Audición e Linguaxe

Anuncio
1. PRESENTACIÓN
2. ALTERACIÓNS DA LINGUAXE
2.1 CONCEPTO
En xeral, cando falamos das alteracións da linguaxe referímonos a un trastorno
na adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe falada ou escrita. O
trastorno pode implicar a todos ou só a algúns dos seus compoñentes:
fonolóxicos, semánticos, morfosintácticos ou pragmáticos.
En canto á dicotomía fala/linguaxe, poderiamos dicir que, cando falamos de
alteracións da fala, referímonos á emisión da linguaxe, xa sexa na articulación,
na fluidez ou incluso no timbre, ton ou intensidade da voz. Cando falamos de
alteracións da linguaxe referímonos á fonoloxía, á semántica e á morfosintaxe; é
dicir, á integración lingüística, aínda cando a articulación, ritmo e fluidez da
fala sexan normais.
2.2 CAUSAS
Xenéticas
Neurolóxicas
Socioculturais e
afectivas
Cognitivas
Anatómicas
Fisiolóxicas
Nun 61% dos atrasos da linguaxe hai antecedentes familiares (Debray,1978).
Disfunción cerebral (Debray,1976).
Parálise cerebral infantil.
Sobreprotección ou abandono dos pais.
Dificultades nas relacións afectivas entre pais e fillos.
Modelos lingüísticos incorrectos.
Bilingüismo mal integrado.
Déficit na memoria a curto prazo.
Déficit de atención.
Malformacións nos órganos fonatorios.
Perda auditiva.
Afectan aos procesos fisiolóxicos dos sistemas que interveñen na emisión da
palabra, aínda que os órganos correspondentes estean en perfecto estado.
1
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Tal como se recolle no Decreto 120/1988 do 23 de abril, a especialidade de
audición e linguaxe constitúe unha das dimensións profesionais dos equipos de
orientación específicos. Ten como finalidade colaborar coa comunidade
educativa na prevención, detección, avaliación e tratamento das alteracións
relacionadas coa linguaxe. Na súa actuación, segundo se establece na Orde do 24
de xuño do 1998, daráselle prioridade á atención a aqueles centros de infantil e
primaria que non conten con este especialista.
2.3 CLASIFICACIÓN
Hai distintas clasificacións das alteracións da linguaxe segundo se parta da orixe,
dos compoñentes lingüísticos, dos problemas de produción, comprensión... Unha
posible clasificación é a seguinte:
CLASIFICACIÓN DAS ALTERACIÓNS DA FALA E DA LINGUAXE
Alteracións da
fala
Na fluidez verbal
Alteracións da voz
Atraso na adquisición e
desenvolvemento da linguaxe
Alteracións da
linguaxe
Trastorno específico da linguaxe
(T.E.L.), Rapín e Allen (1983,1987)
Substitúe outros termos como:
 Audiomudez
 Xordeira verbal conxénita
 Afasia evolutiva
 Disfasia…
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Articulatorias
Immadurez articulatoria
Dislalia funcional
Disglosias
Disartria
Disfemia
Taquilalia
Bradilalia
Disfonía
Afonía
Atraso simple da linguaxe
Dispraxia verbal
Trastorno da programación
fonolóxica
Agnosia auditivo-verbal
Trastorno fonolóxico-sintáctico
Trastorno léxico-sintáctico
Trastorno semántico-pragmático
Afasia adquirida
Alteracións graves da comunicación asociadas a:
 Autismo
 Atraso mental
 Deficiencia auditiva
 Parálise cerebral infantil
 Mutismo
Alteracións da lectoescritura
Atraso lector.
Dislexia.
Disortografía.
3. FUNCIÓNS DO ESPECIALISTA EN AUDICIÓN E LINGUAXE DO EOE
Estas funcións regúlanse na Orde do 24 de xuño de 1998. Entre elas hai unhas de
carácter xeral, que son comúns a todas as especialidades e que se regulan no
artigo 18 da mencionada orde, e outras que teñen un carácter máis especifico e
que se regulan no artigo 21.
2

Asesorar aos departamentos de orientación na atención ás dificultades
relacionadas coa linguaxe.

