AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 1 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 2 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica HISTORIA VIVA AGAMAC Asociación de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica 3 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 4 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Índice 1.– Presentación e dedicatoria ao máis prexudicado. 2.– Prólogo a cargo de D. Ángel Jove González. 3.– Presentación a cargo da Sr. Antón Bao Abelleira. 4.– Nacemento de AGAMAC. 5.– Historia do logotipo de AGAMAC. 6.– Número de socios na actualidade. 7.– Actividades realizadas: 2006.– Autoclásico Lugo. 2007.– CIMAG (Silleda); IX Feira da Tenreira Galega (Láncara); I Mostra de Maquinaria Agrícola de Época (Lugo, Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela); Valverde del Majano (Segovia). 2008.– I Peregrinación a Santiago en Tractor de Época; IX malla de Orbazai; II Mostra de Maquinaria Agrícola de Época; I Salón de Maquinaria Agrícola de Época (Pazo de Feiras e Congresos, Lugo); Centenario da Asemblea do Agrarismo (Monforte); visita ao Museo da Automoción e a Historia (Salamanca), e visita ao Museo Eduardo Barreiros (Madrid). 2009.– Primeiro Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria; presentación do documental oficial sobre a I Peregrinación a Santiago en Tractor de Época e Feira do Requeixo (A Pastoriza). 2010.– Colaboración na Peregrinación a Montserrat (Barcelona); visita ao Centro de Formación e Márketing de John Deere, en Parla (Madrid) e ao Campus New Holland, e Segovia; participación na XII Feira da Tenreira Galega en A Pobra de San Xiao, Láncara. Programa RENOVE. 5 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 8.– Historias dos socios: D. Marcos Vázquez Marey. D. Jenaro Liz Rodríguez. D. Ángel Santos Díaz. D. Oliverio Álvarez Díaz. D. Benedicto Florentino Díaz Blanco. D. Carlos López Trashorras. D. Manuel Vázquez Rivas. D. José Varela Varela. D. Antonio Álvarez Gegúndez. D. Juan Jesús Traseira Viñas. D. Ignacio Sanzeri Nogueira. Dna. Lorena Basadre Penela. D. Manuel Prieto Castro. D. Ángel Fernández Caamaño. D. Manuel Forja Ares. D. Aitor Forja Lamas. D. José Antonio Castro Fariñas. D. Baldomero Parada González 9.– Colaboracións de Profesores das Universidades de Galicia e Deputación de Lugo: D. Manuel Lara Coira, Universidade da Coruña, Presidente da Asociación “A Buxa”. D. Desiderio Novoa Piñeiro, Universidade de Santiago, socio de AGAMAC. D. Benigno Ruíz Nogueiras, Universidade de Santiago, socio de AGAMAC. Dna. Lara Méndez, Vicepresidenta 2.ª da Deputación de Lugo 6 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 10.– Colaboracións doutras Asociacións da Maquinaria Agrícola Clásica e referentes do sector da maquinaria agrícola: D. Eloy Galván, Enxeñeiro Técnico Agrícola, ex director xeral de Same-Deutz-Fahr Ibérica, actual director xeral de RECINSA. D. Joan Artigas Campás, coordinador de FAMAE (Federación de Amigos de la Maquinaria Agrícola de España), ex director técnico de Parés-Hermanos. D. Albert Torras Pey, Presidente de Honor de FAMAE, Presidente de Honor e fundador da Asociación dels Amics del Tractor d´época del Bages, fundador do Museo Ermitanet de Santpedor (Manresa) e membro honorífico de Amics del Tractor d’época de l’Empordà (Girona). 11.– Na honra do socio falecido que nunca esqueferemos, o comandante D. José Iglesias Álvarez. 12.– AGAMAC historia viva II. 7 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 8 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 1.– AO MÁIS PREXUDICADO Unha vez tiven un soño… Soñei con crear opinión, cun mundo no que houbera máis ledicia en menos loito, máis música e menos silencios, máis poesía e menos discursos, sen medo e con coraxe, máis xusto e sen xuízos, con moita riqueza e pouco diñeiro, con máis soños e menos pesadelos, con moitos libros, con moita choiva e sen tempestades, con moita identidade pero sen fronteiras, con moito nós e pouco eu… Ese soño é Galicia, terra fértil, onde a xente, o territorio, a lingua e a cultura, se confunden nunha mística harmonía de valores; AGAMAC é mostra delo, de que todo o que un soña outros poden levalo a cabo. Grazas por crer nas ideas e perdón de veras polas imperfeccións, sobre todo, sen dúbida, perdón a quen máis sufriu este tempo adicado por non llo adicar a él, a Brais, para que cando o entendas, intentes perdoarme. Láncara, xaneiro de 2011. Marcos Vázquez Marey Presidente de AGAMAC Tocando a gaita galega no centro de alta tecnoloxía da fábrica de Massey Ferguson en Beauvais (70 km ao norte de Paris), no ano 2008, un soño feito realidade. 9 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 10 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 2.– PRÓLOGO Cando o meu amigo Marcos me outorgou o grande honor de prologar Agamac historia viva, pensei enfocalo hacia o grande labor que está asociación esta realizando, pola recuperación e o mantemento do importante patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, esta pareceria a opción máis racional. Nou obstante, como ben coñecen os socios de Agamac, a razón e a obxectividade non son o motor que a todos nós nos empurra a loitar por causas altruístas que nos supón un grande esforzo económico e o sacrificio da nosa vida persoal e familiar polas horas de dedicación. Desde a miña opinión o verdadeiro esforzo que Agamac está realizando, que sen dúbida vai mas alá do compoñente racional e cunha transcendencia moito máis importante, é loitar por dignificar o rural Galego. Estamos inmersos nunha crise económica, esperemos que no seu treito final, pero é nestes intres cando debemos reflexionar sobre os nosos valores, e, sen dúbida ningunha, un dos puntos a analizar para todos os galegos é o noso campo. O campo forma parte do noso pasado e de seguro formará parte do noso futuro; por tal motivo a grande importancia en que sexa xustamente valorado, e os seus traballadores obteñan o recoñecemento merecido e, o máis importante, que as súas actividades as poidan realizar con dignidade. De conseguir estes obxectivos dependerá en gran medida o futuro da economía galega. Agamac historia viva, estas palabras recollen a verdadeira filosofía do que é Agamac e a súa xente. Con sacrificio e moito corazón manteñen un importante patrimonio industrial e cultural representado pola maquinaria agraria, e a través das súas actividades intentan dignificar o campo galego. Por tal motivo poderiamos dicir que Agamac loita desde o pasado polo futuro, non soamente do campo galego senón tamén da súa economía e a súa sostibilidade. Creo poder afirmar con rotundidade, debido aos acontecementos que son de plena actualidade nos nosos días, que Agamac polo ben de todos os galegos e galegas e da nosa economía debe de ser unha historia máis viva que nunca, e tremendamente reinvindicadora xa que por desgraza quédanos a todos nós un grande 11 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica esforzo a realizar para seguir loitando polo noso futuro, que sen dúbida ningunha pasa pola dignidade do noso campo galego. Para terminar, soamente agradecer a Agamac que realmente sexa unha HISTORIA VIVA polo ben de todos os galegos e do noso futuro. Ángel Jove González 12 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 3.– PRESENTACIÓN Desde os comezos da civilización, o ser humano sempre procurou acadar un dominio da natureza para extraer dela os seus recursos logrando a supervivencia da especie. Desde unha perspectiva un tanto etimolóxica, cultura non viña a ser máis que iso, o control da natureza para aproveitar o que ten para darnos. Deste xeito, a palabra cultura, que hoxe empregamos para referirnos ás artes humanas máis desenvolvidas provén directamente do traballo do campo, da agricultura, as colleitas e o cultivo. Porque unha persoa culta non é outra cousa que unha persoa “cultivada”. É por isto que a cultura e o mundo agrario están ligados ao desenvolvemento das sociedades desde os seus inicios como tamén o están emparellados os termos que empregamos para referirnos a eles. Porque hai que lembrar que foi o dominio do medio agrícola o que posibilitou que as civilizacións se desenvolvesen e progresasen na técnica, chegando aos nosos días de explosión da innovación tecnolóxica e revolución informática e dixital. Neste camiño, quero felicitar a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Clásica (AGAMAC) pola súa iniciativa de dinamización cultural co traballo que está a desenvolver ao recuperar e poñer en valor o patrimonio industrial agrícola da época moderna, que coincide coas últimas décadas de grande desenvolvemento do agro galego. Porque o que á nosa ollada resulta evidente é que o desenvolvemento moderno do noso país estivo ligado á modernización das explotacións agro-gandeiras, que acadaron un nivel de competitividade moi alto en cuestión de poucos anos, polo que realmente resulta moi interesante que desde a constitución de AGAMAC exista un colectivo que traballe na investigación, análise e restauración da maquinaria aplicada ao agro galego. 13 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Con todo o traballo que desde esta asociación se está a desenvolver contribúese tanto á recuperación dunha parte importante e necesaria da memoria do traballo agrario do noso país como á valorización social do que este traballo supuxo para a configuración da nosa identidade como pobo. Por esta razón, desde esta vicepresidencia da Deputación de Lugo non podemos máis que sentirnos orgullosos e agradecidos ao mesmo tempo de poder colaborar coas iniciativas que desde AGAMAC se desenvolvan porque cremos nas potencialidades dun sector produtivo tan forte en Galiza como o agro-gandeiro, e que se pon en valor polo traballo que unha asociación como AGAMAC fai día a día a prol do estudo e divulgación da historia da maquinaria agrícola que sucou as leiras do noso país desde o século pasado. Antón Bao Abelleira Vicepresidente da Deputación de Lugo 14 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 4.– NACEMENTO DE AGAMAC Inda que a foto non é moi boa, a xente que nela figura serviu para sentar as bases nas que hoxe se fundamenta esta xa sólida Asociación. Foi feita no restaurante Alborada (de Manán, O Corgo) e o lugar non foi fixado por casualidade, senón que en fronte del atópase o Desguace Agrícola Industrial, punto de encontro desde sempre de todos os amantes dos ferros oxidados relacionados co agro. Era o día 20 de xaneiro de 2006 e digamos que esta cea de traballo foi o parto dunha xestación enxendrada, esencialmente, por uns cantos que lles gustaban os motores estáticos e as máquinas de mallar e por outros cantos que lles gustaban os tractores clásicos. Despois de levarnos vendo as caras alá por terras segovianas (en Valverde del Majano que, por se alguén non o sabe, hai unha gran feira de retromaquinaria agrícola) xa en máis dunha ocasión, un tal Traseira de Bosende (Lugo), Jenaro e o seu fillo de Pradeda (Guntín) e máis un tal Marcos de Trasliste (Láncara), contaxiados pola maxia de falar galego fóra da terra, empezamos a enredar en que no Fogar de Breogán tiñamos que fomentar dalgún xeito a conservación do gran patrimonio arqueolóxico industrial agrario que tiñamos. En fin, que unha crúa noite de inverno o tal de Bosende e os tal de Pradeda botáronse cara Trasliste para dar cheda á creación dunha asociación. Lembro ben que estaba na fase inicial de execución o proxecto do Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica dos meus soños na Casa de Vázquez de Trasliste. Pois ese mesmo día (non lembro cal era exactamente) puxemos a data para reunirnos e tratar o tema da creación da Asociación, procurando buscar á xente que valera, pero, cal era esta? Esa xente que sobre todo ama o rural e que lle gusta a maquinaria agrícola clásica como reclamo e afección para 15 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica conseguir autoestima hacia o mesmo, sen mesturar tendencias mercantilistas. Con esta preparación e con grande ilusión nos xuntámonos os da foto o día 20 de xaneiro do 2006 para, usando a forza de compartir inquietudes, lograr obxectivos concretos, e xa co afán de sumar e non restar, aquel día falamos da necesidade de unificar as tendencias de coleccionismo de motores estáticos e tractores, atopando a sinerxia que nos permitira achegarnos aos fins que filosoficamente e legalmente nos marcamos, e que ao amparo da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, son os seguintes: a) Proporcionar información técnica a restauradores e museos, enviando os comunicados pertinentes. b) Promover contactos entre restauradores e museos tanto da Comunidade Autónoma como do territorio nacional, así como facilitar os medios dispoñibles para comunicarse e intercambiar información con actividades homólogas en paises con fala extranxeira. c) Divulgar e difundir, entre restauradores e asociados, os contados de revistas, libros e outras fontes de información especializadas para acadar un bo nivel de restauración, facilitar e optimizar o proceso restaurativo, tanto en cuestións técnico mecánicas, como de identificación de modelos, anos, lugares de fabricación, números de serie, etc. d) Constituír unha biblioteca temática, relacionada coa restauración. e) Crear un arquivo fotográfico de pezas, eventos e persoas relacionadas coa asociación e as súas actividades, así como tamén audiovisual das actividades promovidas pola asociación ou outras relacionadas. f ) Formación técnica aos asociados. g) Restuaurar e difundir a memoria histórica da mecanización do agro. h) Asistir a feiras temáticas do sector, de forma coordinada e organizada para optimizar recursos. 16 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica i) Establecer os procedementos legais pertinentes, para acadar o recoñecemento dos Departamentos de Agricultura da Comunidade Autónoma e do Estado. j) Prestar asesoramento e soporte legal, se fose requerido, para conseguir un rexistro de máquinas agrícolas clásicas, así definidas, así como a calificación de “clásicas” ás máquinas que se atopen incluídas no ámbito da definición de “vehículo”. k) A Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, poderá federarse con organizacións de ámbito Nacional. l) Promover a autoestima dos traballadores do agro e do rural, así como fomentar un desenvolvemento ecolóxico, económico e social sostibles. m)A Asociación non ten fins lucrativos nin está sometida a ningún réxime asociativo específico. 17 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Quedando establecidos como socios fundadores: Marcos Vázquez Marey José Manuel Traseira Rois Francisco Javier Liz Vázquez Jenaro Liz Rodríguez Ángel Santos Díaz Oliverio Álvarez Díaz Manuel Marey Pérez Oscar Iravedra Portela Manuel López López Benedicto Florentino Díaz Blanco Eleuterio Sánchez Fernández José Amor Amor Baldomero Parada González Gervasio Meilán Varela Miguel Angel Meilán Blanco José Luis Vila Capón Manuel Rodríguez Martínez José Rodríguez Martínez Alberto Amor Mourín Carlos López Trashorras Alejandro Sánchez Piedracoba Xa con data 21 de febreiro de 2006 queda constituida e rexistrada legalmente AGAMAC, coa seguinte xunta directiva fundacional: Presidente: Vicepresidente: Secretario: Tesoureiro: Vogais: 18 Marcos Vázquez Marey. Jenaro Liz Rodríguez. Alberto Amor Mourín. Carlos López Trashorras. Alejandro Sanchez Piedracoba e José Manuel Traseira Rois. AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 5.– HISTORIA DO LOGOTIPO Para realizar os primeiros ensaios e tentar dar cun logo que nos gustara a todos, reunímonos case todos os socios fundadores no restaurante Churrillo da Pobra de San Xiao, alá por abril do 2006. 19 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica O deseño definitivo, en base aos nosos bosquexos feitos á man, realizouno Avelino Roca, de Gesticultura, quedando definitivamente como o temos na actualidade. 20 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 6.