+info: www.culturactiva.org Culturactiva / Música Catálogo 2015 Índice } Culturactiva { Presentacion } Música Música de Escenario { Galicia } GUADI GALEGO { LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO } Talabarte O Sonoro Maxín { A FESTA SON EU!!! } Vaamonde, Lamas & Romero { O Tambor de prata } Vaamonde, Lamas & Romero { VL&R con Banda de Música } Pandeiromus { TEÑO DÍAS } Coanhadeira { BICOS CON LUVAS } Sergio Tannus { SON BRASILEGO } KIN GARCÍA TRÍO Verbena GALEGa Música de Rúa { Galicia } Orquestra OS MODERNOS FANFARRIA TAquIkARDIA Aperta { Bloquinho de percusión Aperta } O SONORO MAXÍN { A Onda Sonora na Rúa } A Magnifique Bande dos Homes sen Medo { SEN MEDO!! } CÉ ORQUESTRA PANTASMA { Home Orquestra } Música { Booking GALICIA + PORTUGAL } LA TROBA KUNG-FÚ { SANTALEGRÍA } TXARANGO { SOM RIU } Yacine & The Oriental Groove { L’estima vença la salvatgia } OQUES GRASSES { DIGUE-N´HI COM VULGUIS } Música { Booking Galicia } Juan Perro { TORNO DE CANCIONES. TOUR 2015 } DEOLINDA { Mundo Pequenino } Chico Trujillo Cumbia All Stars +info: www.culturactiva.org Culturactiva { Presentacion } Desde Culturactiva SCG distribuímos un grande abano de espec- asociacións veciñais, pasando por ANPAS, fundacións banca- táculos e compañías galegas, do Estado e do resto do mundo e rias ou comisións de festas. Tamén coa administración pública levámolas ao mercado local, estatal e europeo poñéndoas ao en xeral e con empresas. E non só dende a venda teatral, senón alcance de programadores/as, concellos, festivais, entidades e tamén ofrecendo os nosos servizos integrais, podendo encar- programacións. garnos de todo o que implica a elaboración dunha programación Dese xeito, ofrecemos unha ampla gama de espectáculos (deseño, prensa, produción, direccións, xestión). teatrais e musicais do máis destacado, tanto dende o punto Grazas ao noso traballo e á nosa experiencia, actualmente de vista da calidade das propostas como na variedade das encargámonos da distribución en exclusiva de compañía de gran mesmas. Este catálogo que presentamos a continuación tan prestixio e talento que, dende fai anos, confían en nós para as só é unha pequena mostra da nosa oferta. Ao estar especiali- súas actuacións en Galicia. Artistas estatais como as compa- zados tanto no desenvolvemento de programacións culturais ñías Pez en Raya ou Yllana e internacionais como Leo Bassi, coma na xestión integral de todo tipo de evento, traballamos Jango Edwards ou Johnny Melville traballan con Culturactiva cun número de compañías e grupos moito máis elevado do que cada vez que chegan ás nosas salas, nosas rúas e prazas. Unha nesta selección amosamos. Mais grazas a esta aproximación, auténtica satisfacción para esta distribuidora que, por suposto, poderá coñecer mellor a nosa oferta e porse en contacto con tamén se implica dende as súas orixes na promoción de compa- nós, xa que n Culturactiva estamos ao seu dispor para estudar, ñías galegas de contrastada traxectoria como son, entre outras artellar e propor programacións, proxectos ou intervencións en moitas, Os 7 Magníficos + 1, Peter Punk, Bandullo Azul, Boneca cada caso concreto. Lareta, Serxio Pazos ou Desastronauts. Na actualidade, somos a principal distribuidora de teatro en As compañías e bandas que conforman a nosa oferta, co Galicia e traballamos unha grande cantidade de estilos, sempre seu talento e o seu esforzo artístico, constitúen, ademais, o co humor e a calidade como nexo de unión e referencia dos conxunto de ferramentas que nos permiten seguir medrando nosos espectáculos. Teatro de rúa, clown, circo, música, maxia, ano a ano, que nos motivan a continuar creando e transformando teatro de interior, teatro cómico, animacións, inauguracións ou a cultura do noso país festa a festa, parroquia a parroquia, vila a pasarrúas son algunhas das posibilidades coas que traballamos vila, cidade a cidade. á hora de confeccionar as nosas propostas de programacións. Para afondar nestas propostas, rogamos contacten con nós: Toda esta oferta tamén a poñemos a disposición dos nosos www.culturactiva.org clientes, para que sexan eles mesmos os que poidan deseñar 981 582 836 o seu programa máis acaído, adaptando as nosas propostas a info@culturactiva.org todos os niveis (orzamento, formato, estilo, etc.) Traballamos con todo tipo de entidades. Dende concellos a Música Música de Escenario { Galicia } GUADI GALEGO { LÚAS DE OUTUBRO E AGOSTO } Banda/Grupo } Unha das voces máis celebradas e recoñecidas do panorama musical galego. Guadi Galego leva toda unha vida enriba do escenario, levando o seu talento a diversos proxectos. Cantante, compositora e gaiteira, foi –até o ano 2008- a vocalista do xa desaparecido grupo Berrogüetto. Tamén formou NOVO DISCO 2014-15 parte de Nordestin@as, xunto a Abe Rábade e Ugía Pedreira, e con Guillerme Fernández lanzou o disco Espido en 2005. Con Fernández embarcouse, na compaña tamén de Xabier Díaz e Xosé Lois Romero, no grupo aCadaCanto. A nivel individual, Guadi publicou o seu primeiro disco en solitario en 2009. Titulado Benzón, explorou diversos camiños creativos dentro do folk grazas á revisión que realiza de diversas melodías tradicionais que sempre impresionaron a cantante. Naquela primeira aventura en solitario, Guadi contou coa colaboración dun feixe de artistas, dende Uxía até Leilía, pasando por Abe Rábade, Quim Farinha ou Ugia Pedreira. O espectáculo } Guadi Galego publicou en novembro de 2014 o seu segundo disco en solitario: Lúas de outubro e agosto (Fol Música). Neste novo traballo discográfico preséntase cun son e unha expresión artística máis madura e, ao tempo, máis atrevida. O álbum recolle fermosas cancións cunha serie de nexos comúns: a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción, a intensidade. Tamén a delicadeza e o risco. Todo un exercicio de inspiración para encontrar vías non exploradas e propoñer unha música chea de sinceridade que non deixa de sorprender. O disco inclúe un total de dez cancións, entre as que destacan temas como Mergullei ou Matriarcas. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Guadi Galego: Voz e teclados Guillerme Fernández: Guitarra Paco Charlín: Baixo Isaac Palacín: Batería Pachi Alis: Produción Musica Talabarte Banda/Grupo } Talabarte significa a confluencia artística de tres músicos imprescindibles do noso país. Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García crean un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional. O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pascual e o contrabaixo de Kin García propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia, mais tamén doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, enfiadas con distintos enfoques estéticos que van dende o jazz até a música tradicional europea, pasando por sensibilidades tan singulares como o tango. O espectáculo } Quim Farinha é un sospeitoso habitual dos escenarios en Galicia dende finais dos anos oitenta. O seu violín deuse a coñecer en grupos como Fía na Roca, soou dende as súas orixes en Berrogüetto e forma parte de grupos como A Banda das Crechas, Os d’Abaixo ou o propio Talabarte. Pedro Pascual, pola súa banda, é un virtuoso do acordeón diatónico, sendo profesor no Conservatorio de Música Tradicional. Colaborador habitual de diferentes músicos e cantantes, formou parte dende a súa fundación do grupo Marful. Kin García é un dos contrabaixos máis destacados de Galicia e acompaña habitualmente á intérpretes como Susana Seivane, Uxía, Dulce Pontes, Berrogüetto... Ficha artística } Quim Farinha: Violín Pedro Pascual: Acordeón diatónico Kin García: Contrabaixo +info: www.culturactiva.org O Sonoro Maxín { A FESTA SON EU!!! } A FESTA SON EU!!! } A festa galópalles polas veas. En cada un dos seus concertos, estoupa a Galicia tropical. Eles son o Sonoro Maxín e ningunha outra banda en Galicia pode berrar A festa son eu!! con semellante contundencia e cun son tan incontestable. Precisamente ese é o novo lema da banda, que neste 2015 reinvéntase unha vez máis e volverá ás estradas galegas cun novo directo cheo de novidades que, sobre os escenarios do país, se mesturarán cun repertorio propio que, a tal hora, xa é un auténtico clásico no circuíto musical galego. En 2011, O Sonoro Maxín publicou o seu primeiro disco e iniciou unha ampla xira titulada A Onda Sonora (chega do interior). O título respondía a un aviso a navegantes, unha proclama de que o trópico, en Galicia, respiraba ás beiras do Miño e que se espallaba, dende o corazón de Ourense, como a ventada dun furacán grazas ao traballo desta banda. Mais agora, catro anos despois, A onda sonora fai tempo que chegou para quedar. E agora xa ninguén ten dúbida de que O Sonoro Maxín é unha festa sempre presente, sempre disposta a animar cos seus ritmos cálidos as noites perante calquera público. Con A festa son eu!!, o grupo dá un paso máis na súa carreira para ofrecerlles aos seus espectadores un intenso directo, no que se darán a coñecer novas cancións e cos que O Sonoro Maxín demostrarán que, a súa onda, non deixa de se espallar nin de medrar e tampouco de sorprender. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Ico: Voces Abraham “el niño”: guitarra Cristina Asenjo: acordeón Xurxo Brea: baixo Jaime Mateo: batería e percusións Miguel Xanceda: Son en directo David Rubín: Deseño e ilustracións do disco Vaamonde, Lamas & Romero { O Tambor de prata } Banda/Grupo } Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería comprender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do sector. Os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores artistas da música galega. O seu talento únese habitualmente, grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos, Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane, Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz. Con eles teñen actuado en varios continentes, dende Xordania a Nova York, pasando por Zimbabwe ou Bos Aires. En 2006, deciden unir os seus talentos para amosar a súa particular visión da música popular. O espectáculo } Con esta nova entrega, Vaamonde, Lamas e Romero afondan na súa estética artística, coa que mesturan as melodías co humor, co obxectivo de desacralizar a música tradicional e achegala dun xeito diferente ao público. Deste xeito, convertéronse dende 2006 no trío máis retranqueiro da música actual. Nesta ocasión, preséntanos unha proposta escénica na que se repasa un repertorio composto exclusivamente por temas dunha formación única na historia de Galicia: Os Trinta de Trives. Ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarto que triunfou fai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras, cuxa traxectoria resulta ser un conxunto de anécdotas e vangardismo. Para Vaamonde, Lamas e Romero os de Trives impulsaron un concepto que precisa ser reivindicado: o cosmopolitismo da montaña ourensá. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Xesús Vaamonde: Gaita, percusión, voz Pedro Lamas: Saxo soprano, voz Xosé Lois Romero: Acordeón, voz Vaamonde, Lamas & Romero { VL&R con Banda de Música } Banda/Grupo } Xesús Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero son tres músicos sen os que a música galega actual non se podería comprender. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz até o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola composición e dirección musical. Sempre recibiron o recoñecemento do público e, como docentes e estudosos da nosa tradición, o respecto do sector. Os seus nomes están vencellados a algúns dos mellores artistas da música galega. O seu talento únese habitualmente, grazas a diversas colaboracións, á música de, entre outros moitos, Mercedes Peón, Fuxan os Ventos, aCadaCanto, Susana Seivane, Leilía, Guadi Galego ou Xabier Díaz. Con eles teñen actuado en varios continentes, dende Xordania a Nova York, pasando por Zimbabwe ou Bos Aires. En 2006, deciden unir os seus talentos para amosar a súa particular visión da música popular. O espectáculo } Vaamonde, Lamas & Romero sorpréndennos cunha proposta orixinal e divertida: un concerto con banda de música en clave de humor. O espectáculo inclúe arranxos sobre repertorio tradicional realizados polo saxofonista e compositor Roberto Somoza, que de xeito maxistral combinan o sabor popular con elementos de modernidade. O trío ofrece este espectáculo coa Banda de Música Sementeira de Cambre ou -se o prefires- coa túa propia Banda. Música popular e teatralidade aderezados con grandes doses de humor e retranca. Un auténtico bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise. Ficha artística } Xesús Vaamonde: Gaita, percusión, voz Pedro Lamas: Saxo soprano, voz Xosé Lois Romero: Acordeón, voz +info: www.culturactiva.org Pandeiromus { TEÑO DÍAS } Banda/Grupo } Dende sempre, os membros de Pandeiromus sentíronse atraídos pola tradición oral, sobre todo pola que estaba asociada con melodías que engaiolaban o seu ánimo. Así xurdiu o grupo, que dende os seus primeiros pasos en 1992 dedicouse a percorrer Galicia escoitando historias, retendo melodías, cantando cancións e, en definitiva, recollendo a nosa tradición musical. Con todo ese material, foron conformando un amplo repertorio que esmiúzan en cada un dos seus concertos, nos que podemos coñecer o seu talento vocal, mais tamén instrumental. NOVO DISCO 2014-15 Dese xeito, as súas voces mestúranse co son das gaitas, do tamboril, das pandeiretas, da caixa ou do bombo. Tamén das culleres, das botellas e mesmo da lata de carburo. Ao longo da súa traxectoria, xiraron por Galicia, España e Portugal. A súa discográfica inclúe tres álbums - Conserva (1998), Tolerías (2002) e Teño días (2014) - teñen colaborado en discos das Leilía, de Uxía Senlle ou no Jacobsland, editado co gallo do ano xacobeo 1999. O espectáculo } O disco Teño días supón un paso adiante na traxectoria de Pandeiromus, un grupo cuxa base musical se sustenta no traballo de investigación e na recollida da música tradicional do noso país. O álbum significa a mecha dunha triloxía que lle presentarán ao público ao longo do próximo ano. Este traballo conta coa participación de dous poetas, que crearon senllas letras para que fosen musicadas por Pandeiromus. Xavier Picallo regaloulles o texto da canción que lle pon nome ao disco. Pola súa banda, Séchu Sende asina a letra de Unha muller e outra muller. Estes temas abren o novo repertorio, arranxado por Pedro González, Vadin Yukinievich e Cristian Silva e interpretado por Roberto Grandal no acordeón, Xesús Rodríguez na percusión e gaitas e polas voces e pandeiretas de Rafael Iglesias, Afonso Sestelo e Topo Vidal. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Rafa Iglesias: Voz, percusións (pandeireta, caixa, lata, tambor, cunchas, pandeiro, bombo) Afonso González: Voz, percusións Topo Vidal: Voz, percusións, gaita, flauta Roberto Grandal: Acordeón Xesús Rodríguez: Percusións, gaita Coanhadeira { BICOS CON LUVAS } Banda/Grupo } Coanhadeira nace no ano 2006 como unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Dese espírito vén o seu nome, xa que as coanhadeiras eran nalgúns puntos de Galiza as mulleres (tamén a vasoira que empregaban) encargadas de varrer os restos do cereal durante a malla. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus direc- NOVO DISCO 2014-15 tos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, o Sauga Folk de Cantabria, o Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L’Orient, entre outros. O espectáculo } Coanhadeira regresa cun novo disco. Neste Nadal entrarán no estudio de gravación onde gardarán nunha caixiña todas as pequenas e grandes ideas xurdidas ao longo dos últimos cinco anos. Bicos con luva pretende sumarse en positivo á musica feita en Galiza, sen prexuízos e facer bailable calquera lugar, ateigar do poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un dos compoñentes da formación e do camiño conxunto até hoxe de Coanhadeira. Por eses camiños, este grupo folque continuará unha traxectoria musical que xa recolleu o recoñecemento do público e da crítica. Gañadora do concurso Nsaio no Camiño 2007 ou do Folk Escenario Prau de Cantabria, Coanhadeira está considerado xa, mesmo antes de lanzar este novo traballo discográfico, como un grupo referente para o sector. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Patricia López: Voz e Percusión Xerardo Quintela: Acordeón Chechu Pérez: Gaitas e zanfona Kinhos Saburido: Percusións Óscar Freire: saxo soprano e tenor Samuel Soto: Bouzuki Paula Conde: baixo Sergio Tannus { SON BRASILEGO } Banda/Grupo } Tannus é, hoxe por hoxe, un dos artistas máis completos da “safra brasileira”. Autodidacta e cidadán do mundo, o artista comezou a súa traxectoria musical profesional moi cedo, aos 14 anos. Despois de moitos anos acompañando a diversos artistas, decidiu gravar o seu primeiro proxecto musical en solitario titulado Múltiplos caminhos, onde asinou todas as composicións e arranxos. Dese xeito Tannus confirmaba e consolidaba a súa versatilidade e calidade musical, gravando todos os instrumentos do álbum. Grazas a este traballo emprendeu unha longa xira por diversos países europeos, como Francia, Alemaña e Portugal. No seu periplo polo vello continente descubriu Compostela, onde decidiu quedar a vivir. Desde a súa chegada a Galicia, ven compartindo experiencias e colaboracións, como músico acompañante e/ou produtor musical, con artistas como Uxía, Antonio Zambujo, Carlos do Carmo, Chico Cesar, Lenine, João Afonso, Kepa Junkera, entre moitos outros. O espectáculo } Un proxecto de gran porte e numerosos colaboradores, con cancións e arranxos orixinais do propio Tannus, sempre apoiado pola formación base que conforma o seu trío xunto a Gutier Álvarez e Paulo Silva. Acompañárono en Son Brasilego moitos daqueles artistas galegxs que o coñeceron e que compartiron con el grandes momentos musicais en todos eses anos que leva vivindo en Galicia. É un traballo que aposta polo intercambio, polo achegamento cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e as raíces comúns. Trae ademais da música intuitiva, a reflexión sobre a nosa identidade e irmandade -e por riba de todo- sobre o futuro das mesmas a través da música e desa sonoridade atlántica que nos fai a todos ser “brasilegos”. +info: www.culturactiva.org . Ficha artística } Sergio Tannus: Guitarras, voz e percusións Gutier Álvarez: Zanfona, violín e gaita Paulo Silva: Percusión KIN GARCÍA TRÍO Banda/Grupo } Kin García, un dos instrumentistas máis destacados do panorama galego, acompáñase do piano de Jacobo de Miguel e mais da batería de Noli Torres para crear un son propio, diferente e para engaiolar o público coa calidade do seu jazz. De contrastada traxectoria e presenza impoñente no escenario, Kin García participa nun feixe de proxectos e colabora con todo tipo de formacións e cantantes. Deste xeito, é un sospeitoso habitual nos traballos discográficas e nas actuacións de autores da talla de Tom Guyon, Tony Lanzan, Uxía, Berrogüetto, Dulce Pontes, Joao Afonso ou Rodrigo Romaní. Ademais, xunto a Quim Farinha e Pedro Pascual, forma o trío Talabarte. O ovetense Jacobo de Miguel, pola súa banda, inicialmente centrou a súa formación no ámbito clásico, pero rapidamente descubriu a maxia do jazz, campo no que se licenciou no Conservatorio Superior da Coruña. Como docente exerceu en cursos de músicos de Oviedo e Xixón até converterse en profesor da Fundación de Música Moderna de Avilés. Noli Torres iniciouse no mundo clásico no Conservatorio de Pontevedra, estudando disciplina de batería con Tony Patchi e Fernando Llorca. A súa formación proseguiu en Madrid, na Escola de Música Creativa, onde coincidiu con instrumentistas como Guillermo McGuill, Perico López ou Manolo Calleja. Ten traballado en formacións de moi diferente natureza, como son Jazzers, Peter Delphinich and Friends ou Alem. Ficha artística } Kin García: Contrabaixo Jacobo de Miguel: Piano Nolo Torres: Batería +info: www.culturactiva.org Verbena GALEGa Banda/Grupo } A Verbena Galega de sempre, pero coma nunca a viches. Ese é o espírito deste espectáculo que lle ofrece ao público máis de cinco horas de música e baile en galego. Unha explosión de música, humor e risa no campo da festa. Trátase, no fondo, dunha revisión do concepto actual de verbena para crear unha proposta única centrada, por un lado, na música de baile tradicional e, polo outro lado, na música de baile máis moderna e mestiza: ritmos latinos, pachanga, cumbia, reagge, etc. E todo coa opción de seren complementadas con diversas actividades para público familiar que, de seguro, encherán de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse das demais. A Verbena Galega que Culturactiva propón dura cinco horas de música e baile, co denominador común da lingua galega e coa fusión da festa tradicional e moderna a un tempo. As actuacións musicais divídense en 2 pases (un de cada grupo) coa posibilidade da intervención dun grupo de animación antes da sesión musical e un picadiscos como peche das actuacións. Ademais, é posible contar con espectáculos que ofrezan unha alternativa lúdica para público familiar en torno ao circo, ao clown, ao humor, etc. No fondo é a Verbena de sempre, revisitada e feita a medida para calquera vila. Ficha artística } +info: www.culturactiva.org 1 Grupo de música tradicional 1 Grupo de pachanga galega 1 Picadiscos de música galega + Tráiler-Escenario móbil + 40.000 w de son + 100.000 w de iluminación e robótica Música de Rúa { Galicia } Orquestra OS MODERNOS Banda/Grupo } A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arrechuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da Orquestra “Os Modernos”. Como consecuencia da súa constate ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra Os Modernos, ofrécelles un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxfrot, baiao, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, se esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muíñeira ou a xota. Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile. Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra Os Modernos. Resulta imposible. Cando saen a actuar, enchen o recinto coa súa presenza. O seu estilo, a súa calidade musical. Non podemos ficar quedos, porque o seu son fainos viaxar do aquí agora ao antes sempre. Sempre e máis despois. E todo grazas ao conxunto de múisicos e voces que se reúnen nesta formación, dende Alonso Caxade até Xosé Tuñas, pasando por Joám Casas, Lois Mouriño, Iria Pinheiro, Martín Nogueira e Paco Nogueira. Todos eles son Os Modernos. A todos eles débemoslle este novo vello son que enche as rúas en calquera festa. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Xosé Tuñas: Caixa Joám Casas: Clarinete Lois Mouriño: Saxo e gaita de fol Alonso Caxade: Bombardino Iria Pinheiro: Rosalie de Choix Martín Nogueira: Trompeta Paco Noegueiras: Bombo-chis FANFARRIA TAquIkARDIA Banda/Grupo } Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodías balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, achegándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos. As influencias musicais son varias, comeza polas fanfarrias de Europa do Leste, os “brass ensembles” de New Orleans, as charangas carnavalescas caribeñas e brasileiras e a música tradicional galega. Os integrandes de banda proceden de varios grupos do panorama musical galego: Os Cuchufellos, Os Bechuchos, Pelepau, Skandalo Gz, Pan de Capazo, Os Festicultores, Os Podirdos, A Vaga Banda ou A compañía do Ruído. Ninguén queda impasible e moito menos inmóbil co brutal espectáculo que ofrece este particular conxunto musical. Con eles un pode saber cando comeza a música e a festa, pero non cando remata. Ficha artística } +info: www.culturactiva.org Estilo: Fanfarria - Música de rúa Duración: Variable Público: Para todas as idades Espazo: Exterior Aperta { Bloquinho de percusión Aperta } Banda/Grupo } A Asociación de PERcusionistas e TAmborileiros/as (APERTA) foi creada en Vigo no ano 2004, co obxectivo de apoiar e promocionar a música en xeral e a percusión en particular nunha contorna social procurando favorecer e desenvolver a inclusión social dun xeito lúdico e participativo. Traballan en festas durante todo o ano, xa sexa en cabalgatas, festas de verán, festas patronais ou festivais. Non obstante, a súa grande especialidade é o entroido, chegando a desfilar até 60 percusionistas, con vistosos traxes, acadando unha forte expectación dada a magnitude do son e da enerxía que desprende o espectáculo, altamente contaxiosa, que en si mesmo conforma, xunto o impoñente deseño dos uniformes, unha colorida, xigantesca e dinámica festa móbil. O Espectáculo } Percusión, baile, animación. Ritmo e boa enerxía. Tamén unha potencia de son difícil de comprar. Nun bloquiño combínanse todos estes elementos, creando un ambiente único ao seu redor. Ao seu paso, nas prazas, nas rúas, nada é o mesmo e todos, polo menos quen máis quen menos, para a escoitar, a moverse, a bailar. Mesmo os que máis présa sofren, os que nunca paran no medio dunha actuación na rúa, os que foxen das festas, marcharán tamén cantaruxando. Porque son magnéticos e a súa música contaxiosa. Tan só un bloquinho dun mínimo de dez persoas é capaz de animar a festa, levar a todo o mundo ao movemento sen excepción. O público, en definitiva, verase atrapado por unha marea de son e baile, grazas a este grupo que explorar sobre todo os principais ritmos afrobaianos, tradicionais do entroido do nordeste de Brasil. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Estilo: Animación musical, pasarrúas e percusión Duración: Variable Público: Para todas as idades Espazo: Exterior O SONORO MAXÍN { A Onda Sonora na Rúa } Banda/Grupo } O Sonoro Maxín naceu no verán de 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions. Estreáronse en Ourense, a súa cidade natal, o 20 de decembro. A partir dese debut, percorreron durante os seguintes anos toda a xeografía galega con máis de 150 concertos. En moitos deles compartiron escenario con músicos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System Shantel & Bucovina Club Orkestra, Los Delinqüentes ou Tonino Carotone. O Espectáculo } O Sonoro Maxín reinvéntase cun formato no que achega a súa músicas ás rúas e prazas, un formato reducido e moi adaptable no que a banda viaxa nunha furgoneta que leva o seu propio equipo de son. A Onda Sonora viaxa así a calquera lugar onde sexa necesario, tocando a pé de chan pero con toda a súa forza. Neste formato coñecemos a Sonoro Maxín denden outra perspectiva, nun diálogo próximo de ti a ti co espectador. Non hai distancias entre os músicos e o público, son un mesmo ser que nace de forma espontánea ao xuntarse, sinxelamente, pola rúa. Como dous vellos veciños que se cruzan no medio da praza, dese xeito funciona a Onda Sonora na Rúa. Espállase, viaxa por entre as beirarrúas e enche a todos dun mesmo son. Queres coñecer por ti mesmo o que esta Onda Sonora anda a asubiar?. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Ico: Voces Abraham “el niño”: guitarra Cristina Asenjo: acordeón Xurxo Brea: baixo Jaime Mateo: batería e percusións Miguel Xanceda: Son en directo Duración: 50 minutos A Magnifique Bande dos Homes sen Medo { SEN MEDO!! } Banda/Grupo } A Magnifique bande dos homes sen medo. Ese é o nome a ter en conta. Non o poden esquecer, porque dende fai xa máis dun lustro este simpático grupo de galopins musicais animan as nosas vidas e divírtennos coas súas trasnadas harmónico-contrapuntísticas cunha elegancia natural e un gusto innato polas boas melodías e os arranxos de éxito. A banda condúcenos polo máis destacado da historia musical con momentos clásicos, fílmicos, jazzísticos, funkeiros ou rockanroleiros. Dende as súas orixes non deixaron de xirar por toda Galiza, amosando a súa rochosa sección rítimica integrada por tuba, fagot, bombo, caixa guitarra e clavinent e a sección de aires, formada por trompeta, trombón, saxo alto e saxo tenor. O Espectáculo } A Magnifique Bande principiaron a súa andaina Sen Medo no ano 2007. Dende aquela, aparecen nos carteis de todo tipo de festivais, tanto nos de Galicia coma nos de fóra do país. Oos seus directos provocan un berro de admiración parte do público, que sempre acaba por unirse o seu espírito de troula, de big band, de todo e mais. As súas actuacións preséntanse en dous formatos básicos. O primeiro deles, o de rúa. Son concertos itinerantes que van de praza en praza, pola rúa, nos que a banda soamente precisa dos seus instrumentos e o seu derroche de inxenio para deleitar a paseantes e incrédulos. O segundo deles, acóllese ao escenario clásico.Soben as táboas e ofrecen a mesma diversión e enerxía que nos seus pasarrúas, contaxiando a público da sala. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Alvaro Trillo: Percusión Miguel Paz: Percusión Oscar “Bochu” Barcala: Tuba Abel Leonardo: Guitarra Alex Salgueiro: Organo Manuel Espiño: Trombón Martiño D. Mato: Saxo Tenor Manuel Paino: Trompeta Olivier Cano: Saxo alto/Frauta CÉ ORQUESTRA PANTASMA { Home Orquestra } Banda/Grupo } Baixo Cé Orquestra Pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular, chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si, como A Roda ou a banda de punk Oxtiax ke te Pariu. Dende comezos do verán de 2008 e con máis de 150 concertos por ano, este músico leva percorrido toda a xeografía galega, paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé Orquestra Pantasma, un proxecto musical, unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga a perfección toda unha vida musical. O Espectáculo } Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregádose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista. As posibilidades que ofrece Cé Orquestra abranguen calquera celebración. A súa especialidade, a animación musical e as actuacións de rúa, poden adaptar a calquera tipo de festas,romarías ou feiras de época. As súas actuacións tamén son accesibles aos espazos pechado e pode participar en todo tipo de iniciativas, dende recitais poéticos até en celebracións e bailes para os nosos maiores. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Elenco: César Freiría Estilo: animación musical Duración: Variable Público: para todos os públicos Música { Booking GALICIA + PORTUGAL } LA TROBA KUNG-FÚ { SANTALEGRÍA } Banda/Grupo } La Troba Kung-Fú parte de tres reivindicacións esenciais: a troba como actitude de facer cancións e compoñer música, ao xeito dos antigos xograres e trobadores, atopando inspiracións e melodías na vida que rodea o artista; o Kung-fú, que é a disciplina esencial que permite chegar á perfección, e a Rumba catalá, xénero creado polos xitanos a mediados da década do rock and roll e que algúns paios intelectuais conceptualizaron como música urbana e popular, xenuína de Barcelona. O nacemento da formación procede do encontro entre varios músicos que quixeron reivindicar a Rumba catalá como linguaxe musical que certificaba o arraigo ás orixes. Dese xeito, en 1995, Joan Garriga funda Dusminguet con outros músicos. Neses tempos, gañou fama como acordeonista e así comezou a colaborar con Marià Roch, camarada de territorio e enerxía musicais. Do encontro xurdiu a Troba Kun-Fú. O espectáculo } Santalegría supón o terceiro disco dunha banda que vive o seu mellor momento creativo. Esta entrega, coa que comezaron a xirar no verán de 2013, zumega vida, positivismo ritmo e forza. O grupo, fortemente vencellado á rumba catalá, reinventa o xénero achegándolle ao mundo a chamada Rumbia Vallesana que, como as silveiras, medra a esgalla, pincha e dá froitos. Ese son e esa enerxía son os elementos que reivindican, amosando sempre a súa marca de identidade, persoal e intransferible. Un selo propio de boa música que se deu a coñecer nos primeiros traballos da formación pero que agora, tras este terceiro álbum, acada a consolidación e confirma o que calquera amante da música agardaba: La Troba Kung-Fú naceu para quedar con nós. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Joan Garriga: Accordion from hell e veu gladiator Pep Terricabras: Batería rumbera Marià Roch: Ultrabases e coros con sentimento Muchacho: Ventilador tomado e coros guapos Toti Arimany: The red baron of dub TXARANGO { SOM RIU } Banda/Grupo } Chegados do Raval, o Barrio máis multicultural de Barcelona, Txarango está a revolucionar dende o ano 2011 o panorama musical catalán. Falamos dunha banda de fusión musical, cunha frescura única e cuxo carácter festivo a converte nunha referencia tanto das boas melodías como das mellores vibracións. No 2011, no primeiro ano de vida da banda, comezou a chamar a atención tanto do público como da crítica. Ofreceron máis de cincuenta concertos, congregaron a máis de 40.000 espectadores e as súas cancións superaron as 100.000 escoitas na súa páxina web. O balance do primeiro ano resultou espectacular. E aínda non viramos nada. Porque un ano despois, chegou o estoupido. Máis de 80 actuacións en oito meses, superando os 300.000 espectadores e unha recepción sen igual co seu disco Benvinguts al llarge viatge, co que chegaron a romper fronteiras e pechar unha xira internacional nos países escandinavos. O espectáculo } O ano pasado, Txarango volveu subir aos escenarios. Fíxoo na compaña dun novo disco Som Riu, dun novo espectáculo e dunha xira que permitiu ampliar os horizontes sonoros deste proxecto marcado por un son enérxico que mestura o reggae, cos ritmos latinos e outras músicas contemporáneas e de raíz. Deron a coñecer as cancións deste segundo álbum dentro dunha xira titulada La Tempesta. Con