Lectura pública. Un dereito da cidadanía Sección coordinada por María Dolores Cabrera e Víctor F. Freixanes Situación das bibliotecas públicas en Galicia HILARIO HERNÁNDEZ Hilario Hernández é director do Centro de Desarrollo Sociocultural de Peñaranda de Bracamonte da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Autor de Las bibliotecas públicas en España: una realidad abierta (2001). Tradución: Dolorez Torres París * Este artigo ten a súa orixe na conferencia que co mesmo título pronunciou o autor no III Simposio O Libro e a Lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores (AGE), o 16 de novembro de 2006 en Santiago de Compostela. Parte dos datos recollidos daquela foron actualizados ou completados con posterioridade, polo que se incorporou a nova información estatística dispoñible, actualizando e revisando a presentación que L se fixo no Simposio. Fototografía cortesía da Fundación Caixa Galicia N os últimos anos estamos asistindo a un interese sen precedentes pola lectura. Nunca como ata agora a lectura estivo presente nas axendas políticas, nos medios de comunicación, na preocupación e prioridades dos profesionais relacionados coa súa ensinanza, difusión ou estudo. Trátase dun fenómeno común no contorno da Unión Europea, en moitos de cuxos países se poñen en marcha iniciativas máis ou menos ambiciosas para reforzar ou desenvolver a sociedade lectora como piar sobre o que se constrúe a nova sociedade da información. Mostra disto son os distintos plans e campañas de fomento da lectura que, dende o iniciado en 2001 polo Goberno español, coñecen numerosas formulacións en ámbitos globais ou sectoriais en cultura e educación, dende Gobernos autonómicos, deputacións, concellos, bibliotecas ou centros educativos. Porén, falar de “sociedade lectora” en España é un fenómeno moi recente, tanto como pensar na sociedade española como unha sociedade lectora, realidade que só nos últimos anos semella un obxectivo alcanzable e imprescindible. A institución á que pertenzo, a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, leva traballando, dende hai vinte e cinco anos, decididamente comprometida co desenvolvemento da sociedade lectora en España, a través da promoción da lectura dende as primeiras idades; da acción sociocultural en torno á lectura como piar básico da cidadanía; do impulso ás bibliotecas públicas; da consideración da lectura como motor da sociedade do coñecemento; consciente do papel angular da lectura na educación, así como do papel que desempeña a educación nos hábitos e prácticas de lectura; cunha atención permanente ás transformacións actuais da lectura nun contorno multimedia e en rede, ante as relacións e integración desta coas prácticas comunicativas, informativas e culturais. Dende esta perspectiva contémplase o papel que as bibliotecas cumpren na sociedade actual e 13 no contorno europeo, constituíndose en organismos que, tal como recolle o Proyecto de Ley de la lectura, del libro y de las bibliotecas actualmente en tramitación nas Cortes, teñen como misión “facilitar o acceso a documentos publicados ou difundidos, coa finalidade de garantir o acceso á cultura, á información e ao coñecemento”1. Preténdese a continuación desenvolver un esbozo da situación actual das bibliotecas en Galicia ou, máis especificamente, das bibliotecas que constitúen o sistema de lectura pública en Galicia2. Non se contemplan, xa que logo, neste informe, as bibliotecas que forman parte do sistema educativo (as bibliotecas escolares e as universitarias), nin as bibliotecas especializadas nin as patrimoniais (cuxa misión fundamental é a conservación do patrimonio bibliográfico). Así pois, o obxecto do presente informe son as bibliotecas públicas (BP). O concepto de BP fai referencia ao servizo público de que se dota a sociedade para garantir que todos os seus cidadáns teñan, onde queira que residan, a posibilidade de acceder en igualdade de oportunidades á cultura, á información e ao coñecemento. Este servizo debe entenderse como un sistema, como un conxunto interrelacionado de centros bibliotecarios que prestan servizo a unha poboación determinada, e constitúe a porta de acceso público máis importante á Sociedade da Información. En definitiva, ao falar de biblioteca pública faise mención ás bibliotecas que están ao servizo dunha comunidade determinada, ben sexa un barrio, unha vila ou cidade, unha comarca ou provincia; que atenden a todos os seus habitantes sexa cal for a súa idade ou a súa dedicación, e polo xeral de forma gratuíta; contan con fondos sobre todas as materias; son, asemade, centros de información e centros culturais, fomentan a lectura e brindan apoio á educación formal e á autoaprendizaxe, independentemente do organismo público ou privado de que forman parte. Aspectos metodolóxicos Cómpre ter presentes algunhas consideracións sobre a metodoloxía utilizada para recompilar e analizar a información sobre as BP en Galicia, así como sobre as súas limitacións e alcance. Vaia por diante que o presente artigo é en boa medida debedor do traballo que o Departamento de Análisis y Estudios da Fundación Germán Sánchez Ruipérez vén realizando dende hai uns anos sobre a realidade das bibliotecas públicas en España3. De maneira concreta, cómpre ter presente: 1. Baséase na explotación de fontes estatísticas sobre bibliotecas, a partir de cuxos datos se obteñen unha serie de indicadores normalizados que, en conxunto, ofrecen unha visión do 14 2. 3. 4. 5. servizo de BP en relación á poboación á que presta servizo. Tómase como ano de referencia 2004, último do que existen fontes estatísticas dispoñibles. Non é posible apenas dispor dunha perspectiva evolutiva dado o fragmentario da información estatística con que se conta, xa que Galicia se incorpora á serie de Estadísticas de bibliotecas públicas do Ministerio en 2002 e presenta datos incompletos en distintos apartados. Os distintos datos e indicadores agrúpanse en catro bloques: o primeiro fai referencia á cobertura do servizo, ás posibilidades que teñen os cidadáns de accederen ao servizo de BP; un segundo bloque presenta os recursos informativos que ofrecen as bibliotecas e que constitúen o núcleo da oferta do seu servizo; o terceiro apartado describe os recursos humanos e económicos con que contan as BP; e, por último, analízanse os usuarios e usos que rexistran as BP. A análise artéllase, na medida en que o permiten as fontes dispoñibles, en tres ámbitos territoriais: o conxunto da comunidade autónoma (CA), a provincia e o municipio. Así, xunto aos datos do conxunto de Galicia, ofrécense datos desagregados para as catro provincias galegas, por municipios agrupados por intervalos de tamaño de poboación, cunha