Presidente: Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro Sres. Deputados

Anuncio
XUNTA DE GOBERNO
SESION ORDINARIA DE VINTE E SEIS DE MAIO DE DOUS MIL CATORCE
(ACTA NÚMERO 21)
Presidente:
Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro
No Salón de Comisións do Pazo
Provincial, sendo as once horas e trinta
minutos do día vinte e seis de maio de
Sres. Deputados:
dous mil catorce, baixo a presidencia do
D. Antonio Veiga Outeiro
titular do cargo o Ilmo. Sr. D. José
Dª. Mª. del Pilar García Porto
Ramón Gómez Besteiro, reuníronse os
Dª. Regina Polín Rodríguez
Sres. Deputados á marxe relacionados, co
D. Miguel A. Sotuela Vega
obxecto
D. Mario Outeiro Iglesias
convocatoria, sesión ordinaria convocada
D. Alvaro Santos Ramos
para o efecto, para tratar os asuntos
de
incluidos
celebrar,
na
en
Orde
segunda
do
Día
Secretario:
regulamentariamente remitida, en virtude
D. José Antonio Mourelle Cillero
das facultades delegadas que lle confire á
Xunta
o
Interventora:
Regulamento
Dª. Rosa Abelleira Fernández.
Corporación.
artigo
59
do
Orgánico
vixente
desta
1
Actúa de Secretario o titular da Corporación D. José Antonio Mourelle Cillero, e
asiste a Interventora Dª. Rosa Abelleira Fernández.
Non asisten a Sra. Vicepresidenta Dª. Lara Méndez López e o Sr. Deputado D.
Manuel Martínez Núñez.
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA
CELEBRADA O DÍA DEZASEIS DE MAIO DE DOUS MIL CATORCE.
Por parte do Sr. Presidente pregúntase aos Sres. Deputados, membros da Xunta
de Goberno, se teñen que formular algunha observación á acta da sesión ordinaria
celebrada o día dezaseis de maio de dous mil catorce, que foi distribuida entre os
mesmos; e ó non presentarse emenda algunha, é aprobada por unanimidade.
2.-
APROBACIÓN,
SE
PROCEDE,
DA
CONTRATACIÓN
DA
SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO E EQUIPAMENTO DO AUDITORIO
MUNICIPAL DE CHANTADA.
Visto o expediente relativo ao procedemento de contratación da subministración
de mobiliario e equipamento do Auditorio Municipal de Chantada e os informes dos
Servizos desta Entidade, a Xunta de Goberno, por unanimidade acorda:
1.- Aprobar a contratación da subministración de mobiliario e equipamento do
Auditorio Municipal de Chantada.
2.- Aprobar os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións
técnicas que rexerán na licitación do contrato sinalado no parágrafo anterior.
2
3.- Aprobar o procedemento de adxudicación, que é o procedemento aberto e
selección da oferta economicamente máis vantaxosa, regulado polos artigos 157, 158,
159, 160 e 161 e de acordo cos principios de igualdade e transparencia recollidos no
artigo 139 do TRLCSP e dispoñer a apertura do mesmo mediante a inserción dos
correspondentes anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante.
4.- Aprobar o gasto por importe de 73.813,00 € aos que se engadirán 15.500,73 €
(21%) en concepto de IVE, o que ascende a un total de 89.313,73 €
3.- PROPOSTA EN RELACIÓN CO PLAN DE INFRAESTRUTURAS E
EQUIPAMENTOS
PERTENCENTES
AO
RESTO
DOS
CONCELLOS
AFECTADOS POLO CANON ANUALIDADE DE 2010. CONCELLO DE
PARADELA.
Resultando que o Pleno desta Deputación en sesión celebrada o día 25 maio de
2010 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
"…1º.- Aprobar o Plan de actuacións, xunto coa memoria, pertencentes aos
concellos de: O Saviñao, Taboada, Paradela, Portomarín, Páramo, Guntín, Carballedo,
Pantón, Ribas do Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos, Pobra do Brollón, Zona
Norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz), afectados polo canon hidroeléctrico
referidos á anualidade de 2010 por un importe de 2.032.958,79 €.
2º.- Na memoria aprobada figura: "... Ás actuacións concretas a realizar con base
neste Plan serán determinadas pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial”.
