programación de técnicas de composición aplicadas á

Anuncio
~1~
PROGRAMACIÓN DE
TÉCNICAS DE
COMPOSICIÓN
APLICADAS Á
DIDÁCTICA
Departamento de Fundamentos de Composición.
Conservatorio Profesional de Música de Riveira.
Prof. Teresa Bretal Martínez.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~2~
Índice:
1
INTRODUCIÓN
1.1
Fundamentación legal
2
OBXECTIVOS XERAIS
3
CONTIDOS
4
METODOLOXÍA
5
4.1
Modelo de aprendizaxe
4.2
Organización de tempo e espazo
4.3
O profesorado
4.4
Principios psicopedagóxicos e criterios pedagóxicos
4.5
Metodoloxía específica
4.5.1
Obras, repertorio, bibliografía
4.5.2
Actividades complementarias
4.5.3
A acción titorial
4.5.4
Atención á diversidade
ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
(ANEAE)
6
AVALIACIÓN
6.1
Criterios de avaliación
6.2
Procedementos de avaliación
6.2.1
6.3
Mínimos esixibles
Criterios de cualificación
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~3~
6.4
Perda do dereito a avaliación continua
6.5
Exame de setembro
7
RECURSOS MATERIAIS
8
BIBLIOGRAFÍA
8.1
Libros de texto
8.2
Partituras
8.2.1
Piano
8.2.2
Guitarra
8.2.3
Voz y piano
8.2.4
Violín
8.2.5
Viola
8.2.6
Violonchelo
8.2.7
Flauta
8.2.8
Clarinete
8.2.9
Trompeta
8.2.10
Saxofón
8.2.11
Percusión
8.2.12
Ópera
8.2.13
Obras sinfónicas
8.2.14
Banda de música
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~4~
1
INTRODUCIÓN
A presenza no grao superior da especialidade de pedagoxía da linguaxe e da educación
musical e a inclusión na proba de acceso a esta especialidade dun exercizo compositivo con
fins didácticos xustifica a idoniedade desta asignatura optativa no 6º curso de grao
profesional, resultando tamén un reforzo para o alumnado que desexa acceder a outras
especialidades que inclúan algún tipo de exercizo de composición.
Desenrolar no alumnado a capacidade de decidir que procedementos das técnicas
compositivas son os máis adecuados para cada momento da composición de exercizos ou
pequenas obras, e adecuar estes procedementos coherentemente a premisas didácticas é a
finalidade desta asignatura, que suporá aplicar os coñecementos adquiridos nos anos
anteriores, especialmente os referidos á práctica harmónica.
1.1 Fundamentación legal
As bases legais empregadas na realización desta programación parten da Lei Orgánica de
Educación (LOE) de 2/2006 de 3 de maio, desenrolada polo Real Decreto (RD)
1577/2006 de 22 de decembro, seguindo a terminoloxía do Decreto 203/2007, de 27 de
setembro e pola Orde de 23 de setembro de 2008.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~5~
O R.D.1577/2006, de 22 de decembro, polo que se fixan os aspectos básicos do
currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de
maio, de educación, determina no seu artigo 5.4º que as administracións educativas
fomentarán a autonomía pedagóxica e organizativa dos centros, favorecerán o traballo en
equipo do profesorado e estimularán a súa actividade investigadora a partir da práctica
docente.
En consecuencia, o D. 203/2007, de 27 de setembro, polo que se establece o currículo
das ensinanzas profesionais de réxime especial de música, dispón no seu artigo 8 cas
materias optativas terán como finalidade complementar o currículo, integrando os
itinerarios educativos que o alumnado desexe cursar; que lle corresponde á Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria a ordenación das materias optativas que serán de
oferta obrigatoria para os centros; que os centros poderán incluír asignaturas optativas, de
acordo co que a tales efectos estableza a
Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria; e que, en todo caso, as asignaturas optativas ofrecidas polos centros estarán
vinculadas a un ou varios itinerarios determinados.
A finalidade da Orde de 23 de setembro de 2008 pola que se determinan as asignaturas
optativas das ensinanzas profesionais de música, é regular a oferta e determinar a natureza
das asignaturas optativas, que son as que permiten ó alumnado participar activamente na
configuración do seu currículo académico, así como ir acotando o seu perfil profesional
hacia o nivel de especialización definitiva que ten lugar no grao superior destas ensinanzas.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~6~
A continuación seguen os obxectivos, contidos e criterios de avaliación segundo a Orde
do 23 de setembro, para a optativa “Técnicas de composición aplicadas á didáctica”.
