bases educador familiar

Anuncio
BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN, POLO
SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DUN EDUCADOR FAMILIAR, A XORNADA
COMPLETA, NA MODALIDADE DE FUNCIONARIO INTERINO PARA A
EXECUCIÓN DUN PROGRAMA DE CARÁCTER TEMPORAL, POLO SISTEMA DE
OPOSICIÓN LIBRE.
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
É obxecto da presente convocatoria a selección dun educador familiar, asimilado ao
grupo A, subgrupo A2, para atender ao programa de financiamento dos servizos
sociais comunitarios municipais no ano 2015, aprobado por resolución da Presidencia
da Deputación Provincial da Coruña de 5 de febreiro de 2015, BOP núm.27, de 10 de
febreiro de 2015.
O nomeamento realizarase ao abeiro da normativa contida no artigo 23.2.c) da Lei
2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no artigo 10.1.c) do Real
Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da
Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na modalidade de funcionario interino
acollido á execución dun programa de carácter temporal.
Ao aspirante que resulte nomeado seranlle de aplicación as previsións que establece a
Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e o Real Decreto Lexislativo
5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto
Básico do Empregado Público; así como o Acordo Regulador das condicións de traballo
do persoal funcionario do Concello de Arzúa (BOP núm.228 do 27 de novembro de
2014).
SEGUNDA.- FUNCIÓNS.
As funcións do posto son as propias dun/dunha educador/a familiar do departamento
de servizos sociais:
- Promover a adquisición, por parte das familias destinatarias, de competencias e
habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas.
- Poñer a disposición das familias participantes de alternativas, información, recursos e
itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades do contorno.
- Favorecer a integración, promoción e participación social das familias ou unidades de
convivencia.
- Previr e atender as situación que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias
ou grupos de convivencia alternativa.
- Completar o servizo de axuda no fogar cando se identifiquen situacións carenciais ou
de conflicto que deban abordarse por medio da educación familiar.
- Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á mellora das capacidades
educativas e mellora das situación detectadas.
TERCEIRA.- XORNADA.
A xornada ordinaria de traballo será de 37,5 horas semanais.
CUARTA.- DURACIÓN.
1
Ata a finalización do programa para cuxa execución se efectúa a convocatoria de
selección, que é de carácter anual, rematando o 31 de decembro de 2016; podendo
prorrogarse o nomeamento mentres dure o programa, dentro dos límites establecidos
legalmente.
A prórroga deberá ser obxecto de resolución expresa, concretándose o tempo polo que
se prorroga o programa.
QUINTA.- CONDICIÓNS DOS/AS ASPIRANTES.
Para participar nas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos que
a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo
de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:
a) Ter a nacionalidade española, ou algunha outra que consonte ao disposto no artigo
52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, permita o acceso ao
emprego público.
b) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Grao en educación social ou
equivalente; Grao de mestre ou mestra de educación infantil/primaria ou equivalente;
Grao en traballo social ou equivalente; Grao en pedagoxía ou equivalente; Grao en
psicoloxía ou equivalente; Grao en socioloxía ou equivalente; Máster en psicopedagoxía
ou equivalente.
c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha
Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades
autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o
desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de
acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou
inhabilitada.
No caso de nacionais doutros estados, no estar inhabilitado ou en situación
equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria o equivalente que impida no
Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
d) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de
xubilación forzosa.
e) Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o
desempeño das correspondentes funciones ou tarefas.
SEXTA.- PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA.
O anuncio desta convocatoria publicarase no Boletín Oficial do Estado e no Diario
Oficial de Galicia. As bases de selección publicaranse no Boletín Oficial da Provincia.
Asemade, publicarase un anuncio da convocatoria no periódico “La Voz de Galicia” e no
Taboleiro de Anuncios do Concello.
O resto de anuncios relativos a este procedemento selectivo difundiranse mediante a
súa publicación no Taboleiro de Anuncios da Casa do Concello.
