GUÍA DO PENSIONISTA da Seguridade Social @dministración electrónica SECRETARÍA DE ESTADO DA SEGURIDADE SOCIAL GOBIERNO DE ESPAÑA MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL SECRETARÍA DE ESTADO DE LA SEGURIDAD SOCIAL INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL 21ª Edición 2016 (Galego) Edita: Instituto Nacional da Seguridade Social Nipo: 271-16-030-7 www.seg-social.es https://sede.seg-social.gob.es/ http://publicacionesoficiales.boe.es/ PUB012 (gall) guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 1 GUIA DO PENSIONISTA DA SEGURIDADE SOCIAL ÍNDICE Presentación ......................................................... 3 Como poñerse en contacto co INSS? ................... 5 Como é a súa pensión? ......................................... 7 Que dereitos ten como pensionista? ..................... 12 Que obrigas ten como pensionista? ...................... 18 Tamén lle interesa saber ....................................... 20 Despedida ............................................................. 27 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 2 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 3 GUÍA DO pensionista PRESENTACIÓN ESTIMADO PENSIONISTA: Comprácenos presentarlle a Guía do pensionista da Seguridade Social, co desexo de proporcionarlle información dende este primeiro momento, no que vostede xa é pensionista da Seguridade Social. A información que lle facilitamos aquí refírese aos aspectos xerais daqueles temas que consideramos de máis interese para vostede, como son os relacionados coa pensión recoñecida e cos dereitos que lle asisten na súa nova condición de pensionista. Se desexa coñecer con máis detalle algunha cuestión concreta, póñase en contacto connosco. Así mesmo, se aprecia que algúns temas non están tratados dabondo ou, simplemente, a súa lectura lle suxire algunha idea ou consideración que queira darnos a coñecer, solicitámoslle que nolo comunique, pois só coa súa axuda poderemos mellorar. Reciba un cordial saúdo e o noso agradecemento anticipado pola súa colaboración. 3 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 4 [ Presentación ] ANTES DE REALIZAR A EXPOSICIÓN DOS TEMAS, CONSIDERAMOS NECESARIO QUE NOS IDENTIFIQUE CLARAMENTE O INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL (INSS), dependente do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, é o organismo que lle recoñeceu o dereito á súa pensión e á asistencia sanitaria. A resolución dese recoñecemento contén os datos específicos da súa pensión. «No futuro, o INSS comunicaralle puntualmente todo aquilo que afecte á súa pensión e á súa condición de pensionista » 4 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 5 GUÍA DO pensionista COMO POÑERSE EN CONTACTO CO INSS? PERSOALMENTE Se desexa recibir unha atención persoal e directa, pode dirixirse a calquera Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS), que dispoñen de servizo de cita previa no teléfono 901 10 65 70. Esta Guía inclúe nas súas páxinas finais unha relación dos CAISS da súa provincia, con indicación dos seus domicilios e teléfonos. TELÉFONO O INSS ten unha líña de chamada con custo compartido, á que pode telefonar dende calquera lugar do territorio nacional. Este é o número: 901 16 65 65 5 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 6 [Como poñerse en contacto co INSS? ] INTERNET Se desexa comunicarse connosco por este medio, temos á súa disposición unha páxina web con buzón de consultas e suxestións, así como unha sede electrónica. Estas son as direccións: www.seg-social.es https://sede.seg-social.gob.es/ Tamén dispón do espazo privado TU SEGURIDAD SOCIAL, na dirección https://sede-tu.seg-social.gob.es En TU SEGURIDAD SOCIAL ten dispoñible información sobre a contía da súa pensión e a súa evolución no tempo. Pode descargarse calquera certificado que necesite sobre a pensión ou sobre a súa condición de pensionista e lle informaremos das revalorizacións que experimente a súa pensión. Pode acceder a este servizo con DNI electrónico, certificado dixital ou mediante contrasinal, se se rexistra no sistema CL@VE acudindo aos nosos centros de atención e información. CORREO Pode enviar as cartas e comunicacións á súa dirección provincial, ao CAISS ou ao apartado de correos 65.000 da súa provincia. Convén que nos seus escritos nos indique, polo menos: O seu nome e dous apelidos. O seu número do documento nacional de identidade (DNI) ou outro documento oficial que o identifique. O seu domicilio postal completo. 