atención especial ás grandes cidades galegas (as catro capitais de provincia, máis Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo). Por último, ofrécense no posible indicadores de referencia, coas medias rexistradas en España e outras CCAA, así como os últimos datos dispoñibles da Unión Europea. As fontes utilizadas son as seguintes: As Estadísticas de Bibliotecas Públicas, recompiladas pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura (MCU)4, serven como fonte de base para os datos do conxunto de Galicia e os datos desagregados por provincias, así como para os datos de referencia de España e outras CCAA, salvo que se indique expresamente outra procedencia. A serie bienal Estadística de Bibliotecas recompilada e publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE)5 utilizouse para obter os indicadores de ámbito municipal correspondentes a 2004. Ademais dos indicadores municipais, proceden tamén desta serie algúns outros indicadores complementarios, cuxa procedencia se indicará no seu caso. Hai que advertir que ambas series, a do MCU e a do INE, utilizan universos distintos, polo que os datos globais (para Galicia ou España) non son polo xeral coincidentes. Así pois, os indicadores de Galicia e España que acompañan como referencia aos indicadores das cidades galegas teñen como fonte a mesma serie de INE e non a do MCU. Os datos de poboación proceden así mesmo do INE, tomándose como poboación de referencia para 2004 a actualización do Padrón a 1-I-2005 publicada polo INE6 (dado que os datos bibliotecarios corresponden ao 31-XII-2004). Para os datos da Unión Europea utilízase como fonte a serie reunida por LibEcom7, cuxos últimos datos dispoñibles corresponden a 2002, polo que a súa comparación cos datos de Galicia (ou España) debe realizarse con prudencia. Complementariamente, utilizáronse outras fontes estatísticas, en especial a serie Bibliotecas públicas del Estado. Estudio estadístico8 correspondente ao período analizado, así como memorias e informes publicados por bibliotecas9 ou outros organismos, e outras fontes documentais. En definitiva, a calidade da información estatística sobre as BP en Galicia dispoñible ata o momento vese afectada polo reducido da serie e o seu carácter fragmentario, así como por certas inconsistencias que obrigan a ignorar como non existentes certos datos claramente erróneos que non foi posible depurar. Os datos aquí presentados pecan, pois, de certa provisionalidade e talvez dunha maior marxe de erro que os datos dispoñibles doutras CCAA. Iso fai que, máis que os datos concretos e absolutos (o número de libros dispoñibles, por exemplo), adquiran maior significación e relevancia os indicadores (libros por habitante) e que a marxe de erro aumente conforme se reduce o universo contemplado. No Barómetro de 2006, o índice medio de lectura nos últimos tres anos (2004-2006) sitúa a Galicia, cun 51 por cento de poboación lectora, só por diante de Estremadura (49 por cento) cerrando a lista de CCAA. A media española está nun 51 por cento. 1 en www.congreso.es/public_oficiais/L8/CONG/BOCG/A/A_112-01.PDF. 2 A documentación publicada é ata agora realmente escasa, especialmen- te no que se refire ao conxunto de Galicia. Poden consultarse as referencias existentes na Bibliografía sobre Bibliotecas Públicas, accesible en www.bibliotecaspublicas.info/biabp.lasso. 3 O contexto de partida en Galicia Proyecto de Ley 121/000112 De la lectura, del libro y de las bibliotecas. BOCG. Congreso de los Diputados, núm. A-112-1 de 24/11/2006. Dispoñible Sobre o Departamento de Análises e Estudos, radicado en Peñaranda de Bracamonte, pode consultarse a URL www.bibliotecaspublicas.info/, onde figuran boa parte dos estudos realizados e proxectos en curso. O eurobarómetro realizado en 2002 sobre a participación dos europeos en actividades culturais10 situaba a España (só por encima de Grecia, Bélxica e Portugal) entre os poucos países da UE cuxa proporción de lectores non chegaba á metade da poboación, mentres que a media de lectores na UE se situaba ese ano nun 57,9 por cento da poboación e, nalgúns países escandinavos e o Reino Unido, superaba as tres cuartas partes da poboación. A serie dos Barómetros sobre hábitos de lectura e compra de libros que realiza dende 1999 a Federación de Gremios de Editores de España11 amosa que estamos en España nun período de desenvolvemento da sociedade lectora: un incremento dos índices de lectura, grazas especialmente á incorporación ás prácticas lectoras de novas xeracións de mozos e adultos-novos con niveis educativos e hábitos culturais medios e medio-altos. Mais este incremento na frecuencia e intensidade lectora ou, mellor, a progresiva redución das porcentaxes de poboación “iletrada”, 4 A serie iníciase no ano 2000 e reúnese a partir dos datos facilitados anualmente por cada comunidade autónoma, con información desagregada por provincias, aínda que non existen datos de Galicia anteriores a 2002. Hai dispoñible publicación impresa, así como publicación actualizada na web, accesible en www.mcu.es/bibliotecas /MC/EBP/index.html. 5 Da Estadística de bibliotecas existe así mesmo publicación impresa e publicación na web, accesible en www.ine.es/inebase. 6 As series demográficas do INE están dispoñibles en www.ine.es/inebase /menu2_dem.htm#4. 7 LibEcon. Library Economics in Europe, en www.libecon.org/. 8 Bibliotecas públicas del Estado. Estudio estadístico, Madrid: Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria, 1987 (anual). 9 As Bibliotecas Municipais da Coruña publican habitualmente as súas memorias na súa web, www.coruna.es/bibliotecas. 10 Eurobarometer 56.0. European’s participation in cultural activities (Unión Europea), dispoñible en http://ec.europa.eu/public_opinion/ archives/eb/ebs_158_en.pdf. 11 A serie inclúe barómetros trimestrais e informes anuais, Hábitos de lectura y compra de libros en España, dos que hai publicadas versións electrónicas dispoñibles en www.federacioneditores.org/SectorEdit/ Documentos.asp. 15 que non le nunca ou case nunca, non é homoxéneo. No Barómetro de 2006, o índice medio de lectura nos últimos tres anos (2004-2006) sitúa a Galicia, cun 51 por cento de poboación lectora, só por diante de Estremadura (49 por cento) cerrando a lista de CCAA segundo a porcentaxe da súa poboación lectora, mentres que a media para España se situaba nun 56 por cento de poboación de catorce e máis anos considerada lectora12. Sirvan estes datos para ilustrar dalgún xeito a pervivencia en Galicia de graves déficits en materia de lectura, similares aos doutras comunidades con amplo compoñente rural e un relativo avellentamento da poboación, e que teñen a súa correspondencia cos déficits que presenta