SÉTIMA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
No prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación
do anuncio da convocatoria no DOGA, os aspirantes deberán presentar a súa
solicitude, segundo o modelo do ANEXO II destas bases, no Rexistro Xeral do Concello
ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da lei 30/1992, de Réxime Xurídico
das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (neste caso, os
aspirantes deberán comunícalo mediante telegrama ou telefax durante o mesmo prazo
que o de presentación de instancias). A solicitude deberá ir acompañada dun
curriculum vitae do/a aspirante xunto cos orixinais ou copias compulsadas da seguinte
documentación:

documento nacional de identidade ou equivalente.
2

titulacións esixidas segundo o disposto na base quinta, apartado b); que se
acreditarán co orixinal ou fotocopia compulsada das mesmas, ou no seu
defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para a súa obtención
acompañado da certificación oficial de ter superados os estudios conducentes
para a súa expedición.

no seu caso, celga 4 ou equivalente.
OITAVA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.
Rematado o prazo de presentación de instancias, dictarase resolución declarando
aprobada a listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as, con indicación, se é o
caso, das causas de exclusión. Esta resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios do
Concello de Arzúa.
A resolución pola que se aproba lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as será
definitiva no caso de non haber excluídos/as.
No caso de habelos, os/as aspirantes excluídos/as, dispoñen dun prazo de dez (10)
días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación da devandita resolución, para
presentar as reclamacións oportunas ou emendas de defectos, nos termos do art. 71
da Lei 30/92.
Posteriormente elaborarase unha nova lista cos/as candidatos/as definitivamente
admitidos/as e excluídos/as, segundo o resultado das subsanacións a que se refire o
parágrafo anterior, que será igualmente exposta no Taboleiro de Anuncios.
Nesta resolución indicarase tamén cal será a data, lugar e hora na que se haberá de
levar a cabo a proba teórica á que se refire o apartado a.1 da base décima; así como a
composición do tribunal de selección.
NOVENA.- TRIBUNAL DE SELECCIÓN.
O tribunal estará composto por un presidente, tres vocais e un secretario, que serán
designados por Resolución da Alcaldía. Asemade, o tribunal quedará integrado ademais
polos respectyivos suplentes que serán designados xunto cos titulares.
A composición do tribunal axustarase os principios de imparcialidade e profesionalidade
dos seus membros, e tenderase á paridade entre homes e mulleres.
O membros do tribunal deberán posuír titulación igual ou superior á esixida aos
aspirantes como requisito para participar na convocatoria, e non poderá constituírse
nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos mesmos, debendo estar presentes
o/a Presidente/a e o Secretario/a en todo caso.
O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de asesoras/es
especialistas para as valoracións que estime pertinentes. Estes asesores/as deberán
limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz, pero non voto.
Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade
convocante, cando neles concorran circunstancias das previstas no artigo 28 da
Lei30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do
Procedemento Administrativo Común. Os/as aspirantes poderán recusar aos membros
do Tribunal cando se deran calquera das citadas circunstancias.
DÉCIMA.- SISTEMA DE SELECCIÓN (OPOSICIÓN LIBRE).
A selección realizarase tendo en conta o necesario cumprimento dos principios
seguintes:
3
- Igualdade, con especial atención á igualdade de oportunidades entre mulleres e
homes e das persoas con discapacidade.
- Mérito e capacidade.
- Publicidade das convocatorias e das súas bases.
- Transparencia e obxectividade no desenvolvemento dos procesos selectivos e no
funcionamento dos órganos de selección.
- Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
- Independencia, confidencialidade e discrecionalidade técnica na actuación dos
órganos de selección.
- Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a
desenvolver.
- Eficacia, eficiencia e axilidade, sen prexuízo da obxectividade no desenvolvemento
dos procesos selectivos.
O procedemento de selección será o de OPOSICIÓN LIBRE, e desenvolverase en
dúas fases: a) a fase de oposición e b) a fase de entrevista (só para o caso de
exista empate na puntuación final entre os/as dous/dúas aspirantes que obtiveran as
dúas puntuacións mais altas na puntuación final).
a) fase de oposición: A fase de oposición constará de dous exercicios: unha proba
teórica, que terá carácter eliminatorio; e unha proba práctica, que realizarán só
aqueles aspirantes que acaden a puntuación mínima esixida para superar a proba
teórica.
a.1.- Proba teórica: Realizarase un exame tipo test que consistirá en responder
un cuestionario de 30 preguntas sobre os contidos do temario que se recolle no
ANEXO I.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do
DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do
tribunal de selección.