– NÚMERO DE SOCIOS NA ACTUALIDADE 1. Marcos Vázquez Marey 3. Francisco Javier Liz Vázquez 4. Jenaro Liz Rodríguez 5. Ángel Santos Díaz 6. Oliverio Álvarez Díaz 7. Manuel Marey Pérez 8. Oscar Iravedra Portela 9. Manuel López López 10. Benedicto Florentino Díaz Blanco 11. Eleuterio Sánchez Fernández 12. José Amor Amor 13. Baldomero Parada González 14. Gervasio Meilán Varela 16. José Luis Vila Capón 18. José Rodríguez Martínez 19. Alberto Amor Mourín 20. Carlos López Trashorras 21. Alejandro Sánchez Piedracoba 22. Rafael López Leirado 24. María José Bande Castro 25. Manuel Vázquez Rivas 27. José Iglesias Álvarez 28. José Ramón Doval Díaz 29. Luz Divina Pérez Pérez 30. Emilio Armesto Rodríguez 31. José Varela Varela 32. Servando López López 33. Alejandro Rodríguez López 34. Antonio Alvárez Gegúndez 35. Juan Jesús Traseira Viñas 36. Ignacio Sanzeri Nogueira 37. Julián Capón Pardo 38. José A. Fariña Andrade 39. Ruben Calvo Hermida 40. Desiderio Novoa Piñeiro 41. Benigno Ruiz Nogueiras 42. José Manuel Rivas Quiroga 43. José Manuel Rivas Sagradín 44. José María Bande Parajuá 45. Lorena Basadre Penela 47. José Luis Reija Pérez 48. Fernando Castro Carballo 50. José Folgueira Portela 51. José Varela Rodríguez 52. Marcos López López 53. Darío López Rodríguez 54. Nilo López Fernández 55. Francisco Rivas Fernández 56. José López Leirado 57. Ángel Lourés Pena 58. Gloria López Escolante 59. José Antonio Otero Ínsua 60. José Mel Redondo 61. Eliseo Vázquez López 62. Manuel Prieto Castro 63. Ángel Fernández Caamaño 64. Manuel Forja Ares 65. Visitación López Díaz 66. Serafín Peteira García 67. José Luis Pérez González 68. Condado SC, Ramón Lamas 69. Manuel Serén Barrio 70. Nélida López Díaz 71. A Campaza SC, Jesús Argiz González 72. Pilar Lamas Ferrín 73. Isabel Fernández Roqueiro 74. Abel Fernández Vizcaíno 75. Miguel Ángel Rico Cacharrón 76. Manuel Ángel Díaz Castiñeira 77. Hnos. Blanco Trigo 78. Manuel López Vázquez 79. Alfonso Castelao Fernández 80. José Antonio Castro Fariñas 81. Aitor Forja Lamas 82. José Ángel Vila Permuy 83. Alejandro Barro Vidal 84. Alejandro Manuel Sánchez López 21 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 22 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 7.– ACTIVIDADES REALIZADAS ANO 2006 AUTOCLÁSICO LUGO 23 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Esta feira, a primeira realizada por AGAMAC, foi todo un referente en organización, contido e elegancia, debido en gran parte ao seu comisario, D. Domingo Astariz. Os tractores e os motores estacionarios estiveron mesturados entre os vehículos de todo tipo. 24 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ANO 2007 CIMAG 2007, SILLEDA. Nesta feira, grazas á colaboración da Fundación Semana Verde de Galiza, SameDeutz Fahr Ibérica, ao Desguace Agrícola Industrial, a Doval Maquinaria e ao esforzo dos socios de AGAMAC, puidemos desprazar as seguintes pezas: BARREIROS 335 – S: deseñado polo galego ourensán D. Eduardo Barreiros, e contruído na pranta de Villaverde, Madrid, entre os anos 1959 e 1968. É un tractor con motor Barreiros de 3 cilindros e 35 CV de potencia, da casa de Vázquez de Trasliste. Motor Vellino Cz: motor estacionario monocilíndrico ciclo Otto, fabricado en Barcelona entre os anos 1910 e 1920, de José Manuel Traseira de Bosende. Motor Panhard & Levassor: tamén motor estacionario monocilíndrico ciclo Otto, fabricado en Paris entre finais do século XIX e 1910, de Jenaro de Guntín. Motor estacionario de gasolina fabricado por LABORATORIO VELLINO: Taller electromecánico Aribau 197, Barcelona, España, un cilindro tipo vertical, dous volantes, magneto “LA FRANCAISE” G.A. HR1 - 67152, refrixeración líquida mediante bidón de auga, efecto termo sifón, propiedade de Ángel e Oliverio, de Orbazai e A Fonsagrada, Lugo. Malladora de fabricación local “SISTEMA SUIZA”, anos 50: comercializada por Vila Gandoi (Lugo), Propiedade de Casa de Vázquez, Trasliste. Segadora de cereais NOXON INGESSOL Nº 201: propiedade de José Varela, de Fixós, Lugo. 25 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 26 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Fotografias en CIMAG 2006. 1. Vicepresidente, vogal 1, vogal 2, presidente en CIMAG 2006. 2. CIMAG 2006 27 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica IX FEIRA DA TENREIRA GALEGA, A Pobra de San Xiao, Láncara. Tamén asistimos a esta feira local, tendo un grande éxito de público como se pode comprobar nas fotografías. 28 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica I MOSTRA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA DE ÉPOCA 29 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica RESUMO: AGAMAC E A POLITÉCNICA DE LUGO HOMENAXEAN A SAN CIDRE CUNHA MOSTRA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA CLÁSICA. A I Mostra de Maquinaria Agrícola de Época celebrouse na Escola Politécnica Superior (EPS) de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) organizada por esta entidade e AGAMAC, “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica”. Neste evento colaboraron o Concello de Lugo (Concelleria de Educación), a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (Delegación de Lugo), o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. Tamén algunha empresa do sector prestou a súa axuda destacando a de DOVAL Maquinaria de Castro Ribeiras de Lea (www.dovalmaquinaria.com) e Desguaces Agrícola Industrial de O Corgo. A exposición abriuse ás dez da mañá cun paseo en tractor clásico polo Campus, encabezado por D. Javier Bueno Lema, director da EPS, nun Holder articulado, seguido de D. Manuel García Caderno, profesor do Departamento de Mecanización Agraria da Politécnica nun Güldner e de D. Marcos Vázquez Marey, presidente de AGAMAC, nun Massey Ferguson 65 Mk1; tras destes tres tractores diversos estudantes de Enxeñerías Agrícolas e socios de AGAMAC pilotaron un total de 9 tractores, entre os cales destacaba un Hanomag Barreiros 335S cunha enfardadora arrastrada. Á metade do tour polo Campus, fronte á Facultade de Veterinaria, incorporouse á comitiva D. Emilio López Pérez, delegado provincial da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, que tomou posto de copiloto no tractor nº 2, o Güldner da EPS. ÁS 11 da mañá inaugurouse oficialmente a mostra asistindo a esta o vicereitor da Universidade, Ilmo. Sr. D. Carlos Herrero Latorre, o delegado en Lugo da Consellería de Medio Rural, D. Emilio López Pérez, D. Francisco Fernández Liñares, concelleiro de Economía do Concello, D. Javier Bueno Lema, director da EPS e D. Marcos Vázquez Marey, presidente de AGAMAC. O delegado da Consellería de Medio Rural, e o presidente de AGAMAC, coincidiron en que estas actividades deben fomentar a “autoestima do labrego” ademais de axudar a conseguir un medio rural máis dinámico e cohesionado. Tras este acto abriuse un ciclo de conferencias, no que interveu en primeiro lugar D. Domingo Astaríz, mestre de Inglés e experto en vehículos clásicos, o cal pronunciou a conferencia “Paralelismo entre a automoción industrial e a agrícola”, facendo fincapé na historia do industrial galego D. Eduardo Barreiros; deseguido, D. José Manuel Traseira Rois, restaurador de motores estacionarios e socio fundador de AGAMAC, falou sobre as aplicacións dos motores estacionarios 30 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica no pasado, e, para rematar, Marcos Vázquez Marey, enxeñeiro técnico agrícola e presidente de AGAMAC, interveu coa conferencia “De Europa a Lugo” describindo unha aproximación á situación da restauración de máquinas agrarias en Europa así como os eventos relacionados. Ao acabar o ciclo de conferencias procedeuse a un encendido de motores estacionarios e a un paseo pola EPS en tractores modernos, pilotados por mulleres, e encabezado pola socia fundadora, investigadora do CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), a enxeñeira agrónoma Dª María Xosé Bande Castro co seu fillo de dous anos e medio Brais Vázquez Bande, nun Massey Ferguson 267, seguida de dúas estudantes de Agrónomos. A mostra estruturouse en varios bloques, destacando a colección completa de todos os modelos de motores estacionarios da marca “De Dion Bouton” construídos antes da Guerra Civil nunha factoría sita en Chavín, Viveiro, denominada “Barros Chavín”, con licenza francesa, propiedade de D. Benedicto Florentino Díaz Blanco, ex traballador da citada fábrica e actual socio fundador de AGAMAC. Outras seccións foron a de tractores e motores en fase de restauración, a sección dos máis antigos, un Fordson F (1918) e un John Deere A de 1930 (este último da propiedade da Deputación de Lugo), e unha transición evolutiva de tractores da marca Massey Ferguson, cun tractor por década, dende un MF 35 ata un MF 7465, éste último propiedade da EPS. Durante toda a xornada a mostra estivo permanentemente visitada por estudantes do Campus, labregos e curiosos. CURIOSIDADES: • Sr. Delegado da Consellería Do Medio Rural en tractor de época polo Campus no paseo inaugural, e asistiu á totalidade das conferencias, o cal denota o seu interese polo medio ao que representa, o Rural. • Desfile de tractores conducidos por mulleres. • Encendido de motores estacionarios clásicos. • Ciclo de conferencias. • Primeira mostra deste tipo situada nun Campus agrario de todo o territorio nacional. 31 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 32 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Tractor da Excelentísima Deputación provincial de Lugo. Transición histórica da marca Massey Ferguson: do MF 35 ao 7465. 33 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Destacable coleción de motores de Dion Bouton do socio fundador Benedicto Flrentino Díaz de Viveiro. 34 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 35 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica VALVERDE DEL MAJANO 2007 36 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Equipo que se desplazou a Segovia no 2007. 37 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ANO 2008 38 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 1.– NON É O QUE PARECE (Esta foi a nota de prensa enviada naquel intre a todos os medios, sendo publicada en medios locais, nacionais e internacionais, destaca a publicación en FAMAE e en AGROTÉCNICA). A I Peregrinación a Santiago en Tractor de Época respondeu a moitos máis valores que ao dunha mera peregrinación por calquera camiño a Santiago. Sempre que se percorre un camiño a pretensión é chegar ao fin do mesmo para lograr un obxectivo; evidentemente, desde a organización do evento este dato tívose sempre moi en conta, e, por sorte, este cumpriuse sobradamente: “AUMENTO DA AUTOESTIMA DO TRABALLADOR DO MEDIO RURAL”. O lema de AGAMAC (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica) que é “COIDAMOS DA TERRA”, canda o citado obxectivo desta asociación quedaron difundidos por todos os medios de comunicación, o que ergueu gran expectación entre a poboación potencial que os escoitou. En definitiva, quedou demostrado que un colectivo de persoas vinculadas de diversas formas ao rural produtivo foron capaces de pór en marcha un proxecto ilusionante, ao mesmo tempo complexo de executar, innovador (é a primeira vez que quedou constancia da entrada na Praza do Obradoiro con Tractores Agrícolas) e que puxo en valor un patrimonio tan valioso como é a maquinaria agrícola clásica e de época, ao mesmo co obxectivo de aumentar a autoestima dos viventes do medio rural, feito este tan necesario para a consolidación dun rural dinámico e cohesionado. Desde AGAMAC, consideramos que sendo unha asociación galega, con socios e socias galegos e galegas (de sentimento e de facer) e o Apóstolo se atopa xustamente aquí, en Santiago de Compostela, por dobre partida deberiamos ser os pioneiros en organizar un evento deste tipo. Para isto pediuse expresamente por escrito a asistencia a todos os colectivos deste tipo a nivel nacional (a través de FAMAE) e aos colectivos máis relevantes a nivel europeo (Lanz Register, HMT, etc.). 39 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 2.– ORGANIZADORES, PATROCINADORES, COLABORADORES ORGANIZAN: AGAMAC (www.agamac.org) CASA DE VÁZQUEZ, Agricultura e Gandaría, Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica. DE BOSENDE, Motores Estacionarios Antigos. CASA TENDEIRO (www.casatendeiro.tk) DE GUNTÍN, Motores Estacionarios Antigos. PATROCINADORES: É fundamental nomear aos colaboradores e patrocinadores tanto públicos coma privados, xa que sen o seu apoio, anímico e económico, non sería posible: CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DOVAL MAQUINARIA AGRÍCOLA DESGUACE AGRÍCOLA E INDUSTRIAL RECAMBIOS INFRA MOMA EDITORIAL COLABORADORES: Detectouse que as marcas matrices (os seus importadores) non realizaron achegas económicas, sendo os seus distribuidores os que colaboraron directamente a todos os niveis. CONCELLO DE LUGO DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO GRÚAS NORTE TALLERES CHURRILLO COMERCIAL CEREIJO AUTO AVIÓN TRACTOR IMPORT COMERCIAL FRAVER 40 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica MIGUEL AGRÍCOLA COMERCIAL DURÁN TALLERES EMPALME (Deutz – Lamborghini) MAPFRE SEGUROS ISIDRO TRANSFORMACIÓNS AGRARIAS LUGUESA DE GASÓLEOS TALLERES OTERO RUS RACC LUGO 3.– PARTICIPANTES Oliverio Álvarez Díaz, mecánico profesional. Land Rover 109 serie II, fabricado en Santa Ana, Linares, Jaén, con licenza Rover (UK), no ano 1966. Baldomero Parada González, delegado de vendas de Tractor Import (AGCO). Massey Ferguson 35, fabricado por Standard Motor Co. Báner Lanne, Coventry, Inglaterra, ano 1958. Potencia 35 CV. Juan Traseira Viñas, desguacista de tractores. Ebro 160, fabricado en Barcelona por Motor Ibérico S.A., España, ano 1968. Potencia 60 CV. Miguel Ángel Rico Cacharrón, enxeñeiro técnico en mecanización agraria, responsable área mecánica Comercial Fraver (Lugo Claas-Lugo). Massey Ferguson 178, fabricado en Barcelona, España, por Motor Ibérico, ano 1972, potencia 75 CV. Alejandro Sánchez Piedracoba, enxeñeiro técnico en mecanización agraria. Departamento comercial de Comercial Fraver (Lugo Claas-Lugo). Zetor Cristal 8011, fabricado en Brno, República Checa, por Zetor Tractor A.S. ano 1968. Miguel Ángel Díaz Castiñeira, licenciado en Ciencias Empresariais. Massey Ferguson 178, fabricado en Barcelona, España, por Motor Ibérico, ano 1972, potencia 75 CV. 41 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Manuel Prieto Castro, xerente e dono de Talleres Prieto, de Vilalba. MAN D24M220, fabricado en Alemaña en 1955. José Luis Reija Pérez, maquinista de trens. Zetor 6718, fabricado por Zetor Tractor A.S, en Brno, República Checa, ano 1972. Potencia 65 CV. Benigno Ruiz Nogueiras, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Escola Politécnica Superior. Güldner G40, en Alemaña por Güldner-Motoren-Gesellschaft mbH, no ano 1963, Potencia 38 CV. José María Bande Parajuá, agricultor-gandeiro (tamén palista profesional). John Deere 717, fabricado por John Deere Ibérica, en Getafe, Madrid, ano 1965. Potencia 57 CV. José Folgueira Portela, xerente e dono de Talleres Folgueira, de Meira, Lugo. Deutz F2L, fabricado en Colonia, Alemaña, no ano1955. Eladio Capón López, ex alcalde de Láncara. Renault super 7, fabricado por “SAMA” (Renault España), en Burgos, España, no ano 1967. Eliseo Barro López, labrego. Lanz Bulldog D 2416, fabricado en Alemaña por Heinrich Lanz, A.G. no ano 1958. Potencia 24 CV. Servando López López, labrego e restaurador de Camposo, O Corgo. Fordson Super Major, fabricado pola Ford Motor Co, en Inglaterra. Ano 1962. Potencia 42 CV. José Rodríguez Martínez, gasolineiro, de Portomarín. Barreiros R-500, fabricado por Barreiros Diésel, Villaverde, Madrid, ano 1962. Antonio Álvarez Gegúndez, soldador e matriceiro, de O Cádavo. Carroceta OM, modelo 35, fabricada por OM (FIAT) en, Brescia, Italia, ano 1936. 