a estrutura do seu sistema de lectura pública. O desenvolvemento lexislativo sobre bibliotecas en Galicia A Lei de Bibliotecas de Galicia13, de 1989, define así a biblioteca pública: Enténdese por biblioteca pública en Galicia un centro cultural onde se reúne un conxunto organizado de libros, publicacións periódicas, rexistros sonoros e audiovisuais, ou calquera outro soporte de conservación e reprodución de textos, radicado en determinados recintos fixos ou móbiles para a súa utilización polo público, cuxa finalidade é contribuír cos medios técnicos e persoal adecuado, esencialmente, ao exercicio do dereito á cultura e información, á difusión e fomento da lectura, ao enriquecimento do tempo libre e promoción e difusión da lingua e da cultura galega. Trátase dun concepto no que se recoñece o obxectivo fundamental da BP en facilitar o “exercicio do dereito á cultura e información”, situándoa así entre os servizos públicos de que se dota a sociedade para garantir a igualdade de oportunidades no exercicio de dereitos fundamentais dos cidadáns. A Lei establece os servizos bibliotecarios para o conxunto da sociedade galega, en función de tamaño do núcleo de poboación e tipos de servizo bibliotecario: Os núcleos de poboación con menos de 2.000 habitantes estarán atendidos por un subsistema de bibliotecas móbiles ou axencias de lectura. Todos os núcleos de poboación de máis de 2.000 habitantes deben contar cunha biblio- 16 teca “aberta ao público que poderá ser a do Colexio Público ou a doutros entes de carácter público”. A partir de 50.000 habitantes establécense “redes bibliotecarias, que contarán cunha biblioteca nodal que coordinará e dará soporte aos diversos puntos de servizo da cidade”, e contémplase a posibilidade de establecer redes comarcais. Nos anos seguintes á promulgación da Lei de Bibliotecas, prodúcese un desenvolvemento normativo da mesma14. Sobre o funcionamento das bibliotecas itinerantes de préstamo, promúlganse dúas normas: Decreto 38/1991, 1 de febreiro, polo que se regula o funcionamento das bibliotecas itinerantes de préstamo. Orde de 14 de febreiro 1992 pola que se desenvolve o Decreto 38/1991 de 1 de febreiro, que regula o funcionamento das bibliotecas itinerantes de préstamo. Estas “bibliotecas itinerantes”, que “contarán con tres tipos de servizos: maletas viaxeiras, bibliobuses e préstamo directo”, prevense para núcleos de poboación inferiores a 2.000 habitantes. Son servizos asignados directamente ás delegacións provinciais da Consellería de Cultura. O Decreto 24/1995, de 20 de xaneiro polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos establece a Rede de Bibliotecas de Galicia, cuxa cabeceira sería o Centro Superior Bibliográfico de Galicia, mentres se prevén distintos tipos de servizos fixos de BP, en función da súa superficie, horario, persoal e oferta de servizos: As “bibliotecas nodais”, antes provinciais, nas catro capitais de provincia, serán as cabeceiras das respectivas redes provinciais. As “bibliotecas comarcais e bibliotecas cabeceira de redes urbanas ou municipais”, que serán “creadas pola orde da Consellería de Cultura”. As “bibliotecas públicas municipais”, con superficie a partir dos 100 metros cadrados. Por último, as “axencias de lectura”, cunha superficie mínima de 40 metros cadrados, e servizos de préstamo, consulta, sección infantil e información. O desenvolvemento normativo, no que respecta ás BP galegas, culmina coa Orde de 21 de novembro de 1995 pola que se desenvolve o Decreto 24/1995, de 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos no referente á creación de bibliotecas municipais en colaboración coa Consellería de Cultura e pola que se regula a integración na rede de bibliotecas de Galicia. Paga a pena subliñar que, en conxunto, a lexislación bibliotecaria de Galicia peca de certa ambigüidade competencial (frecuente, polo demais, no panorama español) na asignación das responsabilidades das distintas administracións na prestación do servizo de BP, esvaecéndose así o papel protagonista dos concellos15, desaparecendo practicamente as deputacións, e reservando para si a Consellería competencias para as que non se establecen recursos. O desenvolvemento normativo detense en 1995 e non semella ter unha incidencia clara no desenvolvemento bibliotecario, na ampliación e modernización dos servizos de BP de que dispoñen os cidadáns galegos. Sirva como mostra o caso das “bibliotecas itinerantes de préstamo” ou “bibliobuses”, que prevé a lexislación para atender os cidadáns que residen nos núcleos de poboación máis pequenos, un tipo de servizo bibliotecario cuxa importancia en Galicia non sería preciso poñer de relevo, dadas as características demográficas do seu poboamento. No momento da publicación da normativa galega sobre as “bibliotecas itinerantes”, existían en Galicia dous “bibliobuses”. Un deles, entre os primeiros que entran en funcionamiento en España, era o da Mancomunidade do Condado16, con sede en Ponteareas. Ten un primeiro período de servizo entre 1979 e 1983 e, máis adiante, outro entre 1991 e 1999, data en que remata o seu funcionamiento. Este bibliobús foi especialmente significativo por tratarse do único servizo de BP xestionado por unha mancomunidade para o conxunto dos seus municipios do que se ten noticia, tanto en Galicia como en España. O outro bibliobús, que aínda está en funcionamento17, está xestionado polos servizos da Consellería de Cultura e presta servizo en ámbito urbano, dentro do municipio de Ourense. Polo demais, non se puido obter información sobre a existencia de “maletas viaxeiras” ou dalgún sistema de “préstamo directo” aos habitantes dos pequenos municipios. O certo é que o panorama bibliotecario con que Galicia inicia o século XXI presenta déficits máis acusados que no conxunto de España. Das BP rexistradas en Galicia no ano 2000, tan só dúas de cada dez foran creadas con anterioridade a 1979, ano en que comezan a súa andaina os concellos democráticos. Iníciase entón en España un lento e desigual desenvolvemento e modernización das bibliotecas municipais e do servizo de BP, ao que parecen sumarse poucas cidades galegas (gráfico 1). Creadas con anterioridade a 1979, as BP que se rexistraban en España en 2000 supuñan o 31 por cento do total; ao longo dos anos 80, creáranse o 40 por cento das BP; e o 29 por cento restante, na década dos 90. Os grandes déficits de Galicia en materia de lectura, similares aos doutras comunidades con amplo compoñente rural e un relativo avellentamento da poboación, teñen a súa correspondencia cos déficits que presenta a estrutura do seu sistema de lectura pública Gráfico 1: BP en Galicia en 2000, por ano de creación 22% 53% 25% de 1991 a 2000 de 1980 