2
OBXECTIVOS XERAIS.
a) Coñecer as técnicas compositivas e os procedementos básicos para a correcta
elaboración de exercizos e pequenas composicións de carácter didáctico.
b) Coñecer os elementos da linguaxe musical a as súas aplicacións na práctica
compositiva.
c) Analizar obras de carácter didáctico e artístico que sirvan como modelo para a
realización de composicións.
d) Utilizar en exercizos escritos os elementos e procedementos estudados.
e) Compoñer pezas breves partindo dun motivo, dunha melodía ou dun texto dado.
f) Desenrolar a creatividade na composición de pezas libres.
g) Valorar os elementos da linguaxe musical utilizados na composición, aplicándoos de
xeito lóxico e coherente.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~7~
3
CONTIDOS.
Modulacións: diatónica, cromática e enharmónica.
Aplicacións dos diferentes tipos de acordes.
Elaboración de fórmulas rítmicas e cadenciais.
O ritmo harmónico.
A forma. Procedementos de imitación, elaboración e transformación temática. O canon.
As notas alleas á harmonía.
Fórmulas rítmicas na elaboración de células, motivos, semifrases e frases.
A melodía: relacións interválicas, direccionalidade, rexistro e fraseo.
Relación texto-música.
A melodía acompañada.
4
METODOLOXÍA.
4.1 Modelo de aprendizaxe.
O profesorado fará unha avaliación diagnóstica inicial para coñecer cales son as
capacidades e os coñecementos previos do alumnado, con vistas a abordar de forma
progresiva a adquisición de aprendizaxes.
O modelo a empregar baséase na aprendizaxe significativa e constructivista. Isto
tradúcese en primar os contidos procedimentais partindo do principio de que as cousas se
aprenden facéndoas.
Tratarase de fomentar a creatividade innata do alumno a través da elaboración de
composicións e exercizos e da análise de obras.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~8~
En base ao principio de aprendizaxe significativa deberase:

Propiciar situacións que sexan motivadoras para o alumnado ou que favorezan a
potenciación da motivación que sinte, de forma natural, ante o fenómeno musical.

Crear contextos de aprendizaxe que lles obriguen a ter presentes os contidos xa
coñecidos.

Garantir a construción de aprendizaxes significativos e en espiral a través da
necesidade de recordar os coñecementos adquiridos previamente. Por iso faise necesario
volver sobre os contidos impartidos que se relacionen co que se está estudando no
momento, así como sobre os coñecementos aprendidos noutras materias que apoien a
adquisición de aprendizaxes en cada momento.

Promover na aula un ambiente de intercambio, colaboración e interacción como
motor de aprendizaxe.

Empregar estratexias que fagan revivir nos estudantes os coñecementos anteriores
para montar sobre eles a aprendizaxe dos novos en relación tanto á linguaxe musical como
á harmonía e o análise.

Espertar e desenrolar en todo momento a creatividade dos discentes.
É importante promover na aula un ambiente de intercambio, colaboración e interacción
como motor de aprendizaxe procurando que os alumnos acudan a concertos didácticos ou
conferencias que se poidan desenvolver no centro.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~9~
4.2 Organización de tempo e espazo.
A organización das actividades farase por sesións dunha hora de clase semanal. A
secuencia de actividades previstas para cada sesión mesturan práctica e teoría.
4.3 O profesorado.
O profesorado incrementará o proceso comunicativo, dado o carácter participativo e
grupal da música: actitude positiva, contacto visual, claridade de exposición, trato adecuado,
seguridade e confianza, por ambas partes.
Xa que a optativa de técnicas de composición aplicadas á didáctica debe preparar ós
alumnos para afrontar os estudos superiores de composición ou pedagoxía, será moi
importante atender a esas dúas vertentes intentando que os alumnos se impliquen
activamente na materia e poidan levar á práctica o explicado na clase.
Tamén se potenciará a elaboración de recursos materiais e didácticos polos propios
alumnos e o desenvolvemento do seu espírito crítico, tan necesario á hora de seleccionar
materiais e escoller métodos de ensino.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 10 ~
4.4 Principios psicopedagóxicos e criterios Pedagóxicos.
Durante o século XX desenroláronse unha serie de métodos que pretenden ofrecer
unha alternativa ao método pasivo de aprendizaxe de solfexo practicado sen variacións na
súa concepción orixinal racionalista desde finais do século XIX. Os novos sistemas foron
creados por unha serie de pedagogos importantes (Zoltan Kodaly, Carl Orff, Jacques
Dalkroze, Edgar Willens) sen esquecer outros plantexamentos quizais menos coñecidos
(Maurice Martenot, Shinichi Suzuky, Justine Ward…). Ó longo do curso iremos coñecendo
os criterios pedagóxicos dalgúns destes métodos.
