Morning star; Xosé Miranda

Anuncio
Xosé Miranda
Morning Star
• Nota biobibliográfica:
Xosé Miranda naceu en Lugo no ano 1955. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978.
Na actualidade exerce como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Comezou
escribindo prosa, relatos e novelas para adultos, pero tamén escribe contos e relatos curtos para nenos. É un bo
especialista da literatura oral, e xunto con outros autores coma A. Reigosa e X. R. Cuba escribiu unha serie
chamada
Contos Marabillosos e un Diccionario dos seres míticos galegos. En 1988 acadou o premio de relatos breves
Modesto Figueiredo co relato Na terra sombría. Xa en 1990 conseguiu outro premio, o de Manuel García
Barros por Historia dun paraugas azul. Finalmente acadou en 1990 o premio Xerais con esta mesma novela,
Morning Star.
• Resumo:
Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de
trece anos unha serie de aventuras entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da
súa vida.
Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa cerca de Pontevedra, traballaba alí, e a súa vida era tranquila e
boa. Un día chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, e con el viñeron todos os problemas. A súa
nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos
atrás. Pouco a pouco vaise involucrando en roubos da gavela ata que nun deles decide fuxir e salvar a unha
rapaza da que se namora, Helena Rouco. Os dous encamíñanse cara Lugo, onde Helena ten familia. Nese
viaxe Lázaro persígueos sen descanso, ata chega a matar ó pai de Lourenzo por encubrilos. Camiño de
Santiago atópanse con Campanachoca, un vello cego que se ofrece a acompañalos xunto coa súa muller, a
Pindonga.
Unha vez Helena a salvo en Lugo, os tres regresan cara Pontevedra, e entón alíanse coa gavela de Tomás das
Congostras. Lourenzo amósalles onde se atopa o tesouro que Lázaro escondera e diríxense todos a conseguilo.
Entón a gavela de Lázaro atácaos e apresan a Lourenzo e a Tomás. Finalmente consegue escapar e gracias a
Helena chega a coñecer ós seus avós. Lázaro morre a mans de Tomás nunha forte loita, pero
desafortunadamente a Garda Civil chega e os mete na cadea. Case morto conseguen liberalo e a historia
remata cun resumo da vida posterior de todos os personaxes, e Helena e Lourenzo vanse a vivir xuntos á
disputa poñéndolle o nome de Morning Star.
• Comentario literario:
1
O título desta novela fai referencia ó barco de Benito Soto (último pirata de occidente) quen abordou o
Morning Star, no que levaba o tesouro polo que Lázaro Rivadulla e Tomás das Congostras enfróntanse na
novela. O luceiro da alba, a súa tradución do inglés, será a unión entre Lourenzo e Helena, xa que cada vez
que o miraban recordábanse un ó outro cando tiñan que separarse.
Pertence ó xénero de aventuras, e o espazo no que transcorre a novela é en Galicia; máis concretamente na
zona de Pontevedra (Beluso, Marín, Bueu,...) aínda que tamén se nomea brevemente a Santiago e Lugo.
En canto ó tempo, máis ou menos encádrase no século XIX. Isto pode deducirse por un feito moi importante
que aconteceu en Galicia, as sublevacións que se produciron en Pontevedra e Compostela nese século. O
tempo total que transcorre na novela é aproximadamente de un ou dous anos, xa que a veces describen un día
ou unhas horas con moito detalle mentres que poden pasar semanas tan só descritas nun par de parágrafos.
Está contada en primeira persoa polo propio Lourenzo Tasende xa de adulto, isto pode comprobarse lendo
calquera liña da novela, como por exemplo e collida o azar a seguinte:
Fiquei indeciso. Sabía que me ían matar se me entregaba, pero non era iso o que me preocupaba, aínda que
algún de vós poida non crelo.
O libro componse de oito partes con varios capítulos cada unha, e ó remate da novela aparece un apéndice
titulado Vida e morte afrontosa de Lourenzo Tasende no que o autor explica a procedencia orixinal de cada
personaxe e algunhas das fontes que consultou para escribir a obra.
