020514Acta Xunta de Goberno

Anuncio
XUNTA DE GOBERNO
SESION ORDINARIA DE DOUS DE MAIO DE DOUS MIL CATORCE
(ACTA NÚMERO 18)
Presidente:
Ilmo. Sr. D. José Ramón Gómez Besteiro
No Salón de Comisións do Pazo
Provincial, sendo as once horas e trinta
minutos do día dous de maio de dous
Sres. Deputados:
mil catorce, baixo a presidencia do
D. Antonio Veiga Outeiro
titular do cargo Ilmo. Sr. D. José Ramón
Dª. Lara Méndez López
Gómez Besteiro, reuníronse os Sres.
Dª. Mª. del Pilar García Porto
Deputados á marxe relacionados, co
Dª. Regina Polín Rodríguez
obxecto
D. Mario Outeiro Iglesias.
convocatoria, sesión ordinaria convocada
D. Alvaro Santos Ramos
para o efecto, para tratar os asuntos
de
incluidos
celebrar,
na
en
Orde
primeira
do
Día
Secretario:
regulamentariamente remitida, en virtude
D. José Antonio Mourelle Cillero
das facultades delegadas que lle confire á
Xunta
o
Interventora:
Regulamento
Dª. Rosa Abelleira Fernández.
Corporación.
artigo
59
do
Orgánico
vixente
desta
1
Actúa de Secretario o titular da Corporación D. José Antonio Mourelle Cillero, e
asiste a Interventora Dª. Rosa Abelleira Fernández.
Non asisten os Sres Deputados D. Manuel Martínez Núñez e D. Miguel A. Sotuela
Vega.
1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA
CELEBRADA O DÍA VINTE E CINCO DE ABRIL DE DOUS MIL CATORCE.
Por parte do Sr. Presidente pregúntase aos Sres. Deputados, membros da Xunta de
Goberno, se teñen que formular algunha observación á acta da sesión ordinaria celebrada o
día vinte e cinco de abril de dous mil catorce, que foi distribuida entre os mesmos; e ó non
presentarse emenda algunha, é aprobada por unanimidade.
2.- PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DA CONTRATACIÓN DO SERVIZO
DE MANTEMENTO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA DA BASE DE DATOS DE
XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN.
Vista a proposta da Presidencia, do teor literal seguinte:
“Visto o expediente administrativo relativo á contratación dos servizos de
mantemento da aplicación informática da base de datos de xestión tributaria e recadación,
coas características especificadas no prego de prescricións técnicas e de cláusulas
administrativas aprobados pola Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data
17 de xaneiro de 2014.
Tendo en conta que o 21 de febreiro de 2014 procedouse á apertura da oferta
técnica e económica presentada pola empresa AYTOS Soluciones Informáticas S.L.U., e
2
que por Resolución desta Presidencia de 25 de marzo de 2014, requiríuselle á empresa
AYTOS Soluciones Informáticas certa documentación. E que esta empresa presentou a
documentación requirida.
Por todo elo, vistos os informes dos Servizos desta Entidade, proponse á Xunta de
Goberno a adopción dos seguintes acordos:
1º.- Adxudicar o contrato de servizos de mantemento da aplicación informática da
base de datos de xestión tributaria e recadación, a favor da entidade SAGE AYTOS, S.L.U.,
e como representante da mesma a D. Juan Miguel Martín Aguilar, por importe de
37.769,90 euros aos que haberá que engadir 7.931,68 euros, o que ascende a un total de
45.701,58 euros, coas restantes condicións contractuais derivadas dos pregos de
condicións e da oferta da empresa adxudicataria, cunha duración de dous anos e que se
financiará
do seguinte xeito: 22.850,79 € con cargo ao exercicio 2014, quedando
supeditada a anualidade
de
2015, ascendente a 22.850,79 €
orzamentaria e ao cumprimento dos
principios
de
á
dispoñibilidade
estabilidade
orzamentaria e
sostibilidade financeira.
2º.- Publicar no perfil do contratante a adxudicación e notificar ao interesado o
presente acordo, segundo o previsto nos artigos 53 e 151.4 do TRLCSP.
3º.- Instar, de conformidade co disposto no artigo 156 do TRLCSP,
á
formalización en documento administrativo da presente contratación, na data que a
Administración contratante sinale no anuncio de adxudicación, aínda que sempre dentro do
prazo máximo dos quince días hábiles seguintes a aquel en que se reciba a notificación da
adxudicación”.
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
3
3.- PROPOSTA DE APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE GASTO
REFERENTE A SERVIZOS E/OU SUBMINISTRACIÓNS DE MATERIAL NON
INVENTARIABLE.
