De ti depende, de ti dependo Como cada curso escolar cando chega o mes de xuño e imos rematando a nosa tarefa empezamos a botar a vista atrás para lembrar todo o que nos propuxemos os primeiros días do mes de setembro. O lema deste curso “DE TI DEPENDE, DE TI DEPENDO” pretendía traballar o valor da RESPONSABILIDADE. O noso fundador San Xoán Bautista de La Salle soubo proxectar este valor en todo o seu itinerario vital e en todas as súas iniciativas que puxo en marcha. O seu proceso vocacional é coñecido: foi de compromiso en compromiso e case sen decatarse facéndose responsable das escolas. No noso Carácter Propio dise: “Axudamos aos educandos a tomar decisións coherentes cos seus valores e crenzas, conscientes das obrigacións e consecuencias que diso se derivan. Os alumnos atopan oportunidades para exercer a súa responsabilidade: fidelidade á palabra dada, traballo persoal, participación na vida escolar, desenvolvemento de hábitos de orde e puntualidade ” Carácter Propio dos Centros La Salle, p. 9 Unha persoa é responsable cando actúa consciente, sendo ela mesma a que estea obrigada a responder ante os feitos acontecidos. Tamén é aquela que cumpre coas súas obrigas poñendo toda a súa atención no que fai e decide. A responsabilidade é un valor que executamos todos os días. Este valor se fomenta desde idades moi temperás. Durante o presente curso demos asignado aos máis pequenos do colexio pequenas accións sempre acordes á súa idade. Estas responsabilidades fómolas creando á medida da idade dos rapaces e rapazas. Non podemos ofrecer responsabilidades aos alumnos que lles vai custar asumir, é dicir que non poidan ser executadas. Tivemos que ir dando responsabilidades pouco a pouco ata crear nos alumnos un hábito. Trátase dun valor esencial para a nosa vida: é algo que se nos vai inculcando desde pequenos (fogar e familia), logo na escola e despois vainos afectar na nosa vida de adultos. As persoas que practican este valor ao longo da súa vida adoitan ter máis éxito tanto a nivel profesional como persoal. Manuel J. Castro Torres Índice Editorial Sallenet, o xestor integral Proxecto HARA e P.A.R. Entrevista cos novos profesores Escola Infantil Educación Infantil Primeiro ciclo de Primaria Segundo ciclo de Primaria Terceiro ciclo de Primaria Fotografías das clases Voz Natura 2 3 4 5 6-7 8-10 11-12 13-14 15-16 17-26 28-29 Pastoral SalleJoven PROYDE Viaxe a Portugal Convivencia de 4º da ESO Animación lectora Roberto Vidal Bolaño Entroido Samaín e Día da Paz Festas colexiais Milla La Salle Premios dos nosos alumnos 30 31 32 33-34 35 36 37 38 39 40-41 42 43 Publica: Colexio La Salle Ferrol. Xuño de 2013. © Todos os dereitos reservados. 2 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Sallenet, o xestor integral Aínda que sexa xa un membro máis da familia lasaliana e para moitos alumnos sexa costume mirar as notas diariamente, o noso novo xestor educativo, Sallenet, é unha das novidades de este ano. Sallenet é un xestor integral, creado coa base do software libre e a plataforma Moodle en exclusividade para os centros La Salle de España. Grazas ao traballo do equipo de informáticos dende Madrid e aos profesores encargados do proxecto no centro, ten enormes posibilidades educativas e de xestión, que temos que ir incorporando nos vindeiros cursos. Aínda nos queda moito que aprender e imprementar de Sallenet, polo que non vos sorprendades se o vindeiro curso, coas novas credenciais, descubrides importantes novidades. Coma unha ferramenta do século XXI, está en constante desenvolvemento, sempre axustada ás necesidades dos colexios La Salle coma o noso. Por exemplo, permite que as familias e alumnos coñezan dun xeito rápido e eficaz todas as notas dunha materia (en Educación Secundaria) ou seguir as faltas de deberes, material, ausencias, retrasos... (en todas as etapas). Cun completo módulo de incidencias, toda a comunidade educativa está informada da traxectoria dos alumnos. Os novos boletíns de notas están tamén programados nesta plataforma. Pero Sallenet é moito máis que un programa para as notas: permite crear cursos para facilitar a aprendizaxe nas aulas e na casa, traballar en grupo, facer exames, ter dispoñibles recursos de utilidade ou organizar horarios e planificar clases, tarefas e o estudo diario. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 3 Proxecto HARA Como xa presentabamos o ano pasado, este curso comezamos coa implantación do Proxecto Hara, específico de La Salle para traballar a Interioridade, nas planificacións anuais de todos os cursos do colexio, cunha serie de sesións repartidas ao longo do curso. Tamén como novidade, as convivencias anuais das aulas fixéronse neste formato, xa que viñan programadas dentro do proxecto. A resposta por parte do profesorado e dos alumnos foi moi positiva e tentaremos mellorar cada ano a participación e motivación de toda a comunidade educativa polo proxecto, cousas que nós considerabamos indispensables para a nosa vida. Plan de Achegamento á Realidade Un dos proxectos máis característicos do noso centro é o P.A.R., que nos permite achegarnos á realidade concreta da nosa sociedade ferrolá cunha ollada solidaria. Todos os cursos, dende os pequerrechos da Escola Infantil ata os finalistas da ESO elixen unha realidade concreta e traballan sobre ela ao longo do curso: a inmigración, as persoas sen teito, a discriminación, as discapacidades... 4 La Salle fundou escolas encarnadas na cultura da súa época. Polas pegadas do seu camiño nós tamén queremos coñecer a realidade que nos rodea e comprometernos con ela para facela, pouco a pouco, máis xusta e solidaria. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Entrevista cos novos profesores Javier e David Este ano tivemos dous profesores novos, ambos na ESO: David Alonso e Javier Ameneiro, que estiveron dando clase de música e de francés e inglés respectivamente. Velaquí unha mostra dun intre que pasamos con eles: - Estabas moi nervioso o primeiro día? Ante un novo traballo sempre estás nervioso. - Que é o que máis che gustou? As instalación, os compañeiros e os alumnos. - E o que menos? Algún día o comportamento dos alumnos. Entrevista con Javier (por Joaquín e Laura, de 1º ESO): - Como foi a túa experiencia neste curso? Foi moi positiva, moi enriquecedora no persoal á hora de tratar cos rapaces e seguir cunha dinámica de traballo diario nas clases. - Como te levas cos compañeiros? Entrevista a David (por Ainoa e Christian, de 3º ESO) - Como te sentes no noso colexio? Moi ben, síntome moi arroupado. - Como foi a túa experiencia neste primeiro ano no colexio La Salle? Pois moi positiva, sempre está ben traballar en colexios novos. - Antes traballaches nalgún outro centro? O trato con eles é moi bo, sempre que se me presentou unha dúbida axudáronme a resolvela e o ambiente de traballo é distendido. - Como te levas cos alumnos? En xeral, o trato cos alumnos é bo, sempre hai algún que plantexa algún problema, pero cando se fala co rapaz fóra da clase, sempre responden positivamente. - Sinala un aspecto positivo do teu traballo Si, traballei no Valle-Inclán, no Ayala, no Jorge Juan e linguaxe musical nunha escola de música. O contacto coa xente nova e a posibilidade de transmitirlles coñecementos que lles poden ser de utilidade para o día de mañá. - Foi fácil integrarte nestes centros? - Sinala un aspecto negativo: Pois as dificultades normais ao dar unha materia que ten poucas horas e polo tanto estás pouco tempo á semana cos alumnos. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Cando o alumno arrastra algún problema, xeralmente de fóra da aula, e repercute no desenrolo da actividade escolar. 5 Escola Infantil Na Escola Infantil La Salle estamos encantados porque este ano, ademáis de todas as cousas que normalmente aprendemos e facemos, batemos o récord de visitas: Para alegrarnos estas datas, moitos familiares ensináronnos panxoliñas A principio de curso chamaron á porta unhas pantasmas: ¡¡CELEBRABAMOS HALLOWEEN!! Coa chegada do Nadal, entre todas as familias fixemos a nosa propia árbore dos desexos: Algúns se cumpriron e outros están por cumprir. Ata os Reis Meigos, desde Oriente, viñérono ver, e de máis preto visitounos o Apalpador. 6 Outros contáronnos tradicións do seu país Tamén recibimos outras visitas, máis animadas pero con menos movemento. Non só tivemos visitas, tamén as fixemos nós, este ano visitamos a Panificadora da Mariña, onde fixemos o noso propio pan. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Na Escola tamén celebramos o ENTROIDO e fixemos unha grande festa: Pero, para festas, a que armamos no salón de actos: ¡¡VIVAMOS COMO GALEGOS!! Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 7 Educación Infantil Os tres cursos de Educación Infantil queremos compartir con todos algunhas das mellores actividades que fixemos este curso. Por exemplo, disfrutamos do outono no Parque do Couto: No Nadal cantamos panxoliñas cos avós do Centro de Maiores de Caranza: Ao Parque de Educación Vial de Fene fomos no segundo trimestre. Puidemos conducir todo tipo de vehículos e aprendimos as normas básicas de circulación: 8 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol No Entroido viñemos da casa disfrazados con traxes de diferentes épocas: Coma sempre, unha das actividades nas que poñemos máis ilusión e traballo é no Festival, con actuacións de todas as clases: sodes uns artistas! En Maio veu visitarnos o contacontos Iago, pasámolo de medo co conto da vaca Linda: Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 9 Para remate das saídas fixemos unha viaxe nun barco da Armada no que puidemos disfrutar da nosa fermosa Ría ferrolá. 10 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Educación Primaria Primeiro ciclo Parece que foi onte, pero xa pasou un curso dende que empezamos na etapa de primaria. Durante este tempo fixemos moitas actividades e aprendimos moito cos compañeiros de segundo. Aquí temos unha mostra de algunhas das actividades que desenrolamos ao longo deste ano: Visita a Sotavento onde os ensinaron a aproveitar mellor a enerxía e fixemos distintos obradoiros. A ver se crecen! Saida ao teatro coa obra: “Happy ever after”. Foi a primeira vez que vimos unha obra en inglés… Pasámolo moi ben!!! Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 11 Gústanos moito que nos lean contos! Bautismo de mar e visita a unha fragata: Aproveitamos a celebración da semana das Forzas Armadas para ter unha nova experiencia e poder facer un percorrido pola ría nunha patrulleira, ademais de coñecer o interior da fragata Álvaro de Bazán. Algúns de nós pensaramos: Quen nos dera dirixir o barco! Foi unha experiencia inolvidable!!! Vaia pasada! No colexio tamén realizamos moitas actividades ao longo do curso onde os nenos do primeiro ciclo tiveron o seu protagonismo: Festa de Outono, Festival de Nadal, Día da Paz, entroido, o Día da Árbore e varias animacións lectoras. Foi un ciclo moi intenso e que pasou moi rápido!!! O noso primeiro bautismo de mar! Canto aprendemos co Irmán Pablo! 12 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Educación Primaria Segundo ciclo Que vos imos contar do noso ciclo? Os de terceiro empezaban o ciclo e pensaban que ía ser moi difícil (sobre todo as familias) e os de 4º eran xa os veteranos. Tamén tivemos momentos de lecer que lembramos con agarimo: no primeiro trimestre participamos nun obradoiro da Aula de Ecoloxía Urbana no Parque Raíña Sofía. Alí aprendimos xogando, moitas cousas sobre plantas, porque traballamos “A flora das cidades” E agora que xa rematamos o curso todos pensamos que a maioría traballamos moito, aprendimos moitas cousas e outros…, cremos que puidemos esforzarnos máis. No segundo trimestre fomos ver a obra de teatro “Malas palabras” ao Centro sociocultural Caixanova. E como remate final a saída no terceiro trimestre a Coruña. Alí visitamos o MUNCYT (Museo Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 13 Nacional de Ciencia y Tecnología) onde vimos cousas moi interesantes e ata subimos nun avión, o Jumbo “Lope de Vega”, de Iberia. Tamén fomos ao Planetario: impresionante ver o ceo e todo o que alí hai. E logo xogamos e comimos xuntos. E antes de volver, aínda visitamos o Museo Arqueolóxico do castelo de San Antón. A verdade é que foi un día completísimo. 