Aves de Galicia

Anuncio
INTRODUCCIÓN
O ave é o nome común para cxalñquera membro dunha das clases de vertebrados que inclúe animais con
plumas. Tódalas aves adultas posúen plumas, aínda que algunhas aves teñan o corpo núo o saír do ovo.
O termo paxaro aplícase a calquera ave con capacidade de voar e de pequeno tamaño.
A maioría das aves pode voar e descende de antepasados que podían facelo aínda que hai especies, que se
extinguiron, que non eran voadoeras. Ademais o corpo das aves está modificado para aumenta−la eficacia no
voo.
Os ósos dos dedos e as articulacións das patas dianteiras están unidos formando un soporte ríxido para as
grandes plumas do voo das ás. Tamén existen fusións óseas no cráneo e na cintura pelviana, así obteñen unha
maior resistencia e lixeireza. Nas aves adultas moitos dos ósos están ocos, carecen de médula e esdtán
conectados cun sistema de sacos ou bolsas aéreas dispersas por todo o corpo.
O esterno na maioría delas é grande e ten unha cresta central chamada carina. O esterno e a carina soportan
algúns dos principais mújsculos empregados no voo.
Nas aves da subclase Ratites, (avestruz, kiwi...) perderon a capacidade de voar e o esterno ten un tamaño máis
reducido e a carina perdeuse.
As mandíbulas das aves actuais alárganse coma picos sen dentes e están cubertas cunha capa córnea chamada
ranfoteca.
As aves non teñen glándulas sudoríferas e non poden arrefria−lo seu corpo por transpiración. A calor se
dispersa durante o voo co paso do aire.
• CORVO (Corvux corax) 63.5 cm
Nas zonas gandeiras os corvos atópanse formando parellas ou grupos familiares na busca de carroña, de
1
ovellas ou terneiras enfermas a punto de morrer. Comen dende insectos a landras, aínda que a súa
alimentación baséanse en desfeitos animais.
O cortexo inclúe inclinacións co pescozo alongado erizando as plumas da gorxa. A parella é para toda a vida.
O niño está feito de paos pequenos de madeira e outros materiais da zona, forrado con la de ovella ou pelo e
soe estar en cornixas inaccesibles. Pon de 4 a 6 ovos e incubándoos ó redor de 19 días.
Identificación: plumaxe negra lustrosa, pico groso, extremo da cola en forma de cuña; sen dimorfismo sexual.
Alimentación: Carroña e pequenos animais. Tamén xérmolas, froitos, peixes, ovos e poliños doutras aves.
Hábitats: Motañas e riscos.
• ÁGUIA CULEBREIRA (Circaëtus gallicus) 65 cm
A culebreira chega ás nosas terras en marzo e abril cando as tempereaturas empezan a subir e as culebras
comezan a saír.
O seu ataque baseéase nun ataque dende o aire a unha serpe enrosdcada nun camiño. Redúcea e despois
papaa, empezando pola cabeza.
Esta rapaz en España está protexida, feito que favoreceu a conserxvación desta fermosa ave.
Por tratarse dunha ave de carácter estival, téñense poucos datos sobre a súa migración e hibertnación en
Galicia e na península.
O seu niño está dfeito de ramas secas e verdes. Soe estar no cume das árbores, e estar forrada de follaxe. Pon
un só ovo moi grande en abril e incubándoo durante uns 45 días. O poliño abandona ós pais despois de 75
días.
Identificación: Partes superiores pardas cion réximes negras, inferiores brancas, menos gorxa e peito que son
pardo escuro. Cola larga, cabeza grosa, con grandes ollos amarelos e dorados.
Aliomentación: Réptiles sobre todo serpes, ras, insectos e gusanos.
2
Hábitats: Monte bravío
• MERLO (Turdus merula) 25 cm
No seu medio natural, son aves ariscas que permanecen agochadas. Pero os merlos máis acostumados ó home
fixéronse moito máis intrépidos. Esta especie experimentou unha considerable expansión. O merlo soubo
sacarlle partido á acción humana. Atópase en todas partes do noso entorno e nos máis pequenos xardíns pode
establecer o seu niño. É un paxaro vivo e axitado e se se ve en perigo fuxe voando raso. Teñen dimorfismo
sexual en canto a súa plumaxe. O seu niño é moi limpo en forma de copa, feito con herbas, follas secas e
lama. Faino en arbustos. De 3 a 5 ovos e a incubación dura 13 días e os poliños comezan a voar tras 15 días.
Identificación: O macho é negro azabache e co pico amarelo; a femia é pardo escura máis clara polas partes
inferiores, lixeiramente moteada e co pico pardo.
Alimentación: insectos e as súas larvas, miñocas, froitos e xérmolas.
Hábitats: Bosques, parques e xardíns.
3
• PEGA (Pica pica) 46 cm, cola de 20 a 25 cm
Esta ave poderíase considerar coma unha ladroa, rouba niños a outras aves, ovos e poliños. A pega está
distribuída por toda España, tendo unha poboación extensa e aumentando nalgúns sitios antes descoñecidos
para ela.