4.5 METODOLOXÍA ESPECÍFICA.
4.5.1
Obras, repertorio, bibliografía…
No último punto desta programación está elaborada unha bibliografía e unha lista de
obras e repertorio das especialidades instrumentais coas que conta o centro.
Na bibliografía aparecen títulos recomendables de temática variada como pode ser de
estética, orquestración, metodoloxía, etc.
Na lista de repertorio instrumental e vocal faise alusión aos métodos de cada
instrumento, co fin de extraer deles a técnica de escritura propia para cada un e tamén se
citan algunhas das obras máis importantes na literatura de cada instrumento.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 11 ~
Moitas das obras citadas pódense escoitar en CD ademais de podelas seguir coa
partitura.
4.5.2
Actividades complementarias.
Poderanse organizar audicións que supoñan a posta en público dos traballos elaborados
na clase.
Valorarase o interese pola participación en actividades extraescolares e a asistencia a
conferencias e concertos programados polo propio centro.
Tamén se terá en conta o interese do alumnado por realizar cursiños de composición,
análise ou de instrumento que sirvan para perfeccionar a técnica compositiva do discente.
4.5.3
A acción titorial.
A titoría e a orientación forman parte da función docente. No Grao Profesional a labor
de titoría inclúe unha orientación sobre o estudo e o rendemento, debido á complexidade
dos estudos, a compatibilidade coas ensinanzas de réxime xeral ou con outras ensinanzas, a
diversidade de materias, a optatividade e a progresiva especialización que culminará na
elección da especialidade no Grao Superior.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 12 ~
4.5.4
Atención á diversidade.
O docente a través da posta en marcha de estratexias concretas e variadas intervén nos
procesos de ensinanza-aprendizaxe como un proceso durante o que se fai preciso ofrecer
respostas diferenciadas en función da diversidade dos receptores.
A atención á diversidade é fundamental para intervir na aptitude, no ambiente
sociocultural e familiar, na apreciación e valoración da asignatura e por conseguinte, na
motivación do alumnado.
5
ALUMNADO
CON
NECESIDADE
ESPECÍFICA
DE
APOIO
EDUCATIVO (ANEAE)
As Administracións educativas disporán os medios necesarios para que todo o
alumnado alcance o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.
Corresponde ás Administracións educativas asegurar os recursos necesarios para que os
alumnos que requiran unha atención educativa diferente á ordinaria, por presentar
necesidades educativas especiais, por dificultades específicas de aprendizaxe, polas súas
altas capacidades intelectuais, por haberse incorporado tarde ao sistema educativo ou por
condicións persoais ou de historia escolar, poidan acadar o máximo desenrolo posible das
súas capacidades persoais e, en todo caso, os obxectivos establecidos con carácter xeral
para todo o alumnado.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 13 ~
Tamén nos concirne establecer os procedementos e recursos precisos para identificar
prontamente estas necesidades e que así a atención integral ao alumnado con necesidade
específica de apoio educativo se inicie desde o mesmo momento no que dita necesidade
sexa identificada.
Corresponde ás Administracións educativas asegurar a participación dos pais ou titores
nas decisións que afecten aos seus fillos e adoptar as medidas oportunas para que os pais
reciban o adecuado asesoramento individualizado
6
AVALIACIÓN
6.1 Criterios de avaliación
1. Aplicar as técnicas compositivas e os procedementos básicos na elaboración de
exercizos e pequenas composicións. Con este criterio de avaliación preténdese que o
alumnado saiba utilizar as técnicas e procedementos estudados na creación de
composicións propias.
2. Coñecer os elementos propios da linguaxe musical, así como as sús aplicacións na
práctica compositiva. Con este criterio de avaliación comprobarase a capacidade do
alumnado para seleccionar os elementos da linguaxe musical máis adecuados para cada
momento da composición nos seus traballos.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 14 ~
3. Analizar obras de carácter didáctico e artístico prestando especial interese aos
elementos da linguaxe musical presentes nelas. Mediante este criterio valorarase a
capacidade de investigar e relacionar aspectos artísticos e didácticos da literatura musical
analizada.
4. Utilizar correctamente, en exercizos escritos, os elementos e procedementos
estudados. Este criterio pretende avaliar o grao de asimilación e posta en práctica das
técnicas estudadas.
5. Saber compoñer pezas breves partindo dun motivo, dunha melodía ou dun texto.
Preténdese que o alumnado aborde a composición de pezas breves con destreza e
coherencia a partir dos elementos dados.