O exercicio realizarase a porta cerrada coa única presencia dos/as
opositores/as, os membros do tribunal e as persoas colaboradoras que este
último designe, no seu caso.
O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 45 minutos.
Cada pregunta formularase con catro respostas alternativas, das que solo unha
será correcta.
Cada resposta correcta valorarase con 1 punto. Cada resposta incorrecta
restará 0,25 puntos. As respostas en branco non puntuarán.
O exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e será necesario para superalo un
mínimo de 15 puntos.
As puntuacións faranse públicas unha vez rematada a corrección dos test,
concretando o lugar, día e hora para a realización da proba práctica.
a.2.- Proba práctica: Realizarase unha proba práctica polos/as aspirantes que
igualasen ou superasen a puntuación mínima de 15 puntos establecida para a
proba teórica.
Os aspirantes seleccionados deberán presentarse para a realización da proba
provistos do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa
4
identidade, a xuízo da Comisión Seleccionadora, e seguirase coma orde de
actuación o das respectivas instancias no Rexistro Xeral do Concello de Arzúa.
A proba práctica consistirá na realización dun suposto práctico determinado
polo Tribunal e directamente relacionado coas funcións propias do posto e co
temario especificado no Anexo I.
Dita proba terá unha duración máxima de 60 minutos. Rematado o tempo de
duración do exame o Tribunal poderá determinar a lectura do exercicio si o
considera conveniente, quedando capacitado para realizar as preguntas que
considere tanto en relación coa exposición do caso práctico como en relación ao
temario da convocatoria especificado no Anexo I. A lectura do exercicio, no seu
caso, non poderá ser superior a 20 minutos para cada un dos aspirantes.
As cualificacións da proba práctica obteranse sumando as puntuacións
outorgadas por cada membro da Comisión Seleccionadora con dereito a voto
e dividindo a puntuación total resultante entre o número de membros da
Comisión con dereito a voto.
O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e será necesario para superalo un
mínimo de 10 puntos.
As puntuacións faranse públicas unha vez rematada a súa corrección,
concretando o lugar, día e hora para realizar a proba de galego, no seu caso.
a.3.- Acreditación do coñecemento do galego.
A acreditación do coñecemento da lingua galega realizarase coa presentación
(antes da finalización do prazo de presentación de instancias) do certificado de
coñecemento da lingua galega CELGA 4, ou equivalente, debidamente
homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta
de Galicia, de acordo co disposto na ORDEN de 10 de febreiro de 2014 pola
que se modifica a Orden de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os
certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega
(Celga), publicada no DOG nº 34, de 19 de febreiro de 2014.
Os/as aspirantes que non podan acreditar o coñecemento do galego da forma
prevista no punto anterior deberán de acreditalo mediante a realización dunha
proba de galego que terá carácter obrigatorio aínda que non eliminatorio.
Dita proba consistirá na traducción directa do castelán ao galego dun texto
proposto polo Tribunal durante un tempo máximo de 30 minutos e sen axuda
do diccionario.
O exercicio cualificarase cun máximo de 2,5 PUNTOS.
Aos aspirantes que posúan o CELGA 4 (ou superiores) atribuiráselles a máxima
puntuación nesta proba (2,5 puntos).
A puntuación final virá determinada pola suma da puntuación obtida na proba teórica,
na proba práctica e na acreditación do coñecemento de galego. Aos efectos da súa
notificación colectiva publicarase un Anuncio no Taboleiro, indicando a puntuación
5
obtida por cada un dos/as aspirantes en cada unha das probas, así como a suma das
mesmas.
O Tribunal cualificador proporá ao Alcalde o nomeamento do/a aspirante que obtivera
a maior puntuación, sen que poidan ser propostos mais aspirantes que o
correspondente ao posto que se pretende nomear; e sen prexuízo de trasladar a
proposta de nomeamento en favor do seguinte ou seguintes aspirantes pola orde de
puntuación, para o suposto de que o primeiro (ou seguintes) non puideran acreditar os
requisitos necesarios para ser nomeados, ou renunciasen a tal nomeamento.