6 Un número de teléfono co que podamos establecer contacto con vostede. guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 7 GUÍA DO pensionista COMO É A SÚA PENSIÓN? A SÚA PENSIÓN É DE MODALIDADE CONTRIBUTIVA Teñen esta consideración as pensións recoñecidas por ter cotizado o tempo previsto para acceder a elas, ademais de reunir outros requisitos legalmente establecidos. PENSIÓN INICIAL O seu importe depende de: O tipo de pensión que se lle recoñeceu. Os anos polos que cotizara e as contías das súas correspondentes bases de cotización. O grao de incapacidade que se lle declarara, se se trata dunha pensión por incapacidade permanente. 7 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 8 [Como é a súa pensión? ] INCREMENTO DAS PENSIÓNS DE SEGURIDADE SOCIAL As pensións da Seguridade Social na súa modalidade contributiva, incluído o importe da pensión mínima, incrementaranse ao comezo de cada ano, segundo o índice de revalorización previsto na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado. O índice determinarase de acordo cunha fórmula matemática, e o seu resultado nunca poderá dar lugar a un incremento anual das pensións inferior ao 0,25 por cento nin superior á variación do IPC do ano anterior máis o 0,50 por cento. Cada vez que a súa pensión se incremente, o INSS enviaralle, directamente ao seu domicilio, unha notificación na que se lle explicarán as principais características desa actualización económica. 8 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 9 [Como é a súa pensión? ] GUÍA DO pensionista CONTÍAS MÍNIMAS DAS PENSIÓNS As contías mínimas das pensións do sistema da Seguridade Social fíxanse habitualmente na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado (LOXE), dependendo o seu importe de: A clase de pensión. A idade do pensionista. As diferentes modalidades de convivencia e dependencia económica: con cónxuxe a cargo, con cónxuxe non a cargo ou sen cónxuxe (unidade económica unipersoal). O recoñecemento dunha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65%, nas pensións de viuvez e nas de orfandade, cando o orfo é menor de 18 anos. As cargas familiares, nos casos de pensións de viuvez. A estes efectos, requirirase: Non acadar un determinado nivel de rendas. Convivencia e dependencia económica dos fillos menores de 26 anos ou maiores cun grao de discapacidade de, polo menos, o 33% ou dos menores de idade acollidos. 9 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 10 [Como é a súa pensión? ] COMPLEMENTO POR MÍNIMOS Terá dereito a percibir un complemento para alcanzar a contía mínima que para a súa pensión fixara a correspondente LOXE, sempre que o importe da súa pensión -o inicial máis as súas revalorizacións sucesivasnon acade a citada contía mínima. Se percibe varias pensións e a suma de todas elas non ALCANZA o importe mínimo establecido, o complemento asignarase a aquela das pensións da Seguridade Social da que a contía mínima lle sexa máis favorable. Este complemento non se lle aboará se, ademais da pensión, vostede ten outros ingresos que superen unha determinada cantidade fixada anualmente. Para as pensións causadas a partir do 1 de xaneiro do 2013: Os complementos por mínimos, necesarios para acadar as contías mínimas das pensións contributivas, non poderán superar o importe establecido para as pensións de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva. Será necesario residir en territorio español para percibir os citados complementos por mínimos. 