Viven solitarias ou en parellas aínda que na fin do inverno e principios de primaveira pódense ver grandes
grupos cun fin aínda sen comprender. Almacena todo o que encontra, iou sexa que podemos dicir que tamén é
unha ave chatarreira.
O seu niño ten teito feito de ramiñas de arbustos ou de árbores forrado con raiciñas. Pon de 4 a 7 ovos entre
abril e maio e incuba durante tres semanas. Os poliños son alimentados por ambos pais. Voan despois de 27
días.
Identificación: Plumaxe fortemente contrastado, negro iridiscente e blanco. Cola larga cuneiforme. Sen
dimorfismo sexual.
Alimentación: Insectos e as súas larvas, grano, froitos e xérmolas. Ovos e poliños, carroña, ras, caracois e
lixo.
Hábitats: Monte bravío
• ESTORNINO NEGRO (Sturnus unicolor) 22 cm
A súa área de distribución está limitada a España, norte de África e varias illas mediterráneas. De xoves e
adultos, reúnense en bandos que vagan polo día, comendo no chan, e no solpor empregan as aciñeiras coma
durmideiros. Estes últimos poden estar a quilómetros dos lugares de cría, onde chegan en xuño e xullo
O niño está construído en poblados, aldeas, caseríos, debaixo das tellas, en buratos... está construido polo
macho e forrado pola femia con plumas, herba e palla. Pon de 4 a 6 ovos azuis de marzo a xuño. Incuba
durante dúas semanas e os poliños deixan o niño ás tres semanas.
Identificación: Negro, brillante sen pintas e co pico amarelo; a femia é máis apagada. No inverno son
grisáceos.
4
Alimentanción: Insectos, miñocas, moluscos e froitos
Hábitats: Cidades e pobos.
• GAVIÁN COMÚN (Accipiter nisus) M: 28 cm F: 38 cm
O gavián baséase no ataque rápido e por sorpresa coma técnica de caza. Voa rapidamente ó longo dun souto,
álzase cara arriba para caer sobre a súa presa. Se esta escapa raramente volve intentalo.
É probable que o gavián sufrise as consecuencias dos pesticidas agrícolas. A súa poboación descendeu en
España, seguramente pola persecución que padece.
O seu niño está construído de polas, nas árbores, feito pola femia e está forrado por ramiñas delgadas. Pon de
4 a 6 ovos en maio e son de cor brancos con tinte azul e manchas pardas. Incuba durante 35 días. Abandonan
o noño despois de 30 días.
Identificación: Ás cortas e redondeadas, cola larga. O macho ten partes superiores de cor pizarra e as
inferiores de cor parda; a femia é máis grande e ten as partes superiores pardas e ten unha lista superciliar
branca.
Alimentación: Gorrións, estorninos, toupas, ratos e algúns insectos.
Hábitats: Bosques
5
• GORRIÓN (Passer domesticus) 14.5 cm
Créese que é o paxaro máis abundante en España e está localizado próximo ás zonas habitadas polo home.
A fins do verán abandona as edificacións para desprazarse ó campo e alimentarse de grans.
O seu cortexo, corro de gorriones comeza cando o macho tratta ca femia saudándoa coas ás caídas cola
erguida e cabeza botada cara atrás. A femia pode picotealo se se achega moito.
O seu niño é construído polos dous, de herbas secas en buratos de edificios, árbores, setos...
Pon de 3 a 5 ovos entre abril a agosto. Incuba durante dúas semanas. Os poliños son alimentados polos dous
pais e abandonan o niño ós 15 días.
Identificación: Partes superiores pardas, raiadas de negro, ombros pardo−roxizos e babeiro negro; a femia
parda co dorso raiado.
Alimentación: Grans e xérmolas, insectos e lixos urbáns.
6
Hábitats: Cidades e pobos.
• CÁRABO (Strix aluca) 38 cm
É unha ave rapaz nocturna, excelente cazadora, que en América chámase lechuza. É un ave territorial que
habita en Europa, norte de África e Asia. Este tipo de especies poden chegar a xirar a súa cabeza 270º, ou sexa
tres cuartos de voltal. O seu voo é ondulado coma o dos petos. Ademais disto están protexidas pola Lei. Son
depredadores de animais de campo.
O seu niño está nos ocos das árbores e defende con fereza os seus poliños. Pòn de 3 a 5 ovos en maio e incuba
durante 28 días e abandonan os 35 días.
Identificación: Plumaxe moteado, de cor parda ou grisácea con pintas brancas. A súa cabeza e corpo é
redondeada e rechoncha. Os seus ollos son grandes e de cor negra. Ás redondeadas e cola corta.
Alimentación: Ratos, musarañas, pequenos paxaros e ras.
Hábitats: Bosques e terreos pedregosos.
7
8
9
10
11
Documentos relacionados
Descargar