ela, retomaron a vida nómade e compartiron Som riu de praza en praza. Nesta viaxe propagaron grazas á ventada o seu lema: “Somos un río que sempre avanza. Da guerra faremos danza.” +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Alguer Miquel (voz) Marcel Lázara Tito (Guitarra e voz) Sergi Carbonel Hipi (Teclista) Quim Canais (Batería) Alex Pujols (Baixista) Pau Puig (Percusións) Jordi Bamola (Trompeta) Iván López (Saxo) Yacine & The Oriental Groove { L’estima vença la salvatgia } Banda/Grupo } Falar de Yacine Belahcene significa falar dun músico de referencia no panorama barcelonés. A finais dos anos noventa, converteuse no fundador e líder de Cheb Balowski, banda mítica de son árabe, balcánico e mestizo da cidade condal. A continuación natural daquel proxecto foi Nour, un grupo que seguía esa mesma liña de fusión ao mesturar sons do Mediterráneo. Ambas as dúas bandas xiraron amplamente por España e Europa, con incursións nos países árabes. Yacine reinvéntase unha vez máis con Yacine & The Oriental Groove, un combo multicultural dirixido por Yannis Papaioannou, laudista grego afincado en Barcelona. Xuntos compuxeron no ano 2011 o disco Parábolic, traballo que se podería definir como “folclore do ciberespazo.” Presaxiando as revoltas e movementos na beirarrúa sur do Mediterráneo, era un compendio de cancións sustentadas nun son urbano moi potente. O espectáculo } O último traballo de Yacine & The Oriental Groove continúa a liña creativa do seu traballo anterior. Achégannos música de aquí e de todas partes. Ese é o espírito deste álbum, que vai da electrónica até o folk alxerino, pasando polo pop occidental, as melodías gregas ou o funk. Crean así unha paisaxe sonora e propoñen unha dialéctica artística na que non caben os discursos baleiros sobre a multiculturalidade. Van máis aló. Porque poden. E tamén porque deben. Yacine ten claro que é tempo de madurez, de mirar de fronte á sociedade e explicar a realidade a partir da súa música, das súas letras. Tamén dende a súa fonda creatividade. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Yacine Belahcene (voz) e Yannis Papaionnou (laúde) dirixindo a Oriental Groove: Jordi Hereros: batería Bernat Guardia: baixo Óscar Ferret: teclados Arniol López: Percusións OQUES GRASSES { DIGUE-N´HI COM VULGUIS } Banda/Grupo } O grupo catalá está formado por Josep Montero (voz e guitarra), Arnau Altimir (batería), Joan Borràs (teclado), Guillem Realp (baixo), Miquel Biarnés (trombón), Miquel Rojo (trompeta) e Josep Valldeneu (saxo). A súa natureza pertence á estirpe das bandas multiinstrumentais, próximas a formacións que nos poden levar a sensibilidades que agroman dende Nova Orleáns. Ou non, porque son iso ou todo o contrario. Consíderanse só xente que explica o que vive e o que sente, con cancións e sen cancións. Vense como músicos, mais tamén como momentos, como calquera e coma todos. Do seu traballo discográfico, cargado de rechamantes sons e depurada técnica, un ha de destacar Digue-n’hi com vulguis. Oques Grasses é unha das formacións revelación na música catalá dos últimos tempos. Oques Grasses defínense a si mesmo sen definirse, coas palabras xustas que valen para case todo. Porque, no fondo, sérvense da música para contar o que senten, o que viven, como son e como deixan de ser. O pentagrama tamén lles serve para escoitar a xente, para poñerlle notas ao que ven ao seu redor e as sensacións que os envolven, tanto a eles coma o público. Son un transmisor de latexos, de palabras, de tons. Coa súa creatividade póñenlle música a todo o seu mundo, un mundo que comparten con todos e todas, sen distincións. Non hai fronteiras entre eles e o espectador, son o mesmo. Ou todo o contrario. Non é fácil definirse. Polo menos coa palabra. Eles prefiren facelo no espello do escenario, cos seus espectadores como único reflexo. Aí está a verdade, alí se atopan eles, alí se recoñecen. A súa música colle forma no cara a cara co público. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Josep Montero: Voz e guitarra Amau Altimir: Batería Joan Borràs: Teclado Guillem Realp: Baixo Miquel Biarnés: Trombón Miquel Rojo: Trompeta Josep Valldeneu: Saxo Música { Booking Galicia } Juan Perro { TORNO DE CANCIONES. TOUR 2015 } Banda/Grupo } Juan Perro é unha das caras artísticas de Santiago Auserón, un dos intérpretes máis emblemáticos da música española do século XX. Vocalista e cantante da histórica Radio Futura, Auserón deu a coñecer este proxecto musical en 1993, ano no que coprotagonizou a xira Kiko Veneno y Juan Perro vienen dando el cante. Dous anos despois chegaría o seu primeiro disco, Raíces al viento, gravado na Habana, cun luxoso equipo de músicos cubanos, británicos e españois. No ano 2000 vía a luz o álbum Mr. Hambre, ao que o seguiría dous anos despois o Cantares de vela e unha xira por México e Estados Unidos. Despois dunha paréntese para o desenvolvemento doutros proxectos artísticos, volve Juan Perro no ano 2009, cunha longa xira acompañada de novo disco: Río Negro (2011). Santiago Auserón é ademais un gran estudoso do son cubano, froito da súa investigación é a súa recompilación de música tradicional cubana Semilla del Son (constituída por cinco álbums publicados entre 1991 e 1992). O espectáculo } Juan Perro inicia esta xira 2015 con tres formatos distintos: Solista: Concerto acústico, sen distancias nin barreiras. O son conecta directamente co público, da man do máis destacado do seu repertorio. Trío: O tándem acústico Santiago Auserón - Joan Vinyals ábrelle as portas ao saxofonista e clarinetista Gabriel Amargant. Banda: Subirase ao