Guía Didáctica

Anuncio
BerroBambán presenta
Boas
Noites
de Paula Carballeira
dirección: Jorge Padín
Guía Didáctica
Antonio Reigosa
Co apoio de:
www.berrobamban.com
Colaboran:
UNIDADE DIDÁCTICA
para a obra de teatro
BOAS NOITES
de Paula Carballeira
Obra gañadora do I Premio Manuel María
de Literatura Dramática Infantil.
Representacións: Berrobambán teatro
Guión Unidade: Antonio Reigosa
A
proposta didáctica “Pasamedos” de Antonio
Reigosa arredor da obra Boas noites é un DVD
interactivo que trata dos medos en xeral, dos
medos infantís e tamén dos medos dos adultos.
Nela accederás a unha serie de actividades para
coñecer os medos máis comúns da cultura tradicional galega.
A guía Pasamedos está realizada por un dos
maiores especialistas en cultura popular galega,
Antonio Reigosa, que ademáis é o responsable
pedagóxico do Museo Provincial de Lugo. Acompañando as súas actividades están os deseños
creados por Noemí López producindo un entorno
gráfico moi atractivo.
A
demais tamén poderás escoitar dez dos temas
musicais creados por Manolo Vázquez e interpretados no espectáculo de Berrobamban.
Este DVD atoparalo á venda conxunta e separadamente co libro editado por Xerais nas librerías
e nos teatros onde se presenta Boas Noites
1. Descrición:
Esta propuesta didáctica alredor de la obra Boas
Noites de Paula Carballeira trata de los miedos
en general, de los miedos infantiles y también de
los miedos de los adultos. De los miedos de los
tiempos actuales, tan apresurados y competitivos,
y que, sin embargo, son los mismos miedos de
siempre.
El miedo es una constante consustancial con la
naturaleza animal, esa emoción que anuncia el
peligro y que fue y sigue siendo fundamental para
garantizar la supervivencia de los seres humanos.
El miedo tiene nombres, nombres de monstruos
especializados en causar los miedos, nombres de
emociones, de sentimientos,
de lugares que provocan o evocan el miedo.
Pero, estamos seguros, los seres del miedo
también tienen dudas, y miedo, y si logramos la
receta de lo que se lo provoca los venceremos.
BerroBambán presenta:
Boas
Noites
2. Obxectivos:
O principal obxectivo desta Unidade Didáctica consiste en axudar a relativizar os medos
infantís e mesmo os medos dos adultos. No
canto de afastar ou aillar aos máis pequenos
do medo, o que pretendemos é axudarlles
a recoñecer o medo e as posibilidades de
superalo.
3.-Contidos:
Esta Unidade Diáctica consta de tres partes:
1.-XOGO: MATAMEDOS (para rapaces)
Consta de 3 versión atendendo aos seguintes
ciclos: Minimedos (E. Infantil e 1º Ciclo de E.
Primario); Mediomedos (2º e 3º Ciclo de E.
Primaria); Maximedos (E.S.O.)
Xogo interactivo que consta de 20 preguntas e 3 posibles respostas por cada versión
(Minimedos, Mediomedos, Maximedos)
para cada unha das preguntas e arredor de
situacións de medo, a personaxes da nosa
tradición relacionados co medo, do cine, dos
xogos ou da TV. Prestarase especial atención ás
situacións de medo da obra de referencia.
Segundo a resposta escollida, dáse unha solución para curar ou combater ese medo.
2.-DÚAS DÚCIAS DE COCOS, monstros e outros
seres da cultura tradicional galega que asustan,
enredan ou, incluso, axudan aos nenos
A modo de anexo para os que desexen profundizar máis de vagar arredor do imaxinario do
medo na cultura tradicional galega, achegamos
24 retratos dalgúns dos principais seres do
medo.
3.-NON LLE TEÑAS MEDO AO MEDO (para nais,
pais e profesorado) Serie de citas referidas aos
efectos positivos do medo, especialmente ao papel
da literatura (oral, impresa) chamada de medo na
formación dos rapaces.
4.-Secuencia de actividades:
A realización das actividades que propoñemos
pode ser programada indistintamente para antes
ou para despois de ver a representación da obra.
En ambos casos, e dado o tratamento humorístico
que se fai do tema do medo tanto na obra de teatro
como nas propostas didácticas, entendemos que
é importante que os adultos acompañen aos máis
pequenos no visionado do vídeo e no xogo, e que
compartan a lectura con eles do apartado “Non lle
teñas medo ao medo”. Ao tempo que se desenvolven
estas actividades comentarán os medos que eles
tiveron cando nenos e como os foron superando,
como parte dun proceso normal de crecemento e
aprendizaxe.
5.-Recursos materiais:
Unidade de DVD cos contidos sinalados no apartado
correspondente.
Ademais, a modo de suxestións e segundo as
idades dos nenos e nenas ou outras circunstancias
a valorar en cada caso, propoñemos:
-Que fagan debuxos onde representen os pesadelos
propios ou alleos.
-Elaborar unha listaxe dos personaxes reais, do cine
ou da TV que lles producen medo.
-Elaborar unha listaxe de personaxes reais, do cine
ou da TV que non lles causan medo.
-Visitar con eles lugares que lles provocan medo.
-Comentar lecturas con situacións de medo.