6. Mostrar creatividade na creación de pezas libres.
Valorarase a iniciativa do alumnado á hora de afrontar o proceso creativo e o interese das
súas propostas.
7. Emitir xuízos críticos en canto á utilización dos elementos da linguaxe musical das
composicións realizadas. Con este criterio de avaliación comprobarase a capacidade para
valorar e poñer en común de xeito crítico e construtivo o emprego de elementos da
linguaxe musical nas pezas compostas e analizadas.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 15 ~
6.2 Procedementos de avaliación.
As probas trimestrais consistirán en exames teóricos e traballos prácticos. Os exames
teóricos constarán en saber realizar unha análise crítica dunha peza musical desde o punto
de vista pedagóxico relacionándoo con outros parámetros como a interpretación, o estilo, a
forma e a técnica compositiva.
Pódense substituír o exame teórico por exposicións orais nas que o alumno, puidéndose
axudar dun guión, resuma en clase para os compañeiros un libro dos que aparecen na
bibliografía.
Os traballos prácticos serán os seguintes:
-Presentación dunha carpeta de traballos ou portafolios que inclúa unha elaboración de
materiais didácticos feito ó longo do curso. Esta carpeta debe conter obras analizadas para
tomar como modelo no momento de compoñer e métodos para instrumentos tamén
analizados, así como esquemas ben estruturados da materia dada.
-Unha composición didáctica para voz e piano sobre un texto e a súa defensa oral e
escrita que analice a obra.
-Unha pequena composición empregando o método Orff e a súa defensa oral e escrita
que analice a obra.
-Unha composición libre de entre tres e cinco minutos de duración e a súa defensa oral
e escrita que analice a obra.
-Exercizo de autovaliación completo.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 16 ~
6.2.1
Mínimos esixibles
Asistencia a clase con regularidade e participación activa en cada unha das sesións.
Carpeta de traballos.
Unha exposición oral que resuma unha das seguintes lecturas que aparecen na
bibliografía: “Fundamentos da composición musical” de Schöenberg; “A Melodía” de
Toch ou “What to Listen for in Music” de Copland, a elixir unha das tres.
Participación nunha posta en público dunha das obras compostas ó longo do curso
cunha duración entre tres e cinco minutos. Dita composición será para unha formación de
dous instrumentos diferentes e terá carácter didáctico.
Presentación dunha defensa por escrito da obra estreada.
Exercizo de autoavaliación completo.
6.3 Criterios de cualificación.
A nota final será unha cualificación numérica do 1 ao 10, sen decimais, e calcularase a
partir da nota media dos distintos traballos e exames realizados ao longo do curso. Para
aqueles alumnos que acudan regularmente a clase e teñan dereito a avaliación continua, a
nota media obtida nos exames suporá o 50% da nota final. A nota media dos traballos
entregados suporá o outro 50%.
Para superar a materia os alumnos terán que obter unha nota final igual ou superior a 5.
Os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de xuño poderán presentarse
ao exame de setembro.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 17 ~
Os alumnos que ó terminar 6º curso de Ensinanzas Profesionais tiveran pendentes de
avaliación positiva tres asignaturas ou máis deberán repetir curso na súa totalidade. Cando a
calificación negativa se produza nunha ou dúas asignaturas, so será necesario que realicen
as asignaturas pendentes.
6.4 Perda do dereito a avaliación continua.
Tal como se contempla no Regulamento de Réxime Interno, os alumnos que superen
tres faltas por trimestre nas materias cun tempo lectivo dunha hora semanal, poderán verse
privados da avaliación continua, sendo o procedemento substitutorio de avaliación a
realización dunha proba específica.
A proba consistirá nun exame teórico e na entrega (o mesmo día do exame teórico) de
tres composicións elaboradas polo alumno coa súa correspondente defensa por escrito.
O exame terá unha parte teórica consistente na análise dunha obra musical elixida polo
profesor con preguntas relacionadas que abranguerán tódolos contidos abordados durante
o curso.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 18 ~
Os tres traballos a entregar serán os seguintes:
-Unha composición didáctica para voz e piano sobre un texto e a súa defensa oral e
escrita que analice a obra.
-Unha pequena composición empregando o método Orff e a súa defensa oral e escrita
que analice a obra.
-Unha composición libre de entre tres e cinco minutos de duración e a súa defensa oral
e escrita que analice a obra.
A entrega destes traballos será obrigatoria para calcular a nota media dos
traballos e do exame para superar a materia. No caso de perda da avaliación
continua, o exame suporá un 70% da nota final e os traballos un 30%.
