Calor y Café mobiliza a 50 persoas que axudan a centos de

Anuncio
8| PONTEVEDRA | CIUDAD
DIARIODEPONTEVEDRA|Domingo, 28 de enero de 2007
Unha partida de
apoio de 10.000
euros desde
Benestar Social
Dous usuarios das instalacións, emprazadas na rúa Javier Puig, colocan as súas pertenzas ó chegar ó albergue. A entidade só lles solicita o DNI para poder ter un
rexistro do número de persoas que utilizan o servizo. |JOEL MARTÍNEZ
Calor y Café mobiliza a 50 persoas que
axudan a centos de indixentes ó mes
[Sociedade] O albergue da Sociedad de San Vicente de Paúl dá acubillo cada día a 14
‘sen teito’. “Hay muchísima gente que vive mal”, explica unha das dúas encargadas
L.PÉREZ
Pontevedra|A César Carlos a vida
agasallouno cun golpe na cara. A
súa historia é a dun mozo acostumado a sortear zurdazos despois
dun primeiro e certeiro gancho. Ten
27 anos e leva 11 á intemperie (en tódolos sentidos que poida ter a palabra), o tempo que transcorreu
desde que faleceu a súa nai e quedou só ante o mundo. O caso de César Carlos é só un dos que conforman o pequeno mundo do albergue
de Calor y Café, o proxecto da Sociedad de San Vicente de Paúl que cada
día oferta ós ‘sen teito’ un lugar para
cear un pincho e esquivar a madrugada. A partir das nove da noite e
ata que os usuarios rematan de tomar os pinchos (nesta ocasión empanada, pasteis e café con leite ou
Cola Cao, posto que no centro non
hai posibilidade de cociñar), o mo-
vemento é constante. Varias mulleres encárganse de que os asistentes
estean atendidos entre charla e
charla e mentres algúns repiten e
tripiten prato. Ninguén pode escapar da fame. Por iso sor Mercedes
os anima a comer: “Si queréis
podéis tomar más”, di cariñosamente ós necesitados.
Sor Mercedes é enfermeira xubilada
e unha das encargadas de Calor y
Café. “Yo soy Hija de la Caridad,
entré en la compañía respondiendo
a una llamada de servicio a los
demás, de entrega generosa y desinteresada. Así ha sido toda mi vida”.
Ninguén mellor que esta relixiosa
para explicar que a necesidade está
a flor de pel: visible a pouco que se
busque: “Hay muchísima gente que
vive mal. Estoy convencida”. Pero,
como ela misma dí, gracias ó labor
de Calor y Cafe, cada noite hai 14
persoas que poden durmir baixo
teito. A ocupación depende, segundo explica o secretario da sociedade, da época do ano. De cotío, a
maioría das camas está en uso:
“Para mujeres sólo hay dos, en la
[
zona de la cocina. En cualquier caso,
el porcentaje de mujeres que acude
es muy inferior al de hombres, aproximadamente es de un 10 por
ciento”, indica o secretario, Víctor
Rey. Seguindo cos seus datos, os
usuarios quédanse a durmir uns 10,
15 ou 20 días. Non son ‘eternos
coñecidos’, aínda que algúns retornan ó cabo do tempo.„
yademás]
Para sumarse á idea
Sociedade de San Vicente
de Paúl, que conta cunha
antigüidade de 100 anos na
cidade, move en Pontevedra a 50
voluntarios que colaboran co proxecto Calor y Café. A entidade, que
funciona a base de axudas de particulares, de algunhas entidades e
de subvencións, conta con dúas
persoas contratadas, que son
substituidas nos seus descansos
A
por xente que non cobra por este
traballo.
Para entrar a formar parte do colectivo só é preciso acudir ás instalacións a informarse. A maioría de
colaboradoras son mulleres de 40
a 50 anos. Os hombres son os que,
habitualmente, se encargan de facer as substitucións do persoal
contratado polas noites cando os
traballadores están de descanso.
