capturar a realidade

Anuncio
| CITIC | TECNOLOXÍA LIDAR |
CAPTURAR A REALIDADE
O CITIC APOSTA POLA TECNOLOXÍA
LIDAR EN DOUS PROXECTOS
A
tecnoloxía LiDAR –Light Detection and Ranging- significa
detección e medición a través da luz e permite determinar
a distancia dende un emisor láser a un obxecto ou superficie mediante pulsos de láser, de tal maneira que podan
reproducirse nun mapa.
¿O resultado dun proceso LiDAR? Denomínase “nube de puntos”
do terreo escaneado, creando una representación tridimensional do
mesmo mediante decenas de miles de puntos por segundo. Trátase dunha base de datos de vértices nun sistema de coordenadas
tridimensional, e os devanditos vértices representan puntos das
superficies dos obxectos escaneados que poden levar ademais outra
información asociada, como as cores ou o índice de reflectividade.
O número de puntos que unha desas bases pode acubillar rolda as
decenas, centos ou incluso miles de millóns. É certo que os datos
individuais teñen unha estrutura matemática sinxela -simples puntos
no espacio sen topoloxía algunha- mais semellante cantidade de
información constitúe todo un reto no seu tratamento.
Malia o enorme potencial desta tecnoloxía para facer fronte a
proxectos de enxeñaría, a súa aplicación práctica na realidade enfróntase á carencia de ferramentas específicas que poidan manexar
semellante cantidade de datos.
O Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as
Comunicacións (CITIC) desenvolve os proxectos baseados nesta tecnoloxía que está a revolucionar o mundo industrial e da construción.
O primeiro é ToVIAS, acrónimo de Topographic Visualization,
Interaction and Analysis System, un sistema desenvolvido en
colaboración ca empresa de consultoría técnica Enmacosa S.A. e a
Universidade da Coruña. Trátase dunha iniciativa de I+D+i financiada
polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e
fondos FEDER, que se dirixe a xerar o coñecemento e as ferramentas
precisas para traballar con datos topográficos 3D, extraidos con escáner láser, e aplicados ao eido da enxeñería.
O principal obxectivo de ToVIAS é crear una ferramenta na que
os datos masivos de nubes de puntos se integren no sector da
enxeñaría, sendo así un piar fundamental para que os proxectos máis
complexos cheguen a bo porto. Desta maneira, poderán ofrecerse
servizos máis fiables completos e complexos, a un custe menor, incrementando enormemente a produtividade. Estas condicións repercutirán positivamente en proxectos de enxeñaría civil, do sector forestal,
do sector da enxeñería industrial ou o de patrimonio e edificación.
Dentro dos obxectivos específicos de ToVIAS atópase, entre outros,
o de desenvolver una metodoloxía estándar para a “captura da
realidade” en iniciativas de enxeñería con tecnoloxía LIDAR terrestre
e fomentar novas liñas de negocio que aumenten a produtividade e a
competitividade no ámbito nacional e internacional.
O desenvolvemento de ToVIAS fundaméntase na Topografía, Deseño Asistido por Ordenador CAD), Sistemas de Información Xeográfica
(GIS), Fotogrametría terrestre e LIDAR. Tralo proxecto atópase o coñecemento e a investigación en Redes de Neuronas Artificiais e Sistemas Adaptativos. Juan R. Rabuñal Dopico, un dos investigadores do
CITIC, encargado do desenvolvemento software de ToVIAS, sinala que
“unha das vantaxes competitivas de ToVIAS é a súa capacidade para
visualizar os datos dunha maneira case instantánea”.
O segundo dos proxectos chámase VGLIDAR, un visualizador
de datos LIDAR no que se está a desenvolver una aplicación web
multiplataforma –apta para tabletas, ordenadores ou móbiles– que
permite a visualización e interpretación a través de datos LIDAR.
“Unha das características deste proxecto é a visualización en tempo
real e interactiva, permitindo navegar por unha realidade aumentada,
de grandes terreos, polo que se está desenvolvendo con WebGL”,
apunta Margarita Amor López, investigadora do Área Tecnolóxica de
Computación de Altas Prestacions (HPC), do CITIC.
O proxecto VGLIDAR foi inicialmente concibido para ser aplicado
ao ámbito da enxeñaría agrónoma. Porén, informa o CITIC, a súa
aplicación podería chegar até as Smart Cities. Inclúe ademais xeolocalización, cálculo e visualización dos datos de acordo a diferentes
propiedades, realidade aumentada –é dicir, integrar os datos LiDAR
co que se está vendo nese intre- ou medir xeometrías marcadas
polo usuario sobre esa imaxe, tales como alturas, traxectos, áreas ou
volumes. 
http://citic-research.org/
Cofinanciado por:
Número 134
Código Cero | 15
Descargar