10 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 11 [Como é a súa pensión? ] GUÍA DO pensionista CONTÍA MÁXIMA DAS PENSIÓNS Como ocorre coas contías mínimas, tamén hai un tope ou límite máximo, fixado habitualmente na correspondente LOXE. Se a súa pensión, ou a suma das súas pensións de carácter público, supera ese límite máximo establecido, só se lle aboa esta cantidade máxima fixada. Igual que coas contías mínimas, os importes máximos das pensións revísanse periodicamente. DESCONTO MENSUAL DO IMPOSTO SOBRE A RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS (IRPF) Se o importe da pensión recoñecida excede dunha determinada cantidade anual, establecida na normativa fiscal, será obxecto dunha retención a conta do IRPF. A contía desta retención dependerá, así mesmo, das súas propias circunstancias familiares. As pensións de orfandade e as de incapacidade permanente nos graos de absoluta e grande invalidez están exentas deste imposto, así como as prestacións familiares. «Cada ano, o INSS enviaralle un certificado coa información necesaria para a súa posible declaración da renda» 11 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 12 GUÍA DO pensionista QUE DEREITOS TEN COMO PENSIONISTA? COMO PENSIONISTA DA SEGURIDADE SOCIAL TEN DEREITO A: Percibir mensualmente a contía da súa pensión, na modalidade de pago elixida por vostede. Recibir asistencia sanitaria (prestacións médicas e farmacéuticas), tanto vostede como os seus beneficiarios. Percibir prestacións familiares, sempre que reúna os requisitos esixidos. Desfrutar dos servizos sociais complementarios da Seguridade Social. Solicitar e obter canta información precise en relación coa súa nova condición de pensionista da Seguridade Social. Pedir certificados referidos á súa condición de pensionista. Por exemplo, sobre o importe da súa pensión, sobre as retencións practicadas para os efectos do IRPF, etc. 12 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 13 [ Que dereitos ten como pensionista? ] GUÍA DO pensionista ABOAMENTO DA SÚA PENSIÓN Despois do primeiro pago, a Seguridade Social aboaralle a súa pensión por mensualidades vencidas, estando o importe á súa disposición na entidade financeira e ingresado na súa conta, cando cobre por esta modalidade, dende o primeiro día hábil de cada mes. As pensións abóanse en 14 pagas (agás que se causaran por un accidente de traballo ou por unha enfermidade profesional; neste caso serían 12 pagas) correspondentes a cada un dos meses do ano e 2 pagas extraordinarias, que se devengan en xuño e novembro. Se elixiu cobrar en efectivo, directamente do seu banco ou caixa de aforros, é importante que o faga entre os días 1 e 15 de cada mes. Se non o fai nesas datas, o banco ou a caixa devolverá esa mensualidade á Seguridade Social. Neste caso, a mensualidade non percibida debe solicitala de novo, antes do transcurso dun ano, pois o dereito ao percibo de cada mensualidade de pensión caduca ao ano do seu respectivo vencemento. Para evitar problemas deste tipo, pode optar polo aboamento da pensión en conta corrente ou libreta de aforros. Se desexa cambiar de modalidade de cobramento (ingreso na súa conta, cobro en efectivo ou xiro postal) ou de entidade financeira, diríxase ao seu CAISS ou ao teléfono de chamada compartida. Axudarémolo a realizar este trámite. Se o que desexa é só cambiar de sucursal ou de modalidade de cobro dentro da mesma entidade financeira, diríxase directamente ao seu banco ou caixa de aforros. 13 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 14 [ Que dereitos ten como pensionista? ] ASISTENCIA SANITARIA Esta prestación, á que vostede e os seus beneficiarios teñen dereito, xa recoñecida polo INSS, inclúe: A atención médica, dispensada gratuitamente pola rede pública de saúde. A atención farmacéutica de medicamentos incluídos no Sistema Nacional de Saúde. Cando se trate de atención farmacéutica ambulatoria, os usuarios contribuirán no custo coa achega dunhas porcentaxes sobre o precio de venta ao público, cuns topes variables. «As comunidades autónomas xestionan os servizos sanitarios, dependendo do ámbito xeográfico, agás nas cidades de Ceuta e Melilla, que os xestiona o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria (INXESA)» Tamén ten dereito a recibir asistencia sanitaria nos seus desprazamentos. Para iso: Se viaxa por España, é suficiente que leve con vostede o seu documento nacional de identidade (DNI) ou documento oficial que o identifique e a súa tarxeta de asistencia sanitaria. Se viaxa a calquera país membro do Espazo Económico Europeo ou a Suíza, en estadía temporal, debe levar con vostede a tarxeta sanitaria europea, que ten un prazo de validez de 2 anos. «Estados nos que ten validez a TSE: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza » 14 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 15 [ Que dereitos ten como pensionista? ] GUÍA DO pensionista A tarxeta sanitaria europea (TSE) é o documento persoal e intransferible que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante unha estadía temporal, no territorio do Espazo Económico Europeo ou de Suíza, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estadía prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia, independentemente de que o obxecto da estancia sexa turismo, actividade profesional ou estudos. A tarxeta sanitaria europea (TSE) non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico; neste caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) emita o formulario correspondente, previo informe favorable do Servizo de Saúde. Tampouco é o documento válido se vostede traslada á súa residencia ao territorio doutro Estado. Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes importes non son reintegrables. Poderá obter ou renovar a TSE solicitándoa por teléfono (901 16 65 65), a través da sede electrónica (sede.seg-social.gob.es), ou dirixíndose a calquera centro de atención e información da Seguridade Social (CAISS), contactando previamente co CAISS elixido para concertar cita previa, se dispón deste servizo. Calquera que sexa a forma da súa petición, a tarxeta sanitaria europea enviarase ao seu domicilio nun prazo inferior a 10 días dende a solicitude. En ningún caso se lle entregará en man, polo que é imprescindible que o seu domicilio estea actualizado no ficheiro de pensionistas da Seguridade Social. Nos casos dunha viaxe urxente, pode obter un certificado provisional substitutorio (CPS), con validez de 3 meses. Se vai viaxar a outros países, antes de emprender a viaxe, debe dirixirse ao seu CAISS ou chamar aos teléfonos de información, ou consultar a nosa páxina web. 15 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 16 [ Que dereitos ten como pensionista? ] PRESTACIÓNS FAMILIARES A existencia de responsabilidades familiares e o nacemento, adopción de fillos, acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción, poderían dar dereito ás seguintes prestacións: Asignación económica por fillo ou menor a cargo: se ten ao seu cargo fillos menores de 18 anos ou maiores desa idade afectados por unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 65%, ou menores en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción. Cando o fillo ou menor a cargo non teña discapacidade, o recoñecemento da prestación estará condicionado polo nivel dos seus ingresos. Nos casos de fillos ou menores a cargo con discapacidade, non afecta o nivel de ingresos para obter estas prestacións. Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo en supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais con discapacidade: cando o nacemento ou adopción de fillo se produce nunha familia numerosa ou que, con tal motivo, adquira a devandita condición; nunha familia monoparental, ou nos supostos de nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65%, sempre que non se supere un determinado nivel de ingresos. Prestación económica por parto ou adopción múltiples, cando se produce o nacemento ou adopción de dous ou máis fillos por parto ou adopción múltiples, en familias con residencia legal en España. 