Asesorar ao profesorado na atención ás dificultades relacionadas coa
linguaxe, xa sexa a través dos departamentos de orientación, xa
asesorando directamente ao profesorado correspondente.

Colaborar cos centros no deseño de programas de prevención relacionados
coa linguaxe.

Colaborar cos centros no deseño das adaptacións curriculares para o
alumnado con necesidades educativas asociadas a dificultades de audición
e linguaxe.

Colaborar cos outros membros do EOE na avaliación e na proposta das
medidas axeitadas derivadas dela cando un/unha alumno/a ten
alteracións da linguaxe asociadas a outra discapacidade.

Asesorar ás familias, xa sexa directamente, xa a través do departamento
de orientación, na súa imprescindible colaboración tanto para a
prevención coma para a atención temperá aos problemas de linguaxe dos
seus fillos.

Recompilar, elaborar e difundir información sobre recursos que lle
faciliten ao alumnado con necesidades educativas asociadas a dificultades
de audición e linguaxe o acceso ao currículo.

Colaborar coa Administración na organización dos recursos persoais e/ou
materiais para dar resposta ás necesidades educativas relacionadas coa
linguaxe do alumnado dos centros educativos.
4. INTERVENCIÓN
En liñas xerais a intervención faise en colaboración cos departamentos de
orientación dos centros. Esta intervención implica a recollida de datos, a
valoración dos mesmos e a proposta de actuacións a través da familia e do
profesorado.
En canto ao proceso de intervención da persoa especialista en audición e
linguaxe do E.O.E., unhas veces trátase de colaborar con outros/as membros do
equipo pois a intervención implica a máis dun/dunha especialista, e outras ten
un carácter individual.
Cando os problemas de linguaxe son secundarios a outra alteración,
especialmente a discapacidade auditiva, discapacidade motora, ou T.X.D., a
3
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Destas funcións destacamos aquelas que, ao longo dos últimos anos, constituíron
o eixe do traballo destes especialistas:
intervención acostuma a
correspondente do E.O.E.
facerse
en
colaboración
coa
especialidade
Candos os problemas de linguaxe non son secundarios a outra problemática,
como sucede frecuentemente nas dislalias funcionais, nas disglosias, nas
disfonías ou nos atrasos dá linguaxe, a intervención da persoa especialista en
audición e linguaxe acostuma a ser individual.
5.1.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA RELACIONADA COA ESPECIALIDADE
MANUAIS DE LOGOPEDIA
Gallardo Ruiz, J.R. (1993) Manual de Logopedia Escolar. Ed. Aljibe
Peña Casanova, J. (1990) Manual de Logopedia. Ed .Masson.
Puyuelo, M. e outros (1997, 1999, 2001) Casos clínicos en Logopedia 1, 2 y 3. Ed. Masson
ATRASO DA LINGUAXE
Monfort, M. y Juárez, A. (1999) El niño que habla. Ed. CEPE
Nieto Herrera, M. E. (1990) Retraso del lenguaje. Ed. CEPE.
DISFEMIA
Irwin, A. (1994) La tartamudez en los niños. Ed. Mensajero.
Le Huche, F. (2000) La tartamudez. Opción de curación. Ed. Masson.
DISGLOSIAS
Perelló, J. (1990) Trastornos del habla. Ed. Masson.
Salvador Borraás Sanchis e Vicent Rosell. (1993) Guía para la reeducación de la deglución atípica
y trastornos asociados. Ed.Nau
Nidia Zambrana e outros. (2003) Logopedia y ortopedia maxilar en la rehabilitación orofacial.
Ed.Masson
DISLALIAS
Mura, S. (1987) La Dinámica Articulatoria. Ed. Puma.
Pascual García, P. (1988) La dislalia. Ed. CEPE.
Seivane Cobo, Mª. P. (1998) Cicerón. Ed. CEPE.
Valverde, A. M. e outros. (1992) El alumno con dislalia funcional. Ed. Escuela Española.
DISFONÍAS
Bustos, I. (1981) Reeducación de los problemas de voz. Ed. CEPE.
Quiñónez, C. (2003) Programa para la prevención y el cuidado de la voz. Ed. Praxis.
LINGUAXE NA PARÁLISE CEREBRAL
Bustos Barcos, M. C. (1988) Reeducación del habla y del lenguaje en el paralítico cerebral. Ed.
CEPE.
