APROBACION DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Anuncio
APROBACION DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS CORRESPONDENTE Ó POSTO
DE DESEÑADOR GRÁFICO PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE
CONTRATACIÓNS
RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL
A deputada delegada en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da
Presidencia, ditou a seguinte RESOLUCIÓN:
No Boletín Oficial da Provincia núm. 157, de 19 de agosto de 2013, publicouse a relación
provisional de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos convocados para a
creación dunha bolsa de emprego destinada á contratación laboral temporal de diferente
persoal nos distintos centros e servizos da Deputación.
Vistas as reclamacións presentadas polos interesados, en tempo e forma, contra as listas
provisionais do proceso selectivo correspondente ó posto de deseñador gráfico, de
conformidade co establecido na base oitava da convocatoria, RESOLVO:
Primeiro: lista definitiva
Aprobar e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos que figura como anexo
I desta resolución, con indicación para cada aspirante do seu número de orde. Esta lista
encóntrase exposta no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial e na páxina web
http://www.depo.es.
Segundo: excluídos e causas de exclusión
Aprobar e facer pública a relación definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da
causa ou causas de exclusión que se detallan a continuación:
1.2.3.4.5.6.7.8.-
Non asina a solicitude
Non achega copia do DNI ou está caducado
Non achega tarxeta de demanda ou mellora de emprego actualizada
Non achega a titulación esixida na convocatoria
Non ten cumpridos os 16 anos de idade
Presenta a instancia fóra de prazo
Non achega copia do carné de manipulador de alimentos
Non achega copia do carné de conducir C+E ou está caducado
Terceiro: tribunal cualificador
Determinar a composición do tribunal cualificador do referido proceso selectivo, que estará
integrado polos seguintes membros:
 Presidente. Titular: Rebeca Domínguez Pérez

Presidente. Suplente: Amancio Varela García
 Secretario. Titular: Marina Piñeiro Novo

Secretario. Suplente: Gabriel Rodríguez Alonso
 Vogal 1. Titular: Remedios Pérez González
 Vogal 1. Suplente: Sonia Mateos Escudero
 Vogal 2. Titular: Francisco Lago Lage

Vogal 2. Suplente: Manuel Corujo Castro
 Vogal 3. Titular: Manuel Cernadas Román

Vogal 4. Suplente: Antonio Míguez Rojo
Cuarto: convocatoria para a realización das probas
Determinar as datas en que terá lugar a constitución do tribunal cualificador e a realización
do primeiro exercicio:
‐
‐
Constitución do tribunal: 24 de xaneiro de 2014, ás 9:00 horas, no Pazo provincial,
avda. Montero Ríos, s/n
Primeiro exercicio: 27 de xaneiro, ás 9:30 horas, no Pazo Provincial, avda. Montero
Ríos, s/n
De acordo co disposto nas bases da convocatoria os membros dos tribunais deberán
absterse de intervir, comunicándollo ó presidente cando concorra neles algunha das
circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92 de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, así como cando realizasen tarefas de
preparación de aspirantes durante os cinco anos anteriores á publicación desta
convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar os membros do Tribunal cando
concorra neles algunha das circunstancias previstas para a abstención e de conformidade
co establecido no artigo 29 da Lei 30/92.
Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos do documento
nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo
do Tribunal, así como dos medios materiais adecuados e necesarios para a práctica dos
mesmos.
O que lle comunico para o seu coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 10 de xaneiro de 2014
A SECRETARIA ACCTAL.
Descargar