a 1990 ata 1979 12 A información por comunidades autónomas, que non figura no informe anual Hábitos de lectura y compra de libros en España (Año 2006), está extraída da Nota de Prensa publicada pola Federación en marzo de 2007, Barómetro de hábitos de lectura y compra de libros por Comunidades Autónomas en 2006, dispoñible en www.federacioneditores.org/News/ Noticia_150307.asp. 13 Lei 14/1989, de 11 de outubro, de Bibliotecas de Galicia. Dispoñible en www.fundaciongsr.es/documentos/leyes/Galicia/GaLey14_89111089.PDF. 14 Pode consultarse a lexislación sobre bibliotecas en Galicia na recompilación de Travesía, en http://travesia.mcu.es/normativa.asp, ou no recompilatorio da biblioteca dixital da FGSR, en www.fundaciongsr.es/ documentos/dosframes3.htm. 15 O servizo de BP figura entre aqueles que deben prestar, en todo caso, os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes en toda España, segundo establece o artigo 26 da Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las Bases de Régimen Local. http://travesia.mcu.es/ documentos/ley_rbrl_extracto.pdf. 16 Vid. Rafael Sánchez: “El bibliobús de la Mancomunidad del Condado: ¿un espejismo agotado?”. En: I Congreso Nacional de Bibliotecas Móbiles. ACLEBIM, Valladolid, 2002. 7 p. Dispoñible en www.bibliobuses.com/ documentos/ponteareas.pdf. 17 Nas Estadísticas de bibliotecas públicas do MCU correspondentes a 2004 non figura este servizo móbil, o que debe constituír un erro, xa que, dende o DAE, puido constatarse o seu funcionamento aínda en 2006. 17 A cobertura do servizo de BP En total, en 2004 rexistráronse 406 Puntos de Servizo (PS) de BP en Galicia. A inmensa maioría destes PS funcionan como bibliotecas independentes, rexistrándose escasos municipios onde os distintos PS parezan agrupados nunha rede municipal, funcionando como unha soa biblioteca ou unidade administrativa. Con todo, as Estadísticas do MCU agrupan eses 406 puntos de servizo en 282 unidades administrativas (unha ou varias BP que dependen dunha mesma institución e se xestionan en conxunto). As BP son basicamente as “bibliotecas municipais”, é dicir, son de titularidade municipal e son os concellos as institucións que as xestionan (e financian). Ademais das municipais, existen en Galicia cinco BP cuxa titularidade corresponde ao Estado e cuxa xestión foi transferida e é asumida pola Xunta, radicadas nas catro capitais de provincia e en Santiago de Compostela. Estas cinco BPE, antes denominadas “provinciais”, xunto coa BPM de Vigo figuran hoxe como as bibliotecas “nodais” previstas na normativa e que deberían exercer como bibliotecas centrais nos seus respectivos ámbitos territoriais. Á parte destas cinco bibliotecas administradas pola Consellería de Cultura (e o bibliobús de Ourense), a titularidade e xestión do conxunto dos puntos de servizo de BP en Galicia corresponde aos concellos nun 98,5 por cento dos casos, consonte co contexto legal e co carácter local do servizo. Porén, a articulación de redes urbanas non se rexistra en ningunha cidade galega entre bibliotecas de distinta titularidade ou xestión (do Estado, da Xunta, ou do concello) e limítase a redes de titularidade municipal en escasas cidades ou municipios. Así, poden identificarse redes municipais que dispoñen dunha biblioteca central para o conxunto da rede na Coruña (6 PS en total), Oleiros (9 PS, con central en Perillo), Cangas do Morrazo (5 PS) ou Vilagarcía de Arousa (4 PS). En 2004, dos 315 municipios galegos, 276 dispoñían polo menos dun PS de BP (unha biblioteca, axencia de lectura…). Significan un 80 por cento dos municipios galegos, aínda que neles reside o 93 por cento da poboación galega. Queda, xa que logo, tan só un 7 por cento dos habitantes de Galicia que reside en municipios que non dispoñen de ningún tipo de BP, unha porcentaxe similar á rexistrada para o conxunto de España nese ano, o 6 por cento. A cobertura do servizo de BP presenta diferenzas entre as distintas provincias galegas. Mentres na Coruña e Pontevedra 9 de cada 10 municipios dispoñen dalgunha BP, con porcentaxes de “poboación servida” do 98 e 94 por 18 cento respectivamente, nas provincias de Lugo e Ourense a porcentaxe de municipios con servizo de BP é do 76 e 66 por cento respectivamente, quedando ata un 20 por cento de “poboación non servida” no caso de Ourense (11 por cento en Lugo). Sen dúbida, estas diferenzas internas son reflexo de diferenzas demográficas no carácter máis urbano ou máis rural da poboación, no estancamento e avellentamento da poboación ou no seu crecemento (moderado) e renovación xeracional, que están necesariamente asociadas aos distintos indicadores. Polo demais, esta aparentemente ampla cobertura do servizo de BP en Galicia precisa algunhas matizacións: en primeiro lugar, porque non ten en conta o número de núcleos de poboación (parroquias, aldeas…) que ten un municipio, nin o tamaño da súa poboación, deixando na sombra numerosos núcleos de poboación, barrios e sectores urbanos que en realidade non teñen acceso ao servizo de BP alí onde viven. O número de habitantes que, como media, debería atender cada PS resulta máis explicativo: para o conxunto de Galicia, en 2004 había 6.800 habitantes por PS de BP, unha media máis positiva que a rexistrada en España (9.250 hab. / PS). A diferente densidade de poboación marca claras diferenzas entre as catro provincias galegas, situándose os valores máis positivos en Ourense (4.527 hab. / PS) e Lugo (5.502 hab. / PS); na provincia da Coruña (6.998 hab. / PS), sobrepasábase lixeiramente a media de Galicia, mentres en Pontevedra se rexistraba o valor máis negativo (8.936 hab. / PS). Nos resultados da provincia de Pontevedra, ten unha clara incidencia a cidade de Vigo que, con case a terceira parte da poboación provincial, rexistraba en 2004 unha soa biblioteca municipal (a que figura como “nodal”, nun edificio rehabilitado en 1995), máis outros dous establecementos de escasas dimensións e menor uso. A relación de habitantes por PS de BP que rexistraba Vigo en 2004, aínda contabilizando tres establecementos, era das máis altas de España. De feito, as diferenzas no número de PS de que dispoñen os cidadáns das grandes cidades galegas son moito máis avultadas (gráfico 2). As posibilidades que teñen os cidadáns de acceder aos servizos de BP dependen non soamente do número de PS con que conta a súa localidade, senón tamén das dimensións destes e dos seus horarios de apertura ao público. Os datos rexistrados para 200418 ofrecen un panorama bastante deficitario en canto á superficie das BP galegas: practicamente as dúas terceiras partes dos PS (o 64,0 por cento) tiñan unha superficie inferior aos 100 metros cadrados e soamente o 3 por cento dos PS superaban