INDICACIÓNS SOBRE A FORMULACIÓN INORGÁNICA E ORGÁNICA Nas PAU empregaranse as seguintes regras elementais da formulación e nomenclatura dos compostos inorgánicos e orgánicos, principalmente das especies químicas que se indican a continuación. Tamén é certo que cada profesor/a poderá ampliar esta información o que estime conveniente. QUÍMICA INORGÁNICA Anións O2– O22– OH– H– F– Cl– Br– I– CNS2– HS– CO32– HCO3– NO2– NO3– SO32– HSO3– SO42– HSO4– PO43– HPO42– H2PO4– MnO4– CrO42– Cr2O72– ClO– ClO2– ClO3– ClO4– óxido peróxido hidróxido hidruro fluoruro cloruro bromuro ioduro cianuro sulfuro hidróxenosulfuro carbonato hidróxenocarbonato nitrito nitrato sulfito hidróxenosulfito sulfato hidróxenosulfato fosfato hidróxenofosfato dihidróxenofosfato permanganato cromato dicromato hipoclorito clorito clorato perclorato O anión análogo para o caso do Br e I O anión análogo para o caso do Br e I O anión análogo para o caso do Br e I O anión análogo para o caso do Br e I Catións Os alumnos/as deben coñecer as cargas (estado de oxidación) daqueles catións que soamente teñan unha: - alcalinos/grupo 1 (estado de oxidación = +1) - metais alcalinotérreos/grupo 2 (estado de oxidación = +2) - Zn2+, Cd2+, Ag+, Al3+, H30+, NH4+ Se na proba se fai referencia a algún catión que ten máis dun estado de oxidación, indicarase entre parénteses a valencia do ión. Exemplos: cloruro de ferro (III), sulfato de cobre (II), nitrato de níquel (II). Substancias simples H2, O2, N2, F2, Cl2, Br2, I2, gases nobres, metais, C, Si. Compostos Óxidos, peróxidos (H2O2), hidruros, ácidos, bases (hidróxidos e NH3), sales. QUÍMICA ORGÁNICA Hidrocarburos alifáticos (enlaces sinxelos, dobres ou triplos) e aromáticos (benceno). Formularanse compostos de carbono que teñan como máximo un grupo funcional e que aparecen na seguinte táboa. Composto derivados haloxenados alcohois éteres aldehídos cetonas ácidos carboxílicos ésteres aminas Grupo funcional Sufixo –OH –O– –CHO Fluoro, cloro, bromo ou iodo -ol -oxi-al –CO– –COOH –COO–R -ona Ácido ....-oico -ato de alquilo -X (F, Cl, Br, I) ; -amina amidas –CONH2 -amida nitrilos -C≡N -nitrilo ;