Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Anuncio
Traballo: “Arredor de si”
Asignatura: Literatura Galega do S. XX.
1. Contexto histórico
Os anos vinte e trinta foron anos de crises políticas e convulsións sociais nos
que os acontecementos históricos se sucederon con rapidez. Neste constante
bulir, o mundo da cultura galega coñeceu un período de avance e afianzamento
dunha importancia tan radical que se pode comparar co que supuxo o
Rexurdimento no século anterior.
1.1. PARTIDO GALEGUISTA Y ESTATUTO DE AUTONOMÍA.
A
Partir do ano 1922, impuxéronse dentro das Irmandades as teses
culturalistas ás políticas. Debeuse isto ó fracaso das Irmandades
nas eleccións e mas á dictadura de Primo de Ribera, que, ó limita-la
actividade política, acabou levando os homes das Irmandades cara
a unha maior actividade cultural. Durante os anos vinte, o galeguismo deixou
os seus mellores froitos no terreo cultural: publicacións de revistas, creación
de editoriais, actividade literaria…
O galeguismo non volvería contar cunha organización política de relevo ata a
República, coa fundación no ano 1931 do Partido Galeguista. Neste partido
integráronse numerosas organizacións de carácter galeguista así como
personalidades independientes que, en Moitos casos, procedían das
Irmandades.
No partido galeguista reproduciuse tamén a división entre culturalistas e
políticos, pero isto non lle impediu consegui-lo seu obxetivo fundamental: a
consecución dun Estatuto de autonomía para Galicia. Con el o país podería
comenza-la súa restructuración económica e a súa restauración cultural e
lingüística. O 28 de xuño de 1936 o referendo deu unha esmagadora maioría
de votos afirmativos a prol do Estatuto. O levantamento de Franco e a
posterior querra fixeron imposible a súa posta en práctica.
2. CONTEXTO CULTURAL
Os anos vinte supuxeron un paso decisivo na consolidación da narrativa
galega, xénero que, desde o Rexurdimento, non se daba posto ó nivel da lírica.
É significativa a aparición de coleccions de narrativa, entre as que destacaron
Céltiga de Ferrol e Lar da Coruña. Se a isto se engade a parición de editoriais
propias, como a Editorial Nós, comprometidas co feito cultural galego,
Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.
Traballo: “Arredor de si”
Asignatura: Literatura Galega do S. XX.
comprenderase que nestes anos a narrativa galega alcanzou a madurez e albiscou
novos horizontes.
A conquista da prosa como xénero de cultivo literario en lingua galega así
como a súa incorporación a parámetros de modernidade foi sobre todo resultado
das angueiras dos homes do grupo Nós, nucleados entorno a Risco, Otero
Pedrayo, Castelao e Cuevillas. Con eles supérase definitivamente a narración de
tipo folclórico, predominante daquela, e incorpóranse novos elementos, entre os
que destacan dous:
•
O didactismo en favor da reconstrucción dunha concienca galeguista no
lector. O sentimento da terra, o amor e valoración do propio e un dos
obxectivos principais.
•
O humor, non entendido como chiste fácil, senón no senso máis
profundo e sutil, que non é outro que o dunha forma de comprender e relativizar do
home galego: tódalas cousas deste mundo son asegún_diría Risco.
2.1. GRUPO NOS, CARACTERISTICAS E REVISTA NOS.
A
no 1920, comenzou a publicarse a revista Nós, deu
nome a unha xeración de intelectuais de suma
importancia. O seu programa consistiu en soergue-la
cultura galega do folclorismo e do influxo unilateral
da cultura española. Con eles, a cultura galega logrou facerse
universal, dialogar con outras culturas do mundo e entrar en
contacto directo coas ideas estéticas e científicas que
percorrian Europa. Esté periodo (época Nós) e unha época de esplendor
literario cultural, fan de imán para actividade das distintas xeracións.
Catro xeracións erguen a cultura do país que son:
•
Irmandades da Fala
•
Grupo Nós
•
Grupo dos novecentistas
•
Seminario de Estudios Galegos
3. Ramón Otero Pedrayo
3.1. N BIOGRAFÍA
Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.
Traballo: “Arredor de si”
Asignatura: Literatura Galega do S. XX.
aceu en Ourense (1888-1976) procedía de familia fidalga con pazo en
Trasalba. Doutor en xeografía e historia, dedicouse a docencia, primeiro
catedrático de instituto e logo de universidade, colaborou con Castelao no
Partido Galeguista, foi deputado durante a segunda República. Retirado o
exilio interiro trala guerra civil. A sua traxectoria, como narrador iniciouna xa
maduro, con 36 anos, con tres novelas breves. Pero foi en 1928 en 1930
cando publicou as que son consideradas a súas dúas novelas máis
importantes:
•
Os camiños da vida (1928) estructurada en tres partes, é un magnífico
cadro da sociedade do século XIX.