Vista a proposta da Presidencia, do teor literal seguinte:
“Examinadas as facturas remitidas con gastos ocasionados pola prestación de
diversos servizos/subministracións realizadas a esta administración cuxos conceptos e
importes se detallan de seguido:
ACREDOR
Nº FACTURA DATA
IMPORTE
Limpiezas,
Ajardinamientos
y
Servicios Seralia, S.A.
F/142
31/01/2014 7.937,60
Limpiezas,
Ajardinamientos
y
Servicios Seralia, S.A.
F/1120
28/02/2014 7.937,60
Tecdeli Desinfección y
Limpieza, S.L.
A/14035
Agris, S. Coop. Gallega
Foacanava, S.L.
31/01/2014 2.783,00
W-0011152
31/01/2014 13.774,98
B/20140066
17/02/2014 3.049,20
B/20140099
03/03/2014 3.036,88
38.519,26
Foacanava, S.L.
TOTAL
OBXECTO
Limpeza Centro de Artesanía e
Deseño, mes de xaneiro
Limpeza Centro de Artesanía e
Deseño, mes de febreiro
Limpeza Pavillón nº 3 Fogar de Sta.
María-Infraestructura e Obras,
xaneiro
Alimentación
gando
Granxa
Provincial, xaneiro
Adquisición alimentos forraxeros,
Granxa Alimentación gando Granxa
Provincial, febreiro
Adquisición alimentos forraxeros,
Granxa Alimentación gando Granxa
Provincial, marzo
Tendo en conta que as facturas enumeradas, se corresponden con contratos
administrativos de servizos e/ou subministracións que existiron, no sentido de que houbo
un acto administrativo de adxudicación e un trámite de formalización outorgando o
respectivo contrato administrativo; e aínda que respecto deles finalizou o prazo previsto de
4
duración, non consta que se desenvolveran os trámites formais para constatar o seu
cumprimento (Artigos 221 e 222 do vixente TRLCSP).
Tendo en conta que se continuou de feito coas prestacións que eran obxecto do
respectivo contrato administrativo, aínda que agora se atopa vencido o prazo contractual
previsto. O provedor que continuou achegando de feito tales prestacións (prórroga das
prestacións, aínda que non do contrato), fora elexido no seu momento respectando os
principios reitores da contratación pública, concorrencia, publicidade e transparencia, non
discriminación entre candidatos (...) de xeito que a súa elección para dar continuidade a
unhas prestacións que se mostran como necesarias para o ente provincial, en ausencia de
contrato administrativo, non amosa arbitrariedade administrativa.
Resultando que polo Servizo correspondente se comprobou a efectiva existencia do
contrato administrativo que ven amparando as prestacións reflectidas nas facturas sinaladas
no punto precedente, que venceu o prazo de duración inicialmente previsto e que
actualmente ou ben está finalizado ou en tramitación un novo expediente de contratación
co fin de satisfacer prestacións semellantes ás indicadas naquelas facturas.
De conformidade coa documentación aportada resulta que non se respectaron as
normas fixadas para os expedientes de contratación, en tanto que se produciu unha demora
na xestión dos respectivos expedientes de contratación que permitise a vixencia dun novo
contrato, chegado a seu termo o prazo de vencemento do contrato anterior.
Tendo en conta que existe unha prestación que resulta necesaria e útil para a
Administración Provincial que ademáis se aproveita ou fai uso da mesma, debe existir
unha correlativa compensación da administración que a recibe. A necesidade e idoneidade
desa prestación debémola entender incorporada ao expediente contractual previamente
existente, pero cuxo prazo de duración estaría vencido, lembrando que os actos
administrativos emitidos na tramitación dese expediente contractual gozan da presunción
5
de validez (Art. 57.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro) en tanto non mudasen os
presupostos da existencia daquelas prestacións contractuais recíprocas.
Tendo en conta que existe unha memoria xustificadora por cada factura da
prestación recibida polo ente provincial, emitida e asinada polo servizo ou unidade xestora,
na que tamén se poñen de manifesto os motivos que ocasionaron a omisión dos trámites de
contratación esixidos.
Por canto antecede, vistos os informes dos Servizos desta Entidade, proponse á
Xunta de Goberno a adopción do seguinte acordo:
Validar os gastos relacionados propoñendo o recoñecemento da obriga e a
ordenación do seu pagamento”.
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
4.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO COMPLEMENTO AO ACORDO
ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO CON DATA 28 DE FEBREIRO DE
2014.
