Nº 021 MARTES, 27 DE ENERO DE 2015 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AUGAS DE GALICIA – ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA-CENTRO Anuncio SERVIZO TERRITORIAL DE AUGAS DE GALICIA INFORMACIÓN PÚBLICA Jesús Quintás Expósito, con DNI 33816871V e enderezo na Avda. de Ourense, 27, solicita de Augas de Galicia a autorización de obras no lugar de Avda. de Ourense, s/n, concello de Palas de Rei (Lugo). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.46644 As obras solicitadas consisten na construción dun peche no lateral este da parcela 357 do polígono 1720, en Palas de Rei (Lugo), dentro da zona de policía de leitos do rego de Xuxilde. O peche realizarase nun tramo de 25 metros mediante bloque de formigón de 1m de altura e maia metálica de 1 m e no tramo dos 10 m máis próximos ao rego farase unicamente mediante maia metálica de 2 m de altura. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Palas de Rei ou nas oficinas deste servizo, situadas na Rúa Tomiño, 16 baixo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014.- O xefe do servizo territorial, Ángel Gómez Rey R. 0186 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, DEPORTE, IGUALDADE E MOCIDADE Anuncio CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRECTAS, DE CARÁCTER EXCEPCIONAL, OUTORGADAS POR ESTE ORGANISMO PROVINCIAL ÁS ENTIDADES LOCAIS E ASOCIACIÓNS CORRESPONDENTES Á ANUALIDADE 2014. De conformidade co disposto no artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, no artigo 30 do regulamento de desenvolvemento, aprobado polo RD 887/2006, de 21 de xullo, no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia e finalmente pola base 24.11 das de execución do orzamento provincial, faise pública a relación de subvencións concedidas durante o ano 2014, BENEFICIARIO Asociación ALIAD ULTREIA Concello de Mondoñedo CD Burela F S Concello de Mondoñedo Concello da Pastoriza Asociación As San Lucas FINALIDADE “Subprograma de atención xurídica no Programa Donas” “Gastos de contratación e mantemento do CIM” “Medrando en igualdade” “Gastos de contratación e mantemento da Casa da Xuventude (OIX)” Actividades xuvenís “Eventos para a mocidade nas San Lucas” IMPORTE 7.200,00 € 10.000,00 € 12.000,00 € 15.000,00 € 14.000,00 € 15.000,00 € 2 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 Asociación Cultural Fanto Fantini Asociación de familiares de alzheimer de Viveiro (AFAVIVEIRO) Asociación Educando en Familia Asociación de Familiares de enfermos de alzheimer e outras demencias de Monforte (AFAMON) Asociación LEDICIA CATIVA Asociación Arenal Penitenciaria Concepción AUXILIA - DELEGACIÓN DE MONFORTE Banco de Alimentos de Lugo FEAFES Galicia Asociación para a Loita na Contra das Enfermidades Renais de Lugo (ALCERLUGO) Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO) Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) Asociación de Persoas con Discapacidade da Mariña Lucense (A MARIÑA – COGAMI) ANPA CEE Santa María de Lugo Concello da Pobra do Brollón Concello de Monforte de Lemos Concello de Riotorto Secretariado Xitano Fundación Meniños Asociación de Pais ou titores de persoas con discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS) Asociación Síndrome de Down de Lugo (DOWN LUGO) Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo Asociación de Fibromialxia de Lugo (ALUFI) Solidariedade Galega co Pobo Saharauí Fundación Juan Soñador Asociación de pais, profesionais e amigos de persoas con discapacidade intelectual (SPECIAL OLYMPICS GALICIA), Camiña, Asociación Comarcal da Mariña Lucense Asociación Española Contra o Cancro (AECC) Concello do Valadouro Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Lugo (ADACE LUGO) Federación de asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (FADEMGA) Fundación Eu Son “Festival Osa do Mar” “Programa de estimulación e mantemento cognitivo en persoas maiores” “Ciclo de charlas e obradoiros “A familia como axente educativo” “Traballando dende os recordos: Estimulación cognitiva e psicomotriz para persoas con Alzheimer e outras demencias en fase leve/moderada” “Programa de acollida e actividades dirixidas a nenos rusos afectados pola radioactividade en Chernobyl” “Xornadas penitenciarias lucenses, Xornadas de redes penitenciarias e Servizo de atención social nos xulgados” “Proxecto de atención social e promoción da autonomía persoal de persoas con discapacidade e enfermos crónicos” “Aluguer local 2014” “Proxecto acercamento ao mundo laboral para persoas con enfermidade mental” “Coordinador transporte hemodiálise” B.O.P de Lugo 16.000,00 € 5.000,00 € 6.400,00 € 10.000,00 € 1567,50 € 5.000,00 € 5.000,00 € 4.300,00 € 2.450,00 € 5.000,00 € “Atendhemos” 5.775,00 € “Dinamización asociativa na provincia de Lugo” 5.000,00 € “Fisioterapia na discapacidade física para a prevención do deterioro e mellorar a calidade de vida” “Ocioteca de verán – Xuntos e máis diver” “Conciénciate “Eliminación de barreiras arquitectónicas” “Dinamización dos Centros Veciñais” “Promociona” “Convivimos” “Programa de intervención psicolóxica en persoas con discapacidade intelectual” 6.000,00 € 1.200,00 € 62.000,00 € 28.500,00 € 120.000,00 € 10.000,00 € 7.623,32 € 5.000,00 € “Servizo de administración/xestión” 11.500,00 € “Rehabilitación de Vivendas 2014” 10.000,00 € “Servizos e actividades para os/as afectados/as” 2.000,00 € “Vacacións en paz 2014” “Proxecto Na Rúa Lugo, de intervención socioedcutiva con nenos/nenas, adolescentes e familias en risco ou exclusión social” “Promocionar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias a través das actividades de convivencia familiar dende Lugo e as probas motrices cara Lugo 2014” “Centro de ocio para persoas con discapacidade” “Funcionamento da AECC de Lugo: Gastos de persoal” “Parque infantil no CEIP Santa María do Valadouro” “Centro de día para afectados de dano cerebral adquirido” Emprego para Persoas con Discapacidade Intelectual” 8.000,00 € 2.000,00 € “Dotación económica para mantemento do Centro de Día: gasto corrente e luz” 8.115,00 € 50.000 € 5.000,00 € 4.000, 00 € 12.000,00 € 2.500,00 € 1.500,00 € 3 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home Galicia Asociación de xogos tradicionais de Muimenta (XOTRAMU) Asociación Ecos do Sur Concello de Barreiros “Programa de terapia familiar no centro de Lugo” “Acondicionamento do Centro Cultural e Deportivo” “Para asociarte Lugo” Xogos infantís e parque biosaudable en Celeiro de Mariñaos (Barreiros) B.O.P de Lugo 5.000,00 € 20.000,00 € 2.500,00 € 18.356,25 € O que se fai público para os oportunos efectos. Lugo, a 13 de xaneiro de 2015.- O Presidente P.D. Decreto n.º 2228/2012, de data 18/07/2012 Lara Méndez López. O SECRETARIO XERAL, José Antonio Mourelle Cillero R. 0216 SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DE DATA 23 DE XANEIRO DE 2015 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN DE DIVERSAS PRAZAS, CON FUNCIONARIOS INTERINOS, BASES XERAIS QUE REXERÁN OS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS E AS BASES ESPECÍFICAS CORRESPONDENTES A CADA UNHA DAS PRAZAS CONVOCADAS. “Sendo os recursos humanos o principal activo dos servizos e organización das administración públicas, resulta evidente que una eficaz e eficiente ordenación dos mesmos é determinante para a viabilidade da función pública e para o incremento da calidade dos servizos que presta á cidadanía. As políticas de recursos humanos deben ir dirixidas á consecución dos obxectivos xerais da organización en estreita conexión cos plantexamentos estratéxicos de cada Entidade e os modelos de xestión e organizativos tanto a corto como a medio e longo prazo. Neste contexto deben ser planificados plans de traballo como instrumentos dinámicos que, adecuándose á normativa de aplicación vixentes en cada momento, establezan itinerarios de actuación que compatibilicen o equilibrio económico financeiro da Entidade coas lexítimas expectativas da cidadanía de obter uns servizos á medida das súas necesidades e do persoal da Entidade de desenvolver a súa actividade profesional nunhas condicións que lle garantan un traballo que procure a súa realización persoal e profesional. Nos últimos anos, facendo uso dos instrumentos que a lexislación prevé téñense posto en marcha instrumentos de xestión do tempo de traballo e de avaliación do desempeño que teñen contribuído a establecer un marco de xestión dos recursos humanos máis obxectivo e profesional. Porén, as restricións que en materia de reposición de efectivos impuxeron as sucesivas Leis de Orzamentos Xerais do Estado dos últimos exercicios dificultaron os procesos de estabilidade laboral en relación ás substitucións das baixas vexetativas habidas nos cadros de persoal funcionario e laboral, o que, xunto coa necesidade de abordar a prestación de novas actividades e servizos, fixo repuntar lixeiramente a porcentaxe de persoal temporal en relación á totalidade de efectivos cos que conta a Entidade Provincial. 1. A ampliación e reforzo das competencias das Deputacións. A respecto do sinalado no apartado anterior, cómpre ter presente o novo texto dos artigos 26 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, na redacción introducida pola Lei 27/2013, de 27 de decembro que incrementa notablemente as competencias da Deputacións, e en consecuencia as obrigas e responsabilidades dos Entes provinciais. Concretamente o artigo 36, que queda redactado da seguinte forma: “1. Son competencias propias da deputación ou entidade equivalente as que lle atribúan neste concepto as leis do Estado e das comunidades autónomas nos diferentes sectores da acción pública e, en todo caso, as seguintes: a) A coordinación dos servizos municipais entre si para a garantía da prestación integral e adecuada a que se refire a letra a) do número 2 do artigo 31. b) A asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios, especialmente os de menor capacidade económica e de xestión. En todo caso, garantirá nos municipios de menos de 1.000 habitantes a prestación dos servizos de secretaría e intervención. c) A prestación de servizos públicos de carácter supramunicipal e, se for o caso, supracomarcal, e o fomento ou, se for o caso, coordinación da prestación unificada de servizos dos municipios do seu respectivo ámbito territorial. En particular, asumirá a prestación dos servizos de tratamento de residuos nos municipios de menos de 5.000 habitantes, e de prevención e extinción de incendios nos de menos de 20.000 habitantes, cando estes non procedan á súa prestación. 4 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo d) A cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais administracións públicas neste ámbito. e) O exercicio de funcións de coordinación nos casos previstos no artigo 116 bis. f) Asistencia na prestación dos servizos de xestión da recadación tributaria, en período voluntario e executivo, e de servizos de apoio á xestión financeira dos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes. g) A prestación dos servizos de administración electrónica e a contratación centralizada nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes. h) O seguimento dos custos efectivos dos servizos prestados polos municipios da súa provincia. Cando a deputación detecte que estes custos son superiores aos dos servizos coordinados ou prestados por ela, ofrecerá aos municipios a súa colaboración para unha xestión coordinada máis eficiente dos servizos que permita reducir estes custos. i) A coordinación mediante convenio, coa comunidade autónoma respectiva, da prestación do servizo de mantemento e limpeza dos consultorios médicos nos municipios con poboación inferior a 5000 habitantes. 2. Para os efectos do disposto nas letras a), b) e c) do número anterior, a deputación ou entidade equivalente: a) Aproba anualmente un plan provincial de cooperación (…) b) Asegura o acceso da poboación da provincia ao conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal e á maior eficacia e economía na prestación destes mediante calquera fórmula de asistencia e cooperación municipal. (…) c) Garante o desempeño das funcións públicas necesarias nos concellos e préstalles apoio na selección e formación do seu persoal sen prexuízo da actividade desenvolvida nestas materias pola Administración do Estado e a das comunidades autónomas. d) Dá soporte aos concellos para a tramitación de procedementos administrativos e realización de actividades materiais e de xestión, asumíndoas cando aqueles llas encomende”. 2. Asunción pola Deputación de novos servizos estruturais e creación de prazas e postos de traballo. Nese contexto puxéronse en funcionamento diversos programas temporais para levar adiante diversas iniciativas de novos servizos, inicialmente de natureza conxuntural, que, á vista dos resultados obtidos, decídese integralas nas actuacións permanentes da Organización provincial e, consecuentemente, crear as correspondentes prazas no Cadro de Persoal funcionario da Entidade, como se recolle na motivación da proposta de modificación do Cadro de Persoal aprobada polo Pleno na sesión ordinaria de aprobación dos Orzamentos do ano 2015, celebrada o 25 de novembro do 2014. Na mesma sesión aprobouse tamén a modificación da Relación de Postos de Traballo, que correlativamente, crea ou dota os correspondentes postos de traballo, incardinándoos nas Areas, Servizos e Unidades correspondentes. A anterior decisión ten como principal finalidade incrementar o impulso e reforzo das actividades de Cooperación e Asistencia cos Concellos, engadindo ás competencias “clásicas” de Cooperación xa consolidadas (asistencia xurídica, asistencia en funcións reservadas a persoal Habilitado, colaboración en Recadación, asistencia técnica urbanística, asistencia económico- financeira, Contratación Administrativa, Xestión de Recursos Humanos, etc.), outras novas para despregar unha máis ampla, sólida e especializada asistencia e asesoramento técnico en temas relacionados co medio ambiente, as novas tecnoloxías da información e comunicación e outras materias conexas (p. exemplo: aforro e eficiencia enerxética) que completen a carta de servizos ás Entidades Locais da provincia. Entre as funcións desenvoltas mediante programas temporais cabe citar seguintes: A) Novas tecnoloxías da información e da comunicación: Competencias e funcións a desenvolver: Dirixir a execución material da construción, o control técnico e o mantemento de toda clase de instalacións de telecomunicacións, equipos electrónicos e demais medios ou dispositivos de comunicación eléctrica a distancia. Dirixir a execución material da instalación e control técnico dos sistemas que produzan, modifiquen ou reparen os medios, aparatos ou dispositivos de telecomunicación. Redactar e firmar proxectos, emitir informes ou ditames e practicar peritaxes con validez oficial no ámbito das telecomunicacións. Xestión e administración da rede interadministrativa provincial e do servizo de telefonía fixa e móbil da Deputación de Lugo. Dirección, xestión e supervisión de proxectos de Tecnoloxías da información. 5 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Integración, avaliación e xestión de equipos de la infraestrutura de redes. Diagnose de disfuncións de sistemas informáticos en rede. Administración de usuarios, accesos e dispoñibilidade dos recursos do sistema. Coordinación, implantación e execución de actuacións TIC. Configuración, administración e mantemento de sistemas. Desenvolver, implantar, documentar e manter aplicacións web e multiplataforma en diferentes tecnoloxías, de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos. b) Medio ambiente e eficiencia enerxetica: Competencias e funcións a desenvolver: Redactar, desenvolver e supervisar proxectos en materia medioambiental. Elaboración de informes técnicos de carácter medioambiental, analizando solucións técnicas e valorándoas. Trámites relacionados coa presentación de candidaturas de proxectos para convocatorias de axudas. Xestión de proxectos medio ambientais, especialmente no referente ao seguimento e a avaliación das actuacións executadas. Coordinar as actuacións en materia de eficiencia enerxética e para a posta en marcha de proxectos e a realización das accións previstas nos mesmos. Realizar actuacións de formación, promoción e difusión de proxectos medio ambientais e de aforro enerxético. Realizar actuacións de deseño, mantemento, montaxe e seguimento de instalacións enerxéticas. Considerando esta Entidade que estas funcións debían ser asumidas como servizos estruturais da mesma, creáronse, entre outras, as seguintes prazas/ postos no Cadro de Persoal e Relación de postos de Traballo aprobándose en sesión plenaria de 25 de novembro de 2014: - 1 Enxeñeiro Industrial Superior (Grupo A, subgrupo A1). - 1 Enxeñeiro Técnico Industrial (Grupo A, subgrupo A2). - 1 Técnico Mantemento Industrial (Grupo C, subgrupo C1). - 1 Técnico de Xestión Medioambiental (Grupo A, subgrupo A2). - 1 Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións.(Grupo A, subgrupo A 2). - 1 Auxiliar colaborador de Tecnoloxías da Información.(Grupo C, subgrupo C1). A realización das funcións antes sinaladas enmarcase entre as actividades prioritarias desta Entidade, é necesaria par dar continuidade aos servizos que se veñen prestando, sendo urxente a súa cobertura posto que a dotación de recursos humanos é imprescindible para e levalas a cabo. 3.- O medio ambiente, a eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías son servizos prioritarios. A normativa vixente esixe as Deputacións “A prestación dos servizos de administración electrónica (…) nos municipios con poboación inferior a 20.000 habitantes.” Por outra parte, realizar actuacións cara a preservar o medio e prestar asistencia técnica cara lograr un aforro enerxético son actuacións que esta Entidade asume como esenciais, tendo en conta o enorme potencial que esta provincia ofrece neste sector. Nese contesto, entendemos que é prioritario implantar servizos que atendan estas necesidades tanto para levar a cabo directamente actuacións concretas como para apoiar aos concellos en canto demanden nesta liña. 4.- Funcións desempeñadas por persoal temporal que é necesario seguir desenvolvendo. A creación das prazas antes sinaladas permite seguir realizando as funcións desempeñadas ata agora por persoal temporal. As actuacións que esta Entidade veu desenvolvendo nos últimos anos en materia de medio ambiente, aforro enerxético e novas tecnoloxías, conforme queda descrito, deben seguir realizándose posto que responden a demandas efectivas cuxa paralización reportaría prexuízos concretos e imposibilitaría cumprir coas obrigas legais que a normativa vixente impón a esta Deputación así como cumprir cos compromisos concretos que ten adquirido cos concellos e mesmo atender ás necesidades dos cidadáns da provincia nestas materias. 6 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 5.- Urxencia de prover as prazas vacantes dotadas con recursos humanos que poidan desempeñalas. Compre agora adoptar as medidas necesarias para que as funcións e tarefas das prazas e postos que se crearon podan facerse efectivas dado que o persoal temporal que ata agora as desempeñaba está a rematar a prestación de servizos temporais ao finalizar a relación xurídica que os vincula a esta Deputación. Por outra parte, o Cadro de Persoal da Deputación non conta con recursos co perfil profesional axeitado para realizar as funcións que se necesitan levar adiante e atender as demandas que se lle esixen a esta Entidade, nestas materias. 6.- Efectivos a incorporar para cubrir interinamente prazas vacantes do cadro de persoal, por criterios de necesidade prioritaria e urxente. Tendo en conta todo o antedito resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para prestar servizos como funcionario interino, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizalos. 7.- Normativa de aplicación. Visto o disposto pola normativa de aplicación: • Artigo 10 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) polo que se establece que “son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: a) A existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira (…)”. • Artigo 21.Dous da Lei 36/2014, de 26 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015 que establece que “Durante o ano 2015 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais”. • Artigo 55.1 do EBEP que sinala que “todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico”. • Artigo 55.2 do EBEP que preceptúa que “as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación: a) Publicade das convocatorias e das súas bases. b) Transparencia. c) Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección. d) Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección. e) Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver. f) Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.”. • Artigo 61.1 do EBEP que dispón que “os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto”. • Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos. 8.- Proposta de acordo. Con fundamento no exposto con anterioridade; considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata dun servizo que realiza funcións de carácter prioritario; considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 21.dous da lei 36/2014 de 26 de decembro xa mencionada, en uso das atribucións que lle confire á Xunta de Goberno a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 56, de 10 de marzo de 2011), propoño que polo dito órgano se adopte o seguinte 7 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo ACORDO: 1º.- Aprobar as Bases Xerais e Especificas que rexerán os procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a cobertura como funcionarios interinos das indicadas prazas mentres non se cubran definitivamente ou deixe de ser necesario e urxente a súa cobertura transitoria ou se decida a súa amortización. 2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas citadas probas selectivas as seguintes prazas: • 1 Enxeñeiro Industrial Superior (Grupo A, subgrupo A1). • 1 Enxeñeiro Técnico Industrial (Grupo A, subgrupo A2). • 1 Técnico Mantemento Industrial (Grupo C, subgrupo C1). • 1 Técnico de Xestión Medioambiental (Grupo A, subgrupo A2). • 1 Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións (Grupo A, subgrupo A 2). • 1 Auxiliar colaborador de Tecnoloxías da Información (Grupo C, subgrupo C1). 3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver os procedementos selectivos”. O presente Acordo publícase para cumprimento do establecido no punto 1 das Bases que rexen a presente convocatoria. Contra o presente Acordo, que pon fin á vía administrativa cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación deste Anuncio no Boletín Oficial da Provincia ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora de dita xurisdicción, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se estime procedente. Lugo, 23 de xaneiro de 2015.- O Secretario.- José Antonio Mourelle Cillero BASES XERAIS POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL, CON CARÁCTER TEMPORAL, PARA PRESTAR SERVIZOS Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO (COTA XERAL OU COTA DE DISCAPACITADOS). 1. CONVOCATORIA. As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección a empregos temporais da Deputación Provincial de Lugo para o acceso: 1.1.- Á condición de funcionario interino nos supostos previstos no artigo 10 da Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público. 1.2.- Á condición de contratado laboral temporal, nos supostos previstos no artigo 11 do EBEP, mediante contrato de interinidade ou calquera outra modalidade contractual diferente á sinalada anteriormente, de acordo coa lexislación laboral. As funcións a realizar nas prazas/empregos que se convocan realizarán as funcións que Bases Específicas. se sinalan nas O persoal seleccionado prestará servizos nas unidades que se indican nas Bases Específicas. A convocatoria e as bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP), no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web (www.deputacionlugo.org.). 2. NORMAS DE APLICACIÓN. Serán de aplicación a Lei 7/2007, do 12 de abril do estatuto básico do empregado público (EBEP), agás o Capítulo II, do Título III, e no que resulten vixentes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia e o RD Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia. Serán tamén de aplicación o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e o RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da Administración Xeral do Estado. 8 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. REQUISITOS QUE DEBEN CUMPRIR OS ASPIRANTES PARA SER ADMITIDOS AO PROCESO SELECTIVO. Os/As aspirantes deberán facer constar na solicitude que reúnen os requisitos que seguidamente se sinalan na data de remate do prazo de presentación de instancias e que estarán en condicións de acreditalos, unha vez seleccionados, no prazo que se sinala na base 13. a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que aspira. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no seu caso o persoal laboral, no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Posuír a titulación académica esixida nas bases específicas. Se a titulación é homologación. obtida no estranxeiro, deberá posuír o documento que acredite fidedignamente a súa f) No caso da cota de discapacitados, ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. 4. SOLICITUDES. 4.1. Presentación. Os interesados poderán participar no/s proceso/s selectivo/s presentando unha solicitude no modelo oficial que figura como Anexo destas Bases, estando tamén dispoñible na páxina web www.deputaciónlugo.org e na Unidade de Atención ao Cidadán. 4.2. Prazo de presentación. 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 4.3. Lugar de presentación. Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Cando se presente en correos, deberá facerse entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos. Se a solicitude non se presenta no Rexistro da Deputación, deberá poñelo en coñecemento da Entidade mediante Fax (982-260-270) ou mediante correo electrónico (recursoshumanos@deputacionlugo.org ) antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes. 4.4. Cumprimentación. A solicitude de participación no proceso selectivo, deberá ser cumprimentada debidamente polos aspirantes, acreditando documentalmente os méritos que aleguen conforme se establece na base 5.4. 5. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NECESARIAMENTE COA SOLICITUDE. 5.1. Documento acreditativo do pagamento da taxa de participación en procedementos selectivos (Ordenanza da entidade publicada no BOP nº 202 de 1 de setembro de 2004), no que deberá figurar o nº do DNI e a praza á que se presenta. a) Contía da taxa. 15 euros ou 3,75 si se presenta certificación do Servizo Público de Emprego que acredite a condición de desempregado/a e de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva. b) Forma de pagamento. Nas oficinas da Tesourería da Deputación (San Marcos s/n), mediante xiro postal ou mediante transferencia bancaria á conta número ES04-2080-0163-85-3110000423 de Abanca. c) Prazo. Dentro das datas do prazo de presentación de instancias. En ningún caso o pagamento da taxa por participación en procesos selectivos e a xustificación do pagamento, substituirá a obriga de presentar en tempo a solicitude, non sendo emendable e quedando excluídos definitivamente os que non presentasen a correspondente solicitude en prazo. d) Consecuencias de non aboar a Taxa. Os aspirantes que non fagan o pagamento da taxa, dentro do prazo de presentación de instancias, serán excluídos do proceso selectivo. 5.2 Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos da nacionalidade do aspirante: DNI, pasaporte, tarxeta de residencia, así como calquera outro documento acreditativo da nacionalidade co alcance do establecido no artigo 57 do EBEP. 9 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 5.3. Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Esta acreditación deberá presentarse nos seguintes supostos: a) Cando se solicite a adaptación de probas en procesos da Cota Xeral. b) Cando se participe en procesos reservados á cota de discapacitados. 5.4. Documentos que acrediten debidamente os méritos. 5.4.1.- Forma de acreditar os méritos. Deberá acompañarse á solicitude, dentro do prazo de presentación de solicitudes, as copias compulsadas dos documentos que acrediten os méritos alegados para poder ser puntuados conforme ao baremo. Non acreditar os méritos tal e como se sinala nesta base 5.4, acreditalos de forma insuficiente a xuízo do Tribunal ou presentalos fóra do prazo de presentación de solicitudes, non será enmendable polo que non serán tidos en conta polo Tribunal. Os méritos acreditados, puntuaranse ata a data do remate do prazo de presentación de instancias e deberán posuírse na dita data. 5.4.2.- Documentos a presentar para xustificar as acreditacións dos distintos apartados do baremo. a) Experiencia. En todos os casos deberá presentarse obrigatoriamente o informe da vida laboral actualizado, expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. - Os servizos prestados nas Administracións acreditaranse mediante certificación de servizos prestados expedida polo organismo oficial correspondente, nóminas, contratos, tomas de posesión, etc, nos que se especifique a praza/posto ou emprego desempeñado, o tempo de prestación do servizo e as funcións ou tarefas realizadas. Se os servizos que se acrediten se prestaron na Deputación de Lugo, deberá facelo constar na solicitude co o obxecto esta Entidade emita certificación acreditativa dos servizos prestados e a incorpore ao expediente do proceso selectivo, entregando copia ao interesado/a. - Os servizos prestados en empresas privadas acreditaranse mediante contrato de traballo rexistrado no SPEE (Servizo Público de Emprego Estatal) ou nóminas nos que se acredite o emprego desempeñado e as funcións e tarefas realizadas. b) Copia da/s titulación/s académica/s, cursos, estudos, xornadas, masters, cursos ou titulacións de idiomas, certificación da superación de exercicios expedida pola administración correspondente, etc. 6. LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS. 6.1. Lista provisional. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o Presidente ditará resolución na que se aprobe a lista provisional de admitidos e, se é o caso, excluídos. A dita resolución publicarase no Taboleiro de edictos da Deputación e na páxina web www.deputacionlugo.org. 6.2. Prazo de alegacións: O prazo para que os excluídos poidan alegar o que consideren será de 2 días naturais a contar dende a publicación da resolución que aprobe a lista provisional no Taboleiro de Anuncios. 6.3. Lista definitiva. De considerarse as alegacións presentadas, aprobarase a lista definitiva que se publicará nos mesmos lugares que a provisional. De non existir alegacións á lista provisional ou se as alegacións non foran suficientes para a súa consideración, entenderase definitiva sen necesidade de nova publicación. 7. TRIBUNAL DE SELECCIÓN. 7.1. Composición. O Tribunal de selección acomodarase ao establecido nos artigos 60 e 61 do EBEP e estará integrado por 5 membros titulares e 5 suplente, podendo actuar indistintamente, tendo todos eles voz e voto. Presidente: O Xefe de Servizo de Recursos Humanos. Vogais: Tres técnicos ou expertos designados polo Presidente da Deputación Provincial. Secretario: O da Corporación ou funcionario que o substitúa regulamentariamente. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén. Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. Os membros do Tribunal deberán posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza/posto ou emprego que se convoca. 7.2. Actuación do Tribunal. O Tribunal resolverá tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas Bases Xerais e Específicas e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases. 10 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 7.3. Nomeamento e publicación. As persoas que integren o Tribunal, serán nomeadas mediante resolución da Presidencia. A dita resolución publicarase no Taboleiro de Anuncios da Entidade e na páxina www.deputacionlugo.org 7.4. Incorporación de asesores e persoal de colaboración. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores en tarefas de apio no de desenvolvemento do sistema selectivo. 8.- CITACIÓN PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS E ENTREVISTA. A citación ao Tribunal e aos aspirantes, para a realización da primeira proba, deberá publicarse no Taboleiro de Edicto e na páxina www.deputacionlugo.org, cunha antelación de 72 horas á hora fixada para iniciarse. Motivado na urxencia da incorporación dos efectivos, para a realización do resto das probas, así como para a realización da entrevista, non se terá en conta a mencionada antelación de 72 horas. 9.- O SISTEMA DE SELECCIÓN SERÁ O CONCURSO OPOSICIÓN LIBRE. 9.1. FASE DE OPOSICIÓN. Constará das seguintes probas: 9.1.1. PROBA DE COÑECEMENTOS XERAIS E ESPECÍFICOS. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específica contidas no programa incluído nas Bases específicas. A proba poderá consistir, segundo determine o Tribunal, en: Primeira opción: A) Exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias común do programa sinalado nas Bases específicas. O Tribunal determinará o número de preguntas e fixará os criterios de corrección do mesmo, podendo penalizar as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección deste apartado. B) Exposición por escrito dun tema, ou dunha parte deste, das materias específicas do Programa contido nas Bases específicas. O Tema (ou parte do mesmo) determinarase mediante sorteo, realizado polo Tribunal inmediatamente antes da realización da proba. O Tribunal poderá solicitar aos aspirantes que lean o contido das súas exposicións, podendo formular preguntas sobre o contido do tema ou solicitar aclaracións, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa dos coñecementos de cada aspirante sobre a materia obxecto da proba. Segunda opción: Nun exercicio tipo test que abarque a totalidade do programa (materias comúns e específicas). O Tribunal elaborará o exame tipo test, establecendo o número de preguntas e fixará os criterios para a súa corrección, podendo penalizar as respostas erróneas ou establecer outros criterios obxectivos de corrección. O tempo para a realización da proba será determinado polo Tribunal para cada unha das dúas opcións. A proba teórica é obrigatoria e eliminatoria, cualificarase ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala 10 puntos. 9.1.2.- Proba práctica. Consistirá nunha proba que permita valorar a aplicación dos coñecementos e capacidades dos/as aspirantes a un suposto concreto, así como coñecer as súas habilidades e destrezas. Esta proba práctica simulará un suposto que poida darse no desempeño do posto que se convocan e poderá consistir na realización material desta ou na indicación do itinerario a seguir (fases, trámites, solucións a problemas, etc.) para a súa realización, materializando ou sinalando algunha destas fases. O Tribunal poderá solicitar aos aspirantes que lean o resultado desta proba e formular preguntas ou solicitar aclaracións ao obxecto de formar unha opinión máis precisa dos coñecementos prácticos de cada aspirante. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria, cualificándose ata un máximo de 20 puntos, sendo a puntuación mínima para superala de 10 puntos. 9.1.3.- Proba de Galego. O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece que nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, todo isto sen prexuízo daquelas probas que teñan que realizarse en galego para aquelas prazas/postos/empregos en que se requira un especial coñecemento da lingua galega. A proba consistirá na tradución dun texto en castelán para o galego ou en galego para o castelán. 11 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase con apto ou non apto. Os/as aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de solicitudes o nivel de galego esixido nas Bases específicas non terán que realizar esta proba. 9.1.4.- Adaptación de probas aos aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Aqueles aspirantes con discapacidade que se presenten á cota xeral ou a cota reservada a discapacitados poderán solicitar as adaptacións e axustes razoables e necesarios de tempo e medios para a realización das probas, debendo facelo constar na solicitude. Estas adaptacións realizaranse conforme ao establecido na Orde 1822/2006, de 9 de xuño pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. 9.2.- FASE DE CONCURSO. REMATADA A FASE DE OPOSICIÓN, PROCEDERASE A REALIZAR A FASE DE CONCURSO AOS/ÁS ASPIRANTE/S QUE SUPERASEN TODAS AS PROBAS. 9.2.1.- Baremo de méritos. O Tribunal puntuará os méritos acreditados polos aspirantes, segundo se determina na base 5.4 ,conforme o sinalado no presente baremo: A) Experiencia profesional. Valorarase a experiencia profesional segundo os seguintes criterios ata un máximo de 5 puntos: a) Desempeñar ou ter desempeñado o a praza/posto/emprego ou similar ao que se convoca, ou realizar as funcións deste, na Administración Pública, ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes desta, como persoal funcionario ou contratado laboral. - No caso que se desempeñe a mesma praza/posto/emprego, valorarase a razón de 0.084 puntos por mes. - Se a praza/posto/función se considera similar, a puntuación será de 0.084 se este fose de grupo de titulación superior, 0.063 se fose do mesmo grupo de titulación e 0.042 se fose dun grupo de titulación inferior. Entenderase por posto similar aquel que conteña algunha das función do posto que se convoca ou funcións similares dentro dunha área de actividade, escala ou subescala. b) Cando a experiencia profesional acreditada fose desempeñada en Entidades Privadas: - No caso que se desempeñe a mesma praza/ posto/emprego, valorarase a razón de 0.042 puntos por mes. - Se a praza/posto/emprego se considera similar a puntuación será de 0.042 se este fose de grupo de titulación superior, 0.032 se fose do mesmo grupo de titulación e 0.022 se fose dun grupo de titulación inferior. Entenderase por posto similar aquel que conteña algunha das función do posto que se convoca ou funcións similares dentro da área de actividade, escala ou subescala na que se encadre. B) Titulacións académicas. A puntuación máxima neste apartado será dun punto. As titulacións académicas distintas á esixida na convocatoria, sempre que o Tribunal considere que están relacionadas coas funcións da praza/posto/funcións á que se opta, valorarase a razón de 0,25 puntos se a titulación é do mesmo nivel e 0,50 puntos se a titulación é de nivel superior. Se a titulación fose moi relevante para o desempeño do posto valorarase cun punto. C) Cursos, estudos, xornadas relacionadas coas funcións da posto/función á que se opta: Valoraranse segundo a seguinte táboa e ata un máximo de 4 puntos. TIPO DE CURSOS Asistencia. Aproveitamento. Impartir cursos. PUNTUACIÓN POR HORA 0,005 0,010 0,020 Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que están relacionados coas funcións do posto/emprego á que se opta. As publicacións, proxectos, masters propios, seminarios, etc. relacionados coas funcións do posto de traballo valoraranse a criterio do Tribunal de selección en función do seu contido e da relevancia para a praza/posto/función. D) Idioma galego. A puntuación máxima neste apartado será dun punto. 1.- O coñecemento do idioma galego puntuarase do seguinte xeito: 12 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo - Celga 3, curso de iniciación, a súa validación, a proba libre de iniciación , curso de nivel elemental de lingua e cultura galegas para estranxeiros, 1º curso Escola Oficial de Idiomas: 0,20 puntos. - Celga 4, Curso de perfeccionamento da lingua galega, a súa validación, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico de linguaxe xurídica galega e curso de nivel medio de lingua e cultura galega para estranxeiros, 1º e 2º e 3º curso da escola oficial de idiomas 0,30 puntos. 2.- En función do interese para o desempeño das funcións da praza/emprego convocado o Tribunal ademais poderá puntuar os seguintes cursos ou titulacións. - Ciclo superior de estudos de galego das Escolas Oficias de idiomas, Curso medio de Linguaxe Administrativa ou xurídica galega: 0.50 puntos. - Celga 5, Nivel superior de linguaxe administrativa galega, nivel superior de linguaxe xurídica galega, tradutor especialista en linguaxe xurídica administrativa: 0,75 puntos. - Licenciatura de Filoloxía galega e Filoloxía hispánica, subsección de galego-portugués: 1 punto. 3.- Non poderán, en ningún caso, acumularse as puntuacións polos distintos cursos ou titulacións puntuándose, en consecuencia, polo curso ou titulación de nivel superior. 4.- Só se lle concederá validez, para acreditar o idioma galego, os cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 5.- Neste apartado non se valorará como mérito o nivel de galego esixido nas bases específicas de cada unha das prazas/empregos que se convoquen. E) Idiomas comunitarios. A puntuación máxima neste apartado será dun punto. O coñecemento de idiomas comunitarios valorarase, cando sexan relevantes para as funcións que se sinalan nas bases específicas, do seguinte xeito: - Por cursos das Escolas Oficiais de Idiomas ata un máximo de 0,60 puntos, a razón de 0,10 por curso. - Pola titulación universitaria de licenciado/a ou graduado/a ata un máximo de 1 punto. - Outros cursos valoraranse a xuízo do Tribunal. F) Superación de probas noutros procesos selectivos. Valorarase ata un máximo dun punto. Ter superado probas para acceso, con carácter definitivo, á idéntica praza á que se opta en calquera Administración Pública, nos dous anos anteriores, a razón de 0,20 puntos por probas superadas 9.2.2.- ENTREVISTA . Co obxecto de asegurar obxectividade e racionalidade do proceso selectivo, realizarse obrigatoriamente unha entrevista. Os aspirantes que non acudan a mesma decaerán do proceso selectivo quedando excluídos deste. A entrevista terá por obxecto afondar e complementar a información que os candidatos aportan como mérito/s á valorar na fase de concurso. O Tribunal valorará a aptitude dos candidatos a luz das contestacións que estes dean as preguntas que se lle formulen, así como a actitude que mostren, todo elo en relación co desempeño das funcións do posto a que aspiran. Estas preguntas non poderán invadir en ningún caso a intimidade dos aspirantes, ideoloxía ou crenzas, senón que serviran para complementar o coñecemento dos aspirantes e a súa idoneidade par desempeño das funcións posto a que optan. Cualificarase ata un máximo de 5 puntos. 10.- CUALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e na fase de oposición, establecéndose para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificara a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller. No suposto de que o empate se produza entre dúas mulleres ou entre dous homes, este resolverase acudindo á puntuación obtida nas probas da fase de oposición pola orde na que se realizaron. De manterse o empate, acudirase á puntuación obtida nos apartados do baremo polo orde establecido na base 9.2. De persistir o empate acudirase á orde alfabética dos apelidos. 11.- PROPOSTA DE SELECCIÓN. O Presidente do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de selección ante a Presidencia, sen que esta poida superar o número de prazas/empregos convocados. A dita proposta publicarase no Taboleiro de Edictos e na páxina web www.deputacionlugo.org. 13 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Co fin de asegurar a cobertura das prazas/empregos convocadas, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados antes da resolución do proceso selectivo, da toma de posesión ou formalización do contrato, o órgano convocante poderá requirir ao órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarios interinos ou resolver o concurso con persoal laboral temporal. 12.– ORDE DE ASPIRANTES NON SELECCIONADOS. O Tribunal establecerá a orde de aqueles aspirantes que sen ser seleccionados aprobaron tódalas probas para a súa incorporación nas listas reguladas ao abeiro da Resolución da Presidencia de data 29 de setembro de 2009, pola que se aproba a modificación dos criterios polos que se rexe a incorporación de persoal para prestar servizos temporais na Deputación e no INLUDES, publicadas no Boletín Oficial da Provincia número 231, de 8 de outubro de 2009. 13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. 13.1.- Documentación que os aspirantes seleccionados teñen que acreditar documentalmente mediante copias compulsadas ou, se é o caso, orixinais. a) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións a desempeñar que se sinalan nas bases específicas. b) Declaración xurada de non ter sido separados/as do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. c) Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) da titulación académica esixida nas Bases específicas ou, no seu defecto, certificación académica dos estudios realizados a que necesariamente acreditará o pagamento dos dereitos de expedición da correspondente titulación. d) Fotocopia compulsada da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. e) No caso de participar a través da cota de reserva de discapacitados, certificación dos órganos competentes da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar e, se é caso, da Administración correspondente que acredite o grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo, a Deputación Provincial, poderá requirir, respecto as persoas que acedan a través da indicada cota, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade da discapacidade do desempeño das correspondentes funcións. 13.2.- Lugar de presentación. Os devanditos documentos presentaranse no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial. 13.3. Prazo de Presentación. O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da proposta de selección no taboleiro de edictos, prazo que poderá ampliarse cando os/as seleccionados/as acrediten que non puideron presentar algún documento por causas alleas á súa vontade. 14.- RESOLUCIÓN DO PROCESO SELECTIVO. Á vista da proposta do Tribunal, de constatar que os/as aspirante/s acreditan os requisitos esixidos para acceder ás praza/empregos que se convocan, a Presidencia resolverá o procedemento selectivo decidindo a contratación como persoal laboral temporal ou nomeando funcionarios interinos os/ás aspirante/s propostos/as, formalizándose a toma de posesión ou o contrato de traballo. 15.- COMPATIBILIDADE CO DESEMPEÑO DA PRAZA/POSTO/EMPREGO QUE SE CONVOCA. Antes de tomar posesión, os aspirantes que veñan desempeñando unha actividade pública ou privada e queiran continuar realizándoa, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade de conformidade co establecido no artigo 13 do Real Decreto 598/1985, de 30 de abril, Sobre Incompatibilidades do Persoal ao Servizo da Administración do Estado, de la Seguridade Social e dos Entes, Organismo e Empresas Dependentes en relación co artigo 10 da Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo á Deputación Provincial de Lugo, os/as aspirantes seleccionados comprometeranse a renunciar á mencionada actividade para poder tomar posesión ou formalizar o contrato. 16.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN. No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local, Convenio Colectivo Único para persoal laboral ou Acordo Marco Único para o persoal funcionario vixentes nesta Entidade e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas. 17.- RECURSOS. Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, definitiva en vía administrativa, poderán os/as interesados/as interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno 14 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Deputación Provincial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación ou recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita xurisdición, sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro que estime procedente. Pazo Provincial, 23 de xaneiro 2015.- O SECRETARIO. José Antonio Mourelle Cillero. BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA DENOMINADA ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE TELECOMUNICACIÓNS. 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1 2- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO DA PRAZA CONVOCADA: 843. GRUPO A, SUBGRUPO A2 . CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. 4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1327. 4.1.DENOMINACIÓN DO POSTO: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE TELECOMUNICACIÓNS. 4.2.ADSCRICIÓN: Presidencia, Servizo de Comunicación e TICs, Servizo de Novas Tecnoloxías, sen prexuízo de que por necesidades motivadas polo servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 4.3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Realizar, formar, peritar, redactar proxectos e/ou informes, estatísticas, tarefas materiais e cantas e cantas outras sexan necesarias encamiñadas ao mantemento, control técnico, dinamización, difusión, posta en marcha e seguimento de proxectos relacionados coas novas tecnoloxías da información e comunicación para as que lle habilita a titulación esixida para o acceso á praza convocada. 5- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Enxeñeiro/a Técnico/a de telecomunicacións, Graduado/a en Ciencias e Tecnoloxías de Telecomunicación ou Graduado/a en Enxeñería das Tecnoloxías de Telecomunicación. 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 7- PROGRAMA. ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A DE TELECOMUNICACIÓNS. A)MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos servizos. A administración electrónica. Tema 4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local. Tema 5.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 6.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 7.- A información nas organización. As organización baseadas na información. A Administración como caso específico deste tipo de organización. 15 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Tema 8.- A comunicación nas organización complexas. Captación, fluxo e aproveitamento da información. Consecuencias do funcionamento deficiente dos sistema de información. Tema 9.- Estratexia, obxectivos e funcións do directivo de sistemas e tecnoloxías da información na Administración. Tema 10.- Organización e funcionamento dun cento de sistemas de información I. Funcións de desenvolvemento e mantemento. Tema 11.- Organización e funcionamento dun centro de sistemas de información II. Función de sistemas, bases de datos e comunicacións. Tema 12.- Organización e funcionamento dun centro de sistemas de información III. Funcións de infocentro. Relacións cos usuarios. Tema 13.- La política de protección de datos de carácter persoal. Normativa. A Axencia española de protección de datos. Tema 14.- Alternativas básicas de decisión no campo de equipamento hardware e software. Tema 15.- A protección xurídica dos programas de ordenador. Tema 16.- Organizacións internacionais e nacionais de normalización. Probas de conformidade e certificación. O establecemento de servizos de probas de conformidade. Tema 17.- Servizos de autenticación: O rol dos certificados dixitais. Localización de claves públicas. Servizo de directorio X-500. Marco autenticación X509. Outros servizos. Tema 18.-. Lei 59/2003, de firma electrónica. RD 209/2003. Tema 19.- A análise orientado a obxectos. Obxectos, clases, herencia e métodos. Arquitectura de obxectos distribuídos. Tema 20.- Políticas, procedementos e métodos para a conservación da información en soporte electrónico. Tema 21.- Sistemas de cableado estruturado e equipos de interconexión. Tema 22.- Redes de área local. Redes de área extensa. Tema 23.- Comunicacións: XDSL, WI-FI (IEEE 802.11, WI-MAX (IEEE 802.16), PLC, Bluetooth. Seguridade, normativa reguladora. Vantaxes e inconvenientes. Tema 24.- As comunicacións móbiles. Xeracións de tecnoloxías de telefonía móbil. Tema 25.- De frame relay e ATM ás rede nova xeración. Tema 26.- Normas reguladoras das telecomunicacións. Comisión nacional do mercado de telecomunicacións: organizacións, funcións e competencia. Tema 27.- Economía das telecomunicacións. Tema 28.- A seguridade en redes. Control de accesos. Técnicas criptográficas. Mecanismos de firma dixital. Control de intrusións. Cortafogos. Tema 29.- A rede internet e os servizos básicos. Tema 30.- Redes intranet e extranet. Concepto, estrutura e características. A súa implantación nas organizacións. Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA DENOMINADO AUXILIAR COLABORADOR DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN. 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1 2- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO PRAZA CONVOCADA: 844. GRUPO C, SUBGRUPO C1. CLASIFICACIÓN. Escala administración especial, subescala servizos especiais, clase prazas especiais. cometidos 4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1328. 4.1. DENOMINACIÓN DO POSTO: AUXILIAR COLABORADOR DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN. 16 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 4.2. ADSCRICIÓN. Presidencia, Servizo de Comunicación e TICs, Servizo de Novas Tecnoloxías, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 4.3. FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO. Colaborar co superior xerárquico e realizar todas as actuacións necesarias para xestionar os equipos, impulsar, dinamizar e sensibilizar no uso das novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC), así como calquera outra que por necesidades dos servizos sexan acordes coa escala e subescala da praza convocada. 5-REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADEMICA: Título de Bacharelato, Título de FP de segundo grao ou ciclo formativo de grao medio. 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 7- PROGRAMA. AUXILIAR COLABORADOR DE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN: A) MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 4.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 5- Administración de servizos de directorio. Servizos de directorio. Definición elementos e nomenclatura, LDAP. Esquema do servizo de directorio. Controladores de dominio, creación de dominios. Tema 6.- Compoñentes das redes LAN y WAN.- Redes de área Local (LAN). Redes de áreas amplía. Tema 7.- Protocolos e comunicación da rede. Regras da comunicación da rede. Protocolos de rede. Suites de protocolos. Tema 8.- Encapsulación de datos. Unidades de datos de protocolo (PDU). Encapsulación e desencapsulación. Acceso a recursos locais e remotos. Direccións MAC e IP. Comunicación cun dispositivo nunha rede remota. Tema 9.- Topoloxías de rede: Topoloxía física. Topoloxía física WAN. Topoloxía física LAN. Topoloxía lóxica. Topoloxía lóxica punto a punto. Topoloxía lóxica LAN. Tema 10.- Direccións de rede. Sistemas de numeración. Notación binaria. Sistema hexadecimal. Cambios entre sistemas. Máscara de subred IPv4. Direccións de rede, de host e de broadcast. Determinación da rede. Tema 11.- Configuración de dispositivos de rede. Configuración de Windows. Configuración en Linux. Comprobación de funcionalidade. Comandos de verificación. Monitorización da rede. Tema 12.- Seguridade e alta dispoñibilidade. Confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e alta dispoñibilidade. Tema 13.- Elementos vulnerables, hardware, software e datos. Ameazas. Técnicas de ataque. Protección. Auditoría informática. Medidas de seguridade. Tema 14.- Seguridade pasiva. Seguridade física. Centro de procesado de datos (CPD). Control de acceso físico. Biometría. Circuíto cerrado de televisión (CCTV). Sistemas de alimentación ininterrupida. (S.A.I.) Tema 15.- Elementos funcionais e subsistemas. Sistema informático. Estrutura funcional dun sistema informático. Unidade central de procesamento. Tema 16.- A memoria. Buses: arquitecturas e funcionamento. Subsistema de entrada/saída. Controladores e periféricos. Tema 17.- Mantemento preventivo. Chequeo e diagnóstico. Tema 18.- Particionado de discos. Tipo de particións. Creación de particións. Recuperación de datos. Tema 19.- Laboratorio seguro. Identificación de riscos. Determinación das medidas de prevención de riscos laborais. Equipos de protección individual. Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe e 17 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo mantemento. Cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais. Cumprimento da normativa de protección medioambiental. Tema 20.- Redes sociais, Social Media Marketing. La figura de community manager. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA DENOMINADA ENXEÑEIRO INDUSTRIAL . 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCA: 1 2-RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO DA PRAZA CONVOCADA: 848. GRUPO A, SUBGRUPO A1. CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores. 4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVODADA: 1332. 4.1.DENOMINACIÓN DO POSTO: ENXEÑEIRO INDUSTRIAL 4.2.ADSCRICIÓN: Área de emprego, economía sostible e demografía, Departamento de Fondos Europeos, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 4.3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Coordinar, formar e redactar os proxectos, informes, estatísticas e cantas tarefas sexan necesarias encamiñadas a dinamización, difusión, posta en marcha e seguimento de proxectos de economía sostible para o que lle habilita a titulación esixida para o acceso á praza convocada. REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Enxeñeiro/a Industrial ou Graduado/a en Enxeñería Técnica Industrial. 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO CELGA 4 7- PROGRAMA ENXEÑEIRO INDUSTRIAL . A) MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos servizos. A administración electrónica. Tema 4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local. Tema 5.- O procedemento administrativo común. Os interesados. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. O expediente administrativo e os principais documentos administrativos nel contidos. Tema 6.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 7.- A responsabilidade da Administración. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administración Públicas. Especial referencia aos procedementos en materia de responsabilidade. Tema 8.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. O sistema retributivo. Tema 9.- Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. Código disciplinario. 18 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 10.- Enerxía. Evolución histórica. Concepto de enerxía. Magnitudes e unidades de medida. Tema 11.- Enerxía e sociedade. Aspectos ambientais de enerxía. Contexto enerxético actual. Tema 12.- O sector enerxético en España. O consumo enerxético nos concellos de Galicia. Tema 13.- O sistema eléctrico en España. Mercado da electricidade. Liberalización do mercado eléctrico. Tema 14.- Estrutura da facturación eléctrica. Composición e termos da factura eléctrica. Contratos de subministración. Tema 15.- O sistema gasista. Contratación de subministracións e facturación. Mercado tarifario en España. Tema 16.- Contabilidade enerxética. As auditorías enerxéticas. Obxecto e alcance das auditorías enerxéticas. Metodoloxía e resultado das auditorías enerxéticas. As empresas de servizos enerxéticos. Aforros compartidos e aforros garantidos. Contratación de servizos enerxéticos polas administración públicas. Tema 17.- Fontes de enerxía (renovables e non renovables) e clasificación. Implantación das enerxías renovables en España. Tema 18.- Enerxía solar térmica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar térmica. Aplicacións. Normativa. Tema 19.- Enerxía solar fotovoltaica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar fotovoltaica. Aplicacións. Autoconsumo e balance neto. Normativa. Tema 20.- Enerxía da biomasa. A biomasa. Aplicacións. Custos aplicables ás instalación. Aspectos ambientais. Tema 21.- Vantaxes e inconvenientes da aplicación da biomasa. Dificultades a súa expansión. Tema 22.- Biocombustibles. Clasificación dos biocombustibles. Cultivos enerxéticos. Tema 23.- Enerxía xeotérmica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da aplicación da biomasa. Bomba de calor xeotérmica. Tema 24.- Sistemas de captación xeotérmica. Instalacións xeotérmicas. Test de resposta xeotérmica. Normativa. Tema 25.- Enerxía eólica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 26.- Enerxía do mar. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 27.- Enerxía do hidróxeno. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 28.- Enerxía minihidráulica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 29.- Incineración de residuos domésticos. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 30.- Certificación enerxética de edificios. Programas informáticos de certificación. Sistemas internacionais de certificación. Tema 31.- Illamento en edificacións. Iluminación. Medidas de aforro e eficiencia. Tema 32.- Refrixeración. Clasificación das instalación de refrixeración. Eficiencia dos equipos de refrixeración. Tema 33.- Sistemas de auga quente sanitaria (ACS). Medidas de optimización enerxética en ACS. Tema 34.- Instalacións de gas en edificios públicos. Normas básicas. Tema 35.- Edificación sostible. Confort térmico. Arquitectura bioclimática. Tema 36.- Mantemento en instalación. Obxectivos planificación e control. Normativa. Tema 37.- Código técnico da edificación. Contribución solar mínima de auga quente sanitaria. DB-HE4. Tema 38.- Alumeado público. Elementos básicos dun sistema de alumeado. Tema 39.- Regulamento de eficiencia enerxética en instalación de alumeado exterior. Obxecto. Ámbito de aplicación. Normativa. Tema 40.- Criterios de deseño das instalacións de alumeado nos lugares de traballo. Distribución alumeado interior. Cálculo das instalación de alumeado interior. do Tema 41.- A iluminación no código técnico da edificación (CTE) e no regulamento electrotécnico de baixa tensión (REBT). Tema 42.- O sector do transporte. Impacto do transporte no medio ambiente. Plans de mobilidade. 19 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Tema 43.- Condución eficiente. Selección do vehículo. Xestión de flotas. Software de xestión de flotas. Sistemas de comunicación y navegación. Tema 44.- Fontes alternativas de enerxía. Vehículos híbridos. Biocarburantes. Transporte por ferrocarril e marítimo. Tema 45.- A lei de avaliación ambiental. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei 21/2013. Procedementos de avaliación ambiental estratéxica e avaliación de impacto ambiental. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA DENOMINADA ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL. 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1 2-RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO PRAZA CONVOCADA: 849. GRUPO A, SUBGRUPO A2. CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios. 4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1333. 4.1.DENOMINACIÓN DO POSTO: ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL. 4.2. ADSCRICIÓN: Área de emprego, economía sostible e demografía, Departamento de fondos europeos, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 4.3. FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Realizar, formar e redactar os proxectos, informes, estatísticas e cantas tarefas sexan necesarias encamiñadas a dinamización, difusión, posta en marcha e seguimento de proxectos de economía sostible para o que lle habilita a titulación esixida para o acceso á praza convocada. 5- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Enxeñeiro/a Técnico/a Industrial ou Graduado/a en Enxeñería Técnica Industrial. 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4 7- PROGRAMA. ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A INDUSTRIAL. A) MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos servizos. A administración electrónica. Tema 4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local. Tema 5.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 6.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 7.- Enerxía. Evolución histórica. Concepto de enerxía. Magnitudes e unidades de medida. 20 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Tema 8.- Enerxía e sociedade. Aspectos ambientais de enerxía. Contexto enerxético actual. Tema 9.- O sistema eléctrico en España. Mercado da electricidade. Liberalización do mercado eléctrico. Tema 10.- Estrutura da facturación eléctrica. Composición e termos da factura eléctrica. Contratos de subministración. Tema 11.- O sistema gasista. Contratación de subministracións e facturación. Mercado tarifario en España. Tema 12.- Fontes de enerxía (renovables e non renovables) e clasificación. Implantación das enerxías renovables en España. Tema 13.- Enerxía solar térmica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar térmica. Aplicacións. Normativa. Tema 14.- Enerxía solar fotovoltaica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar fotovoltaica. Aplicacións. Autoconsumo e balance neto. Normativa. Tema 15.- Enerxía da biomasa. A biomasa. Aplicacións. Custos aplicables ás instalación. Aspectos ambientais. Tema 16.- Vantaxes e inconvenientes da aplicación da biomasa. Dificultades a súa expansión. Tema 17.- Biocombustibles. Clasificación dos biocombustibles. Cultivos enerxéticos. Tema 18.- Enerxía xeotérmica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da aplicación da xeotérmica. Bomba de calor xeotérmica. Tema 19.- Sistemas de captación xeotérmica. Instalacións xeotérmicas. Test de resposta xeotérmica. Normativa. Tema 20.- Enerxía eólica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 21.- Illamento en edificacións. Iluminación. Medidas de aforro e eficiencia. Tema 22.- Deseño de instalación de calefacción e climatización. Dimensionado e montaxe de instalacións. Tema 23.- Sistemas de auga quente sanitaria (ACS). Medidas de optimización enerxética en ACS. Tema 24.- Instalacións de gas en edificios públicos. Normas básicas. Tema 25.- Mantemento en instalación. Obxectivos planificación e control. Normativa. Tema 26.- Instalacións eléctricas de baixa tensión. Sección de condutores. Caída de tensión e instalación e enlace. Tema 27.- Código técnico da edificación. Contribución solar mínima de auga quente sanitaria. DB-HE4. Tema 28.- Alumeado público. Elementos básicos dun sistema de alumeado. Tema 29.- Regulamento electrotécnico de baixa tensión. Instalacións de alumeado exterior. ITC BT – 09. Tema 30.- Regulamento electrotécnico de baixa tensión. Instalacións de posta a terra. ITC BT-18. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA MANTEMENTO INDUSTRIAL. DENOMINADA TÉCNICO 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1 2- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO DA PRAZA CONVOCADA: 850. GRUPO C, SUBGRUPO C1. CLASIFICACIÓN: especiais. Escala administración especial, subescala servizos especiais, clase prazas cometidos 4- Nº DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1334. 4.1. DENOMINACIÓN DO POSTO: TÉCNICO MANTEMENTO INDUSTRIAL. 4.2. ADSCRICIÓN: Área de emprego, economía sostible e demografía, Departamento de Fondos Europeos, Axencia provincial da enerxía, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 21 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 4.3 FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Todas aquelas actuacións, encomendadas polo superior xerárquico, necesarias para desenvolver os obxectivos do servizo encamiñado a potenciar economías sostibles que sexan acordes coa escala e subescala da praza convocada. 5- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Título de Bacharelato, Título de FP de segundo grao ou ciclo formativo de grao medio. 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 7º.- PROGRAMA- TÉCNICO MANTEMENTO INDUSTRIAL : A)MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 4.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 5.- Enerxía. Evolución histórica. Concepto de enerxía. Magnitudes e unidades de medida. Tema 6.- Enerxía e sociedade. Aspectos ambientais da enerxía. Contexto enerxético actual. Tema 7.- O sector enerxético en España. O consumo enerxético nos concellos de Galicia. Tema 8.- Estrutura da facturación eléctrica. Composición e termos da factura eléctrica. Contratos de subministración. Tema 9.- Fontes de enerxía (renovables e non renovables) e clasificación. Implantación das enerxías renovables en España. Tema 10- Enerxía solar térmica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar térmica. Aplicacións. Normativa. Tema 11.- Enerxía solar fotovoltaica. Clasificación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar fotovoltaica. Aplicacións. Autoconsumo e balance neto. Normativa. Tema 12.- Enerxía da biomasa. A biomasa. Aplicacións. Custes aplicables ás instalacións. Aspectos ambientais. Tema 13.- Vantaxes e inconvenientes da aplicación da biomasa. Dificultades á súa expansión. Tema 14.- Enerxía xeotérmica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Bomba de calor xeotérmica. Tema 15.- Sistemas de captación xeotérmica. Instalacións xeotérmicas. Test de resposta Normativa. xeotérmica. Tema 16.- Enerxía eólica. Conceptos xerais. Vantaxes e inconvenientes da súa aplicación. Tema 17.- Mantemento en instalacións. Obxectivos, planificación e control. Normativa. Tema 18.- Alumeado público. Elementos básicos dun sistema de alumeado. Tema 19.- O sector do transporte. Impacto do transporte no medio ambiente. Plans de mobilidade. Tema 20.- Condución eficiente. Selección do vehículo. Xestión de flotas. Software de xestión de flotas. Sistemas de comunicación e navegación. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. 22 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO CON CARÁCTER TEMPORAL Á PRAZA DENOMINADA TÉCNICO/A DE XESTIÓN MEDIO AMBIENTAL. 1- NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: 1 2-RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino (art. 10.1.a) do EBEP, “existencia de praza vacante cando no sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira”). 3- NÚMERO DA PRAZA CONVOCADA: 855. GRUPO A, SUBGRUPO A2. CLASIFICACIÓN: Escala administración especial, subescala servizos especiais, clase prazas cometidos especiais. 4- NÚMERO DO POSTO VINCULADO Á PRAZA CONVOCADA: 1339. 4.1. DENOMINACIÓN DO POSTO: TÉCNICO/A XESTIÓN MEDIO AMBIENTAL. 4.2.ADSCRICIÓN: Área de emprego, economía sostible e demografía, Departamento de Fondos Europeos, Lugo 02 Provincial, sen prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Entidade conforme as normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP 30/9/2006). 4.3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: Realizar, formar e redactar os proxectos, informes, estatísticas e cantas tarefas sexan necesarias encamiñadas a dinamización, difusión, posta en marcha e seguimento de proxectos de economía sostible en materia medio ambiental para o que lle habilita a titulación esixida para o acceso á praza convocada. 5- REQUISITOS INDISPENSABLES. TITULACIÓN ACADÉMICA: Estar en posesión das seguintes titulacións de Grado: Graduado en Enxeñería Química, Graduado en Bioquímica e Bioloxía, Graduado en Química, Graduado en Bioloxía, Graduado en Biotecnoloxía, Graduado en Ciencias Ambientales, Graduado en Bioquímica ou ter aprobados os tres primeiros cursos das seguintes titulacións: Enxeñeiro Químico, Licenciado en Bioloxía, Licenciado en Biotecnoloxía, Licenciado en Ciencias Medio Ambientais, Licenciado en Química, Licenciado en Bioquímica ou 6- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4 7- PROGRAMA TÉCNICO DE XESTIÓN MEDIO AMBIENTAL. A) MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As cámaras lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. Tema 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. Tema 3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación dos servizos. A administración electrónica. Tema 4.- Sometemento de da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local. Tema 5.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. Tema 6.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Tema 7.- O medio ambiente. Marco conceptual e normativo: acordos internacionais, normativa europea, estatal e autonómica. Tema 8.- Dereitos de acceso á información, de participación e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente. Marco normativo. Información ambiental, dereito de acceso e participación cidadá. Modalidades de acceso á información e excepcións. Tema 9.- A Axenda Local 21. Marco conceptual. A Carta de Aalborg. Metodoloxía para a implantación dun proceso de Axenda 21. Desenvolvemento da Axenda 21 Local en España. 23 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Tema 10.- A Lei de Avaliación Ambiental. Obxecto e ámbito de aplicación. Procedementos de avaliación ambiental estratéxica e avaliación de impacto ambiental. Tema 11.- A autorización ambiental integrada. Marco normativo e descrición. Supresión da licenza municipal de actividade e réxime de comunicación previa. Tema 12.- A responsabilidade ambiental. Normativa aplicable. O réxime de responsabilidade ambiental. Tema 13.- A compra verde na administración pública. Marco normativo. Normas, estándares e certificacións aplicables. Etiquetas. A etiqueta ecolóxica europea. Caso práctico da Deputación de Lugo. Tema 14.- O réxime legal dos residuos: Lei 22/2011. Características da Lei. Principais novas. Ámbito de aplicación. Obxectivos. Tema 15.- Concepto de residuo. Clasificación de residuos. A xestión dos residuos domiciliarios en España. Tema 16.- Contaminación de solos. Marco normativo. Tipos de contaminación e de contaminantes. Tratamentos de descontaminación. Tema 17.- O ciclo integral da auga. Competencias das entidades locais. Marco normativo estatal e autonómico. Tema 18.- Depuración de augas residuais urbanas. Pretratamento primario, tratamento secundario, tratamento terciario. Foxas sépticas. Xestión dos fangos. Tema 19.- Contaminación atmosférica: marco normativo. A atmosfera, conceptos básicos e control da contaminación atmosférica. Tema 20.- Contaminantes atmosféricos: natureza, clasificación, métodos de detección, transporte. Efectos da contaminación atmosférica e focos emisores. Tema 21.- Os compromisos internacionais de conservación da natureza. Directiva 79/409/CEE relativa á conservación de aves silvestres. Directiva 92/43/CEE relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flores silvestres. Convenio RAMSAR. Programa MaB. Aplicación en Galicia. Tema 22.- Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade. Instrumentos para o coñecemento e a planificación. Catalogación, conservación e restauración de hábitats e espazos do patrimonio natural. Conservación da biodiversidade. Tema 23.- A custodia do territorio. Definición, acordos de custodia, fomento. Caso práctico da Deputación de Lugo. Tema 24.- A xestión dos espazos naturais protexidos: categorías, protección, declaración, efectos e instrumentos de planificación e xestión. Tema 25.- Convenio Ramsar. Aplicación en Galicia. Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia. Tema 26.- A paisaxe. Convenio Europeo da Paisaxe. Lei de protección da paisaxe de Galicia. Instrumentos para a súa protección, xestión e ordenación. A estratexia da Paisaxe de Galicia. Tema 27.- O programa MaB da UNESCO. Rede Mundial de Reservas da Biosfera. Redes IberomaB e EuroMaB. Tema 28.- O Programa MaB en España. Rede Española de Reservas da Biosfera. Reservas da Biosfera en Galicia. Tema 29.- A Reserva da Biosfera Terras do Miño: declaración, órganos de xestión, plan de acción e zonificación. Tema 30.- A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses: declaración, órganos de xestión, plan de acción e zonificación. Pazo Provincial, 23 de xaneiro de 2015.- O SECRETARIO.- José Antonio Mourelle Cillero. 24 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ANEXO I DAS BASES XERAIS QUE REGULAN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL. DATOS DA PRAZA/ EMPREGO QUE SOLICITO. DENOMINACIÓN: ADSCRICIÓN: RÉXIME XURÍDICO: DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP: DATOS PERSOAIS PRIMEIRO APELIDO DNI SEGUNDO APELIDO TELÉFONO PARTICULAR: DOMICILIO PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓNS. NOME TELÉFONO MÓBIL: MUNICIPIO E PROVINCIA CÓDIGO POSTAL CORREO ELECTRÓNICO EXPOÑO: Que reúno todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases xerais e específicas: Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada. Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder de 65 anos. Estar en posesión do título esixido nas Bases Específicas. Posuír a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións. Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servizo dunha Administración Pública. 25 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo SOLICITO: - Ser admitido para participar no procedemento selectivo. Marcar en caso afirmativo: - A exención de realizar a proba de galego por posuír o nivel esixido nas Bases específicas. A adaptación das probas que se sinalan a continuación, por acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33% e o motivo da discapacidade: Proba e adaptación solicitada. (Sinatura) Lugo, a........................de...............................de …..... PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. 26 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo MÉRITOS QUE DEBERÁN SER ACREDITADOS DOCUMENTALMENTE POLOS ASPIRANTES SEGUNDO SE SINALA NA BASE XERAL 5.4. A) EXPERIENCIA PROFESIONAL (Máximo 5 puntos). DESEMPEÑO DE PRAZAS/POSTO/EMPREGOS NA ADMÓN. PÚBLICA. Denominación da Administración. Denominación praza/posto/emprego. Tempo de servizos. DESEMPEÑO DE POSTOS/EMPREGOS NA EMPRESA PRIVADA. Denominación da Empresa. Denominación do emprego. Tempo de servizos. B) TITULACIÓNS ACADÉMICAS (Máximo 1 punto). C) CURSOS, ESTUDOS, XORNADAS, CURSOS DE INFORMÁTICA, MASTERS PROPIOS, PROXECTOS, SEMINARIOS... (Máximo 4 puntos). Nº. Orde. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 ASISTENCIA Denominación da acción formativa. Nº.horas. 27 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 Nº. Orde. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Nº. Orde. 1 2 3 4 5 6 7 8 B.O.P de Lugo APROVEITAMENTO Denominación da acción formativa. Nº.horas. IMPARTICIÓN. Denominación da acción formativa. Nº.horas. PUBLICACIÓNS, PROXECTOS, MASTERS PROPIOS, SEMINARIOS, ETC. Nº. Orde. Denominación. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 D) IDIOMA GALEGO (Máximo 1 punto). Nº. Orde. Denominación da acción formativa ou titulación. 1 2 3 4 5 6 E) IDIOMAS COMUNITARIOS (Máximo 1 punto). Nº. Orde. 1 2 3 4 5 Denominación da acción formativa ou titulación. 28 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo F) SUPERACIÓN DE PROBAS (Máximo 1 punto). Proba superada. Nª Boletín Oficial de publica da convocatoria En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais que proporcione será tratados pola Deputación de Lugo coa única finalidade de tramitar a solicitude. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito á Deputación Provincial de Lugo, calle San Marcos, 8, 27001 LUGO. 29 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo R. 0267 CONCELLOS BECERREÁ Anuncio Por Resolucións da Alcaldía de data 10 de novembro de 2014, acordouse a adhesión deste concello ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración do Estado-FACe. O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido na Disposición adicional sexta, da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público. Na base 40 das de Execución do Orzamento do ano 2015 aprobado polo Pleno en sesión de data 19 de decembro de 2014, se declaran excluídas da obriga de facturación electrónica, facturas de ata 5.000 euros. Becerreá, 15 de xaneiro de 2015.- O Alcalde-Presidente, Manuel Martínez Núñez R. 0207 BEGONTE Anuncio Información pública Habéndose aprobado por resolución da alcaldía de data vinte de xaneiro de dous mil quince os padrós que a continuación se relacionan, e expóñense o público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. - Taxa por abastecemento de auga e ive sobre o seu consumo, correspondente o cuarto trimestre do ano dous mil catorce. - Taxa por recollida de lixo correspondente o cuarto trimestre do ano dous mil catorce. - Taxa pola rede de sumidoiro correspondente o cuarto trimestre do ano dous mil catorce. - Taxa canón de auga da Xunta de Galicia correspondente ó cuarto trimestre do ano dous mil catorce. - Taxa de autoconsumos de auga correspondente ó cuarto trimestre do ano dous mil catorce. Recurso: Contra o acordo da aprobación do padrón poderá interporse recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día inmediato seguinte ó do término do período de exposición ó público do padrón. Órgano ante o que se recorre: Sr. Alcalde-presidente do Concello de Begonte. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, contados a partir do período de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria, a través de Servicio Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público dos padrós e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación. Begonte, 20 de xaneiro de 2015.- O ALCALDE, José Ulla Rocha R. 0268 GUNTÍN Anuncio Habiendo quedado definitivamente aprobado por el Pleno de este Ayuntamiento el Presupuesto para el ejercicio económico de 2015, por acuerdo adoptado en sesión celebrada el día DIECINUEVE DE DICIEMBRE DE 2014, en 30 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo cumplimiento a lo que dispone el artículo 169.3 del R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se hace público que dicho Presupuesto asciende tanto en Gastos como en Ingresos a la cuantía de UN MILLON QUINIENTOS OCHENTA MIL CUATROCIENTOS VEINTIDÓS EUROS, (1.580.422,00€) correspondiendo a cada capítulo las cantidades que a continuación se expresan, según siguiente detalle: ESTADO DE GASTOS CAP. CONCEPTO IMPORTE A)OPERACIONES CORRIENTES 1 GASTOS DE PERSONAL 2 GASTOS CORRIENTES EN BIENES Y SERVICIOS 3 GASTOS FINANCIEROS 4 TRANSFERENCIAS CORRIENTES B)OPERACIONES DE CAPITAL 6 INVERSIONES REALES 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 8 ACTIVOS FINANCIEROS 9 PASIVOS FINANCIEROS 581.854,00 710.285,00 0,00 84.300,00 TOTAL GASTOS 203.983,00 0,00 0,00 0,00 1.580.422,00 ESTADO DE INGRESOS CAP. CONCEPTO IMPORTE A)OPERACIONES CORRIENTES 1 IMPUESTOS DIRECTOS 2 IMPUESTOS INDIRECTOS 3 TASAS, PRECIOS PUBLICOS Y OTROS INGRESOS 4 TRANSFERENCIA CORRIENTES 5 INGRESOS PATRIMONIALES B)OPERACIONES DE CAPITAL 6 ENAJENACION DE INVERSIONES REALES 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 8 ACTIVOS FINANCIEROS 9 PASIVOS FINANCIEROS TOTAL INGRESOS 390.270,00 52.000,00 108.504,00 902.563,00 700,00 70,00 126.315,00 0,00 0,00 1.580.422,00 En la referida sesión, también se acordó aprobar la plantilla y la relación de puestos de trabajo de esta Corporación que, de acuerdo con lo que preceptúa el art. 127 del Real Decreto Legislativo 781/1986, de 18 de abril, se reproduce a continuación: PLANTILLA Y RELACIÓN DE PUESTOS DE TRABAJO A) FUNCIONARIOS DE CARRERA Nº 01 01 01 01 01 01 01 DENOMINACIÓN PLAZA Secretario-Interventor Agrup. Portomarín Escala: Habilitacion nacional Subescala: Secretaría-Intervención Administrativo Escala: Admin. General Administrativo Escala: Admin. General Administrativo Administración Especial Escala: Administración Especial Alguacil-Portero Escala: Administración General Operario Administración Especial Escala: Administración General Conserje Escala: Administración General GRUPO A1 NIVEL CD 30 SITUACION Propiedad C1 22 Propiedad C1 16 Vacante C1 16 Vacante AP 14 Propiedad AP 14 Vacante AP 14 Propiedad 31 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B) Nº 01 01 01 01 01 B.O.P de Lugo PERSONAL LABORAL FIJO O INDEFINIDO DENOMINACIÓN PLAZA Trabajador Social en agrupación (Fijo) Administrativo (indefinido) Operario Servicios múltiples, asimilado AP Peón de servicios múltiples , asimilado AP (Vacante) Limpador edificios, asimilado AP (Vacante) C) PERSONAL LABORAL TEMPORAL Nº 01 01 01 01 05 02 02 01 DENOMINACIÓN PLAZA Brigada de Extinción de Incendios, desbroces y motobomba Informador Juvenil Técnico de Explotaciones Agrícolas Agente de Empleo y Desenvolvimiento Local Auxiliares de Ayuda a Domicilio Socorristas Piscinas Brigada Obras (2 peones) Limpiador instalaciones (Desempeño temporal de plaza vacante de P.L.F.) CARACTERISTICAS Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa Jornada Completa De conformidad con lo preceptuado en al art. 171.l del R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, contra la aprobación definitiva del presupuesto municipal se podrá interponer directamente recurso contencioso administrativo ante el Tribunal Superior de Justicia de Galicia en la forma y plazos que establecen las normas de la jurisdicción contencioso-administrativa. Guntín, 16 de enero de 2.015.- El Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro. R. 0208 LUGO Anuncio En sesión plenaria ordinaria celebrada polo Concello de Lugo o día sete de outubro de dous mil catorce, aprobouse inicialmente o acordo de APROBACIÓN DO PROXECTO DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL NO RELATIVO AO ARTICULADO REGULADOR DA COMISIÓN DE SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS, e someteuse, con posterioridade, aos trámites regulamentarios, sen que se formularan alegacións, polo que, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, a dita aprobación inicial quedou elevada a definitiva. De conformidade co disposto no artigo 196.2 do Rd 2568/86, do 28 de novembro polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das EELL, unha vez transcorrido o prazo de quince días hábiles disposto polo artigo 65.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local, para a formulación de reparos por parte da Administración do Estado e Comunidade Autónoma, o novo texto do Regulamento orgánico municipal aprobado polo acordo plenario de referencia, entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación íntegra no BOP. O que se fai público para xeral coñecemento, significando que contra o acordo elevado a definitivo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de DOUS MESES, contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Xúntase, como ANEXO a este anuncio o texto integro do Regulamento Orgánico Municipal unha vez introducidas as modificacións aprobadas. Lugo, 14 de xaneiro de 2015 O Secretario Xeral do Pleno, José Antonio Carro Asorey. O Tenente de Alcalde Delegado da Área de Servizos Xerais, Manuel Núñez López 32 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo ANEXO I REGULAMENTO ORGÁNICO MUNICIPAL DEL PLENO DO CONCELLO DE LUGO ÍNDICE TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 1. Obxecto e natureza. 2. Pleno. 3. Competencias. 4. Comisións. 5. Organización. 6. Equipo de goberno. TÍTULO II ESTATUTO DOS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS Capítulo primeiro.- Dereitos e deberes Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 7. Réxime. 8. Dereito e deber de asistencia. 9. Retribucións. 10. Asistencia xurídica. 11. Abstención e recusación. 12. Comportamento. 13. Responsabilidade. Capítulo segundo.- Dereito á información Sección primeira. Disposicións xerais. Artigo 14. Dereito á información administrativa. Artigo 15. Modalidades de exercicio. Sección segunda. O exercicio do dereito á información polos concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno e polos membros de órganos colexiados. Artigo 16. Concelleiros e/ou Concelleiras con responsabilidades de goberno. Artigo 17. Membros de órganos colexiados. Sección terceira. O exercicio do dereito á información para a función de fiscalización e control Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 18. Información para a función de fiscalización e control. 19. Información contida nos libros de resolucións e libros de actas. 20. Forma de acceso. 21 Principios. 22. Información periódica. Capítulo terceiro.- Rexistros de intereses Artigo Artigo Artigo Artigo 23. Declaracións. 24. Rexistros de intereses do Concello. 25. Acceso ó Rexistro de Causas de Posible Incompatibilidade e de Actividades. 26. Rexistro Especial de Intereses. Capítulo cuarto.- Os grupos políticos Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 27. Disposición xeral. 28. Adscrición ós grupos políticos. 29. Constitución dos grupos municipais. 30. Grupo mixto. 31. Dotación económica ós grupos. Medios persoais e materiais. 32. Información. 33. Designación de representantes ou membros nos órganos colexiados. 34. Membros non adscritos. 33 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo TÍTULO III ORGANIZACIÓN DO PLENO Capítulo primeiro.- Presidente ou Presidenta do Pleno Artigo 35. Funcións. Artigo 36. Delegación. Artigo 37. Suplencia. Capítulo segundo.- Secretaría Xeral Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 38. Funcións. 39. Competencias. 40. Estrutura e dotacións. 41. Rexistro do Pleno. 42. Emisión de informes. Capítulo terceiro.- Xunta de Portavoces Artigo 43. Composición e constitución. Artigo 44. Funcións. Artigo 45. Adopción de acordos. TÍTULO IV FUNCIONAMENTO DO PLENO Capítulo primeiro.- As sesións Sección única. Clases de sesións, lugar de celebración, asistencia dos concelleiros e/ou concelleiras e presenzados membros da xunta de goberno non-concelleiros ou non-concelleiras , duración e publicidade. Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 46. Clases de sesións. 47. Sesións ordinarias. 48. Sesións extraordinarias. 49. Sesións extraordinarias a solicitude dos concelleiros/as. 50. Sesións extraordinarias de carácter urxente. 51. Lugar de celebración. 52. Presenza na sesión dos membros da Xunta de Goberno, non-concelleiros ou non-concelleiras. 53. Duración. 54. Publicidade. Capítulo segundo.- Convocatoria e orde do día Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 55. Convocatoria. 56. Distribución. 57. Documentación dos asuntos. 58. Fixación da orde do día. 59. Estrutura. 60. Terminoloxía. 61. Cualificación e número máximo de iniciativas. Capítulo terceiro. Desenvolvemento das sesións Artigo Artigo Artigo Artigo 62. Válida constitución. 63. Aprobación da acta da sesión anterior. 64. Orde no despacho dos asuntos. 65. Asuntos retirados ou sobre a mesa. Capítulo cuarto.- A disciplina Artigo Artigo Artigo Artigo 66. Uso da palabra. 67. Cuestións de orde. 68. Intervencións por alusións. 69. Chamadas á orde. Capítulo quinto.- Os debates Artigo 70. Ordenación dos debates. Artigo 71. Ausencia por causa de abstención. Artigo 72. Asuntos sen debate. 34 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 73. Asuntos con debate. Capítulo sexto.- As votacións Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 74. Carácter e sentido de voto. 75. Clases de votacións. 76. Sistema de votación. 77. Quórum de adopción de acordos. 78. Momento e forma da votación. 79. Explicación de voto. Capítulo sétimo.- As actas Artigo 80. Actas. TÍTULO V PROCEDEMENTO PARA A ADOPCIÓN DE ACORDOS Capítulo primeiro.- Propostas e proposicións Artigo Artigo Artigo Artigo 81 Iniciativa. 82. Presentación. 83. Necesidade de ditame. 84. Intervencións. Capítulo segundo.- Mocións de urxencia Artigo 85. Presentación e tramitación. Capítulo terceiro.- Emendas Artigo 86. Presentación e tramitación. TÍTULO VI PROCEDEMENTO DE APROBACIÓN DE NORMAS E PRESUPOSTOS Capítulo primeiro.- Disposicións xerais Artigo 87. Ámbito de aplicación. Artigo 88. Iniciativa normativa. Capítulo segundo.- Proxectos normativos Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 89. Documentación do expediente e contido dos proxectos. 90. Aprobación inicial. 91. Información pública e audiencia. 92. Aprobación definitiva por falta de alegacións. 93. Aprobación definitiva en caso de alegacións. Capítulo terceiro.- Proposicións normativas Artigo 94. Proposicións normativas. Artigo 95. Tramitación das proposicións tomadas en consideración. Capítulo cuarto.- Iniciativa popular Artigo 96. Remisión. Capítulo quinto.- Presupostos Artigo Artigo Artigo Artigo 97. Réxime e preferencia. 98. Ámbito. 99. Especialidades na tramitación. 100. Emendas. TÍTULO VII INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN, IMPULSO E CONTROL E DECLARACIÓNS INSTITUCIONAIS Capítulo primeiro.- Preguntas 35 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 101. Disposicións comúns. 102. Preguntas de resposta oral ante o Pleno: destinatario, forma e contido. 103. Inadmisión. 104. Presentación. 105. Debate. 106. Preguntas de resposta oral en Comisión. 107. Contestación por escrito ás preguntas. Capítulo segundo.- Rogos en Pleno e Comisión. Artigo 108. Obxecto e destinatario. Capítulo terceiro.- Comparecencias ante o Pleno e ante as comisións Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 109. Obxecto e destinatario. 110. Inadmisión. 111. Presentación de solicitudes de comparecencia. 112. Desenvolvemento das comparecencias. 113. Comparecencias en Comisión. Capítulo cuarto.- Debate sobre o estado do Concello Artigo 114. Debate sobre o estado do Concello. Capítulo quinto.- Moción de censura e cuestión de confianza Artigo 115. Carácter da votación e remisión. Capítulo sexto.- Declaracións institucionais Artigo 116. Concepto, ámbito e presentación. TÍTULO VIII AS COMISIÓNS Capítulo primeiro.- Disposicións comúns Artigo 117. Clases. Artigo 118. Organización. Artigo 119. Funcionamento. Artigo. 120 . As actas das sesións das comisións do Pleno. Capítulo segundo.- Comisións permanentes Sección primeira. Disposicións xerais Artigo Artigo Artigo Artigo Artigo 121. Clases. 122. Acordos de creación. 123. Competencia. 124. Designación. 125. Clases de sesións. Sección segunda. Disposicións específicas das comisións ordinarias Artigo Artigo Artigo Artigo 126. Estrutura. 127. Ditame de normas. 128. Ditame de acordos. 129. Acordos da Comisión. Capítulo terceiro.- Comisión Especial de Contas Artigo 130. Regulación. Capítulo cuarto.- Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións Artigo Artigo Artigo Artigo 131. Composición e funcións. 132. Presentación de suxestións e reclamacións. 133. Procedemento. 134. Tramitación ante a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. B.O.P de Lugo 36 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Capítulo quinto.- Comisións non-permanentes Artigo 135. Creación. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira. Representación e defensa en xuízo. Segunda. Participación cidadá. Terceira. Interpretación e aplicación do regulamento. Cuarta. Comisións especiais. Quinta. Diario de sesións. Sexta. Aplicación do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. Sétima. Modificacións lexislativas. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS Primeira. Acordos sobre creación, composición e competencias das comisións informativas e sobre a periodicidade das sesións. Segunda. Comisión Informativa Especial de Estudo do Planeamento. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Única. Disposicións derrogadas. DISPOSICIÓN FINAL Única. Comunicación, publicación e entrada en vigor. Exposición de motivos I. Sen dúbida, o aspecto máis importante da reforma do réxime local introducida pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, consiste en establecer un réxime específico de organización para as grandes cidades, denominadas no texto legal "municipios de gran poboación". A partir da entrada en vigor da Lei de modernización do goberno local coexisten dous réximes de organización municipal: o común e o específico das grandes cidades. A tensión entre uniformidade e variedade foi analizada en numerosos estudos sobre o réxime local. A exposición de motivos da Lei de modernización aborda explicitamente esta cuestión e, tras especificar que o réxime local español se caracterizou tradicionalmente por un "excesivo uniformismo", indica que esta tendencia supuxo que "existise e exista substancialmente un réxime común que, con escasas singularidades que teñen en conta a dimensión demográfica, configura un modelo orgánico - funcional substancialmente similar para todos os municipios, sendo practicamente igual para os que apenas superan os 5.000 habitantes como para os que teñen varios centos de miles e incluso millóns". "Deste uniformismo", prosegue a exposición de motivos, "resentíronse singularmente as maiores cidades españolas, que viñeron reclamando un réxime xurídico que lles permitise facer fronte á súa enorme complexidade como estruturas político-administrativas". O goberno urbano non recibiu ata agora un tratamento suficiente no noso ordenamento xurídico, que respondese ás necesidades específicas dos municipios altamente poboados. De aí que o lexislador básico optase por abordar as reformas normativas necesarias "para poder facer fronte a elas no contexto dunha sociedade dinámica e en constante evolución". O aspecto máis destacado do novo réxime de organización implantado pola Lei 57/2003 para os municipios de gran poboación reside na separación entre as estruturas executivas e administrativas, por un lado, e o órgano representativo, por outro. Introdúcese unha forma de goberno baseada na dualidade organizativa que sitúa en planos diferentes ó Alcalde e a Xunta de Goberno como órganos executivos e de xestión e ó Pleno do Concello como órgano de control, á vez que mantén a atribución de potestades tan relevantes como a regulamentaria, a tributaria e financeira, a presupostaria e compartindo co Alcalde a de autoorganización. En termos xurídicos, esta configuración é perfectamente incardinable no modelo europeo de goberno local cuñado pola Carta Europea da Autonomía Local, que respalda esa disociación entre órgano representativo e órgano executivo cando prevé no seu artigo 3.2 que as asembleas ou consellos electivos "poden dispoñer de órganos executivos responsables ante eles mesmos". Desde a perspectiva da teoría política, a opción de trasladar o modelo xa existente no ámbito do Estado e no das comunidades autónomas responde á necesidade de buscar unha maior eficacia no goberno do Concello. Dentro dese esquema, o órgano representativo é o Pleno, que se define precisamente como o "órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal" (artigo 122.1 da LBRL). 37 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Se nos atemos estritamente ó que afirma o propio texto legal acerca da finalidade que o guiou neste punto, cabe reter dúas afirmacións da exposición de motivos: - Un dos grandes obxectivos da Lei consiste en "responder á necesidade dun debate político aberto e creativo sobre as principais políticas da Concello, así como afondar no control da acción dun executivo reforzado, o que implica que o Pleno desenvolva as súas potencialidades deliberantes e fiscalizadoras". - Coa nova regulación, “o Pleno configúrase como un verdadeiro órgano de debate das grandes políticas locais que afectan ó municipio e de adopción das decisións estratéxicas”. As expresións que subliñamos ("órgano de debate", "potencialidades deliberantes e fiscalizadoras") son suficientemente significativas como para chegar a unha conclusión: os regulamentos parlamentarios constitúen unha referencia ineludible á hora de deseñar os mecanismos de control da acción de goberno. E esta conclusión imponse sen necesidade de entrar no debate acerca de se, ou en qué medida, quixo o lexislador dotar ó Pleno dunha configuración estritamente parlamentaria. Despréndese do anterior que o regulamento orgánico do Pleno ha de responder a dúas fontes de inspiración distintas pero complementarias: os regulamentos orgánicos xa existentes noutros municipios e os regulamentos parlamentarios. II. O obxecto do presente regulamento de natureza orgánica consiste en establecer a regulación do Pleno, en cumprimento do disposto polo título X da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LBRL), introducido pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local. Dentro do título X da LBRL, o Regulamento orgánico do Pleno aparece mencionado en dúas disposicións: o artigo 123.1.c), que prevé a existencia de diversos "regulamentos de natureza orgánica" (en plural) e engade que terá en todo ese carácter "a regulación do Pleno", e o artigo 122.3, que establece que "o Pleno dotarase do seu propio regulamento, que terá a natureza de orgánico". Aínda que este último precepto admite que a regulación da organización e funcionamento do Pleno "poderá conterse tamén no regulamento orgánico municipal" (en singular), optouse por elaborar un regulamento orgánico específico para o Pleno. Non só é a solución máis acorde co teor literal do artigo 123.1.c) da LBRL, senón que ademais resulta a decisión máis adecuada se temos en conta a cantidade e heteroxeneidade dos regulamentos orgánicos mencionados nel. A opción por unha pluralidade de regulamentos despréndese ademais do réxime de iniciativa normativa previsto polo lexislador básico. O regulamento do Pleno singularízase fronte ós demais regulamentos de natureza orgánica porque o artigo 127.1.a), ó atribuírlle á Xunta de Goberno Local a aprobación dos proxectos dos regulamentos orgánicos, exclúe da dita iniciativa o caso específico da regulación do Pleno. O obxecto do presente regulamento comprende a regulación das comisións, xa que a Lei 57/2003 configurounas como parte integrante do Pleno. Entre as ditas comisións encóntrase a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións prevista no artigo 132, cuxa regulación reviste carácter orgánico. Delimitado o obxecto do presente regulamento por referencia ó Pleno e ás súas comisións, quedan fóra do seu ámbito de aplicación as demais materias enunciadas polo artigo 123.1.c), que son obxecto de normas orgánicas específicas. III. Sen ánimo de realizar unha análise exhaustiva do contido do Regulamento, a continuación expóñense algúns dos seus aspectos máis relevantes: 1. No tratamento do dereito á información e á documentación administrativa optouse por substituír a clasificación establecida polos artigos 14 e 15 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que aprobou o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF) por unha tipoloxía máis clara, que atenda ás funcións exercidas en cada caso polos concelleiros e/ou concelleiras. En función dese criterio distínguese a información en exercicio de responsabilidades de goberno, en exercicio da condición de membro dun órgano colexiado e en exercicio de funcións de control e fiscalización. Os concelleiros e/ou concelleiras poderán pedir información sobre os expedientes administrativos mediante unha solicitude para cuxa resolución se recolle o prazo de cinco días naturais establecido polo artigo 77 da LBRL, e mantense o réxime de silencio positivo que deriva da regulación básica en materia de procedemento administrativo. Garánteselles ademais o acceso directo ás resolucións, tal e como estaba previsto con anterioridade [artigo 15.c), inciso segundo, do ROF]. Considerouse útil recoller expresamente criterios de exercicio do dereito á información que están pacificamente asentados pola xurisprudencia e recollidos pola doutrina, caso do principio constitucional de eficacia ou a necesidade de concretar o obxecto das peticións. 2. Tanto na propia estrutura do regulamento como na secuencia prevista para o desenvolvemento dun Pleno se intentou distinguir con claridade tres partes: a adopción de acordos desprovistos de carácter normativo, a aprobación de normas e presupostos, e os instrumentos de información, impulso e control. Na ordenación dos debates e na fixación das quendas de intervención evitouse unha regulación excesivamente ríxida. 38 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. A aprobación de normas con vocación de regular un determinado aspecto da vida social de competencia municipal é sen dúbida unha das potestades fundamentais do Pleno. De aí que o regulamento orgánico do Pleno dedique un título específico ó procedemento de aprobación de normas. Do contido do título VI cabe destacar dous aspectos. Por un lado, a regulación da presentación de emendas en Comisión e en Pleno. Por outro, o enfoque do trámite de audiencia e información pública que se intercala entre a aprobación inicial e a definitiva. Era necesario dispoñer dunha regulación clara do momento e da forma en que se poden presentar emendas ós proxectos de ordenanzas e regulamentos. A opción seguida neste punto consiste en que, recibido o proxecto de norma ábrese un prazo para a presentación de emendas, tras o cal se deberá reunir a Comisión competente para ditaminalo. No trámite de aprobación inicial, xa só se poderán debater aquelas emendas que, tendo sido debatidas e votadas en Comisión, non se incorporasen ó seu ditame. A lexislación básica dispón que se non se reciben alegacións no período de información pública a aprobación se converta en definitiva (artigo 49 da LRBL). Resulta lóxico, por tanto, que na fase de aprobación definitiva só se admitan emendas en Comisión se se refiren á modificacións introducidas no texto como consecuencia das alegacións. Respecto das emendas no Pleno de aprobación definitiva, rexe a mesma norma que no de aprobación inicial: só se poderán defender as xa presentadas e rexeitadas na Comisión previa. No procedemento establecido para a tramitación dos proxectos, optouse por residenciar no ámbito do goberno a valoración das alegacións que formulen os cidadáns e cidadás no trámite de audiencia e información pública. Despois da aprobación inicial, o Pleno devolverá o expediente á Xunta de Goberno para que a recepción e valoración das alegacións se realice en sede administrativa. A decisión adoptada obedece a dúas razóns: a natureza do trámite de información pública e a atribución á Xunta de Goberno da aprobación do proxecto. Obviamente, o sistema elixido non supón furtar ó Pleno a decisión última acerca da aceptación ou o rexeitamento das alegacións, posto que o órgano representativo ten a competencia para a resolución das reclamacións e suxestións e a aprobación definitiva da norma. 4. As comisións previstas na nova redacción da LBRL teñen tres funcións: - O estudo dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno. - O seguimento da xestión do Alcalde ou Alcaldesa e do seu equipo de goberno. - Aquelas que o Pleno lles delegue. Igual que sucede co Pleno, a nova lei reforza as funcións de control da acción de goberno das comisións. Para o desenvolvemento da función de información, impulso e control, o regulamento prevé os mecanismos das preguntas e as comparecencias, típicos da actividade parlamentaria. Os destinatarios e/ou destinatarias destas iniciativas non serán só os concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno, xa que tamén os/as titulares dos órganos directivos municipais poderán comparecer en Comisión e responder ás preguntas que se tramiten nelas. En todo caso, as novidades máis suliñables nesta función do Pleno e das súas comisións refírense á regulación pormenorizada dos procedementos de control e fiscalización e á introdución do debate sobre o estado do Concello, que se celebrará anualmente para analizar a situación xeral do Concello e debater as liñas mestras da acción de goberno. Polo que se refire ó seu papel no procedemento de aprobación de normas, as comisións están chamadas a converterse na canle fundamental para a presentación de emendas por parte dos concelleiros e/ou concelleiras. Por iso, a celebración das sesións deberá acompasarse ó ritmo de tramitación dos proxectos e proposicións que se tramiten en cada Comisión. A regulación das comisións inclúe cadanseus capítulos específicos dedicados á Comisión Especial de Contas e á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. TÍTULO I DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto e natureza. 1. O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento do Pleno do Concello de Lugo. 2. O regulamento ten natureza orgánica e dítase ó amparo do previsto nos artigos 122.3 e 123.1.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, introducidos pola Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local. 39 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 2. Pleno. O Pleno, formado polo Alcalde ou Alcaldesa e os concelleiros e concelleiras, é o órgano de máxima representación política dos cidadáns e cidadás no goberno municipal. Artigo 3. Competencias. 1. Ó Pleno correspóndenlle as competencias que a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, atribúe ó pleno do concello dos municipios de gran poboación e as demais que expresamente lle confiran as leis. 2. As competencias do Pleno poderanse delegar a favor das comisións nos termos previstos pola lexislación de réxime local. Artigo 4. Comisións. O Pleno disporá de comisións, que estarán formadas polos membros que designen os grupos políticos en función do número de concelleiros e concelleiras que teñan no Pleno. Artigo 5. Organización. O órgano de dirección do Pleno é o seu Presidente ou Presidenta, que no desenvolvemento das súas funcións contará coa asistencia da Secretaría Xeral do Pleno e a Xunta de Portavoces. Artigo 6. Equipo de goberno. Cando neste regulamento se fai referencia ó equipo de goberno, enténdense comprendidos na dita expresión o Alcalde ou Alcaldesa, a Xunta de Goberno Local e os seus membros, incluídos os que non teñan a condición de concelleiro/a, así como os demais concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno, entre os que se comprenden os concelleiros delegados e/ou concelleiras delegadas e os concelleiros presidentes e/ou concelleiras presidentas dos distritos, se os/as houbese. TÍTULO II ESTATUTO DOS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS Capítulo primeiro.- Dereitos e deberes Artigo 7. Réxime. Son dereitos e deberes dos concelleiros e concelleiras os establecidos na lexislación de réxime local e no presente regulamento. Artigo 8. Dereito e deber de asistencia. Os concelleiros e/ou concelleiras teñen o dereito e o deber de asistir, con voz e voto, ás sesións do Pleno e ás daqueloutros órganos colexiados dos que formen parte, salvo causa xusta que llelo impida, que deberán comunicar con antelación suficiente ó presidente do órgano de que se trate. Artigo 9. Retribucións. Os concelleiros e/ou concelleiras teñen dereito a percibir as retribucións que correspondan ó seu réxime de dedicación, de conformidade co disposto polo artigo 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e nas disposicións que dite o Pleno no seu desenvolvemento. Artigo 10. Asistencia xurídica. Os concelleiros e/ou concelleiras teñen dereito a solicitar asistencia xurídica da Asesoría Xurídica, a través do/da titular da concellería ou da área na que aquela se encontre integrada, nos procedementos xudiciais que se sigan por razón de actos ou omisións relacionados directamente co exercicio do seu cargo e sempre que non exista conflito de intereses, nos termos establecidos no Regulamento orgánico de goberno e administración para o persoal ó servizo do Concello de Lugo. Artigo 11. Abstención e recusación. 1. Sen prexuízo das causas de incompatibilidade establecidas pola lei, os concelleiros e/ou concelleiras deberán absterse de participar na deliberación, votación, decisión e execución de todo asunto cando concorra algunha das causas a que se refire a lexislación de procedemento administrativo e contratos das administracións públicas. 40 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 2. A actuación dos concelleiros e/ou concelleiras en que concorran motivos de abstención implicará, cando fose determinante, a invalidez dos actos en que interviñesen. 3. Os interesados e/ou interesadas poderán promover a recusación dos concelleiros e/ou concelleiras cando estimen que concorre algunha causa de abstención, correspondendo ó Pleno resolver as recusacións que poidan formularse contra o Alcalde ou Alcaldesa e os concelleiros e/ou concelleiras. Artigo 12. Comportamento. Os concelleiros e/ou concelleiras están obrigados a observar a cortesía debida e a respectar as normas de orde e de funcionamento dos órganos municipais, así como a gardar secreto acerca das actuacións e os debates sobre asuntos que puideran afectar ó dereito fundamental dos cidadáns e cidadás recollido no artigo 18 da Constitución española. Artigo 13. Responsabilidade. 1. Os concelleiros e concelleiras están suxeitos a responsabilidade civil e penal polos actos e omisións realizados no exercicio do seu cargo, nos termos establecidos no ordenamento xurídico. As responsabilidades esixiranse ante os tribunais competentes e tramitaranse polo procedemento legalmente establecido. 2. Son responsables dos acordos do Concello os membros da Corporación que votasen a favor da súa adopción. 3. O Concello poderá esixir a responsabilidade dos seus membros cando por dolo ou culpa grave causasen danos e perdas á Corporación ou a terceiros, se estes fosen indemnizados por aquela. Capítulo segundo.- Dereito á información SECCIÓN PRIMEIRA. DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 14. Dereito á información administrativa. Na súa condición de membros da Corporación, os concelleiros e concelleiras teñen dereito a obter do goberno e da administración municipal os antecedentes, datos e informacións que estean en poder dos servizos municipais e sexan necesarios para o desenvolvemento das súas funcións, nos termos establecidos na lexislación sobre o réxime local e de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e de acordo co establecido no presente regulamento. Artigo 15. Modalidades de exercicio. 1. De acordo coas funcións exercidas en cada caso polos concelleiros e/ou concelleiras, recoñécense as seguintes modalidades de exercicio do dereito á información: a) En exercicio de responsabilidades de goberno. b) En exercicio da condición de membro dun órgano colexiado. c) En exercicio de funcións de control e fiscalización. 2. O dereito á información recoñecido ós concelleiros e/ou concelleiras nas súas dúas primeiras modalidades estenderase tamén ós membros da Xunta de Goberno que non teñan a condición de concelleiro/a. SECCIÓN SEGUNDA. O EXERCICIO DO DEREITO Á INFORMACIÓN POLOS CONCELLEIROS E/OU CONCELLEIRAS CON RESPONSABILIDADES DE GOBERNO E POLOS MEMBROS DE ÓRGANOS COLEXIADOS. Artigo 16. Concelleiros e/ou Concelleiras con responsabilidades de goberno. Os concelleiros e/ou concelleiras que exerzan responsabilidades de goberno poderán obter dos servizos municipais competentes e dos órganos xestores correspondentes calquera información relativa ós asuntos e materias incluídas no ámbito das súas responsabilidades. Artigo 17. Membros de órganos colexiados. 1. Na súa condición de membros do Pleno, das súas Comisións ou doutros órganos colexiados, os concelleiros e/ou concelleiras poderán obter información dos asuntos incluídos na orde do día das sesións que celebren os órganos dos que sexan membros mediante o acceso ós expedientes correspondentes. 2. A información estará á súa disposición na Secretaría do órgano colexiado, desde o momento da convocatoria. SECCIÓN TERCEIRA. O EXERCICIO DO DEREITO Á INFORMACIÓN PARA A FUNCIÓN DE FISCALIZACIÓN E CONTROL Artigo 18. Información para a función de fiscalización e control. 1. No exercicio das funcións de control e fiscalización dos órganos de goberno, os concelleiros e/ou concelleiras poderán solicitar a información que estea nos servizos municipais mediante escrito dirixido ó Alcalde ou Alcaldesa ou, se existise delegación expresa, ó órgano do equipo de goberno competente para a tramitación das peticións de información. 41 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo O escrito deberá concretar de forma precisa o obxecto da petición de información. A resolución desta petición corresponderalle ó Alcalde ou Alcaldesa, sen prexuízo das delegacións que poida efectuar, e nela concretarase a forma de facilitar a información solicitada. 2. A solicitude de acceso entenderase estimada por silencio administrativo en caso de que non se dite e notifique resolución expresa denegatoria no prazo de cinco días naturais contados desde o seguinte ó da data da súa presentación no Rexistro do Pleno. En caso de estimación por silencio administrativo, os concelleiros e/ou concelleiras poderán solicitarlle ó órgano competente para tramitar as peticións de información que lles indique a dependencia na que poden realizar a consulta. En todo caso, a resolución denegatoria deberá ser motivada e conterá as razóns fundadas en Dereito que impidan facilitar a información solicitada. Artigo 19. Información contida nos libros de resolucións e libros de actas. Os órganos dos que dependan os libros de resolucións e os libros de actas facilitaranlles ós concelleiros e/ou concelleiras directamente a información contida neles. Artigo 20. Forma de acceso. 1. A forma de facilitar a información consistirá con carácter xeral no acceso do concelleiro ou concelleira solicitante á dependencia en que se encontre depositada. 2. Os concelleiros e/ou concelleiras teñen dereito a obter copias de documentos concretos contidos nos expedientes que resulten precisos para o desenvolvemento das súas funcións, excepto naqueles supostos que afecten ó honor e intimidade persoal e familiar das persoas e á propia imaxe ou cando o volume ou a natureza da información non o aconselle. Este dereito exercerase de forma que non se vexa afectada a eficacia do funcionamento dos servizos. Non se poderán formular peticións indiscriminadas de copias dos expedientes. Artigo 21 Principios. 1. O exercicio do dereito á información non poderá implicar unha lesión do principio de eficacia administrativa, polo que haberá de harmonizarse co réxime de traballo dos servizos municipais. En particular, non poderán formularse peticións de información xenéricas ou indiscriminadas. 2. Os concelleiros e/ou concelleiras e os membros da Xunta de Goberno que non posúan aquela condición teñen a obrigación de preservar a confidencialidade da información que se lles facilite para o desenvolvemento da súa función. Especialmente, haberán de gardar reserva polo que respecta á información que poida afectar ós dereitos e liberdades dos cidadáns e cidadás recoñecidos pola Constitución. 3. Con independencia da canle que se estableza para remitir a información, os/as responsables de facilitala serán os órganos xestores dos expedientes en cada caso. Artigo 22. Información periódica. Co fin de facilitarlles ós concelleiros e/ou concelleiras a información necesaria para o desenvolvemento da súa función, e sen prexuízo do seu dereito a formular peticións de información nos termos previstos no presente capítulo, o equipo de goberno remitiralle mensualmente á Secretaría Xeral do Pleno a relación de todos os decretos e resolucións ditadas polos órganos individuais, acompañada de fotocopia deles. En canto á información que deba facilitárselles ós membros da Corporación relativa á execución do presuposto e as súas modificacións, estarase ó disposto na Lei reguladora das facendas locais e nas bases de execución do presuposto. Capítulo terceiro.- Rexistros de intereses Artigo 23. Declaracións. 1. Todos os concelleiros e concelleiras, así como os membros non electos da Xunta de Goberno Local, o persoal directivo e os funcionarios con habilitación estatal que desempeñen nesta entidade local posto de traballo cuberto mediante libre designación, formularán declaración sobre causas de posible incompatibilidade e sobre calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos. Formularán, así mesmo, declaración dos seus bens patrimoniais. 2. As declaracións ás que se refire o parágrafo precedente formularanse: a) Antes da toma de posesión. b) Con ocasión do cesamento no cargo. c) Ó final do mandato. d) Cando se modifiquen as circunstancias de feito. e) Anualmente. 42 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. As declaracións efectuaranse nos modelos elaborados pola Secretaría Xeral e aprobados polo Pleno, cuxo uso será obrigatorio para normalizar a documentación. 4. Na declaración relativa a causas de posible incompatibilidade e actividades farase constar: a) As actividades que constitúen posible causa de incompatibilidade, segundo a lexislación vixente. b) As actividades que proporcionen ou poidan proporcionar ingresos, sexan profesionais, mercantís ou industriais ou doutra natureza, por conta propia ou allea, incluída a administración da súa facenda ou patrimonio, expoñendo, no seu caso, nome ou razón social da empresa e emprego ou cargo que desempeña. 5. A declaración de bens patrimoniais comprenderá: a) Todos os bens inmobles, con indicación dos datos de inscricións rexistral e catastral, asi como a data de adquisición. Así mesmo, dentro desta letra incluiranse os dereitos de usufruto, uso e habitación de que sexan titulares. b) Os valores mobiliarios, debidamente identificados, mencionando o seu valor nominal e a entidade á que corresponden. c) As participacións en sociedades de todo tipo, con información das sociedades por elas participadas e das liquidacións dos impostos sobre a Renda e, no seu caso, Sociedades. d) Os vehículos, especificando a súa matrícula, marca, modelo e potencia. e) As participacións en fondos de inversión, plans de Pensións, depósitos e contas bancarias e produtos análogos ou similares, especificando a entidade bancaria, caixa de aforros ou financeira ou de inversión coa que estean concertados ou na que se atopen depositados. f) Os bens mobles de carácter histórico ou artístico ou de considerable valor económico integrantes do patrimonio persoal, debidamente identificados, con expresión da data de adquisición g) Os bens de natureza semovente, especificando o tipo e número de reses. En todo caso, deberá concretarse se os bens a que se refiren as letras precedentes teñen natureza privativa ou ganancial, ou se a titularidade se atopa en réxime de comunidade de bens ou están gravados con cargas reais, tales como dereitos de usufruto, uso e habitación, hipoteca e análogas previstas no ordenamento xurídico. 5. Das declaracións que se presenten se entregará unha fotocopia dilixenciada ó interesado. 6. As declaracións inscritas serán arquivadas pola súa orde, conservadas e custodiadas polo persoal encargado da Secretaría Xeral. Artigo 24. Rexistros de intereses do Concello. 1. Ambas as declaracións inscribiranse en cadanseus rexistros de intereses constituídos no Concello: o Rexistro de Causas de Posibles Incompatibilidades e de Actividades e o Rexistro de Bens Patrimoniais. 2. A levanza e custodia dos rexistros de intereses corresponderalle ó Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno. 3. Antes da toma de posesión dun dos cargos a que se refire o artigo 23, as persoas interesadas, que resulten proclamadas ou nomeadas, deberán formular perante o responsables dos dous Rexistros as declaracións de bens e de actividades. 4. Igual obriga haberán de cumprir con ocasión do cesamento no cargo ou final do mandato. No caso de cesamento no cargo de concelleiro ou concelleira, agás que ocorrera por causa de falecemento, as declaracións presentaranse polo interesado ou a interesada dende a data en que se formulara a renuncia ou se lle notificara a decisión xudicial ou a incompatibilidade que orixina a perda da condición de membro da Corporación e, en todo caso, antes da celebración da sesión plenaria na que se dea conta da causa do cesamento e se declare a vacante. A presentación das declaracións con ocasión do cese da Corporación será a partir do momento no que expire o mandato corporativo ata a data na que os concelleiros/as cesen no exercicio das súas funcións para a administración ordinaria. Cando se trate do cesamento de membros non electos da Xunta de Goberno Local, de titulares de órganos directivos ou de funcionarios con habilitación estatal as declaracións presentaranse dentro dos tres días hábiles seguintes á data na que se produciu ou decretou o seu cesamento. 4. Sempre que se produza algunha variación respecto do declarado deberá formularse declaración adicional no prazo de dous meses dende o día que se orixinou, expresando as alteracións ocorridas. 5. As declaracións anuais deberán presentarse dentro dos quince primeiros días do mes de xuño. 6. As declaracións anuais de actividades e bens publicaranse durante a segunda quincena do mes de xullo na páxina web municipal, mediante un anuncio comprensivo das actividades e da situación patrimonial, omitíndose os datos referentes á súa localización e salvagardando a privacidade e seguridade dos seus titulares. 43 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo As declaracións de bens e actividades por finalización de mandato publicaranse dentro do mes seguinte á data en que se teña constituída a Corporación Municipal, no mesmo medio e mediante un anuncio de iguais características que as declaracións anuais. 7. As declaracións inscribiranse nos libros referidos e referiranse a cada declaración formulada por orde correlativa de presentación, e conterán referencias ós seguintes aspectos: a) Número de orde. b) Data de rexistro. c) Nome e apelidos da persoa declarante. d) Extracto comprensivo das actividades e dos bens, salvagardando os aspectos protexidos pola lexislación de Protección de datos de carácter persoal, referidos ás persoas físicas cotitulares dos bens ou titulares de dereitos reais. Na declaración inscrita, farase constar o número de orde correspondente ó seu Libro de Rexistro, que estará foliado e rubricado. Artigo 25. Acceso ó Rexistro de Causas de Posible Incompatibilidade e de Actividades. 1. Os Rexistros contemplados neste capítulo teñen carácter público. Para o acceso ós datos contidos neles rexerán as seguintes regras: a) Calquera cidadán, a título individual ou en representación dunha persoa xurídica, que desexe coñecer as declaracións, deberá presentar no Rexistro Xeral ou polos medios previstos no artigo 38 do texto vixente da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común unha solicitude que reúna os requisitos que establece o artigo 70 da mesma lei, con indicación dos datos persoais do membro corporativo sobre cuxa declaración se interesa consulta. As solicitudes xenéricas non son admisibles. Non é necesario que concorra no peticionario requisito ou condición especial ou cualificada (interese directo ou lexítimo). b) As solicitudes de acceso ós rexistro resolveraas o Alcalde e a publicidade farase efectiva mediante comparecencia do solicitante ante o funcionario competente que lle exhibirá os asentos rexistrais correspondentes. Se se solicitara certificado, expedirao o Secretario/a Xeral do Pleno, co visto e prace do Alcalde. En todo caso, antes de ditar a resolución autorizando o acceso ou dispoñendo a expedición da certificación, deberá dárselle traslado da petición ó autor da declaración de actividades ou de bens para que poida manifestar cantas alegacións considere oportunas. Non será necesaria a autorización cando se trate do propio declarante, ou de tribunais ou do ministerio fiscal. Nos dous derradeiros casos daráselles traslado ó declarante afectado para o seu coñecemento, agás que na orde recibida se conteña unha obriga de reserva ou se se refira a actuacións xudiciais declaradas secretas. Artigo 26. Rexistro Especial de Intereses. Os representantes locais e membros non electos das Xunta de Goberno Local respecto ós que, en virtude do seu cargo, resulte ameazada a súa seguridade persoal ou a dos seus bens ou negocios, a dos seus familiares, socios, empregados ou persoas con quen tiveran relación económica ou profesional poderán realizar a declaración dos seus bens e dereitos patrimoniais ante o Secretario ou a Secretaria da Deputación Provincial de Lugo ou, no seu caso, ante o órgano competente da Xunta de Galicia. Neste suposto, achegarán ó Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno do Concello de Lugo mera certificación simple e sucinta das súas declaracións, e que estas están inscritas no Rexistro Especial de Intereses a que se refire o parágrafo anterior. Capítulo cuarto.- Os grupos políticos Artigo 27. Disposición xeral. Para os efectos da súa actuación corporativa, os concelleiros e as concelleiras do Concello de Lugo constituiranse en grupos políticos, excepto aqueles que teñan a consideración de membros non adscritos. Os membros non adscritos actuarán na Corporación de forma illada, sen poder percibir ou beneficiarse dos recursos económicos e materiais postos a disposición dos grupos políticos municipais da Corporación. Nas sesións sentaranse separados do grupo municipal de procedencia. Artigo 28. Adscrición ós grupos políticos. A adscrición ós grupos municipais rexerase polas seguintes normas: a) Constituirase un grupo municipal por cada lista electoral que obtivese representación no Concello. Para poder constituír e manter un grupo municipal será necesario contar cun mínimo de dous concelleiros/as, con excepción do grupo mixto. b) Ningún concelleiro ou concelleira poderá quedar adscrito a máis dun grupo municipal. c) Ningún concelleiro ou concelleira poderá pertencer a un grupo municipal diferente daquel que corresponda á lista electoral da que formase parte, salvo o caso do grupo mixto. 44 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo As formacións políticas que integren unha coalición electoral poderán formar grupos independentes cando se disolva a coalición correspondente, sempre que teñan dous concelleiros/as, como mínimo. d) Os concelleiros e/ou as concelleiras que pertenzan a un mesmo partido non poderán constituír grupos municipais separados. Artigo 29. Constitución dos grupos municipais. 1. Os grupos políticos constituiranse mediante escrito dirixido ó Presidente ou Presidenta e subscrito por todos os seus e as súas integrantes que se presentará no Rexistro do Pleno, dentro dos cinco días hábiles seguintes á constitución da Corporación. No escrito farase constar a denominación do grupo e o nome do/da portavoz, do/da portavoz adxunto/a e dos/das suplentes de ambos. 2. Os membros da Corporación que adquiran a súa condición con posterioridade á sesión constitutiva da Corporación incorporaranse ó grupo correspondente á lista na que concorresen ás eleccións. A incorporación debe facerse no prazo de dez días hábiles a partir da toma de posesión e mediante escrito dirixido á Presidencia e presentado no Rexistro do Pleno. 3. Da constitución dos grupos políticos municipais e dos/das seus/súas integrantes e portavoces, a Presidencia daralle conta ó Pleno, na primeira sesión que celebre, tras cumprirse o prazo previsto no número anterior. Artigo 30. Grupo mixto. 1. Grupo mixto é o formado por todos aqueles concelleiros e/ou concelleiras que concorresen ás eleccións municipais en formacións que non alcanzasen o mínimo de dous concelleiros/as para formar grupo propio. 2. O grupo mixto terá dereitos análogos ós do resto dos grupos. 3. Os/As integrantes do grupo mixto poderán exercer por rotación o cargo de portavoz, segundo a orde que eles mesmos determinen. 4. Salvo acordo en contra dos seus membros, nos debates do Pleno o tempo que corresponde ó/á portavoz distribuirase por partes iguais entre os membros do grupo. Artigo 31. Dotación económica ós grupos. Medios persoais e materiais. 1. O Pleno, con cargo ós presupostos anuais do Concello, asignaralles ós grupos políticos unha dotación económica que deberá contar cun compoñente fixo, idéntico para todos os grupos, e outro variable, en función do número de membros de cada un deles, dentro dos límites que, se é o caso, se establezan con carácter xeral nas leis de presupostos xerais do Estado e sen que poidan destinarse ó pagamento de remuneracións de persoal de calquera tipo ó servizo da Corporación ou á adquisición de bens que poidan constituír activos fixos de carácter patrimonial. 2. Os grupos políticos deberán levar unha contabilidade específica da dotación a que se refire o parágrafo anterior, que poñerán a disposición do Pleno, sempre que este o pida. 3. Para o desenvolvemento das súas funcións, os grupos municipais dispoñerán de locais adecuados e do persoal administrativo e o soporte técnico necesario, nos termos establecidos pola lexislación de réxime local. Para tal efecto, a Alcaldía, mediante resolución motivada, asignará os locais e establecerá o réxime concreto da súa utilización por parte dos grupos políticos municipais, tendo en conta a necesaria coordinación funcional e de acordo cos niveis de representación política de cada un dos grupos. Artigo 32. Información. Os grupos municipais poderán distribuír información escrita nas dependencias municipais e incluso fixala nos lugares que expresamente se lles asigne. Artigo 33. Designación de representantes ou membros nos órganos colexiados. Correspóndelles ós grupos políticos municipais designar, mediante escrito do seu ou da súa portavoz dirixido ó Presidente ou Presidenta e nos termos previstos en cada caso no presente regulamento, a aqueles dos seus ou das súas compoñentes que haxan de representalos/as nos órganos colexiados integrados por membros da Corporación. Artigo 34. Membros non adscritos. 1. Terán a consideración de membros non adscritos os concelleiros e/ou concelleiras que non se integren no grupo político que constitúa a formación electoral pola que foron elixidos ou que abandonen o seu grupo de procedencia. 2. Cando a maioría dos concelleiros e/ou concelleiras dun grupo político municipal abandone a formación política que presentou a candidatura pola que concorreron ás eleccións ou sexan expulsados dela, serán os concelleiros e/ou as concelleiras que permanezan na citada formación política os lexítimos integrantes do dito grupo político para todos os efectos, aínda cando non alcance o mínimo dos membros. En calquera caso, o Presidente ou Presidenta do Pleno poderá dirixirse ó/á representante legal da formación política que presentou a correspondente candidatura para os efectos de que se notifique a acreditación das circunstancias indicadas. 45 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. O disposto neste artigo non será de aplicación no caso de candidaturas presentadas como coalición electoral, cando algún dos partidos políticos que a integren decida abandonala. 4. Os concelleiros e/ou concelleiras que posúan a condición de non adscritos terán os dereitos económicos e políticos que, individualmente, lles correspondesen como membros da Corporación, pero non os que se derivan de forma directa e exclusiva da pertenza a un grupo político. TÍTULO III ORGANIZACIÓN DO PLENO Capítulo primeiro.- Presidente ou Presidenta do Pleno Artigo 35. Funcións. 1. Na súa condición de órgano de dirección do Pleno, o Presidente ou Presidenta asegura a boa marcha dos seus traballos, convoca e preside as sesións, dirixe os debates e mantén a orde deles. 2. Corresponde ó Presidente ou Presidenta cumprir e facer cumprir o presente regulamento, interpretándoo en caso de dúbida e suplíndoo en caso de omisión. 3. O Presidente ou Presidenta desempeña, así mesmo, todas as demais funcións que lle confiren as leis e este regulamento. Artigo 36. Delegación. A Presidencia do Pleno correspóndelle ó Alcalde ou Alcaldesa, quen poderá delegar a convocatoria e Presidencia deste órgano, cando o estime oportuno, nun dos concelleiros ou concelleiras, mantendo o seu dereito/deber de asistir ás sesións e a facultade de decidir os empates co seu voto de calidade, dado o carácter indelegable desta facultade. Artigo 37. Suplencia. 1. En caso de ausencia, vacante ou enfermidade, se o Alcalde ou Alcaldesa non delegase a Presidencia, será substituído por un tenente ou tenenta de alcalde, atendendo á orde do seu nomeamento. 2. Se a Presidencia estivese delegada, a suplencia desta axustarase ós termos previstos na delegación, e se nada se tivese previsto, estarase ó disposto no número anterior. 3. A suplencia producirase sen necesidade dun acto declarativo expreso ó respecto, debéndoselle dar conta ó Pleno desta circunstancia. Capítulo segundo.- Secretaría Xeral Artigo 38. Funcións. 1. O Pleno contará cun secretario ou secretaria xeral, que o será tamén das comisións, a quen lle corresponderá, baixo a dirección do Presidente ou Presidenta, a asistencia, apoio e asesoramento xurídico, técnico e administrativo dos ditos órganos. 2. O/A titular da Secretaría Xeral do Pleno ten carácter de órgano directivo e o seu nomeamento correspóndelle ó Presidente ou Presidenta, nos termos previstos pola Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. 3. A Secretaría Xeral do Pleno está integrada polo/pola seu/súa titular e o persoal municipal en que se estruturen as diferentes unidades e servizos dependentes daquela. 4. Nos supostos de vacante, ausencia, enfermidade ou cando concorra calquera outra causa que lle imposibilite ó/á titular da Secretaría o exercicio das súas funcións, estas serán desempeñadas polo/pola titular da Vicesecretaría do Concello, se o houbese, ou polo funcionario ou funcionaria a quen corresponda por delegación ou substitución. Artigo 39. Competencias. 1. Corresponderanlle ó Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno as seguintes funcións: 1.1.- A de fe pública respecto das actuacións do Pleno e das súas comisións. A este respecto, correspóndenlle, entre outras funcións, a redacción e custodia das actas, así como a supervisión e autorización delas, co visto e prace do Presidente ou Presidenta do Pleno, e a expedición, co visto e prace do Presidente ou Presidenta, das certificacións dos actos e acordos que se adopten. 1.2.- A asistencia ó Presidente ou Presidenta para asegurar a convocatoria das sesións, a orde nos debates e a correcta celebración das votacións, así como a colaboración no normal desenvolvemento dos traballos do Pleno e das comisións. 1.3.- A comunicación, publicación e execución dos acordos plenarios e dos adoptados por delegación polas comisións de Pleno, incluída a remisión á Administración do Estado e á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia da copia ou, se é o caso, extracto, dos actos e acordos do Pleno. 1.4.- O asesoramento legal ó Pleno e ás comisións, que será preceptivo nos seguintes supostos: 46 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo a) Cando así o ordene o Presidente ou Presidenta ou cando o solicite un terzo dos seus membros con antelación suficiente á celebración da sesión en que o asunto houbese de tratarse. b) Sempre que se trate de asuntos sobre materias para as que se esixa unha maioría especial. c) Cando unha lei así o esixa nas materias da competencia plenaria. d) Cando, no exercicio da función de control e fiscalización dos órganos de goberno, o solicite o Presidente ou Presidenta ou a cuarta parte, polo menos, dos concelleiros e concelleiras. e) No suposto do exercicio da iniciativa popular prevista na lexislación de réxime local. 1.6.- As funcións que a lexislación electoral lles asigna ós secretarios dos concellos. 1.7.- A levanza e custodia do rexistro de intereses dos membros da Corporación. 1.8.- A dirección do funcionamento do Rexistro do Pleno. 2. Quen teña a responsabilidade administrativa das funcións referidas no número anterior terá ó seu cargo a dirección e coordinación das unidades administrativas encargadas da súa realización, sen prexuízo das atribucións dos órganos de goberno do Concello en materia de organización e dirección dos seus servizos administrativos. 3. O Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno exercerá as súas funcións con autonomía e, para o cumprimento delas, poderá recabar de todos os órganos e servizos do Concello de Lugo canta información considere necesaria. Artigo 40. Estrutura e dotacións. 1. Para o desenvolvemento das súas funcións e competencias, a Secretaría Xeral disporá de locais adecuados, do persoal e do soporte técnico necesarios. 2. A estrutura e dotacións da Secretaría Xeral será establecida polos órganos municipais competentes, a iniciativa do/da titular da Secretaría. 3. Correspóndelle á Secretaría Xeral do Pleno, baixo a dirección do seu Presidente ou Presidenta, a administración dos medios necesarios para que o Pleno desenvolva as súas funcións. Artigo 41. Rexistro do Pleno. 1. Da Secretaría Xeral dependerá un rexistro propio e diferenciado do dos demais órganos do Concello, dedicado ó asento das iniciativas e á entrada e saída dos documentos relacionados co Pleno e ás súas comisións. 2. En todo o non previsto expresamente neste regulamento, o réxime de presentación dos documentos relativos ó Pleno e ás súas comisións será o establecido na lexislación estatal sobre o procedemento administrativo común e na lexislación sobre réxime local. Artigo 42. Emisión de informes. 1. As solicitudes de informe preceptivo da Secretaría Xeral do Pleno formuladas polo Presidente ou Presidenta ou polo número de concelleiros ou concelleiras previsto nas letras a) e d) do artigo 39.1.4. deberán presentarse no Rexistro do Pleno. O disposto no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo dos informes verbais que poida emitir o Secretario ou Secretaria Xeral no transcurso dunha sesión do Pleno ou das súas comisións a requirimento do seu Presidente ou Presidenta. 2. Nos casos indicados nas letras b), c) e e) do artigo 39.1.4. a entrada do asunto de que se trate no Rexistro do Pleno desencadeará a obriga de emitir informe, sen necesidade de solicitude. 3. O prazo para a emisión dos informes que preceptivamente lle corresponda emitir á Secretaría Xeral do Pleno será de dez días, sempre que obre na dita Secretaría a documentación e antecedentes necesarios para a súa emisión. Este prazo poderá ser ampliado pola Presidencia cando a entidade ou complexidade do asunto o xustifique. Capítulo terceiro.- Xunta de Portavoces Artigo 43. Composición e constitución. 1. A Xunta de Portavoces, órgano deliberante e consultivo, estará presidida polo Presidente ou Presidenta do Pleno ou o concelleiro ou concelleira en que delegue e integrada polos/polas portavoces dos grupos políticos. 2. A Xunta de Portavoces quedará constituída por resolución do Presidente ou Presidenta do Pleno, tan pronto como se formalizase a designación dos seus e das súas integrantes. As modificacións da súa composición axustaranse ó mesmo trámite. 3. A Xunta de Portavoces reunirase cando sexa convocada polo Presidente ou Presidenta do Pleno. Artigo 44. Funcións. 1. Correspóndelle á Xunta de Portavoces debater a orde do día das sesións ordinarias do Pleno. 2. Poderá ser tratada pola Xunta de Portavoces, ademais, calquera outra cuestión relacionada co funcionamento das sesións do Pleno. 47 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 45. Adopción de acordos. Os acordos da Xunta de Portavoces adóptanse por voto ponderado. TÍTULO IV FUNCIONAMENTO DO PLENO Capítulo primeiro.- As sesións SECCIÓN ÚNICA. CLASES DE SESIÓNS, LUGAR DE CELEBRACIÓN, ASISTENCIA DOS CONCELLEIROS E/OU CONCELLEIRAS E PRESENZA DOS MEMBROS DA XUNTA DE GOBERNO NON-CONCELLEIROS OU NON-CONCELLEIRAS , DURACIÓN E PUBLICIDADE. Artigo 46. Clases de sesións. As sesións do Pleno poderán ser ordinarias, extraordinarias e extraordinarias de carácter urxente. Artigo 47. Sesións ordinarias. 1. Son sesións ordinarias as que se celebran segundo unha periodicidade preestablecida. 2. Ó comezo do mandato, o Pleno fixará, a proposta do Presidente ou Presidenta, a periodicidade das sesións ordinarias, respectando, en todo caso, a periodicidade mínima establecida pola lexislación básica de réxime local. 3. Determinada a periodicidade das sesións ordinarias, corresponderalle ó Presidente ou Presidenta fixar o día e a hora de cada sesión, salvo que se establecesen por acordo plenario ó comezo do mandato. A determinación do día e hora de celebración de cada sesión ordinaria realizaraa o Presidente ou Presidenta dentro dos dez días seguintes ó da celebración da última sesión ordinaria, se ben se poderá modificar posteriormente. O decreto de sinalamento de día e hora seralles comunicado ós grupos políticos, ós presidentes/as das comisións do Pleno, ós concelleiros e concelleiras non-adscritos e ás unidades administrativas. Artigo 48. Sesións extraordinarias. O Pleno celebrará sesión extraordinaria cando así o decida o Presidente ou Presidenta ou o solicite a cuarta parte, polo menos, do número legal de membros da Corporación. Artigo 49. Sesións extraordinarias a solicitude dos concelleiros/as. 1. Ningún concelleiro ou concelleira poderá solicitar máis de tres sesións extraordinarias do Pleno ó ano. 2. A convocatoria solicitarase por escrito, no que se especificará o asunto que a motiva e, en caso de que se pretenda adoptar un ou varios acordos, incluirase o texto que se queira someter a debate e votación. 3. A celebración do Pleno extraordinario non poderá demorarse máis de quince días hábiles desde que fora solicitada, sen que se poida incorporar o asunto ou asuntos propostos á orde do día dun Pleno ordinario ou doutro extraordinario, se non o autorizan expresamente os/as solicitantes da convocatoria. Para tal efecto, se o Presidente ou Presidenta decidira facer uso desta alternativa, deberá contar co consentimento escrito de todos os concelleiros e concelleiras que firmasen a solicitude de celebración do Pleno extraordinario, dentro dos catro días hábiles seguintes ó da data da presentación daquela no Rexistro municipal regulamentario. 4. Se o Presidente ou Presidenta non convocase o Pleno extraordinario para a súa celebración no prazo indicado, quedará automaticamente convocado para o décimo día hábil seguinte ó da finalización do dito prazo, ás doce horas, o que será notificado polo Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno a todos os membros da Corporación ó día seguinte da finalización do prazo citado anteriormente. 5. En ausencia do Presidente ou Presidenta ou de quen legalmente haxa de substituílo, o Pleno será presidido polo membro da Corporación de maior idade entre os/as presentes. Artigo 50. Sesións extraordinarias de carácter urxente. 1. As sesións extraordinarias urxentes poderán ser convocadas polo Presidente ou Presidenta, cando a urxencia do asunto ou os asuntos que se vaian tratar non permita a convocatoria coa antelación mínima establecida neste regulamento. 2. O primeiro punto da orde do día será o pronunciamento sobre a urxencia. Se esta non resulta apreciada polo Pleno, levantarase acto seguido a sesión. Artigo 51. Lugar de celebración. 1. O Pleno celebrará as súas sesións na sede da Corporación, radicada na Casa Consistorial do Concello de Lugo. 2. Nos casos de forza maior, o Presidente ou Presidenta, despois de consultar á Xunta de Portavoces, poderá dispoñer a súa celebración noutro edificio habilitado para o efecto. 48 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 52. Presenza na sesión dos membros da Xunta de Goberno, non-concelleiros ou non-concelleiras. Os membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo que non teñan a condición de concelleiros ou concelleiras poderán asistir ás sesións do Pleno, con voz e sen voto, e intervir nos debates sen prexuízo das facultades de ordenación que corresponden ó seu Presidente ou Presidenta. Artigo 53. Duración. 1. Todas as sesións respectarán o principio de unidade de acto e haberán de finalizar o mesmo día que comecen. 2. Durante o transcurso da sesión, o Presidente ou Presidenta poderá acordar as interrupcións que estime convenientes para permitir as deliberacións dos grupos ou por outros motivos. Tamén poderá dar un período de descanso, cando a duración da sesión así o aconselle. 3. En caso de que se dean circunstancias que impidan ou dificulten seriamente a continuación da sesión, ou finalizara o día sen ter terminado o despacho dos asuntos, o Presidente ou Presidenta levantará a sesión e decidirá, tras consultar ós portavoces dos grupos, se se convoca unha nova sesión ou se os asuntos pendentes se inclúen no seguinte Pleno ordinario. Artigo 54. Publicidade. 1. As sesións do Pleno das corporacións locais son públicas. Non obstante, poderán ser secretos o debate e a votación daqueles asuntos que poidan afectar ó dereito fundamental dos cidadáns e cidadás a que se refire o artigo 18.1 da Constitución, cando así se acorde por maioría absoluta. 2. Para ampliar a difusión do desenvolvemento das sesións poderán utilizarse sistemas de megafonía, circuítos de televisión ou redes de comunicación tales como internet. 3. Non se permitirán manifestacións de agrado ou desagrado por parte do público. En casos extremos, o Presidente ou Presidenta poderá ordenar a expulsión da ou das persoas que por calquera motivo impidan o normal desenvolvemento da sesión e decidir sobre a súa continuidade, nos termos previstos no artigo anterior. 4. Sen prexuízo dos equipos municipais de gravación da sesión, no lugar de celebración desta unicamente se permitirá a presenza dos equipos de gravación de imaxe e son dos medios de comunicación debidamente acreditados para o efecto ante a Presidencia do Pleno. Capítulo segundo.- Convocatoria e orde do día Artigo 55. Convocatoria. 1. As sesións plenarias han de convocarse, polo menos, con dous días hábiles de antelación, de forma que entre o día da convocatoria e o da celebración da sesión debe mediar un prazo non inferior a dous días hábiles, salvo as extraordinarias que o fosen con carácter urxente, cuxa convocatoria con este carácter deberá ser ratificada polo Pleno. 2. Á convocatoria das sesións unirase a orde do día. Artigo 56. Distribución. 1. A convocatoria xunto coa orde do día comunicaráselles ós concelleiros e concelleiras e ós/ás restantes membros da Xunta de Goberno Local, nas dependencias municipais dos distintos grupos políticos, podendo os concelleiros e/ou concelleiras apoderar ó persoal adscrito a eles para a recepción da convocatoria e a sinatura da dilixencia acreditativa da súa entrega, en cuxo caso a súa recepción polo dito persoal terá os mesmos efectos que se a notificación lle fose practicada persoalmente ó concelleiro ou concelleira que outorgase o apoderamento. 2. As convocatorias notificaránselle tamén ó/á titular da Intervención xeral municipal, que haberá de asistir ás sesións do Pleno, salvo que, tratándose dunha sesión extraordinaria, non figuren na orde do día asuntos de contido económico, en cuxo caso a súa asistencia será facultativa. Artigo 57. Documentación dos asuntos. A documentación íntegra dos asuntos incluídos na orde do día, que deba servir de base ó debate e, se é o caso, votación, deberá estar a disposición dos concelleiros e/ou concelleiras e dos membros da Xunta de Goberno Local, desde o momento da convocatoria, na Secretaría Xeral do Pleno. Artigo 58. Fixación da orde do día. 1. A orde do día será fixada polo Presidente ou Presidenta. 2. Na fixación da orde do día, o Presidente ou Presidenta poderá ser asistido polo Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno e consultar á Xunta de Portavoces. Artigo 59. Estrutura. O desenvolvemento das sesións ordinarias poderá axustarse á seguinte estrutura: 49 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 1. Aprobación da acta da sesión anterior. 2. Parte resolutiva: 2.1. Propostas do Alcalde ou da Alcaldesa. 2.2. Propostas da Xunta de Goberno, dos seus membros e dos demais concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno. 2.3. Proposicións de grupos políticos e dos concelleiros e/ou concelleiras non adscritos. 2.4. Proposicións de iniciativa popular. 3. Parte de información, impulso e control: 3.1. Información do equipo de goberno. 3.2. Comparecencias. 3.3. Rogos. 3.4. Preguntas. 4. Declaracións institucionais. 5. Mocións de urxencia. Artigo 60. Terminoloxía. 1. Os proxectos de acordo do Alcalde ou Alcaldesa e do resto do equipo de goberno reciben o nome de propostas. 2. Os proxectos de acordo dos demais concelleiros e/ou concelleiras e dos grupos políticos e os de iniciativa popular reciben o nome de proposicións. 3. As mocións de urxencia son as proposicións ou propostas que os grupos políticos e os concelleiros e/ou concelleiras poden someter ó coñecemento, consideración e votación do Pleno por razóns de urxencia, sempre que o asunto sexa da súa competencia e a sesión sexa de carácter ordinario. 4. Emenda é a proposta de modificación dun ditame, dunha proposta, dunha proposición ou dunha moción, presentada na Secretaría Xeral do Pleno por calquera membro da Corporación. As emendas poderán ser de supresión, de adición e de modificación. Tamén poderán presentarse emendas transaccionais, que son aquelas que presenten un texto alternativo ó ditame, proposta, proposición ou moción inicialmente propostos, co que se pretende buscar un pronunciamento de consenso respecto do texto inicial e das emendas que en relación con el se formulasen no transcurso do debate no Pleno ou na comisión correspondente. Artigo 61. Cualificación e número máximo de iniciativas. 1. As iniciativas que presenten os grupos municipais, os membros do Goberno e os concelleiros e/ou concelleiras, haberán de cualificarse, atendendo ó seu contido, segundo as normas deste regulamento. En caso contrario o Presidente ou Presidenta, oídos, se é o caso, o Secretario ou a Secretaria Xeral e a Xunta de Portavoces, poderá invitar ó autor ou autora da iniciativa para que acomode a cualificación dada a esta ás previsións do presente regulamento. 2. En cada sesión do Pleno substanciaranse, como máximo por cada grupo político, dúas proposicións, unha comparecencia, dous rogos e dúas preguntas, excluíndo deses límites as mocións de urxencia. Cando os compoñentes dun ou de varios grupos municipais superen en catro ou máis ós do grupo ou grupos que posúan o menor número, aquel ou aqueles terán dereito a presentar dúas iniciativas máis das previstas no parágrafo precedente elixindo entre as que se prevén nel. O número máximo de iniciativas dos concelleiros e/ou concelleiras non adscritos non poderá exceder dunha por sesión. Capítulo terceiro. Desenvolvemento das sesións Artigo 62. Válida constitución. 1. Antes do comezo formal da sesión, o Secretario ou Secretaria procederá a comprobar o quórum de válida constitución. 2. O Pleno constitúese validamente coa asistencia dun terzo do número legal dos seus membros. En todo caso, requirirase a asistencia do Presidente ou Presidenta e do Secretario ou Secretaria do Pleno ou de quen legalmente os/as substitúan. 3. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión. Artigo 63. Aprobación da acta da sesión anterior. 1. Ó comezo da sesión, o Presidente ou Presidenta do Pleno preguntará se algún membro da Corporación ten que formular algunha observación á acta da sesión anterior que se distribuíse coa convocatoria. Se non houbese observacións, considerarase aprobada. Se as houbese, debateranse e decidiranse as rectificacións que procedan. 2. En ningún caso poderá modificarse o fondo dos acordos adoptados e só caberá emendar os meros errores materiais ou de feito. 3. No punto da acta referido á aprobación da correspondente á anterior sesión, consignaranse as observacións e rectificacións practicadas. 50 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 64. Orde no despacho dos asuntos. 1. Todos os asuntos debateranse e votaranse segundo a orde en que estivesen na orde do día. 2. Non obstante, o Presidente ou Presidenta poderá alterar a orde dos asuntos. 3. Cando varios asuntos garden relación entre si, poderán debaterse conxuntamente se así o decide o Presidente ou Presidenta, oídos os/as portavoces, se ben a votación de cada un deles deberá levarse a cabo por separado. Artigo 65. Asuntos retirados ou sobre a mesa. 1. Os autores ou autoras das distintas iniciativas poderán retiralas antes de que comece a deliberación do asunto correspondente, anunciando a Presidencia, sen outro trámite, que o asunto queda retirado da orde do día, o que se fará constar na acta da sesión. 2. O Presidente ou Presidenta poderá retirar un asunto cando a súa aprobación esixise unha maioría especial e esta non puidese obterse no momento previsto inicialmente na orde do día, ou no acordado durante o transcurso da sesión de conformidade co artigo anterior, quedando automaticamente retirado o asunto da orde do día, o que se fará constar na acta da sesión. Non obstante o anterior, se con posterioridade ó momento no que a Presidencia dispuxo a retirada do asunto, puidese obterse o quórum especial indicado e ningún dos membros do Pleno asistentes á sesión se ausentase do salón de sesións, a Presidencia poderá propoñerlle ó Pleno que este se pronuncie sobre o dito asunto na mesma sesión. A proposta da Presidencia será sometida a votación e se se alcanzara un numero favorable de votos igual ou superior á maioría simple, o Pleno entrará a debater e pronunciarse sobre o asunto inicialmente retirado da orde do día. 3. Calquera concelleiro e/ou concelleira poderá pedir, durante o debate, a retirada dalgún expediente incluído na orde do día, para o efecto de que se incorporen a el documentos ou informes, e tamén que o expediente quede sobre a mesa, aprazándose a súa discusión para a seguinte sesión. En ambos casos, a petición será votada, tras terminar o debate e antes de proceder á votación sobre o fondo do asunto. Se a maioría simple votase a favor da petición non haberá lugar a votar a proposta ou proposición de acordo. 4. No suposto de que se trate de asuntos non incluídos na orde do día que requiran informe preceptivo da Secretaría Xeral do Pleno ou da Intervención Xeral, se non puidesen emitilo no acto, deberán solicitarlle ó Presidente ou Presidenta que se aprace o seu estudo, quedando sobre a mesa ata a próxima sesión. Cando a dita petición non fose atendida, o Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno farao constar expresamente na acta. Capítulo cuarto.- A disciplina Artigo 66. Uso da palabra. 1. Todo membro da Corporación ten dereito á palabra. Só poderá facerse uso da palabra logo da autorización da Presidencia. Se ó ser chamado pola Presidencia para intervir aquel non se encontrara presente, enténdese que renunciou a facer uso da palabra. 2. Unha vez obtida non poderán ser interrompidos, senón polo Presidente ou Presidenta para que se ateñan á cuestión debatida, cando na intervención se desvíe o debate do asunto principal ou se volva sobre cuestións xa deliberadas e votadas, ou ben para chamar á orde ou advertilos de que se esgotou o tempo ou retirarlles a palabra, o cal procederá unha vez transcorrido o tempo establecido e tras indicarlles dúas veces que conclúan. Artigo 67. Cuestións de orde. En calquera momento, os membros da Corporación poderán pedir a palabra para formular unha cuestión de orde, cando consideren que no desenvolvemento da sesión se infrinxiu un precepto ou omitiu un trámite ou actuación preceptiva en relación con aquel, invocando a norma cuxa aplicación se reclama. O Presidente ou Presidenta resolverá o que proceda, sen que por este motivo poida suscitarse ningún debate. Artigo 68. Intervencións por alusións. Cando, a xuízo do Presidente ou Presidenta, no desenvolvemento dun debate se fixesen alusións que impliquen xuízos de valor ou inexactitudes que afecten ó decoro ou dignidade da persoa ou conduta dun concelleiro ou concelleira ou membro da Xunta de Goberno que non posúa tal condición, poderá concedérselle ó aludido ou aludida o uso da palabra por tempo non superior a tres minutos para que, sen entrar no fondo do asunto obxecto de debate, conteste estritamente ás alusións realizadas. Artigo 69. Chamadas á orde. 1. O Presidente ou Presidenta poderá chamar á orde a calquera membro da Corporación que: a) Profira palabras ou emita conceptos ofensivos ó decoro da Corporación ou dos seus membros, das institucións públicas ou de calquera outra persoa ou entidade. b) Produza interrupcións ou, de calquera outra forma, altere a orde da sesión. c) Pretenda facer uso da palabra sen que lle fose sido concedida ou unha vez que lle fose sido retirada. 51 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 2. Tras tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias dunha terceira chamada, o Presidente ou Presidenta poderá ordenarlle que abandone o Pleno, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión. Capítulo quinto.- Os debates Artigo 70. Ordenación dos debates. 1. Correspóndelle ó Presidente ou Presidenta do Pleno dirixir os debates e manter a orde destes. 2. Na administración do tempo de debate, o Presidente ou Presidenta terá en conta o previsto neste regulamento. Artigo 71. Ausencia por causa de abstención. No suposto de que, de conformidade co establecido na lexislación vixente, algún membro da Corporación deba absterse de participar na deliberación e votación, daralle coñecemento á Presidencia e, sen necesidade de que esta llo requira, deberá abandonar o salón do Pleno mentres se discute e vota o asunto, podendo reincorporarse á sesión tras o despacho do asunto. Artigo 72. Asuntos sen debate. 1. Se despois de lido o enunciado do punto da orde do día non se suscita debate, acto seguido, o Presidente ou Presidenta solicitará posición de voto, a fin de adoptar o acordo que proceda. 2. En caso contrario, o debate dos asuntos desenvolverase segundo o determinado neste regulamento. Artigo 73. Asuntos con debate. 1. Debate sen emendas: Sen prexuízo das singularidades establecidas no capítulo cuarto do título VII para o debate sobre o estado do Concello, e no título VI para a aprobación de ordenanzas e regulamentos e para a aprobación do presuposto xeral da entidade, se se promove debate, as intervencións serán ordenadas pola Presidencia de acordo coas seguintes regras: a) O debate iniciarase -se así o solicita- cunha exposición e xustificación do ditame, proposta, proposición ou moción de urxencia a cargo dun membro da comisión do Pleno que a ditaminara, ou, nos demais casos, dalgún dos membros da Corporación que subscriban a proposta, proposición ou moción, en nome propio ou do colectivo ou órgano municipal propoñente desta. A exposición e xustificación das propostas da Alcaldía poderá ser efectuada por esta ou polo concelleiro ou concelleira que ela determine, e as da Xunta de Goberno Local por un dos seus membros. b) A continuación, os diversos grupos consumirán unha primeira quenda. A Presidencia velará para que todas as intervencións teñan unha duración igual en tempo, e indicará a cuantificación desta duración, se o considerase necesario, antes de iniciarse a primeira delas, en atención á complexidade dos temas que se vaian tratar, dos problemas que se susciten e do maior ou menor tempo con que se conta para a consideración dos asuntos incluídos na orde do día da sesión de que se trate. As quendas xerais de intervención dos grupos políticos municipais serán iniciadas en orde inversa á súa importancia numérica, e en caso de empate, o que teña menor número de votos populares; se houbese concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos, iniciaranse coa intervención destes. c) Se o solicitara algún grupo, procederase a unha segunda quenda de intervencións, por un tempo nunca superior á metade do establecido para a primeira, e na que non poderán tratarse cuestións que signifiquen una reiteración de argumentos xa esgrimidos ou que non acheguen nada novo ó tema debatido. Consumida esta quenda, a Presidencia poderá dar por terminada a discusión, que se pechará cunha intervención de quen defendera a proposta, na que manifestará, brevemente, se a rectifica ou ratifica. 2. Debate con emendas: Cando se presentaran emendas, a deliberación e votación dos asuntos rexeranse polas seguintes regras: 2.1. O debate iniciarase coa exposición a que se refire a letra a) da alínea anterior e, deseguido, os grupos e concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos consumirán unha primeira quenda -de acordo co establecido na letra b)-, que se pechará cunha intervención do relator ou relatora. 2.2. A continuación, procederase, pola súa orde de presentación, ó debate das emendas, no que poderá intervir tres minutos o relator ou relatora da emenda, e outros tres o relator ou relatora do ditame, proposta, proposición ou moción. Se este/a manifesta a súa aceptación, concederáselles -se así o solicitan- unha única quenda de dous minutos ós restantes grupos e concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos, para que expoñan a súa posición ó respecto. Finalizado o debate de cada emenda, procederase á súa votación, excepto nos supostos a que se fai referencia no parágrafo 2.5. 2.3. Se as emendas foran rexeitadas, a continuación someterase a votación, sen máis debate, a proposta de acordo ou texto do ditame, proposta, proposición ou moción iniciais, salvo que algún grupo, ó abeiro do previsto na letra c) do número 1 deste artigo, solicite unha segunda quenda, que se desenvolverá segundo o disposto nela. 52 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 2.4. Se algunha ou algunhas das emendas presentadas foran aceptadas, abrirase unha segunda quenda de intervencións, que versará sobre o texto así emendado, e nela non poderán tratarse cuestións que signifiquen unha reiteración de argumentos xa esgrimidos ou que non acheguen nada novo ó tema debatido, pechándose a quenda coa intervención de quen defendera a proposta, e a continuación procederase á votación do ditame, proposta, proposición ou moción, coa incorporación das modificacións que procedan á vista das emendas aceptadas. 2.5. As emendas ás proposicións e mocións de urxencia non serán obxecto de votación por separado. Finalizado o debate do asunto, someterase a votación o texto da proposición ou da moción coas emendas aceptadas polo propoñente da iniciativa. Capítulo sexto.- As votacións Artigo 74. Carácter e sentido de voto. 1. O voto dos concelleiros e concelleiras é persoal e indelegable. 2. O voto pode emitirse en sentido afirmativo ou negativo, podendo os membros da Corporación absterse de votar. 3. Cando un concelleiro ou concelleira ou grupo manifeste que non vota, tal posición terá a consideración de abstención. 4. Para os efectos da votación correspondente entenderase, así mesmo, que se absteñen os concelleiros e/ou concelleiras que se ausentasen do salón de sesións unha vez iniciada a consideración dun asunto e que non estivesen presentes no momento da votación. Entenderase que a consideración dun asunto comeza co inicio da lectura do enunciado do asunto na orde do día da sesión. No suposto de que regresasen ó salón de sesións antes da votación, poderán tomar parte nela. 4. No caso de votacións con resultado de empate, efectuarase unha nova votación, e se persistise o empate, decidirá o voto de calidade do Alcalde ou Alcaldesa. Artigo 75. Clases de votacións. 1. As votacións poden ser ordinarias, nominais e secretas. 2. Son ordinarias as que se manifestan por signos convencionais de asentimento, disentimento ou abstención. 3. Son nominais aquelas votacións que se realizan mediante chamamento dos concelleiros ou das concelleiras e nas que cada membro da Corporación, ó ser chamado, responde en voz alta "si", "non" ou "abstéñome". Este chamamento efectuarase por grupos, do de menor ó de maior número de compoñentes, e dentro de cada grupo, pola orde alfabética dos apelidos, e sempre en último lugar o Presidente ou Presidenta. Se houbese concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos, o chamamento comezará por estes/as, pola orde alfabética dos apelidos. 4. Son secretas as votacións que se realizan mediante papeleta, que cada membro da Corporación vai depositando nunha urna. Artigo 76. Sistema de votación. 1. O sistema normal será a votación ordinaria. 2. A votación nominal requirirá a solicitude dun grupo municipal aprobada polo Pleno por unha maioría simple en votación ordinaria. 3. A votación secreta utilizarase para a elección do Alcalde ou Alcaldesa. Tamén poderá ser secreta a votación cando o asunto afecte ó dereito fundamental ó honor, á intimidade persoal ou familiar ou á propia imaxe, se así se acorda por maioría absoluta. Igualmente, por petición dalgún grupo -e se así o acorda o Pleno por maioría simple en votación ordinaria-, poderá ser secreta a votación para a elección e destitución de persoas. Artigo 77. Quórum de adopción de acordos. 1. O Pleno adopta os seus acordos, como regra xeral, por maioría simple dos membros presentes. Existe maioría simple cando os votos afirmativos son máis cós negativos. 2. Entenderase que hai maioría absoluta cando os votos afirmativos son máis da metade do número legal de membros da Corporación. 3. No caso de que, de acordo co procedemento establecido no parágrafo primeiro do artigo 182 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, non quedasen máis posibles candidatos/as ou suplentes para nomear, os quórums de asistencia e votación previstos na lexislación vixente entenderanse automaticamente referidos ó número de feito de membros da Corporación subsistente, de conformidade co disposto no citado precepto electoral. Artigo 78. Momento e forma da votación. 1. Finalizado o debate dun asunto, procederase á súa votación. 2. Antes de comezar a votación, o Presidente ou Presidenta fixará clara e concisamente os termos daquela e a forma de emitir o voto. 53 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. Unha vez iniciada a votación, non pode interromperse por ningún motivo. Durante o desenvolvemento da votación, o Presidente ou Presidenta non concederá o uso da palabra e ningún concelleiro ou concelleira poderá entrar no salón ou abandonalo. 4. Terminada a votación ordinaria, o Presidente ou Presidenta declarará o acordado. 5. Se a votación é nominal ou secreta, unha vez terminada, o Secretario ou Secretaria Xeral computará os sufraxios emitidos e anunciará en voz alta o seu resultado, en vista do cal, o Presidente ou Presidenta proclamará o acordo adoptado. Artigo 79. Explicación de voto. Proclamado o acordo, os grupos ou os concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos que non interviñesen no debate, ou que tras este cambiaran o sentido do seu voto, poderán solicitar do Presidente ou Presidenta unha quenda de explicación de voto. A quenda de explicación de voto será breve e a súa duración non excederá de dous minutos, e nela só se poderán expoñer as razóns que motivaran a posición de voto. Capítulo sétimo.- As actas Artigo 80. Actas. 1. De cada sesión estenderá acta o Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno, na que, como mínimo, se fará constar: a) Lugar, data e hora do comezo e fin da sesión. b) Indicación do carácter da sesión, e de se se leva a cabo en primeira ou segunda convocatoria. c) Nome do Presidente ou Presidenta e dos/das demais asistentes. d) Relación de asuntos tratados. e) Votos emitidos e acordos adoptados. 2. Así mesmo, a acta deberá recoller sucintamente as opinións emitidas, sen prexuízo de que se poidan transcribir integramente as intervencións na propia acta ou ben no diario de sesións, salvo causa de forza maior que o impida. TÍTULO V PROCEDEMENTO PARA A ADOPCIÓN DE ACORDOS Capítulo primeiro.- Propostas e proposicións Artigo 81 Iniciativa. O Pleno adoptará acordos por iniciativa do Alcalde ou Alcaldesa, da Xunta de Goberno, dos seus membros, dos demais concelleiros e/ou concelleiras, dos grupos políticos e por iniciativa popular. Artigo 82. Presentación. 1. As propostas deberán presentarse ante a Secretaría Xeral do Pleno con antelación suficiente para a súa inclusión na orde do día que acompaña á convocatoria da correspondente sesión da Comisión competente ou do Pleno. 2. As proposicións haberán de presentarse no Rexistro do Pleno con, polo menos, seis días hábiles de antelación respecto da sesión correspondente. Artigo 83. Necesidade de ditame. 1. As propostas da Xunta de Goberno, dos seus membros e dos demais concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno deberán ir sempre ditaminadas pola comisión competente por razón da materia. Por razóns de urxencia debidamente motivada, o Presidente ou Presidenta do Pleno poderá incluír na orde do día asuntos que non foran previamente ditaminados pola correspondente comisión, e o Pleno adoptar acordos, pero, en tal suposto, será precisa a previa ratificación, acordada por maioría simple, desta inclusión na orde do día, e deberáselle dar conta á comisión do acordo adoptado, para o seu coñecemento, na primeira sesión que celebre. 2. As propostas do Alcalde ou Alcaldesa e as proposicións non deberán ir, necesariamente, ditaminadas pola correspondente comisión do Pleno, e a súa inclusión na orde do día non precisa que concorran razóns de urxencia nin require ratificación posterior polo Pleno. Artigo 84. Intervencións. Se se promove debate na consideración do asunto polo Pleno, as intervencións serán ordenadas polo Presidente ou Presidenta de conformidade co establecido no artigo 73 deste regulamento. 54 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Capítulo segundo.- Mocións de urxencia Artigo 85. Presentación e tramitación. 1. As mocións formularanse por escrito dirixido ó Presidente ou Presidenta, e poderanse presentar ata as catorce horas do día anterior ó do Pleno na Secretaría Xeral, salvo no suposto de que posteriormente se produzan acontecementos relevantes e imprevisibles, en cuxo caso se poderán presentar ata unha hora antes da determinada para a celebración da sesión plenaria, do que se lles dará coñecemento pola Presidencia ós/ás portavoces dos grupos políticos e concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos. 2. O autor ou autora da moción xustificará a súa urxencia, e o Pleno votará, acto seguido, sobre a procedencia do seu debate. 3. Só se o resultado da votación fose positivo -para o que se requirirá o voto favorable da maioría absoluta legal de membros da Corporación- se procederá ó debate e votación do proxecto de acordo de que se trate, segundo o desenvolvemento previsto para as proposicións dos grupos políticos. Capítulo terceiro.- Emendas Artigo 86. Presentación e tramitación. 1. As emendas presentaranse no Rexistro do Pleno mediante escrito dirixido ó Presidente ou Presidenta e subscritas por calquera membro da Corporación. As emendas ós ditames, propostas e proposicións poderanse presentar cunha antelación mínima de vintecatro horas respecto do inicio da sesión. A Secretaría Xeral do Pleno daralles traslado destas emendas ós portavoces dos grupos políticos e ós concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos. As emendas ás mocións e as emendas transaccionais ás propostas e proposicións poderanse presentar en calquera momento antes do inicio da sesión. 2. Admitiranse emendas "in voce" no transcurso da deliberación, cando sexan transaccionais ou teñan a finalidade de corrixir erros materiais, incorreccións técnicas ou semánticas ou simples omisións, ou cando se refiran a mocións presentadas despois das catorce horas do día anterior ó da sesión. TÍTULO VI PROCEDEMENTO DE APROBACIÓN DE NORMAS E PRESUPOSTOS Capítulo primeiro.- Disposicións xerais Artigo 87. Ámbito de aplicación. O presente título aplicaráselle ó procedemento de elaboración de ordenanzas e regulamentos, así como ás súas modificacións, salvo o previsto neste mesmo título respecto da tramitación e aprobación dos presupostos. Non lle será de aplicación este procedemento á tramitación municipal dos instrumentos de planeamento urbanísticos previstos na lexislación vixente. Artigo 88. Iniciativa normativa. 1. A iniciativa para a aprobación de normas municipais corresponde a: a) A Xunta de Goberno Local. b) Os concelleiros e/ou concelleiras sen responsabilidades de goberno. c) A iniciativa popular. 2. Tramitaranse como proxectos aqueles que presentara a Xunta de Goberno. O resto de supostos tramitaranse como proposicións normativas. Capítulo segundo.- Proxectos normativos Artigo 89. Documentación do expediente e contido dos proxectos. 1. A elaboración de disposicións de carácter xeral iniciaraa a unidade administrativa correspondente, e de orde do/da titular do órgano competente, cos estudos e informes previos que garantan a legalidade, acerto e oportunidade dos anteproxectos cuxa aprobación se pretenda. Os anteproxectos contarán cunha exposición de motivos, o articulado comprensivo dos preceptos reguladores e as disposicións de carácter adicional, final, transitorio e/ou derrogatorio que sexan precisas para a mellor comprensión e correcta aplicación da disposición que se adopte. 2. Xunto coa proposta de quen teña a iniciativa para a elaboración da disposición de que se trate conservaranse os ditames e consultas emitidos, as observacións e emendas que se formulen e cantos datos e documentos ofrezan interese para coñecer o proceso de elaboración da norma ou poidan facilitar a súa interpretación. 3. Os anteproxectos de ordenanzas e regulamentos, antes de ser sometidos á Xunta de Goberno Local para a aprobación do correspondente proxecto, deberan ser sometidos a informe da Asesoría Xurídica, e, sempre que 55 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo teñan natureza orgánica, antes da súa aprobación inicial polo Pleno, tamén se someterán a informe do Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno. 4. As disposicións de carácter xeral que aprobe o Pleno do Concello adoptarán a forma de regulamento ou de ordenanza, atendendo ó seu contido e ás actuacións que regulen. Artigo 90. Aprobación inicial. 1. Unha vez exercida a iniciativa normativa pola Xunta de Goberno, o proxecto, xunto coa documentación complementaria, seralle remitido ó Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno, quen lle dará conta ó Presidente ou Presidenta do Pleno e, pola súa orde, llo remitirá á comisión competente. No mesmo día en que se reciba o expediente na Comisión, o proxecto remitiráselle para o seu estudo ós membros desta, os cales poderán presentar emendas ó seu articulado, dende a data en que o recibisen ata o día hábil anterior -inclusive- a aquel en que estea prevista a celebración da sesión da comisión en que se haxan de iniciar o estudo e ditame do proxecto. As emendas dirixiránselle ó Presidente ou Presidenta da devandita comisión, e presentaranse no Rexistro do Pleno. 2. As emendas ó articulado poderán ser de supresión, modificación ou adición, e nos últimos supostos a emenda deberá conter o texto concreto que se propoña. Así mesmo, durante o debate en comisión das emendas presentadas, pódense admitir aquelas que procuren alcanzar un acordo de aproximación entre as formuladas e o texto do proxecto ou as que teñan por obxecto corrixir erros ou incorreccións técnicas, terminolóxicas ou gramaticais. 3. Debatidas as emendas, a Comisión ditaminará o proxecto e elevaráselle ó Pleno para a súa aprobación inicial, e o ditame deberá incorporar o texto das emendas admitidas. Igualmente, no expediente constarán as emendas que, defendidas e votadas na Comisión, non se incorporaron ó ditame para a súa posterior defensa no Pleno. 4. Os concelleiros e/ou concelleiras membros do órgano ditaminante, dentro dos dous días seguintes á terminación do ditame da comisión competente, deberán comunicar por escrito as emendas que, sendo debatidas e votadas en Comisión e non sendo incorporadas ó ditame, pretendan defender no Pleno. A comunicación dirixiráselle ó Presidente ou Presidenta do Pleno e presentarase no Rexistro do Pleno. Na sesión plenaria non se admitirá a presentación de novas emendas, excepto as meramente transaccionais entre as xa presentadas e o texto do ditame. 5. O debate no Pleno comezará coa exposición que do proxecto efectúe un membro do equipo de goberno ou un membro da comisión correspondente. A continuación, os grupos e concelleiros e/ou concelleiras que comunicaran a súa intención de defender ante o Pleno emendas presentadas e que foron rexeitadas en comisión exporán e defenderán as súas emendas, no tempo que determine a Presidencia, tras o que se lle concederá unha única quenda ó propoñente, consumida a cal, o Presidente ou Presidenta someterá a votación as emendas presentadas. A continuación, o Presidente ou Presidenta someterá a votación a totalidade do texto resultante, coa incorporación das modificacións que procedan, á vista das emendas aceptadas, co obxecto da súa aprobación inicial ou do seu rexeitamento. Artigo 91. Información pública e audiencia. 1. No acordo de aprobación inicial, o Pleno disporá a apertura do período de información pública e audiencia ós interesados e/ou interesadas por un tempo que, en todo caso, respectará o prazo mínimo de trinta días establecido pola lexislación de réxime local. 2. O procedemento de aprobación do regulamento ou ordenanza continuará coa devolución do expediente ó servizo competente, para que prosiga coa súa tramitación no modo establecido pola lexislación de réxime local aplicable. 3. Ademais dos anuncios regulamentarios previstos na dita lexislación, o texto normativo poderase difundir a través da páxina web do Concello. Artigo 92. Aprobación definitiva por falta de alegacións. No caso de que non se presentara ningunha reclamación ou suxestión e se converta por iso en definitivo o acordo de aprobación da norma ata daquela provisional, a unidade administrativa xestora do expediente comunicaralle a dita circunstancia á Secretaría Xeral, que levará a cabo as xestións oportunas para darlle conta da aprobación definitiva ó Pleno na seguinte sesión que este celebre. Artigo 93. Aprobación definitiva en caso de alegacións. 1. No caso de que se presentaran reclamacións ou suxestións, a Xunta de Goberno procederá a valoralas e decidirá se, como consecuencia da devandita valoración, modifica ou mantén o texto inicial. 2. Tanto se se modifica o texto inicial como se se mantén, a Xunta de Goberno remitiralle á Secretaría Xeral do Pleno o proxecto, xunto cunha memoria que conteña a valoración das suxestións e alegacións, para os efectos do trámite de aprobación definitiva polo Pleno, tras o ditame previo da comisión competente. 3. No caso de que non se introducisen modificacións do texto inicial, non se poderán presentar emendas no trámite de Comisión nin no de Pleno. 4. No caso de que se introducisen modificacións no texto inicialmente aprobado, o acordo da Xunta de Goberno seralles comunicado ós membros da Comisión do Pleno competente para ditaminar o asunto, que 56 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo disporán dun prazo de catro días para presentar emendas, que só poderán versar sobre as modificacións introducidas. Os concelleiros e/ou concelleiras que formen parte da Comisión, dentro dos dous días seguintes á terminación do ditame da Comisión competente, deberán comunicar por escrito as emendas que, debatidas e votadas en Comisión e non incorporadas ó ditame, pretendan defender no Pleno. A comunicación dirixiráselle ó Presidente ou Presidenta do Pleno, e presentarase no Rexistro do Pleno. Capítulo terceiro.- Proposicións normativas Artigo 94. Proposicións normativas. 1. Poderán formular proposicións normativas os grupos políticos, coa soa firma do seu ou da súa portavoz e dun número de concelleiros e/ou concelleiras non inferior a tres. 2. A proposición conterá o texto articulado da norma que se propón e irá acompañada da exposición de motivos e dos antecedentes necesarios para a súa toma en consideración. 3. Exercida a iniciativa, o Presidente ou Presidenta do Pleno disporá a súa remisión ós grupos políticos e concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos e á Xunta de Goberno para que esta manifeste o seu criterio ó respecto, así como a súa conformidade ou non á tramitación no caso de que implicase aumento dos créditos ou diminución dos ingresos presupostarios. 4. Transcorridos trinta días hábiles sen que a Xunta de Goberno negara expresamente a súa conformidade á tramitación, a proposición quedará en condicións de ser incluída na orde do día do Pleno para a súa toma en consideración. 5. No Pleno, antes de iniciar o debate, e se así o ordenara a Presidencia ou o solicitara algún grupo, darase lectura ó criterio da Xunta de Goberno -se o houber-, e o seu desenvolvemento axustarase ó disposto no artigo 73.1. 6. Terminado o debate, o Presidente ou Presidenta preguntará se se toma ou non en consideración a proposición de que se trate. Artigo 95. Tramitación das proposicións tomadas en consideración. Se o acordo do Pleno fora favorable á toma en consideración da proposición normativa, a súa tramitación axustarase ás seguintes regras: a) A proposición normativa, acompañada da exposición de motivos e dos antecedentes necesarios para poder pronunciarse sobre ela, someterase, por un prazo de trinta días, a informe xurídico e, de ser o caso, a informe técnico e económico. b) Emitidos estes informes, o expediente seralle remitido ó Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno, que llo elevará á comisión competente para a presentación de emendas e ditame, e seguiranse os mesmos trámites que para a aprobación dos proxectos. c) Tras o período de audiencia e información pública, daráselle conta á Xunta de Goberno Local do resultado do devandito trámite, e esta remitiralle as reclamacións e suxestións que se reciban, co seu informe -se o estima oportuno-, á comisión competente do Pleno, para os efectos de que proceda á súa valoración e elabore, de ser o caso, un novo texto da proposición, para a súa elevación ó Pleno. Capítulo cuarto.- Iniciativa popular Artigo 96. Remisión. A iniciativa normativa popular axustarase ó disposto polo Regulamento orgánico de participación cidadá. Capítulo quinto.- Presupostos Artigo 97. Réxime e preferencia. 1. O proxecto de Presuposto xeral do Concello tramitarase polo procedemento común, coas especialidades establecidas neste capítulo. 2. O proxecto de Presuposto xeral do Concello gozará de preferencia na tramitación con respecto ós demais traballos do Pleno. Artigo 98. Ámbito. A tramitación do proxecto de Presuposto xeral do Concello referirase ás bases de execución, ó estado de previsión de gastos e ó estado de previsión de ingresos da entidade e dos seus organismos de dereito público, así como ós estados de previsión de gastos e programas anuais de actuación e de ingresos das sociedades mercantís cuxo capital sexa maioritario do Concello de Lugo, sen prexuízo do estudo dos demais documentos que deban acompañalo. 57 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 99. Especialidades na tramitación. Presentado ó Pleno Municipal o proxecto de Presuposto xeral do Concello, remitiráselle á comisión competente e, simultaneamente, ós/ás portavoces dos grupos políticos e concelleiros e/ou concelleiras nonadscritos, para o seu coñecemento e para a presentación de emendas, ata o día hábil anterior -inclusive- a aquel en que se vaia celebrar a sesión de inicio do estudo e ditame do proxecto de Presuposto xeral do Concello. Artigo 100. Emendas. 1. As emendas ó Presuposto xeral do Concello poderán ser ó articulado das bases de execución, ós estados de gastos ou ós estados de ingresos. 2. As emendas de creación ou de incremento dos estados de gastos do Presuposto xeral do Concello só poderán ser admitidas a trámite se propoñen unha baixa por igual contía na mesma subfunción presupostaria. Do mesmo xeito, as emendas de supresión ou minoración ós estados de gastos do Presuposto xeral do Concello só poderán ser admitidas se supoñen un incremento por igual contía na mesma subfunción presupostaria. 3. As emendas de creación ou incremento de gastos do Presuposto xeral do Concello deberán recoller a xustificación do importe das aplicacións de gastos que se propoñen. 4. Non se admitirán emendas que supoñan incrementos ó estado de ingresos. As emendas ós estados de ingresos que supoñan minoración ou supresión dos inicialmente previstos só poderán ser admitidas a trámite se propoñen unha baixa por igual contía no estado de gastos. Así mesmo, requirirán para a súa tramitación a conformidade da Xunta de Goberno. Para tal efecto, a comisión competente, a través do Secretario ou Secretaria do Pleno, remitiralle á Xunta de Goberno as emendas que puideran estar incursas en tal suposto, que deberá manifestar a súa posición no prazo de sete días. Non obstante o anterior, a Xunta de Goberno poderá manifestar a súa desconformidade coa tramitación de emendas que supoñan diminución do estado de ingresos presupostarios en calquera momento do procedemento de aprobación do Presuposto, se non foi inicialmente consultada na forma establecida no parágrafo anterior. 5. As emendas ó articulado das bases de execución do Presuposto que supoñan creación, supresión, incremento ou minoración dos créditos deberán ter a súa correspondente emenda ós estados de gastos, aplicándose as mesmas regras que as referidas a estes. Non se poderán admitir emendas ó articulado que supoñan aumento dos ingresos. As emendas ó articulado que supoñan diminución de ingresos deberán tramitarse segundo o procedemento recollido para os supostos de emendas con minoración nos estados de ingresos. TÍTULO VII INSTRUMENTOS DE INFORMACIÓN, IMPULSO E CONTROL E DECLARACIÓNS INSTITUCIONAIS Capítulo primeiro.- Preguntas Artigo 101. Disposicións comúns. 1. Os grupos políticos -a través do seu ou da súa portavoz- e os concelleiros e/ou concelleiras poderán, no Pleno e en Comisión, formular preguntas ó Goberno Municipal e a cada un dos seus membros. 2. Pregunta é calquera cuestión suscitada ós órganos de goberno no seo do Pleno ou dalgunha das súas comisións, interrogando sobre un feito, unha situación o unha información. As preguntas deberán presentarse por escrito no Rexistro do Pleno. 3. En defecto de indicación, entenderase que quen formula a pregunta solicita resposta por escrito, e se solicitara resposta oral e non o especificara, entenderase que esta ha de ter lugar na correspondente comisión do Pleno. Artigo 102. Preguntas de resposta oral ante o Pleno: destinatario, forma e contido. 1. Os grupos políticos -a través do seu ou da súa portavoz- e os concelleiros e/ou concelleiras poderán formular preguntas de resposta oral en Pleno dirixidas ó equipo de goberno e a cada un dos seus membros, sempre que estes/as teñan a condición de membro da Corporación ou da Xunta de Goberno. 2. O escrito non poderá conter máis que a concisa e estrita formulación dunha soa cuestión, interrogando sobre o feito, situación ou información a que se refira, ou sobre se o Goberno Municipal tomou ou vai tomar algunha decisión en relación con algún asunto, dentro do ámbito de competencia municipal. Artigo 103. Inadmisión. O Presidente ou Presidenta, oída a Xunta de Portavoces, non admitirá a trámite as preguntas nos seguintes supostos: a) As que se refiran a asuntos alleos ó ámbito de competencia do Concello. b) As preguntas que sexan de exclusivo interese persoal de quen as formula ou de calquera outra persoa singularizada. c) As preguntas en cuxos antecedentes ou formulación se profiran palabras ou se vertan conceptos contrarios ás regras de cortesía. 58 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo d) As preguntas que supoñan unha consulta de índole estritamente xurídica. e) As que puideran ser reiterativas doutra pregunta de resposta oral ou escrita substanciada durante o mesmo ano natural ante o Pleno ou ante unha das súas comisións. f) As preguntas que dean lugar á elaboración administrativa de listas, relacións ou documentos análogos, que teñan por obxecto única e exclusivamente dar resposta a dita pregunta e deban canalizarse pola vía do artigo 18 do presente regulamento. Artigo 104. Presentación. 1. Estarán en condicións de seren incluídas na orde do día do Pleno as preguntas de resposta oral presentadas na Secretaría con, polo menos, cinco días hábiles de antelación respecto da sesión correspondente. 2. O equipo de goberno poderá solicitar, motivadamente e por unha soa vez respecto de cada pregunta de resposta oral en Pleno, que sexa posposta e incluída na orde do día da sesión plenaria ordinaria seguinte. Salvo neste caso, as preguntas presentadas e non-incluídas na orde do día, e as incluídas e non-tramitadas, deberán ser reiteradas, se se desexa mantelas para a sesión plenaria seguinte. 3. A Secretaría Xeral, con ocasión da confección da relación de asuntos, elaborará unha relación das preguntas de resposta oral en Pleno da sesión anterior pendentes de contestación. Artigo 105. Debate. 1. A tramitación das preguntas de resposta oral en Pleno realizarase mediante a formulación concisa da pregunta por parte do concelleiro ou concelleira, á que lle contestará o membro do Equipo de Goberno encargado de responder en nome deste. 2. O tempo para a exposición de cada pregunta non poderá exceder de dous minutos, e para a contestación de catro minutos. Artigo 106. Preguntas de resposta oral en Comisión. 1. Os concelleiros e as concelleiras -e os grupos, a través dos seus e/ou das súas representantes en cada comisión- poderán formular preguntas de resposta oral dirixidas ó Equipo de Goberno, referidas ó ámbito de competencia material da comisión correspondente da que formen parte. 2. A tramitación das preguntas de resposta oral en comisión realizarase mediante a formulación da pregunta por parte do concelleiro ou concelleira, á que contestará o membro do Equipo de Goberno encargado de responder en nome deste. O concelleiro autor ou concelleira autora da pregunta poderá intervir a continuación para volver preguntar ou para replicar, e, seguidamente, contestará o membro do Equipo de Goberno, co que se pechará o debate, sen que haxa lugar a votación. 3. O tempo para a tramitación de cada pregunta non poderá exceder de seis minutos, repartidos a partes iguais polo Presidente ou Presidenta da Comisión entre os dous/dúas intervenientes. 4. As preguntas de resposta oral en comisión poderán ser contestadas polos/polas titulares dos órganos directivos municipais. Artigo 107. Contestación por escrito ás preguntas. A contestación por escrito ás preguntas deberá realizarse dentro dos quince días seguintes á súa presentación no rexistro do Pleno, aínda que este prazo poderá prorrogarse, a petición motivada do destinatario ou destinataria da pregunta e por acordo do Presidente ou Presidenta do Pleno, por outro prazo de ata vinte días máis. Capítulo segundo.- Rogos en Pleno e Comisión. Artigo 108. Obxecto e destinatario. 1. Os rogos son propostas de actuación formuladas polos concelleiros e/ou concelleiras, ou polos grupos a través dos seus ou das súas portavoces, dirixidas a algún dos órganos de goberno municipal, e poderanse formular tanto en Pleno como en Comisión, nesta última, a través dos seus membros. 2. Deberanse presentar no Rexistro do Pleno con, polo menos, cinco días hábiles de antelación respecto da sesión na que se vaian debater -se se trata de rogos que se vaian tramitar ante o Pleno-, e de vinte e catro horas se han de tramitarse en Comisión. 3. Os rogos poderán ser debatidos, pero en ningún caso sometidos a votación. 4. O tempo para o debate de cada rogo non poderá exceder de seis minutos, repartidos a partes iguais pola Presidencia entre as dúas partes que interveñen. O debate constará dunha intervención do autor ou autora do rogo, seguida dunha intervención do equipo de goberno. 59 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Capítulo terceiro.- Comparecencias ante o Pleno e ante as comisións Artigo 109. Obxecto e destinatario. 1. Os concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno -concelleiros delegados e/ou concelleiras delegadas incluídos- e os membros da Xunta de Goberno Local que non teñan a condición de concelleiro/a estarán obrigados a comparecer ante o Pleno, cando así o acorde este, co obxecto de responder ás preguntas concretas que se formulen no escrito de solicitude da comparecencia sobre a súa actuación. 2. Acordada polo Pleno a comparecencia mencionada na alínea anterior, o Presidente ou Presidenta incluirá o asunto na orde do día da próxima sesión ordinaria ou extraordinaria que vaia celebrar a Corporación, e notificaráselle ó interesado ou interesada o acordo adoptado e a data en que se celebrará a sesión en que deberá comparecer. Entre esta notificación e a celebración da sesión deberán transcorrer, polo menos, tres días. 3. Así mesmo, os cargos a que se refire o número 1 deste artigo poderán comparecer a petición propia, sen que sexa preciso, en tal suposto, que o Pleno o acorde previamente, debendo figurar a comparecencia na orde do día da convocatoria da sesión. Artigo 110. Inadmisión. O Presidente ou Presidenta, oída a Xunta de Portavoces, non admitirá a trámite as comparecencias nos mesmos supostos previstos para as preguntas no artigo 103. Artigo 111. Presentación de solicitudes de comparecencia. 1. Estarán en condicións de ser incluídas na orde do día do Pleno as solicitudes de comparecencia presentadas no Rexistro do Pleno coa antelación necesaria para ser incluídas na orde do día da sesión correspondente. 2. En cada sesión poderase incluír, como máximo, unha solicitude de comparecencia por cada grupo político. Artigo 112. Desenvolvemento das comparecencias. O desenvolvemento das comparecencias axustarase ós seguintes trámites: a) Exposición oral do grupo político ou dun dos concelleiros ou concelleiras autores da iniciativa, por un tempo máximo de cinco minutos, co obxecto, exclusivamente, de precisar as razóns que motivan a comparecencia e formular as preguntas en que se concreta aquela. Nas comparecencias a petición propia omitirase este trámite. b) Intervención do/da comparecente polo tempo que fixe o Presidente ou a Presidenta, que non poderá exceder de dez minutos. c) Intervención dos/das representantes dos grupos políticos, por un tempo máximo de cinco minutos cada un, para fixar posicións, facer observacións ou formular preguntas. d) Contestación do/da comparecente, por un tempo máximo de dez minutos. Artigo 113. Comparecencias en Comisión. 1. Os concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno, os membros da Xunta de Goberno Local que non teñan a condición de concelleiro/a, os/as titulares dos órganos directivos do Concello e dos organismos públicos municipais, así como os xerentes e/ou xerentas das sociedades mercantís municipais, comparecerán en comisión a petición propia, ou en virtude de acordo previo daquela -a solicitude de calquera dos seus membros- adoptado nunha sesión anterior á da comparecencia. 2. Os concelleiros e/ou concelleiras con responsabilidades de goberno e os membros da Xunta de Goberno Local que non teñan a condición de concelleiro/a, nas comparecencias que vaian dirixidas a eles, poderán facerse acompañar dos/das titulares dos órganos directivos e dos xerentes ou xerentas das sociedades mercantís vinculados ou dependentes das súas concellerías ou áreas. 3. No non regulado neste artigo haberá que aterse ó previsto neste regulamento para as comparecencias ante o Pleno. Capítulo cuarto.- Debate sobre o estado do Concello Artigo 114. Debate sobre o estado do Concello. 1. En cada mandato corporativo terán lugar tres sesións extraordinarias do Pleno dedicadas ó debate do estado da Concello, e corresponderalle ó Presidente ou Presidenta do Pleno fixar a data de celebración da sesión, a proposta do Alcalde ou Alcaldesa. Non haberá lugar a realizar o dito debate nos anos en que haxa eleccións municipais. 2. No debate sobre o estado do Concello, corresponderalle ó Alcalde ou Alcaldesa a primeira exposición sobre a situación xeral daquel e as liñas mestras da súa acción de goberno. A continuación, someterase a debate a intervención do Alcalde ou Alcaldesa, e os diversos grupos consumirán unha primeira quenda na que cada voceiro disporá dun tempo de quince minutos. Se o solicitara algún grupo, procederase a unha segunda quenda, dispoñendo cada voceiro de dez minutos para a súa exposición. 60 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. Finalizada a intervención dos/das portavoces, iniciarase unha quenda de réplica a cargo do Alcalde ou Alcaldesa ou do membro da Xunta de Goberno que libremente determine. Finalizada a réplica, levantarase a sesión. 4. Neste Pleno extraordinario non se adoptarán acordos. Capítulo quinto.- Moción de censura e cuestión de confianza Artigo 115. Carácter da votación e remisión. A votación da moción de censura ó Alcalde ou Alcaldesa e da cuestión de confianza suscitada por este ou esta será pública, realizarase mediante votación nominal e rexerase en todos os seus aspectos polo disposto na lexislación electoral xeral. Capítulo sexto.- Declaracións institucionais Artigo 116. Concepto, ámbito e presentación. As declaracións institucionais son propostas do Alcalde ou Alcaldesa, oída a Xunta de Portavoces, que se lle presentan ó Pleno para que este ou esta se pronuncie sobre cuestións de interese xeral, relativas ou non ás materias enumeradas nos artigos 25, 26 e 28 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, e que consisten na manifestación ou expresión do parecer da Corporación municipal sobre esas cuestións, sen que poidan recoller contidos propios das resolucións administrativas que deciden os procedementos, nin supoñer a aprobación de gastos ou a adquisición de compromisos ou obrigas xurídicas. TÍTULO VIII AS COMISIÓNS Capítulo primeiro.- Disposicións comúns Artigo 117. Clases. 1. O Pleno acordará a creación, o número e a denominación das comisións previstas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, que estarán formadas polos membros que designen os grupos políticos en función do número de concelleiros e/ou concelleiras que teñan no Pleno, e os concelleiros e/ou concelleiras non-adscritos, de acordo co previsto neste regulamento e nos seus acordos de creación. 2. As comisións do Pleno poderán ser permanentes ou non permanentes. 3. Os ditames non serán vinculantes. Artigo 118. Organización. 1. Cada comisión terá un presidente ou presidenta e un vicepresidente ou vicepresidenta, que serán elixidos de entre os seus membros pola propia comisión na súa sesión constitutiva e nomeados polo Presidente ou Presidenta do Pleno, quen poderá exercer a Presidencia da devandita sesión constitutiva ou delegala en calquera dos seus membros. 2. O Secretario ou Secretaria da comisión será o Secretario ou Secretaria Xeral do Pleno, ou funcionario/a en quen delegue. 3. As funcións atribuídas á Xunta de Portavoces respecto do Pleno exerceranas nas comisións os seus presidentes e presidentas e os seus/súas portavoces. 4. As comisións do Pleno realizarán as súas sesións, preferentemente, no edificio no que teña a súa sede o Pleno. 5. Correspóndelle á Secretaría da Comisión, baixo a dirección do seu Presidente ou Presidenta, a administración e coordinación dos medios persoais e materiais necesarios para o desenvolvemento das súas funcións. Artigo 119. Funcionamento. 1. O funcionamento das comisións axustarase ás seguintes regras: 1ª.- A comisión constitúese validamente coa asistencia dun terzo do número legal dos seus membros, que nunca poderá ser inferior a tres. En todo caso, requirirase a asistencia do Presidente ou Presidenta e do Secretario ou Secretaria da Comisión, ou daqueles que legalmente os/as substitúan. Este quórum deberá manterse durante toda a sesión. 2ª.- No caso de votacións con resultado de empate, efectuarase unha nova votación, e se persiste o empate, decide o voto de calidade do Presidente ou Presidenta da Comisión. 3ª.- Os/As titulares dos órganos directivos poderán ser convocados ás sesións, con voz e sen voto. 4ª.- Sen prexuízo do sinalado no número seguinte, non son públicas as sesións das comisións do Pleno. Non obstante, a Presidencia -oídos os/as portavoces dos grupos na comisión- poderá convocar ás ditas sesións representantes das asociacións ou entidades ás que se refire o artigo 72 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, só para os efectos de escoitar o seu parecer ou recibir o seu informe respecto a un tema concreto. 61 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 2. Son públicas as sesións de carácter resolutivo que realicen as comisións para adoptar acordos en materias que o Pleno lles delegara. No obstante, o debate e a votación poderán ser secretos nos mesmos supostos e cos mesmos requisitos que os contemplados para o Pleno neste regulamento. 3. Nos demais aspectos, seranlles de aplicación ás comisións as disposicións establecidas para o Pleno neste regulamento. Artigo. 120 . As actas das sesións das comisións do Pleno 1. Os acordos e ditames das comisións do Pleno deberán constar en acta, que estenderá o Secretario ou Secretaria da comisión. 2. Na acta de cada sesión farase constar, como mínimo, o lugar de celebración, a data e hora de comezo e fin da sesión, a indicación do carácter da sesión e de se esta é de contido resolutivo ou informativa e de seguimento, se se leva a cabo en primeira ou en segunda convocatoria, os nomes do Presidente ou Presidenta e dos/das demais asistentes, os asuntos tratados, o resultado dos votos emitidos e os acordos ou ditames adoptados. 3. Cando a comisión actúe en exercicio de atribucións de carácter resolutorio delegadas polo Pleno, a acta deberá recoller sucintamente as opinións emitidas no debate do asunto. En calquera caso, e con independencia do contido resolutivo ou non da sesión, calquera membro da comisión terá dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que achegue no acto o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar na acta ou xuntándoselle copia a esta. 4. Redactado o borrador da acta, subscrito polo Presidente ou Presidenta e polo Secretario ou Secretaria, este último ou esta última remitiralles copia ós demais membros da comisión. 5. As actas das sesións nas que se adopten acordos de contido resolutivo aprobaranse na sesión seguinte. Nos demais casos, a acta entenderase aprobada se transcorridas corenta e oito horas dende a súa remisión ós membros da comisión non se recibisen observacións a ela; en caso contrario, incluirase a súa aprobación na orde do día da seguinte sesión. Capítulo segundo.- Comisións permanentes SECCIÓN PRIMEIRA. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 121. Clases. 1. Son permanentes as comisións constituídas para asumir de maneira habitual o exercicio das seguintes funcións: a) O estudo, consulta, informe ou ditame dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno. b) O seguimento da xestión do Alcalde ou Alcaldesa e do seu equipo de goberno, sen prexuízo do superior control e fiscalización que, con carácter xeral, lle corresponde ó Pleno. c) As funcións resolutorias que o Pleno lles delegue. Estas comisións levarán a cabo sesións ordinarias cunha periodicidade, polo menos, mensual. 2. Son, así mesmo, permanentes a Comisión Especial de Contas e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, que exercerán de maneira habitual as funcións que lles atribúe este regulamento. A periodicidade das sesións destas comisións establecerase nos seus acordos de constitución. 3. As previstas na alínea 1 son comisións permanentes ordinarias, e as previstas na alínea 2, comisións permanentes especiais. Artigo 122. Acordos de creación. 1. No inicio de cada mandato -e, en todo caso, dentro dos trinta días hábiles seguintes ó da constitución da Corporación-, o Pleno, por proposta do seu Presidente ou Presidenta, acordará a creación das comisións permanentes. Polo mesmo procedemento, poderanse modificar posteriormente os acordos de creación. 2. O acordo de creación das comisións permanentes ordinarias determinará que comisións deste tipo se crean, tendo en conta a estrutura da Xunta de Goberno Local e a organización da Administración municipal, e procurarase que a súa denominación e ámbito material de actuación coincidan coas áreas de goberno municipal. Cada unha das comisións permanentes especiais crearase mediante acordo específico distinto do anterior. 3. Os acordos determinarán o número de concelleiros e/ou concelleiras que formarán cada comisión e a súa distribución entre os distintos grupos políticos, atendendo ó principio de proporcionalidade ou ó de voto ponderado, e conterá as oportunas previsións en canto á incorporación dos concelleiros e/ou concelleiras nonadscritos, se os/as houber. Artigo 123. Competencia. 1. Cada comisión coñecerá dos asuntos propios da súa competencia. 2. Cando un asunto afecte á competencia de dúas ou máis comisións, os seus respectivos presidentes e/ou presidentas decidirán se se leva a cabo unha sesión conxunta ou que comisión ha de tratalo. Se non houbese acordo, decidirá o Presidente ou Presidenta do Pleno. 62 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Artigo 124. Designación. Por resolución do Presidente ou Presidenta do Pleno, e tras a proposta dos respectivos grupos municipais, nomearanse os membros das comisións, tanto titulares como suplentes -de ser o caso-, e os/as portavoces dos grupos en cada unha delas. Artigo 125. Clases de sesións. 1. As comisións permanentes do Pleno poderán celebrar sesións ordinarias e sesións extraordinarias, podendo estas últimas ser urxentes. 2. Así mesmo, as sesións poderán convocarse con carácter resolutivo ou ben para o estudo, consulta, informe ou ditame dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno e/ou para o seguimento da xestión do Alcalde ou Alcaldesa e do seu equipo de goberno. No primeiro caso, poderán figurar na orde do día a aprobación da acta da sesión anterior e os asuntos sobre os que se propoña a adopción de acordos, en virtude de delegación do Pleno ó abeiro dos artigos 122.4, c) e 123.3 da Lei reguladora das bases do réxime local. SECCIÓN SEGUNDA. DISPOSICIÓNS ESPECÍFICAS DAS COMISIÓNS ORDINARIAS Artigo 126. Estrutura. A estrutura e desenvolvemento das sesións das comisións acomodarase, na medida do posible e de acordo coas súas propias peculiaridades, ó establecido neste regulamento para as sesións de Pleno. En todo caso, nas sesións ordinarias das comisións permanentes con funcións de estudo, consulta, informe ou ditame dos asuntos que haxan de ser sometidos á decisión do Pleno e/ou de seguimento da xestión do Alcalde ou Alcaldesa e do seu equipo de goberno, incluirase sempre unha alínea de rogos e preguntas, que se desenvolverá segundo o disposto nos capítulos primeiro e segundo do título VII deste regulamento. Artigo 127. Ditame de normas. No procedemento de elaboración de normas, o ditame da comisión incluirá o texto inicial do proxecto ou a proposición, coas modificacións resultantes das emendas incorporadas, de ser o caso. Se o proxecto ou a proposición non experimentasen modificación ningunha no trámite de comisión, o ditame desta poderá limitarse á conformidade co proxecto ou proposición, sen prexuízo das emendas que fosen rexeitadas e -de ser o casodo mantemento destas ante o Pleno polos seus autores. Artigo 128. Ditame de acordos. 1. No procedemento de adopción de acordos, o ditame da comisión poderá limitarse a mostrar a súa conformidade ou desconformidade coa proposta que constitúa o seu obxecto, ou ben formular unha alternativa. 2. O ditame non é vinculante. Artigo 129. Acordos da Comisión. Para a adopción de acordos por delegación do Pleno, poderanse presentar en comisión propostas e proposicións, cuxa substanciación se axustará ó disposto para estas iniciativas no título V deste regulamento. Capítulo terceiro.- Comisión Especial de Contas Artigo 130. Regulación. 1. A composición, organización e funcionamento da Comisión Especial de Contas rexerase polas disposicións contidas neste regulamento para as demais comisións do Pleno. Ás súas sesións asistirá o Interventor ou Interventora Xeral, así como o/a titular do órgano de xestión económico-financeira. 2. A Comisión Especial de Contas reunirase coa periodicidade que se estableza no seu acordo de constitución. 3. Á Comisión Especial de Contas correspóndenlle as funcións que lle asigna a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e as demais disposicións reguladoras da contabilidade das entidades locais. 4. A Comisión Especial de Contas poderá actuar como comisión permanente ordinaria para os asuntos relativos á área de goberno con competencias en materia de economía e facenda da entidade, se así se dispón no seu acordo de creación. Neste suposto, tamén asistirá ás súas sesións o/a titular do órgano de xestión presupostaria, cando se traten asuntos relativos ó estudo, consulta, informe, ditame do orzamento e, se é o caso, a aprobación do orzamento ou das súas modificacións. 63 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Capítulo cuarto.- Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións Artigo 131. Composición e funcións. 1. Para a defensa dos dereitos dos veciños e veciñas, o Concello Pleno crea a Comisión especial de Suxestións e Reclamacións que se constitúe como órgano municipal de supervisión da actuación e funcionamento da Administración municipal, dos seus organismos públicos e entidades dependentes. Estará integrada por representantes de todos os grupos políticos presentes nel, de forma proporcional ao número de membros. 2. A determinación do número de membros, designación, comunicación e efectiva constitución responderá ás mesmas regras que as comisións ordinarias do Pleno reguladas neste Regulamento. 3. É misión da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións defender os dereitos dos veciños e veciñas nas súas relacións coa Administración municipal, cos seus organismos públicos e entidades dependentes e supervisar a actuación destas, considerando as queixas como unha oportunidade de mellora. 4. A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións ten encomendadas as seguintes funcións que realizará co apoio técnico e administrativo do Departamento de Suxestións e Reclamacións da Oficina de Atención Cidadá, que se encargará da coordinación, tramitación, avaliación e seguimento das reclamacións, suxestións e felicitacións formuladas pola cidadanía: a) Coñecer da tramitación das reclamacións ou suxestións sobre o funcionamento dos servizos municipais, así como dos informes emitidos e medidas correctoras propostas polos servizos afectados a fin de emitir o ditame que corresponda en cada caso, que será comunicado ás persoas interesadas. b) Recabar información sobre as reclamacións ou suxestións presentadas a fin de verificar o seu alcance e transcendencia reales. c) Emitir recomendacións, advertencias e recordatorios sobre a adopción das accións correctoras precisas para lograr un maior grao de satisfacción no funcionamento dos servizos municipais. d) Recibir as iniciativas ou suxestións formuladas pola cidadanía que supoñan unha mellora na calidade dos servizos e un incremento da súa eficiencia e eficacia ou que redunden na redución de cargas administrativas para a cidadanía, podendo formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención á cidadanía. e) Presentar ao Pleno da Corporación, no primeiro semestre de cada ano, un informe anual das reclamacións, suxestións e felicitacións presentadas no exercicio anterior, no que se incluirán as suxestións ou reclamacións non admitidas pola administración municipal brevemente motivadas. Tamén se incluirán os informes extraordinarios aos que se refire o parágrafo f) do presente artigo, os retrasos na emisión dos informes dos servizos municipais ou as deficiencias observadas no funcionamento destes. Este informe será defendido polo Presidente ou Presidenta da Comisión ante o Pleno, podendo intervir os grupos municipais para manifestar a súa posición. f) Tamén poderá realizar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos así o aconsellen. 5. Todos os órganos de goberno e da Administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, mediante a remisión dos informes que se lles soliciten e as comparecencias que a mesma comisión requira. Tamén deberán ter en conta as recomendaciòns, recordatorios e/ou suxestións que a comisión formule. A persistente actitude de falta de colabouración por parte dalgún servizo ou persoa da administración municipal, poderá dar lugar á que se esixan responsabilidades. 6. A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións exercerá as súas funcións con obxectividade e independencia de criterio respecto aos órganos superiores do Goberno Local e dos órganos directivos da Administración municipal, estando suxeita nas súas atribucións a instrucións ao mandato do Pleno. Artigo 132. Presentación de suxestións e reclamacións. 1. Todos os cidadáns e cidadás, sexan persoas físicas ou xurídicas e con independencia da súa nacionalidade, teñen dereito a presentar reclamacións sobre o funcionamento dos servizos municipais e suxestións para a mellora do servizo, simplificación de trámites administrativos e redución das cargas administrativas. Tamén poderán presentar felicitacións ou parabéns dirixidas a persoas ou servizos da administración municipal pola súa xestión eficaz e eficiente. 2. Poderán ser presentadas telemáticamente a través dos medios que a administración municipal habilite para os efectos, de xeito presencial, na Oficina de Atención Cidadá; ou por escrito a través de calquera dos medios establecidos no art. 38 da Lei 30/92, do 26 de novembro. 64 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 3. As reclamacións que se formulen deberán conter os requisitos establecidos legalmente e, como mínimo, os seguintes datos: nome e apelidos, número de documento de identificación, enderezo e/ou correo electrónico para os efectos de notificación e obxecto da reclamación ou suxestión que se formule. 4. Non terán consideración de recurso administrativo nin a súa presentación interromperá o cómputo de prazos nin a tramitación dos expedientes administrativos. Non se acollerán a este trámite as formuladas ao amparo do dereito de petición, reguladas pola Lei orgánica 4/2001 do 12 de novembro. 5. Quedarán excluídas deste procedemento específico aquelas que versen sobre cuestións pendentes de resolución xudicial ou administrativa, as que carezan de fundamento ou dos datos esenciais para poder ser tramitadas como tales. 6. Serán obxecto de estudo aquelas que afecten a decisións de carácter político do goberno municipal. Artigo 133. Procedemento. 1. As reclamacións ou suxestións recibidas telemáticamente, serán remitidas desde o servizo do 010 á Oficina de Atención á Cidadanía, que funcionará como oficina receptora. Esta asentará a reclamación ou suxestión no Libro Rexistro de Reclamacións e Suxestións, que poderá ser en soporte informático, e iniciará as accións administrativas que correspondan. 2. As reclamacións ou suxestións recibidas no Rexistro Xeral serán igualmente remitidas á Oficina de Atención á Cidadanía para o seu asento no Libro Rexistro de Reclamacións e suxestións e inicio da tramitación. 3. As reclamacións ou suxestións que se formulen directa e verbalmente ante a Oficina de Atención Cidadá, serán recollidas en comparecencia e asinadas polo empregado/a público da Oficina ademáis de pola persoa interesada, asentaranse no Rexistro Xeral e terán o mesmo trámite que as presentadas directamente neste. A persoa interesada poderá obter no mesmo momento unha copia da comparecencia realizada. 4. Recibida a reclamación ou suxestión a oficina tramitadora poderá requirir á persoa interesada para que no prazo de dez días subsane os defectos ou omisións dos que aquela adoeza ou á aclaración ou concreción dos seus distintos aspectos. De non proceder a súa admisión a trámite, comunicaráselle á persoa interesada coas motivacións que procedan, dando conta á Comisión na primeira reunión que celebre. 5. Admitida a trámite a reclamación ou suxestión, por parte do Departamento de Suxestións e Reclamacións da Oficina de Atención Cidadá, comunicarase a instrución do procedemento á persoa interesada e darase traslado á Alcaldía e á Concellería que corresponda. Igualmente procederase a solicitar ao servizo afectado o informe oportuno. 6. O servizo deberá emitir o preceptivo informe no prazo máximo de quince días que, no caso de Reclamación ou queixa deberá versar sobre os feitos ou actuacións obxecto de reclamación, con incidencia específica nas súas causas e efectos, así como na formulación de proposta das medidas correctoras que procedan e os prazos para implementalas. 7. Os informes sobre as suxestións presentadas deberán referirse á procedencia, implicacións técnicas ou económicas e viabilidade para implementalas. 8. No caso de que o informe non sexa emitido no prazo indicado, o/a Xefe/a de servizo ou, no seu caso o seu responsable, será requerido para a súa comparecencia ante a Comisión especial de Reclamacións e Suxestións, a fin de que o emita verbalmente, ademais de xustificar o motivo do incumprimento do prazo. 9. Os parabéns e felicitacións que a cidadanía formule aos servizos ou persoal municipal polo grao de satisfacción obtido nas súas xestións ou na prestación do servizo serán comunicados á Alcaldía, á Concellería e ao propio Servizo; darase conta delas na sesión correspondente da Comisión Especial de Reclamacións e Suxestións e serán incluídas no informe anual da comisión ao Pleno da Corporación. 10. Recibido o informe do servizo, ou no caso previsto no art. 134.4 o ditame da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, o técnico ou técnica adscrito ao Departamento de Suxestións e Reclamacións, formulará unha proposta de resolución e incluirá o expediente na Orde do día da seguinte Comisión de Suxestións e Reclamacións. As reclamacións deberán ser contestadas nun prazo non superior a tres meses. 11. A persoa reclamante poderá desistir en calquera momento da súa petición, mediante comunicación escrita remitida ao Departamento de Suxestións e Queixas por calquera dos medios admitidos para a súa presentación. En calquera caso, deberá quedar suficientemente acreditada a desistencia. Nestes supostos, a unidade tramitadora arquivará o expediente e darálles conta á Comisión de Suxestións e Reclamacións e ao servizo ou unidade administrativa afectados pola reclamación. Artigo 134. Tramitación ante a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións. 1. Á vista da documentación achegada para cada queixa ou suxestión, xunto cos informes e proposta do Departamento de Suxestións e Reclamacións, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, poderá emitir 65 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo ditame en forma de Recomendación que transmitirá á Alcaldía e ás Concellerías afectadas, así como aos servizos que correspondan. Este ditame seralle comunicado á persoa reclamante. 2. O Departamento de Suxestións e Reclamacións remitiralle mensualmente á Xunta de Goberno Local, aos meros efectos informativos, un resumo das reclamacións e suxestións habidas durante o período, coa indicación do servizo ou unidade afectados, trámites realizados e medidas correctoras adoptadas ou propostas polos servizos. Irá detallado por áreas de goberno, para o coñecemento dos/das concelleiros/as da área competente. 3. A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, de oficio, poderá requirir información complementaria sobre as suxestións e reclamacións e coñecer das que non se resolvesen satisfactoriamente. 4. A comisión, por acordo maioritario, poderá requirir a presenza dos Xefes/as do servizo ou responsables da unidade afectados pola suxestión ou reclamación, que estarán obrigados a comparecer nos termos previstos no art. 133.8, proseguindo o expediente a tramitación que corresponda. 5. As conclusións ás que chegue a comisión revestirán a forma de informe ou ditame non vinculante e serán notificadas ao servizo afectado, á Concellería da que dependa e, no seu caso, á persoa ou persoas reclamantes. 6. A Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións no seu informe anual, recollerá o número e tipoloxía das suxestións, reclamacións e felicitacións presentadas, con inclusión das non admitidas pola administración municipal brevemente motivadas. Tamén incluirá os informes extraordinarios aos que se refire o artigo 131.4 f), os retrasos na emisión dos informes dos servizos municipais ou as deficiencias observadas no funcionamento destes. Deste informe anual, no cal nunca constarán os datos persoais dos ou das reclamantes, daráselle conta ao Pleno segundo o disposto neste Regulamento, e elaborarase un resumo que se publicará segundo o procedemento que legal ou regulamentariamente se estableza. Capítulo quinto.- Comisións non-permanentes Artigo 135. Creación. As comisións non-permanentes son as comisións constituídas por acordo do Pleno para un asunto concreto, con fins de estudo, elaboración de propostas ou outros de natureza análoga, sen carácter resolutorio. Rexeranse polo seu acordo de constitución e polas normas reguladoras das comisións permanentes de carácter ordinario. Extinguiranse unha vez que acabasen de desenvolver as funcións que motivaron a súa creación. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS Primeira. Representación e defensa en xuízo. A representación e defensa en xuízo do Concello polos actos de Pleno corresponderalle á Asesoría Xurídica do Concello, sen prexuízo do disposto no artigo 551.3 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Segunda. Participación cidadá. A participación dos cidadáns e cidadás no Pleno e nas súas comisións rexerase polo disposto no Regulamento orgánico de participación cidadá. Terceira. Interpretación e aplicación do regulamento. O Presidente ou Presidenta do Pleno poderá ditar resolucións para a interpretación e aplicación deste regulamento. Cuarta. Comisións especiais. As comisións permanentes especiais poderán aprobar as súas normas de funcionamento, se o consideran necesario para completar a súa regulación. Quinta. Diario de sesións. Mediante resolución do Presidente ou Presidenta do Pleno, e a proposta do Secretario ou Secretaria Xeral, poderá crearse un Diario de sesións do Pleno. Este diario terá carácter oficial, e nel deixarase constancia dos incidentes producidos, das intervencións e dos acordos adoptados nas sesións do Pleno que non teñan carácter secreto. En tanto non se produza a súa efectiva posta en funcionamento, as actas do Pleno recollerán as intervencións e sucesos que se produzan nas sesións de acordo coas normas xerais recollidas neste regulamento. 66 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Sexta. Aplicación do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. As disposicións deste regulamento serán de aplicación preferente ás contidas no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, que regulen a mesma materia, excepto respecto das que teñan natureza de básicas e resulten tamén de aplicación ós municipios de gran poboación previstas no título X da Lei reguladora das bases de réxime local. Sétima. Modificacións lexislativas. Os preceptos deste regulamento que por sistemática lexislativa incorporan aspectos da lexislación básica do Estado ou da lexislación autonómica, e aqueles nos que se fan remisións a preceptos destas, entenderanse modificados e/ou substituídos dende o momento en que se produza a entrada en vigor da correspondente modificación ou revisión lexislativa, salvo que resulten incompatibles ou permitan unha interpretación harmónica coas novas previsións lexislativas, e todo iso sen prexuízo das actualizacións e/ou adaptacións do regulamento que tales modificacións lexislativas impoñan. En tal sentido, as referencias e mencións que no presente regulamento se fan á Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, enténdense referidas ó texto dela vixente en cada momento. DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS Primeira. Acordos sobre creación, composición e competencias das comisións informativas e sobre a periodicidade das sesións. Os acordos do Pleno da actual Corporación municipal sobre creación, composición e competencias das comisións informativas e sobre a periodicidade das sesións ordinarias do Pleno que fosen adoptados con anterioridade á entrada en vigor da Lei do Parlamento Galego 4/2004, do 28 de xuño 2005, sobre aplicación do réxime de municipio de gran poboación ós municipios de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago, manterán a súa eficacia e vixencia ata que o Pleno municipal adopte acordo ó respecto. Segunda. Comisión Informativa Especial de Estudo do Planeamento. Do mesmo xeito, e ata que o Pleno municipal adopte acordo ó respecto sobre a súa modificación ou supresión, subsistirá a Comisión Informativa Especial de Estudo do Planeamento, creada polo acordo do Pleno número 2/185, do 22 de setembro de 1995. Sen prexuízo do anterior, corresponderalle á comisión informativa ordinaria competente por razón da materia a emisión dos ditames preceptivos previos ós acordos que haxa de adoptar o Pleno sobre a aprobación de instrumentos de planeamento urbanístico. Terceira.- As declaracións de bens e actividades correspondentes ó período comprendido entre xuño 2009 e xullo 2010, presentaranse dentro dos VINTE DÍAS hábiles seguintes á data de entrada en vigor da presente modificación do ROMP. DISPOSICIÓN DERROGATORIA Única. Disposicións derrogadas. Sen prexuízo do previsto nas disposicións transitorias, a partir da entrada en vigor deste regulamento quedan derrogadas as disposicións do Concello de Lugo que se opoñan, contradigan ou resulten incompatibles con el. DISPOSICIÓN FINAL Única. Comunicación, publicación e entrada en vigor. 1. De conformidade co disposto nos artigos 56.1, 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a publicación e entrada en vigor do regulamento producirase da seguinte forma: a) O acordo de aprobación definitiva do presente regulamento comunicaráselle á Administración do Estado e á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. b) Transcorrido o prazo de quince días dende a recepción da comunicación, o acordo e o regulamento publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. c) O regulamento entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 2. O acordo de aprobación definitiva e o regulamento publicaranse ademais no taboleiro de edictos do Concello de Lugo. (*) Segunda.- A presente modificación do ROMP entrará en vigor ó día seguinte hábil á da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia. 67 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo (*) NOTA ACLARATORIA: esta Disposición final segunda fai referencia ás modificacións dos artigos 23, 24, 25 e 26 e da Disposición transitoria terceira, aprobadas inicialmente polo Excmo. Concello Pleno o 28 de xuño de 2010 e publicadas no BOP do 18 de outubro de 2010. R. 0209 Anuncio A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 26-12-2014, aprobou inicialmente a MODIFICACIÓN DOS LÍMITES DAS PARROQUIAS DE SAN XOAN DE TIRIMOL E SAN VICENTE DE PÍAS, e o sometemento do expediente ao trámite de información pública e audiencia aos interesados polo prazo de TRINTA DÍAS HÁBILES para a presentación de suxestións e reclamacións, mediante anuncios para inserir no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Anuncios do Concello. Na súa virtude, e segundo o previsto no artigo 86 da Lei reguladora das bases do réxime local, queda aberto o trámite de información pública e audiencia referido, que se iniciará a partir do día seguinte hábil ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. As suxestións e reclamacións que, de ser o caso, se formulen deberán dirixírselle ao Excmo. Sr. Alcalde Presidente do Concello, e poderán presentarse nos rexistros e oficinas autorizados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente atópase na Sección de Estatística, Muralla, 197. ubicado no Centro de Servizos municipais, en Ronda Lugo,14 de xaneiro de 2015.- O TENENTE ALCALDE, (Decreto 13008312) Manuel Núñez López R. 0210 Anuncio ÁREA DE ECONOMÍA INSPECCIÓN DE TRIBUTOS NOTIFICACION EDICTAL DE PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTES SANCIONADORES POR INFRACCIÓN TRIBUTARIA De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como o preceptuado polo artigo 112 da Lei 58/2003, de 17 de dicembre, Xeneral Tributaria, faise pública notificación das Propostas de Resolución dos expedientes sancionadores que se indican, xa que habéndose intentado a notificación no último domicilio coñecido, estas non se puideron practicar. IMPOSTO SOBRE INCREMENTO DE VALOR DE TERREOS DE NATUREZA URBANA (PLUSVALÍA) Nº Expte Obligado tributario S021717-242JOSE MANUEL NEIRA FERNANDEZ 2014 S021716-2382014 S021714-2332014 S021713-2192014 S021712-2102014 S021692-1422014 S021602-0982014 S021601-3412013 S021426-2302013 S021709-2232014. Resolución Expte. Sancionador DNI Domicilio 033319831F RUA MONTIRON, 113-P03 I (27002)LUGO SANTIAGO PAZ FERNANDEZ 033827521H RUA NOVA, 6 P02 (27001)LUGO LUIS CASTRO LOPEZ 033822317N SAN ANDRES,34 TURON (33600)MIERES (ASTURIAS) MERCEDES ARIAS NUÑEZ 033815512S PRAZA FONTE DOS RANCHOS, 22-P07 (27004)LUGO ALMA MARIA VARELA SIMON 033540264P RUA CAMIÑO DA ROZANOVA, 14 BJ (27003)LUGO MERCEDES NUÑEZ ARIAS 033333413L PRAZA FONTE DOS RANCHOS, 22-P07 (27004)LUGO PABLO IGLESIAS CORREDORIA 033345485Q RUA DIAZ CASTRO, 8-01 B (27004)LUGO AUTOCARES RANFA, SL B27308758 RUA LAMAS DE PRADO,58-P01 (27004)LUGO CONSTRUCCIONES PEDROUZO, SL B27013556 RUA FABRICA DE ABELLA, 2 (EDIFICIO ORQUIDEA) ESQ. RUA ORQUIDEA. (27004)LUGO ALJOGAR UNIVERSAL, SL B27272129 RUA PACIOS (PINTOR), 5 ENTL. (27004)LUGO 68 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo A comparecencia para ser notificado deberá producirse nas oficinas municipais da Inspección de Tributos sitas en Lugo, Rolda da Muralla, 197, 2ª Planta, na o prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no correspondente boletín oficial. Transcorrido devandito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais o día seguinte ao do vencimiento do prazo sinalado. Lugo, 16 DE XANEIRO DE 2015.- Ilma. Sra. Oitava Tenente de Alcalde, por suplencia da titular da Area de Economía,Emprendimento, Autónomos e Educación(Decreto 147770 do 22/08/2014)ROSANA RIELO ROZAS R. 0211 Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do dia 30 de decembro de 2014, polo que se aprobou a forma de adxudicación por procedemento aberto para a CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE REXENERACIÓN DE PAVIMENTO E RENOVACIÓN DE SERVIZOS NA RÚA NORIEGA VARELA Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE REXENERACIÓN DE PAVIMENTO E RENOVACIÓN DE SERVIZOS NA RÚA NORIEGA VARELA b) Prazo de execución da obra: Terá un prazo máximo de execución de TRES MESES contados a partires do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinario b) Procedemento: aberto 4.- Orzamento máximo ( tipo de licitación): Prezo sen IVE:115.702,48 euros (gastos xerais e beneficio industrial incluído)IVE ( 21%): 24.297,52 euros. Prezo de licitación: 140.000 euros IVE incluído 5.- Garantías definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-72-56, 29-73-01. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 7.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de cláusulas administrativas 8.- Obrigas contractuais esenciais e condicións esenciais de execución: Este contrato ten condición esencial de execución prevista na cláusula decimo sétima do prego de cláusulas administrativas ( art. 227 y 228. bis TRLCSP) Este contrato inclúe obrigas contractuais esenciais prevista na cláusula décimo novena do prego de cláusulas administrativas. 9.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partires do día seguinte ó da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula decima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos no prego de condicións. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 69 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: dous meses. 10.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 11.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 12.- Gastos dos anuncios: 150,54 euros que serán por conta do adxudicatario de cada lote de modo proporcional ó importe de adxudicación de cada obra. Lugo, 9 de xaneiro de 2015.- O ALCALDE,P.D. A OITAVA TENETE DE ALCALDE POR SUPLENCIA DA TITULAR DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO, AUTÓNOMOS E EDUCACIÓN, Rosana Rielo Rozas R. 0220 Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria e urxente do dia 29 de decembro de 2014, polo que se aprobou a forma de adxudicación por procedemento aberto para a CONTRATACIÓN MEDIANTE LOTES DAS OBRAS DE PAVIMENTACION EN RONDA MURALLA TRAMO 2 E 3 ( LOTE 1), NICOMEDES PASTOR DÍAZ ( LOTE 2) E MONFORTE ( LOTE 3) Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: CONTRATACIÓN MEDIANTE LOTES DAS OBRAS DE PAVIMENTACION EN RONDA MURALLA TRAMO 2 E 3 ( LOTE 1), NICOMEDES PASTOR DÍAZ ( LOTE 2) E MONFORTE ( LOTE 3) b) Prazo de execución de cada obra: Para el LOTE 1: DOUS MESES contados a partires do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo Para el LOTE 2 y LOTE 3: UN MES contados a partires do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinario b) Procedemento: aberto 4.- Valor estimado do contrato tendo en conta a totalidade dos TRES lotes ascende a 290.082,62 euros IVE excluído. 5.- Orzamento máximo de cada LOTE ( tipo de licitación): PAVIMENTACION EN RONDA MURALLA TRAMO 2 E 3 ( LOTE 1) Prezo de licitación: 284.999,99 euros IVE incluído PAVIMENTACION EN NICOMEDES PASTOR DIAZ ( LOTE 2) Prezo de licitación: 27.500 euros IVE incluído PAVIMENTACION RUA MONFORTE ( LOTE 3) Prezo de licitación: 38.499,99 euros IVE incluído 6.- Garantías definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE para cada lote 7. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. 70 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-72-56, 29-73-01. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 8.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de cláusulas administrativas 9.- Obrigas contractuais esenciais e condicións esenciais de execución: Este contrato ten condición esencial de execución prevista na cláusula decimo sétima do prego de cláusulas administrativas ( art. 227 y 228. bis TRLCSP) Este contrato inclúe obrigas contractuais esenciais prevista na cláusula décimo novena do prego de cláusulas administrativas. 10.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partires do día seguinte ó da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula decima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos no prego de condicións. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: dous meses. 11.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 12.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 13.- Gastos dos anuncios: 176,02 euros que serán por conta do adxudicatario de cada lote de modo proporcional ó importe de adxudicación de cada obra. Lugo, 9 de xaneiro de 2015.- O ALCALDE, P.D. A OITAVA TENETE DE ALCALDE POR SUPLENCIA DA TITULAR DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO, AUTÓNOMOS E EDUCACIÓN, Rosana Rielo Rozas R. 0221 MONFORTE DE LEMOS Anuncio Detectado un erro no anuncio relativo a aprobación definitiva do Orzamento Xeral para o exercicio 2015 e o cadro de persoal, publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 13 de data de 17 de xaneiro de 2015, procédese a corrección dos erros mediante a publicación do cadro de persoal: FUNCIONARIOS DE CARREIRA Denominación Praza Nª Praza/s Grupo Subescala Categoría Situación C. Específico A1 Secretaría 1ª Propiedade 31.017,42 € 1.- Funcionarios de Habilitación Nacional Secretario/a 1 Interventor/a 1 A1 Int- Tes. 1ª Vacante 31.017,42 € Tesoureiro/a 1 A1 Int- Tes. 1ª Vacante 27.565,72 € 71 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo 2.-Administración Xeral. Técnico/a 3 A1 Admón. Xeral Técnica Propiedade 12.396,30 € Técnico/a 1 A2 Admón. Xeral Técnica Propiedade 11.469,50 € Administrativo/a 3 C1 Admón. Xeral Admtva. Propiedade 9.723,00 € Auxiliar 2 C1 Admón. Xeral Auxiliar Vacante 8.227,66 € Auxiliar 11 C2 Admón. Xeral Auxiliar Propiedade 8.227,66 € Bibliotecaria/a 1 A1 Admón. Esp. Técnica Propiedade 15.188,32 € Aparellador/a 1 A2 Admón. Esp. Técnica Propiedade 25.482,94 € Técnico/a 1 A2 Admón. Esp. Enx. Industrial Vacante 13.486,48 € Inspector/a de Policía L. 1 A2 Admón. Esp. Inspector Propiedade 24.885,84 € 3.- Administración Especial Oficial Policia 1 C1 Admón. Esp. Oficial Vacante 17.306,38 € Policía Local 15 C1 Admón. Esp. Axente Propiedade 13.248,76 € local(Segunda 1 C2 Admón. Esp. Axente Vacante 13.248,76 € Xefe/a de Equipo C. Espec. 1 C2 Admón. Esp. Xefe de Equipo Vacante 23.272,64 € Policia Actividade) Axente C. Esp. 7 C2 Admón. Esp. Axente CE Propiedade 13.967,60 € Oficial(Parques e Xardíns) 1 C2 Admón. Esp. Oficial Propiedade 6.910,82 € Operario/a (Cemiterio) 1 E Admón. Esp. Operario Propiedade 7.597,66 € Denominación Praza Nº Grupo Situación Técnico/a de Grao Superior Serv. Sociais 1 A1 Vacante As. Xrco./a - Coordinador/a CIM 1 A1 Fixo Técnico/a de Promoción Económica 1 A1 Vacante Traballador/a Social - Coordinador 1 A2 Fixo Traballador/a Social 2 A2 Fixo Técnico/a C.I.M. 1 A2 Fixo Profesor/a Conservatorio Clarinete 1 A2 Fixo Profesor/a Conservatorio Piano 4 A2 Fixo Profesor/a Conservatorio Violín 1 A2 Vacante Profesor/a Conservatorio Viento- Trombón 1 A2 Vacante Profesor/a Conservatorio Guitarra 1 A2 Fixo Profesor/a Conservatorio Saxo 1 A2 Vacante Profesor/a Conservatorio Percusión 1 A2 Vacante Técnico/a de Medio Ambiente 1 A2 Fixo Animador/a Cultural 1 C1 Fixo Profesor/a de Danza Escolas de Música 1 C1 Fixo Capataz Urbanismo 1 C2 Fixo Capataz Servizos 2 C2 Fixo Oficial Urbanismo 3 C2 Fixo Oficial Cemiterio 1 C2 Fixo Oficial Cultura 1 C2 Fixo Aux. Administrativo O.M.I.C.X. 1 C2 Fixo Op. De Activ. E servizos culturais 1 E Fixo Peón de Urbanismo 2 E Fixo Peón de Parques e xardíns 3 E Fixo PERSOAL LABORAL FIXO 72 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Peón de Parques e xardíns 2 E Vacante Peón de cemiterio 1 E Fixo Aux. de Electricista 1 E Vacante Limpadora-Conserxe 1 E Fixo Subalterno/a 1 E Vacante PERSOAL LABORAL TEMPORAL Denominación Praza Nº Técnico/a de Grao Superior Serv. Sociais 1 Técnico/a Deportes 1 Profesor/a Conservatorio Violín 1 Profesor/a Conservatorio Saxo 1 Profesor/a Conservatorio Percusión 1 Educador/a de Familia 1 Profesor/a Escolas de Música 2 PERSOAL LABORAL EVENTUAL DE CONFIANZA Denominación Praza Nº Asesor/a Gabinete 1 ORGANISMO AUTONÓMO DROGODEPENDENCIAS PERSOAL LABORAL TEMPORAL Denominación Praza Nº Director/a Psiquiatra 1 Psicólogo/a 1 Traballador/a Social 1 Enfermeiro/a 1 Educador Social 1 Auxiliar Administrativo/a 1 Monitor/a tempo libre 1 ADICACIÓNS EXCLUSIVAS ADICACIÓN ALCALDE PRESIDENTE EXCLUSIVA BRUTO (14 PAGAS) 43.632,68 € CONCELLEIRA DE CULTURA, BENESTAR SOCIAL EXCLUSIVA 33.651,94 € En Monforte de Lemos a 19 de xaneiro de 2015.- O Alcalde, Severino Rodríguez Díaz. R. 0223 NEGUEIRA DE MUÑIZ Anuncio APROBACION DEFINITIVA ORZAMENTO 2015 Aprobado definitivamente o Orzamento Xeral do Concello para o 2015, e comprensivo aquel do Orzamento Xeral deste Concello, Bases de Execución, cadro de Persoal funcionario e laboral, de conformidade co artigo 169 73 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, publícase o resumo do mesmo por capítulos: ESTADO DE GASTOS A) OPERACIÓNS NON FINANCEIRAS A.1. OPERACIÓNS CORRENTES CAPÍTULO 1: Gastos de Persoal CAPÍTULO 2: Gastos Correntes en Bens e Servizos CAPÍTULO 3: Gastos Financeiros CAPÍTULO 4: Transferencias Correntes A.2. OPERACIÓNS DE CAPITAL CAPÍTULO 6: Investimentos Reais CAPÍTULO 7: Transferencias de Capital B) OPERACIÓNS FINANCEIRAS CAPÍTULO 8: Activos Financeiros CAPÍTULO 9: Pasivos Financeiros TOTAL: ESTADO DE INGRESOS A) OPERACIÓNS NON FINANCEIRAS A.1. OPERACIÓNS CORRENTES CAPÍTULO 1: Impostos Directos CAPÍTULO 2: Impostos Indirectos CAPÍTULO 3: Taxas, Prezos Públicos e outros Ingresos CAPÍTULO 4: Transferencias Correntes CAPÍTULO 5: Ingresos Patrimoniais A.2. OPERACIÓNS DE CAPITAL CAPÍTULO 6: Alleamento de Investimentos Reais CAPÍTULO 7: Transferencias de Capital B) OPERACIÓNS FINANCEIRAS CAPÍTULO 8: Activos Financeiros CAPÍTULO 9: Pasivos Financeiros TOTAL: 322145,29 195200,00 600,00 2200,00 € € € € 190665,69 € 710810,98 € 222515,44 4000 15500 335773,73 5000 € € € € € 128021,81 € 710810,98 € CADRO DE PERSOAL. De acordo co establecido no art. 126 do R.D.786/86 de 18 de abril, preséntase á súa aprobación o cadro de persoal para 2015, que corresponde ós principios anunciados no art. 90.1 da Lei 7/85 de 2 de abril, sendo estes os de racionalidade económica e financeira. O cadro de persoal para o 2.015 queda como segue : ALTOS CARGOS Dedicación Alcalde e Tenente Alcalde. PLANTILLA DE PERSOAL ANEXO DE PERSOAL A) Funcionarios de carreira DENOMINACIÓN PRAZA Secretaria-Interventora DOTACIÓNS 1 GRUPO A1 C.D. 24 SIT. Ocupada B) Persoal Laboral Temporal DENOMINACIÓN POSTO Auxiliar de axuda no fogar Peóns (*) Nº EFECTIVOS 2 (media xornada) 4 * Subvencionados pola Deputación Provincial de Lugo (dende o 01/04/2014 ao 30/06/2015) C) Outro persoal DENOMINACIÓN POSTO Enxeñeiro Técnico Administrativo Traballador social Conductor/operario servizos múltiples Oficial albanel Nº EFECTIVOS 1 1 1 1 1 74 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo Sen prexuízo da previsión orzamentaria das subvencións procedentes da Consellería de Traballo e Benestar Social dentro do Programa de Cooperación e outros, asi como das procedentes da Deputación Provincial de Lugo. ASIGNACIÓN A MEMBROS DA CORPORACIÓN. Non se modifican respecto ó ano 2014. Dita aprobación poderá ser impugnada ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, cos requisitos, formalidades e causas sinaladas no artigo 170 e 171 do Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e na forma e prazos que establecen as normas da devandita Xurisdición. Negueira de Muñiz, 20 de xaneiro de 2015.- O alcalde, José Manuel Braña Pereda R. 0224 OUROL Anuncio De conformidade cos artigos 112 da lei 7/85, do 2 de abril e 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, o Concello Pleno en sesión extraordinaria celebrada o día dez de decembro de dous mil catorce, adoptou o acordo de aprobación incial da Base de Execución do Orzamento Xeral, nº 27, que resultou definitivo ao non se ter presentado reclamacións durante o período de exposición pública e que literalmente di o que segue; BASE DE EXECUCIÓN nº 27 De conformidade co disposto no artigo 4, da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso de la factura electrónica y creación del registro contable de facturas en el Sector Público, quedan excluídas da obriga de presentación de factura electrónica as facturas cuxo importe sexa ata cinco mil euros, (5.000,00 €), e as emitidas por provedores aos servizos no exterior das Administracións Públicas ata que as devanditas facturas poidan satisfacer os requirimentos para a súa presentación a través do Punto Xeral de entrada de facturas electrónicas, de conformidade coa valoración do Ministerio de Economía e Administracións Públicas, e os servizos no exterior dispoñan dos medios e sistemas apropiados para a súa recepción nos devanditos servizos. As facturas por importe superior a cinco mil euros, (5.000,00 €) si deberán presentarse de forma electrónica a través do Punto Xeral de Entrada do Estado, FACe ao que se atopa adherido o concello de Ourol. De conformidade co preceptuado no artigo 171.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, contra a devandita aprobación definitiva poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos que establecen as normas da xurisdicción contencioso-administrativa. Ourol, dezanove de xaneiro de dous mil quince.- O alcalde-presidente, Marcial Sanjurjo Fernández R. 0212 A PASTORIZA Anuncio CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DE DOUS PEÓNS DE OBRAS E SERVIZOS. A Xunta de Goberno Local en sesión de data 17 de xaneiro de 2015 , acordou a aprobación das bases e da convocatoria pública para a selección e contratación con carácter de persoal laboral temporal e a xornada completa de dúas prazas de peóns de obras e servizos. Duración do contrato: ata o 31 de xullo de 2015. Bases reguladoras da selección: atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do Concello, podéndose consultar, así mesmo, no taboleiro de anuncios da Entidade e na paxina web do Concello http/www.concelloapastoriza.es Presentación de solicitudes: de conformidade co modelo recollido nas bases de selección, no rexistro xeral do Concello en horario de oficinas ou por calquera dos sistemas recoñecidos na Lei de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común dentro do prazo de OITO (8) días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Faise constar expresamente que os sucesivos anuncios que se deriven da convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios desta Entidade. 75 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo A Pastoriza, 19 de xaneiro de 2015.- O alcalde, Primitivo Iglesias Sierra R. 0227 PORTOMARÍN Anuncio Habiendo quedado definitivamente aprobado por el Pleno de este Ayuntamiento el Presupuesto para el ejercicio económico de 2015, por acuerdo adoptado en sesión celebrada el día DIECIOCHO DE DICIEMBRE DE 2014, en cumplimiento a lo que dispone el artículo 169.3 del R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, se hace público que dicho Presupuesto asciende tanto en Gastos como en Ingresos a la cuantía de UN MILLÓN CIENTO NOVENTA Y OCHO MIL CIENTO CINCO EUROS (1.198.105,00 €) correspondiendo a cada capítulo las cantidades que a continuación se expresan, según siguiente detalle: ESTADO DE GASTOS CAP. CONCEPTO IMPORTE A)OPERACIONS CORRENTES 1 GASTOS DE PERSOAL 529.752,25 2 GASTOS CORRENTES EN BENS E SERVIZOS 383.213,22 3 GASTOS FINANCEIROS 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 5 FONDO DE CONTINXENCIA E OUTROS IMPREVISTOS 0.00 42.582,53 TOTAL OPERACIONS CORRENTES 0,00 955.548,00 B)OPERACIONES DE CAPITAL 6 INVERSIONES REAIS 242.557,00 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 8 ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 9 PASIVOS FINANCEIROS 0,00 TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 242.557,00 TOTAL PRESUPUESTO DE GASTOS 1.198.105,00 ESTADO DE INGRESOS CAP. CONCEPTO IMPORTE A)OPERACIONES CORRIENTES 1 IMPOSTOS DIRECTOS 354.439,00 2 IMPOSTOS INDIRECTOS 15.000,00 3 TAXAS, PREZOS PUBLICOS E OUTROS INGRESOS 84.995,00 4 TRANSFERENCIAS CORRENTES 5 INGRESOS PATRIMONIAS 6.850,00 TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES 1.015.671,00 554.387,00 B)OPERACIONS DE CAPITAL 6 ALLEAMENTO DE INVERSIONS REAIS 60.000,00 7 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 8 ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 9 PASIVOS FINANCEIROS 0,00 122.434,00 TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL 182.434,00 TOTAL PRESUPUESTO DE INGRESOS 1.198.105,00 76 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 B.O.P de Lugo En la referida sesión, también se acordó aprobar la plantilla y la relación de puestos de trabajo de esta Corporación que, de acuerdo con lo que preceptúa el art. 127 del Real Decreto Legislativo 781/1986, de 18 de abril, se reproduce a continuación: PLANTILLA Y RELACIÓN DE PUESTOS DE TRABAJO A) FUNCIONARIOS DE CARRERA Nº DENOMINACIÓN PLAZA • • • • B) Nº 01 02 02 GRUPO • Secretario-Interventor Agrup. Guntin • Ingeniero Técnico Agrícola* • (vacante creada Pleno 05-08-14) 01 • Administrativo 01 • Administrativo (vacante) * Actualmente desempeñada por interino. 01 01 NIVEL CD • • A1 A2 • • 30 16 • • C1 C1 • • 22 22 PERSONAL LABORAL FIJO O INDEFINIDO DENOMINACIÓN PLAZA Trabajador Social (Fijo) Operario Servicios múltiples, asimilado AP (Fijos) Limpiadoras tiempo parcial, asimilado AP (Vacante) cubiertas con laboral temporal C) PERSONAL LABORAL TEMPORAL Nº 01 02 05 01 01 01 01 01 DENOMINACIÓN PLAZA Operario Limpieza viaria Trabajadores medioambientales camino de Santiago Auxiliares de Ayuda a Domicilio Agente de Empleo y Desenvolvimiento Local Orientador laboral (subvención) Informador juvenil y cultura Monitor deportivo (tiempo parcial) Atención instalación albergue de peregrinos (de temporada) De conformidad con lo preceptuado en al art. 171.l del R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, contra la aprobación definitiva del presupuesto municipal se podrá interponer directamente recurso contencioso administrativo ante el Tribunal Superior de Justicia de Galicia en la forma y plazos que establecen las normas de la jurisdicción contencioso-administrativa. Portomarín, 22 de enero de 2.015.- El Alcalde, Juan Carlos Serrano López R. 0269 XOVE Anuncio RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA D. JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde-Presidente do Concello de Xove, no uso das facultades que me son conferidas polo artigo 21.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das bases de Réxime Local, na redacción dada pola Lei 57/03, de 16 de decembro VISTO o expediente tramitado para a contratación ddo servizo de limpeza do colexio público Pedro Caselles Rollán de Xove e segundo a lexislación aplicable explicitada no Informe de Secretaría de 5 de novembro. Tendo sido detectado un erro na Cláusula Sexta do Prego de Prescricións Técnicas, de Persoal Adscrito ao Servizo. Pola presente, RESOLVO PRIMEIRO.- Aprobar un novo Prego de Prescricións Técnicas enmendando o erro detectado na Cláusula Sexta, e así, donde dice 77 Núm. 021 – Martes, 27 de Enero de 2015 CATEGORÍA Limpadora Limpadora Limpadora Limpadora ANTIGÜEDADE 01.10.2008 01.01.2001 04.09.2000 06.11.2002 3 3 3 3 CATEGORÍA Limpadora ANTIGÜEDADE 01.10.2008 XORNADA 3 horas diarias de luns a venres Limpadora Limpadora Limpadora 10.01.2011 04.09.2000 06.11.2002 3 horas diarias de luns a venres 3 horas diarias de luns a venres 3 horas diarias de luns a venres horas horas horas horas XORNADA diarias de luns a venres diarias de luns a venres diarias de luns a venres diarias de luns a venres B.O.P de Lugo TIPO DE CONTRATO Fixo discontinuo Indefinido Indefinido Indefinido Debe dicir, TIPO DE CONTRATO Obra ou Servizo determinado Fixo discontinuo Indefinido Indefinido SEGUNDO. Ampliar o prazo de presentación de ofertas en once días naturais desde a data de hoxe, rematando o venres, día 30 de xaneiro ás 14.30 horas. TERCEIRO.- Publicar no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no perfil do contratante a presente Resolución. Mándao e asínao o Sr. Alcalde, en Xove,a 19 de xaneiro de 2015. Ante min,O Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa. O Secretario, Luis Mª. Fernández del Olmo R. 0229 Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 27.01.2015 08:00:00 CET Razón: Localización: España