Máis de 3.320 visitas o ano pasado
■ Cando o secretario é
preguntado polas necesidades das instalacións, un
dos usuarios apenas lle
concede tempo para responder: “Un sitio más
amplio”, susurra entre
sorbo e sorbo. “Sí, en eso
tiene razón”, comenta
Víctor Rey: “El que hemos podido conseguir,
que es éste, está lleno, al
límite. Pero no sé, llevamos dos años y pico,
quizás si seguimos así, a
la vista de las ayudas que
tengamos y de cómo vayamos funcionando, podamos ampliarlo”.
Os números falan: A estatística do ano 2006
amosa que o albergue tivo
3.329 usuarios. Restando
o mes de agosto, cando
permanece pechado, foron unhas 300 estadías
por mes, unha media bastante alta. “Aquí viene
gente de todo tipo. Gente
que tiene problemas con
las drogas, con el aclohol,
con problemas familiares,
que se ve desbordada. Y
hay algunos que no sabemos exactamente por qué
están aquí”.
Para esas personas que
vagan polas rúas sen un
destino definido e que
contan coa axuda importante de proxectos como
Calor y Café ou o comedor
de San Francisco, César
Carlos reclama ademais
unha atención psicolóxica
máis constante das administracións: “En la calle
pasas de todo. La presión
es muy fuerte, en ocasiones te ves agobiado y decaído, uno puede optar
por el alcohol y las drogas.
Habría personas para las
que sería necesario, y yo
me incluyo en ese grupo,
contar con la ayuda de
psicólogos. Cualquiera
puede buscar refugiarse
en ese tipo de cosas y esa
no es la solución”.
Mentres tanto, Cáritas,
San Vicente de Paúl ou o
comedor de San Francisco, outras entidades e
múltiples organizacións
non gubernamentais, intentan facer un pouco
mellor a vida dos `’sen
teito’. Neste caso, con doses de calor e café.„
■ As liñas de colaboración da
Concellaría de Benestar Social
coas entidades que traballan
coas persoas sen recursos serán
obxecto dun novo impulso este
exercicio. O departamento encabezado pola concelleira socialista Margarita Castejón destinará este ano 10.000 euros a
un convenio cos promotores de
Calor y Café para apoiar as actividades en beneficio dos máis
desfavorecidos.
“La plantilla de voluntarios es
muy importante. Son 50 personas que cumplen rigurosamente con un horario de trabajo para atender el dispositivo
del albergue. Todo ello hace que
nos parezca una iniciativa idónea para completar la atención
que se viene
prestando en
San Javier”, O equipo
manifestou a encabezado por
edil en refe- Castejón baralla
rencia ó al- outras ideas
bergue de para aumentar a
Cáritas, emcolaboración
prazado no
barrio ponte- con estes
vedrés
de colectivos
Monte Porreiro, que tamén conta cunha
subvención do Concello e que,
aproximadamente, recibe a uns
veinte ‘sen teito’ cada noite.
Desde Benestar Social enténdese que as instalacións de Pontevedra que ofrecen un espazo
para durmir ás persoas que non
teñen fogar son suficentes na
actualidade. É dicir, que todos os
necesitados teñen un lugar ó que
acudir para pasar a noite.
Outras ideas| A maiores, o departamento do Chalé de Fontoira analiza neste intre a posibilidade de ampliar a axuda a
outras iniciativas. Trátase, en
concreto, do comedor de San
Francisco. Os membros do departamento dirixido por Castejón manteñen contactos cos
responsables do ‘pan dos pobres’ para estudar se é posible
ofrecer os máis necesitados almorzos durante os festivos relixiosos, nos que o comedor permanece pechado.
Castejón puxo sobre a mesa o
traballo que desenrolan os voluntarios que toman parte en
todas estas iniciativas sociais,
que reciben subvencións de Benestar Social. Por outra banda
algunhas dispoñen, tamén, das
liñas de axuda coas que conta a
Vicepresidencia da Igualdade e
do Benestar, encabezada por
Anxo Quintana.„
Descargar