Fundacion para la Defensa de los consumidores - Santiago O Goberno peruano multa á multinacional mexicana Bimbo por vender falso pan integral Autor Fundeco viernes, 30 de enero de 2009 Modificado el viernes, 30 de enero de 2009 Organizacións de consumidores de Chile e México denunciaron á empresa polos mesmos motivos A multinacional mexicana Bimbo (da que a súa homónima española se independizou en 1978) foi multada en Perú con 355.000 soles (uns 90.000 euros) por vender como integral pan que en realidade está elaborado a base de fariña refinada e maquillado con outras sustancias para escurece-lo produto. Tralas denuncias da Asociación Peruana de Consumidores e Usuarios (Aspec), o Instituto Nacional de Defensa da Competencia e da Protección da Propiedade Intelectual (Indecopi) ordenou a tres empresas que retiren do mercado os seus falsos pans integrais.Ademais de Bimbo, que recibiu a maior multa, as firmas Metro e Wong terán que abonar 106.500 soles (en torno a 27.000 euros). En coordinación con Aspec, a Organización de Consumidores e Usuarios de Chile (Odecu) e O Poder do Consumidor de México presentaron denuncias similares nos seus respectivos países contra Bimbo (denominada Ideal en Chile). A empresa utiliza neles denominacións como "pan 100% integral", "pan de fariña integral" e "pan de fariña de trigo integral", cando en realidade o principal ingrediente destes produtos é fariña de trigo refinada. http://fundeco.info/fundeco Potenciado por Joomla! Generado: 20 November, 2016, 19:52