosas: cas / cais (occidente) e pèdra, ròda / piedra, rueda (oriente)
• Fenómenos xerais
• Ditongo ua (cuatro, guardar / catro, gardar).
• Ditongo oi (moito, coiro), ui (muito, truita, escuita) ou ausencia de ditongo (muto/ mutio, truta/ trutia).
• Formas con −ax− (baxo, caxa /baixo, caixa).
• Terminación −ín (camín, padrín / camiño, padriño) excepto na zona sur.
• Plural −is (cais, ladrois; sg. can, ladrón).
• Plural −is (animais, caracois; sg. animal, caracol), excepto na área asturiana.
• Perfectos cantein, cantén e futuros cantarein, cantarén.
• Sufixo número−persoal −is (cantais, cantabais / cantades, cantabades).
• Áreas lingüísticas
• Área asturiana
• Isoglosas:
• Terminacións −íus, ías/ −iños, −iñas (molíus, sardías/ muíños, sardiñas).
• Artigo masculino l ~ el/ o (l´amigo, el día/ o día).
• Vocal temática i na P² dos perfectos fortes: (tuviche, dixiche/ tivèche(s), dixèche(s).
• VT è nos perfectos fracos da C−II (collèmos, −èstes, −èron, −èse/ collemos, −estes, −eron, −ese).
• Fenómenos.
• Timbre etimolóxico en bòn, fònte, pònte.
• Abertura antietimolóxica en lòmbo, canciòn, centèn, chèn (gal. común centeo, cheo).
• Conservación do −L− latino (avòlo, molín, animales).
• Subáreas.
H−1 A Veiga − Oscos − Ibias.
• Conservación −L− latino (la, leite).
• Simplificación −LL− latino (cabalo, ela).
5
H−2 Salave − Coaña − Boal.
− Palatalización ( e posible deslateralización) de L− e −LL− latinos (lla, lleite; caballo, ella).
• Área ancaresa
• Isoglosa: Vocalismo nasal (cães/ cans).
• Fenómenos.
• Palatalización do a tónico (irmä, pèdre).
• Gheada (amigho, aghora).
• SNP ø collí, partí, fice, fronte a −n de collín, partín, fixen.
• VT i no TP dos perfectos fracos da C−II (colliu, collira, collise).
• Área zamorana
• Isoglosas:
• SNP ø (collí, partí, fice)/ −n (collín, partín, fixen).
• Pronome átono −o (haio, seio, canteio, deixouo)/ alomorfo −no (haino, seino, canteino, deixouno).
• Fenómeno.
• Confusión dos ditongos oi, ou (noite ~ noute; despois ~ despous).
• Plural peis (sg. pè), verdais (sg. verdà, verdai).
• Terminación −iño (camiño, padriño).
• Pronome suxeito nós, vós con o pechado fronte a nòs, vòs (ou nosoutros, vosoutros).
• Subáreas.
L−1 Porto coa isoglosa da distinción te−che/ teísmo.
• Perda do −g− precedido de i (embiu «embigo», mía «miga») e do −z (lu por luz ou cru por cruz).
• Palatalización do a átono (cäldeiro, casä, fabäs).
• Ausencia de teísmo (xa TE vin, xa CHE dixen todo).
• Desinencia −che na P² do IP (cantache, colliche).
• Desinencia −stes na P5 do IP (cantastes, collistes con VT i na C−II).
L−II A Mezquita−Lubián coa isoglosa da distinción te−che/ teísmo.
• Con teísmo (xa TE vin, xa TE dixen todo).
Microsubáreas.
A Mezquita
• Pronome átono lle.
• VT a nas formas do TP da C−1 (cantache, cantamos, cantara, etc.).
• Desinencia −che na P² do IP (cantache, colleche).
• Desinencia −stes na P5 do IP (cantastes, collestes, con VT e na C−II).
Lubián − Hermisende.
• Pronome átono le.
6
• VT è nas formas do TP da C−I (cantèste(s), cantèmos, cantèra, etc.).
• A desinencia da P² do IP é −stes en Lubián (cantèste(s), colliste(s)).
• Desinencia −steis na P5 do IP en cantásteis, collisteis (con VT i na C−II).
• Área oriental−central
• Fenómenos.
• Sen terminación −íus, ía(s).
• Sen vocalismo nasal.
• Sen formas collí, partí, fice.
• Subáreas.
M−1 A Fonsagrada − O Courel − O Bierzo con terminación −ín (pl −iños) (padrín, camín) e pronome llelo.
Microsubáreas:
• A Fonsagrada − Cervantes con muito, mutio e pronome −ol.
• O Courel con muito e il, iste.
• O Bierzo con muito (e mutio, muto) e el, este. No Bierzo oriental de fala galega hai mantemento do
−L− lat. e formas cantaSTE, collIu, collIra, etc.
M−2 O Valdeorras − Viana, con terminación −iño (camiño, padriño) e pronome llo (lles+o).
Microsubáreas:
• O Valdeorras con muito.
• O Bolo − Viana con muto.
O morto lebantou unha perna pa riba, o morto, e... e claro, botou a correr... Pero, ¿que foi?, dixeron que fora
desta maneira: tíñanll´as pernas atadas e, i−o apear il ó cuarto e`stremecers`o cuarto, rompeu o cordón e
lebantou unha perna pa riba. Desas cousas pasan muito; desas cousas pasan muita na bida esí, que claro,
porque a morte é mui impresionante, non bes, e... i así.
Unha mostra da fala de...
Mª Xosé López Castro
È... xa digho, daquèla eças ebdrômenas qu´había è o das luçes tamên, que vían unha lus alí, que vían a
compaña no outro lado è.. outro que tomaba medo alí, outro tomaba medo è ahora din:
−¿È, and´ir à compaña?
− È vai de vacaçións.
Aghora ninquên fala deço pèr´antes tod´èra medo, habí´à compaña alá no campo das Mòas, aí alí arriba do
que lle chaman, paréçeme ond´hai aí eça leira que lle chaman qu´hai alí unha crus que lle chaman a crus
mona, alí tamên, qu´había alí qu´había´alí medo... outros qu´ouveaban os cans, outros que berraban as peghas
è tod`er`açí, couças de medo é... é xa tíñamos nôs medo bastante.
Seseo e gheada en ...
7
D. Míguez Iglesias
8
Descargar