• Caracterización dos personaxes da novela:
Nesta novela hai tanto personaxes de ficción coma reais, e xa dixen anteriormente que o autor dálles unha
explicación ós personaxes reais ó final do libro, no apéndice. Nesta obra hai moitos personaxes, entre eles
Lourenzo pai, Lourenzo fillo, Lázaro Rivadulla, Tomás das Congostras, o Demo Vivo, o Pelos de Burra, o
Xudas, Campanachoca, a Pindonga, Helena Rouco, a súa nai Rosiña, a Mai Ánxela, Bertomé, Soult, ... e
algúns máis que xa non sigo nomeando. De todos estes personaxes tan só centrareime nos máis importantes ou
interesantes.
• Lourenzo Tasende: É o protagonista da novela. Desde pequeno viviu na disputa cos seus pais
traballando nela, por iso estaba acostumado a convivir con borrachos e toda clase de xente que
quedara na posada. Namórase dunha rapaza chamada Helena e con ela fuxe por toda a xeografía
galega vivindo moitas aventuras e ata arriscando a súa vida por protexer á rapaza. Ó final é el o que
resolve o misterio do tesouro pero con tan mala sorte que acaba na cadea. Gracias a Helena coñece ós
seus avós e pode pasar uns anos con eles antes de que lles chegue a súa fin. Lourenzo faise un home e
queda con Helena, coa que pasará o resto da súa vida na disputa que pertencera ós seus pais.
• Lourenzo Tasende pai: É un bo home, pero cun pasado moi turbio. É el o que provoca que o seu fillo
se vexa implicado nos roubos da gavela. Lourenzo morre ó defender a Helena e ó seu fillo de Lázaro,
que foi o causante da súa morte por dispararlle un tiro na cabeza.
• Lázaro Rivadulla: É coa súa chegada á disputa cando comeza todo; a enfermidade da súa nai, o
cambio no carácter do seu pai, a chegada de outros bandoleiros á disputa, ... É un home moi egoísta,
ruín, malo, ... Capaz de matar a quen se lle poña por diante con tal de conseguir o que el quere. Matou
ó pai de Lourenzo e perseguiu a Helena e a Lázaro coa mesma intención pero sen conseguilo. Este
personaxe caracterizábase fisicamente pola ausencia dunha das mans.
• Helena Rouco: Helena era filla de persoas con diñeiro, e cando os seus pais morren o seu tío, un cura
de Beluso, queda con ela e herda todo o diñeiro que estes posuían. É por iso polo que deciden asaltalo,
2
e é nese momento cando coñece a Lourenzo. É unha rapaza de cabelos louros e rizados, que namora a
Lourenzo. Helena ó longo da aventura ensínalle a ler, e mentres o rapaz únese á gavela de Tomás ela
busca ós seus avós para que Lourenzo poida coñecelos e vivir con eles.
• Tomás das Congostras: É un home portugués e manda na outra gavela da zona. Ó contrario que
Lázaro parece ter bo corazón, pois encaríñase de Lourenzo e arríscase para tentar salvalo de Lázaro
no momento en que escapan da casa do pozo. Nesa casa foi onde os atacou a gavela á que Lourenzo
pertencera anteriormente e era onde tamén estaba agochada unha parte do tesouro. Ó final, Tomás
tamén acaba na cadea con Lourenzo, onde pasará uns anos antes de que poida saír.
• Campanachoca: Pertence á gavela de Tomás; é un home vello e cego. Axuda a Lourenzo na súa
fuxida e é o que lle conta o pasado do seu pai. Encóntrase con el nunha praza cando estaba cantando
pequenos romances e entre eles o do seu pai, foi nese momento cando Campanachoca dille que o
acompañará a el e a Helena ata Lugo. Gracias a el consegue volver a Pontevedra despois de deixar a
salvo a Helena.
• Ficha técnica:
FICHA TÉCNICA:
Título: Morning Star
Autor: Xosé Miranda
Xénero: Narrativa
Edición: 5ª edición setembro, 2000
Editorial: Xerais de Galicia, S.A., 1998
ISBN: 84−8302−330−X
Depósito Legal: VG. 664"2000
272 páxinas
PREMIO XERAIS DE NOVELA 1998
3
Descargar