ENRIQUE SILVA PENIZA “QUIQUE”

Anuncio
ENRIQUE SILVA PENIZA
“QUIQUE”
Enrique Silva Peniza en 2004 co netiño Hugo.
Traemos hoxe a semblanza dun guardés que está pasando por unha grave
enfermidade que día a día está “minando” a súa fortaleza física, co desexo
de que apareza un “miragre” é se repoña. No Libro Programa das Festas do
Monte 2005 a Comisión de Festas quixo poñer en letras impresas unha
pequena homenaxe a este guardés, colaborador das Festas en varias
Comisions ó longo dos anos, traballador, deportista, actor e músico
afeccionado dende a infancia.
Nado o día 15 de novembro de 1934 na rúa Oliva, fixo estudos na
escola graduada do Colexio M.R. Sinde co mestre don Braulio Rodríguez
Couceiro, logo pasa á escola de dona Aurora González Neira, onde con
quince anos remata os estudios primarios.
Traballou de peón uns anos na empresa RYM [“Riego y Moreira”,
sociedade entre José Riego “Tío Pepe”, e Arístides Moreira], logo pasa a
aprende-lo oficio de zapateiro con Serafín Lomba “O Coxo”, pero o seu
verdadeiro mestre neste oficio foi Esteban Doiro Rodríguez, un gran
profesional, establecido na Praza Nova fronte ó establecemento de Curtidos
de Bernardino Portela Martínez (antiga Casa de “Pichipén”), con quen
comparte afección polo fútbol.
No ano 1963 pasa a traballar en Santa Lucía S.A. cómo cobrador, en
1964 traballa na firma local de José Riego Lomba ata 1982, máis tarde
establécese de zapateiro na rúa Concepción Arenal [nas Galerías que están
fronte á Praza de Abastos], logo traballou dous anos en Litografías Espinosa
de O Porriño, collendo a xubilación. Nestes anos colaboraba coa Agrupación
Coral da Guarda, Grupo Marino e en obras de teatro na faceta humorística.
Casa con Josefa Matos Costa, de Camposancos, en outubro de 1966
formando unha familia da que nacen tres fillas e dous fillos. A súa muller a
coñece a través dos Festivais Artísticos que se celebraron no Teatro Cine
Avenida nos anos 1960/61, onde ámbolos dous interviñan como
protagonistas nos distintos eventos culturais.
Aparte de ser un afeccionado e intérprete de música de harmónica,
outra faceta foi o fútbol, do que era grande afeccionado. Comezou a xogar
de porteiro no equipo de barrio “Atlético Guardés”, sendo algúns
compañeiros. Agustín Riego Lomba “Conejín”; Horacio Lomba de la Peña;
Pepiño Parente e Carlos Martínez Troncoso “Carlitos” (Consúl español
honorario en Baraona – República Dominicana), entre outros.
Pasa a xogar no Gimnástica Deportiva Miño de Camposancos en
1953, “O Miño”.
Equipo do G.D. Miño en 1953.
Enrique Silva Peniza “Quique” xogaba de reserva, sendo o porteiro titular
Esteban Doiro Rodríguez.
De esquerda a dereita: Camilo Balado directivo; Delfín Lorenzo
Cividanes; Esteban Doiro Rodríguez; Angel Alfonso Rebollar “Zurdo”;
Generoso Matos Rodríguez “Chiño”; Juan Freitas “Darse”; José Alfonso
Rebollar “Pepiño”; Enrique Silva Peniza “Quique”; O Directivo, Arístides
Moreira Portela; Narciso Alfonso Rebollar “Narciso”; Agustín Riego Lomba
“Conejín”; José Carrero Carrero “Carrero”; Manuel Díaz González “Ligero” e
Aguinaldo Álvarez Portela “Aguinaldiño”.
Mais tarde en 1958 pasa a xogar no C.D. Ribera de O Rosal, para en
1959 xogar no Club Unión Guardesa en serie A Rexional. En 1960 pasa a
xogar no Club Sporting Guardés
Un dos conxuntos do Sporting Guardés dos primeiros tempos.
Domingos Pérez Martínez “ Mingos O Carruallo”; José A. Uris Guisantes;
Antonio Glez Lomba “Santa María” ou “Escucha”; Ermelindo Pena Alonso
“Erme”; Manuel Rodríguez Ferreira “Peolla IIº”; Joaquín Morales González
“Quinito”; Benjamín Álvarez Portela “Jamín”; Enrique Silva Peniza “Quique”;
Celso Ferreira “Cueviñas”; Manuel Martín Baz “Manolito”; Fernando
Rodríguez Álvarez “Fernando”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Manuel
Berrecoso Rodríguez “Berrecoso” e Luis Alberto Franco Lomba “Berto”.
O oito e setembro de 1968 [Festividade da Virxe da Guía e
patroa do barrio de Ribadavila, onde Quique vivíu a súa nenez, xunto a seu
tío don Cándido Rodríguez Vicente, presbítero da parroquia de Santa María
da Guarda e capelán das HH. Carmelitas no Colexio san Xosé ], o Sporting
Guardés dedicou unha homenaxe ao garda redes guardés Enrique Silva
Peniza despois de quince anos xogando como afeccionado.
O encontro foi disputado entre o Turista F.C. de Vigo e Sporting
Guardés [non sei o resultado].
Enrique Silva Peniza “Quique” en 1968 no partido homenaxe que lle fixo o
Club Sporting Guardés. Día da Festividade da Virxen da Guía.
Fotografía de propiedade de Quique
O encontro foi entre o Turista F.C. de Vigo e Sporting Guardés.
Equipo do Sporting Guardés que xogou en Sabariz en 1961, con camisetas
verdes.