Visto o acordo desta Xunta de Goberno de 28 de febreiro de 2014, relativo á
“aprobación, se procede, de solicitude do Concello de Lugo de posta a disposición dos
terreos necesarios, de propiedade Provincial, para a execución de instalación dun ascensor
para acceso á Muralla de Lugo" e, tendo en conta que a disposición dos devanditos terreos
documentarase mediante Convenio de Colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello
de Lugo, polo que debe constar que a posta a disposición dos terreos efectuada ao Concello
de Lugo autorice á súa vez que sexan postos a disposición da Xunta de Galicia e vistos os
6
informes dos Servizos desta Entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda a
adopción do seguinte acordo complementario:
Autorizar a favor da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria) a posta a disposición dos terreos necesarios para a execución das
obras de instalación dun ascensor na Muralla de Lugo, no mesmo lugar e condicións
reflectidas no acordo de autorización desta Xunta de Goberno do 28 de febreiro de 2014.
5.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE CONTA XUSTIFICATIVA DA
OBRA DO PLAN DE COOPERACIÓN CON ENTIDADES ASOCIATIVAS,
AGRUPACIÓNS E ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS PARA A REALIZACIÓN DE
OBRAS E ESTABLECEMENTO, DOTACIÓN, AMPLIACIÓN E MELLORA DE
SERVIZOS DE INTERESE VECIÑAL, ANUALIDADE 2013, PERTENCENTE AO
LUGAR DE BURELA, CONCELLO DE BURELA.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado da Área de Cooperación e Asistencia
aos Concellos, do teor literal seguinte:
“Presentada a conta pola entidade “Asociación de Comerciantes Industriais e
Autónomos de Burela (ACIA BURELA)” e incluída dentro do “Plan de Cooperación” a
que se refire o epígrafe, e examinada esta, así como os informes regulamentarios emitidos
respecto diso polos Servizos desta Excma. Deputación Provincial, proponse á Xunta de
Goberno a adopción do seguinte acordo:
Aprobar a conta coa documentación xustificativa de obra do “Plan de Cooperación
con Entidades Asociativas, Agrupacións e Asociacións de veciños”, aprobada na Xunta de
Goberno de 29 de xullo de 2013, que seguidamente se indica e que o importe da
subvención correspondente se libre a favor desta.
7
TITULO DA OBRA
IMPORTE CONTA
Adquisición de equipamento informático. Lugar e
Parroquia: Burela. Concello: BURELA.
2556,39
SUBVENCIÓN
2556,39
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
6.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO PLAN DE XESTIÓN DE
RESIDUOS.
Vista a proposta relativa á aprobación do Plan de Xestión de Residuos de
Construción e/ou Demolición da obra que se indica, presentado polo contratista
adxudicatario, en cumprimento do establecido no art. 5.1 do R.D. 105/2008, de 1 de
febreiro, polo que se regula a produción e xestión de residuos de construción e/ou
demolición, emitido polo director técnico da obra; e vistos os informes dos Servizos desta
Entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:
1º.- Aprobar o Plan elaborado para a súa aplicación á obra que se relaciona.
2º.- Comunicar esta aprobación ó director técnico e contratista, para o seu
cumprimento durante a execución das obras.
OBRA CUXO PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE CONSTRUCIÓN /OU
DEMOLICIÓN SE APROBA
- OBRA: 65 POS 2013. As Nogais-Torés-Armesto; 6+000 ao 0+500, fase 1ª
Concellos de As Nogais e Becerreá.
Contratista: Desmaco S.L.
Director técnico: Servizo de Expropiacións e Control de Proxectos.
8
7.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DE PLANS DE SEGURIDADE E
SAÚDE NO TRABALLO.
Vista a proposta relativa á aprobación do Plan de Seguridade e Saúde da obra que
se indica, presentada polo contratista adxudicatario, en cumprimento do disposto no art. 7
do R.D. 1627/1997 do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de
seguridade e de saúde nas obras de construción, e os informes emitidos polos responsables
de seguridade e saúde das obras e vistos os informes dos Servizos desta Entidade, a Xunta
de Goberno por unanimidade acorda:
1.- Aprobar o Plan elaborado para a súa aplicación á obra que se relaciona.
2.- Comunicar esta aprobación ó director técnico e contratista, para o seu
cumprimento durante a execución das obras.
OBRA CUXO PLAN DE SEGURIDADE E SAÚDE SE APROBA
- OBRA: 65 POS 2013. As Nogais-Torés-Armesto; 6+000 ao 0+500, fase 1ª
Concellos de As Nogais e Becerreá.
Contratista: Desmaco S.L.