Polo anteriormente exposto e vistos os informes dos Servizos desta Entidade, a
Xunta de Goberno, por unanimidade acorda:
3
Determinar que as actuacións concretas a realizar con cargo ao “Plan de
Infraestruturas e equipamentos pertencentes ao resto dos concellos afectados polo canon
anualidade 2010 ”, sen prexuízo das que con posterioridade sexan propostas para a súa
aprobación en execución do presente Convenio, referidas ao Concello de Paradela serán
as seguintes:
Concello de PARADELA:
- Acondicionamento accesos en Sesmonde, Vilabite e de Cortes ao cruce de
Pacios. Orzamento: 48.775,37 € IVE incluído.
- Acondicionamento accesos en Bacorelle-Vilachá e de Cerxedo-ZouroMatanza. Orzamento: 36.388,49 € IVE incluído.
- Acondicionamento accesos Riocabo da Cima e San Martín de Castro.
Orzamento: 44.904,99 € IVE incluído.
4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONTRATO DERIVADO DO
ACORDO MARCO PARA A CONTRATACIÓN DE SUBMINISTRACIÓN E
INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTO PARA A MELLORA DA EFICIENCIA
ENERXÉTICA EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO. ACTUACIÓNS
EN PALAS DE REI, XOVE, SOBER E QUIROGA.
Vista a proposta da Presidencia, do teor literal seguinte:
“Tendo en conta que con data de 13 de abril de 2012 se aprobou pola Xunta de
Goberno o procedemento de contratación, os pregos de cláusulas administrativas e de
prescricións técnicas, así como o gasto.
4
Resultando que se tramitou o correspondente procedemento de adxudicación e
por acordo da Xunta de Goberno de 23 de novembro de 2012 decidiuse proceder a
suscrición dun acordo marco para a subministración e instalación de equipamentos para
a mellora da eficiencia enerxética nos concellos da provincia de Lugo adscritos ao
programa de auditorías enerxéticas dentro do proxecto LugO2 Provincial, a favor das
empresas Radio Record Montajes, S.L.; Elecnor, S.A.; Comfica Soluciones Integrales
S.L.; Instalaciones Eléctricas Sanxenxo S.L.; Imesapi (Instalaciones, Montajes
Eléctricos y Saneamiento S.A.); Cobra Instalaciones y Servicios, S.A. e que a mercantil
Radio Record Montajes, S.L. foi declarada en situación de concurso de acreedores por
auto de data 30 de xaneiro de 2013, publicado no BOE do 2 de marzo de 2013. Non
consta que o acordo marco fose obxecto de resolución en relación con esta empresa.
Resultando que se efectuou un primeiro convite ás empresas seleccionadas para
o desenvolvemento do acordo marco para actuacións nos concellos de Abadín, A
Fonsagrada e O Incio, aprobado pola Xunta de Goberno en sesión ordinaria o 6 de abril
de 2013. Un segundo acordo de convite adoupouse na Xunta de Goberno do 12 de xullo
cos concellos de Cervantes, Pol e Samos. O terceiro convite decidiuse na Xunta de
Goberno do 19 de xullo para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de
Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz e Barreiros. O cuarto convite aprobouse na
Xunta de Goberno de data 2 de agosto de 2013, para a mellora da eficiencia enerxética
nos concellos de Rábade, A Pontenova, Baralla e O Valadouro. O quinto convite
aprobouse na Xunta de Goberno de data 15 de novembro de 2013, para a mellora da
eficiencia enerxética nos concellos de Navia de Suarna, A Pastoriza e Meira. O sexto
convite aprobouse na Xunta de Goberno de data 27 de decembro de 2013, para a
mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Láncara, Trabada, O Vicedo e Pobra
de Brollón. O sétimo convite aprobouse na Xunta de Goberno de data 17 de xaneiro de
2014, para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Becerreá, Viveiro e
Riotorto. O oitavo convite aprobouse na Xunta de Goberno de data 31 de xaneiro de
2014, para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Ribas de Sil, Guntín e
5
Monterroso. O noveno convite aprobouse na Xunta de Goberno de data 4 de abril de
2014, para a mellora da eficiencia enerxética nos concellos de Sarria, Portomarín e
Monforte de Lemos.
Visto que nesta ocasión (para o 10º convite) se inicia o proceso de contratación
dentro do acordo marco de referencia, formulando convite ás empresas previamente
seleccionadas e coa finalidade de desenvolver actuacións nos municipios de Palas de
Rei, Xove, Sober e Quiroga e que constan no informe técnico de subministración e
instalación de equipamento para a mellora da eficiencia enerxética en instalacións de
iluminación dos concellos
indicados.