14 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Educación Primaria Quinto Neste curso os alumnos de Quinto, o mesmo que os dos outros cursos, ademais de traballar e estudar moito, participamos noutras actividades que fixeron o curso escolar algo máis entretido e levadeiro. Fomos á proxección da terceira película de Cinensino, “Las aventuras de Tadeo Jones”. Tamén, no centro Cultural Caixa Galicia, disfrutamos cunha obra de teatro que ilustraba, dun xeito moi divertido, a historia do Camiño de Santiago. No primeiro trimestre participamos na festa de outono. Moitos de nós disfrazámonos e fixemos orixinais cabazas, a de Natalia foi unha das agasalladas. Xunto cos alumnos de 6º fomos á proxección da primeira película do ciclo Cinensino, “Blancanieves”. A nosa actuación do Festival de Nadal foi moi divertida desde os ensaios ata o día no que actuamos para as nosas familias. Lembramos a música dos 80’s. Xa no segundo trimestre, fomos á proxección da segunda película de Cinensino, “Jacobo Lobo”. O Día da Paz aportamos o noso anaquiño á Torta da Paz que fixemos entre todos. Tamén participamos na festa do Entroido na que todos rimos e bailamos. Fixemos unha saída a Sotavento, o parque eólico experimental situado no Concello de As Pontes, onde aprendemos moitas cousas relacionadas coas enerxías renovables e o aforro enerxético. Todo relacionado co Proxecto de Voz Natura no que traballamos este ano todos os rapaces do colexio. No terceiro trimestre participamos na Semana de Proyde. Pasámolo moi ben o Día do Bocata con todas as actividades novas deste ano e alegrámonos moito por todo o recadado nesta xornada. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Moitos de nós fomos ao encontro de SalleJoven en Cabanas e Pontedeume. Tivemos un día fermoso e compartimos xogos e riso con rapaces dos colexios La Salle de Santiago e Ferrol. Xogamos e pasámolo moi ben nas Festas de San Xoán Bautista, onde Verónica e Aldara gañaron o Concurso de Talentos. En fin, un curso cheo de traballo e estudo, pero con moito máis. 15 Educación Primaria Sexto Os alumnos de 6º de primaria estabamos moi nerviosos porque íamos pasar todos xuntos uns días no albergue Alvarella, dende o 22 ao 24 de maio. Cando chegamos levamos unha grande sorpresa. Vimos que había una fermosa paisaxe, chea de árbores e flores. Era como vivir no medio do bosque. Presentáronse as monitoras que ían estar connosco: Iolanda e Irene. Logo, despois de deixar as nosas mochilas na palleira fomos dar unha longa camiñada de 10 km polas Fragas do Eume o que foi moi divertido, pero tamén esgotador. Mentres camiñabamos, aprendimos moitas cousas, como cales eran as árbores autóctonas que son típicas da zona. Fomos ao Mosteiro de Caaveiro, entramos dentro e vimos diferentes tipos de arte: románico e barroco, e ensináronnos moitas cousas sobre el. Vimos tamén o muíño do mosteiro. Irene ensinounos unhas construcións de pedra, redondas e con tellado que facían os antigos poboadores para conservar os alimentos: as curripas. Achegámonos a un río de augas turquesas, que nos explicaron que era desta cor por unhas algas que crecen no fondo do río. Este río era o Eume. Era precioso! Observamos tamén moitas fervenzas, cruzamos unha ponte colgante e comimos nun merendeiro. No albergue había unhas normas que cumprir e escollimos encargados para as comidas e as ceas. Uns colocaban as mesas e servían, recollían e outros varrían. Por certo, as comidas estaban moi boas. Polo día facíamos obradoiros e xogos: estampación de camisetas, forno solar, sacos aromáticos, investigamos polo monte e aprendimos moitas cousas sobre as árbores sobre as plantas, hortalizas, verduras e como aforrar enerxía. Tamén fixemos un xogo de orientación no que había que buscar árbores cun compás. Tivemos tamén tempo libre que algún aproveitamos para estar nos nosos cuartos, outros estar polas instalacións e tamén para bañarnos, que o fixemos todos os días mais a auga estaba conxelada. Polas noites, despois de cear faciamos veladas: xogo de pistas, identificación de sons de paxaros… Á hora de durmir falabamos un pouquiño e non éramos quen de durmir axiña. Voltamos en autobús ao albergue.Todos estabamos cansos, pero ansiosos por chegar para ir á piscina. Cando chegamos tomamos a merenda: pan con chocolate e unha laranxa. 16 Voltamos ao colexio con ganas de repetir esta excursión, porque é unha oportunidade de coñecer máis amigos, descubrir a natureza, coñecer mellor aos compañeiros de clase, pasalo bomba con todos e como non, darse un mergullo na piscina! Foi unha experiencia inesquecible! Temos que darlle as grazas a todos os que o fixeron posible, en especial ao noso titor e ás monitoras. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Fotos das Clases Escola Infantil 0-1 anos 1ª fila: Eric Seijo Ocaña, Lola Freire Casero, Pablo Pernas Barro, Barca Freire Ces (Titora), Paula García Parada, Clara Romero Baltar, Xan Daniel Shazad Núñez. Ausentes: Mauro Iglesias Fraga, Joel Redondo Balseiro. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 17 Escola Infantil 1-2 anos 2ª fila: Inés Rodríguez Martínez (Titora), Enzo Zapatero Rico, Alicia Jove Novo, Sabela Martínez Reimondo, Arón Señor Bermúdez, Pablo Pereira Gundín, Antón Rivera López, Blanca Garat Sánchez, Lucía González Parapar, Aarón Pérez Carballeira, Álvaro Rontomé Feijoo, Johana Díaz Paz, Mateo Gato Varela, Lorena Fernández Martínez (Titora). 