42 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Carlos López Trashorras, profesional do tractor en traballos a terceiros, labrego. Deutz D40, fabricado en Colonia, Alemaña, no 1962. Manuel Vázquez Rivas, labrego, tamén correspondente do diario “O Progreso”, foi emigrante do rural e retornou a el. Fordson Super Major, fabricado en Inglaterra polo ford Motor Company, ano 1962. José Iglesias Álvarez, comandante da Garda Civil de Tráfico. UTB, fabricado en Brasov, Romania. José Luis Vila Capón, constructor. Massey Ferguson 35, fabricado por Standard Motor Co. Báner Lanne, Coventry, Inglaterra, ano 1958. Potencia 35 CV. José María Llorens Esquius, transportista forestal. Massey Ferguson 135, fabricado por Standard Motor Co. Báner Lanne, Coventry, Inglaterra, ano 1964, montado en Motor Ibérica S.A. Barcelona en 1968. Potencia 35 CV. Jordi Beringas Vilaz, xubilado de xardiñeiro. President d’Asociació d’amics del tractor d’época del Bages. Lanz Bulldog 35 (lume) de 1952, fabricado en Alemaña por Heinrich Lanz, A.G. María José Bande Castro, enxeñeira agrónoma, investigadora Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Ciam). Barreiros R335, fabricado por Barreiros Diésel, Villaverde, Madrid, España, ano 1967. Potencia: 37 CV. Marcos Vázquez Marey, presidente de AGAMAC, enxeñeiro técnico agrícola. Massey Ferguson 65, fabricado en Báner Lane, Coventry, Inglaterra, ano 1959. Potencia 52 CV. 43 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 4.– E TODO CUMPRIUSE DE SOBRA Ata o tempo, que se puxo do noso lado, nin choveu (case). Teño que recoñecer, como responsable principal da organización, que o día 11 de xullo do presente ano (2008) a miña tensión xeral era tal que nin o medo me podería invadir e tras dar a saída, como crente, persigneime e pensei: a sorte está botada, o traballo feito, que comece a aventura. E así foi, como un apaixonante conto por entregas que se facían en tramos de 15-20 km e cada 1-1,5 horas. O primeiro día, para facer comprobacións prácticas, levouse instalado un GPS no MF 65, para comprobar se se cumprían parcialmente os cálculos teóricos previamente realizados. Todo estaba calculado para que se cumprise cunha velocidade media de 10 km/h e nos primeiros 25 km esta foi de 16 km/h, con puntas de 21 km/h; ademais, a conta quilómetros-conta revolucións orixinal do MF 65 de 1958 marcaba practicamente o mesmo que o GPS, co cal, nada de modernidades, o GPS foi gardado. A dúbida do primeiro tramo. Incrible, que experto en Lanz foi D. Jordi Beringas Vilaz, cos seus trucos de buxía logrou o reto, manténdoo aceso sen que se apagase nin unha soa vez (estes tractores apáganse cando arrefrían, e baixando Pedrafita…). Na primeira parada para visitar as obras da Casa Forte de Lusío (futuro Museo da Agricultura), comprobouse que o freo esquerdo dun tractor estaba a punto de arder, os mecánicos de Doval Maquinaria Agrícola de Castro (Lugo), revisárono, desaproximaron e aconsellaron seguir só co freo dereito, pero en marchas curtas; tamén a magneto da carroceta OM deu síntomas de desmagnetización, cargouse no camión de Desguace Agrícola Industrial de Lugo, e, tendo en conta que se levaba unha magneto de reposto, substituíuse en ruta e en Sarria púxose de novo en marcha. As repostaxes efectuadas por Luguesa de Gasóleos (coa Repsol Agro+ 10) foron todo un espectáculo, os condutores comprobaban os seus consumos coma se dunha competición se tratase. Ao día seguinte, en Sarria, despois de oír unha Misa, celebrada expresamente para o caso ás 8 da mañá na Igrexa Conventual de Nosa Señora da Mercede, as ansias invadían ao persoal, todos se subiron aos seus tractores e puxéronse a acendelos, aceleralos e movelos de sitio; coma se de nenos se tratase tívose que conter a emoción a golpe de megáfono para pór todo de novo en orde. Os tramos acontecéronse ao longo deste día con total puntulidade e normalidade. As alcaldesas e alcaldes de cada Concello recibíronnos con gallardía: Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa (faltou Santiago, eles o perderon), pero, o que máis impresionou ao longo de todo o camiño, foi a expectación que grazas aos medios se xerou, a xente ollando polas fiestras, saíndo ao camiño vernos, correndo por camiños con 44 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica tractores para achegarse por onde pasabamos, aplausos, euforia... indescritible. E os peregrinos da pé? Máis do mesmo, unha aceptación impresionante. Durante todo o camiño, a Garda Civil de Tráfico acompañounos, dando alarde dunha enorme profesionalidade e proporcionando a seguridade necesaria á comitiva. Ben certo é que nesta encontrábase a bordo dun UTB D. José Iglesias, comandante da Garda Civil de Tráfico, que cambiou os vehículos patrulla por un clásico agrario. Tamén as Policías Locais e Protección Civil cumpriron sobradamente. As televisións gozaron de tomar imaxes impresionantes e de gran reclamo audiovisual, e os empregados de MOMA editorial, encargados da reportaxe oficial, ademais de gozar das imaxes e de pisar a liña continua das estradas sen ser sancionados, impresionaron a todos coa súa profesionalidade. Cada parada, cada descanso, todo foi espectacular; os detalles pensados de antemán surtiron efecto e encaixaron á perfección, por exemplo, no “Monte do Gozo”, a colocación dos tractores en forma de punta de lanza indicando cara ao ceo na pendente, a comida do domingo, neste mesmo sitio na “Carballeira da Capela de San Marcos” (Carballeira ao lado da Capela de San Marcos no Monte do Gozo”, xentileza de Grúas Norte, que protagonizou un faladoiro ao máis puro estilo tradicional e auténtico galego, cancións, gaita, empanada, polbo, e... dun lado os tractores e do outro... o Apóstolo. A recepción e eloxios do conselleiro Suárez Canal, a presenza de dous referentes en mecanización agraria clásica: D. Albert Torras (presidente de Honor de FAMAE e promotor da presenza català no Evento) e D. José Luis Horcajo (presidente da Asociación Nacional de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica. –aínda que sen tractor–). Só quedaba a entrada no Obradoiro, que só puido ser con 5 tractores e a carroceta OM (o resto quedou a uns 100 metros...), os máquinas afortunadas e os motivos foron as seguintes: 1.– Barreiros 335, conducido pola única muller tractorista nesta comitiva, na honra a D. Eduardo Barreiros, galego ilustre na mecanización agraria. 2.– Massey Ferguson 65 MkI, por ser o conducido polo presidente de AGAMAC, e en honor a Harry Ferguson, precursor da mecanización agraria moderna. 3.– Lanz Bulldog, cabeza quente, en honor ás Asociacións de Cataluña presentes nesta peregrinación. 4.– Güldner G40, en honor á Escola Superior de Enxeñeiros Agrícolas de Lugo, polo seu compromiso co rural, e por ser este o primeiro tractor que a equipou. 5.– Deutz D40, en honor ao seu restaurador, Carlos López, tesoureiro de AGA45 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica MAC, que conseguiu bater todos os marcas en nivel de restauración en mecanización agraria. 6.– Carroceta OM de 1936, pola súa orixinalidade e calidade de restauración. A cesión de ser o primeiro tractor que pisase o Obradoiro á enxeñeira agrónoma María José Bande, foi concedida, co permiso da Asociación, por este presidente que escribe, o seu marido ademais, como regalo a conducir 150 km un Barreiros de forma impecable e sen ser “Barreirista”; ademais, foi acompañada polo delegado da Consellaría en Lugo, D. Emilio López Pérez, que deu mostra outra vez máis do seu compromiso e apego ao rural. 5.– A ENTRADA NO OBRADOIRO FOI SIMPLEMENTE TRIUNFAL Descrita por algún membro historiador da comitiva de acompañantes como “Napoleónica”, pódese dicir sen paixón que foi algo fóra do habitual. O intento de facer ver que non era unha simple peregrinación quedou patente: a actuación impecable social, técnica e humana de todo o transcurso, culminada coa entrada na mesmísima Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, con tractores agrícolas a marcha de a pé, enfilados por ambos os dous lados con acompañantes da comitiva, fixo tremer ás tebras que cobren a tan reclamada autoestima para o traballador do medio rural; o autoodio e os males similares que azoutan as zonas rurais levaron un tremendo golpe, asentando un gran de trigo, para facer celeiro, na consecución dun novo rural. Cada nota que saíu polo punteiro da miña gaita de fol interpretando “Queixumes dos pinos” de D. Eduardo Pondal (o Himno Galego) enriba dun tractor agrícola, ante varios centos de persoas, foi un tributo a todos os participantes, colaboradores e viventes do campo. Pero non acabou aquí todo, o plan “A”, se todo saía ben, era unha sorpresa, e tras conducir os tractores ás novas instalacións de Auto Avión, fomos convidados por dous delegados de vendas (de Massey e Fendt, Parada e Ramiro), traballadores de Auto Avión e Tractor Import, a un cóctel impresionante e enriba caseiro. Desde alí, os tractores partiron en camións, desta mesma empresa principalmente, aos seus domicilios… ah! agás dous, o do presidente e o do tesoureiro, que retornaron de volta andando ata Melide, onde o camión do Desguace Agrícola Industrial de Lugo os rescatou. 46 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 6.– DESCRICIÓNS DE PRENSA E POLÍTICOS Por exemplo, o Dr. Alfredo Suárez Canal, Sr. conselleiro do Medio Rural. Compromiso e esforzo O conselleiro, puntual á cita, expresou a súa “satisfacción” por comprobar que detrás de moitos dos tractores que hoxe chegaron a Santiago hai un “enorme compromiso, cariño e esforzo”, dixo, por conservar instrumentos fundamentais de traballo no seu día para moita xente. Indicou que a campaña que puxo en marcha a Asociación supón un claro compromiso co medio rural, así como unha forma de entender e proxectar o que foi o traballo no campo ao longo do tempo e as dificultades existentes ata que chegaron as máquinas para substituír instrumentos de traballo que tiñan séculos de vixencia. Interpretou igualmente esta curiosa forma de peregrinación como un “tributo á xente do medio rural”, tanto aos labradores coma á xente que ten un compromiso porque o traballo sexa máis levadeiro e por optimizar a produtividade do campo. Resaltou igualmente que a expedición permitiu pór en valor un reclamo turístico tan importante como é o Camiño de Santiago. Engadiu que detrás desta peregrinación “singular” hai un esforzo de compromiso e de manter vivo o patrimonio, así como de evidenciar, en certa maneira, o que foi a transición da introdución da máquina no rural como un instrumento de traballo fundamental. 7.– A BADALADA... ...Soou moi forte, tanto que fará pensar a que non “cría” en que AGAMAC fose capaz de pór en marcha este proxecto, non apoiándoo como debían, tamén para que pensen os que aínda cren que estas actividades non melloran o equilibrio no rural, non sendo capaces de diferenciar un tractor arranxado por fins comerciais ou por fins sociais (como debe perseguir calquera asociación sen ánimo de lucro), tan forte, tan forte que ata un convidado de honor, que creu nisto desde o principio, e non puido asistir por ternos que deixar con urxencia falecendo dous días antes de partir, enviou a súa bendición para que todo se cumprise: D. Manuel Roig, simplemente grazas. Marcos Vázquez Marey Presidente de AGAMAC 47 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Chega con dúas fotos para entender a representatividade do acto. 48 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 49 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica NOTA DE PRENSA, redactada no momento da realización. A II Mostra de Maquinaria Agrícola de Época desenvolveuse os pasados días 2 e 3 de agosto deste ano, na Casa Tendeiro, A Torre, Orbazai, Lugo, organizada pola Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica AGAMAC. Este evento contou coa colaboración de entes públicos como a Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo, así como de numerosas empresas privadas como Traballos Agrícola Carlos de Manán, Churrillo, Comercial Cereijo de Lugo, Guindastres Díaz de Viveiro, Luguesa Distribuidora de Gasóleos, Guindastres Norte de Santiago de Compostela, Auto Avión, Tractor Import, Recambios Infra, Transformacións Agrarias M. López, Taller Empalme, de Vilalba, Transformacións Agrarias Irmáns Blanco Trigo, Transpetelo, Comercial Fraver, Durán Maquinaria Agrícola, Miguel Agrícola, Talleres Folgueira, Talleres Otero Rus, LizElec, MOMA, RACC Automóbil Club, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas, Doval Maquinaria Agrícola e a sempre salientable do Desguace Agrícola Industrial do Corgo. A exposición que se desenvolveu nun medio inmellorable ás beiras do río Mera sobre unha superficie dunhas tres hectáreas, iniciouse o sábado día dous sobre as 10:00 horas, a continuación inaugurouse oficialmente a Mostra coa participación de diferentes autoridades entre as que cómpre destacar a presenza de Delegado da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia en Lugo, Sr. Emilio López e o Concelleiro da Zona Rural do Excelentísimo Concello de Lugo, Sr. Lino Dopeso. Na mesma puidéronse observar gran cantidade de máquinas e apeiros que nos transportaban no tempo unhas cantas décadas atrás, no relativo aos Motores Estacionarios, foi sen dúbida ningunha a exposición levada a cabo no noso país ata agora con maior nivel no referente ao número e calidade dos elementos mostrados, puidéronse observar uns 70 motores das marcas: Vellino, Econom, Moexsa, Deutz, Bernard, Motorrens, Lister, De Dion Bouton, Panhard Levassor, Reform Motoren Fabrik, Diter, Matacas, Euro, Men, Campbell, Rajeuni París, A.D., Güldner, Cerex, Deville, Sonme, C.L. Connord, Fairbanks Morse, Marvel, Hoye, Berlin, Sevil, Fita, Rex etc… con modelos comprendidos entre os anos 1890 e 1960. Entre os cales cómpre destacar un motor Campbell dos anos 1890-1900 propiedade do socio Servando López López, un motor da marca Fairbanks Morse tipo Z do ano 1915 aproximadamente, propiedade do socio José Penalonga Teijeiro, unha importante colección de motores da marca Vellino cos modelos máis antigos da citada marca, dous deles de chispeiro, un concretamente do ano 1904 co número 96 50 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica de fabricación, outro modelo de dous cilindros do ano 1923, un Vellino CZ dos anos 1920, e dos anos 1940 Vellino CR, un Vellino CDR e un pequeno Vellino AR, propiedade do socio José Manuel Traseira Rois. Tamén unha importantísima colección de motores de Dión Boutón, entre eles todos os modelos fundidos con patente desta marca francesa en Chavín, Viveiro na década dos anos 1920, así como algún da propia marca francesa, esta propiedade do socio Benedicto Díaz Blanco. No referente a apeiros e maquinaria expuxéronse gran cantidade de elementos; unha segadora atadora marca Jolpa, sementadoras de tiro animal de diferentes tipos e antigüidades e para diferentes plantacións, millo remolacha, fabas etc…, tamén varios tipos de curtas raíces e corta toxos, segadoras de tiro animal das marcas Ajuria, Arrieta, Fouce etc…, aventadores de cereal, multitude de arados, desde o romano, pasando polos Brabant, ata os de formón, de reixa, con antetren, sen ante tren etc… etc… así como bancadas, cultivadores, trillos, carros e outros útiles para o laboreo da terra e recolleita do froito. A IX Malla de Orbazai levouse a cabo da forma en que tradicionalmente se realizaba por estas terras, cunha semana de antelación levouse a cabo a sega do cereal, realizada nesta ocasión a xeito de demostración, de forma manual con fouce, cunha segadora de tracción animal da marca Ingersoll Canada Noxon, de principios do século pasado, propiedade de Varela, cunha segadora Bertolini propiedade do socio Oliverio Álvarez Díaz e cunha segadora atadora autopropulsada, marca BCS propiedade do socio José Penalonga Teijeiro, o atado dos mollos, agás no caso da BCS, levouse a cabo de maneira manual, deixando os mesmos amontoados en “medeiros” ou “marrotos” durantes uns días para completar o secado do cereal. Dous días antes da malla “”transportáronse os “mollos” ata a aira onde quedaron recollidos en dous impresionantes “medas”, ata o día da malla, realizada neste caso cun motor francés dos anos 1920, da marca Douges constructions á Besançon AD e importado a España por Félix Schlayer, unido mediante unha polea á debulladora Sistema Suízo, fabricada en Talleres Leivas de Mondoñedo nos anos 50, propiedade de Ángel Santos Díaz e Oliverio Álvarez Díaz quen contan con amplia experiencia na realización da mesma. Esta operación realizouse coa axuda de numerosas persoas que desempeñaron cada cal un labor diferente, dúas