16 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 17 [ Que dereitos ten como pensionista? ] GUÍA DO pensionista SERVIZOS SOCIAIS E OUTRAS PRESTACIÓNS Como pensionista, vostede pode beneficiarse dos servizos sociais de carácter complementario, tales como centros adicados á atención de pensionistas (fogares, residencias, etc.), persoas con discapacidade (ocupacionais e de recuperación), servizos de axuda a domicilio, teleasistencia, etc. Tamén, no seu caso, podería beneficiarse de prestacións de carácter específico, establecidas polo sistema para a autonomía e atención á dependencia, que van dirixidas a persoas valoradas cun determinado grao e nivel de dependencia, para a súa capacidade e autonomía persoal para realizar as tarefas básicas da vida ordinaria e a súa necesidade de apoio e supervisión. Ademais, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) xestiona o Programa de vacacións para maiores destinado a viaxes turísticos e culturais e o Programa de termalismo social que ofrece tratamentos para a prevención e rehabilitación de enfermidades. «Os servizos sociais e as prestacións mencionadas, dependendo do ámbito xeográfico, as xestionan as comunidades autónomas e o IMSERSO» Se desexa máis información, pode dirixirse ás unidades de información de servizos sociais do seu concello, chamar ao teléfono do IMSERSO 901 109 899 ou consultar a súa páxina web en www.imserso.es 17 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 18 GUÍA DO pensionista QUE OBRIGAS TEN COMO PENSIONISTA? Ata agora, informámoslle dos seus dereitos, pero tamén desexamos que coñeza os seus deberes e obrigas en materia de Seguridade Social. COMO TITULAR DUNHA PENSIÓN CONTRIBUTIVA Debe comunicar ao INSS, dentro dos 30 días seguintes a que se produzan, as variacións que afecten á situación que vostede tiña cando se lle recoñeceu a pensión. En todos os casos: Os cambios de estado civil, nacementos, defuncións. Os seus cambios de domicilio. O inicio de actividades laborais. O recoñecemento e/ou cobramento doutras pensións, nacionais ou estranxeiras. 18 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 19 [ Que obrigas ten como pensionista? ] GUÍA DO pensionista Se percibe complemento por mínimos: Os incrementos do nivel de rendas, tanto os seus como os do seu cónxuxe, que sexan incompatibles co cobramento de complementos por mínimos. O inicio de actividades laborais do seu cónxuxe. O recoñecemento e cobramento doutras pensións nacionais ou estranxeiras, por parte do seu cónxuxe. TELÉFONO DO INSS 901 16 65 65 www.seg-social.es «Para poder manter o contacto con vostede, necesitamos coñecer o seu domicilio. Comuníquenos calquera cambio» Tamén o INSS pode solicitar, de oficio, aos pensionistas que acrediten a súa vivencia, así como calquera dato relativo á identificación do seu cónxuxe e aos ingresos obtidos durante o ano anterior 19 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 20 GUÍA DO pensionista TAMÉN LLE INTERESA SABER «Se vostede é pensionista de xubilación ou de incapacidade permanente na modalidade contributiva e vai traballar por conta propia ou allea, deberá comunicalo ao INSS» Se vostede é pensionista de INCAPACIDADE PERMANENTE, na súa modalidade contributiva, que: Ata que cumpra a idade legal de xubilación que, en cada caso, resulte de aplicación, a declaración de incapacidade permanente pode revisarse polo INSS ou pola súa petición. Se vostede é pensionista dunha incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, a súa pensión é compatible co desempeño dun emprego nunha actividade distinta da habitual. Se se lle recoñeceu unha incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, pode ter dereito ao incremento do 20% no importe inicial da súa pensión cando, a partir dos 55 anos e por determinadas circunstancias, se presuma a dificultade de obter emprego en actividade distinta da habitual. 20 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 21 [ Tamén lle interesa saber ] GUÍA DO pensionista Se vostede é pensionista de XUBILACIÓN, na súa modalidade contributiva, que: O percibo da súa pensión nun 50% da súa contía é compatible con calquera emprego por conta propia ou allea, sempre que non se trate dunha actividade pública, sexa cal sexa a duración da súa xornada, e se dean os seguintes requisitos: Que accedera á súa pensión á idade que corresponda en cada caso, sen ter en conta bonificacións ou anticipacións. Que teña acreditado período de cotización dabondo para ter dereito ao 100% da base reguladora da pensión. A contía do 50% da pensión que vostede estea a percibir, revalorizarase mentres manteña o traballo