Puyuelo, M. e outros. (1996) Logopedia en la parálisis cerebral. Ed. Masson.
PREVENCIÓN E ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Bush, W.J. e Taylor, M.(1974) Como desarrollar las aptitudes psico-lingüisticas. Ed. MARTÍNEZ
ROCA
Jea Pepper e Elaine Weitzman (2007) Hablando ... nos entendemos los dos. Ed. THE HANEN
CENTRE
Rius Estrada, Mª:D. (1987) Lenguaje oral. Ed. COINE
Rosell Clarí, V.: P.E.L.O. (1993) Programa de Estimulación del Lenguaje Oral en E.I. Ed. Aljibe.
4
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
5. RECURSOS
Juárez Sánchez. A e Monfort M. (2001) Estimulación del lenguaje oral. Ed. Enhta
Roldal, J. A. (1982) El desarrollo del lenguaje. Ed. Médica y Técnica.
XORDEIRA
Lafon, J.C. (1987) Los niños con deficiencias auditivas. Ed. Masson.
Marchesi, A. (1983) El desarrollo cognitivo y lingüístico del niño sordo. Ed. Alianza.
Huarte, A. e Manrique, M. (
) Implantes cocleares. Ed. Masson.
Torres, S. e outros (1995) Deficiencia auditiva. Aspectos psicoevolutivos y educativos. Ed.Aljive.
www.aumentativa.net
Sistemas aumentativos de comunicación: Bimodal, Bliss, C.A.R., LSE, MISNSPEAK, PECS, PIC,
PICSYM, SCHAEFFER, SPC.
www.cnice.mec.es
Páxina do MEC con recursos para o profesorado, a comunidade educativa e ligazóns educativas.
www.xtec.net
Rede Telemática de educación en Cataluña.
www.educalia.org
Recursos en liña para alumnos/as de educación infantil primaria e secundaria. Consta de:
programas, xogos, proxectos, talleres, ciberteca.
Presenta temas de: alimentación e saúde, lingua e comunicación, ciencia e medio natural,
sociedade, SIDA, Europa.
www.espaciologopedico.com
Espazo destinado a logopedas e profesorado de Audición e Linguaxe. Conta con artigos sobre as
distintas patoloxías da linguaxe, foros e tenda con materias bibliográficos, de estimulación,
xogos, dicionarios...
5
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
5.2. PÁXINAS WEB
http://acceso.uv.es/preacceso/typo/index.php/accesoini.html
A unidade Acceso é un grupo de investigación dentro da Universitat de València. Está composto
por persoas profesionais de psicoloxía, pedagoxía, enxeñeiría e outros/as.
http://disfasiaenzaragoza.com/
Páxina de axuda a pais/nais con nenos/as con dificultades de linguaxe. Consta con múltiples
recursos: pictogramas, contos adaptados, artigos, ligazóns a outras asociacións de disfasia e
outros materiais de interese.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~cepco3/fondolector/
Web da Junta de Andalucía, dirixida a alumnos/as en fase de adquisición da lectura e a todos
aqueles/as que presenten dificultades de comprensión lectora. Consta de tres niveis: básico,
intermedio e avanzado, graduándose a dificultade dos exercicios.
http://www.logopedasinrecursos.org/
Páxina creada por Gaspar González Rus coa finalidade de servir de banco de recursos para
logopedas e profesorado de Audición e Linguaxe. Dispón de: bibliografía, estudo de casos
prácticos, materiais de avaliación, software.
http://www.catedu.es/arasaac/
Portal Aragonés da Comunicación Alternativa e Aumentativa. Reúne materiais, software, imaxes
e pictogramas que facilitan a comunicación a alumnos/as con dificultades nesta área.
6
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
www.logopedia.net
Comunidade online que incorpora información, recursos e oportunidades de comunicación na
internet para alumnos/as con discapacidades mentais, as súas familias e os/as profesionais que
lles dan servizo e apoio.
Temas: Psicoses, esquizofrenia, atraso mental.
http://www.educa.madrid.org/portal/web/albor/general?c=an
Programa ALBOR (Acceso Libre de Barreiras ao Ordenador). Reúne recursos de software
educativo, atención á diversidade, experiencias, recursos de logopedia.
http://www.tadega.net/
Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación en Galicia. Páxina creada por un grupo de
persoas profesionais de distintos campos relacionados coa educación. A súa finalidade é