os 500 metros cadrados de superficie. A superficie media dos PS apenas mellorara nos dez anos anteriores, pasando de 181 metros cadrados en 1994 a 210 metros cadrados en 2004. Si, mellorara sensiblemente a superficie dispoñible en función da poboación, duplicándose o indicador de metros cadrados por cada 1.000 habitantes, que era de 14, 2 metros cadrados en 1994 e de 30,1 en 2004. Pero nesta mellora semella influír máis a entrada en servizo (ou na contabilidade estatística) de novos PS, que seguen sendo de superficie reducida, que a renovación e ampliación dos existentes, sobre un novo modelo de servizo de BP (gráfico 3). A presenza de PS de escasas dimensións non é, loxicamente, un fenómeno exclusivo do ámbito rural ou de pequenos núcleos de poboación. A escasa superficie das BP evidénciase tamén nas grandes cidades galegas, onde non só o reducido número de PS en casos como o de Vigo, senón tamén as pequenas dimensións dos dispoñibles noutras cidades, marcan claras diferenzas na superficie dispoñible en función dos habitantes (gráfico 4). Paga a pena destacar o peso fundamental dos equipamentos dalgunhas das Bibliotecas Públicas do Estado nas súas respectivas cidades. En concreto, nas cidades de Lugo, Ourense e Pontevedra, estas bibliotecas, de titularidade estatal e xestión autonómica, representan a inmensa maioría da superficie de BP dispoñible (entre o 84 por cento en Lugo e o 96 por cento en Ourense). Porén, na Coruña, é a rede municipal de BP a que dispón da maioría de superficie de BP (51 por cento), así como en Santiago de Compostela (64 por cento), aínda que neste caso tanto a BPE como as municipais son de escasas dimensións. En 2004, a gran maioría das BP galegas, o 51,1 por cento, dispoñía de horarios de apertura ao público entre 21 e 40 horas semanais, unha porcentaxe bastante máis alta que a rexistrada no conxunto de España (39,5 por cento de PS nese intervalo horario). As BP cuxos horarios non sobrepasaban as 20 horas semanais de apertura representaban o 35 por cento (en España, o 48,5 por cento) e as que dispoñían de horarios máis amplos, por encima das 40 horas semanais, eran o 13,6 por cento (en España, o 12 por cento). Gráfico 2: Miles de habitantes por punto de servizo 100 90 80 70 60 50 40 30 30,42 26,46 23,01 20 10 25,72 18,06 A Cor uña Lugo 15,49 OurensePontevedra Vigo Santiago de Ferrol Compostela Gráfico 3: BP por superficie de uso bibliotecario. Galicia. 2004 1% 3% 5% 27% 64% menos de 100 m2 de 100 a 249 m2 de 500 a 999 m2 menos de 1000 m 2 de 250 a 499 m2 Gráfico 4: M2 de BP por cada 1.000 habitantes. Galicia, cidades, 2004 60 50 50,4 58,3 53,8 40 36,0 30 20 11,1 10 0 Os usos e os usuarios Algo máis de medio millón de cidadáns galegos (504.838) estaban inscritos en 2004 como usuarios das BP, o que representaba o 16,8 por cento da poboación de Galicia. Ese ano, as BP galegas rexistraron case 34.000 novos socios (o ano ante- 97,91 18 A Cor uña Lugo 9,2 10,9 OurensePontevedra Vigo Santiago de Ferrol Compostela As Estadísticas de bibliotecas públicas do MCU rexistran un alto número de BP sen información sobre a súa superficie (o 39,1 por cento de PS sen resposta, mentres en España se rexistra un 33,5 por cento de sen resposta). 19 rior, 20.457), insuficientes para aproximarse ao índice que se rexistraba no conxunto de España, onde 22,9 por cento da poboación estaba inscrita nalguna BP. Por provincias, é Ourense onde se contabiliza un maior índice de usuarios rexistrados, o 27 por cento da poboación, mentres que na provincia de Lugo tan só chegan ao 11,8 por cento da poboación, unha das porcentaxes máis baixas entre as provincias españolas. Mais onde aparecen as maiores diferenzas é ao contemplar o panorama das cidades galegas máis populosas (gráfico 5). Mentres Lugo, Ourense e Ferrol manteñen porcentaxes próximas á media de Galicia, nas cidades de Pontevedra e A Coruña rexistrábanse porcentaxes elevadas en torno á metade da poboación, e en Vigo e Santiago de Compostela, a poboación semella vivir á marxe das súas BP. As BP galegas recibiron 3,78 millóns de visitas en 2004, o que da unha ratio de 1,4 visitas por habitante ao ano. Moito máis fiable que o dato de poboación inscrita, as visitas rexistradas presentan sensibles diferenzas entre as provincias galegas, xa que dúas de cada tres visitas se concentraban nas BP da provincia da Coruña, e amosan unha certa distancia da media española e moi acusada fronte á rexistrada na Unión Europea en 2002 (gráfico 6). Tras estas diferenzas provinciais, aparecen diferenzas municipais dignas de mención. A cidade da Coruña, con 1,43 millóns de visitas en 2004 (o 80 por cento delas na rede municipal de BP), é o municipio con maior índice de visitas a BP por habitante ao ano de toda Galicia, 5,9. Das 58 cidades españolas cunha poboación superior aos 100.000 habitantes, as BP da Coruña son das máis visitadas, só por detrás de Donosti, que rexistra 8,2 visitas por habitante en 2004, e por diante doutras cidades cunha sólida rede municipal de BP, como Valladolid, Salamanca, Burgos, Albacete ou Xixón. Tamén a cidade de Lugo rexistrou un bo índice, 3,4 visitas por habitante en 2004; así como Pontevedra (2,4) e Ourense (1,7), sendo nos tres casos fundamental a presen- za dunha BPE. Moi lonxe incluso da media de Galicia aparecen as cidades de Vigo (0,6 visitas por habitante ao ano), Santiago de Compostela e Ferrol (ambas, 0,4). Ademais da poboación inscrita e das visitas, as estatísticas bibliotecarias recollen información máis ou menos detallada dos préstamos realizados aos seus usuarios, no que constitúe un dos servizos de BP máis universais e aceptados polos usuarios. A totalidade das BP de Galicia prestan libros aos seus usuarios, pero son pouco máis da terceira parte as que ofrecen préstamo de materiais sonoros (o 37,7 por cento) ou audiovisuais (39,9 por cento), o que incide claramente nos niveis de préstamos. O número de préstamos realizados polas BP en Galicia durante 2004 ascende a 1,24 millóns de documentos prestados, o que se traduce en 0,45 préstamos por habitante ao ano, menos da metade da media de España (1,10 préstamos por habitante ao ano), e a décima parte do índice rexistrado en 2002 na Unión Europea, 4,93 préstamos por habitante ao ano. O 75,7 por cento dos documentos prestados en Galicia ese ano son libros, o 95,4 por cento na provincia de Ourense e o 67 por cento na da Coruña, provincia que aporta o 79,2 por cento dos préstamos de audiovisuais e multimedia de toda Galicia. Aínda que puidese parecer o contrario, a maior porcentaxe de préstamos audiovisuais non semella incidir negativamente no préstamo de libros senón ao contrario, sendo A Coruña a provincia que rexistra un índice máis elevado de préstamos