PP de Galicia Página 1 de 3 PP de Galicia Actualidade Coñécenos Planet Inicio Organigrama QUEN É QUEN ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO Parlamento de Galicia Presidente da Xunta de Galicia Congreso Deputado por Pontevedra Benvidos á web do Partido Popular de Galicia. Senado Renovada, accesible e aberta coma este partido que, por todas as vías, está á túa disposición. Parlamento Europeo Alberto Núñez Feijóo ÓRGANOS DE REPRESENTACIÓN Parlamento de Galicia O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da comunidade autónoma de Galicia. Máis información aquí: www.parlamentodegalicia.es Santiago de Compostela Congreso http://info.ppdegalicia.com/web/Index.action 15/02/2016 PP de Galicia Página 2 de 3 PP de Galicia Actualidade Coñécenos Planet 2015 ­ PP de Galicia ­ © Madrid español. Reúnense para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid. Máis información aquí: www.congreso.es Senado O Senado é a Cámara Alta das Cortes Xerais e un órgano constitucional que representa ao pobo español. Máis información aquí: www.senado.es Madrid Parlamento Europeo É a institución constitucional que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns da Unión. É o maior parlamento democrático do mundo e, na Unión Europea, o único organismo de natureza supranacional que é directamente elixido. Estrasburgo Máis información aquí: www.europarl.europa.eu Historia Imaxe Corporativa HISTORIA PARTIDO POPULAR DE GALICIA Sedes A idea que máis tarde daría lugar ao Partido Popular xerouse a comezos dos anos setenta por iniciativa dun grupo de persoas liderado por Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo que perseguían era o de crear e artellar unha organización de carácter reformista e con ideoloxía de centro, que constituíse unha nova alternativa política para a sociedade española. Con esta teima, o 9 de outubro de 1976, inscríbese no Rexistro de Asociacións Políticas do Ministerio da Gobernación a Asociación Política Reforma Democrática, que formaría parte da federación de asociacións políticas Alianza Popular, tamén fundada en setembro dese mesmo ano por Manuel Fraga e que integraba así un total de sete formacións ás que se lle irían engadindo outros partidos. No Congreso Nacional constituínte de Alianza Popular como federación de partidos, celebrado en marzo de 1977, noméase a Manuel Fraga como Secretario Xeral da institución. Dous anos máis tarde, en xaneiro de 1979, presentaría un primeiro texto estatutario para Galicia, que celebraría un Referendo do Estatuto de Autonomía o 20 de decembro de 1980. O ano seguinte, concretamente un 20 de outubro de 1981, teñen lugar as primeiras eleccións autonómicas nas que Xerardo Fernández Albor, que encabezaba a lista de Alianza Popular, sae elixido presidente electo de Galicia. Sen embargo, unha moción de censura presentada polos socialistas faille abandonar a Presidencia o 27 de setembro de 1987. En maio de 1988, celébrase un Congreso Extraordinario de Alianza Popular no que se proclama como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia a Manuel Fraga, que sería reelixido no IX Congreso Nacional de 1989. Neste acto, denominado da Refundación, nace o Partido Popular como o coñecemos hoxe. http://info.ppdegalicia.com/web/Index.action 15/02/2016 PP de Galicia Página 3 de 3 ano 1989, un 17 de decembro, celébransePP asde terceiras autonómicas nas que o Galicia eleccións Actualidade Coñécenos Planet pasa a ser o momento e durante os seguintes o Partido INICIO16 anos,QUEN É QUEN cabeza, non abandonaría a Presidencia do partido revalidouse, polo tanto, nas eleccións do 17 de outubro de 1993, nas do 19 de outubro de 1997, e nas do 1 de outubro do 2001, gobernando así en catro lexislaturas consecutivas. INFORMACIÓN ÚTIL Durante as tres primeiras lexislaturas, algúns dos feitos máis destacados do Partido Popular serían a elección de Cuíña Crespo como Secretario Xeral o 6 de xullo de 1990, a celebración en decembro de 1991, do Congreso