No caso de quedar deserto o proceso selectivo por non superar ningún aspirante as
probas ou por non presentarse ningún a esta, o alcalde queda autorizado a convocalo
novamente cantas veces fose necesario, de conformidade coas presentes bases.
b) fase de entrevista: No caso de empate na puntuación final entre os/as dous/dúas
aspirantes que obtiveran as dúas puntuacións mais altas na puntuación final, os/as
dous/dúas aspirantes empatados/as terán que realizar unha entrevista para
desempatar.
Para a realización desta entrevista, os aspirantes serán convocados polo tribunal na
data, lugar e hora indicada no Taboleiro de Anuncios do Concello, xunto cos resultados
da cualificación final.
O tribunal convocará aos aspirantes en chamamento único, seguindo coma orde de
actuación dos aspirantes o da presentación das súas respectivas instancias no Rexistro
Xeral do Concello de Arzúa.
A entrevista versará sobre o curriculum vitae dos/as aspirantes e a adecuación e
coñecementos dos/as mesmos/as en relación co posto de traballo. O Tribunal poderá
formular aos/ás aspirantes as preguntas que considere oportunas.
A entrevista será valorada de 0 a 2,5 puntos, e o/a aspirante que obteña máis
puntuación será proposto para ocupar o posto de traballo.
DECIMOPRIMEIRA.- INCIDENCIAS.
O tribunal de selección queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten e
para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento deste procedemento de
selección en todo o non previsto nas presentes Bases.
DECIMOSEGUNDA.PROPOSTO.
ACHEGA
DE
DOCUMENTACIÓN
POLO
ASPIRANTE
O/a candidato/a seleccionado/a deberá achegar ao Departamento de Secretaría, no
prazo de 3 días contados dende o seguinte ao da publicación do correspondente
anuncio no Taboleiro de anuncios, a seguinte documentación:
1.- Certificado médico oficial de non padecer enfermidade nin estar afectado por
limitación física ou psíquica que sexa incompatible co exercicio das funcións para as
que resultou seleccionado/a.
2.- Declaración responsable de non ter sido separado/a, mediante expediente
disciplinario, do servizo de ningunha administración pública, nin atoparse inhabilitado/a
por sentencia firme para o desempeño de empregos ou cargos públicos.
3.- Declaración responsable de no estar incurso en causa de incompatibilidade do
persoal ao servizo das administracións públicas conforme á normativa vixente.
DECIMOTERCEIRA.- NOMEAMENTO DE FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA
A EXECUCIÓN DO PROGRAMA DE CARÁCTER PERSOAL E TOMA DE
POSESIÓN CON TAL CARÁCTER.
6
Presentada a documentación requirida na base anterior, o/a aspirante seleccionado
será formalmente nomeado/a funcionario/a interino para o programa obxecto destas
bases.
O nomeamento notificaráselle á/ao interesado/a e publicarase no Taboleiro de
Anuncios do Concello para que tome posesión, sen prexuízo doutras publicacións
complementarias.
A toma de posesión efectuarase dentro do prazo máximo dun mes, contado dende o
día seguinte ao da publicación do nomeamento. De non tomar posesión no prazo
indicado, sen causa xustificada que deberá ser alegada e aceptada, decaerá nos seus
dereitos.
Para o suposto de que a persoa nomeada como funcionario/a interino/a non se
presente a tomar posesión, ou unha vez tomada posesión renunciase ou tivera que ser
cesado/a por calquera das causas previstas na normativa de aplicación, poderá
realizarse un novo nomeamento co seguinte (ou seguintes, no seu caso) aspirante pola
orde de puntuación que lle corresponda na relación de aprobados.
Tamén para o caso de que a persoa nomeada como funcionario/a interino/a teña que
ser substituído por incapacidade temporal ou permanente, maternidade, vacacións ou
causas semellantes, poderá realizarse un novo nomeamento co seguinte (ou seguintes,
no seu caso) aspirante pola orde de puntuación que lle corresponda na relación de
aprobados, ata que se incorpore a persoa substituída.
DECIMOCUARTA.- CESE.