por habitante ao ano, tanto de libros como doutros materiais. Entre as cidades galegas, as diferenzas son sensibles (táboa 1). Alén dos distintos indicadores de préstamos por habitante ao ano rexistrados, que falan por si sós, cómpre chamar a atención sobre dous aspectos. Por unha parte, a distinta correlación entre o indicador de “Préstamos / habitante” e “Préstamos / visita” (alto o primeiro e moi baixo o segundo, na Coruña; mentres que en Vigo, San- Táboa 1: Préstamos. Galicia, 2004 Cidades A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago de Compostela Ferrol 20 Préstamos 518.681 99.958 121.570 56.165 41.097 14.147 22.412 Préstamos/habitante 2,13 1,08 1,12 0,71 0,14 0,15 0,29 Préstamos/visitas Préstamos BPE 0,36 0,32 0,68 0,30 0,24 0,37 0,68 98.363 74.102 61.890 55.481 2.967 tiago e Ferrol é maior o segundo que o primeiro) traduce en boa medida a amplitude maior ou menor da oferta de servizos das BP: unha biblioteca cunha ampla gama de servizos (préstamo, consulta, prensa, información, ordenadores e Internet, formación de usuarios, actividades culturais e de fomento da lectura…) rexistrará moitas visitas distribuídas entre os mesmos, mentres que aquelas bibliotecas, cunha reducida oferta de servizos, terán as súas visitas concentradas neses poucos aos que recorren, e pouco, os cidadáns se acoden á biblioteca. O outro aspecto sobre o que cómpre chamar a atención é o distinto peso que teñen as BPE nas correspondentes cidades que contan con elas. A porcentaxe de préstamos realizados por estas bibliotecas sobre o conxunto dos rexistrados por todas as BP da cidade é máis ben baixa na Coruña (19 por cento do total) e Santiago de Compostela (21 por cento do total), se ben nesta última cidade tamén son irrelevantes os préstamos rexistrados polas súas bibliotecas municipais; polo contrario, na cidade da Coruña, só os préstamos da súa rede municipal abondarían para situala á cabeza das cidades galegas en préstamos de BP. No extremo oposto, o papel da BPE de Pontevedra na cidade revélase imprescindible, dado o mínimo nivel de actividade rexistrado polos servizos municipais. Un pouco máis activas amósanse as bibliotecas municipais de Lugo e Ourense (aquí tamén co bibliobús da Xunta), aínda que o peso das súas respectivas BPE é tamén fundamental. A oferta de recursos informativos As bibliotecas públicas galegas recibiron en 2004 3,78 millóns de visitas, o que da unha ratio de 1,4 visitas por habitante ao ano. […] O número de préstamos realizados durante 2004 ascende a 1,24 millóns de documentos, o que se traduce en 0,45 préstamos por habitante ao ano, menos da metade da media de España (1,10 préstamos) Gráfico 5: Poboación inscrita en BP. Galicia, cidades, 2004 60 53,1 50 40 43,5 30 Nunha primeira instancia, a explicación a tan distintos niveis de uso das BP en Galicia está na amplitude e calidade da oferta de servizos á poboación. Non se dispón de información normalizada e suficiente ao respecto, pero máis alá dos seus servizos concretos, a explicación de tales diferenzas achámola nos distintos recursos informativos, humanos e económicos con que contan as BP. As BP de Galicia dispoñían en 2004 dun total de 3,42 millóns de documentos, dos que o 93,6 por cento eran libros, o 3,2 por cento eran documentos sonoros, audiovisuais e electrónicos, e outro 3,2 por cento eran outros tipos de documentos (música impresa, documentos gráficos, microformas, mapas…). Galicia situábase así na media nacional de documentos por habitante, que en 2004 era de 1,24 documentos por habitante tanto en Galicia como en España (na Unión Europea, en 2002, era de 1,95 documentos por habitante). Por provincias, tan só Pontevedra se sitúa por debaixo da media de Galicia, 21,7 20 18,3 17,1 10 8,3 3,0 0 A Cor uña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago de Ferrol Compostela Gráfico 6: Visitas por habitante. Galicia, provincias, 2004 5 4,8 4 3 2,2 2 1,4 1,9 1,3 1 0 0,8 Galicia A Cor uña Lugo 0,7 Ourense Pontevedra España UE 2002 21 con 0,90 documentos por habitante, notándose de novo a incidencia negativa da cidade de Vigo, que rexistraba ese ano tan só 0,34 documentos por habitante. En concreto, para o número de libros dispoñibles en BP, existen pautas internacionais19 que recomendan dotacións entre 1,5 e 2,5, en función do ámbito máis urbano ou rural da poboación. Para o conxunto da poboación galega, en 2004 as BP estaban aínda lonxe de acadar os niveis recomendados pola UNESCO, rexistrándose 1,16 libros por habitante, aínda que as provincias con menos poboación se aproximaban a eses mínimos e, como xa se advertiu, o conxunto da provincia de Pontevedra reséntese dos déficits de Vigo (gráfico 7). Gráfico 7: Libros por habitante. Galicia, provincias, 2004 2,0 1,80 1,6 1,2 1,40 1,16 1,45 1,24 1,14 0,86 0,8 0,4 0,0 Galicia A Cor uña Lugo Ourense Pontevedra España UE 2002 Porén, moitos municipios galegos dispoñen de dotacións de libros adecuadas ás recomendacións internacionais. Entre as cidades máis importantes acadan eses niveis Pontevedra (2,05 libros por habitante), Lugo (1,66) e A Coruña (1,62), mentres que se sitúan incluso por debaixo da media de Galicia as cidades de Ourense (1 libro por habitante), Ferrol (0,73), Santiago de Compostela (0,50) e, sobre todo, Vigo, que con 0,32 libros por habitante en 2004, rexistra o cuarto valor máis baixo entre todos os municipios galegos. Se a dispoñibilidade de libros nas BP de Galicia non se afasta das medias en España, si se distancia na dotación dos “novos” soportes para música, cine ou material multimedia (gráfico 8). Nalgunhas poucas cidades e municipios, as BP si incorporaron os soportes audiovisuais e electrónicos, situándose con dotacións máis adecuadas: Pontevedra ten 160 documentos deste tipo por cada 1.000 habitantes; A Coruña, 130; e Lugo, 106. Tamén nalgúns municipios significativos, como Oleiros (222), Cambre (193), Lalín (169) ou Vilagarcía de Arousa (118). Porén, a presenza destes soportes en cidades como Ourense, Santiago de Compostela e Vigo é case anecdótica. Estas diferenzas na composición das coleccións reflíctense tamén na dotación de ordenado- 22 res conectados a Internet para o uso do público, de equipos audiovisuais para a consulta en sala ou de catálogos automatizados dispoñibles na rede. Aínda que cómpre ter en conta que a información nestes campos é bastante fragmentaria e que, en especial cos recursos informáticos en rede, a realidade evoluciona ás veces con gran celeridade, en 2004 eran máis do 66 por cento os municipios galegos cuxas BP non dispoñían de ningún tipo de equipo audiovisual (lectores de CD, de DVD…) para a súa consulta en sala, porcentaxe similar á dos que non dispoñían de conexións a Internet de uso