6.5 Exame de setembro.
O exame de setembro terá as mesma características que o exame de perda da avaliación
continua. Igualmente nesta proba o exame suporá un 70% da nota final e os traballos un
30%. A diferenza das porcentaxes con respecto aos alumnos avaliados de forma continua,
explícase polo menor número de traballos a entregar en setembro e pola imposibilidade de
expoñelos.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 19 ~
Os alumnos suspensos en xuño que aprobasen os traballos prácticos de composición, e
que así o teñan reflectido no informe de avaliación negativa do mes de xuño (indicando a
cualificación numérica destes traballos), quedarán exentos de entregar estes traballos en
setembro. Non é posible quedar exento de realizar a parte do exame teórico-práctico, aínda
que se tivesen aprobados os exames trimestrais.
7
RECURSOS MATERIAIS.
Un equipo de música.
Un proxector de diapositivas ou transparencias.
Un piano.
Un encerado.
Un ordenador con conexión a internet.
Televisor con vídeo para DVD.
Unha biblioteca.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 20 ~
8
BIBLIOGRAFÍA.
8.1 Libros de texto.
Richard Wagner, “La obra de arte del futuro”. Collecció estètica & crítica. Publicacions
de la Universitat de València.
Aaron Copland, “What to Listen for in Music”, Ed. Signet Classics.
Ernst Toch, “La melodía”, Ed. Idea Música.
Ernst, Toch, “Elementos constitutivos de la música. Armonía, melodía, contrapunto y
forma”, Ed. Idea Música.
Igor Stravinsky, “Poética Musical”. Ed. El Acantilado.
O. Messiaen, “Técnica de mi lenguaje musical”.
Vasili Kandinsky, “De lo espiritual en el arte”. Ed. Paidos Estética.
Vasili Kandinsky, “Punto y línea sobre el plano”. Ed. Paidos Estética
Vasili Kandinsky, Franz Marc “El jinete azul”. Ed. Paidos Estética
Arnold Schönberg, Vasili Kandinsky, “Cartas, cuadros y documentos de un encuentro
extraordinario”. Ed. Alianza Música.
Arnold Schönberg, “Fundamentos de la composición musical”. Ed. Real Musical.
Anton Webern, “El camino hacia la nueva música”. Ed. Nortesur Musikeon.
Christipher Small, “Música, sociedad, educación”. Ed. Alianza Música.
García Márquez, “Me alquilo para soñar”. Colección de bolsillo de Mondadori, número
62.
García Márquez, “Cómo se cuenta un cuento”. Colección de bolsillo de Mondadori,
número 29.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 21 ~
Gianni Rodari, “Gramática de la fantasía”. Ediciones del bronce.
Silvia Adela Kohan, “Loa secretos de la creatividad”. Ed. Alba Editorial.
John Howard, “Aprendiendo a componer”. Ed. Akal, Entorno Musical, nº6.
Pedro Casariego Córdoba, “Cuadernos Amarillo, rojo, verde y azul”. Ed. Árdora
Express.
Eduardo Chirinos, “Breve historia de la música”. Colección Visor de Poesía nº466.
Salvador Dalí, “Los cornudos del viejo arte moderno”. Tusquets editores (1990).
Pierre Restany, “El poder del arte. El pintor-rey con sus cinco pieles”. Ed. Taschen
(2003).
Harry Rand, “Hundertwasser”. Ed. Taschen.
Amadeo Poggi y Edgar Vallora, “Beethoven repertorio completo”. Ed. Cátedra/Clásica.
Ottó Károlyi, “Introducción a la música del siglo XX”. Ed. Alianza Editorial.
Clive Brown, “Classical & Romantic Performing Practice 1750-1900”. Ed. Oxford
University Press.
Willian E. Caplin, “Classical Form: A Theory of Formal Functions for the Instrumental
Musico f Haydn, Mozart and Beethoven”. Ed. OxfordUniversity Press.
Barry Cooper, “Beethoven and the Creative Process”. Ed. Clarendon Paperbacks.
Miguel Ángel Marín, “Joseph Haydn y el cuarteto de cuerda”. Ed. Alianza Música.
Hermann Erpf, “Tratado de instrumentación y del arte de la instrumentación”. Ed. Dos
acordes.
Casella-Mortari, “La técnica de la orquesta contemporánea”. Ed. Melos.
Nocolas Rimsky-Korsakov, “Principios de orquestación”. Ed. Ricordi.
Walter Piston, “Orquestación”. Ed. Real Musical.