Dado o obxecto da convocatoria e das presentes bases o/a aspirante seleccionado
cesará quedando revocado o seu nomeamento, ademais de polas causas de perda da
relación do servizo previstas na lei, cando finalice a causa que deu lugar ao seu
nomeamento.
DECIMOQUINTA.- RECURSOS.
As presentes bases como todos os actos derivados do procedemento de selección
poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei
30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento
Administrativo Común e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción
Contencioso-Administrativa.
DECIMOSEXTA.- RÉXIME XURÍDICO.
O proceso selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto
nelas, ou en aquelo que as contradiga, será de aplicación o establecido nas seguintes
disposicións, así como no resto de disposicións que resulten aplicables:
- Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o
Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público;
- Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local;
- Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto
Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local;
- Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras
básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de
selección dos funcionarios da Administración Local;
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia;
- Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes;
7
- Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento
xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado;
- Real Decreto 365/1995, de 10 de marzo, por el que se aprueba el Reglamento
de situaciones administrativas de los funcionarios civiles de la Administración
General del Estado.
ANEXO I
TEMARIO
1. A organización municipal. Órganos necesarios e órganos complementarios.
2. A potestade regulamentaria das entidades locais. Órganos titulares. As ordenanzas e
regulamentos. A publicación das normas locais.
3. Plan de igualdade de oportunidades do Concello de Arzúa.
4. Prevención de riscos laborais.
5. Competencias e funcións do/a educador/a familiar.
6. Técnicas e instrumentos na educación familiar. Modelos de intervención,
metodoloxía e evaluación.
7. Habilidades básicas na entrevista en intervención familiar. Técnicas de entrevista en
intervención familiar.
8. A atención temprana, obxectivos, modelos de intervención, ámbito de actuación.
9. Proxectos socio-educativos: definición, elementos, xestión e estratexias.
10. Avaliación dun programa de actividades. Eficacia e eficiencia. Os indicadores.
11. Relacións e intervención cos centros educativos dende a intervención familiar:
menores con necesidades educativas especiais e recursos nos centros educativos.
12. Acoso escolar. Concepto. Causas. Perfil do agresor e da víctima. Intervención
dende o servizo de educación e apoio familiar dos servizos comunitarios básicos.
13. Intervención familiar en situación de malos tratos á infancia.
14. A violencia de xénero. Tipos de violencia. Efectos da violencia no ámbito familiar.
Indicadores para a detección dos malos tratos.
15. Intervención en familias que sofren violencia doméstica.
8
ANEXO II
MODELO DE SOLICITUDE
D/Dona ______________________________________________________ con DNI n°
________________________ e domicilio a efectos de notificacións en _____________
______________________________________________________________________
con n° de teléfono _________________/____________________ e correo electrónico
______________________________________________________________________
declaro coñecer e aceptar as bases publicadas no BOP da Coruña nº ............. de
data .............../............../.............. para participar no proceso para a selección e
nomeamento como funcionario interino, dun/ha educado/a familiar, para a execución
dun programa de carácter temporal, cal é o programa de financiamento dos servizos
sociais comunitarios municipais no ano 2015, aprobado por resolución da Presidencia
da Deputación Provincial da Coruña de 5 de febreiro de 2015, BOP núm.27, de 10 de
febreiro de 2015.
Baixo xuramento/promesa declaro cumprir todos e cada un dos requisitos
imprescindibles para participar neste procedemento selectivo, comprometéndome a
xustificalos se resulto/a seleccionado/a ao remate do proceso de selección.
Por todo isto SOLICITO tomar parte neste proceso de selección, acompañando á
presente solicitude orixinais ou copias compulsadas da seguinte documentación:
 documento nacional de identidade ou equivalente
 titulacións esixidas segundo o disposto na base quinta, apartado b); que se
acreditarán co orixinal ou fotocopia compulsada das mesmas, ou no seu
defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para a súa obtención
acompañado da certificación oficial de ter superados os estudios conducentes
para a súa expedición
 no seu caso, Celga 4 ou equivalente
 curriculum vitae do/a aspirante
En Arzúa, a ______ de ____________ de 20____
Asdo. _________________________________
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE ARZÚA.
9
Descargar