Director técnico: Servizo de Expropiacións e Control de Proxectos.
8.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA PROPOSTA DE CONCESIÓN DE
SUBVENCIÓN EXCEPCIONAL PARA A ORGANIZACIÓN DA III COPA
DEPUTACIÓN DE FÚTBOL BASE.
Visto o expediente relativo ao Convenio de Colaboración entre esta Deputación
Provincial e a Asociación Instituto Fundacional Lider, para a concesión dunha subvención
9
excepcional cuxa finalidade é a organización e celebración da “III Copa Deputación de
Fútbol Base”. Vistos os informes dos Servizos desta Entidade, a Xunta de Goberno, por
unanimidade acorda:
1º.- Conceder á Asociación Instituto Fundacional Lider unha subvención de
carácter excepcional por importe de cincuenta e cinco mil euros (55.000,00 €), para a
organización e celebración da “III Copa Deputación de Fútbol Base”.
2º.- Aprobar o convenio entre esta Excma. Deputación Provincial e a Asociación
Instituto Fundacional Lider, para a concesión dunha subvención excepcional cuxa
finalidade é a organización e celebración da “III Copa Deputación de Fútbol Base”.
3º.- Proceder ao aboamento do 60% do importe da subvención concedida, e dicir:
trinta e tres mil euros, (33.000,00 €), como anticipo a conta con dispensa de garantía.
9.- PROPOSTA DE ACEPTACIÓN, SE PROCEDE, DE RENUNCIAS DE
SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INVESTIMENTOS E EQUIPAMENTOS DE
INSTALACIÓNS CULTURAIS REALIZADOS POR CONCELLOS.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado de Cultura, Turismo, Ensino,
Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, do teor literal seguinte:
“Vistos os expedientes de conta xustificativa dos beneficiarios de subvencións
concedidas por acordo desta Xunta de Goberno, a proposta da Mesa Técnica, na sesión do
día 9 de agosto de 2013, onde se resolveu o concurso convocado, segundo o anuncio
publicado no Boletín Oficial da Provincia num 52 do 4 de Marzo de 2013, para a
concesión de subvencións destinadas a investimentos e equipamentos de instalacións
10
culturais realizados por concellos. E vista a renuncia presentada polo beneficiario que se
indica a continuación, proponse á Xunta de Goberno a adopción do seguinte acordo:
Aceptar a renuncia presentada polo beneficiario que a continuación se relaciona
polo importe que así mesmo se indica:
Concello
A Pastoriza
Subvención
1300
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
10.- PROPOSTA DE XUBILACIÓN FORZOSA, POR CUMPRIMENTO DA
IDADE LEGAL ESTABLECIDA, DA FUNCIONARIA PROVINCIAL DONA
MARÍA MERCEDES JESÚS PUENTE ARIAS.
Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado da Area de Goberno Interior, do teor
literal seguinte:
“En relación coa xubilación forzosa de dona María Mercedes Jesús Puentes Arias,
Técnica de Administración Xeral do Cadro de Persoal Funcionario Provincial, á vista do
informe asinado polo Xefe do Servizo de RR.HH. desta Deputación Provincial, que di o
seguinte:
“1.- CONSIDERACIÓNS DE FEITO.
1.1.- Que Dna. María Mercedes Jesús Puentes Arias cumpre os 65 anos de idade o
día 26 de maio de 2014.
1.2.- Que Dna. María Mercedes Jesús Puentes Arias terá recoñecidos 38 anos, 5
meses e 10 días de servizos o día 26/05/2014, data previsible de xubilación forzosa.
11
Ademais cómpre precisar que se acredita un período de cotización á Seguridade Social
superior aos 35 anos e 6 meses.
1.3.- Que a citada funcionaria non solicitou inicialmente a prolongación de
permanencia no servizo activo.
2.- CONSIDERACIÓNS DE DEREITO.
1.1.- O artigo 67 da Lei 7/2007, do 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado
Público (EBEP) establece:
“1. A xubilación dos funcionarios poderá ser:
a)Voluntaria, a solicitude do funcionario.
b)Forzosa, ao cumprir a idade legalmente establecida.
[…].
3. A xubilación forzosa se declarará de oficio ao cumprir o funcionario os sesenta
e cinco anos de idade.
[…]”.
1.2.- O artigo 11 do Real Decreto Lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para
garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, preceptúa:
“1. Con independencia da idade de xubilación forzosa establecida no apartado 3
do artigo 67 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, a
idade da xubilación forzosa do persoal funcionario incluído no réxime xeral de seguridade
social será, en todo caso, a prevista nas normas reguladoras do dito réxime para el acceso
á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen coeficiente redutor por razón
da idade”.