1ª fila: Uxía Morgade Otero, Carla Pérez Fraga, Silvia Lorenzo García, Lola Villarino Salinero, César González Sequeiro. Ausentes: Icía Díaz Sánchez. Escola Infantil 2-3 anos 3ª fila: Mercedes Rey Álvarez (Titora), Hugo Cabezón Yáñez, Yago Amado Mouriz, Lucas Souto Varela, Michelle Dopico Jiménez, Jun Liang Jiang, Ana Belén Otero Graña (Ed. Apoyo). 2ª fila: Lucía Villa Díaz, Alejandro Mira Nieto, Daniel Muriel Zamora, Mario García Piñeiro, Aitana Prieto Crespo, Eloy Freire Cruz. 1ª fila: Irene Sequeiro Lorenzo, Lola Díaz Mbang. Ausentes: Eneko Perille Peribáñez, Alba Del Castillo Saiz, Francisco Cendán Graña, Erika Casal Fernández. 18 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Escola Infantil 2-3 anos 2ª fila: Mar Alvariño Izaguirre (Titora), Héctor Fernández Pereira, Mikel Fernández Vara, Eneko Paz Cives, Chloe Morandeira Domínguez, Paola Pereira Fernández, Álex Martínez Montero. 1ª fila: Ariadna Castiñeira Vigo, Noa López Pena, Tania Sixto Iglesias, Daniel Vázquez Prado, Bruno Teijido Morado, Adrián Baamonde Luaces. Escola Infantil Tarde 2ª fila: Ariadna Iglesias Uría, Mercedes Rey Álvarez (Ed. Apoyo), Eric Calvo Gómez, Julio Rayan Alaqui García, Lorena Fernández Luaces (Titora), Claudia Rodríguez González. 1ª fila: Irati Martínez Quijada, Xan Daniel Shazad Núñez, Mauro Iglesias Fraga. Ausentes: Iker Navaza Otero, Melinda Fernández Salutregui, Lucas Souto Varela, Lola Freire Casero, Joel Redondo Balseiro, Ana Belén Graña Otero (Titora). Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 19 Infantil 3 anos 2ª fila: Aroa De los Ríos Pedrouso, Iker Bouza López, Anahí Elgueta Otero, Álvaro Fernández Del Río, Carla Díaz Domínguez, Juan Cebral Sueiras, Lucía Vellón Rey, Alejandro Melero Sánchez, Gorka Señor Bermúdez, Cristina Velón Sixto (Titora). 1ª fila: Sara Vidal Prieto, Diego Méndez Rey, Antela Fernández Díaz, Mario García Parada, Alba Pérez Tenreiro, Blanca Prados Boado, Javier González Pena, Antía Ramos Cabana, Adrián Lourido Soto. Ausentes: Hugo Deive Gil, Iris Iglesias González. Infantil 4 anos 3ª fila: Berta Gómez Magalhaes, Adrián Díaz Gallego, Izan Fernández Seoane, Sheila Barros Penedo, Sabela Carrasco Bouzamayor, Mencía Fernández Porta, Tania Vázquez Pérez, Miriam Bello Íñiguez, Teresa López Vilela (Titora). 2ª fila: Pablo López Carballeira, Iván López Ramallo, Isabel Prieto Ramón, María López López, Alba Rodríguez Vázquez, Lucía Martinez Llano, Ismael Guerrero Rico, Daniel López Bouzas, Justin Pérez Martínez. 1ª fila: Antía Seoane Garate, Xairo Armada Alonso, Teo Fernández Otero, Adrián López Ramallo. Ausente: Sandra Bores Plaza. 20 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Infantil 5 años 3º fila: Diego Fernádez Taboada, Alba Martínez Martínez, Hugo Teijeiro Sevilla, Luz Marina Rojas Moro, Adrián Orjales Vázquez, Kevin López Alcaide, Yolanda Dávila Rama, Marta Fábregas Prieto (Titora). 2ª fila: Noa Delgado Vázquez, Inés Morgade Otero, Alejandro Alvariño Ríos, Suyai Balde Castro, Elsa Martínez Montero, Ainara Alvariño Filgueira, Sara Díaz Castro. 1ª fila: Alan Perille Peribáñez, Sergio Cendán San Isidro, Gisela Vázquez Oreona, Alejandro Cendán San Isidro, Carmen Vega Buyo, Sara Pereira Gundín, Aldara Diéguez Sánchez, Irimia Fernández Díaz, Alejandra Gálvez Justa. Ausentes: Israel Dopico Jiménez, Sergio Martínez Álvarez. 1º EP 3ª fila: Adrián Bello Caballero, Antón Fernández Otero, Pedro Montero Rascado, Mª Teresa Barba Barba (Titora). 2ª fila: Paula Oreona Senra, Zintia de los Ríos Pedrouso, Diego Gabarris Vila, Raúl Rodríguez Castro, Adrián Gelpi Rey, Gonzalo Álvarez Durán. 1º fila: Aldara Carrasco Bouzamayor, Ana Belén Ponce Vigo, Lucía Montero Anidos, Gala Santiago González, Sergio Pena Tojeiro, Joel Carrascosa Novoa, Iván Muriel Zamora, Asier Santiago Montero. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 21 2º EP 3ª fila: Elena Lomba Lamas (Mestra), David Barcón Lage, Nerea Mª López López, Yanira López Pena, Alejandra Blandón López, Adrián Villegas Gómez, Patricia Navalón Doce, Asier Martínez Lorenzo, Chen Yan Jiang, Teresa Filgueiras Cortés (Titora). 2ª fila: Gisela Salazar Martínez, Sara Diéguez Sánchez, Héctor González Sequeiro, Daira Leira Fortuna, Iván Bustabad Manso, Xabier López Delgado, Yeray Fuertes Frechoso, Judith Galán Ferrer. 1ª fila: Marco Rodríguez Vázquez, Martín Vázquez Prado, Jaime Pereira Gundín, Martina Soto Fidalgo, Ainhoa Santos Maceiras, Daniela Soto Fidalgo, Aroa Teijeiro Sevilla, Bruno Vázquez Díaz. 3º EP 4ª fila: Sofía Rodríguez Romeu, Brais Díaz Gallego, Berta Tarafa Rodríguez, Sergio Arnosi Loureiro, Daniel Jiménez Vargas, Iker Rodríguez Díaz. 3ª fila: Hugo Agulló Rodríguez, Andrés Díaz Gómez, Nicole González Santos, Antía Morgade Otero, Carla Lomando Jorge, Aroa Permuy Bouza, Asier Pol Correa, Abraham Dopico Jiménez, Gabriel López Galán, Conchi López Magán (Titora). 2ª fila: Lucía Sueiras González, Miriam Braña Prados, Zaira Vázquez Pérez, Matthew González Fernández, Antía Alonso López, Juan Roces Velón, Alejandro Gabarri Blanco, Antía Manivesa López. 1ª fila: Bruno Méndez Lorenzo, Lola Carneiro Lozano. 24 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 4º EP 3ª fila: Eva López Lage, Adrián Pena Monteiro, Eros Tomé López, Martina Lomando Jorge, Yanira García Rey. 2ª fila: Laura Alonso Pumar (Titora), Aicha Ait Dib Rodríguez, Aarón Aneiros Tigreros, Susana González Julías,Vera Rodríguez Montero, Ainoa López Cuñarro, Tania Dopico Pereira, Noa Tomé López. 1ª fila: Ainoa Lagares Crespo, Aitana Álvarez Durán, Anxo Padín Barreiro, Gabriel Luaces Prieto, Roi Caride Yáñez, Evelyn Martínez Martínez, Dafne Martínez Martínez, Iker Martínez Martínez. 5º EP 3ª fila: Jessica Salazar Santos, Carla San Emeterio Fernández, Pablo Salazar Díaz, Sergio Vigo Fernández, Marcel Kolvenbach, Iván Pardavila García. 2ª fila: Verónica Isabel Coira Leira, Lucía Jiménez Vargas, Brais Galán Ferrer, Daniel Caneiro García, Borja Leira Ríos, Adrián Fernández Roca, Masi Corral Moreno (Titor). 1ª fila: Montserrat Bores Plaza, Natalia Pedreira Romero, Aldara Soto Fidalgo, Candela Torrente López, Francisco Javier Orosa Navia, Óscar Díaz Fernández, Jennifer López López, Adrián Gutiérrez Vidal. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 25 6º EP 4ª fila: Miguel Pena Tojeiro, Patricia Tenreiro Leiras, Cecilia Bruquetas Soto, Ismael Bustabad Manso, David Cebral Sueiras. 3ª fila: Francisco Freire Freire (Titor), Alexia Caride Yánez, Subash Trufero Bouza, Sara Cruz Mariño, Eloi Fernádez Porta, Marco Alonso Freire, Sergio Troitiño Martínez, Yaiza Chavaud Lorenzo, Andrea Ponce Prieto. 2ª fila: José Luis López Bouzas, Julián Nieto Caruncho, Roberto Montero Leira, Miriam Tojeiro Ferreiroa, Nuria Moreno Rodeiro, Sara Bello Íniguez, Antía Delgado Vázquez, Álvaro Tenreiro Sánchez, Alejandro Roces Velón. 1ª fila: Fco. Javier Freire Puñal, Adrián Muriel Zamora, Marta Alonso Fernández, Javier De Cal Dopico. 1º ESO 3ª fila: Brais Díaz Castro, Borja Paz Lago, Verónica Painceiras Mosquera, Lorena Balseiro López, Cristina Camacho Sánchez. 2ª fila: Ángel M. Macía Bao (Titor), Jonathan Castro Fernández, Icía Silvar Fernández, Desirée Varela Varela, Laura García Rivas, Laura María Cao Sánchez, Edgar Martínez Lorenzo, Marcos Enrique Méndez Noval. 1ª fila: Yerai Ponce Vigo, Alejandro Álvarez Gómez, Marina Gabriela Alves Frechoso, Sara Cabreira Orozco, Jennifer Caruncho Casteleiro, Nerea Alonso López, Joaquín Romón Pazos, Jonathan Ventureira Novoa. Ausentes: Alex Paz Castro, Paula Gamallo Losada, Julen Freire Vázquez. 26 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 2º ESO 3ª fila: Iria Castro Puentes, Paula Barrio García, Samuel Sanmartín Buyo, Jonathan Reborido Crespo, Iván Agulló Rodríguez. 2ª fila: Miguel Pereira García, Brián González Santos, Alejandro Carballeira Álvarez, Samuel Piñeiro Lage, Antía Leal López, María Carneiro Lozano, Sandra Vigo Fernández, José María Allegue Mayobre (Titor). 1º fila: Bruno Delgado Vázquez, Laura Montero Anidos, Marta Pita Abeal, Alexandre López García, Alejandro Ramil Durán, David García Lozano. 3º ESO 3ª fila: Samuel Crespo Rivas, Brais Martínez Villalobos, Grabriel Ciruelos Maroño, David Orjales Vázquez. 2ª fila: Sergio Cartelle Rico, Christian Martínez Sanjurjo, Daniel Cendán Cartelle, Naomi Caballero Castro, Christian Varela Espiñeira, José Fernández García (Profesor). 1º fila: Ainoa Echeverri Pena, Alejandro Muriel Zamora, Aarón Rey Sánchez, Germán Martínez Sánchez, Shaamara Sánchez Díaz, María López Carballeira. Ausentes: Jesús Pereira González, Ismael Puertas Pardo, Víctor Rodríguez Martínez, Eric Pazos Ferreiro, Alejandro Domínguez Valcárcel, María Jesús Cupeiro Dopico (Titora). Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 27 Voz Natura Protexendo o medio cambiamos a vida Neste curso 2012-2013 o Centro La SalleFerrol mantivo o seu compromiso de participación no programa medioambiental “Voz Natura”, que ven formando parte do Proxecto educativo de centro desde hai anos. de de atopar alternativas enerxéticas non agresivas co medio. F. Consolidar programas de educación medioambiental no centro. G. Promover a relación con asociacións que traballen no entorno e, especialmente polo coidado do mesmo. H. Motivar ao alumnado desde experiencias práticas dentro do currículo oficial. I. Colaborar, dentro das nosas posibilidades, na mellora do ecosistema. Para acadar os obxectivos propostos ao logo do curso desenrólanse no colexio diversas actividades. Así: O proxecto mantivo aspectos básicos traballados en anos anteriores como son os rincóns da natureza e o sistema de reciclaxe no centro, chamado “Erre que erre”. Temos os seguintes obxectivos: A. Profundizar no coñecemento do medio natural. B. Desenvolver práticas centradas no uso das enerxías renovábeis. C. Descubrir as nosas posibilidades de cara ao coidado do noso planeta. D. Fomentar o hábito de Boas Práticas no coidado do medio. E. Sensibilizar a toda a comunidade escolar e ao noso entorno próximo na necesidade de atender á problemática do noso planeta, á problemática medioambiental e á necesida- 28 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol • En Educación Infantil realizouse un obradoiro de froitos de outono e tamén a plantación de bulbos en macetas recicladas. Tamén fixeron excursións á natureza, como a visita ao Parque de O Couto. • En Primaria o alumnado realizou traballos de investigación, construción de viraventos para o “Día do bocata”, murais, etc. Ademais, tamén realizaron excursións como por exemplo a visita a Sotavento do alumnado de 1º ciclo, a visita ao Museo Nacional de Ciencias e Tecnoloxía do alumnado de 2º ciclo, ou a tradicional excursión a Alvarella do alumnado de 6º de Primaira, entre outras. • En Secundaria o alumnado realizou traballos de investigación, pero tamén aportaron a súa creatividade na construcción de xogos con materiais de refugallo para o “Día de PROYDE”. Tamén incorporou novos traballos: A Escola Infantil entrou de cheo no proxecto implicándose nos traballos para a creación dunha horta e o cultivo de amorodos, plantas aromáticas, etc. Tamén crearon murais naturais artísticos e levaron a cabo un obradoiro de froitos de outono fantástico, entre outras moitas actividades. Este curso tamén chegaron á nosa escola uns vermes de seda, aos que agardamos poder coñecer, en profundidade, o próximo curso. Ao longo do curso o alumnado inscrito no comedor realizou diversas actividades para o programa Voz Natura: decoración navideña con cartóns, maquetas, xoguetes con materiais de refugallo, etc. Como cada ano o proxecto Voz Natura inclúe un bo número de actividades dirixidas a toda a comunidade educativa. Entre as realizadas este ano, destacar: • A Semana da Ciencia. Na que o Ir. Pablo cobra protagonismo xestionando actividades para cada grupo de alumnos e alumnas do centro, desde os máis pequenos, na Escola Infantil, ate os maiores de 4º de ESO. • O día da árbore, este ano festexado coa plantación de bulbos e sementes, o traballo de animación lectora a partir do relato “Historia dun carballo” e a realización de traballos sobre as árbores. • O Samaín, festexo no que as