Noite de voraces sombras; Agustín Fernández Paz

Anuncio
NOITE DE VORACES SOMBRAS
AUTOR
Agustín Fernández Paz: Nacido na Terra Chá no ano 1947, traballou na comarca de Ferrol durante moito
tempo, e despois, traballou en Vigo no campo de ensino, dando clases tanto en secundaria coma en primaria.
É o autor de moitas obras de gran valor didáctico.
Estas obras son:
−Trece anos de branca
−Contos por palabras
−Cartas de inverno
−Cós pés no aire
−O meu nome é Skywalker
−Amor dos quince anos, Marilyn
−Rapazas
− Noite de voraces sombras
TEMAS
PRINCIPAIS:
Esta obra ten moitos temas principias escondidos entre ela. Está o amor, que é o que establecen Sara Salgueiro
e Ramón. Tamén está o descubrimento de algo novo, que é o que lle ocurre a Sara. Hai moitos máis temas,
coma a familia, pero se escribise todos non acabaría en moito tempo
SECUNDARIOS:
Esta obra tamén ten moitos temas secundarios, aínda que eu penso que sería moi difícil atopar temas
secundarios
ARGUMENTO
Ó libro trata sobre unha nena chamada Sara, que vai de vacacións a casa da súa avoa Laura, que morreu fai
pouco tempo, e Sara alóxase na habitación do seu tío Moncho. Nesta habitación Sara xamais entrara porque a
sua avoa non quería que tocase nada do que había naquela habitación. Pola noite, cando Sara ía durmir, sentía
que na súa habitación había alguén agochado e que lle estaban observando. Van pasando os días, ata que unha
noite na que sente a presenza fantasmal, vai mirar se hai alguen agochado no armario e descubre un dobre
fondo que ten o armario onde hai unha carpeta con cartas que recibiu o tío Moncho da súa novia, Sara, e
tamén un diario que atopa que conta o que lle ocorre na prisión e posteriormente, nun campo de refuxiados,
onde conta que hai un cemiterio.
1
Unha vez lidas estas cartas, Sara avisa a súa nai, e posteriormente, van á illa de San Simón onde está o famoso
cemiterio. Cando chegaron ó cemiterio, Sara non sabía nin que se agochaba alí, nin que ían atopar. Sara
comezou cavando no chan e non tivo sorte, pero depois, mirou nun muro que tiña o cemiterio, e, agochado
nun oco entre dúas pedras, atopou unha caixa de betume onde estaba agochado un anel de ouro que poñía o
seu nome, Sara.
OS PERSOAXES
Sara:
Función: É a persoaxe principal do libro, sen ela a historia non sería posible, xa que ela é a que ten que
hospedarse nesa habitación, atopar as cartas, e posteriormente atopar o anel
Físico: É alta, de pelo oscuro, de ollos verdes, ten 16 anos e é delgada
Psicolóxico: É afeccionada a lectura, encantalle ler todo tipo de libros, é moi lista, gústalle ir á praia, quedar e
sair cos amigos, pero non lle gusta ir a Viveiro.
Tío Moncho:
Función: É un persoaxe moi elemental na obra, xa que ven a decirse que aínda que non coñezas a un pariente
teu, nunca é tarde para poderse enterar da maioría da sua vida.
Físico: Non se di case nada do seu físico, pero di que cando estivo no cárcere tiña uns 45 anos, e que estaba
xordo
Psicolóxico: Coma Sara, encántalle ler de todolos libros que teña nas súas mans, e nunca perde a esperanza
para saír do cárcere
Fernando:
Función: Na obra non desempeña ningunha función, só é o pai de Sara
Físico: É alto, moreno e delgado
Psicolóxico: É un aficionado a lectura, estudiou empresariales, e ten uns 45 anos
Cristina:
Función: Non é que non teña importancia, porque foi a que encargou de levar a Sara ata a illa de San Simón,
pero non fai moito máis.
Físico: Baixiña, loira, delgada e duns 39 anos
Psicolóxico: É escritora, moi intelixente e moi apaixonada
ESPAZO E TEMPO
O espazo onde se desenvolve a acción é en Viveiro e na illa de San Simón. Esta en espacios abertos e
pechados, estos varían dependendo da obra. As veces está dentro da súa habitación e outras veces na praia
O tempo non ten orde cronolóxico, porque vai dando saltos no tempo. Por exemplo, cando Sara le o diario do
2
seu tío, situanos nunha cárcere, e despois, cando deixa de ler, situanos na habitación da casa de praia de
Viveiro.
Esta acción esta situada nunca época actual, é decir, no 2002 ou unha cousa así, eso cando non lee as cartas,
pero cando lee as cartas, transládase a época da guerra civil, que sería no ano 1936
O relato non ten orde cronológica, xa que cambia de épocas cada dous por tres
VALORACION PERSOAL
O libro está moi ben narrado, e ten unhas doses de terror combinadas co amor e coas aventuras que me
parecen moi interesante
Eu penso que é unha obra recomendable, e é para a nosa idade, xa que o vocabulario non é difícil e é fácil de
comprender
Pareceume un bo libro, porque amosanos moitas cousas, entre elas, como estaba de mal España e Galicia nesa
época, na época da guerra civil
Entre o 1 ao 10 daríalle un 8
INDICE
AUTOR 1
ARGUMENTO 2
TEMA 3
OS PERSONAXES 4
ESPAZO E TEMPO 5
VALORACION PERSOAL 6
3
Descargar