•
Arredor de si, (1930) é o retrato da súa propia xeración, a través de
Adrián Soloibo.
Pedrayo escribiu novelas de asunto histórico, cultivou o ensaio, autor de teatro
en menor medida de poesía.
3.2. OBRAS
Sus obras, excepto las de ensayo, ordenadas cronológicamente son:
• Pantelas, home libre (Pantelas, hombre libre) (relatos breves) (1925)
• O purgatorio de don Ramiro (El purgatorio de don Ramiro) (relatos
breves) (1926)
• Escrito na néboa (Escrito en la niebla) (relatos breves) (1927)
• Os caminos da vida (Los caminos de la vida) (novela en tres libros)
(1928)
• A lagarada (La lagarada) (teatro) (1928)
• Arredor de si (Alrededor de sí) (novela) (1930)
• Contos do camiño e da rúa (Cuentos del camino y de la calle) (relatos
breves) (1932)
• Fra Vernero (novela) (1934)
• Teatro de máscaras (teatro) (1934)
• Devalar (novela) (1935)
• O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (1936)
• O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (relatos breves) (1936)
• O desengano do prioiro (teatro) (1952)
• Entre a vendima e a castiñeira (Entre la vendimia y la castañera) (1957)
(relatos breves)
• Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (Bocaribera. Poemas para leer y
quemar) (poesía) (1958)
• Rosalía (diálogo teatral) (1959)
• O señorito da Reboraina (El señorito de la Reboraina) (novela) (1960)
• O fidalgo e a noite (El hidalgo y la noche) (diálogo aparentemente
teatral) (1970)
• Noite compostelá (Noche compostelana) (diálogo aparentemente teatral)
(1973)
Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.
Traballo: “Arredor de si”
Asignatura: Literatura Galega do S. XX.
•
O Maroutallo (El Maurotallo) (1974) (relatos breves)
3.3. ARREDOR DE SI
P
úblicouse en 1930, nesta obra retrata a xeración de Pedrayo, pero,
sobre todo retrátase a se mesmo na figura do protagonista, o
intelectual Adrián Solovio. Esté, después de debullar a súas
inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive
unha crise que o leva ao encontro de Galicia e de se mesmo.
A acción desenrólase no pensamento do protagonista. Trátase, dunha acción
interior, dunha intriga psicolóxica, acción externa refire a viaxe de Adrián
Solovio, por diversas cidades españolas e europreas, nas que se vai
producindo a súa transformación. Ao final, Solovio regresa ao ámbito inicial (a
aldea, Galicia), que aparece agora valorado de forma positiva.
Esta novela e culturalista, ten unha estructura relacionada co relato mítico
adaptado o mundo contemporáneo. O protagonista, coñece as experiancias
da morte (co pasamento do seu tío D. Bernaldo e a fin do seu mundo), da
sexualidade (coa marquesa de Portocelos) e do sagrado (coa descuberta de
Galicia) a o longo dun periplo de nove meses nos que se xesta a súa nova
personalidade. Ao final o protagonista encarna o triunfo da conciencia nacional
e comprácese en lembrar o seu itinerario de perfección, como exemplo o
ensino para os mais.
•
Novela culturalista, as accións e os personaxes perden relevancia en
prol da exposición de ideas e referencias culturais, que son claves para
a interpretación de Galicia.
•
A paixase, actúan tres elementos:
1. Factor cósmico (as forzas xeolóxicas, astronómicas e
atmosféricas).
2. Factor biolóxico (flora e fauna).
3. Factor humano (agricultura, arquitectura, arte).
Cada un deles establece o seu propio tempo: o planetario o vital e histórico. A
paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home, configurando a súa
psicoloxía.
Bibliografía:
Libro 4º de ESO lingua e literatura
Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.
Traballo: “Arredor de si”
Asignatura: Literatura Galega do S. XX.
Obradoiro S.A. / Grupo Santillana de Ediciones
Literatura galega 3º de BUP
Edicions Xerais de Galcia.
Índice:
Pag. 1
Pag. 1
Pag. 1
Pag. 2
Pag. 2
Pag. 2
Pag. 3
Pag. 4
Contexto Histórico
Partico Galeguista y Estatuto de Autonomía
Contexto Cultural
Gupos Nós, Características e Revista Nós.
Ramón Otero Pedrayo, Biografía.
Obras de R.O.P.
Arredor de si.
Biografía.
Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.
Descargar