Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro

Anuncio
Xosé L. Méndez Ferrín / Artello Teatro
Artello
Teatro
alla
scala 1:5
© 1983, Xosé L. Méndez Ferrín, Artello Teatro.
© 2001, Artello - Teatro alla scala 1.5 S.L.
Rúa Oporto, 30-6ºB
36201 - VIGO (Galicia, España)
Email: scala@artello.com
http://www.artello.com
Reservados todos os dereitos. Autorízase a descarga, impresión e conservación de copias de seguridade
da presente obra para uso privado.
Asimesmo, autorízase a distribución da mesma, ben sexa en papel ou en soporte electrónico,
sempre que se faga de maneira totalmente gratuita e reproducindo íntegramente este texto e o copyright.
Calquera uso distinto ao expresamente autorizado requerirá o permiso previo e por escrito do editor.
Diante de vós «Celtas sen filtro», unha peza de teatro que
eu non sabería definir. Nela móvense diversas personaxes,
unhas con duros perfís irónicos, as outras desleídas en
salseiros máis leves e volátiles. Por primeira, e supoño que
derradeira vez na miña vida, participo coa farándula nunha
función teatral. Entendédeme que eu non colaborei con Artello,
senón que me deslicei no interior deste grupo singular e
universalmente imaxinativo para soñar nel unha ametralladora
de ritmo endiañado. O resultado habédelo de xulgar vós. Eu só
quero dar fé agora das horas de ledicia que gocei con Artello
mentras preparabamos a sesión de autocrítica nacional que
«Celtas sen filtro» é.
X. L. MENDEZ FERRÍN, Xuño de 1.983
-I-
VOZ EN OFF 1
A Gran Compañía de Teatro Galego "Aturuxo"
presenta o seu espectáculo "Berros de lume". Traballo colectivo basado nos feitos acaecidos o 10 de
Novembro de 1.982 na capital de Galicia.
VOZ EN OFF 2
Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria. Racha o día.
PENUMBRA. MÚSICA DE ÓRGANO E EFECTOS
ESPECIAIS TÉTRICOS.
ESMOLANTE 1
Ai, miña nai. Probes, famentos e miserentos, e
ninguén se acorda de nós.
ESMOLANTE 2
Ninguén recoñece a nosa situación.
ESMOLANTE 1
Ai. Non podo máis con esta lentura que me chega até
as raigames.
ESMOLANTE 3
Co frío que pasamos.
ESMOLANTE 2
Eu tamén teño lenta a raigame.
SOAN AS CAMPÁS.
ESMOLANTE 3
ESMOLANTES 1, 2
ESMOLANTE 3
ESMOLANTES 1, 2
ESMOLANTE 3
Chist. Silencio. Agnus dei dunha nai.
Ora pro nobis.
Agnus dei dunha nai.
Liberanus domine.
Agnus dei dunha nai.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-3-
ESMOLANTES 1, 2
Liberanus domine.
ESMOLANTE 2
Pedro. Ei. Madrugas.
ESMOLANTE 4
(ENTRANDO) Non poiden chegar antes, veño do
velorio.
ESMOLANTE 1
¿E de quen?
ESMOLANTE 4
Do Laudamuco.
ESMOLANTE 2
Quen.
ESMOLANTE 4
¿Non o coñecedes? Si, ho. Aquel que pedía na rúa
das papas e do unto.
ESMOLANTE 3
¿E de que morreu?
ESMOLANTE 4
Suicidouse.
ESMOLANTE 2
Vaia, carallo. Que bailadela esta da morte ditosa.
ESMOLANTE 1
Pois nós, xa ves. Aquí, de xubileu.
ESMOLANTE 4
Si, ho. Parecedes tres perdidos nunha noite suxa.
ESMOLANTE 3
Boeno, boeno. Cambeamos de tema que isto semella
un ensaio pra unha marcha fúnebre.
ESMOLANTE 4
Iso, deixádevos de touporroutous e imos ao noso.
¿Quen falta?
ESMOLANTE 2
Pois faltan a Xaxara, a Peituda, o Paniogas, o rapaz...
ESMOLANTE 4
¿E o Cachamón?
ESMOLANTE 1
Eu traio a representación dese.
ESMOLANTE 3
Sempre faltan os mesmos.
ESMOLANTE 2
Boeno, xa estamos bastantes. Pra unha vez que nos
xuntamos.
ESMOLANTE 4
Si. veña. Imos ao noso.
ESMOLANTE 1
Ben, coma sabedes tamos aquí á espera da esmola
que o señor segredario do arcebispo ten a ben, ás
veces, darnos. Convén que nos poñamos de acordo
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-4-
pra facer forza e obligalo a que nola dé xa.
ESMOLANTE 2
Boeno. Pro ante todo hai que saber como se vai facer
o reparto dos cartos.
ESMOLANTE 1
Daquela está claro que os cartos só se reparten
entre os mendigos profesionais.
ESMOLANTE 4
Boeno, boeno. Iso da profesionalidade é moi relativo.
ESMOLANTE 2
Non é nada relativo. Profesional é quen leva cinco
anos pedindo e non come a conta do pai, nin da nai,
nin da sogra, nin do fillo. E ó que non lle chegue, que
morra de fame.
ESMOLANTE 1
Dacordo.
ESMOLANTE 3
Eu non estou dacordo.
ESMOLANTE 2
Claro. Porque ti apañas papeis pola rúa.
ESMOLANTE 3
E a muller deste traballa de criada.
ESMOLANTE 4
Cada un vive do que pode. ¿Que tes ti contra das
criadas?
ESMOLANTE 1
Mentras cada un non viva só da esmola non saberá
o sacrificio que isto supón.
ESMOLANTE 4
Eu penso que sería mellor darlle a cada un según as
súas necesidades. Está claro que eu son o que máis
necesito porque teño unha esquina estable.
ESMOLANTE 1
Si. Ti pensas manter a esquina á nosa costa.
ESMOLANTE 4
A esquina xa sabedes que a tendes cando queirades.
Eu déixovos pedir nela quedándome co coarenta por
cen do que saquedes.
ESMOLANTE 1
Pra que logo digas que che roubamos a silla. Como
lle dixo á Cantante Calva, que é unha rapaza cojonuda.
ESMOLANTE 2
O que hai que conquerir é unha esquina pra cada
un. Como en Cataluña.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-5-
ESMOLANTE 3
Pois eu pido que se me teña en consideración, xa que
son o mendigo que máis sae a pedir por fóra de
Galicia. E iso ten o seu mérito.
ESMOLANTE 2
Me cago en dios. Mentras ti estabas pedindo fóra, eu
estaba labrando o porvir eiquí pra todos nós.
ESMOLANTE 4
Non te cabrees, rapaz.
ESMOLANTE 2
Reivindico o meu dereito a cabrearme. E non me
chames rapaz.
ESMOLANTE 4
Pois cabréate.
ESMOLANTE 2
Cabréome. E digo que si non chega a ser por min
eiquí non mendigaba nin dios.
ESMOLANTE 1
Daquela... Daquela... Boeno eu non digo nada
porque a min nin dios me fai caso, coma son o
inconstante.
ESMOLANTE 3
Ben. ¿Quen vai falar co segredario?
ESMOLANTE 2
Que vaia este. ¿Ti podes ir?
ESMOLANTE 1
Boeno. Se hai que ir.
ESMOLANTE 2
Se non vou eu tamén.
ESMOLANTE 4
¿E que vas pedir?
ESMOLANTE 1
Non vou pedir, vou eisixir. (SAE. VOLVE DE CONTADO.) Non estou dacordo. Anastas. Non estou. E isto
vai salir na folla parroquial. Din que quen ten que
pagar é o párroco da Berenguela. O que vive na casa
das tres lúas.
ESMOLANTE 3
¿?
ESMOLANTE 4
Si, ho. O que lle anda ó bulto á Mimí da Cora.
ESMOLANTE 1
E este di que aínda non chegaron as transferencias.
E que cando cheguen xa veremos se sobra algo.
ESMOLANTE 3
Non hai dereito. Temos que facer algo.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-6-
ESMOLANTE 1
O que temos que facer é, primeiro, xuntarnos todos.
Segundo, mercar un carromato cun toldo para ir
pedir por todos os pobos, feiras e festas. Terceiro,
facemos unhas camas e durmimos todos xuntos alí.
Vós enriba e eu debaixo, coas mulleres.
ESMOLANTE 2
Boeno, coño, xa estás ti ca tolería do toldo. Levas
trinta anos coa mesma teima e morrerás sen o toldo.
O mellor é un suicidio colectivo, e rematamos dunha
vez coa mendicidade galega. Iso tería moita repercusión.
ESMOLANTE 3
Si, si. Repercusión nacional.
ESMOLANTE 4
Demasiada. Eu voume e déixovos a representación.
ESMOLANTE 1
Este vaise porque lle deron cartos polo baixo. Que
ten moita aquela co Sr. Segredario. Disque dous
kilos e medio.
ESMOLANTE 2
Serache Xudas o tipo.
ESMOLANTE 3
¿E como facemos pra suicidarnos?
ESMOLANTE 2
Collemos unha mecha e tarará, chis, púm. Ás nubes.
ESMOLANTE 1
Mandatruco. Tes cada idea.
ESMOLANTE 2
Se non vos gusta esa idea, aquí teño de todo: soga,
coitelo, pistola, machado, acto cultural, eixada,
fouce, gadaña, tren.
ESMOLANTE 3
A min un coitelo.
ESMOLANTE 2
Esta si que é unha muller de mulleres.
ESMOLANTE 1
A min unha soga. ¿E ti?
ESMOLANTE 2
Eu teño un caprichiño. Tomarei unha pastilliña e así
poderei vervos morrer. Sentiríame realizado despois
de tanto autocastrarme. Serán as derradeiras
mortes que vexa na miña vida.
ESMOLANTE 1
Boeno. ¿Como facemos?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-7-
ESMOLANTE 2
Mira. Eu afórcote a ti. Ti te clavas e eu logo tomo a
pastilla.
ESMOLANTE 1
Non. Mellor ti tomas a pastilla, eu te clavo, e ti
afórcasme.
ESMOLANTE 3
Non. Mellor afórcote, douche a pastilla, e clávome.
ESMOLANTE 2
Non. Mellor facémolo á vez todos.
ESMOLANTE 3
Iso.
ESMOLANTE 1
Iso.
ESMOLANTE 2
Vai.
ESMOLANTE 3
Vai.
ESMOLANTE 1
Un. Dous. Tres. Tres. ¿De que me soa a min iso?
Tres.
ESMOLANTE 2
Atoparémonos no Edén.
MÁTANSE. AO POUCO, UN PEREGRINO CHEGA
ANTE O PÓRTICO E COMEZA A DAR OS CROQUES.
NO TERCEIRO CROQUE, O PARTELUZ CAE Ó CHAN
ESTREPITOSAMENTE E ÁBRESE UN BOQUETE, DO
QUE MANA UN CHAFARÍS ESCURO.
PEREGRINO
Sandiós. Sandiós. Sandiós. Petróleo.
SOA O ALELUIA DE HÄNDEL MENTRES CAE O
TELÓN
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-8-
- II -
SAE AO PROSCENIO CAMILO LONGUEIRA.
LONGUEIRA
Miñas donas e meus señores, moi boas tardes. O
feito que acaban vostedes de presenciar é unha
reproducción do que, como vostedes saben, sucedeu
no mes de Novembro do derradeiro ano, e que -ante
a imposibilidade de poderllo ofrecer en imaxes reais,
inexistentes polo inesperado e sorprendente do
acontecemento- tivo a ben ofrecernos, nunha versión
moi libre por certo, o grupo de teatro piloto Aturuxo,
a petición do Instituto de Estudos Galegos Troncoso
de Castro.
E agora permítanme que me presente. Chámome
Camilo Longueira e son inxeñeiro industrial, psicólogo, sociólogo e diplomado en Ordenación do Territorio
pola Universidade Católica de Lovaina. Neste acto
estou a representar, como presidente que son de tal
entidade, ao Instituto de Estudos Galegos Troncoso
de Castro.
¿Que é e que pretende o Instituto de Estudos Galegos Troncoso de Castro? Como todos vostedes saben,
o Doutor Troncoso de Castro foi un esgrevio patricio
que participou con Filgueira Valverde na Fundación
do Seminario de Estudos Galegos, e con Cruz Gallástegui na da Misión Biolóxica de Galicia. Aínda que
non investigou demasiado, deixou sona de excelente
conversador e de persoa afectuosa, honrada e de
acrisolado e rexo esprito Galeguista. Nós queremos
perpetuar o seu nome nun colectivo adicado a
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
-9-
estudar a Realidade Galega. Pra iso contamos co
apoio do Señor Delegado do Goberno, do Señor
Presidente da Xunta e do Presidente de UTECO-Ourense, así coma da Excelentísima Condesa das
Fuerzas Eléctricas del Noroeste Sociedad Anónima,
todos eles socios de Honor do Troncoso de Castro.
Como todos vostedes deben saber, donas e cabaleiros, o Troncoso de Castro, ademáis de Presidente,
ten tamén un Secretario: o ilustre reintegracionista
Plubio Lópes Berridi, abogado e lingüista marxinal,
que teño a honra de apresentar a vostedes pra que
el continúe a exposición.
ENTRA PLUBIO.
PLUBIO
LONGUEIRA
PLUBIO
LONGUEIRA
Moito obrigado. Moito obrigadiño. O obxecto da nosa
comparecéncia nesta palestra é apenas o mostrar a
vocés un documental informativo elaborado por
Troncoso de Castro. Como todos vocés saben, hoxe
cúmprese un ano dun acontecemento extraordinario.
Con efeito, o día 10 de novembro de 1.982, é dicer, ao
día seguinte da visita da Súa Santidade Xoán Paulo
II a Compostela, evento que ficou ficsado nos nosos
corazóns con letras de fogo que queima sen consumir, un peregrino quixo visitar a sós e en máximo
recollemento a Basílica Metropolitana de Santiago,
pra orar en soedade pola súa terra, víctima do
confusionismo e da miseria.
Ese peregrino era polaco.
Si. Ese peregrino era polonés. Chamábase Jaroslaw
Lutoslawski Casanova. Era neto da ilustre escritora
galega Sofía Casanova e do Príncipe Lutoslawski.
Aínda que tamén estaba emparentado...
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 10 -
PLUBIO
Se o meu compañeiro mo permite, seguirei. Jaroslaw
Lutoslawski Casanova entra na Catedral Compostelana. Ten o corazón atribulado polos males que
aqueixan á Igrexa do Silencio. Pon a súa man no
parteluz de mármore do Pórtico. Reza as preces de
rigor e pídelle a Santiago Apóstolo as cinco grasas.
Logo percura coa vista a estatua do Mestre Mateu,
quer dicer, o Santo dos Croques. Axiónllase diante
do Santo dos Croques. Vai bater coa súa fronte sobre
a cachola de pedra do Santo dos Croques. Bate un
croque. Dous croques. Tres croques. Ao terceiro
croque o santiño derrúbase pra atrás. A Columna do
parteluz pártese ao meio. Vóces xulgarán. No meio
da confusón, surxe un poderoso chafarís de líquido
escuro que se eleva contra o ceio como unha plegaria. Oh, prodixio. Oh, maravilla. Do pé mesmo do
Pórtico da Gloria, abrulla e surte un pozo petrolífero.
LONGUEIRA
A partir de entón, a concencia nacional galega sofre
unha conmoción. ¿Que facer? ¿Que facer co petróleo
do Pórtico da Gloria? Unha fecunda e intensa polémica desátase sobre a nosa terra. Finalmente,
mañán, día 11 de novembro de 1983, terá lugar un
Referendum popular que decidirá o destino que tal
riqueza subterránea vai ter.
Por esta razón, o Instituto de Estudos Galegos
Troncoso de Castro que, como dixemos é un ente
galeguista e científico...
PLUBIO
E eu acrecentaría que é un ente apolítico e fiel
únicamente á Realidade Galega.
LONGUEIRA
Certamente. O Troncoso de Castro, que é tan apolítico como a mesma Realidade Galega, decidiu contribuir á necesaria clarificación do pobo galego de cara
a unha formulación responsábel e personalmente
comunitaria no acto democrático de obrigada parti-
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 11 -
cipación moral cal é o Referendum.
PLUBIO
En consecuencia, miñas donas e meus señores, o
Instituto de Estudos Galegos Troncoso de Castro, ten
o honor de presentar a vocés un documental verista
e fidedigno até a mágoa, no que se recollen todos os
datos esclarecedores que pudemos recadar sobre o
misterioso e escuro -e tan escuro- asunto do petróleo. Nel vocés poderán ollar mostras e fraccións
significativas do Pobo Galego manifestándose de cara
ó fenómeno durante o transcurso dun ano.
LONGUEIRA
Progreso ou reacción. Opulencia ou miseria. Cultura
ou barbarie. Multinacionais capitalistas ou apropiación nacionalista. O petróleo ten patria ou é de
sustancia sen fronteiras como a Coca-Cola, o ecumenismo católico e a Internacional Socialista.Estas
e outras preguntas coido que arrevoarán sobre as
vosas cabezas ao longo da proxección do noso documental.
PLUBIO
E xa, pra rematar, non queda máis que agradecer a
colaboración de todas aquelas persoas que desinteresadamente fixeron posíbel a execución deste
documental. E, como non, dar as gracias anticipadas
a todos vocés pola vosa presencia neste acto. Nada
máis, hastra unha próxima ocasión.
LONGUEIRA
Eu non quixera marchar sen antes darlle tamén as
gracias novamente a estes rapaces do grupo Aturuxo
polo esforzo que tiveron que facer pra estar hoxe con
todos nós. E nada máis. Que lles sirva o noso documental.
VANSE. SOA UNHA SINTONÍA.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 12 -
- III -
REDACCIÓN DE PERIÓDICO. O DIRECTOR ESCOITA AS NOTICIAS DA RADIO. ESTÁN TAMÉN FURELOS, O REDACTOR XEFE, E A FOTÓGRAFA MARILÍS
MIRAGAIA.
LOCUTORA
PARADANTA
LOCUTORA
PARADANTA
LOCUTORA
PARADANTA
Esta é a nova radio. Esta é Radio Vintenove na
Coruña. As doce trintaecinco da tarde e dentro dun
inferno de chamadas e chamadas aos nosos estudos,
Radio Vintenove atópase no medio da marabunta
informativa. Todos queren saber qué pasa co petróleo da Catedral de Santiago. Colectivos, amas de
casa, gays, vendedores ambulantes, cooperativas de
armadores, xubilados da Renfe... E veleiquí que
establecemos contacto con Santiago. Adiante, Xulio
Paradanta. Boas tardes.
Boas tardes, Coruña.
¿Hai algunha novedade?
A xornada de Santiago, aparte das consabidas
manifestacións contra o paro, a xornada, digo, de
hoxe, estivo marcada por un doble acontecemento.
As rodas de prensa, celebradas no Hostal, das que
foron protagonistas a Real Sociedade Colombófila e
máis a Asociación de Fabricantes de Xaulas para
Grilos do Noroeste.
¿E non hai información respeito do petróleo?
Ben. O petróleo, se ben ten pasado a un segundo
plano na preocupación da Cidade do Apóstolo,
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 13 -
continúa, ao parecer, a fluir verticalmente. Parece
ser que se trata dun petróleo de coor escuro, e
incluso podería afirmarse que se trata dun petróleo
máis ben negro.
LOCUTORA
DIRECTOR
Moitas gracias Santiago. Moitas gracias, Xulio
Paradanta. Coma sempre, Radio Vintenove facendo
un surfing informativo no que o máis novedoso, o
máis difícil aínda e o máis arriscado está na nosa
antena. Sendo xa as doce corentaecinco do día de
hoxe, no que á nosa redacción chegan ares de
Futuro e Gloria pra Galicia.
(APAGA A RADIO) ¿Que temos sobre o Petróleo?
FURELOS
Un comunicado feminista (LÉVALLE UN PAPEL LILA).
MARILÍS
Un comunicado do Sindicato Independente de
Citroën. (DÁLLE UN PAPEL AMARELO.)
LILIANA
(ENTRANDO.) Un comunicado dos ecoloxistas. (CUN
PAPEL VERDE.)
DIRECTOR
Tirade co eles ao cesto dos papeis. Marilís, pide
unhas hamburguesas e unhas cervexas. ¿Que máis
temos?
LILIANA
Un artigo en plan radical do Decano de Económicas,
que é un encanto de señor.
MARILÍS
(AO TELEFONO.) ¿Cafetería?
DIRECTOR
FURELOS
Pódeslle pedir unha foto adicada. Tamén ao cesto dos
papeis. Furelos. Quero un artigo primoroso, de
encaixe de Camariñas. (FURELOS FAILLE UN XESTO
A LILIANA PARA QUE TOME NOTA). Un artigo do
xénero sensato. En fraseo curto e severo. ¿Entendes,
camándula? Encarrégallo a Madame Butterfly.
¿A nosa diputada por Beiramar?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 14 -
DIRECTOR
A mesma.
MARILÍS
(DECIDE ELA MESMA IR POLAS HAMBURGUESAS)
¿Como queredes as hamburguesas?
DIRECTOR
Eu en mollo marelo. Aquí o Furelos supoño que
encarnadas. Je, je. Rápido. Unhas con mostaza e
outras con tomate. Pérdete. (MARILÍS SAE.)
LILIANA
DIRECTOR
FURELOS
DIRECTOR
¿Quere que redacte cartas ao Director, Dire?
Si. Inventa unhas cantas. De asociacións de pais, de
protectoras de animais e prantas. Todas moi inquedas polo perigo que corre a familia e os valores do
espíritu, pois as forzas disolventes poden vir unidas
ao petróleo, etcétera, etcétera. Ah. Mencionar Dallas
e Dinastía.
¿Relacionar co aborto?
Home non. De momento non.
MARILÍS
(ENTRANDO) Eiquí tendes unha colección multicolor
de jamborguers e cervexas. Están aí os de Siniestro
Total. Cásique me chorizan dúas cervexas. Noticia.
Inventáronlle un rock ao petróleo.
DIRECTOR
Metédeo nas páxinas musicais. Ou nas de cultura.
Furelos, a enmaquetar xa.
LILIANA
(AO TELÉFONO.) Cariño, (SOA OUTRO TELÉFONO)
non me esperes esta noite. Teño traballo até moi
tarde. (TÍRALLE UN BICO A FURELOS, QUE LLO
DEVOLVE).
MARILÍS
Dire, chama Dosinda Areses pra informarnos de que
Artello estrena mañán en Vigo.
DIRECTOR
(A LILIANA) Fai unha notiña pequena. Moi pequena.
Non me fío moito deses aficionados.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 15 -
LILIANA
¿Que poñemos na primeira, despois do artigo de
Madame Butterfly, Dire?
DIRECTOR
Non sei. Xa veremos. Xa veremos. (FAILLE UN
ACENO PRA QUE LISQUE. LILIANA VAISE.)
MARILÍS
¿Temos algunha información da Xunta? Eu teño
unhas fotos artísticas da fachada do Obradoiro que
poderían servir, Dire. (VAISE)
DIRECTOR
¿Alguén escoitou as noticias da tele?
ENCENDE O TELEVISOR.
LOCUTOR TV
Como saben ustedes, Galicia es una región entrañable de España, situada al Noroeste. Su clima es
húmedo y lluvioso. Tiene unos dos millones y medio
de habitantes, aunque otros tantos gallegos se
encuentran fuera de su tierra. Se habla en Galicia
una lengua muy pintoresca, y el instrumento musical
favorito de sus gentes es la meláncolica gaita.
Galicia tiene un índice de paro y subempleo superior
a la media española. Pero, felizmente, este tercermundismo y esta situación de subdesarrollo va a
desaparecer. Parece ser que hay indicios de la
existencia de una bolsa de petróleo en la ciudad
jacobea, lo que hace que los gallegos se sientan
estos días muy esperanzados. Y conectamos con
nuestro centro regional para ampliar la información.
LOCUTORA TV
Boas tardes. Lamentamos moito non poderlles
oferecer imaxes do surtidor de petróleo xurdido
inopinadamente no Pórtico da Gloria da nosa Santa
Igrexa Catedral, pro os nosos equipos informativos
estiveron moi ocupados en cubrir as rodas de prensa
que ofereceron aos medios informativos a Real
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 16 -
Sociedade Colombófila e máis a Asociación de Fabricantes de Xaulas pra Grilos do Noroeste. Noutro orde
de cousas, é preciso sinalar que, se ben os medios informativos de Galicia adicaron amplio espacio ao
petróleo do Pórtico da Gloria, os organismos oficiais
manteñen até o intre un prudente silencio.
DIRECTOR
(APAGA O TELEVISOR) Furelos. Chama a Delegación
de Santiago.
FURELOS
(AO TELÉFONO) Santiago. Aquí Furelos. ¿Hai algún
comunicado da Xunta sobre o petróleo? (COLGA)
Non hai declaracións, Dire.
DIRECTOR
Entón xa está. Ao carón do artigo sensato de Madame Butterfly, escribe ti mesmo unha gacetilla. Título,
“O prudente silencio”. Ou mellor así: “O prudente
silencio responsable”. (SAE FURELOS).
MARILÍS
(ENTRANDO) Perguntan de abaixo sobre o titular da
primeira.
DIRECTOR
Eu diría: “Galicia, da corredoira á vangarda do
progreso”.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 17 -
CANTO PATÉTICO-GALEGUISTA
Galicia, nai e señora
sempre garimosa e forte,
perto e lexos, onte, agora,
mañán, na vida e na morte.
Oh, rías de ensoñamento,
verdes prados de dozura,
lanchas do xeito, gamelas...
¡Pra vós, a nosa canción!
CANTO TRIUNFALISTA
Veleiquí
o futuro sen límites
capaz de convertir a un país
nunha furcia de cabaret,
cuias entrañas se venderán,
como carne de muller,
a calquer postor
que pague o seu pracer.
¡A subasta está en pé!
Morto xace
o Imperio das Tebras.
Da noite interminable nace
o Sol da nova era,
o Sol da fertilidade
en cuio ventre danzarán
moscas e arañas,
putas e beatas,
con dentes nas mans.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 18 -
- IV -
PRAZA DO OBRADOIRO. O PRESIDENTE DA XUNTA
SAE AO BALCÓN DO PAZO DE RAXOI PARA DIRIXIRSE Á MULTITUDE. ESTÁ ACOMPAÑADO DA SÚA
DONA E DO ARCEBISPO DE COMPOSTELA. DOUS
NENOS CON TRAXES REXIONAIS EXTENDEN UNHA
BANDEIRA GALEGA CUNHA TORRE PETROLÍFERA
NO CENTRO.
PRESIDENTE
Pobo de Compostela e de Galicia enteira. Hoxe as
pombas de Compostela elevaron o seu voo até moi
perto do Sol, trazando circos maravillosos de Esperanza e de Resurrección, no impulso da leda algarabía das campás de todos os templos da Cidade Santa.
Porque unha nova era ábrese diante nosa.
Eu quero lembrar eiquí aquel día auroral no que
estrelas maravillosas detiveron o seu curso pra
descansar sobre Galicia, e sinalar nas soedades da
nosa Montaña o lugar do enterramento do Varón
Santo. De Aquel que nos deu a Fe. Do Apóstolo que
é Fonte e Chafarís da nosa Esperanza de galegos.
Porque habedes de saber, amigos todos e pobo de
Compostela e de Galicia, que esta Presidencia e
Goberno Autoanímico, acaba de recibir o informe
pertinente encol do petróleo. E veleiquí que si.
Veleiquí que efectivamente. Veleiquí que sen ningunha dúbida podemos xa afirmar, en base a estudos científicos, que no subsolo da nosa Catedral hai
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 19 -
petróleo. Moito petróleo, meus amiguiños. Unha
bolsa de petróleo de dimensións enormes. De dimensións só comparabeis coas de algunhas dos países
árabes. Polo que, de novo, Santiago será, no mundo
moderno, o anti-Mahoma que fora no medievo. O
noso Petróleo enfrentaráse ao petróleo da Media Lúa.
Por todo o cal, en nome do Goberno Autoanímico,
hónrome en declarar o día de hoxe, Festa Rexional.
ARCEBISPO
PRESIDENTE
ARCEBISPO
PRESIDENTE
E Santa.
E Santa. Neste día, Galicia...
Ca súa Igrexa.
Galicia, ca súa Igrexa, celebrarán unha Boa Nova
que ha de ser signo dos Novos Tempos. Da Galicia
inmorredoira do futuro. Hoxe é un dos días máis
grandes e gozosos da miña vida, pois síntome honrado de presidir un Goberno cheo de ilusións e de
esperanza. Un goberno “galego coma vós”.
E agora, berrade conmigo, con todas as forzas dos
vosos pulmóns: ¡Viva Galicia!
CÁNTASE O HIMNO GALEGO. O PRESIDENTE
FAINO LENDO DUNHA CHULETA QUE SACA DO
SEU PETO. AO REMATE, OS NENOS BAILAN A
MUIÑEIRA DE RIGOR. A MULTITUDE ACLAMA CON
BANDEIRIÑAS. O PRESIDENTE TENTA PRENDER O
FOGUETE CO QUE SE INAUGURA A FESTA.
PRESIDENTE
¡Viva Galicia!
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 20 -
-V-
IRRUMPE NO ACTO UN PASOTA QUE VÉN DA RÚA.
LEVA UNHA BROCHA NA MAN. O TELÓN ESTÁ
FECHADO.
CHONI
¡Chicho! ¡Chicho! ¡Chicho! Coleguilla. Pero qué. ¡Chicho! Coleguilla. ¿Dónde te has metido? Pero dónde se
habrá metido el colega este. ¿No controlasteis al
Chicho por aquí? Un tío alto. Un tío delgao. Un tío
legal. ¿Eh? ¿No? Pero ahora qué hago yo. Sin guita.
No tengo nada que meterme al cuerpo. Qué chungo.
Pero qué. Este no es colega ni es nada. ¡Chicho
coleguilla! Pero qúe. Oye, men, no tendrás un durillo
por ahí. Para volver pa casa. Pal bus. ¿Eh? ¿No?
Tranqui, tío. Tranqui. Vaya hombre. Y tú no tendrás
un papelillo ¿Eh? Un papelillo o algo pa fumar ¿Eh,
colega? ¿Eh? Tranqui, tío, tranqui.
Vaya mierda. Y tú qué, tío. No tendrás un poquito de
salsa. ¿Eh? Para mojar este cacho pan. ¿Eh? Colega.
Un poquito de salsa. Tranqui, tranqui. Vaya mierda.
Qué hago yo ahora aquí.
Pero qué miráis. Pero qué miráis. ¿Eh? Esta vida es
una mierda. Me va a dar el mono. Me va a dar violento. Voy a romper algo. Una mierda. Me va a dar el
mono. Me va a dar el mono. Voy a matar a alguien.
Os voy a matar. Os voy a matar. Os voy a matar.
Suave tío, suave. Soy pintor ¿Eh? Artista. Lo que
pasa es que a veces me da un mal rollo. Os pinto un
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 21 -
cuadrillo por la cara ¿Eh? Qué os voy a pintar.
Muermos. Que sois unos muermos ¡Chicho! ¡Colega!
¡Chicho! Pero qué. ¿Dónde estas? Colega. Colega.
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
(SAÍNDO DE DENTRO DO ESCENARIO) ¡Colega,
Choni!
Pero dónde te metiste.
Una movida, colega. Una movida.
Cuenta, cuenta. ¿Ligaste algo?
Una cosa demasiao.
Suelta, suelta.
Un mogollón de comida tirada en la puerta del
Mosquito. Cosa guapa.
Chachi.
Un olor a gambitas. Ya las tenía controladas cuando
aparecen cinco perros.
¿Cinco?
Cinco bichos, tío. Que no se iban. Me dio la paranoia
de perro, tío. Echo mano a la pipa y no la tengo. La
cosa estaba chunga. Monté una bronca, tío. Empecé
a patadas con todo, a patadas con uno, a patadas
con otro. Al primero los huevos. Al segundo lo pisé.
Tres se abrieron, tío. Como corrían. Demasiao. Y
cuando ya las tenía. Ya las tenía. Se me echa un
caniche de mierda en medio de las gambas, se me
clava en la vena.
Demasiado, Chicho. Flipaste.
Flipé calle abajo. Que me mordió, colega.
Tranqui. No te mosquees, Chicho. De aquella manera.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 22 -
¿No?
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
CHONI
CHICHO
Y allí se quedaron. El caniche, las gambas, el camarero del Mosquito.
Total. Que no pillaste nada, colega.
Una monda, colega. Una monda.
Guai del paraguay, colega. Tú mismo. ¡Chicho!
¡Choni!
¡Chicho!
¡Choni!
Y la movida esta. La bascorra esta qué mira. Pero de
qué va esta gente.
Van de mataos. Petróleo, tío.
¿Petróleo?
Petróleo pa la vena.
¿Y eso cuelga?
Y yo qué sé si cuelga. ¿Estáis ciegos?
CHONI
Claro que están. Mira el pinzas de allá atrás. Como
os lo montáis. ¿Eh? Con la cara de muermos que
teníais.
CHICHO
Pero qué. Estáis mosqueaos. ¿Te hice yo algo a tí? No
te mosquees.
CHONI
Pasa Chicho. Pasa de ellos. Si van de mataos.
Vamos a hacernos ese platanillo. Este sí que es un
tío legal.
CHICHO
CHONI
Él sí que es un tío legal.
El más legal eres tú, Chicho.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 23 -
CHICHO
CHONI
CHICHO
¿Legal yo? Legal tú.
¿Legal yo? Legal tú. ¡Bang-bang!
¡Aagh-aagh!
SAEN.
CHONI
(FÓRA) De aquella manera. El platanillo. ¿Está
curao?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 24 -
- VI -
SEDE DE “MULLERES CEIBES”. ARREDOR DUNHA
MESA REÚNENSE REPRESENTANTES DE ORGANIZACIÓNS DE ESQUERDA.
PSdeE
¿Quen falta? Teño presa. Sempre igual. Ás seis teño
que estar no Parlamento.
MEUG
Hoxe é lúns, e non funciona.
PSdeE
Ah. É certo.
ADV
(ENTRANDO) Disimulen a tardanza. E que acabo de
chegar da fosa atlántica.
PSdeE
¿Falta alguén máis? Repito que teño que marchar ao
Parlamento.
MEUG
Hoxe é martes, e non funciona.
PSdeE
Ah. É certo.
FENG
(ENTRANDO) Saude e patria.
ADV
FENG
ADV
FENG
MULLERES
Eu guiaba unha zodiac.
Os nosos problemas non se esgotan nos vertidos
radiactivos.
Pro a min case me dan cun bidón radiactivo.
Deixémonos de mariconadas.
¿Que vos parece se centramos o tema? Viñemos a
falar do petróleo. A vosa agresividade machista
deberá ser controlada. Supoño que xa están todos os
convocados. Colectivo ecoloxista Arco Iris.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 25 -
ADV
MULLERES
PSdeE
MULLERES
FENG
MULLERES
MEUG
Presente.
Partido Socialista de España.
Eu.
Frente de Esquerda Nacionalista Galega.
Si, señora.
Compañeira. Movimento Eurocomunista de Galicia.
Tamén.
MULLERES
Eu, que represento a Mulleres Ceibes, moderarei a
Mesa.
PSdeE
Insisto en que teño presa. Hei de estar ás seis en
Santiago.
MEUG
Hoxe é mércores, e non funciona.
PSdeE
Certo, certo.
FENG
Cos nacionalistas fóra, non funcionará nunca.
ADV
Eu tamén teño presa. Teño que embarcar pra a fosa
Atlántica dentro dunha hora.
MEUG
Nós propoñemos incluir aos Sindicatos nesta mesa.
FENG
Os nacionalistas apoian a proposta.
MULLERES
ADV
MEUG
¿E Arco Iris?
Os verdes non.
¿E por qué non, se se pode saber?
ADV
As centrais sindicais son submariños dos partidos de
esquerda.
MEUG
Lembrade que entre as cores do Voso Arco está o
vermello.
FENG
E tamén o amarelo. Yellow submarin, amarillo es...
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 26 -
MULLERES
Orde, orde. Menos falocracia ou non modero máis.
PSdeE
Lémbrovos que teño que estar no Parlamento.
FENG
Xa che dixeron que é xoves, e non funciona.
MEUG
Nós propoñemos que se incluian as organizacións
empresariais.
PSdeE
Iso, iso. Os socialistas decimos que si. Decimos que
si.
FENG
Os nacionalistas decimos que merda. Decimos que
merda. ¿Como van ir os raposos coas galiñas? Nós
propoñemos a inclusión dos nosos labregos nesta
Mesa.
MEUG
Xa saíu a vaquiña marela.
MULLERES
Antes de proseguir, quero comunicarlles aos partidos
presentes, que mañán ás sete trinta terá lugar no
Axuntamento de Vigo un desfile de modelos, organizado por Mulleres Ceibes como protesta contra os
Concursos de Beleza, que tenden a facer da muller
un obxecto de pracer.
PSdeE
O petróleo debe ser explotado xa. É preciso empezar
a rachar a cadea do hidrocarburo.
FENG
Iso, iso. Rachemos as cadeas. Rachemos as cadeas.
ADV
Nós estamos polos verdes prados e polas baleas.
Salvemos as baleas e as gándaras de Budiño, coas
súas garzas reais. Abaixo o petróleo.
FEND
Nós nacionalizaremos o petróleo. A Galician Oil é
imperialista.
MEUG
¿Explotar nós o petróleo? ¿E os técnicos? ¿E os
técnicos?
FENG
Está Camilo Longueira e a Troncoso de Castro. Se se
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 27 -
necesitan máis pedímosllos a Gaddhafi, que é nacionalista asambleario.
ADV
Meus amigos. Isto é un caos. Isto máis que unha
mesa de partidos parece un desmadre de Artello.
PSdeE
Quero lembrarvos que se me está facendo tarde pra
ir ao Parlamento.
FENG
Xa che dixeron que hoxe é venres e non funciona.
PSdeE
Pro temos un xantar polo cumpleanos do Presidente.
¿Ou é que hai que decilo todo eiquí?
ADV
E a min saime o barco pra a fosa atlántica.
MEUG
O meu partido propón que nos definamos nunha
postura conxunta a favor ou en contra.
PSdeE
Iso. A favor ou en contra de explotar...
FENG
Explotar tiñan que explotar neste país máis de catro
cárregas de goma dous.
MULLERES
Esto non é correcto, compañeiro.
PSdeE
Esto é unha provocación desestabilizadora da democracia que tanto nos costou gañar.
FENG
Ratifícome no dito.
MEUG
Terrorista.
PSdeE
Terrorista.
ADV
Terrorista.
MULLERES
Machistas.
FENG
Vendidos.
A XUNTANZA REMATA NUNHA LIORTA.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 28 -
- VII -
ENTRA XULIA.
XULIA
Hola amigos. Chámome Xulia. Simplemente, Xulia.
Formo parte do grupo folk Aradiños da Terra. Mentras os meus compañeiros preparan os instrumentos
pra actuar diante de todos vós, eu vouvos explicar,
moi brevemente, algo do noso grupo. Aradiños está
integrado por cinco personas. O groso dos seus
compoñentes -varóns- teñen unha longa experiencia
en outros movimentos e conxuntos patriótico-musicais. Experiencia que agora aportan, con moito
proveito, a Aradiños.
Pola miña banda, direivos que estudiei guitarra no
Conservatorio de Barcelona, aínda que de seguida
abandonei a frialdade académica do clásico pra
entregarme de corpo e alma á maxia e á meiguice do
noso maravilloso folk céltico.
Nun principio chamámonos Airiños do Monte. Pro
como iso de Airiños parecíanos pouco campesiño,
deseguida cambiamos o nome por Aradiños, palabra
na que se conxuga un instrumento de labranza co
diminutivo tan entrañábel que caracteriza á nosa
lingua. Pola mesma razón trocamos Monte, xa que
montes hainos en todo o mundo -os Alpes, o
Himalaya...- por Terra con maiúscula. Porque Terra
con maiúscula non hai máis que unha: a Nosa Terra.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 29 -
Así pois, somos Aradiños da Terra.
Ben. Aquí están os compañeiros de Aradiños da
Terra.
ENTRAN AGUSTÍN, SIRO, NOLETE E ROQUE.
AGUSTÍN
SIRO
Saudiña, amigos. Chámome Agustín e son o fundador do grupo.
É o xefe. É o xefe.
AGUSTÍN
Aínda que traballamos en equipo. Agora imos mostrarvos os nosos instrumentos raciais. Vede aquí
estas dúas cunchas. Son unhas cunchas normais,
aparentemente. Pero en realidade trátase dunhas
cunchas celtas. Non teñen que ver coas outras
cunchas de "heiche de tocar as cunchas miña carrapucheiriña", dos coros e danzas da Sección Femenina. Estas cunchas celtas foron atopadas hai quince
anos en Mazaricos, e recollímolas dun vello de
noventa anos chamado Tío Baldrocas, que nos
ensinou os seus segredos. Soan así.
SIRO
(CUNHA TÁBOA DE LAVAR E UN CEPILLO) Eu son
Siro, e o instrumento iste, recollémolo alá polas
terras do baixo Avia. Máis concretamente na zona do
Ribeiro. ¿Non é?
OS DEMÁIS
SIRO
É. É.
Por alí coñécese co nome do Chascarraschás. Aínda
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 30 -
que tamén hai quen lle chama o Chascarrascachas,
asegún a zona. Está feito de piñeiro celta e consta de
dúas pezas. Ista é a peza base, e consta dunha,
digamos, pequena cordilleira con dúas planicies aos
extremos. ¿Non é?
OS DEMÁIS
SIRO
NOLETE
SIRO
É. É.
Logo temos ista outra, que é o complemento, que nós
chamámoslle popularmente o Taco das Púas. Que,
como veredes, tamén está feito de piñeiro e máis de
crin de cabalo dos Ancares
Tamén hai outros.
Si. Os de púas de porcoespiño. Pero ises non...
AGUSTÍN
Eses non está demostrado que señan de procedencia
celta.
SIRO
O seu manexo non é tan sinxelo como poidera
parecer a primeira vista. Depende polo lado que se
toque pode ter un son ou outro. Si se lle dá polo lado
do taco produce un son duro, recio. Moi celta. E si se
toca coas púas produce outro máis dóce, máis
garimoso. Moi apropiado pros actos litúrxicos. ¿Non
é?
OS DEMÁIS
SIRO
NOLETE
AGUSTÍN
NOLETE
É. É.
E, e, e... E máis nada. Vas ti, Nolete.
Carai, carai. Boeno, eu son o máis cativo de Aradiños, como podedes ver.
Si home, si. Iso xa se ve.
Home pequeno, fol de veneno. Boeno. Eu non me
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 31 -
explico moi ben. Xa vos vou avisando. O instrumento
que eu toco é moi curioso. Xa vedes que traio luvas
nas mans. O que eu toco son as Palmas Celtas.
Tampouco é un instrumento, porque son miñas. Pero
boeno. Estas Palmas Celtas que vos ofrezo son o
resultado dun intenso traballo de investigación de
campo e de recollida de datos. Fixemos mesmo
investigación antropolóxica nos esqueletos da
necrópole neolítica da Lanzada. E observamos neles
que tiñan os osos da man así como curvados ou
cambados. Non sei.
AGUSTÍN
NOLETE
AGUSTÍN
Cóncavos.
Iso. Este descubrimento nos aportou unha proba
irrefutábel de que as palmas célticas remóntanse a
unha antigüedade esterrecente. O son que producen
as palmas célticas é un son... Un son... Cóncavo.
Convexo.
NOLETE
Iso. Convexo. Eu xa iba decir “apagado”. Bon. E non
falo máis, que me foden as presentacións. O meu é a
música. Boeno. Todo isto conseguinno con moito
esforzo. Esta curvatura. Dende pequeno dálle que te
dálle.
XULIA
Agora, se me deixades, vou a informarvos do meu
instrumento. Certamente, é o máis sofisticado e
complexo dos que se utilizan en Aradiños. Trátase
dunha guitarra celta, e ten unha diferencia esencial
que lle dá o seu caracter autonómico con respecto á
guitarra española. I é que namentras que a guitarra
española esta construida con madeira de roble, a
guitarra céltica faise con madeira de carballo, nun só
toro e vaciada cuidadosamente con navalla de
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 32 -
Taramundi. Ollade qué maravilla.
ROQUE
SIRO
ROQUE
Chao, xentiña. Eu son o Roque. Vou ao asunto. Isto
que aquí vedes, aínda que poda semellar un zapato
normal, non é un zapato normal. Isto é un zapato
celta. Pódese tocar só, ou ben acompañado de violín.
En Aradiños utilizámolo en tres tempos. A saber.
Adagio celta, máis triste, no que se emprega puntatacón. Andante celta.
Máis marchoso.
Marchando. Allegro celta. No que a sonoridade
ascende apoiada nos cadrís e na caixa torácica para
proxectarse polo espinazo sobre a máscara facial. É
un ritmo moito máis alegre.
Tamén traio outro instrumento que é o chasquido
celta, que o toco en Do i en Si bemol.
SIRO
Iste inventouno el.
ROQUE
Non. Boeno, si. Pero estou traballando moito nel e
pronto poderei demostrar que é de procedencia celta.
AGUSTÍN
E ben, agora imos tocar xa, sen máis leria. A peza
que imos tocar. ¿Escóitase ben aí atrás? A peza que
imos tocar é un tema do noso derradeiro álbum. Este
tema recollémolo o Roque e máis eu alá polo Caurel.
NOLETE
AGUSTÍN
Nós puxemos algo tamén.
É unha cantiga que interpretaban as mulleres dos
cazadores mentras escartelaban os xabaríns na noite
de San Froilán. Imos xa coa peza.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 33 -
TOCAN UNHA PEZA E SAÚDAN.
AGUSTÍN
NOLETE
(HAXA APLAUSOS OU NON.) Boeno. Gracias polos
vosos aplausos. Imos botar outra peza entón.
Esta foi recollida por este e por min. É, É, É.
BOTAN DE NOVO A MESMA PEZA E DESPÍDENSE.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 34 -
- VIII -
ENTREVISTADORA
Atopámonos cos nosos micrófonos na Avenida das
Camelias de Vigo. Un encantador adolescente que
cabalga unha moto de trial deliciosamente enxordecedora acaba de frear ao noso lado. ¿Que opinas ti
do Petróleo da Catedral?
MOTORISTA
Ábrete de onda min, gilipollas, que vou subir á
acera.
ENTREVISTADORA
Mi madriña. Que modo de queimar hidrocarburo.
* * *
ENTREVISTADORA
Atopámonos no café De Cinco a Cinco, na localidade
de Castroforte do Baralla. Un follón inmenso. A nova
xeneración de penenes e agregados de Instituto está
acabando coas existencias de güisqui e dry sack.
Preguntámoslle a un mozo con aspecto de pintor.
¿Que opinas do petróleo da Catedral, se non che
importa facer declaracións?
PINTOR
Perdoa. Pero non teño opinión formada. O que si
penso é que esta obra que estades a representar é
caralluda.
ENTREVISTADORA
Graciñas, bonito. Chámase Celtas sen filtro.
* * *
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 35 -
ENTREVISTADORA
Un grupo de mulleres de diferentes edades fai
encaixe de palillos. O solciño acaríñaas docemente.
Os barcos de Camariñas repousan calmos sobre a
lámina do porto. Preguntámoslle á de máis idade.
¿Que resultados traguerá pra vostedes a aparición
do petróleo en Santiago?
PALILLEIRA
Ai, Jasús. Nada, nadiña. Con este Jobierno todo va
ser mal. No hay dinero. ¿Y cómo van venir los turistas se no hay dinero? ¿Y a quién le imos vender las
puntillas? Estamos mal, filliña. Con estes socialistas te estamos aviados.
CORO DE PALILLEIRAS
Ja, ja, ja, ja, ja.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 36 -
- IX -
MODERADORA
Meus señores e miñas donas, dada a importancia dos
técnicos e dos expertos, e dos especialistas e dos
péritos, neste mundo altamente sofisticado que
estamos a vivir, o Instituto Troncoso de Castro, ao
que discretamente estou eu agora a representar
eiquí, convocou no seu día unha mesa redonda entre
unhas cantas personalidades representativas da
tecnoloxía, da experiencia, da especialización e da
pericia, que van botar luz -espero que cachoeiras e
mares de luz- sobre o affaire do petróleo. Do noso
entrañábel petróleo compostelano. Presentamos
agora a vostedes a grabación documental daquel día.
ESTUDIO DE TELEVISIÓN. NO CENTRO DOS CONVIDADOS, UNHA MESIÑA CUN PUZZLE DA CATEDRAL DE SANTIAGO.
MODERADORA
Ocupen, por favor, os seus asentos, señores. Gracias,
gracias. E agora, vou presentar aos nosos convidados. Comenzando pola miña esquerda, Don Gabino
Bailón Estévez. Presbítero. Doutor en Dereito
Canónico pola Universidade de Comillas e Inxenieiro
Industrial.
O señor William Fitzgerald Ross, Profesor do Instituto Tecnolóxico de Massachussets. Ex-director xeral
da Ewing Oil (Dallas-Texas) e, na aitualidade, con-
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 37 -
tratado como périto ou experto pola Galician Oil que,
como se sabe, é unha sociedade mixta integrada pola
Campsa e a Denver Standard Oil Company.
Don Xosé Pérez Moa, Secretario Xeral Técnico da
Consellería de Industria da Xunta de Galicia. Licenciado en Mediciña. A Troncoso de Castro invitou
inicialmente ao Sr. Presidente da Xunta. Pro desgraciadamente non pode estar eiquí porque se atopa acompañado de ilustres médicos compostelanos- en
visita amistosa á Colonia Galega en Disneylandia.
A cadeira que vostedes ven aí, tería que ser ocupada
polo representante da CEOE, que xustificou a súa
inasistencia declarando que a organización empresarial considerábase suficientemente representada
polo Señor Secretario Xeral Técnico da Consellería
de Industria da Xunta.
Agora, se non lle importa ao Padre Bailón e ao
Doutor Pérez Moa, comenzaremos o turno de intervencións polo Señor William Fitzgerald Ross. A
pregunta inicial é a mesma pra todos. ¿Podería
explicar a súa postura con respecto ao problema do
petróleo do Pórtico?
ROSS
MODERADORA
MOA
MODERADORA
BAILÓN
(CON TRADUCCIÓN SIMULTÁNEA.) Mm. Mm. Mm.
Si.
Señor Pérez Moa.
Ben. Este... O noso Departamento leva traballando
de acordo coa liña de operatividade funcional
autonómica, que é a do noso goberno moderado.
Padre, por favor.
Bueno. A Igrexa, como fidel guardadora que é do seu
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 38 -
rebaño, ten unha visión como a de unha nai que
ama aos seus fillos.
MODERADORA
Ben. Agora que abrimos xa o fogo das respostas,
coido que haberá que precisar un pouco máis as
posturas. Señor William Fitzgerald Ross. ¿Como
poderemos conxugar a conservación da nosa Catedral coa explotación do petróleo?
ROSS
Oh. Si. Si. Ben. Nós. Nós pensamos. Si. A nosa
organización acadou a solución idónea e xusta.
Torres. Si. Torres en Compostela.
MODERADORA
ROSS
¿Torres, Señor Ross?
Oh, si. Torres. Torres.
MODERADORA
Pro na Catedral xa hai ben torres. Torres do Obradoiro, dúas. Unha torre do reló ou da Berenguela.
Cen torres das outras igrexas.
ROSS
Oh, si. Non. Non quero decir torres vetustas. Vellas.
Eu quero decir torres metálicas. Torres pra bombear
a extracción do petróleo. Torres modernas, si. Torres
americanas.
MODERADORA
Penso que quizais o Señor Ross podería ser máis
explícito se visualizara no modelo tridimensional o
seu proxecto.
ROSS
Ben. Unha serie de torres. De torres metálicas.
Sitúanse arredor da Catedral. Catedral que se salve.
Queremos. ¿Non? Os peregrinos accederían ao
interior da Catedral en pequeno helicóptero. Tomarían terra aquí. Aquí, no claustro. De autobús peregrinación ao claustro. Todo está listo e estudiado
pola Galician Oil Company. Todo baixo control.
MODERADORA
¿E iso será, como dirían vostedes, operacional?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 39 -
ROSS
MODERADORA
ROSS
Positivo.
¿E non será perxudicial pra o conxunto históricoartístico?
Negativo.
MODERADORA
Ah, bon. Pois logo da fascinante intervención do
périto Señor Ross, é o turno do Doutor Pérez Moa,
Secretario Técnico de Industria. Doutor Pérez.
MOA
Se a política é a arte do posible, nós ofrecemos unha
solución política. (COLLE UNHA TORRE. ROSS
QUÍTALLA E PONNA DE NOVO NO SEU SITIO.) E
sendo a nosa unha solución política, tamén será, e
por idénticas razóns de posibilidade, unha solución
técnica. (COLLE OUTRA TORRE. ROSS ÉRGUESE E
RECOLLE TODAS AS TORRES.) Propoñemos o
traslado da Catedral.
MODERADORA
¿E non sería moi complicado técnicamente ese
traslado?
MOA
En absoluto. Poñerase en práctica o sistema Specula
de numeración de pedras, a fin de que na nova
ubicación ocupen o seu lugar adecuado. En dous
anos pode ser perfectamente realizado.
MODERADORA
¿E teñen previsto no seu proxecto o lugar onde sería
o novo emplazamento da Catedral?
MOA
En canto ao lugar, nós pensamos en Villalba. Ben.
Isto por dúas razóns. Primeira, polo factor climático.
Según a aportación feita polo Laboratorio Xeolóxico
de Laxe, a pedra da Catedral mellorará en consistencia, no que se refire a masa feldespática, no clima da
estrema da Terra Chá lucense. Segunda, de índole
histórico sentimental. Villalba foi lugar de nacemen-
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 40 -
to de moi ilustres galegos. Así pois, a solución da
Xunta é: explotación do petróleo in situ e traslado da
Catedral a Villalba.
MODERADORA
Pois agora non nos queda senón pregarlle ao Padre
Don Gabino Bailón que precise, de algunha maneira,
a posición da Igrexa.
BAILÓN
Ben. A Igrexa tamén ten a súa postura. Claro está
que o que a Igrexa non pode consentir en ningún
momento é que se ande a xogar coa estructura
eclesiástica. Tal é o caso que aquí vemos, en que
dempois do traslado da Catedral, Señor Moa, atopámonos con que abaixo temos o campanario e enriba
del o pórtico. Así que mentras poño as cousas no seu
sitio natural explicitarei que a Igrexa debe manterse
nun plano situado máis alá de calquera óptica
económica ou temporal. Orabén. Tamén é verdade
que, á luz da teoloxía das realidades terreas, non hai
fenómenos humanos nos que Deus non estea presente. Ver, pois, o fenómeno petrolífero como
encarnación dun xesto divino, encaralo con humildade evanxélica e tratar de interpretalo como un
signo dos tempos, é misión do pobo de Deus, baixo a
recta guía e conducción da Santa Nai Igrexa.
MODERADORA
¿Que pensa a Igrexa dos rumores que hai sobor do
fenómeno do petróleo como milagre?
BAILÓN
O Señor Arcebispo quere saír ó paso de aqueles que,
tan apaixoadamente creentes como arriscados
temerarios, andan xa a falar de milagre. Non. Non. É
preciso suspender o xuicio até que a Igrexa fale e
defina o que hai que crer.
MODERADORA
¿Podería aclararnos algo encol dos pretendidos
poderes curativos do petróleo?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 41 -
BAILÓN
MODERADORA
A venta a reventa, que xa se está a producir, de
botelliñas de petróleo santo non é pecaminosa en sí
mesma. Pro aínda é moi cedo pra estatuir as virtudes
curativas ou salutíferas de tal líquido subterráneo.
Entón o que vostede...
BAILÓN
Bueno. E antes de continuar, e polo que poida pasar,
mentras non se chega a unha solución, eu vou
sacar. Millor, conservar. Ou guardar. Nunha palabra, velar polo santo sepulcro, o botafumeiro, as
bandexas, os candelabros, os cálices, as patenas, as
custodias, os copóns, os relicarios, as campás, os
sagrarios, o tesouro. Parece que non esquezo nada.
Polo momento, a Igrexa pide calma, serenidade.
MOA
Aínda que a Consellería de Industria non pode
menos de compartir os pontos de vista do Padre
Bailón e do Arcebispado, eu véxome obligado a
facerme cárrego dos valores que quedan da nosa
Catedral.
BAILÓN
ROSS
MODERADORA
Bueno, se a cousa é así.
(FARFULLA ALGO INTRADUCIBLE.)
Pra poder continuar este debate agradeceríalles
unha actitude de diálogo constructivo. E pra iso
sería convinte que as cousas voltaran ao seu sitio.
OS PARTICIPANTES MÍRANSE CON RECEO E VAN
DEPOSITAR AS PEZAS DE NOVO NA MESA. MAIS
ESCOMENZAN A PELEXARSE, QUITÁNDOSE OS
OBXETOS UNS AOS OUTROS. A MODERADORA
FAI XESTOS PRA QUE CORTEN A GRABACIÓN.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 42 -
-X-
ENTREVISTADORA
A Sala de Festas Dinamita está de bote en bote. Toda
a mocedade do Salnés bebe ríos de cuba-libre.
Achegámonos a unha parexa. Por favor ¿Queredes
decirme...? Lamentábelmente a orquesta inicia os
seus compases e non podemos...
* * *
ENTREVISTADORA
Este ruido procede dunha serra mecánica que corta
táboas pra construir cadaleitos, ou sexa ataúdes,
caixas dos mortos. Preguntámoslle ao señor Serra,
xerente de Ataúdes Mao, de Ribadavia. ¿Que repercusión terá a aparición do petróleo sobre a expansión industrial da provincia de Ourense?
SEÑOR SERRA
Mire vostede. Eu podo falar só en nome da industria
feretrística de Ribadavia, como lle chamaba o finado
de Otero Pedrayo. Os plásticos, que proceden como
sabe do petróleo, están a amenazar permanentemente á madeira. Coido que sobre os mortos da nosa
terra pende a amenaza concreta de que chegue a
consolidarse a construcción de féretros de polipropileno ou de poliuretano expandido, ou mesmo de
metacrilato. Nunha palabra, en Ribadavia sentímonos moi preocupados polo petróleo da Catedral. Xa
temos falado diso co Franqueira, non crea.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 43 -
* * *
ENTREVISTADORA
En medio da tarde coruñesa, un grupo de encantadoras mozas secretan e beben de vasos multicolores
na terraza da cafetería Los Soportales, na Mariña.
Por favor, amigas miñas. ¿Queredes darnos a vosa
opinión sobre o petróleo da Catedral? Esto é unha
enquisa.
MOZA 1ª
Desde que habláis todo en gallego ya no se puede oír
la radio. A ver si cambiáis el estilo. ¿Eh?
MOZA 2ª
Mira, hija, es inútil. Nosotras no opinamos de política.
MOZA 3ª
(CANTANDO) No controles mi forma de mirar porque
es total...
* * *
ENTREVISTADORA
Praza de Abastos de Lugo. Gran animación mercantil. Preguntámoslle a unha carniceira de aspecto
sonrosado. ¿É vostede partidaria do traslado da
Catedral a Villalba?.
CARNICEIRA
¿A Villalba? ¿A Villalba? E logo non hei de ser, miña
neniña. A Villalba habemos ir todos un día en
peregrinación. Aquel home éche un sabio e un santo,
así como o ves ti tan campechano.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 44 -
- XI -
CAFÉ-BAR MODERNO. TABERNA DE EXTRARRADIO. CHUCO E MINGOS XOGAN AO DOMINÓ.
MARCIAL LÉ NUN XORNAL DEPORTIVO, CUNHA
QUINIELA NA MAN.
TELEVISIÓN
MINGOS
CHUCO
MINGOS
CHUCO
MINGOS
CHUCO
MINGOS
MARCIAL
Noticias procedentes de Washington subraian a
preocupación do Presidente Reagan polo feito de que
o goberno nicaragüense teña prohibido unilateralmente a fabricación de xoguetes bélicos. Noutro orde
de cousas, parece confirmada a noticia de que o
Premio Vivaldi á mellor música escénica, ten sido
concedido pola Bienal de Venecia ao grupo teatral
Artello, de Vigo. Vinte nenos perderon a vida nun
atentado dirixido contra a minoría chiita por un
subgrupo maronita en Trípoli (Líbano).
Xogas ti, nené.
E vou forte, compañeiro.
Xa os teño visto máis veloces
Dóblome.
Doblarás, ho. Hastra doblarás.
Vai collendo Mingos. Vai coleicionando. Vouche dar
o álbum.
Tranquilidade. ¿Non trai nada o periódico?
Non trai máis que fantasías. Pero a onde imos co
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 45 -
esta alineación.
TELEVISIÓN
CHUCO
MINGOS
CHUCO
MINGOS
CHUCO
Dúas monxas irlandesas, a Madre Donovan e a
Madre O'Callaghan declararon á súa chegada a
Barajas procedentes de El Salvador, que a situación
é alí insosteníbel.
¿E esta que, Mingos? ¿Esta que?
(CANTANDO.) Latino...
Vaia, ho. Desta non xogache mal.
Dóblome.
Triplícome.
MARCIAL
Ai que carallo. ¿A quen se lle ocurriría pór a Cramer
de extremo? ¿A quen?
MINGOS
¿Non che gusta, Marcial? ¿Non che gusta o que di o
periódico?
CHUCO
A douses, ti.
MINGOS
Vouche meter un rosario de tres misterios, Chuco.
CHUCO
Se me ve a Federación xogar contigo quítanme o
carnet.
MINGOS
TELEVISIÓN
CHUCO
Tres cosas hay en la vida: salud, dinero y amor...
O resultado das análisis petroquímicas realizadas
polo laboratorio privado da Galician Oil Company
revelouse altamente satisfactorio. Por outra banda,
o noso corresponsal en París vai informalos sobre as
últimas bombas que estouparon en Córcega este fin
de semana, pra celebrar o aniversario do nacimiento
de Napoleón Bonaparte.
Eu vou seguir por aquí.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 46 -
MINGOS
Ah. Tres-dous. Mira ti.
CHUCO
Mira esta. Mira, mira.
MINGOS
CHUCO
MINGOS
MARCIAL
CHUCO
MINGOS
Esta polo manual.
Vouche meter un as. Un has velas vir.
Esta xogada é de enciclopedia, Chuco. ¿Que di ese
periódico, Marcial?
Total aquí quen paga é o socio.
Apaña, compañeiro.
Lino, trai pra acá un pouco dese metílico.
ENTRA LINO, O TABERNEIRO, E SÍRVELLES.
TELEVISIÓN
LINO
MINGOS
Informan os nosos servicios en Santiago de Compostela que o escritor Xesús Alonso Montero ten sido
proposto pra o Premio Nobel de Literatura polos
Clubs Liberais de Galicia.
¿Queredes algo pra picar, ou?
Ti trai. Ti trai pra aquí, que a este vouno eu poñer a
andar.
LINO ENTRA NA COCIÑA.
MARCIAL
LINO
CHUCO
Osasuna-Betis.
(DENDE A COCIÑA) ¿Chocos ou queixo?
Un.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 47 -
LINO
MARCIAL
LINO
MINGOS
LINO
MARCIAL
LINO
Chocos.
Dous. Sevilla-Las Palmas.
¿Guisados ou en tinta?
Dous.
En tinta.
Un. Real Sociedad-Barcelona.
¿Poño un prato ou dous?
CHUCO
Dous.
LINO
Dous.
MARCIAL
Un.
ENTRA LINO.
LINO
MARCIAL
CHUCO
MARCIAL
LINO
MARCIAL
LINO
A ver se vos aprendo a xogar o dominó, que estades
verdes.
¿Que fago eu con esta quiniela, ho?
O futbol é cultura e ti tes pouca, Marcialiño.
A min o que me mata é isto: Deportivo-Celta.
¿Como?
Deportivo-Celta.
Xis. Ponlle un equis. Equis.
MINGOS
Eh. Para o carro, ho. O Deportivo-Celta un equis. Un
equis ao Deportivo-Celta.
LINO
Iso é un equis toda a vida. Un empate a ceros,
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 48 -
ademais. A ceros.
MINGOS
LINO
Un equis con Lucas.
Con Lucas.
MINGOS
Un equis con Mercader.
LINO
Un equis con Mercader.
MINGOS
Un equis con Del Cura.
LINO
Con Del Cura, con Suárez, con Atilano. Con Dios.
MINGOS
Si, home. Si. E co árbitro a favor. ¿Pro en que país
vives, Lino? Pra falar das cousas hai que enterarse
primeiro. Iso é un un toda a vida.
MARCIAL
Ai un un. E logo dámoslle a ganancia ao Deportivo.
¿Non si?
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
¿Que hostia ao Deportivo? Ao Celta.
Mi madriña. Este non se enteirou de que xogan en
Riazor.
Ai, xogan en Riazor. Logo un dous. Un dous.
CHUCO
Alto aí. Lino, fecha o bar e vai redactando as esquelas. Pro mira, ignorante. O primeiro que tes que
saber é que o fútbol é Deporte e é Cultura. E ti de
Cultura, nada. De Deporte, menos. E de fútbol, cero.
¿Pero que ides facer vós en Riazor? Marcial, ponlle
un un e non escaralles a quiniela.
MARCIAL
Olla, Chuco. Eu non quero discutir contigo. ¿Pero
que cona ides facer vós con esa dianteira: Juanito,
Martínez e Garaicoechea? Se son como tres señoritas.
MINGOS
O primeiro que hai que saber é que ao fútbol non se
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 49 -
xoga con botas de tacón.
CHUCO
MINGOS
CHUCO
MINGOS
¿Pro cando gañáchedes vós o Teresa Herrera?
Nunca o xogamos.
Bah. Disculpas.
Disculpas.
CHUCO
Morra o conto. Eu non discuto con chaíñas. Eu
discuto con xente que entende de fútbol.
MINGOS
Non entendo eu de fútbol. Heiche decir que o ano
pasado merquei a Enciclopedia do Fútbol. Vintetrés
tomos. Setenta mil pesetas.
CHUCO
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
Esa escribinna eu.
Xa me estás a foder. Vouche decir unha cousa.
Fala.
Si. Vou falar eu.
Fala.
Agora vou falar eu.
Fala.
¿Falo eu ou que?
Fala dunha hostia dunha vez.
Boeno. Non me fodas ti tamén. Vou falar. Vouche
facer unha pequena historia do Deportivo e do Celta.
Ano setenta e cinco en Riazor. Resultado.
Cero-dous.
Ano setenta e seis.
Un-catro.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 50 -
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
MARCIAL
MINGOS
Ano setenta e sete.
Cero-seis.
Ano setenta e oito.
Dous-catro.
Ano setenta e nove.
Tres-cinco.
Ano oitenta e un. Tarde lluviosa. Media entrada.
Partido no apto para cardíacos. Faltan dous minutos
pra o final. Cero a cero no marcador. Ibarreche saca
de porta. Recolle Herminio aínda en campo céltico.
Avanza descontra a liña media. Pasa a Costas.
Costas penetra no campo deportivista. Fai un par de
quebros. Profundiza sobre Lasheras. Lasheras
controla o esférico. Sortea á defensa. Devolve a
Herminio en demarcación óptima. Dispara e...
¡Goooooool! Furámo-la rede. Boeno. Non quero
discutir máis. Tampouco son un fanático do fútbol.
Pon o que queiras, Marcial.
¿E no ano oitenta e dous?
No ano oitenta e dous...
LINO
Boeno, boeno. Calma. Haxa paz. Veña outra ronda.
TELEVISIÓN
Por outra banda, tamén o petróleo ten repercusións
deportivas. A Universidade de Compostela veráse
gravemente afectada pola explotación dos pozos
petroleiros. Pra unha adecuada extracción do prezado líquido, as Facultades terán que deixar o seu
emprazamento actual. As cidades da Coruña e Vigo
dispútanse a concesión da nova Universidade Galega. Polo de pronto, e namentras non se dea unha
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 51 -
resposta afirmativa á pretensión da cidade olívica, o
Celta de Vigo négase a celebrar o partido que lle
corresponde xogar o vindeiro domingo no coruñés
campo de Riazor.
CHUCO
LINO
MARCIAL
¿Que carallo terá que ver o fútbol coa universidade?
¿Pra que cona queremos a Universidade en Vigo?
¿Non temos xa unha Universidade Popular?
MINGOS
Hoxe todo dios quere estudar. ¿Quen vai traballar o
campo?
CHUCO
¿Que carallo terá que ver o deporte coa política?
Digo eu.
LINO
¿Quen lles mandará andar a fozar na Catedral?
Pregunto.
MARCIAL
Mira que vir a derramarnos a quiniela.
MINGOS
Se, polo menos, foran baixar a gasolina.
CHUCO
MINGOS
Só faltaba que aparecera tamén petróleo en Balaídos.
Hai que coller as armas.
ENTRA UNHA MULLER XOVEN NO BAR. CALAN
TODOS.
ENTREVISTADORA
LINO
ENTREVISTADORA
LINO
Boas. Boas.
¿Quere algo?
Si, gracias. Un té.
¿Está mala, ou?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 52 -
ENTREVISTADORA
LINO
ENTREVISTADORA
LINO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MARCIAL
ENTREVISTADORA
MARCIAL
LINO
ENTREVISTADORA
MARCIAL
CHUCO
Boeno. Eu son un membro do Instituto Troncoso de
Castro de Estudos Galegos. O Troncoso de Castro é
unha desas entidades culturais preocupadas por...
Non lle hai. ¿Quere outra cousa?
Si, unha infusión de manzanilla. Decía que preocupadas pola Realidade Galega e empeñadas en estudar os grandes problemas da nosa terra dende esta
perspectiva activa e participante que o home galego
ten.
Non teño. ¿E logo non lle ía unha taciña de viño?
Non, deixe. Decíalles que a Troncoso de Castro ten
plantexada unha amplia enquisa como traballo de
campo.
Xa temos quen traballe o campo.
En fin. Veño facerlles unhas preguntas encol do
problema do petróleo. Se lle parece ben comenzo por
vostede.
Empece. Empece por el.
¿Como se chama?
Non será... Eu xa fixen a declaración e deume negativa.
Non. Non tema. É reservado.
Pepiño.
Marcial. ¿Queres algo?
¿Que edade ten?
Xa fixen o servicio.
Estivo destinado en Cuba.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 53 -
ENTREVISTADORA
MARCIAL
ENTREVISTADORA
MARCIAL
ENTREVISTADORA
MARCIAL
CHUCO
¿Está casado?
A miña muller di que si.
¿Ten fillos?
Que eu saiba, algúns.
¿Ten segunda vivenda?
Non teño primeira.
¿E logo o chalé que fixeches en Bembrive?
MARCIAL
Non lle faga caso. É un pendello pra os coellos.
MINGOS
Carallo. Qué ben nadan os coellos na piscina.
ENTREVISTADORA
¿Onde traballa?
CHUCO
Vive das rendas.
MARCIAL
Onde cadre.
ENTREVISTADORA
¿Ten coche?
MARCIAL
MINGOS
CHUCO
MARCIAL
Eu, coche. Non, non teño.
¿Entón ese oitocentos cincuenta?
Ese non é del. Ese é da muller. El ten un GS noviño.
Boeno.
LINO
Oes, Marcial. Aí fóra está a grúa levando un avión
matrícula de Ourense.
MARCIAL
Eu marcho a botar a quiniela, que vai fechar. (VAISE.)
ENTREVISTADORA
Se lles parece ben, vou continuar a enquisa con
vostedes.
CHUCO
Pregunte, pregunte.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 54 -
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
MINGOS
¿Cal é o seu nome?
Domingos. Mingos. Poña Mingos.
¿E o seu?
A min chámanme Chuco. En confianza, claro.
Dígame vostede, Mingo.
Mingos, Mingos.
Dígame vostede, Mingo.
Mingos, Mingos.
Mingos.
Boeno. Se me quere chamar Mingo, pode. A min
tanto me ten.
¿Está casado?
Non moito. Non.
ENTREVISTADORA
¿Cantos fillos ten?
CHUCO
Algún hai na casa.
ENTREVISTADORA
CHUCO
MINGOS
¿Coidan que a aparición do petróleo incidirá na
economía do País Galego, na súa propia economía
familiar?
Asegún.
Depende.
ENTREVISTADORA
Ao seu xuicio cál sería, entre os propostos, o xeíto
máis doado de estraguer o petróleo.
CHUCO
Ai, boeno. Iso según e como. ¿E vostede que pensa?
ENTREVISTADORA
¿Coida que os seus fillos poderán ver unha nova
Galicia?
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 55 -
MINGOS
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
MINGOS
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
Ver, ver... Verán.
E mire, señorita. Esto é para Televisión. ¿Non si?
Non, non. Xa lles dixen.
É pra a Radio, claro.
Non, non. Tampouco.
¿É pra primeira cadena?
Non. É pra segunda.
¿É pra Panorama de Galicia?
Esto só é unha enquisa...
¿E iste que oficio é?
Eu sonlle entrevistadora.
¿E onde se aprende iso?
Aprender, aprender...
¿Está casada, ou?
Non, non estou casada.
Vostede non é de aquí, claro.
Son de Pontevedra.
¿E vai quedar esta noite aquí a dormir?
ENTREVISTADORA
Non. Marcharei decontado.
CHUCO
E mire. ¿Como se chama?.
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
¿Eu?
¿Cantos anos ten?
Vintetrés.
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 56 -
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
MINGOS
ENTREVISTADORA
CHUCO
ENTREVISTADORA
LINO
ENTREVISTADORA
¿Ten segunda vivenda?
Non, non.
¿Ten automóvel?
Verán, eu...
¿Cantos fillos ten?
Xa lles dixen...
¿O Troncoso de Castro é unha empresa de coches?
Eu téñolle un fillo pra colocar.
Pois a verdade...
A Troncoso de Castro ha de ser dos Acuña, da
Estrada ¿Non si?
Non, non.
E vostede é filla do Troncoso das gaseosas, ou.
Non, non.
¿Logo será dos Trascaso de Tranco, do aserradeiro?
Por favor, señores.
¿Quere algo, señorita?
¡Auga!
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 57 -
- XII -
SINTONÍA. ENTRA CAMILO LONGUEIRA.
LONGUEIRA
Miñas donas e meus señores. O Instituto Troncoso
de Castro de Estudos Galegos dá por finalizada eiquí
a súa presentación do dossier elaborado polos nosos
equipos sobre o fenómeno do petróleo do Pórtico da
Gloria. A Xunta Directiva do Instituto agradece moi
vivamente a atención con que vostedes seguiron a
nosa exposición. Esperamos que teña servido de
ilustración dos presentes, de testemuño cara ó
porvir, de aviso a desnortados, de dobre interpretación para os que desconfían, de motivo de ledicia a
aqueles que teñen o corazón limpo, e de ameno
pretexto para a reunión de tantas xentes discretas
como estades hoxe aquí. Moitas gracias.
ÁBRESE O TELÓN. PÓRTICO DA GLORIA. MESMO
ESCENARIO DO COMENZO. O PEREGRINO ACHÉGASE AO SANTO. INICIA O RITO DOS CROQUES.
VOZ EN OFF
¡Jaroslaw Lutoslawski Casanova!
O PEREGRINO DETENSE. SOA UN DISPARO QUE O
ALCANZA. CAE O
TELÓN
X. L. MÉNDEZ FERRÍN E ARTELLO T EATRO - “C ELTAS SEN FILTRO ”
- 58 -
“Celtas sen filtro” foi estrenada por Artello Teatro o 27 de Xuño de 1.983
no Auditorio Municipal da Cidade de Vigo co seguinte reparto:
ALFONSO AGRA
Esmolante 4, Peregrino, Furelos, Locutor TV,
Arcebispo, Socialista, Agustín, Moa, Chuco.
ROSA ÁLVAREZ
Esmolante 1, Locutora Radio29, Liliana,
Cantante “Patético-galeguista”, Dona do
Presidente, Feminista, Moderadora.
ERNESTO CHAO
Camilo Longueira, Presidente da Xunta,
Eurocomunista, Siro, Marcial.
ANTONIO DURÁN «MORRIS »
Plubio Lópes, Rapaciño, Choni, Ecoloxista,
Nolete, Padre Bailón, Mingos.
ROSA HURTADO
Esmolante 3, Marilís Miragaia, Locutora TV,
Rapaciña, Xulia, Traductora de Mr. Ross,
Entrevistadora.
MANUEL POMBAL
Esmolante 2, Director do xornal, Cantante
“Triunfalista”, Chicho, Nacionalista, Roque,
William F. Ross, Lino.
FICHA DO ESPECTÁCULO
DIRECCIÓN
Eduardo Alonso
MÚSICA
Luis Carro
COREOGRAFÍA
Roberto Daste
ESCENOGRAFÍA
Guillermo Steinbrüggen
DRAMATURXIA
Teatro Artello
VESTIARIO
Diseño: Teatro Artello
Realización: Sastrería Estévez
MÁSCARAS
Santos
DISEÑO ILUMINACIÓN
Santiago Montenegro
GRAVACIÓN E SON
Joaquín Riera
MÚSICOS
Guitarras: Rubén Pérez
Baixo: Pepe Bordallo
Batería: Javier Martínez
Teclados: Luis Carro
Frauta: Alberto Pérez
Violín: Juan Zunzunegui
COROS
Rafael Feijoó
Adolfo Linares
José Táboas
Rubén Pérez
Mª Xosé González
Mª Eugenia García
Lola García
Blanca Staton
VOCES EN OFF
Nesi Pérez
Rafael Feijoó
Santiago Montenegro
Andrés A. Vila
Mariló González
Eugenia Fernández
Marisa Real
Antonio F. Simón
Pilar Pérez
Mª Xosé Porteiro
Joaquín Riera
Elisa Pereira
MEDIOS TÉCNICOS
Soniprof, Bibiano Morón, Antonio
Moreiras, Grupo Colores, Lorenzo
Cuasante
DISEÑO PROGRAMA
Antonio F. Simón (galego)
Santiago Montenegro (castelán)
FOTOGRAFÍAS
Vicente
A música foi gravada no Auditorio "Cidade de Vigo" os días 9, 10 e 11 de maio de 1983
Descargar