De esquerda a dereita: Javier Franco Lomba; Víctor Manuel Baz
Coello “Salmerón”; Benjamín Álvarez Portela “Jamín”; Antonio González
Lomba “Santa María”; Joaquín Morales González “Quinito”; Manuel
Rodríguez Ferreira “Peolla Iº”; Fernando Pérez Sierra “Sierra”; Enrique Silva
Peniza “Quique”. Abaixo: Celso Ferreira “Cueviñas”; Nemesio Vaquero;
Florencio Gutiérrez Melero “Melero”; Manuel Berrecoso Rodríguez
“Berrecoso” e Luís Alberto Franco Lomba.
A afección á harmónica colleuna cando tiña quince anos, debido a
que chegara a Vila da Guarda un grupo musical do país vasco, entre eles
viña un solista de harmónica moi bo, e dende aquela entroulle o “gusanillo”,
mercando en Bazar Cadilla unhas harmónicas que valían tres pesetas, pero
que eran moi malas [a penas duraban unhas semanas], os cartos eran
“aportados” por o seu tío don Cándido Rodríguez Vicente, máis tarde
conseguiu unha harmónica de boa calidade marca “Fado” de Portugal que
custara cincuenta pesetas, provintes dunha colecta popular comezada polo
dependente do comercio “La Imperial” Manuel Sobrino González “Chanclas”,
debemos de engadir que a Quique ninguén lle ensinou a toca-la harmónica,
simplemente fíxose autodidacta.
Quique en 1970.
En 1959 [xa tiña unha harmónica cromática] preséntase a un
“Concurso de Intérpretes de Harmónica” organizado pola emisora de Radio
“La Voz de Vigo”, titulado “Buscando Artistas” que dirixía o locutor don
Andrés de Sendra, que se desenrolou no Teatro García Barbón de Vigo,
sendo Quique un dos finalistas.
Nesta época forma parte do grupo musical Trío Marino, composto
por José Marino González “Santeiro” [guitarra], Manuel Lomba Vicente
“Lombita” [laúde] e el mesmo coa harmónica.
Enrique Silva Peniza co Grupo Marino na Sala de Festas FUNCHI-2 no ano
1979. Nesta actuación colaborou co Grupo Marino José Luís Cabanelas
Mariscal (O Analista), á esquerda da fotografía, segue José Marino González
de la Concepción “Santeiro”, Manuel Lomba Vicente “Lombita” e José Luís
González Melón. Fotografía propiedade de Quique.
Nestes anos sesenta Quique, acompañado de Lombita, José Luís
González Melón, Adolfo Rolán Mosquera “Fito” e seu irmán Emilio Rolán
Mosquera facían serenatas as mozas casadeiras guardesas, “amenizando”
as noites dos sábados guardeses.
Chega o Concurso “Buscando Artistas” á Vila de A Guarda en 1960,
presentando don Andrés de Sendra un festival Artístico no Teatro Cine
Avenida, organizado pola respectiva Comisión de Festas do Monte que
presidía don José Riego Lomba, sendo Alcalde don Agustín Pena Pacheco. O
éxito foi total continuando en 1961 con outro Festival con representacións
case que durante toda a semana.
14 xaneiro de 1968.
Nos anos noventa o “Trío Marino” participa no Programa da TVG
“Galicia Enteira” en Santiago de Compostela, mais adiante participaron en
todos cantos Festivais Benéficos Sociais se organizaron no Teatro Cine
Avenida e na Sala de Festas Funchi-2.
Tanto Manolito “Lombita” estaban tamén inter-relacionados porque
seus respectivos pais foran socios no Cine “Ideal-Caracol” (o de don Juan
González González “Vuélvase burra”). O salón Baile “El Caracol” que
primeiro estaba na casa de “Pepito da Alameda” [onde antes estivera a
Farmacia de Ramón Sobrino Vicente], logo pasa ao local do Cine Ideal,
alugado a don Juan González González, pasando a chamarse Salón
Ideal<>Caracol, sendo os socios:
Cándido Silva Rodríguez [pai de Quique e irmán de dona Luz Silva
Rodríguez muller do médico e Alcalde local don Ermelindo Portela Gómez],
Faustino Rodríguez [barbeiro, director da orquestra “Los Chicos del Jaz”,
gran bailador [coñecido popularmente como “Faustino Botabaixo”] Reinaldo
Martínez [o Cordoeiro] e Manuel Lomba “Lombita” [empregado en
Transportes Lomba].
Ao remate da tempada de bailes, facían contas do recadado,
repartían o sobrante e remataban cunha cea de amizade na tenda do Tío
Leza [sita na praza Ignacio Sobrino (fronte o Super Elías)]. O saír de bailar
moitos dos mozos paraban na “Tenda de Avelino da Menora” que estaba ó
lado do Ideal<>Caracol, onde ían merendar por dúas pesetas un “bocadillo”
de queixo con membrillo e un vaso de viño.
Entrega “Premio ó Teatro” a Quique en 1982 no Cine Malvar (Pontevedra).
Outra faceta de Quique é a de actor afeccionado de teatro [actúa na
especialidade cómica] dende fai uns corenta anos, colaborando con varios
grupos locais, sendo ó último grupo “Escena Popular”. Colaborador en
distintas Comisións das Festas do Monte nos anos sesenta, e nestas actuais
(2000/2006), como un membro máis da Comisión que preside Miguel ángel
Español Otero.
No pasado ano 2005 colaborou intensamente coa Asociación Pedra
Furada (Comisión Festas do Monte) e meses máis tarde aparece unha grave
enfermidade que está minando progresivamente a súa saúde.
Ao amigo Enrique Silva Peniza “Quique” lle desexamos siga todo o
mellor para el é súa familia.
José A. Uris Guisantes.
Descargar