Extraordinario da integración de Centristas de Galicia ou a elección de Xesús Palmou como Secretario Xeral no X Congreso celebrado en outubro de 1999. Na cuarta lexislatura, concretamente o 10 de setembro do 2004, Manuel Fraga nomea como vicepresidentes da Xunta de Galicia a Xosé Manuel Barreiro, Conselleiro de Medio Ambiente, que sería o Vicepresidente segundo, e a Alberto Núñez Feijóo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que sería o Vicepresidente Primeiro. No XII Congreso do PPdeG, celebrado o 23 de outubro do 2004, Manuel Fraga é elixido novamente Presidente e Xesús Palmou, Secretario Xeral. Trala derrota electoral, o 4 de novembro do 2005, Alberto Núñez Feijóo, portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular, anuncia a súa precandidatura ao Congreso para a sucesión de Manuel Fraga, que se celebraría en xaneiro do 2006. No XIII Congreso do PPdeG, Núññez Feijóo é elixido Presidente cun 96% de apoios no congreso dun partido político con maior participación da historia de Galicia. Alfonso Rueda ocuparía a Secretaría Xeral, Xosé Manuel Barreiro a Vicepresidencia e Manuel Fraga sería proclamado Presidente de Honra Vitalicio. O 23 de novembro de 2008, o Partido Popular de Galicia celebra o acto de proclamación do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, coa participación de máis de 5.000 afiliados. A recompensa ao esforzo do PPdeG e ao seu eficaz programa electoral viría o 1 de marzo de 2009 coas eleccións autonómicas, cando despois de catro anos na oposición, os populares gañan as eleccións e retoman as rendas da Xunta de Galicia con maioría absoluta. O 20 de abril dese mesmo ano, o PPdeG toma posesión do Goberno e comeza a poñer en marcha as actuacións que recolle o seu programa electoral. Posteriormente, en maio dese mesmo ano, o PPdeG celebra o seu XIV Congreso, onde Alberto Núñez Feijóo volve saír reelixido presidente do partido, con Alfonso Rueda novamente á fronte da Secretaría Xeral e Antonio Rodríguez Miranda estréandose como voceiro. O PPdeG, recén renovado, volvía conseguir outra gran vitoria nas eleccións europeas de xuño, subindo un 2,29% os apoios con respecto ás autonómicas. Dous anos despois, nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, o PPdeG acadou outra vitoria incontestable logrando 46 alcaldías máis da que tiña ata o momento, de xeito que 216 de 315 concellos contan hoxe cun alcalde do PP. Así mesmo, se despois do 2007 os populares non contaban con ningunha alcaldía en ningún gran núcleo urbano en Galicia, en 2011 remataron coa hexemonía do PSOE nas cidades da Coruña e Santiago; lograron a primeira maioría absoluta da historia en Ferrol, e Vilagarcía conta, por fin, cun alcalde popular. As eleccións xerais do 20 de novembro dese mesmo ano volveron revalidar a confianza dos galegos nos populares, de xeito que, en Galicia, o PPdeG subiu un deputado por provincia, logrando ata 15 escanos. Nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, Galicia volveu expresarse con contudencia nas urnas outorgándolle novamente aos populares galegos a tarefa de seguir levando o timón da Xunta, de forman que o PPdeG non só mantivo os seus escanos senón que conseguiu tres máis, contando hoxe en día con 41 deputados na Cámara galega. En xaneiro de 2013 ten lugar o XV Congreso autonómico do partido no que Alberto Núñez Feijóo volve revalidarse como presidente do PPdeG e volve depositar a súa confianza en Alfonso Rueda como secretario xeral do partido. Así mesmo, reduce a unha as Vicesecretarías da formación e entrégalla a Agustín Hernández, ao tempo que deposita en Paula Prado a responsabilidade da Portavocía. Utilizamos cookies, propias e de terceiros, para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación e mostrarlle publicidade personalizada noutros sitios web. Se continua navegando consideramos que consente o seu uso. Para máis información acerca da configuración e uso http://info.ppdegalicia.com/web/Index.action 15/02/2016