escenario coa súa banda ao completo, ofrecendo un espectáculo de gran formato, con toda a forza dos seus directos máis expansivos (7 músicos, inclúe metais). Este tour terá como obxectivo prioritario rodar, coma nun torno de artesán, as novas cancións, comparándoas coa feitura do máis selecto do seu repertorio +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Santiago Auserón: Voz e guitarras Joan Vinyals: Voz e guitarras Gabriel Amargat: Saxo e clarinete DEOLINDA { Mundo Pequenino } Banda/Grupo } O Portugal no que Deolinda vive está moi lonxe das casas de fado cheas de fume e das rúas de azulexos que conforman a imaxinería portuguesa aos ollos dun turista. Deolinda mudaron esa antiga e amarga saudade por unha morea de cancións alegres e soñadoras, que dalgún xeito revelan as cores reais do Portugal de a pé, aínda que non teman inspirarse tamén nalgúns discos antigos de fado, de morna de Cabo Verde ou mesmo de cantautores portugueses dos setenta. Co seu primeiro disco, Canção ao Lado (2008), Deolinda chegaron a ser Disco de Platino en Portugal. Fóra do país luso foron aclamados pola prensa internacional: The Times, ABC e Sunday Times consideraron Canção ao Lado un dos mellores albumes de World Music de 2009. No 2010 recibiron o prestixioso premio Songlines Music Award ao Grupo Revelación e editaron o seu segundo disco Dois selos e um carimbo, que se mantivo catro semanas no top nacional de vendas e é, dende entón, un dos discos máis vendidos en Portugal. O seu terceiro álbum saíu en 2013. Chamado Mundo pequenino, está producido polos Deolinda xunto ao británico Jerry Boys. O segredo do seu éxito débese seguramente non só ás súas incribles composicións e letras, senón tamén á forma na que se presentan ao público nas súas actuacións: divertidas, suaves e doces. As súas cancións falan da vida no barrio, da precariedade da época que nos toca vivir. E así, a súa canción “Parva que sou” converteuse no himno dos e das mocidades indignadas portuguesas. “Qué mundo tan parvo, no que para ser escravo é precisso estudar” . +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Ana Bacalhau: voz Luís José Martins: guitarra clásica, ukelele, cavaco, viola braguesa e voz Pedro da Silva Martíns: composición, letrista, guitarra clásica e voz Sérgio Nascimento: Percusión Chico Trujillo Banda/Grupo } Se falamos de Chico Trujillo referímonos a unha das orquestras máis importantes de Chile. Son a banda sonora de todas as festas, de Arica a Punta Arenas. A súa mestura de cumbia clásica, bolero, música latinoamericana, balcánica e reggae, asegurándolles un público de todas as xeracións e estilos de vida. O grupo iniciouse como unha póla da banda punk/ska La Floripondio en 1999 en Valparaíso. Quince anos e sete albumes máis tarde, chegaron a simbolizar un cóctel único que ten as súas raíces na cumbia dos días pre-Pinochet e atoparon o xeito de incorporar todos os aspectos da cultura popular chilena. Souberon mesturar anacos do pasado coa influencia global da cultura alternativa, fusionándoo todo baixo a bandeira Panamericana da cumbia. A exuberancia da banda representa un benvido retorno ao mundo da festa, do baile e dos praceres nocturnos. O grupo xira habitualmente por Chile e Sudamérica, pero nos últimos anos a súa clara internacionalización e o seu éxito máis aló das súas fronteiras, levou a Chico Trujillo a participar tamén en festivais como o de Roskilde (Dinamarca), O Esperanzah (Bélxica) House of Blues (Chicago) ou Playboy Jazz. (Los Angeles). Máis aló do circuíto de festivais, a banda ten percorrido Europa e Estados Unidos en diversas xiras, visitando máis de vinte países diferentes nos últimos anos. +info: www.culturactiva.org Ficha artística } Aldo Asenjo: Vocalista Michael “Bendito” Magliocchetti: Voz, Guitarra Victor “Tuto” Vargas: Baixo Juanito Gronemeyer: Percusión, Batería Sebastián Cabezas “Zorrita”: Trompeta Rodolfo Fuica “Tio Rodi”: Percusión, Batería Luis Tabilo: Trombón Joselo Osses: Teclado Leo Ruiz: Saxofón Patricio Quilodran: Charango Cuatro ‘’Pajarito’’ Araya: Percusión Cumbia All Stars Banda/Grupo } Poucos estilos musicais foron tan unanimemente populares en Perú como a cumbia. Botou as súas raíces nos suburbios da capital entre os fillos de inmigrantes e nas cidades afastadas da Selva Amazónica. As súas melodías delirantes viaxaron polo país durante máis de corenta anos. Cumbia All Stars é un tributo a tal fenómeno e ao mesmo tempo unha viaxe na procura dos sons auténticos da Cumbia Peruana. Coas súas guitarras virtuosas e a súa rica percusión, os Cumbia All Stars interpretan maxestosamente as mellores cancións do xénero e innovan compoñendo novas melodías sen mudar a esencia tradicional. Participan neste proxecto as principais lendas vivas da cumbia que levan ligados por máis de 40 años de traxectoria artística, contribuíndo ao nacemento, nos anos setenta, deste rico estilo musical que agora é apreciado por todo o mundo. Os Cumbia All Stars interpretan nos seus concertos as cancións máis emblemáticas e os tesouros esquecidos do repertorio da Cumbia Peruana. Así é como presentan o seu último disco Tigres en Fuga (Selvamonos Prod, World Village, 2014). Para esta gravación os músicos de Cumbia All Stars tamén incluiron composicións propias que teñen o mesmo sabor de sempre. Ficha artística } +info: www.culturactiva.org Lucho Carrillo: Voz Lucho Reyes: Guitarra Anibal “Chapi” Aliaga: Guitarra Manuel Pecho: Bajo Dante Reyes: Bateria Ernesto “Sanguito” Cadenas: Congas Enrique Yllescas: Timbales Hector “Chiquito” Mattos: Bongó 981 582 836 info@culturactiva.org www.culturactiva.org