Tempo

Anuncio
1. O tempo como dimensión humana:
Ó falarmos de dinamismo do coñecemento, dos seus cambios, avances e posible progreso, estamos a facer
referencia sempre a unha dimensión fundamental na vida humana: o tempo. Sen el non seriamos quen de
entendérmo−la nosa vida nin o propio coñecemento. Posto que somos limitados no tempo, temos interese
en aproveitalo. Posto que o tempo vai marcando o devir da humanidade, dicimos que existe a historia.
Sen embargo, definir qué é o tempo é unha das tarefas máis complexas coas que podemos
enfrontarnos, porque parece ser un elemento que escapa a unha conceptualización precisa. O tempo é o
que marcan os reloxos, o que fai que a nosa pel vaia engurrándose, o que produce pouco a pouco cambios no
mundo
1.1 Tipos de tempo:
Podemos distinguir tres modos de entende−lo tempo:
− O tempo psicolóxico: é o tempo da miña vida, tal e como eu o percibo subxectivamente. A sensación
que teño de que transcorre á présa ou de vagar. A valoración que fago de se o aproveito ou de se o
deixo pasar. Trátase dunha apreciación persoal.
− O tempo cosmolóxico: é o tempo do mundo, o que intentamos medir e calcular, o que nos permite falar
da idade das estrelas ou do mesmo universo. É o tempo real en canto obxectivo.
− O tempo histórico: é un terceiro tempo, que queda a medio camiño entre o meu tempo persoal e o
tempo obxectivo. É o tempo dos acontecementos da humanidade. O que nos permite entender que hai
épocas diferentes, que todo vai cambiando. En certo modo, é o intento de integra−lo tempo persoal no
tempo universal, é o que facemos cos calendarios: a nosa propia vida inscrita no tempo do mundo.
1
Descargar