Tamén se
incorpora certificación de
dispoñibilidade das edificacións e instalacións nos que executa as prestacións obxecto
de contratación, en cada un dos respectivos concellos.
Visto que con data do 12 de xullo ten entrada no Rexistro Xeral desta
Deputación
un escrito de Halllman Energie, S.L. indicando que a súa compañía
procedeu á compra dunha “unidade produtiva autónoma” configurada no proceso de
liquidación que se leva a cabo no Xulgado de Primeira Instancia nº 2 de Lugo,
aportando escritura de compraventa de unidade produtiva parcial, outorgada na data do
6 de xuño de 2013, protocolo notarial 1210 do Notario con residencia en Lugo, don José
Antonio Caneda Goyanes, con intervención da administración concursal. Nesta escritura
exponse que a adquirente sucede á entidade transmitente en tódolos dereitos e obrigas
derivados dos contratos que relaciona en táboa anexa (identificado como anexo nº 2),
entre os que se atopa o acordo marco para a subministración e instalación de
equipamentos para a mellora da eficiencia enerxética dos concellos da provincia de
Lugo, enmarcado no proxecto LugO2. Remata interesando que se produza a
substitución efectiva da mercantil adquirente desa unidade produtiva parcial, da
sociedade Radio Record Montajes, S.L.
6
Tendo en conta que no acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión
de 19 de xullo decidiuse, entre outros particulares, aceptar que existe unha sucesión de
empresa, por transmisión dunha rama da actividade da mercantil Radio Record
Montajes, S.L., a favor da mercantil Hallmann Energie, S.L condicionada a que esta
sociedade mercantil acredite que ten as condicións de solvencia esixidas ao acordarse a
adxudicación do acordo marco, así como as condicións de aptitude establecidas para
contratar coa administración. Esta condición debe acreditarse nun prazo máximo de dez
días desde que se curse o oportuno requirimento. Visto que a empresa acreditou as
condicións establecidas para contratar coa Administración apróbase por Resolución
desta Presidencia, de 14 de agosto de 2013 que a entidade Hallmann Energie, S.L. ten
acreditadas as condicións de solvencia e aptitude necesarias para contratar con esta
Administración, sucedendo a Radio Record Montajes S.L. no acordo marco relativo á
subministración e instalación de equipamento para a mellora da eficiencia enerxética en
concellos da provincia, dando por cumprida a condición fixada no acordo da Xunta de
Goberno de 2 de agosto de 2013.
Por todo elo, tendo en conta os informes dos Servizos desta Entidade, proponse á
Xunta de Goberno, a adopción dos seguintes acordos:
1.- Iniciar o proceso de contratación derivado do acordo marco (actuacións nos
concellos de Palas de Rei, Xove, Sober e Quiroga), cun orzamento máximo que ascende
a 80.092,61 euros, aos que se engadirán 16.819,45 euros en concepto de IVE, o que
ascende a un total de 96.912,06 euros.
2.- Convidar a tódalas empresas que son parte no mesmo, agás a Radio Record
Montajes, S.L., ao estar incursa en prohibición de contratar.
3.- Aceptar que existe unha sucesión de empresa, por transmisión dunha rama
da actividade da mercantil Radio Record Montajes, S.L., a favor da mercantil Hallmann
7
Energie, S.L, con domicilio social en R/ dos Carros nº 14, polígono industrial do Ceao,
parcela 14, posto que esta sociedade mercantil acreditou que ten as condicións de
solvencia esixidas ao acordarse a adxudicación do acordo marco, así como as
condicións de aptitude establecidas para contratar coa administración, e cursar convite á
mesma (Resolución desta Presidencia de data 14 de agosto de 2013).
4.- Aplicar os criterios de adxudicación establecidos na cláusula cuarta das
cláusulas particulares dos contratos derivados: prezo ofertado (valoración máxima 50
puntos); melloras sen custe (valoración máxima 40 puntos); redución do prazo de
entrega (valoración máxima ...).
5.- Poñer como prazo límite para a presentación de propostas o 10 de xuño 2014,
que será o último día no que se poden presentar.
6.- Determinar o modo de presentación de ofertas”.