Juan Vte. Mas Quiles, “Apuntes de instrumentación para banda de música”. Ed. Piles.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 22 ~
Agustín Charles Soler, “Tratado de Orquestación”.
Samuel Adler, “Orquestación”.
Heinz-Klaus Metzger y Rainer Rienh, “Johann Sebastian Bach, Las variaciones
Goldberg”. Ed. Idea Música.
P. Hindemith, “Adiestramiento Elemental para Músicos”. Ed. Melos.
Ana María Locatelli de Pérgamo, “La notación de la música contemporánea”. Ed.
Ricordi.
José Luis Temes, “Solfeo contemporáneo”. Ed. Lineas. Madrid, 1984.
Lola de Cea, “Guía didáctico-musical enseñanza secundaria”. Ediciones Musicales
Garijo Mundimúsica.
Teresa Catalán, “Sistemas compositivos temperados del siglo XX”. Ed. Alfons El
Magnanin. Diputación de Valencia.
Manuel Ramada, “Atlas de Percusión”.
Madeleine Mansion, “El estudio del canto”. Ed. Ricordi.
Yehudi Menuhin, “6 Lecciones de violín”. Ed. Real Musical.
Marianne Murray, “Estudios comparados de técnicas violinísticas: Kato Havas, Paul
Rolland y Shiniki Suzuki”.
Dandrieu, “Principios del acompañamiento para clavecín”.
Marcel Dupré, “Curso completo de fuga”. Ed. Leduc.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 23 ~
8.2 PARTITURAS.
8.2.1
Piano.
J.S. Bach, “Clave bien temperado”.
J.S. Bach, “Álbum de Ana Magdalena”.
J.S. Bach, “Invenciones y sinfonías.
J. S. Bach, “Pequeños preludios y fugas”.
J.S. Bach, “Variaciones Golgberg”.
L. V. Beethoven, “32 Sonatas para piano”. Ed. Henle.
C. Czerny. “160 ejercicios breves para piano op.821” Ed. Boileau-Barcelona.
R. Schumann, “ Álbum para la juventud op.68”.
F. Chopin, “24 Estudios”.
C. Debussy, “El rincón de los niños”.
C. Debussy. “12 Estudios”.
E. Granados, “Cuentos de la Juventud”.
Tchaikovsky, “Álbum de la juventud”.
D. Kabalewski, “Piezas Infantiles para piano op. 39”
D. Kabalewski, “Variaciones fáciles op.51 nº 1 y nº3”.
D. Shostakovich, “Seis piezas infantiles”. Ed. Real Musical.
Kodály, “Nueve piezas para piano op.3”.
Béla Bartók, “Mikrokosmos”(vol.I-VI). Ed. Boosey & Hawkes.
B. Bartók, “For children”. Ed. Boosey & Hawkes.
Kachaturian, “Piezas para niños”. Ed. Real Musical.
F. Mompou, “Música Callada”(cuatro cuadernos). Ed. Salabert.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 24 ~
P. Hindemith, “Ludus Tonalis”.
Manuel Carra, “Nuevo Método de piano”(Curso I, primer y segundo volúmen. Curso
II). Ed. Sociedad Didáctico Musical.
Ernest Van de Velde, “Método Rosa”. Ed. Van de Velde.
Carlos Cruz de Castro, “Imágenes de infancia”.
“Maestros del s. XX. 20 piezas para jóvenes pianistas”. Ed. Real Musical.
Manuel Castillo, “Introducción al piano contemporáneo”. Ed. Real Musical.
Snorri Sigfús Birgisson, “Piano pieces for beginners” (vol.I). Ed. Steinabaer.
Antón García Abril, “Cuadernos de Adriana”(Cuadernos 1º, 2º y 3º). Ed. Bolamar.
Antón García Abril, “Cinco piezas breves”. Ed. Bolamar.
Antón García Abril, “Variaciones líricas”.
Juan Durán, “Juguetes, piezas fáciles para piano”. Ed. Dos Acordes.
8.2.2
Guitarra.
Antón García Abril, “Vademecum. De la iniciación al virtuosismo. 24 piezas para
guitarra”. Ed. Bolamar.
Antón García Abril, “Sonata del Pórtico”. Ed. Bolamar.
E. Villalobos, “20 Estudios”.
E. Villalobos, “6 Preludios”.
L. Brouwer, “20 Estudios”.
Fernando Sor, “Estudios”.
“El libro de los acordes para guitarra”. Ed. Music Distribución.
L. Brouwer, “Cuban Landscape with rain” (4 guitarras).
J.W.Duarte, “English suite nº3” (4 guitarras).
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 25 ~
8.2.3
Voz e piano.