investigar, compartir, deseñar e adaptar ferramentas e materiais para obter un mellor
aproveitamento das tecnoloxías dixitais no ámbito educativo.
5.3. ALGUNHAS PROBAS PARA A VALORACIÓN DA LINGUAXE
5.3.1. Para a valoración dos niveis fonolóxico, semántico,
morfosintáctico e pragmático
ITPA, Test Illinois de Aptitudes Psicolingüísticas
Samuel A. Kirk, James J.McCarthy, Winifred D. Kirk
Avaliación das funcións psicolingüísticas implicadas no proceso de
comunicación e, consecuentemente, detección de trastornos de
aprendizaxe.
Idade de aplicación: de 2, 5 a 11 anos.
PEABODY, Test de vocabulario en imágenes
Ll. M. Dunn, L. M. Dunn y D. Arribas
Avaliación do léxico do alumno/a.
Idade de aplicación: de 2 anos e medio a 90.
7
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
http://www.rosasalgueiro.com/index.html
“Na punta da lingua”. Páxina creada por Rosa Salgueiro con actividades de lingua, literatura e
lectura para alumnos/as de ESO e bacharelato.
Registro Fonológico Inducido
Marc Monfort Cepe (Ciencias de la Educación Preescolar y Especial))
Esta proba avalía a fonoloxía na expresión inducida e na repetición.
Idade de aplicación: entre 3 e 7 anos.
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
PLON-R, PRUEBA DE LENGUAJE ORAL NAVARRA
G. Aguinaga, M. L. Armentia, A. Fraile, P. Olangua y N. Uriz
Test que serve de screening ou detección rápida do desenvolvemento da
linguaxe oral.
Idade de aplicación: 3 a 6 anos.
ELCE. Exploración del lenguaje comprensivo y expresivo
María José López Ginés y Otros
Aporta unha visión global do nivel lingüístico, a nivel de comprensión e
expresión, do neno/a.
Idade de aplicación: 2 anos e medio a 9 anos.
BLOC-S-R: BLOC SCREENING REVISADO
PUYUELO SANCLEMENTE, MIGUEL y RENOM PINSACH, JORDI
Mide 4 compoñentes básicos da linguaxe: morfoloxía, sintaxe, semántica e
pragmática. Non mide fonoloxía.
Idade de aplicación: de 5 a 14 años.
5.3.2. Para a valoración da lectoescritura
PROLEC
Fernando Cuetos Vega, Blanca Rodríguez Díez y Elvira Ruano Hernández
Avaliación dos procesos lectores. Puntúa a capacidade lectora dos nenos/as
e informa das estratexias que cada un utiliza na lectura dun texto, así como
os mecanismos que non están funcionando adecuadamente.
Cursos 1º a 4º de educación primaria.
8
PROLEC-SE, evaluación de los procesos lectores en alumnos
del tercer ciclo de educación primaria y secundaria
Jose Luis Ramos Sánchez, Fernando Cuetos Vega
Idade: 10 a 16 anos.
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
PROESC, Batería de evaluación de los procesos de escritura
Fernando Cuetos Vega, J. L. Ramos y E. Ruano
Detecta as dificultades mediante a avaliación dos aspectos que constitúen o
sistema da escritura, dende os máis complexos (planificación das ideas) aos
máis simples (escritura de sílabas).
Idades: entre 8 e 15 anos.
T.a.l.e. (Test de Aprendizaje de la Lecto-escritura)
José Toro; Montserrat Cervera Rodón (Editorial Antonio Machado
Libros)
Proba para determinar os niveis xerais da lectura e as características
específicas da lectura en calquera alumno/a nun momento da adquisición
de tales condutas.
1º a 4º de educación primaria.
5.3.3. Para a valoración de aspectos madurativos
Battelle. Inventario de desarrollo.
Jean Newborg, John R. Stock, Linda Wnek
Mide o nivel de desenvolvemento do neno/a e permite avaliar o seu
progreso en cinco áreas: persoal e social, adaptativa, motora,
comunicación e cognitiva.
Idade de aplicación: de 0 a 8 anos.
9
K-BIT, Test breve de inteligencia de Kaufman
Alan S. Kaufman, Nadeen L., Kaufman
Proba screening que valora as funcións cognitivas a partir de dous tests,
un verbal e outro non verbal, matrices. Permite a obtención dun CI
composto.
Idade de aplicación: de 4 a 90 anos.
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
CUMANIN, cuestionario de madurez neuropsicológica