persoas tiran os “mollos” desde a “meda” aos traballadores que meten a palla na debulladora, labor importante no aspecto de que o cereal tén que se inserir de forma paralela ao cilindro da mesma para lograr unha mellor separación do gran da palla, á outra beira da máquina encóntranse as 51 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica “espalladoras” traballo habitualmente realizado por mulleres que se encargaban de airear a palla para extraer algún posible gran que quedase na mesma, ao mesmo tempo que llela deixan colocada aos encargados de transportala ao “palleiro ”, transporte que realizan en feixes ou feixes atados cunha corda ou cunha vara de bidueiro verde, labor moi ardua en canto o “palleiro” comezaba a tomar volume tendo en conta que os mesmos tiñan que subir por unha escada ou escala facendo gala de bo equilibrio. Esta palla era depositada no palleiro onde outras dúas persoas, dirixidas por unha terceira encárganse de colocala para ir dandolle forma ao mesmo, outro operario vaille dando forma e colocando a palla desde o chan, o que popularmente se coñece como “coucear”, entrementres outras dúas persoas sacan o grao cun angazo de madeira da saída da desgranadora, amontoandoo nunha pila na aira, nesta morea realizan a súa función as “cuañadoras” que con unhas canas de bidueiro varrían o gran para tratar de sacarlle as impurezas, cascas, espigos, etc…, desde esta pila o gran trasládase en cestos, xa con menos impurezas á maquina de limpar, onde outras dous ou tres persoas “daban manivela” a relevos, pasando o gran polos cribos desde a “muxega”, encargandose o aire xerado polas aspas de eliminar as impurezas. Despois do esforzo e traballo de tan canso labor, todos os participantes e público se deleitaron e gozaron dunha saborosísima comida campestre nunha carpa habilitada para tal ocasión, onde non faltaron as viandas da terra, como polbo “á feira”, churrasco e outras, para degustar logo unha queimada elaborada ao estilo tradicional polo socio José Rodríguez Martínez. Xa pola tarde realizouse unha demostración de “malla” cunha debulladora limpadora marca CAMPEVA, fabricada en Pontedeume, A Coruña no ano 1965, propiedade de Ángel Santos e Oliverio Álvarez, accionada esta por un Ebro Super 55 da mesma época propiedade dos irmáns Penela Seijas de Orbazai. Nunha das carpas instaladas na exposición puidéronse observar unha pequena colección de chaves antigas, así como miniaturas de apeiros realizados de xeito artesanal e en madeira polo socio Juan Jesús Traseira Viñas e unha pequena colección de libros, revistas e publicidade de época toda ela relacionada co mundo da agricultura e a maquinaria. Realizáronse tamén ambos os dous días un desfile de tractores por un traxecto duns tres quilómetros nas inmediacións da exposición. Entre os tractores expostos puidose ver diferentes pezas de colección: un Lanz Bulldog, propiedade de Álva52 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ro de Hombreiro; Ursus C451 e Renault D 30, propiedade do socio José Manuel Traseira Rois; Deutz F4L e UT, propiedade de José Iglesias Álvarez; Deutz D 40 S, propiedade de Carlos López Trashorras; Deutz F2L, propiedade de Talleres Folgueira; Renault Super, propiedade de Eladio Capón; Barreiros R 335, propiedade de María José Bande Castro; Internacional Harvester Saca Sevilla, de José Ramón Blanco; BJR, de Lorena Basadre Penela; Tahissa, propiedade de Antonio do Balneario de Lugo; Farmall Cup, propiedade de Talleres Iglesias; Güldner, propiedade da USC; Ebro Super 55, propiedade dos irmáns Penela Seijas; Fordson Super Major, propiedade de Servando López López; MAN, propiedade de Manuel Prieto; Massey 35, propiedade de Baldomero Parada González; Massey 35, propiedade de José Luis Vila Capón; Massey 65, propiedade de Marcos Vázquez Marey; Case, propiedade dos Irmáns Blanco Trigo. Así mesmo, paralelamente, púidose observar diversa maquinaria e tractores actuais cedidos para a ocasión por diferentes casas comerciais, para observar a evolución ata os nosos días. Cabe indicar a participación de dous auto carretas da marca OM, de fabricación italiana, as cales nos seus tempos mozos participaron no transporte de tropas durante a Guerra Civil Española, propiedade estas do socio Antonio de Montouto, así como un Land Rover Serie II do ano 1965, propiedade do socio Oliverio Álvarez. Leváronse a cabo durante as dúas xornadas diferentes demostracións do funcionamento das diferentes máquinas expostas así como o aceso de motores estacionarios, a última hora da tarde do domingo día tres realizáronse por parte dos socios Carlos López Trashorras (Deutz D 40S) e Marcos Vázquez Marey (Barreiros R 335) mostra de arada e laboreo da terra nos predios onde anteriormente colleitárase o cereal. http://www.agamac.org Reportaxe elaborada por: Ángel Santos Díaz, http://www.casatendeiro.tk Oliverio Álvarez Díaz, http://www.casatendeiro.tk José Manuel Traseira Rois, http://www.bosende.com 53 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 54 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 55 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 56 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ESTA HISTORIA ÍMOLA DESCRIBIR SO CON FOTOS Desde a inauguración, ata todas as máquinas que se expuxeron durante os dias do salón. Inauguración, onde estaban presentes, diverso público, o alcalde de Lugo, o delegado da Consellería do Medio Rural, o director de AGADER, e o director do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Camión cargado con motores De Dion Bouton de Benedicto de Viveiro. 57 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Tractores en ringleira. 58 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Güldner e Lamusa da Escola Politécnica Superior. Parte da colección de ferramentas do socio fundador Ángel Santos. 59 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Carro da Casa de Serán, A Lence, O Corgo, cargado con leña da Casa de Vázquez, de Trasliste, Láncara. Participou tal cal tirado polos bois de Luis do Incio no desfile deste mesmo ano do San Froilan. Parte das colecións de: 60 - Libros de José Manuel Traseira Rois - Tractores de Carlos López Trashorras - Tractores e libros de Marcos Vázquez Marey. AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Visitantes en plena actividade. Carrocetas de Antonio Álvarez. 61 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Saca enganchado á Campeva de Ángel Santos e Olviverio Álvarez. Entrada ao Pabellón, con visión escalona, motor Campbell de Servando, Ferguson gris de Alberto e Fendt de Baldomero Parada. 62 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica CONMEMORACIÓN DO CENTENARIO DA 1ª ASEMBLEA AGRARIA EN MONFORTE. 63 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica PROGRAMA DA CONMEMORACION DO CENTENARIO DA 1ª ASEMBLEA AGRARIA DE MONFORTE Sábado, 13 decembro Na Casa da Cultura 10.00 h.– Apertura dos actos a cargo do alcalde, Don Severino Rodriguez, e da Concelleira de Cultura, Dona Alicia Cadarso. 10.30 h.– Conferencia do Sr. Don Ramón Villares, director do Arquivo da Emigración Galega, catedrático de historia contemporánea e ex-rector da Universidade de Santiago de Compostela: Introdución histórica “Os tempos do agrarismo. Contexto político e socioeconómico” . 11.15 h.– Conferencia do Sr. Don Antonio Bernárdez Sobreira, profesor de ensino secundario, especialista en historia agraria: As Asembleas Agrarias de Monforte. 12.00 h.– Conferencia do Sr. Don Luis Domínguez Castro, profesor titular de historia contemporánea na Universidade de Vigo: As Asembleas Agrarias de Ribadavia, Redondela e A Coruña. 12:45 h.– Inauguración da Feira de Mostras Nunha gran carpa instalada no Parque dos Condes os interesados poderán admirar os avances técnicos introducidos na Galiza nos primeiros anos do século XX, moitos deles, propiciados polos ilustrados do agrarismo, A mostra componse de distintos apeiros e maquinas cedidos pola Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola (AGAMAC). Asemade na carpa instalarase a Exposición gráfica sobre o Agrarismo, realizada pola Fundación para o estudo e a divulgación da cuestión social e sindical de Galiza. E por si isto fose pouco, os que ata alí se acheguen tamén poderán inmortalizar este entrañable día retratándose no “minutero” que encontrarán no interior, facerse cun exemplar do Eco de Lemos ou con algunha imaxe do Monforte de antaño. 16.00 h.– Conferencia e Proxección de audiovisuais a cargo do Sr. Don Manolo González, presidente da Axencia Audiovisual Galega. “A Imaxe do labrego e da vida no rural nos audiovisuais da primeira metade do século XX”. 64 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 16:45 h.– Conferencia do Sr. Don Edelmiro López, director xeral de Desenvolvemento, “O mundo rural hoxe, diferencias e semellanzas co principio de século”. 17.30 h.– Mesa redonda e debate “Presente e futuro do agro na Galiza” Coa intervención de todos os relatores. Domingo, 14 decembro 11:30 h.– Apertura da Feira de Mostras 12.00 h.– Recepción a cargo do Sr Alcalde de Monforte e a Sra Concelleira de Cultura ás autoridades convidadas: Sr. Conselleiro de Medio Rural Sr. Vicepresidente da Deputación de Lugo Sr. Don Avelino Pousa Antelo (Agrarista histórico) Sr. Don José María Sacho Rof (neto do Ilmo. Sr. Rof Codina) Representantes do Concello de A Coruña Representantes do Concello de Redondela (Pontevedra) Representantes do Concello de Ribadavia (Ourense) 12:30 h.– Inicio do acto conmemorativo na Feira de Mostras (carpa no parque dos Condes). Intervencións: Presentación a cargo da Sr. Dona Alicia Cadarso Benvida do Sr. alcalde Don Severino Rodríguez Intervención do Sr. Don José María Sancho Rof Intervención do Sr. Don Avelino Pousa Antelo Intervención do Sr. conselleiro Don Alfredo Suárez Canal. Os actos serán amenizados pola Orquestra de Monforte de Lemos. A carpa coas exposicións estará aberta ao público desde as 11.00h. ata as 18.00 h. 65 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Coa nevada que caeu, só chegamos a tempo para sacarnos unha foto con D. Avelino Pousa Antelo, na carpa da exposición diante do David Brown Cropmaster da Casa de Vázquez. De esquerda a dereita: Servando de Camposo, María Bande, Marcos Vázquez, Avelino Pousantelo, Alicia Cadarso e Baldomero Parada. 66 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica VISITA A MUSEOS: EDUARDO BARREIROS, 22 de novembro de 2008 Na entrada do museo, toda a comitiva, Jaime Carbajosa (historiador do museo), coa foto da entrada na Praza do Obradoiro cos tractores diante do busto de D. Eduardo Barreiros. Ángel Fernández Caamaño e Marcos Vázquez interpretando o Himno Galego no despacho de D. Eduardo Barreiros. 67 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica MUSEO DA HISTORIA DA AUTOMOCIÓN DE SALAMANCA. FUNDACIÓN DEMETRIO GÓMEZ PLANCHÉ. 23 de novembro de 2008. Co motivo dunha exposición de motores De Dion Bouton neste museo, á volta de Valdemorillo (Madrid) de visitar o Museo Eduardo Barreiros, visitamos este interesante museo en Salamanca. Tivemos a honra de que o fundador, o mesmo D. Demetrio Gómez Planché nos recibira en exclusiva, e a él lle fixemos entrega, coma na Fundación Eduardo Barreiros, da foto da entrada na Praza do Obradoiro con tractores clásicos. Toda a comitiva, incluídos D. Demetrio, a súa filla e un dos primeiros mecánicos do museo, na 2ª pranta da exposición de clásicos deportivos. 68 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ANO 2009 I PREMIO AGAMAC A PROXECTOS DE MECANIZACIÓN AGRARIA Para describir esta actividade, o que se publica a continuación é o comunicado de prensa que se oficializou unha vez fallado o premio. A modo de resumo: O xoves día 4 de xuño de 2009 reuniuse o tribunal constituído para conceder o “I Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria”. O premio que concede AGAMAC, “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica”, a proxectos de mecanización agraria redactados por enxeñeiros titulados na Escola Politécnica Superior de Lugo, entregarase o vindeiro día 9 de xuño. AGAMAC promoveu este evento baixo o lema “adaptar as máquinas ao rural”, tendo en conta que un dos seus obxectivos é fomentar a simbiose e sinerxia entre a máquina, o home e o seu contorno. Cabe destacar a boa resposta á convocatoria, presentándose oito candidaturas, cuns traballos de excelente calidade, e que encaixan na idea dunha nova agricultura, con capacidade para alimentar ao mundo “coidando a terra”, e fomentando o emprego, moi en consonancia cos obxectivos de AGAMAC. O tribunal estivo constituído por: • Marcos Vázquez Marey, enxeñeiro técnico en mecanización agraria, presidente de AGAMAC, con voz pero sen voto, debido ao trato tido cos candidatos previa á presentación dos proxectos. • Baldomero Parada González, delegado de vendas de Tractor Import, A Coruña (Massey Ferguson e Fendt), Alejandro Sánchez Piedracoba, enxeñeiro técnico agrícola, de Comercial Fraver, Lugo, e Benigno Ruiz Nogueiras, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, como socios representantes de AGAMAC. • Manuel Marey Pérez, doutor enxeñeiro de montes e Xosé Manuel Pereira González, doutor enxeñeiro agrónomo, como representantes da Escola Politécnica Superior. 69 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica • Xavier Vidal Parés, propietario de MOMA Editorial (revistas MOMA agri e MOMA farm), Luis Márquez Delgado, doutor enxeñeiro agrónomo, director técnico da revista AGROTÉCNICA. • Ignacio Ruiz Abad, enxeniero agrónomo, secretario xeral de ANSEMAT, Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes. • José Ángel Burgo Rodil, enxeñeiro agrónomo, xefe dos servizos técnicos agrarios da Xunta de Galicia, Consellería do Medio Rural, departamento territorial de Lugo, José Fernando Piñeiro Díaz, concelleiro de infraestructuras do Concello de Lugo. • Armando Rey Rodríguez, enxeñeiro técnico agrícola, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo, e Javier Cancela Barrios, delegado en Lugo do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia. O acto de entrega, celebrarase na sala de xuntas da Politécnica o martes día 9 de xuño ás 13:00 horas, será un acto aberto ao público, e a él asistirán: • O gañador do premio que foi: Estudio técnico clavadora de estacas con alimentador de Iván Raposo Injerto. • Todos os membros do tribunal. • D. Xosé Clemente López Orozco, alcalde do Concello de Lugo. • D. Javier Bueno Lema, director da Escola Politécnica Superior de Lugo. • Sr. D. Carlos Herrero Latorre, vicereitor de Coordinación del Campus de Lugo. • Dª. Raquel Árias Rodríguez, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. • D. Ramón Carballo Páez, xefe do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural. • D. Angel Jove González, presidente da Fundación Jorge Jove, vicepresidente da FEVA (Federación Española de Vehículos Antiguos), e vicepresidente de Anjoca, que fará unha aproximación á valorización do patrimonio de automoción histórica, e ao proxecto de creación do museo de automoción histórica en A Coruña. Despois desta entrega oficial de premios, AGAMAC invitará a un xantar aos membros do tribunal e aos responsables das entidades que representan no Mazo de Santa Comba. Seguidamente haberá unha visita á colección de Maquinaria Agrícola Clásica da Casa de Vázquez de Trasliste, Láncara. 70 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Por todo o exposto, e en vista do interese espertado no sector, cuixa base puido ser a valentía dunha ASOCIACIÓN SEN ÁNIMO DE LUCRO a organizar un evento deste tipo, en época de recesión económica, para estimular a importancia de crear unha nova agricultura capaz de xerar alimentos e emprego, queda anunciado o “II Premio AGAMAC a Proxectos de Mecanización Agraria”, que se outorgará para o ano 2011. Ao longo deste ano, ademais deste premio, AGAMAC realizará proximamente outras actividades, como son a presentación dunha nova páxina web, e a presentación do DVD sobre a Primeira Peregrinación a Santiago de Compostela en Tractor de Época. Momento da entrega do premio na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior, Universidade de Santiago de Compostela. 