Recomendamos especialmente a lectura dun conto
da tradición oral universal que se soe titular “O
mozo que non sabía o que era o medo”, así como
outros contos tradicionais protagonizadfos por
personaxes “sen medo”.
6.-Avaliación:
A nosa suxestión, neste caso, é a de autoavaliación.
Recomendamos estimular o debate entre os
pequenos sobre lugares de medo na contorna,
medos confesables e inconfesables, temores propios
ou inducidos por outros, exemplos de superación de
medos infantís, causas de medo non previstas nesta
Unidade Didáctica...etc.
Recomendamos, así mesmo, facer unha selección
de lecturas literarias relacionadas cos medos
infantís, e, sobre todo, propoñerlles reproducir a
representación da obra Boas noites, con todo o
que conleva de preparación de diálogos, decorados,
vestiarios, caracterización de personaxes...etc.
PARA TODOS: SERES, LUGARES
E RETRATOS DO MEDO
Xoán R. Cuba, X. Miranda e A. Reigosa, Diccionario dos seres míticos galegos, Ilustracións de Lázaro Enríquez, Xerais, Vigo,
1999.
Cabalo buligán, Colección ilustrada, composta por 20 títulos e 198 contos tirados da
tradición oral de Galicia recreados por X.
Miranda, X. R. Cuba e A Reigosa, Xerais, Vigo
1998-2004.
Galicia Encantada, Web en liña
(http://www.galiciaencantada.com)
Silvia Gaspar, Antoloxía do conto galego de
medo, Galaxia, Vigo, 1995.
X. Miranda e A. Reigosa, Arrepíos e outros
medos. Historias galegas de fantasmas e de
terror, Ilustracións de Álvaro García Lema,
Col. Lendas de Galicia 1, Xerais, Vigo, 2004.
Vítor Vaqueiro, Guía da Galiza Máxica, Galaxia, Vigo, 1998.
PARA OS PEQUENIÑOS
Pepe Carreiro, Os Bolechas teñen
medo, Ilustracións de Pepe
Carreiro, Col. Os Bolechas, 10. Eds.
A Nosa Terra, Vigo, 2000.
Mon Daporta Padín, Saída de
noite, Ilustracións de Mon Daporta
Padín, Col. Os contos da rata Luísa,
19. Eds. A Nosa Terra, Vigo, 2003.
Agustín Fernández Paz, ¡Que
medo, mamá Raquel! , Ilustracións
de Fran Jaraba, Edicións
Singulares, Xerais, Vigo, 2005.
María Victoria Moreno, ¡Xa
non teño medo!, Ilustracións
de Manuel Uhía, Col. A maxia
das palabras, Consellería
de Educación e Ordenación
Universitaria, Dirección Xeral de
Política Lingüística, Santiago de
Compostela, 1998.
PARA OS MEDIANIÑOS
Fina Casalderrey, O misterio do
cemiterio vello, Ilustracións de Manuel
Uhía, Col. O Barco de Vapor, Serie
Laranxa, 23, Ediciones S.M. Madrid,
1999.
Antón Cortizas, O conto dos sete
medos, Col. O Barco de Vapor, Serie
Vermella, 13, Ediciones S.M. Madrid,
1992.
Agustín Fernández Paz, Fantasmas no
corredor, Ilustracións de Óscar Villán,
Col. Merlín, 157. Eds. Xerais, Vigo, 2005.
Bieito Iglesias, A noite das cabras do
aire, Ilustracións de Lázaro Enríquez,
Col. Merlín. Eds. Xerais. Vigo, 1999.
Oli, Este é o medo, Ilustracións de
Pepe Carreiro, Col. O Parrulo, 10.
Ed. Ir Indo, Vigo, 1992
Xosé A. Neira Cruz, Os ollos do
tangaleirón, Col. O Barco de Vapor,
Serie Vermella, 35
Chus Pereiro, ¡Mamasiña, que
medo!, Ilustracións de Cuchi Soto,
Col. Merlín. Eds. Xerais, Vigo, 2002.
Ediciones S.M. Madrid, 2000.
Antonio Reigosa, A noite dos
pesadelos, Ilustracións de Roi
Fernández, Col. Ala Delta, Serie Verde,
13, Ed. Tambre. Vigo, 2006.
PARA OS MÁIS GRANDIÑOS
Marilar Alexandre / Fina Casalderrey /
X. Antón Neira Cruz / Antonio Reigosa,
Contos de medo no museo, Ilustracións
de Javier Huerga, Deputación Provincial
de Lugo - Museo Provincial de Lugo,
Lugo, 2005.
Xabier P. Docampo, Cando petan na
porta pola noite, Ilustracións de Fran
Jaraba, Eds. Xerais, Col. Merlín. Vigo,
1994.
Agustín Fernández Paz, Aire negro, Eds.
Xerais. Col. Fóra de Xogo, 42. Vigo, 2000.
Úrsula Heinze, A casa abandonada,
Ilustracións de Manolo Uhía, Eds.
Xerais. Vigo, 1987.
M. Lourenzo González, Irmán do vento,
Col. Fóra de Xogo,. Eds. Xerais, Vigo,
2003.
Xosé Miranda, Pel de lobo, Col. Fóra de
Xogo, Xerais, Vigo 2002.
Berrobambán S.L. Avda. de Lugo, 12, baixo 15702, Santiago de Compostela+ 34 981 573 626 + 34 695 929 262
Descargar