público. Polo que se refire á automatización dos procesos bibliotecarios, pouco máis das BP de Galicia (51,5 por cento) dispoñía dalgunha función automatizada, maioritariamente o catálogo (49,5 por cento das bibliotecas) e, en menor medida, o préstamo (27,6 por cento) e a consulta pública (o OPAC, do que dispoñen o 25,6 por cento). Porén, a decidida incorporación dos novos recursos informativos e de comunicación (ordenadores con aplicacións estándar e conexión a Internet) noutros municipios fai que o indicador de conexións de uso público por cada 10.000 habitantes sexa en 2004 en Galicia de 3,29, por riba da media en España (2,33). Entre as cidades de maior tamaño, as BP da Coruña dispoñían en 2004 de 3,5 conexións por cada 10.000 habitantes; 3,24 en Ferrol; e 2,38 en Lugo. De moita menor dotación dispoñen as BP de Ourense, Vigo ou Pontevedra; e Santiago de Compostela non rexistra ningunha conexión de uso público nas súas BP. Ao longo de 2004, as BP de Galicia rexistraron a adquisición de 278.642 documentos20 para incorporar ás súas coleccións. En realidade, o total de adquisicións debería ser corrixido á baixa, xa que se contabilizan uns 60.000 documentos en formato “microforma” adquiridos na provincia de Ourense (normalmente non contabilizados nas estatísticas europeas entre as adquisicións de BP). Aínda con esa corrección, os índices de adquisición rexistrados nas BP de Galicia en 2004 son similares aos rexistrados no conxunto de España, 80 documentos adquiridos por cada 1.000 habitantes en Galicia e 82 en España. Estes índices son maiores nas provincias de Lugo (96 documentos por cada 1.000 habitantes) e A Coruña (92), baixan nas de Pontevedra (67) e Ourense (56). Do total de adquisicións, 202.000 documentos eran libros, un 91,9 por cento, o que supón un índice de 73 libros adquiridos por cada 1.000 habitantes, lixeiramente por riba da media española (gráfico 9). Mais tanto en España como en Galicia estamos moi lonxe de acadar os índices de renova- ción recomendados por IFLA/UNESCO21, que deberían permitir renovar as coleccións xa establecidas no prazo de dez anos. Segundo estas Directrices, os índices de adquisición de libros en BP deberían situarse entre os 200 e 250 libros adquiridos por cada 1.000 habitantes. Os datos de adquisicións para BP rexistrados nas grandes cidades galegas en 2004 causan perplexidade, se non se trata dun absurdo erro, xa que hai dúas cidades, Vigo e Ferrol, en cuxas BP non se adquiriu ningún libro novo en 2004. Os índices de adquisición son baixos en Santiago de Compostela (35 libros por cada 1.000 habitantes) e Pontevedra (55) e algo por riba das medias galega e española nas cidadees de Ourense (93) e Lugo (99). Só A Coruña amosa índices de adquisición de libros (126 / 1.000 hab.) similar ao nivel europeo. Se en libros as BP de Galicia rexistraron en 2004 índices de adquisición próximos á media rexistrada no conxunto de España, nas adquisicións de documentos sonoros, audiovisuais ou electrónicos, Galicia rexistra un índice que é máis de dúas veces inferior ao español e a terceira parte do rexistrado na UE en 2002 (ver gráfico 10) As adquisicións das BP deberían permitir o crecemento das coleccións, cando así o precisan, e tamén a renovación das coleccións xa establecidas, que deberían equiparar, segundo as recomendacións internacionais, os índices de adquisición e os índices de baixas de documentos obsoletos, fóra de uso o deteriorados. As baixas rexistradas nas BP ascenderon en 2004 a 17.456 documentos (case todos, o 78 por cento, na provincia da Coruña), unha cantidade tan reducida que reforza o carácter acumulativo (patrimonial nalgúns casos) detectado nas coleccións das BP galegas. Gráfico 8: Documentos sonoros, audiovisuais e electrónicos por cada 1.000 habitantes. Galicia, provincias, 2004 150 90 85 60 55 39 33 30 0 23 Galicia A Cor uña Lugo 28 Ourense Pontevedra España UE 2002 Gráfico 9: Adquisición de libros por cada 1.000 habitantes. Galicia, 2004 125 126 100 75 73 83 89 63 66 52 50 25 0 Galicia A Cor uña Lugo Ourense Pontevedra España UE 2002 Gráfico 10: Adquisición de AVE por cada 1.000 habitantes. Galicia, 2004 18 18 15 14 12 9 6 8 6 7 3 3 Recursos humanos e económicos O persoal empregado nas BP de Galicia en 2004 ascende a 555 personas, que equivalen a 452 traballadores a tempo completo (persoal ETC) e que se distribúen na seguinte tipoloxía: bibliotecarios profesionais, o 30,9 por cento; auxiliares de biblioteca, 24 por cento; persoal especializado, 14,1 por cento; e outro persoal, 30,9 por cento. Chama a atención a baixa porcentaxe dos auxiliares de biblioteca, en relación co conxunto de España, onde representan o 45,9 por cento do persoal ETC; e tamén a relativa alta porcentaxe de “outro persoal”, que no conxunto de España representan o 20,1 por cento (e que é onde se rexistra unha máis baixa taxa de equivalencia ou de traballadores a tempo parcial). Ambas desviacións poderían estar reflectindo unha preocupante situación (en canto a cualifica- 147 120 0 19 Galicia A Cor uña Lugo 4 Ourense Pontevedra España UE 2002 IFLA: Directrices IFLA/UNESCO para el desarrollo del servicio de bibliotecas públicas. 2001. Dispoñible en http://unesdoc.unesco.org/ images/0012/001246/124654s.pdf. 20 Fálase de “adquisicións” para as bibliotecas, que é o termo normalizado nas estatísticas bibliotecarias, aínda que sería máis apropiado falar de “incorporacións”, xa que se contabilizan tanto os documentos mercados directamente pola biblioteca, como todos aqueles que incorpora procedentes como aportación doutras institucións ou calquera tipo de doazón. De xeito similar, o “Gasto en adquisicións” que contabiliza o diñeiro que utiliza cada biblioteca en novos documentos, así como o valor daqueles que recibe como contributo ou doazón. 21 IFLA: Directrices IFLA/UNESCO para el desarrollo del servicio de bibliotecas públicas. 2001. 