71 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica PRESENTACIÓN DO DVD OFICIAL SOBRE A PEREGRINACIÓN A SANTIAGO EN TRACTOR DE ÉPOCA. VENRES 18 DE SETEMBRO DE 2009 Sen dúbeda a mellor presentación deste documental é velo. Levou tempo facelo pero mereceu a pena, neste intre estase a traducir a todos os idiomas oficiais de Europa, case nada para nós. Para ter unha mostra nesta publicación deste documental, trascribiremos as palabras da introdución e máis da despedida: INTRODUCIÓN Galicia, terra fértil, onde a xente, o territorio, o idioma e a cultura se confunden nunha mística harmonía de valores. Ningún feito ao longo da historia eclipsou a súa forte identidade, nin os séculos escuros, nin as guerras, nin a emigración cambiaron o “raio transparente do seu prácido luar”. Esta terra, “Fogar de Breogán”, viu nacer no fío do mundo moderno, unha ASOCIACIÓN DE AMIGOS, cuixo lema é “coidamos da terra”, cuixo fin último é “aumentar a autoestima do traballador do medio rural” e que usa para iso o móbil da maquinaria agrícola clásica. AGAMAC “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica”, uniu á xente que ve no medio rural a proxección futura dun pasado no que a maquinaria agrícola “coidou a terra”, para reducir a fame no mundo; unha xente que ve no medio rural a base dunha sociedade sostible, unha base con viventes cheos de autoestima e que descoñece a onde vai se non sabe de onde vén. 72 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DESPEDIDA Sirva este intenso traballo, humildemente desenvolvido por AGAMAC e os seus colaboradores, para enxalzar a necesidade da valorización do traballo no rural, fonte de riqueza integral e sostible para todos, que como base produtiva non especulativa fomenta o emprego de calidade, e que, en definitiva contribúe firmemente á auténtica calidade de vida. SIMPLEMENTE GRAZAS. Nota de prensa: Benqueridos amigos/as, o vindeiro venres día 18 de setembro de 2009 terá lugar, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a presentación do DVD oficial da I Peregrinación a Santiago de Compostela en tractor de época. Este traballo, totalmente profesional, pretende ser o primeiro documento audiovisual oficial deste evento histórico, xa que recolle imaxes insólitas, guionaxe con contido sociocultural, e extras de grande interese para a divulgación e recuperación do patrimonio arqueolóxico industrial agrario, o aumento da autoestima do traballador do rural e a valorización social do traballo no mesmo. O acto de presentación celebrarase no lugar indicado ás 21:00, e a cea cos patrocinadores ás 22:00. 73 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Invitaranse ao acto: INSTITUCIÓNS: Delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo Xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo Xefe do Servizo do FOGGA en Lugo Alcadía de Lugo Representante da Deputación Provincial de Lugo Ex delegado da Consellería do Medio Rural EMPRESAS PRIVADAS: Desguaces Agrícola e Industrial (Lugo) Doval Maquinaria Agrícola (Castro Ribeiras do Lea) Recambios Infra (Lugo) Luguesa de Gasóleos Gruas Norte (A Coruña) Comercial Cereijo (Lugo) Churrillo (Lugo) Auto Avión (A Coruña) Tractor Import (A Coruña) RACC lugo Taller Empalme Deutz-Lombarghini (Lugo) Comercial Fraver (Lugo) Miguel Agrícola (Lugo) Talleres Otero Rus (Lugo) Mapfre Seguros MOMA editorial (Lleida) Asistirán ao acto tamén os tractoristas que peregrinaron a Santiago o ano pasado, e o presidente da asociación que realizou o Camiño está a realizar o Camiño este ano, José Luis Horcajo. 74 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Como sabedes, neste ano púxose en marcha o Premio AGAMAC a proxectos de Mecanización Agraria, a nova web www.agamac.org, e agora presentamos con este DVD unha proba consistente de como desenvolve o seu traballo AGAMAC, en breve, sorprenderémosvos co que estamos a preparar. ESTADO ACTUAL DA DIFUSIÓN DO CAMIÑO E DO DOCUMENTAL A primeira presentación oficial a nivel nacional e internacional foi na feira FIMA 2010, en Zaragoza e a aceptación comercial foi extraordinaria. Neste intre estase a estudar a tradución a todos os idiomas oficiais de Europa para comercializalo xa en breve prazo de tempo. 75 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica PRIMEIRA FEIRA DO REQUEIXO EN A PASTORIZA No mes de setembro de 2009 fomos convidados amablemente pola empresa PTC, xestora do circuíto de competición da Pastoriza, tamén pola asociación de comerciantes do lugar, para participar na organización da PRIMEIRA FEIRA DO REQUEIXO EN A PASTORIZA. Grazas á sempre oportuna e incalculable vontade do Desguace Agrícola e Industrial de Manán, O Corgo, puidemos aportar unha pequena mostra de maquinaria clásica, o David Brown Cropmaster enganchado á segadora atadora Alpuema, da casa de Vázquez. Tamén fomos honrados con permitirnos a pronunciación do pregón das festas, que correu a cargo da Presidencia da Asociación. O tesoureiro, Carlos López Trashorras, xunto co presidente, deseñaron as probas de competición que se levaron a cabo cos tractores novos, e que foron un verdadeiro éxito. Nota de prensa enviada a AGROTÉCNICA: Con el amable Show de los tractores… En honor al “requesón”, se montó una impresionante romería en las llanuras del Ayuntamiento de A Pastoriza (Lugo). Desde un llamativo podio, montado encima de un remolque agrícola, a los tractores circulando por un circuito de competición de karts y automóviles de este pueblo, la carrera de sacos o el lanzamiento de azadas, contribuyeron todos a una concurrida jornada festiva con importantes connotaciones agrarias y rurales. Las actividades estuvieron organizadas por la escuela PTC (www.ptcescuela.com) y la asociación de comerciantes de A Pastoriza (ASAPA), con la colaboración del Ayuntamiento y el patrocinio de empresas privadas como: Talleres Calvo (de Guntín, Lugo) y Talleres As Granxas (del pueblo) quienes aportaron los dos tractores nuevos en los que se realizaron las pruebas, remolques Ando, (de o Corgo, Lugo) quien cedió el remolque que se usó en las pruebas y para el podio, Auto Avión, Durán Maquinaria, Ausavil (de Lalín), Desguaces Agrícola e Industrial (de O Corgo, Lugo), y también AGAMAC, que aportó dos clásicos al evento, (un David Brown Cropmaster y una segadora agavilladora Alpuema, ambas máquinas de los años 40). Las actividades comenzaron a las 10 de la mañana, convocando a los “pilotos” en la sala de reuniones del circuito, en donde se entregaron los dorsales y se explicaron, 76 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica por parte de técnicos de PTC escuela, las normas y condiciones de realización de las pruebas, consistiendo estas en: 1ª.- la realización de un eslalon, 2ª.- un circuito en forma de 8 (ésta con semiremolque) y 3ª.- una prueba de precisión en aceleraciónfrenada, todas ellas hacia delante y hacia atrás. Las máquinas con las que los pilotos demostraron su extraordinaria pericia fueron dos rojos oscuro de CASE. Para el eslalon, un CS 105-pro y para el resto, un MAXXUN 110, cumpliendo ambos con sus fatigas por encima de las expectativas. A las 2 de la tarde se detuvo el concurso para asistir al pregón inaugural de la fiesta, a cargo del que escribe, y después comer el pulpo, con el exquisito postre del requesón (o “requeixo”, en galego), para por la tarde terminar el mismo y proceder a la entrega de premios. Los participantes fueron un total de 2 mujeres y 28 hombres, resultando ganadores, primero, Álvaro Parga Veiga, segundo, Manuel Seivane Vila y tercero, Trino Mourelle Varela. Los premios fueron entregados por las autoridades locales (Alcalde, D. Primitivo Iglesias, Teniente de Alcalde, Dª Elva Carrera y también el lider de la oposición, D. Arcadio López), así como el Presidente de AGAMAC. Durante el concurso, una orquesta y grupos folclóricos amenizaban la fiesta justo al lado del circuito (en el área recreativa de A Pastoriza), en donde, simultáneamente se estuvieron realizando concursos con juegos tradicionales y populares gallegos. Cabe destacar que esta actividad en su esencia pretendió y consiguió un acercamiento de las actividades deportivas del motor al medio rural, mediante una competición de tractores impecablemente organizada que puso en vilo a los amantes de los tractores, en expectativa a los del medio rural y llamó la atención al mundo del motor. 77 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica O PODIO MÁIS AGRÍCOLA 78 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica PREGÓN DO PRESIDENTE DE AGAMAC NESTA FESTA AGRARIA TAN MAQUINEIRA. Bos días a todas e a todos, ante o que vexo, non queda outra que quitar o sombreiro, xa que, por sorte, inda quedan lugares, coma A Pastoriza, onde a xente se comunica co seu contorno mediante a súa relación laboral diaria, ou sexa, dito doutro xeito, os pastoricenses vedes que a terra serve para traballala, e traballádela. Non queda ningunha dúbida disto, xa que, se para algo ía servir tanto dato que se manexa neste mundo “Online”, a un amante sen pudor do rural (iso sí, como fonte de vida, e entendendo que a vida é a maior riqueza), non sabedes o que me agrada falar diante de xente dun territorio onde hai 15.000 vacas en preto de 600 explotacións. Na ansia de coñecer outras culturas e outros pobos, sempre amosei grande interese polos países onde a agricultura ten forte peso no PIB, e de viaxe polo país veciño do norte, atopei similitudes con esta terra chairega, non só a nivel agronómico e climático, senón tamén no social e cultural; analizando a historia, descóbrese que non é casualidade que A Pastoriza teña o potencial agrario que en realidade ten, e soubo observar o seu pasado para proxectar o seu futuro. Está claro que A Pastoriza está no seu rumbo, e sabe a onde vai, por iso, unhas veces máis e outras menos, o vento sempre soprará no seu favor, porque como dicía Séneca, “ningún vento sopra a favor, para un barco sen destino”. Unha vez, coido que alá polo 2003, observando pola capital de Francia, nunha viaxe á feira SIMA, que seguro que moitos coñecedes, quedei completamente abraiado e non daba créto: en pleno centro de París, nos históricos almacéns Laffayete, topei de fronte cunha moi agradable sorpresa: unha área adicada a xoguetes agrícolas... está claro que a influencia do potencial agrogandeiro chega ata as mesmas entrañas dunha das cidades máis policulturais do panorama europeo. Este dato non é ningunha broma, pode interpretarse como o resultado dunha análise do mercado por parte da oferta, pero, e a demanda? Para min, sen dúbida, significa que o labrego que pobla esas veciñas terras ten algo que se chama AUTOESTIMA, non oculta a identidade que o caracteriza, e iso facilita enormemente a súa evolución en positivo. E que dicir da mecanización do agro, en 600 explotacións, ben pode haber 1.200 tractores (menudo exército), e… que terán os tractores, que xa os nenos pían por eles dende pequenos? Será herdanza dun recordo non moi lonxano? Eu recordo 79 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica agarimosamente con que orgullo meus avós coidaban os bois e as cabalerías, e... sen embargo sacaban a boina cando ían á botica, ou ao Concello... isto último era por educación, e talvez por practicidade, pero o dos bois, sen dúbida, era “autoestima”. Represento unha asociación que se chama AGAMAC, (Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica), que ten como lema: “Coidamos da Terra”, como fin último é “aumentar a autoestima do traballador do medio rural”. Usamos o móbil da maquinaria agrícola clásica para reclamar recoñecemento hacia a función do medio rural na vida, cremos nunha nova agricultura, na que a mecanización racional do rural sexa ferramenta clave para a creación de emprego e alimentos de calidade para todos, e aceptación dos límites naturais, tamén na valorización do traballo no rural, fonte de riqueza integral e sostible para todos, que como base produtiva non especulativa, en definitiva, contribúe firmemente á auténtica calidade de vida. Por iso apoiamos que este profesional circuíto da Pastoriza, atraia aos nenos, aos mozos e aos non tan mozos a disfrutar do deleite do manexo dunha ferramenta, con capacidade para reducir a fame no mundo. Pero... berran as vacas? E fame non teñen. Que lles pasa logo? Berran, berran, como non van berrar. Berran porque ás veces a nova agricultura adianta á modernidade, e non acepta os límites da natureza, por iso inda morren no mundo nenos de fame. Berran as vacas, e volven a berrar, e non só por estar sen cornos, sen herba verde e sen ir ver ao touro, berran e invítannos a que a mocidade se forme moito, traballe, se divirta, se esforce, sexa honrada, non se xute, non se embotelle, que disfrute de festas, coma esta do requeixo, espalladas por todo o noso territorio. Veciños da Pastoriza, entre tantos acertos que tedes, e que saltan á vista, sempre, sempre, cando labrades a terra para o millo, (por nomear un exemplo) ten que haber unha pedra que rache co arado, e despois de ben arado e sementado, nacerá unha labaza, unha e outra vez... e ata por veces, parece que cada vez peor... si, si, xa sei, esa condenada da envexa vestida de pedra, e esa tramposa da soberbia vestida de labaza, non deben frearvos e moito menos contaxiarvos, só así poderedes seguir adiante. A poboación mundial actual agárdase que aumente de 6.500 millóns a 9.100 para o 2050: a necesidade de alimentos nunca foi tan grande, as demandas aos agricultores nunca foron tan grandes, as presións ambientais estanse fraguando, as subvencións e barreiras arancelarias diminúen, os prezos das materias primas ató80 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica panse baixo presión, os consumidores queren saber máis sobre a procedencia dos alimentos e esixen suministro sano e seguro. Todos os agricultores, grandes e pequenos, necesitan incrementar a súa eficacia e eficiencia para cubrir a demanda ao tempo que se traballa respectando o medio ambiente... Galicia: “O albre a vaca e o peixe...” dicía Castelao, que deberían ser o futuro económico de Galicia... que razón tiña... ou?. A Pastoriza, terra de moitas vacas, berren ou non berren, é clara mostra de que, onde hai vacas, hai de todo, e a xente vive, que é do que se trata. Simplemente grazas. 81 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica CONTRATACIÓN DUNHA TRABALLADORA, EN CONVENIO COA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, AO ABEIRO DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN. Neste ano 2009 iniciouse un novo reto: o de contratar unha empregada para AGAMAC. Puidemos conseguilo grazas á subvención que nós foi concedida pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e que nos permitiu contratar a unha traballadora por un prazo de nove meses. 82 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ANO 2010 COLABORACIÓN NA PRESENTACIÓN DO MUSEO DA AUTOMOCIÓN E A HISTORIA DA CORUÑA, PROMOVIDO POLA FUNDACIÓN JORGE JOVE A excelente relación coa Fundación Jorge Jove, a través do seu presidente D. Ángel Jove González, desencadeou en que se convocase unha presentación oficial en Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos, co-organizada pola Asociación de Vehículos Clásicos de Lugo, o Clube 600 de Lugo e AGAMAC, á que asistiron, o día 6 de marzo de 2010, uns 80 socios desta última asociación. Na presentación púxose de manifesto a importancia e repercusión que terá en todo o territorio galego a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo, non so para o patrimonio arqueolóxico industrial, senón para todos os sectores da poboación, coma a cultura, historia e creación de iniciativas dinamizadoras. Na fotografía, de esquerda a dereita, Rubén Abelaira, presidente do Clube 600 de Lugo, Marcos Vázquez, presidente de AGAMAC e Ángel Jove González, presidente da Fundación Jorge Jove, ao lado dunha infografía do futuro museo da automoción e a historia. 83 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica COLABORACIÓN NA PEREGRINACIÓN A MONTSERRAT, ORGANIZADA POLA “ASOCIACIÓN D AMICS DEL TRACTOR D ÉPOCA DEL BAGES”. 