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO REGULADOR DA
SUBVENCIÓN EXCEPCIONAL OUTORGADA POR ESTA DEPUTACIÓN
PROVINCIAL AO CONCELLO DE VIVEIRO CO OBXECTO DE COLABORAR
NO FINANCIAMENTO DE ORGANIZACIÓN DOS ACTOS DA SEMANA
SANTA 2014 DE VIVEIRO.
Visto o expediente relativo ao convenio regulador da subvención directa de
carácter excepcional a conceder ao Concello de Viveiro, co obxecto de colaborar no
financiamento dos gastos de organización dos actos da Semana Santa 2014 de Viveiro,
8
polo importe de 30.060,00 €, co pagamento anticipado do 60%, é dicir, 18.036,00 € con
dispensa de garantía.
Tendo en conta que se trata dunha actividade englobada dentro da competencia
desta Deputación Provincial que se refire ao fomento dos particulares intereses da
provincia, e concretamente ao apoio a entidades públicas e privadas, concellos,
fundacións, asociacións e colectivos que desenvolvan a súa actividade no ámbito da
realización e execución de proxectos destinados ao fomento da actividade económica,
cultural, social, medioambiental, etc. da provincia. Preténdese apoiar e exercer un efecto
multiplicador sobre a iniciativa económica da provincia a través dos recursos que a
Deputación destina do seu orzamento á finalidade de fomento das actividades que
redunden
nunha
potenciación
e
mellora
da
actividade
social,
económica,
medioambiental, etc. da provincia, favorecendo a actuación das entidades que realicen
actividades neste eido. Esta finalidade está recollida na liña 1 da área de Presidencia do
Plan Estratéxico de Subvencións desta Deputación na anualidade 2014.
Por todo o exposto, vistos os informes dos Servizos desta Entidade, a Xunta de
Goberno por unanimidade acorda:
1.- Conceder unha subvención de carácter excepcional ao Concello de Viveiro
por importe de 30.060,00 €, co pagamento anticipado do 60% sobre o importe total
subvencionado, é dicir, 18.036,00 € con dispensa de garantía.
2.- Aprobar o convenio regulador da subvención directa de carácter excepcional
a conceder ao Concello de Viveiro, co obxecto de colaborar no financiamento dos
gastos de organización dos actos da Semana Santa 2014 de Viveiro.
9
6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE CONTA XUSTIFICATIVA DA
OBRA DO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES ASOCIATIVAS,
AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA A REALIZACIÓN DE
OBRAS E ESTABLECEMENTO, DOTACIÓN, AMPLIACIÓN E MELLORA DE
SERVIZOS DE INTERESE VECIÑAL, ANUALIDADE 2013, PERTENCENTE
AO LUGAR DE SAN ADRIANO, CONCELLO DE LOURENZÁ.
Vista a proposta do Sr. Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, do
teor literal seguinte:
“Presentada a conta pola entidade “Asociación de Veciños Sociocultural e
Medioambiental de San Adriano”, e incluída dentro do “Plan de Cooperación” ao que se
refire o epígrafe, e examinada esta, así como os informes regulamentarios emitidos
respecto diso polos Servizos desta Excma. Deputación Provincial, proponse á Xunta de
Goberno a adopción do seguinte acordo:
Aprobar a conta coa documentación xustificativa da obra do “Plan de
Cooperación con Entidades Asociativas, Agrupacións e Asociacións de veciños”,
aprobada na Xunta de Goberno de 29 de xullo de 2013, que seguidamente se indica e
que o importe da subvención correspondente se libre a favor desta.
TITULO DA OBRA
Adquisición de equipamento mobiliario
para local social. Lugar e Parroquia: San
Adriano. Concello: LOURENZÁ.
IMPORTE CONTA
SUBVENCIÓN
8841,00
8841,00
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
10
7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE CONTA XUSTIFICATIVA DA
OBRA DO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES ASOCIATIVAS,
AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA A REALIZACIÓN DE
OBRAS E ESTABLECEMENTO, DOTACIÓN, AMPLIACIÓN E MELLORA DE
SERVIZOS DE INTERESE VECIÑAL, ANUALIDADE 2013, PERTENCENTE
AO LUGAR DE NEIRAS, CONCELLO DE SOBER.