familias son as principais protagonistas coa decoración de cabazas. Nas outras etapas realizáronse diversas actividades dentro do proxecto, como por exemplo: Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 29 Educación na fe e Pastoral Como é característico nos centros La Salle, a Pastoral, todo o que ten que ver coa educación na fe, está sempre en movemento. Dende o grupo máis pequeno de SalleJoven, os de Sexto, ata o grupo de profundización de adultos, case todos os días hai algunha actividade pastoral no centro. En novembro, tivemos a Semana Vocacional, na que nos preguntamos “Que espera o mundo de ti?” Varias actividades axudáronnos a descubrir a importancia do servizo en todas as facetas da vida, como tan ben nos amosaron Tere, José Luis, Alejandro e os Irmáns Basilio, Fernando e Pablo co seu testemuño. Para comprender ben e aprender a transmitir axeitadamente o Evanxeo as novas xeracións, os animadores de SalleJoven tivemos dous encontros de formación, con todos os compañeiros/as de Galicia, un deles en Ferrol. Tamén un bo grupo de profesores, xunto coa Comunidade de Irmáns, participou na “Pascua do Desafío de Xesús” en Bujedo (Burgos), unha grata experiencia de vivencia da fe, que nunca deixa indiferente. Non podemos esquecer a espectacular Campaña de Nadal deste curso, na que amosamos a nosa solidariedade recollendo 735 Kg de comida, que foron distribuídos polos cativos de SalleJoven, como vedes nas fotos. Os antigos alumnos que están agora na Universidade ou semellante de Galicia e Portugal, pasamos uns días nas vacacións de Nadal no Mosteiro de Armenteira (Pontevedra), orando e convivindo co lema “Deus connosco”. Aínda poderíamos falar das convivencias, das celebracións, das reflexións da mañá... Pero a nosa mellor sinatura é o sorriso dos participantes en todas as actividades de Pastoral: grazas! 30 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Salle Joven “O que facemos en SalleJoven é moito máis que pasárnolo ben, que tamén. Axúdanos a coñecernos mellor e a coñecer aos outros, aínda xente que che parece que non ten nada en común contigo. Realmente, SalleJoven cambia a vida”. Así describe un dos compoñentes do grupo de 4º da ESO e Bacharelato a súa experiencia en SalleJoven. Todos os grupos teñen reunións semanais, cos seus animadores, polas tardes dos mércores ou venres e ata os sábados. Ademais, participamos en encontros, convivencias, noites do terror, voluntariado, celebracións e o broche final: as colonias e campamentos de verán en Bujedo: que ganas de que chegue xullo! Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 31 Comercio Xusto e PROYDE Sabías cal é un dos sinais de identidade do noso centro, pola que somos coñecidos? Pois si, é polo compromiso de todo o Colexio pola solidariedade, o Comercio Xusto e, sobre todo, por PROYDE, que este ano celebra o seu 25º aniversario. Este ano colaboramos coa nosa ONG para o desenvolvemento no proxecto “Escolas de Bambú”, unha serie de escolas para os nenos refuxiados en Tailandia, totalmente gratuítas e sen outra axuda que a que poidamos dar dende aquí. En abril, a Semana de PROYDE puxo no centro esta realidade, xunto co lema da campaña deste ano: “Únennos, pero sepárannos”, referido á brecha dixital. 32 No día do “bocata”, gozamos dunha Feira de Xogos e Obradoiros na que participaron todos os alumnos, pais e profesores. Foi moi intenso e divertido, e un éxito grazas á colaboración da AMPA, Gadis e Alcampo. Cada clase colaborou dun xeito diferente: os pequerrechos no mercado, os de 6º de Primaria coas súas ventoíñas e sombreiros tailandeses e os maiores da ESO preparando xogos para todos. Cada profe, pola súa banda, amosou a súa habilidade para a globoflexia, o karaoke, as manualidades ou os cócteles. Coma sempre, colaborar con PROYDE é moi divertido! Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Primeiro e Segundo da ESO Viaxe a Portugal Entre os días 24 e 26 de abril un grupo de alumnos de 1º e 2º da ESO fixemos unha excursión a Portugal. Unha emocionante saída ao parque de Pena Aventura! voltamos aos cuartos onde moito en realidade non durmimos, e menos deixamos durmir ao noso titor. Primeiro día Comezamos o día con moitos nervios, quedamos no colexio ás nove menos cuarto da mañá para poder coller o bus. A viaxe foi entretida, con cancións e risos! Ao chegar o primeiro que fixemos foi ir comer, despois fomos ao aloxamento onde deixamos as maletas, e empezamos coas actividades, unha pequena proba de tirolina , seguimos co rocódromo, en canto terminamos fomos ao trampolín. Segundo día Este día levantámonos ás nove da mañá para que ás dez menos cuarto fósemos ao comedor para almorzar. Déronnos un cacao ou un café con boliños de pan con manteiga e marmelada, ou tamén un bocata. Despois do almorzo fomos facer paintball, o xogo consistía en disparar cunha pistola de paintball a unhas botellas e quen máis atinaba máis puntos gañaba. Cansados de tantas actividades regresamos aos cuartos a asearnos e mudarnos. Cando rematamos de cear, tivemos outra proba de xogos nocturnos: consistía nunca serie de preguntas e tiñamos que encontrar as respostas por diversas partes do parque. Cando terminamos, Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 33 O paintball era algo novo para nós por que nunca o fixéramos, pero non resultou tan difícil. Mentres uns facían isto outros ían ás pontes tibetanas onde tiñas que ir pasando fases entre as árbores que cada vez eran máis difíciles, porque os troncos cada vez se ían facendo máis pequenos, ou porque tiñas que pasar por unha rede verde para chegar á tirolina. Cando acabamos as actividades de pola mañá fomos xantar. Ao rematar de cear, a modo de despedida, montáronnos unha especie de discoteca, alguns bailaban, outros estaban sentados e outros falaban. Á once da noite, hora portuguesa, fomos durmir porque estábamos moi cansados de tantas actividades durante todo o día. Acabamos de comer e fomos ao tiro con arco e ás canoas. Tíñamos