F. Schubert, “Viaxe de inverno”.
Antón García Abril, “Canciones del recuerdo”. Ed. Bolamar.
Antón García Abril, “Canciones de Valldemosa”. Ed. Bolamar.
Antón García Abril, “Cancións Xacobeas”.
Joám Trillo, “Canto Asteca”. Ed. Dos Acordes.
Emilio Lede, “W.A.Mozart. Lieder”. Semíramis Ediciones.
L. Nono, “Como una ola de fuerza y luz”.
John Brimhall, “Gershwin arranged by John Brimhall”. Ed. Warner Bross Publications.
X. Montsalvatge, “Cinco canciones negras” (también para voz y orquesta).
8.2.4
Violín
C. Franck, “Sonata en la maior”. Ed. International Music Company.
J. S. Bach, “Seis sonatas”.
E. Grieg, “Sonata en fa maior op. 8”. Ed. Peters.
C. Debussy, “Sonata para violín e piano”. Ed. Peters.
Antón García Abril, “Música de cámara para niños. Doce piezas para violín y piano”.
Ed. Bolamar. (También existe en CD).
B. Bartok, “Danzas rumanas”.(vln.-pno.).
M. Falla, “Suite popular española”. (Vln.-pno.).
B. Bartok, “44 Dúos”.
Christiane Bornemann, “El Pequeño Paganini”.
Machay, “Cambios de posición”.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 26 ~
Hrimaly, “Escalas”.
B. Papazzian, “Escalas y arpegios”.
B. Papazzian, “Estudios en dobles cuerdas”.
Doflein, “Posiciones altas”.
Dancla, “Escuela de la velocidad”.
Martinu, “Estudios rítmicos”.
H. E. Kayser, “Kayser, estudios op.20”.
C. Flesch, “El sistema de la escala”.
O. Seucik, “40 Variaciones op.3”.
8.2.5
Viola
R. Hoffmann, “Estudios op.86”. Ed. Peters.
N. Machay, “Position Changing for the viola”. Ed. OUP
S. Suzuki, “Suzuki viola school”.
Marie Thérèse Chailey, “Técnica de la viola”. Ed. Leduc.
Marie Thérèse Chailey, “40 Ejercicios para viola”. Ed. Leduc.
Maire Thérèse Chailey, “Exercizos e pezas breves, con piano”. Ed. Leduc.
Berta Volmer, “Viola Studies”. Ed. Schott.
G. P. Telemann, “Concerto en Sol”. Ed. Schott.
G. P. Telemann, “12 Fantasías para viola sola”. Ed. Schott.
L. V. Beethoven, “Rondó para viola e piano”. Ed. Peters.
P. Hindemith, “Sonata op.25 nº4”. Ed. Schott.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 27 ~
8.2.6
Violonchelo
J. Dotzawer, “Estudios”.
Sebastian Lee, “ 40 Estudios”.
Volkov, “Tema con variaciones”.
Arnold Trowell, “Doce Morceaux Faciles”.
S.L.M. Nelson, “String´s songs”.
J. S. Bach, “Seis suites para violonchelo solo BWV 1007-1012”. Ed. Bärenreiter.
Jean Baptiste Bréval, “Sonata en Do mayor op.40 nº1”.
D. Shostakovich, “Sonata op.40”. Ed. Peters.
S. Rachmaninov, “Sonata para cello e piano en sol menor”. Ed. Boosey&Hawkes.
8.2.7
Flauta
Método Althes.
Método Trevor Wye.
Boehm, “Estudios”.
J. Berdullas del Río, “Ideograma 25 E”.
O, Messiaen, “Le merle noir” (fl.-pno.).
Antón García Abril, “Cantos de plenilunio”.(fl.-pno.).
8.2.8
Clarinete
A. Romero, “Método completo para clarinete”.
R. Stark, “24 Estudios en todas las tonalidades”.
V. Gambaro, “21 Caprichos”.
E. Bozza, “12 Estudios”.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 28 ~
H. Baermann, “12 Ejercicios”.
A. Uhl, “48 Estudios para clarinete”.
J. Coker, “Patrones de jazz”.
F. Poulenc, “Sonata”. (Cl.-pno.).
C. Debussy, “Première rapsodie” (Cl.-pno.).
I. Stravinsky, “Tres piezas para clarinete solo”.
B. Martinu, “Sonatina para clarinete e piano”.
A. Berg, “Vier Srücke op.5”.
F. Mendelssohn, “Sonata en mi bemol maior para clarinete e piano”.
R. Schumann, “Fantasiestücke op. 73 para clarinete e piano”.
8.2.9
Trompeta
J. B. Arban, “ Método completo para trompeta”. Ed. Música Moderna.
P. M. Dubois, “12 Estudos variados para trompeta”. Ed. Leduc.
M. Bordogny, “24 Vocalizaciones”. Ed. Leduc.
James Stamp, “Warm-ups studies”. Ed. Bim.
