IV MEMORIAL PACO CABANILLAS: Carreira 100 metros lisos

Anuncio
IV MEMORIAL PACO CABANILLAS:
Carreira 100 metros lisos
Carreira 10 quilómetros.
Entrega de alimento solidario.
1) PRESENTACIÓN.
O Instituto Municipal de Deportes de Bueu, coa colaboración do Clube
Atletismo Corredoiras, organizan o xoves 14 de Agosto o IV Memorial Paco
Cabanillas en homenaxe ao atleta de Bueu que fora Campión de
España de 100 metros no ano 1943.
As probas, tomarán a saída na zona de Pescadoira. Primeiramente, a partires das 19:00
celebraranse as carreiras de 100 metros libres sobre asfalto e xa logo ás 22:00 horas
celebrarase a carreira de 10 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza
federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS DE VELOCIDADE: 100 metros lisos.
➢ Realizaranse sobre 3 distancias en función das categorías: 60 metros para
Benxamíns e Alevíns (nacidos nos anos 2003-2006); 80 metros para infantís e
cadetes (nacidos nos anos 1999-2002) e 100 metros para o resto de categorías
(nacidos 1998 e anteriores).
➢ As series de velocidade realizaranse sobre 4 rúas pintadas sobre asfalto e sen
contar con tacos de saída.
➢ Os tempos serán recollidos manualmente polo xuíz da proba. Pasarán á final
aqueles corredores cos 4 mellores tempos recollidos nas probas eliminatorias.
Significará, por tanto, que se poda dar o caso de que un corredor gañe unha
carreira na serie eliminatoria pero o seu tempo non esté entre os 4 mellores.
➢ O límite de participantes en cada categoría será de 20 corredores, polo tanto,
o límite de series eliminatorias serán de 5. No caso de que unha categoría conte
con 4 ou menos participantes, éstes pasarán directamente á final.
➢ NOTA IMPORTANTE: a diferencia do ano pasado, as finais serán disputadas
polos 4 mellores tempos rexistrados nas series eliminatorias. No caso de que non
haxa máis de 4 participantes por serie, éstes pasarán a disputar directamente a
final sen participación previa nas eliminatorias.
➢
➢ Categorías:
´
CATEGORÍAS
ANOS NACEMENTO
Benxamín /Alevín
2003-2006
Infantil / Cadete
1999-2002
Senior masculino
Senior FEMININO
Veterano masculino
Veterano FEMININO
1998-1975
1998-1980
1974 e anteriores
1979 e anteriores
2.2.- CARREIRA DE 10 QUILÓMETROS.
➢ Consta dun circuito urbano ó que se darán 4 voltas polas rúas ata completar os 10
quilómetros. Os corredores deberán ir recollendo unha cinta por cada volta dada.
Aquel corredor que chegue a meta e non posúa as 3 cintas quedará descalificado.
➢ Categorías.
CATEGORÍAS
ANOS NACEMENTO
Senior masculino
1998-1975
Senior FEMININO
1998-1980
Veterano masculino
1974 e anteriores
Veterano FEMININO
1979 e anteriores
2.3.- NORMATIVA PARA ÁMBALAS DÚAS CARREIRAS.
➢ Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
➢ Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento
antideportivo que estime a Organización.
➢ A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos
corredores.
➢ Debido a gratuidade da proba rógase ós corredores participantes que
entreguen un produto alimentario non perecedoiro no lugar de entrega dos
dorsais. Este produto irá destinado en beneficio do banco municipal de
alimentos.
3) HORARIOS.
Os horarios programados para as diferentes carreiras serán os seguintes:
HORARIO DE
PROBAS: IV
MEMORIAL
PACO
CABANILLAS
HORA
CARREIRAS DE
VELOCIDADE.
100 m.lisos
19:00 h
19:25
19:50
20:15
DISTANCIA
CATEGORÍA
SERIES
60 m.l.
80 m.l.
100 m.l.
100 m.l.
Benxamín/Alevín
Infantil/Cadete
Veteranos
Absoluta
Eliminatorias
Eliminatorias
Eliminatorias
Eliminatorias
21:00 h.
60 m.l.
21:05 h.
60 m.l.
21:10 h.
80 m.l
21:15 h.
80 m.l
21:20 h.
100 m.l.
21:25 h.
100 m.l.
21:30 h.
21:35 h.
100 m.l.
100 m.l.
ENTREGA
DE
PREMIOS: carreira
de velocidade.
21:40 h
Benxamín/Alevín
Final
feminino
Benxamín /Alevín
Final
masculino
Infantil/Cadete
Final
feminino
Infantil/Cadete
Final
masculino
Veteranas feminino Final
Veteranas
Final
masculino
Absoluta feminino Final
Absoluta masculinoFinal
CARREIRA DE 10
QUILÓMETROS
22:00 h.
23:30 h
CARREIRA
10
QUILÓMETROS.
ENTREGA
DE
PREMIOS:
CARREIRA
10
QUILÓMETROS.
4) INSCRICIÓNS.
As inscricións serán gratuítas, e realizaranse enviando os datos que se indican ao correo
electrónico deporte@concellodebueu.org. Hai dispoñible un ficha de inscrición na web
www.concellodebueu.org (a ficha tamén pode entregarse materialmente nas
dependencias do Servizo Mpal. de Deportes, rúa Pazos Fontenla, 29, 2º de Bueu; tlf.:
986324338.
Datos: nome e apelidos,data de nacemento, club ó que pertence o corredor ou concello
de procedencia ou ambos; distancia na que se inscribe (na carreira de 10 quilómetros só
poderá participar as categorías xuvenil, senior e veteráns); para a carreira de velocidade
unha marca persoal para facilitar a elaboración das series (preferiblemente homologada,
pero no caso de non ter, pódese poñer unha marca manual).
Debido a gratuidade da proba rógase ós corredores participantes que entreguen un
produto alimentario non perecedoiro no lugar de entrega dos dorsais. Este produto
irá destinado en beneficio do banco municipal de alimentos.
5) ENTREGA DE PREMIOS.
➢ Haberá premio en medallas para os 3 primeiros clasificados de cada categoría na
carreira de velocidade.
➢ Haberá premio en trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría na
carreira de 10 quilómetros.
Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola
normativa a Federación Internacional de Atletismo (IAAF).
A participación no IV Memorial Paco Cabanillas conleva a total
aceptación do Regulamento presente.
Descargar