FILOSOFÍA: PLATÓN I.MARCO HISTÓRICO, FILOSÓFICO E CULTURAL

Anuncio
FILOSOFÍA: PLATÓN
I.MARCO HISTÓRICO, FILOSÓFICO E CULTURAL.
O autor deste texto é Platón, que desenvolve a súa labor intelectual durante a época
clásica (século IV a.C.) en Atenas. A sociedade da época, así como a filosofía, tiña o
seu piar nas pólis. Neste momento Atenas estaba sufrindo unha grave crise debido ao
resultado desfavorable na guerra contra Esparta. Esta crise reflectíase no mundo
cultural no paso do arte clásico ao helenístico, que expresa movementos violentos e a
dor humana.. En canto á filosofía este é un momento de gran plenitude e é a etapa na
que se desenvolve a filosofía de Platón influída polos poucos filósofos anteriores: os
presocráticos, os sofistas e Sócrates.
1.A FORMACIÓN DA PÓLIS GREGA
As pólis son un piar fundamental da filosofía e do ideal grego. Ad pólis son cidades
Estado que xorden no século VI a. C. E que son varias aldeas próximas entre si que
manteñen relacións comerciais e que se agrupas nunha sólida organización social e
política aínda que teñen independencia relixiosa e económica. O seu período de maior
esplendor e tras a vitoria nas Guerras Médicas no século V a.C. pero no século
seguinte (V a.C.) Atenas, que é onde vivía Platón, sofre unha época de decadencia
tras a derrota a mans de Esparta. É pois unha crise do ideal grego e da pólis que se
produce á vez que os problemas causados por a restauración da democracia tras a
tiranía imposta polo goberno inimigo. Para Platón a democracia é unha das peores
formas de goberno xa que foi a que condenou a morte a Sócrates, o máis sabio dos
homes na opinión de Platón.
2.ANTECEDENTES PRESOCRÁTICOS:HERÁCLITO, PARMÉNIDES E
ANAXÁGORAS.
Os filósofos que desenvolveron a súa labor filosófica antes de Sócrates foron os
presocráticos. Estes filósofos preguntáronse polo arjé ou orixe de todas as cousas,
que era distinto para cada filósofo; pola natureza(physis),pola orde e como se
mantén,pola multiplicidade dos seres e a unidade da natureza a pesar disto. Os
presocráticos que máis inflúen a Sócrates son Heráclito de Éfeso, Parménides de Elea
e Anaxágoras.
Para Heráclito o lume é o elemento que mostra o principio e fondo inestable da
realidade, é un lume eterno e intelixente, causa do orixe das cousas.Heráclito afirma
que a realidade ten un carácter dinámico e contraditorio (existe a través da harmonía
dos contrarios) no que todo flúe e nada permanece. Nesta realidade o logos é a razón
universal que unifica e ordena todo e que fai posible a harmonía dos contrarios,
tendente ao ben (teleoloxía). Esta tendencia ao ben é tamén defendida por Platón.
Parménides inflúe en Platón coa súa idea do ben como obxecto fundamental do
pensamento. Para el este ser é o arjé e as súas características son as mesmas das
que serán as das ideas de Platón: inxerado e imperecedeiro, homoxéneo e indivisible,
inmutable e perfecto, non ten duración, é un e único. Para este autor existen dúas vías
posibles para coñecer a verdade: a vía da opinión (obxectos da opinión) e a vía da
verdade (obxectos da mente) o que leva á súa filosofía a moverse entre dous
sendeiros, o da realidade e o da mente, como tamén fará Platón.
Para Anaxágoras a physis é un principio material (homeomerías) e un principio de
movemento (noûs). O principio de todo son as homeomerías, sementes que
constitúen todos os seres. Así todas as cousas maniféstanse diferentes entre si e
reciben nomes distintos segundo a natureza da semente que numericamente
predomine. Neste mundo formado por homeomerías o principio ordenador é o
chamado noûs.
3.OS SOFISTAS E SÓCRATES
Os sofistas e Sócrates foron cercanos a Platón no tempo e influírono aínda que tiñas
ideas moi diferentes. Estes filósofos abandonan a liña presocrática de preguntarse
polo arjé para dar é filosofía un xiro antropolóxico e convertela nun saber práctico
considerando ao o home un ser cultural confiando na razón humana e na bondade
natural do home. Pero estas son todas as similitudes entre os sofistas e Sócrates.
Os sofistas son os primeiros filósofos en distinguir entre lei natural e lei universal. Son
relativistas e escepticistas.Unha das súas accións foi a de educar aos máis
importantes políticos da época e cóbranlles por elo, o que lles valeu as críticas de
Sócrates e posteriormente as de Platón, sobre todo na súa segunda etapa que foi
negativa e decadente na que defenden a lei do máis forte (Trasímaco) e que a
natureza fai aos homes desiguais (Calicles); fronte á primeira, positivista e creadora e
que busca o coñecemento verdadeiro.
Sócrates foi o mestre de Platón polo que influíu nel enormemente e pese a non deixar
nada escrito coñecémolo a través dos Diálogos do seu discípulo, dos que é
protagonista.
O método socrático baseábase na maiéutica-dialéctica, xa que el consideraba que o
saber xa estaba nas persoas e que el só axudaba a que saíra á luz mediante o diálogo
e a ironía, que axudaban ao alumeamento da verdade e ao recoñecemento da propia
ignorancia. A súa ética defendía o intelectualismo moral no que o saber proporcionaba
a virtude e a felicidade; e que todo o mundo era sabio e tendía a actuar ben debido á
súa sabedoría. Así o que actuaba mal facíao por ignorancia.
Descargar