H.L. Clarke, “Tecnical Studies for the cornet”. Ed. Carl Fischer.
E. Bozza, “Rustiques”. Ed. Leduc.
A. Jachaturian, “Concerto”. Ed. Real Musical.
J. B. Arban, “Variacións sobre O Carnaval de Venecia”.
G. Enesco, “Legende”. Ed. I. M. Company.
Hindemith, “Sonata”. Ed. Schott.
T. Hoch, “Der Liebestraum”.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 29 ~
8.2.10
Saxofón
Christhophe Delage, “Saxofon vol.I-II”
Jean Marie Lon Deix, “Novos estudos variados”.
K.H.Stockhausen, “In Freundschaft”.
Var der Verhuis, “Graf it!”
Andrés Alén, “Tema con variaciones” (sax.- pno.)
8.2.11
Percusión
Nick Woud, “Symphonic Studies for timpani”. Ed. De haske.
B. Bartok, “Sonata for two pianos and percusion”. Ed. Boosey&Hawkes.
D. Milhlaud, “Concerto pour batterie et petit orchestre”. Ed. Universal Edition.
Steve Reich, “Clapping music”. (Para palmas).
Andrés Valero-Castells, “Cardiofonía”.
Andrés Valero-Castells, “Cuarteto de cajas”.
Stockhausen , “Ciclus”.
L. Berber, “Concierto para campanas”.
Minoru Miki, “Marimba espiritual”. Ed. Ongaku No Tomo Edition.
Luis Diego Herra, “Concierto para marimba y orquesta”. Ediciones CEDIM.
Juan Eiras, “Suite para trío de percusión nº1”. Ed. Dos Acordes.
Juan Eiras, “Minimal ravings, op.7”. Ed. Dos Acordes.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 30 ~
8.2.12
Ópera
W.A.Mozart, “Cossi fan tutte”.
R. Wagner, “El anillo del Nibelungo”. (con introducción de Deryck Cooke en Decca).
Antón García Abril, “Divinas Palabras”.
G. Gershwin, “Porgy & Bess”.
8.2.13
Obras sinfónicas.
J. S. Bach, “Pasión según San Mateo”.
L.V.Beethoven, “Las nueve sinfonías”.
Berlioz, “Sinfonía fantástica”.
Mussorgsky- Ravel, “Cuadros de una exposición”.
O.Respighi, “Los pinos de Roma”.
G. Mahler, “Las diez Sinfonías”.
G. Holst, “Sinfonía Júpiter”.
M. Falla, “Noches en los jardines de España”.
M. Falla, “El amor brujo”.
M. Ravel, “Mi madre la oca” (también a piano a cuatro manos).
Stravinsky, “La Consagración de la Primavera”.
C. Debussy, “La mer”.
O. Messiaen, “Sinfonía Turangalila”.
Antón García Abril, “El mar de las calmas”.
Cristóbal Halffter, “Tiento del primer tono y batalla imperial” (1986).
Andrés Valero-Castells, “GP F1”.
Andrés Valero-Castells, “Sinfonía de plata” (2007).
Michael Dauguerty, “Metrópolis simphony”.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
~ 31 ~
8.2.14
Banda de música.
R. Soutullo, “Hermance” (serenata romántica). Ed. Dos Acordes.
Xoán Carlos Rilo/ Joan B. Bernal, “Para os da nosa terra” (suite).
Xoán Carlos Rilo/ Joan B.Bernal, “Á nosa señora Virxe do Carme” (marcha
procesional).
E. Campos/X.L.Represas “Cacarexa”(muiñeira).
Ricardo Dorado Xaneiro, “Danza galega nº1” (Alalá)
C. Martínez Rückner, “Capricho Andaluz”.
C. Martínez Rückner, “Cantos de mi tierra” (I.-Canción. II.- Bolero. III.-Zapateado).
C. Martínez Rückner, “Serenata española”.
Ferrer Ferran, “La Passió de Crist”.(Sinfonía nº2). Ed. Iber Música.
Juan Eiras, “Auga Levada”.
CONSERVATORIO PROFESIONAL DE RIVEIRA,
PROGRAMACIÓN DE TÉCNICAS DE COMPOSICIÓN APLICADAS Á DIDÁCTICA, CURSO 2013/2014
Descargar