84 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Toda a comitiva de AGAMAC, á súa llegada, ás 9 da mañá do día 18 de abril de 2010 a diante mesmo da Basílica do Montserrat, en Barcelona. De esquerda a dereita, Aitor Forja Lamas, Marcos Vázquez, Manuel Forja, Pilar Lamas, Antonio Álvarez, Manuel Prieto e Ángel Caamaño. Por detrás, a carroceta de Antonio e o Fiat 1000 cedido para o evento pola asociación organizadora, ambas máquinas levaron colgadas, dun lado a bandeira de Galicia, e doutro, a bandeira co logo de AGAMAC. 85 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 86 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica VIAXE AO CENTRO DE FORMACIÓN E MÁRKETING JOHN DEERE, EN PARLA, MADRID, E VISITA AO CAMPUS NEW HOLLAND, EN SEGOVIA. Visita al Campus New Holland en Peñarubias de Pirón, Segovia o 21 de maio de 2010. 87 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Visita al Centro de Formación e Márketing de John Deere en Parla, Madrid, o 21 de maio 2010. 88 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Visita ao taller de máquinas da Escola de Enxeñería Agrícola de Madrid, o 22 de maio de 2010 89 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ASISTENCIA Á XII FEIRA DA TENREIRA GALEGA NA POBRA DE SAN XIAO, LÁNCARA. Tamén nos convidaron a asistir á XII Feira da Tenreira Galega, esta vez con pouco material, debido a que nos atopabamos ben cansados de realizar a viaxe a Barcelona. Levouse a esta feira o motor Campbell de Servando e o Ferguson TEF de Alberto, enganchado a enfardadora de Eleuterio, que grazas a Pepe do Desguace, para non variar, foron transportadas da casa para a feira e da feira para a casa. Inda así, foi unha das exposicións que máis chamou a atención da feira, congregando a moita xente, e, na visita institucional, o máis curioso, o xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Lugo, D. Ramón Carballo Paez, como home valente, atreveuse a intentar acender semellante motor (o Campbell) e conseguiuno. Momento do arranque do motor estacionario por D. Ramón Carballo Páez, primeiro pola esquerda, ao lado del Servando, o propietario. Tamén están na foto, o conselleiro do Medio Rural, D. Samuel Jesús Juárez Casado, oitavo pola esquerda, o Presidente da Deputación de Lugo, D. Xosé Ramón Gómez Besteiro, undécimo pola esquerda, o alcalde de Láncara, D. Eladio Capón e Dª María Olga Iglesias Fontal, deputada en Madrid, terceira pola dereita. 90 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 8.– HISTORIAS DOS SOCIOS D. Marcos Vázquez Marey. Toda unha historia é pensar en contar algo ao respecto da miña traxectoria como maquileiro, non sabería dar un porqué me gusta isto, pero si afirmar que nunca un tractor pasará polo meu lado e eu non o mire. Tal vez sexa por haber nacido no rural e saber entendelo e valoralo, tal vez poda ser xenético, tal vez, tal vez, pero recordo que o primeiro vehículo que conducín (ademais do triciclo) foi unha máquina agrícola: unha segadora Bertolini 125 (de catro rodas), coa custodia de meu pai; despois lembro como meu pai deixaba a máquina soa na marcha máis curta e a ralentí para que eu a collese. Tamén o son das máquinas de mallar, das Campevas, que foron as únicas que recordo ver traballar. Un sinfín de vivencias que fun percibindo do meu entorno e que me foron configurando as ganas de adicar a miña vida a traballar no rural e para el. En definitiva, esta publicación vai de historias, historias de máquinas agrícolas que este neno labrego, nacido no 73, contaba cada día no recreo da escola, que debuxaba cando podía nas últimas follas da caderno, a poder tido formarme no que lle gustaba tan preto do seu entorno. Manuel Vázquez Amado (meu avó), Oliva Marey Doval (miña nai) e eu dacabalo da burra da casa de Vázquez. Ao fondo as medas na aira de mallar ao lado do soto, ambos elementos arquitectónicos que afortunadamente conservamos. 91 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Jenaro Liz Rodríguez. Jenaro Liz naceu en Pradeda, Guntín, en 1947. Traballou na SEAT de Barcelona, despois adicouse ás instalacións e montaxes eléctricas. Agora desenvolve o seu labor profesional no campo dos seguros desde hai 20 anos. Ten unha grande afección polas antigüidades en xeral e ten unha grande paixón polos motores estacionarios. Empezou a buscalos por case toda Galicia durante as fins de semana co seu fillo e cun antigo socio de AGAMAC. Posúe 12 motores estacionarios propios. Ademais ten unha carroceta Ford (matriculada no ano1935) co volante á dereita e con guindastre incorporado. Alcanza unha velocidade de 70 km/h. Foi transformada no ano 1963 nos Talleres Miranda da Pontenova. Ten unha actitude moi conciliadora e unha gran paciencia, fundamentais para a restauración e para estar ao frente dunha asociación. Carroceta de Jenaro o día da I Mostra de Maquinaria Agrícola de Época na Politécnica de Lugo. 92 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Carlos López Trashorras. Carlos López Trashorras é socio fundador ademais de tesoureiro de AGAMAC. Naceu no ano 1972, en Manán, O Corgo. Alí vive e adícase a traballar para terceiros con maquinaria agrícola, dispoñendo dun parque de maquinaria de última xeración, con dous tractores modernos á cabeza: un John Deere 6920 Autopower, e un 7610 power quad. Lembro, como amigo de sempre, que de pequenos non falabamos case doutra cousa que de tractores e das historias que faciamos con eles. Temos dúas anécdotas destacables para que non pasen ao esquecemenito: unha vez Carlos contoume no recreo que co seu JD 818, escribira CARLOS gradado cun cultivador de 7 púas nunha finca… foi verdade, Carlos? E outra vez, e desta dou fe, cando na miña casa, en Trasliste, mercamos en decembro do 1985 o Massey Ferguson 267 e chegaron Carlos e máis Javier (un amigo de ambos) nas bicicletas ata a mesma casa de Vázquez, en Trasliste, ... menuda fazaña para uns nenos duns 13 anos! e só para ver ao 267!. O peor de todo foi que se armou semellante treboada que se fixo noite moi rápido e tivo que levalos, a eles e ás bicicletas, meu pai na furgoneta 2 CV, que daquela era o único vehículo que había na casa. Este é o Deutz D40 de Carlos diante da Catedral de Santiago, unha boa recompensa ao seu gran traballo. 93 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Xa co paso do tempo, Carlos persevera na súa grande afección e profesión á maquinaria agrícola introducíndose ao mundo dos clásicos; merca e restaura un Deutz D40, e como el o definiu, culminou a obra peregrinando a Santiago con el recentemente restaurado por aquel intre en xullo do 2008. Ah, esquecíame que, ademais de Laura, Carlos ten outro grande amor: o seu JD 2040 S, mercado novo por seu pai (que en paz estea) no ano 1986, impecablemente coidado con xa 10.000 horas (das curtas, xa que tiña por aquelas tacómetro electrónico, pero 10.000), e de seguro que conservará para sempre. 94 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE CASA TENDEIRO ÁNGEL SANTOS DÍAZ OLIVERIO ÁLVAREZ DÍAZ Non tiñan, a priori, demasiadas cousas en común Ánxel Santos e Oliverio Álvarez cando se coñeceron. Recentemente chegado da Fonsagrada, Oliverio comeza a súa vida laboral na mesma empresa na que Ánxel levaba xa moitos anos traballando. Ademais da relación profesional xurdiu , xa desde o primeiro día, unha moi boa relación persoal entre eles. Compartían afeccións e inquedanzas, así que non tardaron en adicar grande parte do seu tempo de lecer en percorrer vilas e aldeas preguntando á xente e interesándose por recoller e rehabilitar diversas pezas: motores, malladoras e limpadoras empregadas antigamente para colleitar trigo e outros cereais. Foi así como, pouco a pouco, se foron facendo coa grande colección coa que contan hoxe. A primeira malladora, unha Ajuria, foi un agasallo que lles fixeron coa promesa de que a ían poñer a funcionar. Despois da malladora só lles faltaba o motor para o equipo completo e non tardaron en dar con el: un Lister, un soño feito realidade. Rescatárono con grande esforzo dunha corte de ovellas na aldea de A Barreira (A Fonsagrada). O traballo de restauración foi importante e ata se atoparon con un niño de ratos no cárter do aceite. No verán do ano 1998, co equipo en funcionamento, convidaron a uns poucos amigos, entre eles un veciño da “Casa Isaura” de Orbazai que lles cedeu unha ducia de mollos. Foi o nacemento da I Malla de Orbazai (Lugo). Despois desta primeira experiencia non dubidaron en procurar eles mesmos a súa propia materia prima. Comezaron a sementar o trigo que logo colleitaban ao xeito tradicional: seguían contando coa axuda de familiares e amigos que lles botaban unha man (ou máis ben, as dúas) na sementeira, na sega e logo, por suposto, na malla, onde tampouco faltaba o tradicional palleiro adornando a eira da “Casa Tendeiro” de Orbazai. Pouco a pouco foi sendo moita a xente que se achegaba (uns con curiosidade, outros con certa morriña) ás distintas convocatorias que Ánxel e Oliverio organi95 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica zaban. Colaboraron tamén noutras mallas como a de Caborrecelle (Portomarín) ou Piñeira (A Fonsagrada). Despois do primeiro motor viñeron outros. E outras malladoras, segadoras tiradas por vacas, arados e calquera apeiro relacionado coa agricultura tradicional galega. No ano 1999 o Concello de Lugo convídaos a participar na Feira Exposición de Calella de Mar (Barcelona) adicada ese ano á provincia de Lugo. Sabido é da cantidade de emigrantes galegos asentados nesta Comunidade Autónoma desde hai tempo, moitos deles foron os que, con gran orgullo e algo de amor propio, tentaron poñer en funcionamento aquel motor de mallar da mesma maneira que o facían nos seus anos mozos, alá na aldea. Namentres, Ánxel e Oliverio se afanaban en explicar o que era a aqueles que nunca tal viran. Estas explicacións ían seguidas de numerosas demostracións ao longo dos días que durou a feira. Foi no ano 2006 cando se involucraron nun novo proxecto converténdose en socios fundadores da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC) e foron convidados no 2007 polo Concello de Valverde del Majano (Segovia), onde se celebra cada ano unha importante exposición de maquinaria clásica. Todos estes acontecementos contribuíron a que fose medrando o interese de ambos os dous socios por poñer en valor unha parte importante da historia rural ao mesmo tempo que medraba tamén o número de motores, malladoras e limpadoras que ían recollendo, poñendo en funcionamento e logo almacenando na “Casa Tendeiro” que, dito sexa de paso, xa se lles foi quedando pequena dada a colección coa que contan agora. Da man de AGAMAC e coa colaboración de diferentes entes públicos e privados puideron participar en diferentes mostras e exposicións, nas que tiveron a oportunidade de ensinar todo o seu traballo de recuperación deste patrimonio arqueolóxico industrial moitas veces esquecido en palleiras, montes, cortes e silveiras. 96 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Interesantes pezas destes dous socios fundadores de AGAMAC. 97 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE BENEDICTO FLORENTINO DÍAZ BLANCO Foi traballador da bábrica de motores De Dion Bouton en Chavín, Socio fundador de Agamac e restaurador de máximo prestixio. Colección de motores propiedade de Benedicto fabricados en Chavín. 98 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE MANUEL VÁZQUEZ RIVAS O RELEVO DOS BOIS E DAS VACAS Lémbrome de ver os primeiros tractores alá polos anos 58 e 59, cando o “Patrimonio Forestal del Estado”, en convenio co Concello de Láncara, transformara 13 hectáreas de monte “Lama Grande” en pasteiro; había dous tractores con remolques para sacar pedras, que fomos cargar os vecinos, logo comezaron a arar, cada pouco enterrábanse e tiña que remolcar un ao outro. Logo, polo 1960 chegou o 1º tractor a Láncara, á parroquia de Vilaleo, lugar de Neira de Rapados, e o seu propietario era Eugenio Cela, o tractor, un Porsche Alemán de 22 CV, con matrícula Lu-32, adicábano a traballar para o público, tiña un pequeno arado monosuco reversible, unha pequena grade de discos e tamén un remolque sen basculante de ningunha clase. O primeiro cliente de Trasliste foi meu pai, para roturar un pedazo de toxal na “Revolta”, a mellor finca da casa; chegou á mañá, sobre das 10, e xa traía media hora dende a casa, que por certo, cobraba a 25 pesetas á hora, lembro coma agora mesmo, chegou metade da aldea a velo arar, cando chegaba a unha raíz dun toxo ou xesta, lebantábase de diante máis dun metro, e así as ía arrincando. Este tractor, o Porsche, foi sustituido por un David Brown con unha pala dianteira pequena que xa parecía cousa doutro mundo. Cargaba entullo para facer pistas e para outros usos moi diversos. Tamén me acordo de que co Porsche se carretaron os chantos para pisar a aira de mallar, como non había pista, deixounos en Puche (ponte sobre o río Pombo en Trasliste) un pequeno camión de Ovidio do Escribano, destes chantos comentar que o que os arrancaba e os vendía, cobraba 100 pesos polo día. Seguindo coa historia do Porsche, foi adquirido por Cabadas de Quintela (Trasliste), e seguíu a traballar para o público, entre os dous irmáns, Manolo e Elías, cando era polas épocas de laboreo das terras araban noite e día, e os rapaces, de noite, onde oíamos o tractor aló íbamos a pasalo moi ben, vendo como araba e levantaba laxe nos agros. Este tractor, tamén facía de vehículo de transporte, adoitada ir ás feiras con gado, e logo, á noite, cando se saía dos salóns, por exemplo do da Pobra de San Xiao, todos os rapaces e rapazas viñamos nel, incluso no capó tamén. Un domingo, pinchárase unha roda de atrás e non a deron parchado, e entre Elías e un veciño, Rogelio de Álvarez, levárona andando ata a Pobra e volvérona a traer (18 km ida e volta), para pola noite poder ir á festa no tractor. Este Porsche foi o primeiro tractor da aldea, o 2º foi un Super Ebro que comprara Manuel de Campo de Arriba, da Barboa, Trasliste, que tamén se adicaba a traballar para o público. E o terceiro foi o meu, un Ebro 44 (Ebro Diesel) de 2ª man con matrícula CR 624, mercado a Churrillo da Pobra, este era o tractor nº 7 que vendía Churrillo, que chegou a vender moitos tractores usados (tal vez miles) e que agora é un dos fortes concesionarios New Holland; foi no ano 1966, licencieime en febre99 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica ro, e logo animei aos meus país e decidimos comprar, estivemos en trato con Auto Avión, con un tal viaxante chamado “Romay”, e tratamos xa no Super 55 en 220.000 pesetas, con arado monosurco reversible, pero despois, un día na Pobra vimos no Churrillo nun rocho de Sobrado, dous tractores, un Ebro 44 e un Barreiros, e tratamos o Ebro por 80.000 pesetas, que por certo, os cartos non os tiñamos, e bancos daquela non había, so sucursales, e non daban cretos así polas boas; valémonos dun que daba a “Hermandad de labradores” da que Luis Osorio era o presidente, e meu pai vocal. O préstamo era de 75.000 pesetas, a pagar en 5 anos, a 19.000 pesetas por ano, incluidos xa os correspondentes intereses, os cartos déronolos no Banco Hispano Americano, en Santo Domingo (Lugo), e xa llos entregamos alí mesmo a Churrillo. Comprámoslle unha grade Ajuria, en Lugo, e logo un remolque que nos fixo churrillo, con basculante por inercia, eixo de 70 mm e rodas de 14 lonas, todo en 20.000 pesetas. Tamén se mercou un arado de monte, agromecánica, que inda está hoxe en pleno servizo, e así tamén me adiquei a ganar algo traballando para terceiros, que moito non era, xa que cartos poucos había, e a xente estábamos moito inda no regateo. Máis adiante mercouse tamén unha segadora de cuchillas alternativas, de 2 m de corte, que houbo que recortar moito, da marca Mújica Orellano, mercada en Madrid e que ma axudou a atopar un Parente que alí tiña un bo negocio de fundición de Aluminio, Ángel Vázquez, que costara 7.500 pesetas e que foi o regalo de voda deste parente. A esta máquina, ademais de recortala, adaptámola para as segas, cun rastrillo para facer manadas para os mollos, e tamén asento. Outro gran servizo que facían os tractores era levar a facenda á feira, tamén ao matadoiro, gado que había que sacrificar urxente; disto teño moitas anécdotas, por exemplo, certo día funlle a Camiña de Vilaleo por un remolque de herba seca, a Cedrón, había que pesala en feixes, e cando chegamos a Vilaleo e a descargamos, veu un veciño, o Conde de Vilaleo, pedirme que lle levara unha vaca a Frigsa, a Lugo, díxenlle que non tiña alí os laterais, e alí mesmo lle adaptamos as cainzas do carro, e a vaca para Lugo (que está a máis de 30 km); chegamos ás 12 da noite, tivemos que agardar a que viñera o matachín, total que cando acabamos eran as 2 da mañá; nesta fazaña acompañáranme o dono da Vaca, Conde, e José do Carpinteiro (tamén de Vilaleo). Chegamos á casa ás 4 da mañá, gañando no día 1.000 pesetas, 500 a cada porte, unha miseria, pero era así. 100 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica REPARACIÓNS: Moi caras e moi mal feitas, valía reparar o motor dun Ebro sobre 25000 pesetas, e ao pouco tempo xa gastaban aceite a chou. Non había onde mercar nada de segunda man, xa que non había desguace ningún de tractores. En Lugo, para mercar recambios estaban Auto Vázquez e Ponciano, e algún máis, que vendían recambios orixinais e xa empezaban a vender algo de competencia. PARCHAR AS RODAS: Faciámolo con moitos traballos na casa, para desmontar unha roda traseira, valiámonos dunha cadea atada ao disco, unha panca e un coto contra a cuberta despegabámola, logo parchar e dar aire cun pequeño bombín vello; o peor era cando parchabas, montabas e volvía a perder… HOXE E DOUTRA MANEIRA Hai desguaces que solucionan moitos problemas e aforras moitos cartos, hai medios nas casas, como boas ferramentas, compresor de aire, e demais, e os talleres, inda que cobran ben, reparan case todos con boas garantías. Un día de feira da Pobra de San Xiao, Láncara, nos anos 60. No tractor da Casa de Vázquez, de esquerda a dereita: Manuel Vázquez, Julio de Cabadas de Seoane, José de Tallón, e Rogelio do Rei do Chao, todos de Trasliste. 