1.3.- O artigo 4 da Lei 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e
modernización do sistema de Seguridade Social, sinala:
“Introdúcense as seguintes modificacións no Texto Refundido da Lei Xeral da
Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño:
[…].
12
Dous. Incorpórase unha nova disposición transitoria, a vixésima, coa seguinte
redacción: Disposición transitoria vixésima. Aplicación paulatina da idade de xubilación
e dos anos de cotización.
As idades de xubilación e o período de cotización a que se refire a letra a) do
apartado 1 do artigo 161 aplicaranse de forma gradual, nos termos que resultan do
seguinte cadro:
Ano
Períodos cotizados
Idade esixida
2014
35 anos e 6 meses ou máis.
65 anos.
Menos de 35 anos e 6 meses.
65 anos e 2
meses
[…].”.
Tendo en conta o anteriormente dito e que Dna. María Mercedes Jesús Puentes
Arias terá acreditado á data do 26/05/2014 na que cumpre os 65 anos de idade, un período
de cotización superior aos 35 anos e 6 meses e non tendo solicitada a prolongación no
servizo; proponse a Xunta de Goberno a adopción do seguinte acordo:
Declarar a xubilación forzosa, por cumprimento da idade legalmente establecida,
da funcionaria provincial Dna. María Mercedes Jesús Puentes Arias, con efectividade do
día 26 de maio de 2014, último día que presta servizos a esta Entidade”.
A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta
presentada.
11.- RECTIFICACIÓN DE ERRO MATERIAL PRODUCIDO NO ASUNTO
Nº 33 DA ACTA DA XUNTA DE GOBERNO DE 11 DE ABRIL DE 2014, NO
EPÍGRAFE “COMUNICACIÓNS DA PRESIDENCIA”.
13
Detectado erro material no asunto número trinta e tres da Xunta de Goberno do
once de abril do dos mil catorce que leva por título: “Comunicacións da Presidencia”. A
Xunta de Goberno por unanimidade acorda a corrección do citado erro do seguinte xeito:
Donde di:
“Así mesmo dase conta do Decreto nº 4/2014 do Xulgado contencioso
administrativo nº 1 de Lugo, en relación ca peza de taxación de costas 35/2013 e co
procedemento ordinario nº 74/2009J, interposto por esta Deputación Provincial contra
acordo do Pleno do Concello de Cervo de 5-12-2012 relativo á aprobación definitiva do
estudio de detalle da manzana comprendida entre a rúa do Torno, o Paseo Marítimo e a
avenida da Mariña en San Ciprián (Cervo-Lugo); e en cuxo acordo di o seguinte:
“Aprobar la tasación de costas practicada en este recurso con fecha 13/12/2013, por
importe de 150 euros, a cuyo pago ha sido condenada la Excma. Deputación Provincial
de Lugo”. A Xunta de Goberno queda enterada, acordándose por unanimidade dar
cumprimento ao citado acordo; e vista a proposta da Asesoría Xurídica, proceder ao
aboamento na conta do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo da cantidade
de 150 euros”.
Debe dicir:
“Así mesmo dase conta do Decreto nº 4/2014 do Xulgado contencioso
administrativo nº 1 de Lugo, en relación ca peza de taxación de costas 35/2013 e co
procedemento ordinario nº 74/2009J, interposto por Dª. Rosa Méndez Rodríguez contra
desestimación por silencio administrativo por parte desta Entidade do recurso de
resposición deducido contra o acordo do Pleno desta Deputación de 28 de outubro e 30 de
decembro de 2008, relativos a aprobación definitiva da valoración dos postos de traballo
dos hospitais de San José e San Rafael; e en cuxo acordo di o seguinte: “Aprobar la
14
tasación de costas practicada en este recurso con fecha 13/12/2013, por importe de 150
euros, a cuyo pago ha sido condenada la Excma. Deputación Provincial de Lugo”. A
Xunta de Goberno queda enterada, acordándose por unanimidade dar cumprimento ao
citado acordo; e vista a proposta da Asesoría Xurídica, proceder ao aboamento na conta
do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo da cantidade de 150 euros”.
12.- COMUNICACIÓNS DA PRESIDENCIA.
Non se presentan.
13.-
ROGOS
E
PREGUNTAS
REGULAMENTARIAMENTE
FORMULADOS.
Non se formulan polos señores Deputados.
E non habendo máis asuntos que tratar, o Presidente levanta a sesión, sendo as doce
horas do día de referencia, de todo o cal eu, o Secretario, certifico.
15
Descargar