turnos como pola mañá un grupo ía ao tiro con arco e outro ás canoas, íamos de sete en sete. Terceiro día Este día foi o da nosa volta, comezamos o día cun bon almorzo preparados para a grande tirolina a “fantasticable”, que ten de 1550 metros de longo e 150 de alto. Foi como voar! Mentres uns se deslizaban pola tirolina, outros probaban os “segway”, unha especie de patinetes eléctricos. Cando todos terminamos estas actividades chegou a hora de comer a nosa última comida portuguesa, despois de xantar foi o momento máis triste, o de coller as maletas e metelas no bus para voltar a Ferrol . Laura Montero y Samuel Piñeiro (2ºESO) O tiro con arco resultou ser máis difícil do que parecía. As canoas estaban ben, menos mal que non podías volcar porque alguns acabarían mollados. O que non resultaba tan fácil era remar, había que ter moita coordinación co compañeiro, ir remando os dous á vez. Cando acabamos, fomos para a “Colmeia” que era a casa onde durmíamos eses dous días, duchámonos e mudámonos e fomos cear. 34 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Convivencia de Cuarto da ESO Os días 14 e 15 de maio os alumnos de 4ºESO acompañados polo seu titor de clase, Daniel Tomé, e o Irmán Jorge estiveron de convivencia de final de curso na casa de convivencias de A Gafa (Portosín). Foron dúas xornadas intensas dedicadas a aumentar o coñecemento mutuo e poder afondar nos valores de interrelación: coñecemento de si mesmo e dos compañeiros de clase, aceptación e respecto, apoio e colaboración. Dando a oportunidade aos educadores presentes de potenciar a autoestima, a expresión das vivencias e sentimentos, a capacidade de empatía, admiración, sosego, agradecemento, sinceridade e reflexión dos alumnos de 4ºESO. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Tamén houbo tempo para descansar e pasear pola praia, achegarse á vila de Portosín e facer un percorrido por Noia na xornada do mércores, visitando a Alameda, o edificio do Concello, a igrexa se San Martiño e a praza do Tapal e ver as lápidas gremiais datadas na Idade Media. 35 Animación lectora Dentro do compromiso que temos no Centro pola lectura, durante este curso temos realizado tres animacións lectoras coas que pretendemos que os nosos alumnos “enganchen” coa lectura. A primeira delas, “Un otoño de cuento”. Este anos temos previsto facer entre todos os alumnos do centro un libro. Comezaron a historia os pequenos de 0-1 anos, pasárono aos alumnos de 1-2 que continuaron a historia onde a deixaron os pequenos e así sucesivamente ata facer un conto no que a imaginación dos nosos alumnos nos está a brindar unha agradable sorpresa. A implicación do alumnado e do profesorado é total e nas fotos podedes ver unha mostra dos resultados que estamos a ter. 36 Aproveitando o Entroido os alumnos do colexio pasamos pola biblioteca para ler alí e aproveitar para posar nun “photocall” e convertirnos en príncipes e princesas de contos e cavernícolas último modelo. Botaron unhas risadas enormes e puideron sentirse por un día como príncipes e princesas de conto. A terceira animación coincidiu coa Semana do libro e foi adicada aos Irmáns Grimm, autores de libros como “Blancanieves”, “La Cenicienta”, “Hansel y Gretel”... Fixemos unha maratón de contacontos a cargo de pais, alumnos e profesores do colexio por distintas zonas da escola. Os nosos alumnos traballaron facendo eles mesmos as súas propias composicións e fíxose unha exposición cos seus relatos que foi visitada por todas as clases do colexio. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño A Real Academia Galega acordou adicarlle o día das Letras Galegas 2013 a Roberto Vidal Bolaño. Autor, director, actor, escenógrafo; home de referencia para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral. Roberto Vidal Bolaño naceu en Compostela o mesmo ano en que morreu Castelao en Buenos Aires. Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súa vida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cinema e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo. Desde moi novo, con apenas doce anos, comeza a traballar como administrativo nunha empresa de recambios de coches. Ata que lle toca ir a Ceuta para facer o servizo militar no exército. Mais as ataduras laborais, en dedicación e en tempo, e a humana pulsión que o convidaba a se liberar delas encirran a súa necesidade de formación e enriquecemento artístico e cultural. O mundo do cine, que o manterá sometido ás súas luces e aos seus modos narrativos, fascínao para sempre. Roberto sempre recoñeceu que en realidade o seu desexo era ser director, pero a ausencia dunha industria audiovisual e dun campo cinematográfico normalizado —ou con proxección normalizadora— fixeron imposible que a súa utopía vital cristalizase. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol En 1976, casa con Laura Ponte, unha das nosas máis grandes actrices. Roberto Vidal Bolaño vive unha fase dunha intensa actividade teatral e creativa. Son os primeiros anos dun teatro galego que toma conciencia de si, nos que Vidal Bolaño é figura dinamizadora e protagonista das montaxes máis sobranceiras como director, como dramaturgo e tamén como actor. No ano 1985, nace a Televisión de Galicia, e con ela empeza a andar o xermolo das primeiras industrias audiovisuais. Entre elas, a da dobraxe de películas ao galego. Roberto Vidal Bolaño participa como actor, director de sala e director artístico da produtora CTV-Galaxia neses primeiros pasos que a nova actividade artística empeza a dar en Galicia. A TVG será o primeiro medio de masas da historia de Galicia que se enfronte á necesidade de cubrir a totalidade da súa programación con todo o repertorio de roles da lingua, de amosala, polo menos virtualmente, como unha lingua plenamente normalizada. A ese importante labor se consagrou tamén, durante un período importante da súa vida, Roberto Vidal Bolaño. Morreu na cidade en que viu a luz por primeira vez. Só tiña 52 anos, e deixaba unha obra tan intensa e xenial como numerosa. Deixou unha grandiosa obra dramática e un compromiso humano e vital inesquecibles. 