101 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica MELLORAS INFRAESTRUCTURAS Antes non había pistas coma hoxe, as fincas estaban con valados, árbores, toxos, e houbo que ilas mellorando. As entradas ás fincas eran para carros, pois con aqueles tractores, hoxe clásicos, ou achatarrados, e outros perdidos polas pendellas, fixéronse moitas cousas, para chegar a onde estamos, recordó tirar co Ebro 44 carballos, primeiro co arado arrincando algunha raíz e logo cun cable a tiróns ata que caía… FALTA MOITO? Ou pouco, segundo como se mire, coido que o que falta é xente que entenda o ben que hoxe se pode vivir no rural, que valore o contacto coa terra, para aprender a coidala e convertela en fonte de vida. Manuel Vázquez Rivas Labrego de Trasliste, Láncara, Lugo Manuel Vázquez, no 2008, facendo o camiño de Santiago a bordo do Fordson Super Major da Casa de Vázquez 102 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE JOSÉ VARELA VARELA José Varela Varela naceu en Santa Marta de Fixós (Lugo) no ano 1941. A súa profesión foi sempre a de labrego e gandeiro, adicándose durante un tempo á profesión de madeireiro. José recorda que a súa afección pola maquinaria agrícola comezou sendo el moi novo. A afición pola restauración veulle hai 10 anos. Seu pai mercara unha segadora en Sarria no 1940. O primeiro tractor que tiveron na casa foi un Lamborghini de 3 cilindros, aló polo ano 1960. Máis adiante adquiriron un tractor David Brown 990. Este último é un tractor usado que andou na madeira, que era ao que se adicaba seu pai, antes de empregarse para as labores agrícolas. Tamén ten unha pala David Brown orixinal. José Varela é fiel a esta marca e tamén é dono dun David Brown 1490 dobre tracción dos anos 80. Varela diante do mini palleiro de demostración que fixo en Segovia, Valverde del Majano, en setembro do ano 2007, ao lado dos socios Julián Capón e José Luis Vila. 103 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE ANTONIO ÁLVAREZ GEGÚNDEZ Antonio Álvarez Gegúndez é natural de Montouto de Córneas, Baleira, Lugo. Na actualidade son profesor de soldadura en Fomación Ocupacional. Imparto cursos de soldadura, TIG, MIG - MAG e outros. Aló polo ano 1994 fun invitado a comer a casa dun amigo. Alí tiñan un motor de mallar, o cal puxeron en marcha. Aquel son, tan peculiar, recordábame a miña infancia e dende aquela entroume un verme que aínda hoxe é o día que non me pasou. O primeiro motor que comprei foi un “Counnor” ou “Bernar”, en Travesas. Cheguei ata aquel pobo o ir facer uns traballos e vin o motor tirado debaixo dun hórreo, paguei por el 2.500 pesetas, restaureino e conseguín que funcionase. O segundo motor que comprei foi no pobo de A Balsa en Navia de Suarna, por el pagara 25.000 pesetas (o cal non fixo falla restauralo, debido a que funcionaba a perfección, ademais de outros aparellos da malla). Este motor realizou a malla no concello de Baleira durante varios anos, na festa da malla que realizaban a asociación de veciños Meireo. Ademais de realizala en Láncara, e tamén en Pacios de Sobrado. Pouco a pouco fun xuntando varios motores. Para conseguir os diferentes motores que posúo tiven que percorrer os concellos de Baleira, Fonsagrada, Navia de Suarna, Os Ancares, Becerreá, Baralla, Meira e A Pontenova, todos estes na provincia de Lugo e tamén nalgun pobo de Asturias. 104 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica A restauración dos motores. Funos restaurando na casa da aldea, onde teño o meu taller, dispoño dunha forxa, onde ás veces tiven que facer pezas e outros aparellos, para conseguir que funcionasen. Parte da colección que tiña funa vendendo, algúns motores foron parar a Barcelona, outras quedaron por Galicia, así conseguín comprar mais aparellos. Conseguín xuntar pezas históricas. Polas zonas rurais quedan moitas antigüidades por recuperar, malio problema de conseguir convencer aos seus donos. Cando andei a polos pobos a procura de motores e outras antigüidades, atopeime cunha carroceta OM italiana do ano 1936. Tiña unha cabina de un camión EBRO, perdendo a orixinalidade. Prepareille o motor, o cal foi sinxelo de poñelo en marcha. Fixen unha exposición en Baralla, coincidindo ca feira de maquinaria agrícola a onde levei a carroceta e 5 motores de malla onde tiveron unha boa acollida. Naquel día dixéronme de varios motores e dalgunha carroceta máis. Tempo despois de andar na procura dos motores e carrocetas, comprei máis motores e outra carroceta, no concello de Muras. Esta non puiden restaurala ata finais do 2004. A carroceta estaba nun estado lamentable, pero fun recopilando información orixinal. Foi entón cando puiden restaurala. Levoume 7 meses de traballo e un total de 1.125 horas. Tiven que facer moldes para conseguir algunha das pezas orixinais da carroceta, como os protectores dos palieres, os candís ou os 4 ganchos. Cando rematei a restauración e se deu preparada a documentación foi xa no ano 2006. A revista Auto Aventura 4x4 enterouse da existencia da carroceta debido a que estivera nunha feira de exposición de coches clásicos en Lugo, contactaron comigo e viñéronme facer unha reportaxe, a cal foi publicada a nivel nacional. Esta carroceta tivo grande interese na provincia de Lugo, especialmente na Pontenova, onde viñeron varias carrocetas procedentes do exército. A maioría delas 105 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica debido a diferentes poxas nas que se foron vendendo para a vida civil. Servían para sacar madeira dos sitios máis difíciles, estas carrocetas foron feitas para pasar polos camiños dos carros, cando se foron agotando as existencias das carrocetas, foi cando se comenzou a comprar camións e adaptábanos ás carrocetas e facíanos máis estreitos, poñianlles tracción dianteira e motor diesel. Polo ano 1960 chegou a Lugo un Enxeñeiro de Industria, desprazándose a Pontenova e tomando nota da demanda que tiñan ordenoulles facer vehículos novos, asociándose varios talleres: Miranda Alonso e Fernández coa marca (MAFSA), ca carroceta OM foi a nai de todas elas e é a avoa da carroceta-camión (IPV) e bisavoa do (URO) en Santiago de Compostela. No ano 1937 Mussolini regaloulle a Franco 100 auto carretas OM e Franco comprou 226, en total sábese que para España viñeron (326) auto carretas OM. O nome da carroceta ten o seu misterio. Parece ser que naceu na Fontanería, cando Don Carlos López Álvarez veciño de Antonio Álvarez Gegúndez, conta a historia do nome de CARROCETA: “D Jose Riveiro Sal, comprou unha Autocarretta OM, aínda sen documentación e sen matricular que sacaba madeira. A señora D. Inés Fernández Méndez, (que faleceu en 1995 con 75 anos), preguntou que vehículo comprara D. Jose Riveiro, a ela dinlle que unha auto carreta. Ao día seguinte pasou D José coa auto carreta ao lado da súa casa e a señora ao vela dixo: “aí vin a José a carroceta”, e os rapaces burláronse da señora e supostamente de aí foi de onde se pensa que saíu o nome de “Carroceta.” Na feira de exposición en Baralla, un señor que veu díxome que tiña un motor “Ford” do ano 22 con gasóxeno, aquelo sooume raro, pero de todos modos tomei nota do señor e de onde podía atopalo. O motor non o puiden ver ata 3 anos despois, dado que o tiña metido na palleira tapado con rolos de herba seca, e mentras non a gastou non se podia aceder a el. O ano pasado (2009) viñéronma ver os mestres do instituto das Mercedes de Lugo. Dixeron que me axudaban a restauralo se llelo prestaba para unha exposición que querían facer para o San Froilán. Dende logo, non puxen ningún impedimento, dado que era formativo para os rapaces e axudábanme coa restauración. Porque por falta de tempo aínda a tiña gardada adquirindo polvo á espera da restauración. 106 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Fotos da existencia da carroceta de Antonio e a súa vida. 107 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE JUAN JESÚS TRASEIRA VIÑAS Juan Jesús Traseira Viñas naceu en Conturiz, unha parroquia do concello de Lugo un 25 de decembro de 1952, no seo dunha familia dedicada á gandería e á agricultura. O contacto coa maquinaria foi algo común dende os primeiros anos de vida, a súa infancia está chea de recordos na que se unen os xogos, e a axuda que debía prestar a seus pais nos traballos da casa. Con catorce anos acudiu a Granxa Escola de “Ntra. Sra. Del Carmen, de Andrés Conde Vázquez”, en Guitiriz, onde participou nunha serie de cursos que axudaron a súa formación en maquinaria agrícola, especializándose en tractor, remolque e apeiros de traballo. A vida, levouno por outros camiños no ámbito laboral, pero sempre garda tempo para encontrarse coas súas orixes, dedicándose a restaurar e manter en bo uso toda aquela maquinaria que xa tiña na casa, e aquela nova que encontra e merca, disfrutando co resultado e sentíndose satisfeito pola recuperación de parte da nosa historia. 108 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE IGNACIO SANZERI NOGUEIRA, socio junior. Ignacio, é un rapaz estradense nacido no ano 1994, como non podía ser doutra forma é estudante, e entre as súas afeccións destaca a de coleccionista de maquinaria agrícola clásica, pero, sobre todo, xa é capáz de escribir así, xa que este texto é completamente del: “Chivas e Carrocetas un deseño na memoria” A miña afección polas chivas vén de anos atrás, e de ter a sorte de poder compartir a miña curta vida co meu avó. Iamos por unha pista de Berres meu avó e máis eu, cando vimos que un camión que intentaba entrar nun camiño do monte quedara enterrado. Entón meu avó comezou a dicirme que anos atrás, cando aínda funcionaba o serradoiro que tiña, non se usaban camións, usábanse Chivas e carrocetas. Quedei pensativo e pregunteille entusiasmado o que eran estes vehículos. As Chivas eran uns vehículos de tracción e dirección ás catro rodas que participaran nos seus tempos de xuventude na guerra de Abisinia (Etiopía) e na Guerra Civil española. Máis tarde éstas foron poxadas en Madrid alá polo 1953, un habitual comprador de poxas que se desprazara á capital comprou unhas cantas Chivas e tróuxoas para a zona da Estrada, corría o ano 54. Nós mercamos dúas. Orixinalmente este vehículo, tamén chamado Autocarretta, xa que a súa orixe é italiana, traía unha caixa de carga xeral onde levaba a munición, pero a nós chegounos sen ela, tamén viñan con un gancho posterior central para o arrastre de pequenos canóns. O posto de conducción era aberto e o volante estaba na dereita polo tanto cando nos íamos ao monte chovendo tiñamos que levar un traxe de augas, tamén me acordo de que chegaron con un foco central e viñan pintadas dunha cor verde caqui. O arranque era por manivela e tiñas que ter moito coidado ao arrancala xa que se estaba un pouco acelerada podíache pegar a manivela na man. Montaban un motor a gasolina de 20 CV, ademais unha das cousas que máis me chamou a atención cando mercamos a Chiva foi que tiña un trinquete que lle impedía o retroceso deste modo aínda que se apagase non corrías risco de marchar cara atrás. 109 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Traían suspensión independente polo tanto se ías por unha corredoira e había un burato a roda metíase ata o fondo do burato impedindo así a envorcadura da mesma. Este vehículo supuxo un grande avance para os montes de Galicia e Asturias xa que pasouse de transportar os troncos nos vellos carros de bois a poder levalos con un vehículo que ademais entraba por sitios moi complicados. No serradoiro de Maderas Berres (A Estrada) fixémoslles algunhas modificacións, encima do chasis puxémoslle uns travesaños cunha plataforma e uns fumeiros para soster os troncos, estes cargábanse ao ombro. Recordo que traían unhas rodas macizas pero ao que se lle gastou o caucho tivémoslle que poñer unhas rodas de aire xa que comezaban a patinar moito, aparte bloqueámoslle a dirección traseira colocando unha panca que conseguía accionar as rodas traseiras se era necesario, todos estas modificacións fixéronse para evitar o envorcamento. Adoitaba romper moito a coroa do grupo de forma helicoidal e ideamos no propio taller do serradoiro unha coroa de dente recto con moitos menos dentes, creo recordar que de 5 ou 7, sempre compensado da desmultiplicación. Despois de ideala levámola a facer a Talleres Bruzos en Santiago de Compostela. Comentar tamén que rompían os palieres por que tiñan pouca consistencia e ademais só estaban pensadas para 800 kg e nós chegamos a cargalas con 3.000 e pico kg. Todas estas modificacións fóronse imitando por toda a comarca. Pouco a pouco necesitábanse pezas de recambios que se conseguían nun tal Severino que estaba no centro da Estrada, os recambios traíaos de A Pontenova (Lugo). Acórdome que dunha vez saltou a correa da distribución e tiven que quedar tres horas de noite no monte arranxándoa para que puidese estar lista para traballar o día seguinte. A nosa denominación de Chiva vén de que pode subir por case todos os sitios. Pero noutras zonas denominábanas, A Raspita, Carolina, tractor etc. Catro anos máis tarde comezamos a ver que as chivas italianas de marca OM non daban máis de si e tiñamos que facer un vehículo mellorando as que xa tiñamos. 110 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica A estes vehículos chamámoslle “Carrocetas”. Nos fomos os primeiros que fixemos unha carroceta de toda a comarca. Esta foi encargada a talleres Andrade e baixo a nosa supervisión a primeira levaba un motor Barreiros tres cilindros pero non aguantou nin 3 meses e tivemos que cambialo por un Chevrolet a gasolina de lubricación a cucharilla, levaba unhas diferenciais Ford cunha reductora e de roda sinxela detrás. Despois de facer esta carroceta fixemos outra algo máis grande con un motor Barreiros catro cilindros e levaba unhas diferenciais GMC, estas tiñan un problema e era que as crucetas non aguantaban e rompían, por iso eu inventei unha cruceta que mandei a facer a Santiago. Ambas as dúas carrocetas levaban cabina e parabrisas, tracción total, as diferenciais traseiras fixas e usáronse tanto coma para traballos agrícolas e forestais. Recordo que dunha vez viñeron a tomar medidas das nosas carrocetas dende A Pontenova. Na Estrada Talleres Andrade que tiña a representación Barreiros só fixo as dúas carrocetas para nós, pero tamén as fixo Gestoso que según conta chegou a facer 51 carrocetas, e tiña a representación Perkins, e Loureiro que só fixo unha carroceta tiña a representación Land Rover Santana. Pouco a pouco os pequenos talleres de carrocetas artesanais foron pechando e na Pontenova so foron capaces de sobrevivir tres talleres que despois da súa unificación crearon MAFSA (Miranda, Alonso e Férnandez, Sociedade Anónima), sendo hoxe unha empresa de grande prestixio luguesa co novo nome de IPV. 111 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Ignacio ao lado do Nuffield de seu avó. Posto que sen dúbeda os socios junior son o futuro da asociación, Ignacio xa entrou en tractor clásico na praza do obradoiro. 