Vista a proposta do Sr. Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, do
teor literal seguinte:
“Presentada a conta pola entidade “Asociación de veciños de San Salvador de
Neiras” e incluída dentro do “Plan de Cooperación” ao que se refire o epígrafe, e
examinada esta, así como os informes regulamentarios emitidos respecto diso polos
Servizos desta Excma. Deputación Provincial, proponse á Xunta de Goberno a adopción
do seguinte acordo:
Aprobar a conta coa documentación xustificativa da obra do “Plan de
Cooperación con Entidades Asociativas, Agrupacións e Asociacións de veciños”,
aprobada na Xunta de Goberno de 29 de xullo de 2013, que seguidamente se indica e
que o importe da subvención correspondente se libre a favor desta.
TITULO DA OBRA
2ª fase de traída de auga da Vacariza. Lugar e
Parroquia: Neiras. Concello: SOBER.
IMPORTE CONTA
SUBVENCIÓN
8500,00
8500,00
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
11
8.- PROPOSTA DE CONVOCATORIA E DE BASES PARA A
PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO A PROVER POLO SISTEMA DE
CONCURSO.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado da Área de Goberno Interior, co teor
literal seguinte:
“Á vista das necesidades dos distintos servizos desta Deputación Provincial
constatándose que na vixente Relación de Postos de Traballo, un número determinado
deles encóntranse desempeñados de forma provisional en comisión de servizos temporal
e outros figuran como vacantes dotadas facéndose necesario que sexan desempeñados
con carácter definitivo para garantir o bo funcionamento dos servizos, parece necesario
iniciar e levar adiante os procedementos correspondentes para dar solución estable ás
necesidades detectadas ao tempo que se fortalece a organización e se afonda na
profesionalización, co obxectivo último de prestar á cidadanía un servizo público de
calidade.
Segundo o disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de
Réxime Local, que sinala:
-Art. 101: “Os postos de traballo vacantes que deban ser cubertos polos
funcionarios (excepto os que corresponden a funcionarios con habilitación de carácter
estatal) proveranse en convocatoria pública polos procedementos de concurso de
méritos ou de libre designación, de acordo coas normas que regulen estes
procedementos en tódalas Administracións Públicas.
12
Nas ditas convocatorias de provisión de postos de traballo, ademais da
participación dos funcionarios propios da entidade convocante, poderán participar os
funcionarios que pertenzan a calquera das Administracións Públicas, quedando neste
caso supeditada a participación ao que ao respecto establezan as relacións de postos
de traballo”.
-Art. 102.1: “As probas de selección e os concursos para a provisión de postos
de traballo a que se refire o presente artigo se rexeran polas bases que aprobe o
Presidente da Corporación, a quen corresponderá a súa convocatoria”.
-Art. 97: “Os anuncios de convocatorias […] de concursos para a provisión de
postos de traballo deberán publicarse no Boletín Oficial do Estado”.
As bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, […]”.
Visto o artigo 233.3 da Lei 5/1997, de 27 de xullo, de Administración Local de
Galicia que literalmente di: “Os anuncios de convocatorias (...) de concursos para
prover postos de traballo publicaranse, ademais do disposto pola normativa básica do
Estado no Diario Oficial de Galicia”.
Tendo en conta o sinalado pola Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a
reforma da función pública, que no seu artigo 20.1. a) dispón: “Concurso: constitúe o
sistema normal de provisión e no que se terán unicamente en conta os méritos esixidos
na correspondente convocatoria, entre os que figurarán os acaídos ás características
de cada posto de traballo, así como a posesión dun determinado grao persoal, a
valoración do traballo desenvolvido, os cursos de formación e perfeccionamento
superados e a antigüidade”, que tamén se reitera no artigo 44.1 do Real Decreto
364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproban o Regulamento Xeral do Estado e de
13
provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da
Administración Xeral do Estado.
Visto que o artigo 2º.2 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo polo que se aproba
o Regulamento de Provisión de Postos de traballo, promoción Profesional e promoción
Interna (DOGA 25 de marzo de 1991) sinala: “O concurso será o procedemento
normal de provisión de postos de traballo e nel só se terán en conta os méritos que se
determinen en cada convocatoria, segundo os baremos correspondentes, que serán
consultados previamente á comisión de persoal e en relación directa cos postos que se
ocuparan. Entre tales méritos figuraran necesariamente a posesión dun determinado
grao persoal, a valoración do traballo desenvolvido, os cursos de formación e
perfeccionamento superados que teñan relación cos postos de traballo que se cubrirán,
o nivel de coñecemento da lingua galega no grao adecuado as funcións que se van a
desempeñar e a antigüidade”.