infantil
Portellano, Mateos, Martínez Arias, Granados y Tapia
Avaliación de diversas áreas de importancia para detectar dificultades no
desenvolvemento do alumnado nas primeiras etapas de escolarización:
psicomotricidade, linguaxe, atención, estruturación espacial,
visopercepción, memoria, estruturación rítmico-temporal e lateralidade.
Idade de aplicación: de 3 a 6 anos.
6. SOFTWARE EDUCATIVO
TÍTULO:
VOCALIZA 1.1.0 para Windows
AUTORES:
Instituto de Investigación e Ingeniería de Aragón
Colegio Público de Educación Especial Alborada
URL:
http://centros6.pntic.mec.es/cpee.alborada/cps/vocaliza/index
.html
OBXECTIVOS:
Mellorar as capacidades de comunicación: pronunciación de
palabras illadas, construción de frases e asociación de
significados aos vocábulos.
CONTIDOS:
Consta de dúas partes:
Aprendizaxe: recoñece a voz e adáptaa e incorpóraa á base de
datos.
Xogos: establece catro tipos de actuación.
Pronunciación.
Adiviñas.
Frases.
Evocación.
ACCESO:
Precisa micrófono.
DESTINATARIOS:
Alumnado con dificultades de articulación.
10
TÍTULO:
Comunicador Personal Adaptable. C.P.A.
AUTORES:
Rubén Velasco
Daniel Muñoz
URL:
http://www.comunicadorcpa.com/
OBXECTIVOS:
Facilitar a comunicación ás persoas con autismo e/ou dificultades
graves de comunicación.
CONTIDOS:
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Vocabulario.
Rutinas.
Organizador do día.
ACCESO:
Configuración da aplicación por ordenador. PDA.
DESTINATARIOS:
Alumnado con TXD.
TÍTULO:
PRELINGUA
AUTORES:
Grupo de Tecnologías de la Comunicación
URL:
http://www.educa.madrid.org/portal/web/educamadrid
OBXECTIVOS:
Estimulación da linguaxe infantil.
CONTIDOS:
Prerrequisitos da linguaxe oral:
Presenza/ausencia de voz.
Control da intensidade da voz.
Modulación da voz.
Vocalización.
ACCESO:
Micrófono.
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación infantil.
Alumnado con NEAE
TÍTULO:
PLAPHOONS
AUTORES:
Jordi Lagares
URL:
http://www.xtec.cat/~jlagares/indexcastella.htm
OBXECTIVOS:
Facilitar a comunicación a alumnos/as con discapacidade motora.
11
CONTIDOS:
Comunicador e editor de plafóns de comunicación. Varrido.
ACCESO:
Teclado.
Pulsador.
DESTINATARIOS:
Alumnado con discapacidade motora que non poden comunicarse
mediante a voz e teñen moi limitada a súa motricidade.
TÍTULO:
JUEGOLEC
AUTORES:
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Equipo Nuevas Tecnologías do C.P. “San Jorge”. Pamplona.
URL:
http://www.pnte.cfnavarra.es/creena/010tecnologias/programa
sCreenaEUS.htm
OBXECTIVOS:
Axuda e reforzo da lectoescritura.
CONTIDOS:
Actividade Clic. Traballa con todos os fonemas, en maiúsculas e
minúsculas mediante imaxes, sons e a palabra escrita.
ACCESO:
Teclado.
DESTINATARIOS:
Alumnado de educación infantil e primaria.
6. DOCUMENTOS E EXPERIENCIAS
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS
O contorno familiar non só é o ámbito natural para o desenvolvemento da
comunicación, é tamén o único que pode proporcionar unha estimulación
intensiva ao longo dos 365 días do ano. Por outra parte, esta estimulación está
profundamente unida ás condutas espontáneas e naturais da vida cotiá.
Dentro das actividades da vida diaria hai algunhas que, pola especial
relación que se produce entre o neno e os pais, son moi apropiadas para a
estimulación da linguaxe: a comida, o baño, o vestirse, o deitarse, cando o/a
fillo/a xoga...
As distintas actividades da vida diaria son moi axeitadas
para estimular a linguaxe das nenas e dos nenos
12
Pero ademais non só se poden aproveitar estas situacións naturais e
espontáneas da vida diaria para a estimulación da linguaxe do/da neno/a, tamén
podemos provocar nós algunhas situacións como comprar un conto e lerllo ou
polo menos mirar os debuxos, contarlle algún conto adaptado á súa idade, ir a
unha feira, ao campo, ao parque... e comentar o que vemos.
ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS

A sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral e, polo tanto, a
linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo a facer cousas e
valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.
Calquera forma de comunicación é interesante

Favorecer un clima familiar agradable no que o/a neno/a experimente o
pracer e a necesidade de comunicarse. Esta comunicación pode ser oral,
utilizando algún son ou palabra, e tamén xestual, sinalando ou indicando
algo coa man.
Ofrecer bos modelos de expresión oral






Non falarlle á présa.
Evitar a afectación e o meco ao falarlle.
Articular ben.
Utilizar un vocabulario adaptado ao/á neno/a, pero facendo este cada vez
máis amplo.
Evitar os ruídos de fondo que dificultan a discriminación auditiva.
Fomentar a conversa aínda que, por parte do/da neno/a, sexa moi
sinxela.
Favorecer a mobilidade e a axilidade dos órganos buco-faciais


Xogar a poñer caras feas, a facer movementos da lingua, a facer vibrar os
labios… e observar a cara nun espello.
Acostumar o/a neno/a a utilizar un pano cantas veces o necesite e a
limpar os mocos correctamente de forma autónoma.
13
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Non darlle demasiados mecos
Favorecer a percepción auditiva



Chamar a atención sobre algún son e pedirlle silencio para escoitar
mellor, procurando que centre a atención no que oe: ”parece que
chamaron á porta, ¿quen será?”, “óense voces, ¿quen chegaría?”
No campo: óese cantar un paxaro, ¿onde estará? Igualmente escoitamos as
ras dun estanque, o zoar do vento entre as árbores, os sons doutros
animais, o son da choiva...
Na cociña: fixámonos no ruído da batedor, do muíño, no son rítmico de
bater os ovos, da auga da billa…
Cando lemos un conto ou xogamos co/coa neno/a, imitar as voces das
distintas personaxes, enfatizando a entoación.
¿O pato
fai …?
Imitar os sons de obxectos ou animais
contribúe ao desenvolvemento da expresión

Xogar a adiviñar polo son o que acontece en sitios próximos: ¿a ver se
adiviñas que pasa na rúa?, ¿que fai mamá na cociña?, ¿que programas
emiten na tele?...
 Pechamos os ollos e escoitamos un anuncio da tele intentando identificar
distintos sons.
 Confeccionar un “dicionario infantil” utilizando debuxos feitos polo/pola
neno/a, recortes de publicidade... e ir clasificándoos pola súa letra inicial
e engadindo os que vaian xurdindo.
Que fomenten a correcta articulación

Cando un neno ou unha nena ten dificultades específicas nalgún fonema,
non convén que as persoas adultas fixen constantemente a súa atención e
a do neno ou nena sobre este defecto. É mellor devolverllo ben
pronunciado, poñendo énfase na articulación correcta pero sen chamar a
atención do rapaz ou da rapaza sobre o fonema mal articulado.
Que amplíen o vocabulario comprensivo e expresivo

Observar o que vemos polas fiestras da casa.
Mira, está nevando
14
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE



Comentar o que vemos a través da fiestra do coche adaptándonos á idade
do/da neno/a: animais, árbores, edificacións, características da
paisaxe...
Nos contos con pouco texto e abundantes imaxes, ir nomeando o que
aparece nos debuxos, fotos, láminas... segundo o seu interese.

Cando facemos algunha reparación na casa -ao ordenar caixóns,
armarios…- buscar a colaboración do/da neno/a e ir verbalizando o que
facemos. Da mesma maneira podemos proceder cando facemos unha
ensalada, un pastel ou outra comida.
- Vou facer un pastel
- Estou a bater as claras
- Botamos o leite
- Collemos a culler grande
- Engadimos unha xema
……………………………………..





Ao saír de compras, comentar as cousas que hai na tenda. Nomear o
máximo de cousas e non só o que se vai comprar.
Aproveitar a excursión ao campo ou unha saída ao parque para ampliar o
seu vocabulario.
Fomentar e propiciar as situacións de diálogo . Falarlle e escoitalo/la
moito, de maneira que se estableza unha situación estimulante, desde o
punto de vista lingüístico, na que o/a neno/a reciba numerosas e
variadas mensaxes e sexa incitado/da a responder activamente coa súa
propia linguaxe.
Responder as preguntas que faga: ¿que é?, ¿para que serve?, ¿por que?
Convén que as respostas sexan sinxelas e teñan un carácter explicativo.
Comentar en voz alta o que se está a facer.
- Estás a facer un bonito crebacabezas
- Colocaches o plátano
- ¿Agora colocas a mazá?
……………………………………………
……………………………………………
15
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
¿Este é un ...?
¿Onde está o...?

Comezar a resposta do/da neno/a dicíndolle a primeira sílaba,
palabra ou frase para que a remate: ”poñemos o panta…”, “a tesoira
serve para…”
Agora poñemos a ...
Non importa que a resposta sexa incorrecta, como “eta” por chaqueta ou “atos” por
zapatos. O importante é que se exprese. Nós reforzaremos a resposta devolvéndolle a
palabra completa, pero sen corrixila de forma explícita

Recoller o enunciado que construíu mal e devolverllo aplicándolle
algunha corrección e/ou ampliación. Esta técnica podemos aplicala
tanto ao nivel fonético como semántico ou morfosintáctico.
-
-
Nai: ¿que é?
Neno: u fate
Nai: un elefante grande
Nai: ¿qué é?
Neno: ote
Nai: si, un coche vermello
FACER DA ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE UN XOGO DIVERTIDO
NO QUE TOMAN PARTE OS NENOS E/OU AS NENAS E AS SÚAS
FAMILIAS
16
ESPECIALIDADE DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Angora atamos os ...
Descargar