126 p. Dispoñible en http://unesdoc.unes co.org/images/0012/001246/124654s.pdf. 23 ción e estabilidade laboral) nunha porcentaxe significativa do persoal que atende habitualmente os servizos ao público nas BP galegas. Por outra parte, a media de persoal por PS en Galicia, de 1,05 traballadores por PS, é das máis baixas das rexistradas polas CCAA en 2004 e bastante arredada da media española (1,86), polo que cabe estimar nunha alta porcentaxe dos PS de BP que en Galicia están atendidos por unha soa persoa a tempo parcial. Tamén nos indicadores que poñen en relación o persoal de BP coa poboación á que atenden Galicia se sitúa nos últimos lugares no panorama autonómico español: fronte aos 5.031 habitantes por traballador ETC en España, en Galicia rexístranse 6.091 habitantes por persoal ETC. Se cadra, máis que noutros aspectos, as diferenzas na dotación de persoal fanse notar en función do tamaño da poboación e do hábitat. Abonda indicar que soamente a cidade da Coruña concentra a quinta parte de todos os recursos humanos dispoñibles nas BP de Galicia, mentres que case a cuarta parte das bibliotecas de Galicia, case todas correspondentes a pequenos municipios, non fan constar ningún persoal entre os seus datos. E, como en case todos os apartados, as dotacións de persoal nas cidades galegas máis importantes é bastante desigual: na cidade da Coruña, dispoñían de 4,6 traballadores de BP por cada 10.000 habitantes; en Lugo e Pontevedra, 3; en Ourense, 2; e en Vigo e Santiago de Compostela, 1 traballador por cada 10.000 habitantes. En todo caso, os gastos de persoal constitúen o apartado maioritario dos orzamentos das BP, significando en 2004 o 73,1 por cento do total de 14,01 millóns de euros a que ascenderon os gastos correntes das BP en Galicia (nas provincias de Lugo e Ourense, a porcentaxe de persoal supera o 76 por cento do total) (gráfico 11). Unha porcentaxe, incluso, das máis altas das CCAA (só superada por Andalucía e Canarias) e que reflicte un orzamento pouco equilibrado na súa distri- bución e reducido nas súas cifras totais, en detrimento, polo xeral, das cantidades destinadas á colección, as actividades e servizos. En concreto, en 2004, para os gastos de persoal destináronse 10,25 millóns de euros; para renovar as coleccións, 1,5 millóns de euros; e os 2,36 millóns restantes engrosaron o capítulo de “outros gastos” (un verdadeiro caixón de xastre onde se contabilizan os gastos xerais de mantemento, comunicacións, actividades e gastos xerados polos servizos…). O gasto total en BP por habitante en 2004 en Galicia, de 5,07 euros, sitúase máis de 2 euros por debaixo da media española e non chega a ser a terceira parte do gasto por habitante da UE en 2002 (táboa 2). Nin sequera a provincia da Coruña acada a media española, a pesar de que a capital, con 17,22 ¤ / hab. / ano, presenta un índice máis próximo aos europeos e o segundo máis alto entre as cidades españolas con máis de 10.000 habitantes (por detrás de Donosti, con 26,25 ¤ / hab. / ano). Tamén rexistran gastos por riba da media de Galicia e de España as cidades de Lugo (10,24), Pontevedra (9,13 ¤) e Ourense (7,10 ¤), en boa medida grazas aos gastos contabilizados nas súas respectivas BPE. No outro extremo, sitúase Vigo con 1,77 ¤ por habitante en 2004, un dos rexistros máis baixos entre as cidades españolas de máis de 100.000 habitantes (só por riba de Cartaxena, San Cristóbal de la Laguna e Leganés). O financiamento dos gastos das BP, maioritariamente municipais, é lóxico que proceda tamén maioritariamente das corporacións locais, que en Galicia ascende en 2004 ao 70 por cento do total do gasto. Pola súa parte, a administración autonómica financia o 26,5 por cento dos gastos das BP de Galicia e o 2,6 por cento restante é financiado por outras entidades (especialmente o MCU). Con todo, hai grandes diferenzas entre as provincias. A porcentaxe do gasto financiado polas Táboa 2: Gastos en BP. Galicia, provincias, 2004 A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia España Unión Europea 2002 24 Gasto total Gasto total /habitante Gasto adquisicións/habitante 7.663.000 ¤ 1.753.000 ¤ 1.265.000 ¤ 3.330.000 ¤ 14.011.000 ¤ 323.834.375 ¤ 6.652.034.263 ¤ 6,80 ¤ 4,90 ¤ 3,73 ¤ 3,55 ¤ 5,07 ¤ 7,35 ¤ 17,53 ¤ 0,64 ¤ 0,61 ¤ 0,50 ¤ 0,32 ¤ 0,51 ¤ 0,91 ¤ 2,25 ¤ corporacións locais na Coruña chega ao 82,5 por cento22, mais é sensiblemente inferior nas outras tres provincias: 56,3 por cento en Pontevedra, 52,7 en Lugo, e 44,7 en Ourense. En canto á porcentaxe de gasto cuberta polo Goberno da Xunta nas distintas provincias, as diferenzas son inversas: é relativamente alta nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra (en torno ao 40 por cento) e relativamente baixa na Coruña (16,2 por cento). Agora ben, esta distribución do financiamento do gasto do servizo de BP en Galicia resulta enormemente desequilibrada, se temos en conta que os gastos xerados polas cinco BPE xestionadas pola Xunta (na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra) suman uns gastos que representan o 88,1 por cento do financiamento que destina a administración autonómica ao servizo de BP de toda a comunidade. Revélase así un panorama no que unhas poucas bibliotecas reciben o groso do financiamento da comunidade autónoma (e tamén das ocasionais aportacións do Goberno central aos gastos correntes das BPE), mentres que a inmensa maioría das BP galegas dependen case exclusivamente dos orzamentos dos seus respectivos concellos, sen que exista un sistema que permita homoxeneizar o servizo no conxunto do territorio. Esta situación vese especialmente reflectida no financiamento das BP das principais cidades galegas, segundo a información dispoñible. O Concello da Coruña destinou en 2004 ás súas BP 8,89 euros por habitante; seguido polo de Ferrol, con 4,02 euros por habitante, e o de Lugo, con 2,09 euros por habitante. E, con cantidades exiguas, aparecen os Concellos de Santiago de Compostela (0,76 ¤), Vigo (0,74 ¤) e Pontevedra (0,12 ¤); o de Ourense non rexistra gastos en BP. Mais tamén resulta bastante desigual a contribución da administración autonómica ao servizo de BP nestas cidades. Resulta significativa nas que dispoñen de BPE, salvo en Santiago: en Pontevedra, a CA financia o servizo de BP con 9,0 ¤ por habitante; en Lugo, con 7,3 ¤; en Ourense, con 5,4 ¤; e na Coruña, con 4,1 ¤. Porén, en Santiago de Compostela, cunha BPE de reducidas dimensións, a aportación da CA é de 0,82 ¤ por habitante, cantidade inferior incluso á recibida pola cidade de Vigo (1,02 ¤). As bibliotecas de Ferrol non consignan financiamento distinto ao municipal I … soamente a cidade da Coruña concentra a quinta parte de todos os recursos humanos dispoñibles nas BP de Galicia, mentres que case a cuarta parte das bibliotecas de Galicia, case todas correspondentes a pequenos municipios, non fan constar persoal ningún. Gráfico 11: Distribución do gasto en BP. Galicia, 2004 10,1% 16,8% 73,1% Gasto personal Outros gastos Gasto adquisicións 22 Nesta porcentaxe participan os concellos co 62,1 por cento e a Deputación coruñesa cun 7,9 por cento, segundo os datos rexistrados. As outras tres deputacións galegas aportan cantidades insignificantes para o mantemento do servizo de BP. O certo é que a participación da Deputación coruñesa é un caso anómalo non só en Galicia, senón tamén en España, aínda que cabe supoñer que o seu destino non é a prestación de servizos de BP en pequenos municipios ou o sostemento das bibliotecas municipais, senón o mantemento da biblioteca da que a propia Deputación é titular. 25