Visto o Acordo Marco Único para persoal funcionario desta Deputación (BOP
31-01-91), que establece que o concurso constitúe o sistema ordinario de provisión de
postos de traballo ao igual que o Regulamento de Acceso, Promoción Interna e
Provisión de Postos de Traballo desta Deputación, aprobado polo Pleno de 27 de
setembro de 2006 (BOP 30-06-2006), que no seu artigo 17.1 c) acouta a participación,
con carácter xeral, salvo o disposto na normativa xeral que rexe a provisión de postos de
traballo reservados a funcionarios con habilitación nacional, que se rexerán polo
disposto na mesma, os postos de traballo desta Entidade serán provistos entre o persoal
que pertenza á mesma, xa sexa da propia Deputación Provincial ou do antigo organismo
autónomo provincial INLUDES, salvo que expresamente e por acordo plenario se
decida outra cousa, previa negociación e, de selo caso, acordo, da Mesa Xeral de
Negociación desta Deputación Provincial.
14
Vista a Relación de Postos de Traballo desta Deputación en vigor na que os
postos que se relacionan figuraran vacantes dotados orzamentariamente; que as bases da
convocatoria respectan os criterios establecidos nas normas antes sinaladas e os
contidos da Sección 2º do Capítulo IV do citado Regulamento (vixente no que non se
opoña ao vixente EBEP) e que os criterios para a elaboración das bases da convocatoria
foron aprobadas na Mesa Xeral de Negociación de 15 de abril de 2014.
Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos Servizos desta Entidade,
proponse á Xunta de Goberno a adopción do seguinte acordo:
Aprobar a convocatoria e as bases que rexerán a provisión polo sistema de
concurso, dos postos de traballo desta Deputación, que seguidamente se relacionan,
reservados a persoal funcionario, e cuxas características e requisitos de participación se
sinalan no Anexo I das Bases da Convocatoria.
Área Presidencia:
Denominación
Xefe/a Servizo Comunicación e Tics
Xefe/a Unidade Mantemento
Xefe/a do Servizo de Arquitectura
Área de Goberno Interior:
Denominación
Xefe/a do Servizo de Prevención de Riscos Laborais
15
Área de Xestión Territorial:
Denominación
Xefe/a Servizo de Expropiación e control de Proxectos
Xefe/a do Servizo de Vías e Obras
Xefe/a da Unidade Coordinación, Xestión e Apoio
Área de Economía Recadación e Facenda:
Denominación
Xefe/a do Negociado I- recursos propios e Tesouraría
Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e PHA:
Denominación
Xefe/a do Servizo de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e
PHA
Adxunto/a Xefe/a Servizo de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización
Lingüística e PHA
Responsable Publicacións e Redacción
Administrativo Publicacións
Responsable Difusión
Director/a Museo Provincial
Responsable Arqueoloxía
Responsable Etnografía e Artes
Responsable Biblioteca
16
Área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade:
Denominación
Xefe/a do Servizo de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
9.-
PROPOSTA
PERMANENTE
NO
DE
GRAO
XUBILACIÓN
DE
ABSOLUTA
POR
INCAPACIDADE
DUNHA
FUNCIONARIA
INTERINA.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado da Área de Goberno Interior, do teor
literal seguinte:
“Visto que con data de 21 de abril de 2014 tivo entrada no Rexistro Xeral desta
Deputación Provincial (nº 10.642) un oficio da Dirección Xeral do INSS de Lugo no
que se comunica que, por sentenza nº 131/2014, de 31 de marzo de 2014, do Xulgado
do Social nº 3 de Lugo, ditada nos autos seguidos no citado xulgado baixo o nº 465/13,
lle foi recoñecida a Dª Beatriz Valcárcel Gómez unha incapacidade permanente absoluta
con efectos económicos de 18 de febreiro de 2013. E que dita sentenza adquiriu firmeza
por non ter sido recorrida polas partes no prazo legalmente establecido.
Tendo en conta que Dª Beatriz Valcárcel Gómez, Técnico de Turismo,
funcionaria interina, viña prestando servizos a esta Entidade, atopándose en situación de
servizo activo no momento de iniciarse o expediente de incapacidade.