compatible, pero non procedera en ningún caso, a aplicación de complementos por mínimos. Ainda cando perciba o 50% da súa pensión, vostede continúa coa consideración de pensionista da Seguridade Social a todos os efectos (asistencia sanitaria, prestacións familiares…). Durante a realización do traballo compatible coa pensión de xubilación, efectuarase unha cotización especial de solidariedade do 8% que, para os traballadores por conta allea, suporá o 2%, sendo o resto a conta do empresario. O percibo da pensión é compatible cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos, percibindo a pensión nunha porcentaxe igual á redución da xornada desenvolvida en relación coa xornada completa. O percibo da contía total da súa pensión é compatible coa realización de traballos por conta propia, polos que perciba ingresos anuais non superiores ao salario mínimo interprofesional. A pensión é compatible co percibo de rendas patrimoniais, co mantemento da titularidade do seu negocio e co desenvolvemento das funcións inherentes á devandita titularidade. A pensión tamén é compatible coa afiliación á mutualidade dun colexio profesional. 21 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 22 [ Tamén lle interesa saber ] Se vostede é pensionista de VIUVEZ, que: A súa pensión é compatible coas rendas do traballo, así como con outra pensión de xubilación ou de incapacidade permanente ás que poida ter dereito. A súa pensión extinguirase, entre otras causas, por casar ou constituír unha parella de feito formalizada segundo á regulación establecida, agás que concorran as seguintes circunstancias: Que vostede teña máis de 61 anos ou, no caso de ser menor desta idade, perciba unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, ou teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65%. Que a súa pensión ou pensións constitúan a principal fonte de ingresos. Enténdese que a pensión ou pensións de viuvez constitúen a principal fonte de ingresos, cando o importe anual delas represente o 75% do total de ingresos. Que o seu novo matrimonio ou parella de feito teña uns ingresos anuais que non superen dúas veces o salario mínimo interprofesional. «Quen percibe unha pensión á que non ten dereito, prexudica aos demais cidadáns » 22 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 23 [ Tamén lle interesa saber ] GUÍA DO pensionista Se vostede é pensionista de ORFANDADE, que: Esta pensión de orfandade é compatible con calquera renda de traballo ata os 21 anos de idade. Se non efectúa un traballo lucrativo ou realizándoo, os ingresos que obteña resultan inferiores á contía do salario mínimo interprofesional vixente, todo iso en cómputo anual, poderá percibir a pensión de orfandade ata os 25 anos. Se estivera cursando estudos e cumprira os 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión manterase ata o día primeiro do mes seguinte ao do inicio do seguinte curso académico. A súa pensión extinguirase, se casa (agás que estea incapacitado en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez) ou é adoptado. Se está incapacitado no grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, a pensión é vitalicia, con independencia da contía dos ingresos. 23 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 24 [ Tamén lle interesa saber ] Outra información de interese Complemento por maternidade nas pensións: recoñecerase un complemento de pensión, pola súa achega demográfica á Seguridade Social, ás mulleres que, a partir do 1 de xaneiro do 2016, causen dereito a pensións contributivas de xubilación, viuvez e incapacidade permanente, sempre que tiveran dous ou máis fillos naturais ou adoptados con anterioridade ao feito causante da correspondente pensión. O devandito complemento consistirá nun importe equivalente ao resultado de aplicar sobre a contía inicial da pensión unha porcentaxe determinada, que estará en función do número de fillos, segundo a seguinte escala: No caso de 2 fillos: 5 por 100. No caso de 3 fillos: 10 por 100. No caso de 4 ou máis fillos: 15 por 100. Se houbera concorrencia de pensións, recoñecerase o complemento só nunha das pensións da beneficiaria. Se a pensión recoñecida, sen aplicación do complemento, estivera afectada polo límite da contía máxima establecida para as pensións, a suma de pensión e complemento non poderá superar o devandito límite, incrementado cun 50 por cento do complemento asignado. 