37 Viva o Entroido! En febreiro, como é costume, celebramos a festa do Entroido. Tivemos de todo, desde gansters ata zombis, pasando por rockeiros, piratas, indios… Fixemos un desfile por curso e rematamos bailando todos a música de actualidade. Velaquí as fotografías, que falan da orixinalidade dos nosos alumnos, profesores e pais. 38 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Pasándoo de medo no Samaín O martes 7 de novembro celebramos no Colexio a Festa de Outono, o Samaín. Os rapaces, profesores, nais e pais que o desexaron disfrazáronse para pasar un momento divertido. Nas aulas tivemos diversos talleres entre os pequerrechos de infantil e os nenos de primaria: Obradoiro de maquillaxe. Onde as nais axudaron activamente na maquillaxe dos rapaces. Obradoiro do millo. Unha nai contounos a historia do millo en Galicia. Obradoiro de manualidades onde se fixeron diversas máscaras e decorá- ronse as bonitas cabazas que despois expuxeron e coas que se celebrou o concurso de cabazas no que se premiou as máis orixinais. Que medo! Medo? Iso é o que pasaron os rapaces da ESO mentres vían “The Walking Dead”. Os zombis estaban por todos os recunchos... Para finalizar todos puidemos disfrutar da música e dun bon chocolate quente con biscoitos, xentileza da ANPA. Día da Paz O mércores 30 de xaneiro celebramos O DÍA DA PAZ no que cada curso puxo o seu traballo como grandes “cociñeiros” para elaborar un anaco da “torta da paz” cos ingredientes básicos que cada curso considerou axeitados: respecto, axuda, compartir, tolerancia, amizade, paciencia, alegría e ilusión. Todo ben remexido dándolle o seu punto con constancia e esforzo. Os representantes de cada curso léronnos os ingredientes necesarios para facer esta xigantesca torta. Logo desta Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol receita tentaremos poñer os nosos ingredientes para facer un mundo mais xusto e en PAZ para todos e especialmente para o irmán que temos a carón de nós. Despois tivemos a oportunidade de bailar o “vals da Paz” todos xuntos e unidos, e aínda que non puidemos meterlle o dente a esta torta feita polos rapaces, si que disfrutamos logo de tortas, pastas e biscoitos na biblioteca. Todo estaba moi bon e moi doce! 39 Festas La Salle As Festas do Colexio na honra de San Xoán Bautista de La Salle comezaron o martes 7 de maio co partido Xigantes – Ananos. Igual que David venceu a Goliat os “ananos” derrotaron aos “xigantes”, pero o máis importante foi o ben que o pasaron os nenos de infantil correndo trala pelota e sentíndose de marabilla xogando cos grandullóns da ESO que non podían tirar o sorriso da boca vendo aos máis pequenos. O mércores, ás 12,15 horas recibimos a visita de Pupi que se achegou ao noso colexio dende o planeta Azulón para abrir oficialmente as festas co pregón oficial. Os máis amigos de Pupi, os nenos de infantil e primeiro ciclo de primaria, non saían do seu abraio ao velo pasearse polo pavillón do colexio. A continuación gozamos coa exhibición de Batuka dos alumnos do terceiro ciclo de primaria. 40 O mércores pola tarde foi a quenda das exhibicións das actividades extraescolares: ximnasia rítmica, ballet, baile, canta-baila, karate, iudo e guitarra. O pavillón encheuse de arte e aplausos durante toda a tarde e nin o mesmo Pupi quixo perderlo. E todo isto fixo as ledicias de pequenos e maiores, ademais do Concurso de Talentos que se celebrou a continuación no salón de actos, e provocou risos, exclamacións e a admiración de todos ante as habilidades artísticas dos alumnos que se presentaron ao certame deste ano. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol A continuación comezaron os xogos cos que os alumnos gozaron durante toda a mañá. O venres día 10, a xornada comezou coa Eucaristía na honra a San Xoán Bautista de La Salle, que contou coa participación de alumnos de todas as etapas, pais e profesores. Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 41 Milla escolar O sábado, día 11 de maio, celebrouse a Milla Escolar do colexio, cunha participación de máis de 950 atletas, procedentes de colexios de todas as comarcas. Esperámosvos de novo o vindeiro ano a todos, a ver se chegamos a 1.000!!! Cabe salientar o traballo previo da Asociación de Nais e Pais dos Alumnos, e tamén agradecer a cantidade de xente que colaborou, algúns dende ben cedo, na organización do evento, tanto alumnos coma profesores e PAS do centro. Houbo moitos vencedores, pero pola nosa banda, destacamos as actuacións de Sara Cabreira, Yeray Ponce, Álvaro Tenreiro, Subash Trufero e Iván Bustabad. 42 Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol Premios recibidos polos alumnos do Colexio Este ano o noso Centro tivo dous grandes éxitos colleitados en dous concursos de sona. Por un lado no concurso “Deseña unha xoia para túa nai” organizado polo Colexio Oficial de Xoieiros de Galicia tivemos seis finalistas dun total de 7800 participantes. Os nomes dos gañadores foron: Educación Infantil 3 años: Hugo Deive Gil Adrián Lourido Soto Lucía Vellón Rey Por outra banda obtivemos moi bos resultados nun concurso organizado polo Concello “Gústame o galego” onde tivemos catro gañadores de doce premiados. Os nomes destes gañadores foron: Ainhoa Nieto, Estefanía Orjales e Jennifer Porto de 4º de ESO e Samuel Piñeiro de 2º ESO. Roberto Montero, alumno de 6º de EP, foi tamén premiado no Concurso de Debuxo Ecolóxico de Narón. Noraboa aos gañadores e moito ánimo para seguir participando! Educación Infantil 5 años: Inés Morgade Otero Gisela Vázquez Oreona 5º de E.P: Jessica Salazar Santos Cara ao Mar 2013 | La Salle Ferrol 43 Colexio La Salle—Ferrol Tfno: 981 318 111 · Fax: 981 3281 77 Rúa Pardo Bazán s/n dirferrol@sallep.net 15406 Ferrol (A Coruña) /pages/Colexio-La-Salle-Ferrol http://www.sallep.net/ferrol @LaSalleFerrol