COMUNICADO DE PRENSA O CARBALLIÑO 27/04/16 ACUMULACION DE DESPROPÓSITOS NAS PROBAS DE SELECCIÓN DE AUXILIARES DE POLICIA DEBERASE REPETIR O PROCESO DE SELECCIÓN PARA AUXILIARES DE POLICIA AGORA SOLO PARA 3 PRAZAS. NA PROBA ESCRITA REALIZADA, MOITAS PREGUNTAS NON TEÑEN QUE VER NIN CO TEMARIO NIN COAS SÚAS FUNCIONS. OS ASPIRANTES EXAMINADOS CONTAN QUE EN NINGÚN PROCESO SELECTIVO EN NINGUNHA ADMINISTRACION SENTIRON TANTO BOCHORNO POLAS PREGUNTAS PRANTEXADAS POR UN TRIBUNAL. OS EXÁMENES FORON REALIZADOS EN CASTELÁN Só un dos aspirantes foi quen de superar as probas do examen escrito no que se tiveron que contestar a preguntas como as seguintes: Según las bases de ejecución del presupuesto del ayuntamiento, los concejales por asistencia a pleno ¿tendrán una dieta de? ¿Cuál es la representación de los grupos políticos en el ayuntamiento? ¿Cuál es la fecha del BOP en la que fue publicado el presupuesto municipal? ¿Cuál es la fecha en la que delegó el alcalde responsabilidades en cada Concejal? ¿Cuál es la cuantía de gastos que puede aprobar la Junta de Gobierno Local? Partido Popular do Carballiño. Rúa Cánovas del Castillo, 2 - 1º Tfnos: 606 254 397 / 988 274 607 ppcarballino@gmail.com Estas preguntas (que se expoñen en castelán, pois así é como se presentaron aos aspirantes) son algunhas das que se tiveron que contestar, sen ter, porque saber tales cuestións, ni por futuras actuacions nin por estar en temario. Non parecen preguntas axeitadas para seleccionar auxiliares de policía, dando como conclusión que quen teña elaborado estas preguntas dentro do propio tribunal, Non ten capacidade suficiente para examinar sobre a especificidade destes postos. Resulta que cando nos concello nos que existe este tipo de probas, se ten como normalidade elixir entre os aprobados, aos de mellor nota, pois aquí no Carballiño, é todo o contrario, suspenden a práctica totalidade, aprobando un solo. Agora terase que facer un novo proceso selectivo, onde convidamos ao goberno municipal a que rectifique unha vez máis, e faga unha composición de tribunal que esté formado por xente ducha na materia capaz de con preguntas adecuadas, seleccionar aos mellores aspirantes e non xerar entre eles unha indignación total como foi o caso. Destacamos tamén unha pregunta coa terma de respostas posibles, para que teña tida en conta polo propio grupo de goberno En castelán claro: Según la población que tiene O carballiño, cual de los siguientes es un servicio mínimo obligatorio? a) b) c) d) Transporte Público Protección civil Biblioteca pública Instalaciones deportivas de uso público Sendo que a resposta correcta é a (B) biblioteca Pública, anímense señores do goberno municipal a contratar persoal especializado para este servizo obrigatorio para o Concello do Carballiño. Partido Popular do Carballiño. Rúa Cánovas del Castillo, 2 - 1º Tfnos: 606 254 397 / 988 274 607 ppcarballino@gmail.com