Visto que o artigo 137 do Real Decreto Lexislativo 1/1994 do 20 de xuño, texto
refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, establece os distintos graos de invalidez, e
que a falta doutra regulación, se ven entendendo que a incapacidade permanente no grao
17
de absoluta é aquela que impide por completo ao traballador a realización de calquera
profesión ou oficio.
Considerando que o artigo 139 do Real Decreto Lexislativo 781/86 do 18 de
abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local,
establece que a xubilación dos funcionarios terá lugar (...) "b) De oficio ou a petición do
interesado, por incapacidade permanente para o exercicio das súas funcións", e así
mesmo o establecido no artigo 67.1 c) da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico
do Empregado Público que sinala: “Pola declaración de incapacidade permanente para
o exercicio das funcións propias do seu corpo ou escala, ou polo recoñecemento dunha
pensión de incapacidade permanente absoluta ou, incapacidade permanente total en
relación co exercicio das funcións do seu corpo ou escala.”
Tendo en conta que os efectos económicos da declaración de incapacidade
permanente absoluta, segundo reflicte a sentenza, retrotráense ao 18 de febreiro de
2013, están pendentes de realizar a regularización que se deriva en materia de
retribucións e cotizacións á seguridade social.
Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos Servizos desta Entidade,
proponse á Xunta de Goberno a adopción do seguinte acordo:
Declarar a xubilación por Incapacidade Permanente, no Grao de Absoluta, de Dª
Beatriz Valcárcel Gómez, con efectos do día 21 de abril do 2014, data na que se ten
recibido a comunicación da Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade
Social de Lugo, sen menoscabo de que se realicen os trámites necesarios para a
execución da sentenza do Xulgado do Social nº 3 de Lugo, nº 131/2014, de 31 de marzo
de 2014, recaída nos autos nº 465, que retrotrae os efectos económicos da pensión de
invalidez recoñecida á funcionaria ao 18 de febreiro de 2013, regularizando e
18
liquidando coa Tesouraría da Seguridade Social e coa interesada os dereitos e obrigas
que deriven da relación funcionarial con esta Entidade”.
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
10.- PROPOSTA DE XUBILACIÓN FORZOSA, POR CUMPRIMENTO
DA IDADE LEGAL ESTABLECIDA, DUN TRABALLADOR DO CADRO DE
PERSOAL LABORAL.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado da Area de Goberno Interior, do teor
literal seguinte:
“En relación coa xubilación forzosa de D. Manuel Losada López,
Administrativo do Cadro de Persoal Laboral Provincial, á vista do informe do Servizo
de RR.HH. desta Excma. Deputación Provincial, que di o seguinte:
“1.- CONSIDERACIÓNS DE FEITO
1.1.- Que D. Manuel Losada López cumpre os 65 anos de idade o día 2 de xuño
de 2014.
1.2.- Que D. Manuel Losada López terá recoñecidos 45 anos, 2 meses e 1 día de
servizos o día 2/06/2014, data previsible de xubilación forzosa. Ademais cómpre
precisar que se acredita un período de cotización á Seguridade Social superior aos 35
anos e 6 meses.
1.3.- Que o citado traballador non solicitou inicialmente a prolongación de
permanencia no servizo activo.
19
2.- CONSIDERACIÓNS DE DEREITO
2.1.- O artigo 67 da Lei 7/2007, do 12 de abril do Estatuto Básico do
Empregado Público (EBEP) establece:
“1. A xubilación dos funcionarios poderá ser:
a)Voluntaria, a solicitude do funcionario.
b)Forzosa, ao cumprir a idade legalmente establecida.
[…].
3. A xubilación forzosa se declarará de oficio ao cumprir o funcionario os
sesenta e cinco anos de idade.
[…]”.
2.2.- O Convenio Colectivo Único para Persoal Laboral desta Excma.
Deputación Provincial, BOP (30-08-1990), no seu artigo 53.1) establece: “A
xubilación forzosa do persoal laboral a fin de contribuír á realización dunha política de
promoción de emprego, declararase de oficio ao cumprir o traballador os 65 anos de
idade. A xubilación forzosa de ditos traballadores rexirase polo establecido na Lei
8/80, de 10 de marzo (...)”.
2.3.- O artigo 11 do Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para
garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, preceptúa:
“1. Con independencia da idade de xubilación forzosa establecida no apartado
3 do artigo 67 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado
Público, a idade da xubilación forzosa do persoal funcionario incluído no réxime xeral
de seguridade social será, en todo caso, a prevista nas normas reguladoras do dito
réxime para o acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen
coeficiente redutor por razón da idade”.
20
2.4.- O artigo 4 da Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación
e modernización do sistema de Seguridade Social, sinala:
“Introdúcense as seguintes modificacións no Texto Refundido da Lei Xeral da
Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño:
[…].
Dous. Incorpórase unha nova disposición transitoria, a vixésima, coa seguinte
redacción: Disposición transitoria vixésima. Aplicación paulatina da idade de
xubilación e dos anos de cotización.
As idades de xubilación e o período de cotización a que se refire a letra a) do
apartado 1 do artigo 161 aplicaranse de forma gradual, nos termos que resultan do
seguinte cadro:
Ano
2014
Períodos cotizados
35 anos e 6 meses ou máis.
Menos de 35 anos e 6 meses.
Idade esixida
65 anos.
65 anos e 2 meses
[…]”.
Polo anteriormente dito e tendo en conta que D. Manuel Losada López terá
acreditado, á data do 2 de xuño de 2014, na que cumpre os 65 anos de idade, un período
de cotización superior aos 35 anos e 6 meses e non tendo solicitada a prolongación no
servizo, e tendo en conta os informes dos Servizos desta Entidade, proponse á Xunta de
Goberno a adopción do seguinte acordo:
Declarar a xubilación forzosa, por cumprimento da idade legalmente establecida,
do traballador provincial D. Manuel Losada López con efectividade do día 2 de xuño de
2014, último día que presta servizos a esta Entidade”.
21
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
11.-
COMPARECENCIA
EN
RECURSO
CONTENCIOSO
ADMINISTRATIVO Nº 83/2014-F.
Visto o escrito remitido polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de
Lugo, polo que se reclama a esta Entidade, entre outros, o expediente administrativo do
recurso 83/2014-F, interposto por Maderas Villapol, SA, Maderas Tojeiro y Vidal, SL,
Maderera de Cospeito, SL, Hijos de Ramón Rubal, SL, Agustín Cudeiro López,
Maderas Naciente, SL e Maderas Días Ramos, CB. contra resolucións desta Entidade
desestimatorias de recursos de reposición interpostos contra liquidacións xiradas por
taxas por autorización e por utilización privativa ou aproveitamento de bens de dominio
público provincial, así como contra desestimación por silencio administrativo de
recursos de reposición interpostos contra diversas liquidacións xiradas, a Xunta de
Goberno por unanimidade acorda:
1.- A comparecencia desta Entidade no recurso contencioso administrativo
referenciado.
2.- A remisión do expediente, ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1
de Lugo, pola Unidade Administrativa encargada da súa elaboración.
3.- O emprazamento, de ser preciso, de todos os que aparezan como interesados
no procedemento.
22
12.- COMUNICACIÓNS DA PRESIDENCIA.
Pola Presidencia dáse conta da sentenza 35/2014 do Xulgado ContenciosoAdministrativo nº 2 de Lugo, ditada no recurso contencioso administrativo número
424/2010-F interposto por dona Elisa Jato Seijas contra acordo da Xunta de Goberno de
data 7 de outubro de 2010 e en cuxo fallo di o seguinte :“Que debo estimar y estimo el
recurso contencioso administrativo interpuesto por doña Elisa Jato Seijas contra el
acuerdo de la Xunta de Goberno de la Excma. Diputación Provincial de Lugo de fecha
7-10-2010 estimatorio parcial del recurso de reposición deducido contra el acuerdo de
fecha 11-06-2010 por el que se declara la necesidad de ocupación de los bienes y
derechos precisos para la ejecución de la obra O Corgo San Cristobal-Aday-LU-106
p.k. 0,000 ao 4,750 en concreto, en relación a los bienes y derechos afectados en la
parcela 88, del plano parcelario por no ser conforme a derecho..”. A Xunta de
Goberno queda enterada acordándose por unanimidade dar cumprimento a citada
sentenza, segundo a proposta da Asesoría Xurídica.
13.-
ROGOS
E
PREGUNTAS
REGULAMENTARIAMENTE
FORMULADOS.
Non se formulan polos señores Deputados.
E non habendo máis asuntos que tratar, o Presidente levanta a sesión, sendo as
once horas e corenta minutos do día de referencia, de todo o cal eu, o Secretario,
certifico.
23
Descargar