24 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 25 [ Tamén lle interesa saber ] GUÍA DO pensionista As parellas de feito formalizadas, polo menos, con dous anos de antelación ao falecemento do causante e que acrediten unha convivencia estable e notoria mínima de 5 anos, poderán ter dereito á pensión de viuvez sempre que se reúnan os demais requisitos esixidos. O dereito a pensión de viuvez das persoas divorciadas ou separadas xudicialmente quedará condicionado a estar percibindo a pensión compensatoria a que fai referencia o art. 97 do Código Civil, quedando extinguida esta polo falecemento do causante. Se a separación xudicial ou divorcio foi anterior ao 1 de xaneiro do 2008, pode acceder á pensión de viuvez, aínda que non percibira a pensión compensatoria, sempre que se cumpran determinadas condicións. As mulleres que poidan acreditar ser vítimas de violencia de xénero no momento da separación xudicial ou o divorcio, poderán acceder á pensión de viuvez, aínda que non foran acredoras de pensión compensatoria. 25 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 GUÍA DO pensionista 10/08/2016 7:25 Página 26 [ Tamén lle interesa saber ] O dereito á pensión de viuvez, no caso de nulidade matrimonial, corresponderá ao sobrevivente ao que se lle recoñecera a indemnización á que fai referencia o art. 98 do Código Civil, sempre que non casara de novo ou constituira unha parella de feito. As persoas condenadas en sentenza firme por homicidio ou lesións (agás reconciliación no último suposto) non serán beneficiarias da pensión de viuvez cando a vítima sexa a causante da pensión, que pasará a incrementar, no seu caso, o importe das pensións de orfandade. 26 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 27 GUÍA DO pensionista DESPEDIDA Non queremos rematar esta Guía sen enviarlle unha mensaxe de tranquilidade e de responsabilidade. De tranquilidade, porque é unha obriga dos poderes públicos manter un réxime público de Seguridade Social para todos os cidadáns, que garantice pensións adecuadas e periodicamente actualizadas. De responsabilidade, porque este mandato, recollido na Constitución, necesita a solidariedade das persoas que están traballando coas que non teñen traballo, e das que xa cobran unha pensión, coas que cobrarán máis adiante. Por iso, se excepcionalmente, algunha persoa percibira indebidamente prestacións ou contías superiores ás que correspondan, ese gasto está incidindo tanto nos que, como vostede, xa son pensionistas, como nos que poidan chegar a selo no futuro. Coa súa colaboración axudará a garantir as pensións actuais e futuras. Confiamos que esta información lle sexa de utilidade nesta nova etapa da súa vida como pensionista. DE NOVO, MOITAS GRAZAS POLA ATENCIÓN PRESTADA A ESTA GUÍA 27 guia 2016 gall:Maquetaci—n 1 10/08/2016 7:25 Página 28 Dirección Provincial da Coruña A Coruña (Dirección Provincial) Ronda Camilo José Cela, 16 Tel: 881 909 300 A Coruña Avda. Pedro Barrié de la Maza, 18 Baixo Tel: 981 221 945 A Coruña Félix Estrada Catoira, esq. rúa Fernando Rey Tel: 981 153 500 Betanzos Pintor Seijo Rubio, s/n Tel: 981 770 405 Ferrol Catalunya, 1 Tel: 981 311 450 A Pobra do Caramiñal Castelao, 25 Tel: 981 830 146 Melide Pz. do Convento, 5 Tel: 981 505 012 Santiago de Compostela Carlos Briones Varela, s/n esq. rúa Galeras Tel: 981 566 600 Negreira Castelao, 14 Tel: 981 886 220 Noia Frei Lois Rodríguez, 11 Baixo Tel: 981 824 600 Ortigueira Márquez Cortiñas, 19 Tel: 981 400 181 ORTIGUEIRA FERROL Carballo Pz. da Cruz Vermella, 2 Tel: 981 700 158 Corcubión Médico Vicente Fraguela, 13 Tel: 981 745 393 CARBALLO A CORUÑA BETANZOS CORCUBIÓN NEGREIRA MELIDE NOIA SANTIAGO DE COMPOSTELA A POBRA DO CARAMIÑAL GOBIERNO DE ESPAÑA MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL INSTITUTO NACIONAL DA SEGURIDADE SOCIAL INSTITUTO NACIONAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL