Grandes concertos para todos os públicos e

Anuncio
EL CORREO GALLEGO
MARTES
23 DE AGOSTO DE 2016
Grandes concertos para
todos os públicos e gustos
o fundador
da orquestra
parís de
noia será o
pregoeiro
Noia 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de agosto
30 san bartolomeu
A
vila de Noia comenza hoxe
as súas festas na honra a
San Bartolomeu. A programación contempla actividades
para pequenos e grandes, veciños e visitantes.
Este primeiro día ábrese
coas bombas de palenque e,
pola tarde, actuación do grupo Airiños do Mar polas rúas
de Noia. A partir das 17.00
horas, haberá inchables para
os nenos e ábrese o concurso
de pesca infantil no Peirao do
Marqués. O pregón terá lugar
ás 22.00 horas, e correrá a cargo de Joaquín García Piñeiro,
fundador da orquestra París de
Noia. A continuación, verbena
coa orquestra Televisión. A xornada remata co gran concerto
de música tradicional, na praza
doTapal, do grupo Leilía.
Mércores, 24. A xornada
de mañán mércores, festivo
local e festividade de San Bartolomeu, comeza coas bombas de palenque e as dianas e
alboradas da Banda de Música
de Noia. A continuación, desfile de xigantes e cabezudos
e ás 13.00 horas, exhibición
de Taekwondo na Alameda. A
esa hora comeza o concerto
da Banda de Música de Noia.
Entre as 10.00 e as 18.00 horas,
campionato de tenis de mesa e
minitenis, na Alameda. A esta
hora comeza o Día da Bicicleta. De 19.00 a 21.00 horas, nas
Portas do Mar, saltos na rúa.
A misa solemne será ás
19.30 horas, na igrexa de San
Martiño, seguida da procesión
de San Bartolomeu. Ás 21.00
horas, semifinais da liga local
de fútbol sala. A verbena da
noite estará amenizada pola
AS RÚAS de Noia énchense de
xente e de actos de lecer Foto: P.S.
orquestra New York. Para finalizar a xornada festiva, o grupo
Quempallou dará un concerto
a partir das 23.30 horas na praza do Tapal.
xoves, 25. San Lois. As dianas e alboradas correrán a cargo de Airiños do Mar. De 11.00
a 14.00 e de 17.00 a 20.00
horas, haberá inchables para
nos nenos na Alameda. Entre
as 19.00 e as 21.00 horas, nova
sesión de saltos na rúa. A verbena na Alameda estará protagonizada pola orquestra Tekila.
E chegamos aos grandes
concertos da noite: ás 22.00
horas, na praza do Tapal, festival pop coa actuación de
Ramos (premio Galicia Creativa do SGAE) e ás 23.00 horas,
Los Secretos.
venres, 26. San Roque.
Bombas de palenque e dianas
e alboradas da Banda de Música de Noia, abren esta xornada
festiva. De 11.00 a 14.00 horas,
obradoiros para nenos na praza do Curro. Ás 11.30 horas,
actuación polas rúas do grupo
de gaitas da Sociedade Liceo
de Noia, acompañados dos
xigantes e cabezudos. Ás 12.30
horas, contacontos Contos
vellos para rapaces, na praza
do Curro. Deseguido, exhibición de Taekwondo e concerto
da banda de música na Alame-
A ALAMEDA acolle un gran número de
actividades para todos e concertos nestas
festas na honra a San Bartolomeu, que
hoxe comezan en Noia. Foto: C.N.
da. Pola tarde, de novo saltos
na rúa. Ás 19.30 horas, misa
solemne na igrexa de San Martiño na honra da San Roque
seguida da procesión co tradicional Ramo. Máis tarde, finais
co campionato de fútbol sala.
A verbena estará amenizada polas orquestras Triunfo e Combo Dominicano. E
ás 23.00 horas, comeza Noia
Rock, na praza do Tapal, cos
grupos Causa Perdida, MKDKF
e Mad Martin Trío.
sábado, 27. A grupo de gaistas Faiscas da Pontraga encargarase das alboradas. De 11.00
a 14.00 e de 17.00 a 20.00
horas, xogos populares e Festa
de San Cosmeiro, na praza do
Curro. Ás 13.00 horas, degustación de empanada na praza
do Curro. Ás 18.30 horas, torneo de veteranos de fútbol.
E ás 22.30 horas, na Alameda, gran festival animado
por Dj Francisco e coas actuacións de La Década, Merche e
David Civera.
domingo, 28. Despois das
bombas, dianas e alboradas
da Banda de Música de Noia,
que dará un concerto ás 13.00
horas. Ás 20.00 horas, música
polas rúas de Brincadeira. A
verbena terá como protagonista, como non, á orquestra París
de Noia, na Alameda.
Ás 23.00 horas, a praza do
Tapal acolle o estreno do Video
Mapping, para o promoción
turística Noia Portus Apostoli.
exposicións. O Salón
de Plenos do Concello acolle do 23 o 28, unha exposición de maquetas de barcos
de Manuel González Videla. E
o Teatro Coliseo Noela, unha
mostra de esculturas de Emilio
Mariño. Outra actividade a destacar é a XX Carreira Pedestre
Nocturna, que será o próximo
día 3 de setembro.
anxo bouza / Noia
san bartolomeu 31
EL CORREO GALLEGO
José Pérez: “Buscamos que as
festas sexan unha inversión”
o casino de noia
convertirase no
centro comarcal
turístico trala súa
restauración
A
s festas na honra a San
Bartolomeu, que hoxe
comezan en Noia, están organizadas polo Concello de Noia,
a través do departamento de
Cultura, Festexos de Turismo,
dirixido polo concelleiro José
Pérez Martínez.
Apunta o edil que “na elaboración do programa de actividades, procuramos ter en
conta os gustos dos veciños,
polo que contamos con actuacións de grupos folk, de rock,
etc., sempre procurando que
aqueles artistas que veñan
deixen un retorno económico
importante para os hosteleiros
e empresarios de Noia, e que
ademais sexan do gusto gran
maioría dos veciños. Quere-
JOSÉ Pérez
Martínez,
concelleiro
de Cultura,
Festexos e
Turismo de
Noia, departamento
que organiza as festas.
mos que a calidade das festas
sea o suficientemente importante para atraer aos turistas.
Buscamos que quede a sensación de que as festas non son
un gasto senón unha inversión que deixe diñeiro na vila.
De ahí a presenza de artistas
de sona como Los Secretos,
David Civera, Merche, grupos
folk como Quempallou ou Leilía, e grandes orquestras como
París de Noia ou Combo Dominicano, entre outras moitas
actuacións. E todas de xeito
gratuito”. E para o fin de festa,
a organización ten preparado
un vídeo mapping sobre a igrexa de San Martín, dedicadas a
Portus Apostoli, pensado para
a promoción turística.
Outro punto que destaca
José Pérez é a presenza de
Joaquín García Piñeiro na lectura do pregón, fundador da
orquestra París de Noia, que é
toda unha institución da vila:
“Non hai nada máis relacionado coas festas de Noia, que
a París, que leva o nombre do
noso concello alá por onde ten
unha actuación”.
actuacións. Ao longo do
ano, a concellería que dirixe
José Pérez organiza un amplo
número de actividades, pensadas para atraer ao visitante. En
Foto: M.
noia 23, 24, 25, 26, 27 e 28 de agosto
MARTES
23 DE AGOSTO DE 2016
materia turística, “actualmente estamos moi centrados en
conseguir o recoñecemento do Camiño de Santiago (o
chamado Portus Apostoli).
Para iso, estamos en contacto
con dous pobos europeos: un
en Francia (Salmiech) e outro
en Inglaterra (Dartmouth),
para facer unha promoción
conxunta con estes dous
pobos e atraer turistas deses
lugares a Noia”.
Por outra banda, Noia forma parte dunha mancomunidade de municipios para
a promoción do turismo e a
cultura. “Neste aspecto adicaouse unha importante partida para a restauración do
Casino de Noia, donde haberá
un edificio comarcal turístico.
Tamén estamos a piques de
contratar técnicos en promoción turística que se ocupen
da programación adecuada para atraer ós visitantes á
nosa comarca”.
Para rematar, José Pérez
afirma que “Noia é un lugar
digno de visitar, polo que invito
a todos a que aproveiten a ocasión e veñan a gozar dunhas
festas distintas, con artistas a
nivel nacional e coas mellores
orquestras do momento.
suso Varela/noia
FÁBRICA
DE VENTANAS
CREACIÓN
Y MANTENIMIENTO
DE JARDINES
Crta. Noia-Boiro, Km. 2
Merelle - Lousame (A Coruña)
T. 609 806 900 • F. 981 824 510
Licores
ROTULACIÓN • IMPRESIÓN
LUMINOSOS • COLOCACIÓN
PIÑEIRIÑO, 5
LA RASA - NOIA
T. 981 821 565
Variante Norte C - 543
Noia (A Coruña)
M.: 619 019 235 • T. 981 822 080
F. 981 821 309
asilva@silmaplast.com
Felices Festas
Orujo
Cremas de licor
www.habelashailaslicores.com
AUDITORÍAS - FISCAL - CONTABLE
ECONÓMICO–FINANCIERO - LABORAL
SUBVENCIONES Y AYUDAS OFICIALES
INICIATIVAS GALLEGAS
DE SERVICIOS DE ASESORÍA, S.L.
Les desesamos Felices Fiestas
EN NOIA. C. Perito Basilio, 2-1º C • T. 981 842 130 - F. 981 824 676
EN RIBEIRA. Campo de Marte, nº 3 - 1º - T. 981 835 621 - F. 981 874 262
EL CORREO GALLEGO
Música de varios estilos, deporte e
teatro forman a programación do Liceo
A sociedade xa
lanzou a proposta
das actividades
a realizar no
próximo curso
A
Sociedade Liceo de Noia
organiza unha serie de actividades que coinciden tamén
cada ano coas festas grandes
de San Bartolomeu e coa celebración do aniversario da súa
fundación, fai agora 88 anos.
Según apunta o presidente da entidade, Óscar Prego,
“procuramos facer unha programación cun amplio contido musical de distintos estilos
para que os nosos asociados
e as súas familias teñan varias
opcións para elixir”.
Pero non solo musicais,
senón que tamén está a final
do torneo de tenis que ten lugar
cada ano e o torneo de verán de
bádminton, “que está tendo un
A SOCIEDADE Liceo
de Noia
organiza actividades de
alto contido
musical e
de variados
estilos para
os seus asociados.
Foto: ECG
MARTES
23 DE AGOSTO DE 2016
noia 23, 24, 26, 26, 27 e 28 de agosto
32 san bartolomeu
gran éxito, tanto entre grandes
como entre os máis pequenos,
aínda que que é unha actividade que se lanzou hai pouco”.
Tamén haberá teatro, donde o
grupo teatral do Liceo, dirixido
por Maria Creo, estrea a obra
‘Radio Teatro 4.0’.
Por outra banda, a Sociedade realiza ao longo de todo
o ano unha serie de actividades do máis variado. Señala
Prego que xa deu a coñecer a
proposta de actividades para
o curso que ven, “que prácticamente son as mesmas que
os socios coñecen, aínda que
este ano haberá unha actividade nova, que é a de iniciación
ao running, que esperamos
teña boa acollida. O período
de inscrición para cada unha
delas comenza o próximo día
3 de setembro.
En canto á situación actual
da sociedade, apunta Óscar
Prego que “as cousas marchan ben. Pola nosa parte tentamos facer as cousas ben
para que o socio estea contento; entre elas está cuidar os
socios novos, que son o futuro da sociedade, e escoitar as
propostas que aportan para
novas actividades que lles
poderían interesar”.
s. varela/noia
Descargar