Bioloxía e Xeoloxía PROBLEMAS DE GENÉTICA. 4º ESO FICHA 2 1

Anuncio
Bioloxía e Xeoloxía
XENETICA MENDELIANA
HERENCIA LIGADA A DOUS CARACTERES E CODOMINANCIA
Grupos sanguíneos
1.
Nos chícharos, os carácteres talo longo e flor vermella dominan sobre talo anano e flor branca. ¿Cal será a
proporción de plantas dobre homocigóticas que cabe esperar na F2 obtida a partires dun cruzamento entre
dúas liñas puras: unha de talo longo e flor branca e outra de talo anano e flor vermella? Indicar o xenotipo de
todas as plantas homocigóticas que poden aparecer na F2.
2.
A miopía é debida a un xene dominante ao igual que o sangue con RH. Unha muller con visión normal e con
RH, filla dun home sen RH, ten descendencia cun varón miope heterocigótico e sen RH. Indica os previsibles
xenotipos e fenotipos dos descendentes da parella.
3.
Dúas condicións anormais no home que son as cataratas e a fraxilidade nos ósos, son debidas a alelos
dominantes. Un home con cataratas e ósos normais cuxo pai tiña ollos normais, casouse cunha muller sen
cataratas pero con ósos fráxiles, cuxo pai tiña ósos normais. Cal é a probabilidade de:
a) Ter un fillo completamente normal.
b) Que teña cataratas e ósos normais.
c) Que teña ollos normais e ósos fráxiles.
d) Que padeza as dúas enfermidades.
4.
Crúzanse un rato de pelo longo e cor gris con outro tamén de pelo longo pero de cor branco. Existe algunha
posibilidade de que nazan ratos co pelo curto e de cor gris? E co pelo curto e de cor branco? Se é así, cando?
(pelo longo, L, domina sobre o pelo curto, l; e pelo gris, B, sobre pelo branco, b)
5.
Un home de cabelo rizado e con dificultade para a visión (miopía) cásase cunha muller tamén de pelo rizado e
de visión normal. Tiveron dous fillos: un de pelo rizado e miope e outro de pelo liso e visión normal. Sabendo
que os trazos pelo rizado e miopía son dominantes, responder:
a) Cal sería o xenotipo dos proxenitores?
b) Cal sería o xenotipo dos fillos? Indicar todas as posibilidades.
6.
Nunha certa especie animal, o pelo gris é dominante sobre o pelo branco e o pelo rizado sobre o liso. Crúzase
un individuo de pelo branco e liso con outro de pelo gris rizado, que ten un pai de pelo branco e unha nai de
pelo liso.
a) Poden ter fillos de pelo gris e liso? En caso afirmativo, en que porcentaxe?
b) Poden ter fillos de pelo branco e rizado? En caso afirmativo, en que porcentaxe?
7.
Se un home de grupo sanguíneo AB se casa cunha muller de grupo A, cuxo pai era de grupo O, que grupos
sanguíneos se poden esperar entre os seus fillos e con que frecuencia?
8.
Un home de grupo sanguíneo A e unha muller de grupo sanguíneo B teñen 4 fillos, dos cales un pertence ao
grupo AB, outro ao O, outro ao B e o último ao A. Sinalar razoadamente o xenotipo dos pais.
9.
O sistema de grupos sanguíneos ABO está determinado por 3 alelos: A, B e O. Indicar as proporcións fenotípicas
que se esperan na descendencia dos seguintes cruzamentos:
AA x AB
AA x BO
AA x AO
AO x AO
AO x AB
10. Nunca clínica mestúranse por un erro 4 recén nados. Os grupos sanguíneos destes nenos son: O, A, B e AB. Os
grupos sanguíneos das 4 parellas son: a) AB x O b) A x O c) A x AB d) O x O. Indicar que neno corresponde a
cada parella.
11. Un marido acusa a súa esposa de infidelidade e pide a custodia dos seus dous primeiros fillos, mentres que
rexeita ao terceiro afirmando que non é seu. O primeiro fillo é de grupo sanguíneo O, o segundo do grupo B e o
terceiro do grupo AB. O marido é do grupo O e a muller do grupo B. Cres que a acusación do home está
fundada? Razoa a resposta.
Descargar