112 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE LORENA BASADRE PENELA (socia junior) Lorena Basadre Penela é socia junior de AGAMAC desde o ano 2008. Cando contaba apenas con 6 anos xa demostraba interese polo mundo do campo: segas, mallas e apeiros de labranza chamaban a súa atención. Gustáballe que a levasen ás feiras ou eventos onde se expoñían apeiros restaurados, motores clásicos, tractores ou calquera outro tipo de maquinaria antiga ou nas que se mostraban os últimos avances e innovacións para o traballo agrícola. Lorena é descendente dunha familia de muiñeiros que combinaba o labor do muíño coas tarefas agrícolas e gandeiras da casa. Eran propietarios de dous muíños situados no río Mera. Esta xente transportaba o grao en carros de mulas desde a cidade de Lugo ata o muíño. Unha vez alí moíano e devolvían a fariña e máis o farelo ós seus propietarios, recibindo a cambio unha pequena porcentaxe de grao chamado maquía. Tamén moían para algúns veciños de Orbazai e dalgunhas parroquias colindantes. Neste caso o grao xa o traían os propios veciños, sendo a remuneración máis pequena ó non incluir o transporte. Estes muíños funcionaban desde antes da Guerra Civil. Foi durante a guerra e a posguerra cando tiveron a súa maior auxe, pois moían sen descanso tendo serios problemas no verán pola escaseza de auga no río. O Mera é un río de cauce rápido, sofre importantes diferenzas no caudal segundo a época do ano. O muíño de Arriba ou da Malladoira tiña un salto de auga moi intenso, isto aproveitouse tamén para colocar unha dinamo que subministraba enerxía eléctrica á casa do Tendeiro. O dato a destacar é que foi a primeira casa da parroquia en ter luz eléctrica, alá polos anos 50. Este muíño tiña dous postos de moído. Como alcanzaba tal nivel de presión a auga utilizábase para moer o alimento do gando. O motivo disto era que tiña moita velocidade e podía requentar a fariña. O muíño de Abaixo ou do Prado era máis lento e nel moíase o grao que logo ía para consumo humano. Podía ser trigo, centeo ou mesmo millo. De aquí saía a fariña que se empregaba para cocer, para facer tortas na tixola ou as papas para o almorzo, tan habituais no rural naquela época. Este muíño parou de moer en 1985 sendo o último muiñeiro Manuel do Tendeiro, tío bisavó de Lorena. Tiña o muíño unha habitación onde os antepasados de Lorena viviron moitos anos namentres non construíron a que sería coñecida como “Casa Tendeiro”. 113 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Esta familia viviu varios anos nun muíño existente no río Rato (Bosende), antes de instalarse en Orbazai. O lugar chamábase O Tendeiro, de aí o nome da casa. Na actualidade, este muíño foi restaurado pola Deputación Provincial de Lugo para a súa utilización como restaurante. Actualmente, Lorena é a descendente máis nova que segue vivindo na “Casa Tendeiro”. 114 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE MANUEL PRIETO CASTRO, TALLERES PRIETO DE VILALBA (LANZÓS) Manuel Prieto naceu no ano 1958 en Lanzós, Vilalba. Criouse nunha casa de labranza e aos 16 anos marchou traballar a Vilalba a un taller de tractores. En1979 abriu o seu propio taller. Ten contado que unha vez levou un Barreiros dende Castela andando ata Lugo para amañalo. A afección por restaurar tractores tena desde sempre, pero máis intensamente desde hai 5 anos. O seu tractor preferido é un Güldner. Ademais ten 2 tractores Man, 1 tractor Porsche (matrícula número 30 de Lugo) e un Lanz. Prieto nun dos seus MAN, restaurado a conciencia por él, diante do seu taller. Este tractor realizou o camiño de Santiago no ano 2010, participou na cabalgata do Reis Magos 2011 en Lugo e asistira a CIMAG 2011. No Cebreiro, realizando o Camiño de Santiago. 115 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE ÁNGEL FERNÁNDEZ CAAMAÑO Ángel Fernández Caamaño naceu en 1970 no concello lucense de Begonte. É carpinteiro de profesión. Empezou a traballar aos 17 anos nun taller de restauración de madeira de Lugo, situado na Rúa Tui. Non é de familia labrega. Seu pai traballou en ANVASO de pintor. Estando nesta empresa, seu pai mercou un tractor: un Barreiros 545. O primeiro día foron nel os pais e os cinco irmáns dar unha volta pola aldea. Este Barreiros viña de Madrid pintado de cor laranxa, cando a súa cor orixinal é vermella. O seu tractor preferido é o Barreiros. Ángel diante da súa nave de carpintería entre os seus dous Barreiros 545. 116 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE MANUEL FORJA ARES Manuel Forja Ares naceu no ano 1967 en Santa Leocadia de Parga. Adícase á agricultura, á gandería ( explotación mixta de leite e carne) e ó cultivo de frores. O primeiro tractor da súa casa foi un Barreiros 335. Despois chegou un Massey Ferguson 267 (ao cal se subiu a súa tía sen as zocas para non o manchar). Despois tiveron un David Brown 990 que foi achatarrado e un Barreiros 5055, comprado de segunda man a un señor de Friol. Ademais mercou dous Barreiros 335, un dos cales está sendo restaurado polo socio Manuel Prieto. Tamén se fixo con un Super Ebro 55. Xunto co seu fillo Aitor Forja Lamas (1994) ten máquinas de mallar e limpadoras, destacando entre elas unha Campeva. Dende AGAMAC, destacar a labor de Pilar, que sempre nos acompaña e apoia aportando serenidade e ideas en cada actividade que desenvolvemos. Manolo Forja. 117 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Aitor Forja. 118 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE JOSÉ ANTONIO CASTRO FARIÑAS José Antonio Castro Fariñas naceu no 1952 en Santiago de Saá, parroquia pertencente ao Concello de Lugo. É mecánico de profesión. Sempre lle gustou a maquinaria agrícola. Lembra que o primeiro tractor que viu foi un Man, o cal admiraba sempre que ía á escola. O primeiro traballo de restauración que fixo foi arranxar unha bomba de auga dun David Brown 990. O primeiro tractor que houbo na súa casa foi un Super Ebro que comprou seu pai en Madrid, de segunda man e con tres anos de uso. Trátase dun tractor que arrancaba por panca. José Antonio púxolle un arranque moderno pero desde o punto de vista estético simula seguir sendo un arranque antigo. Unha anécdota que relata é que sacou o carné no ano 70, cando aínda non tiña a idade legal para facelo. Seu pai tivo que poñer unha fianza de 3000 pesetas para que o puidese sacar. O primeiro que fixo cando tivo o permiso foi andar durante todo ese día no tractor. Entre as súas pezas favoritas figuran varios tractores: un David Brown mercado en Sevilla, un Barreiros 7000 e o Super Ebro familiar que continúa impecable. Tamén ten algún motor, como un Diter de 90 cv, totalmente restaurado e con 40 anos de antigüidade. 119 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE ALEJANDRO RODRÍGUEZ LÓPEZ Detalle de un motor do socio Alejandro Rodríguez López. 120 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica DE BALDOMERO PARADA GONZÁLEZ Coido que a día de hoxe Parada para o mercado galego de tractores é a imaxe personalizada de Massey Ferguson. Coñecéndoo como o coñezo, cabe dicir que é un profesional que ten a sorte de encantarlle o que fai, pode ser que ese sexa o motivo de que o faga ben. Cando eu tiña uns 14 ou 15 anos, e estaba a piques de cesar a produción de tractores Massey Ferguson en Motor ibérica, a xente comentaba que se acabara Massey, iniciándose naquel intre a introdución dos tractores da serie 300 fabricados en Coventry (Inglaterra); pois daquela, escribín eu unha carta dirixida a Massey Ferguson Ibérica, pedindo información dos novos productos, tal carta chegou á man de Parada, e este visitou naquel intre a un neno que lle escribira unha carta a unha casa de tractores… así fidelizou para sempre a un cliente, isto dá mostra da visión comercial e persoal de Baldomero. O Conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, subido no tractor de Parada, con él ao seu lado. 121 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 122 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 9.– COLABORACIONES DE PROFESORES DAS UNIVERSIDADES DE GALICIA E DEPUTACIÓN DE LUGO. D. Manuel Lara Coira e doutor Enxeñeiro Industrial, profesor na Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña e presidente da Asociación “A Buxaç”, Asociación Galega do Patrimonio Industrial. A MAQUINARIA AGRICOLA Mesmo na irreal proximidade das lembranzas, fican xa moi lonxe aqueles longos días do verán nos que os veciños se xuntaban para a sega, primeiro, e a malla, despois, apañando o trigo, o centeo e a cebada para o abasto doméstico do resto do ano. Tardiñas de po e suor, risas e algunha cantiga vibrante naqueles fundamentais traballos cooperativos da agricultura rural da nosa nenez. Diante, guiados polo maioral, ían as cuadrillas de destemidos segadores; tralos homes, afanábanse as mulleres recollendo o cereal e facendo os mollos. E máis aló, no fondo do rego, os nenos agardabamos cos porróns de auga para refrescar e alentar ós traballadores. Viña despois a malla, traballo tamén fatigoso que sempre había que facer nos días máis soleados e calorosos para mellor ser, que o pan non se cortaba ben se húmido. A terra e as lousas ardentes nas airas recibían o grao desprendido da palla cos golpes dos mallos; a calor, o po e as arganas dificultaban a vista e mesmo o respirar… Un daqueles veráns chegaran os veciños con moito barullo, na compaña dun estrépito novo de golpes de madeiras e ferreganchos: chegaran as máquinas… Asombro un si es non es medoso de nenos e maiores cando un dos homes despois de andar fedellando no aparello arrancoulle como un trono distante e entón aquilo resollou e algunhas pezas comezaran a virar renxendo e facendo tremer a máquina enteira: comezara a mecanización do campo... A introdución das máquinas no rural non trouxo a destrución do mesmo nin a fin do colectivismo agrario. Ben o contrario axudou a liberar a humanos e mesmo ós animais da escravitude do traballo directo da terra, reducindo a fame no mundo e descubrindo novas maneiras de traballo colectivo. Despois da ferramenta manual, a maquinaria agrícola pasou a ser elemento decisivo na cadea de produción de ali123 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica mentos, dando emprego a numerosas persoas en moitos sectores conexos: o deseño, a fabricación, a reparación, o mantemento, a comercialización… Formas novas da cooperación no traballo que foron atopando o seu acougo no agro galego. Non sei cando chegaría a primeira maquinaria para axudar no traballo nos campos. Porén si sabemos que xa na década de 1920 distintos organismos relacionados coa agricultura no entón chamado Ministerio de Fomento andaban enleados na mecanización e modernización do agro español. E daqueles tempos pódese aínda contemplar algún motor Lister fabricado en Dursley (Inglaterra) contra 1920, de un só cilindro alimentado por gasolina e que virando a 450 rpm daba 5 CV. Chegaran tamén motores De Dion-Bouton (París, Francia), Gudell (Berlín, Alemania); con eles chegara tamén algún tractor Lanz (Manheim, Alemaña), McCormick (Chicago, Estados Unidos) ou Massey (Wisconsin, Estados Unidos). Destes anos cómpre sinalar a importancia do taller mecánico de Chavín (Viveiro), na que o mindoniense D. José Manuel Barro González chegara a ter contra 1926 ata oitenta traballadores e vinte e seis aprendices dedicados á fabricación, montaxe e reparación de todo tipo de pezas e maquinaria mecánica para o sector naval e a automobilístico –mesmo un incipiente sector agrícola mecanizado– destacando nomeadamente as destinadas a autobuses, automóbiles e camións De Dion-Bouton, aínda que tiña tamén a representación doutras marcas (Delahaye, Brockway) e carrozaba chasis para todo tipo de marcas (Aclo, Leyland, Saurer, Mercedes, etc.). Viñera despois o alzamento revolucionario de parte do exército contra da República, a desgraza da Guerra Civil, co seu ronsel de destrución de gran parte do aparato produtivo e a perda de cultivos e infraestruturas, ó que se xuntara unha climatoloxía adversa naqueles anos e que levou á recesión e o estancamento económico en todo o país na longa noite de pedra da posguerra, marcada pola política autárquica e intervencionista do novo réxime. O intervencionismo do Estado no sector agrario consistira fundamentalmente no control da produción, da distribución e mesmo do consumo de produtos agrarios, controlándose os prezos a medio da fixación de copos de entrega obrigatoria os organismos estatais creados ó efecto. Impuxéranse tamén taxas para a adquisición de medios de produción y materias primas, establecéranse superficies mínimas de cultivo, obriga de cavar novas terras…; en fin, unha política intervencionista e autárquica filla da necesidade, pero tamén da ilusión da autosuficiencia, que afundiu a economía e aínda a sociedade española nunha fonda depresión que deteriorou moitísimo as xa precarias condicións de vida daqueles tempos. Anos de grandes 124 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica problemas de abasto de alimentos e de materias primas fundamentais, de racionamento do consumo, de estraperlo e de miseria, de illamento internacional e de exaltación nacionalista, de descapitalización do campo e de quebra do proceso de modernización que viña producíndose ata o comezo da guerra civil. Neste cadro de tristura e miseria, algunhas esforzadas iniciativas miraban por axudar nas duras tarefas do traballo campesiño: amáñanse vellos motores, componse mal que ben a maquinaria enferruxada, e mesmo funcionan algunhas carrocetas OM fabricadas en Italia nos anos 30 e obsequiadas polo xefe do estado italiano, Benito Mussolini, ó novo xefe do estado español, o ferrolán Francisco Franco. Os talleres de Barro en Chavín, militarizados durante a guerra, continúan na posguerra subministrando pezas de recambio de todo tipo para atender a gran demanda do mercado dos motores e vehículos de toda España, e coñecen nestes anos o seu máximo esplendor, chegando a ter un cadro de persoal de trescentos empregados e mesmo fabricando baixo patente francesa os gasóxenos MM, que producían a partir de madeira gas combustible para suplir a carencia de combustibles líquidos derivados do petróleo para os motores de camións e ómnibus, fundamentalmente. Na outra estrema galega, Eduardo Barreiros Rodríguez, fillo do propietario da liña de autobuses Ourense-Os Peares, comezara na metade da década de 1940 transformando os vehículos industriais rusos 3HC que quedaran en España nos anos da guerra civil, e adaptando con éxito os seus motores para traballar con gasóleo, patentando o seu procedemento contra 1951. A partires da primavera de 1954, a empresa familiar Barreiros Diesel “para fabricación de motores, camións e tractores” comezaba a súa andaina co motor EB-6, desenvolvido a partires dun modelo Perkins, que se montaría nas famosas carrocetas IPV (Industrias Puentenuevo Villaodrid) fabricadas nos talleres de A Pontenova (Lugo) por Miranda, Alonso e Fernández (MAFSA) que xa traballaran arreo amañando as vellas carrocetas doadas polo exército italiano … pero esta é outra historia. Ademais dos Barreiros, no campo galego a mecanización medraba nos decenios de 1950 e 1960, non só coa achega de motores, tractores, camións e maquinaria fabricada noutros lugares como os procedentes de Industrias Fita (Figueres, Girona), Motores Campeón (Montcada i Reixac, Barcelona), Motorrens (Reus, Tarragona), Motores Diesel Matacás (Barcelona), Tractores Españoles TESA (Barcelona), Díaz de Terán DITER (Zafra, Badajoz), Tractores SACA (licenciada en 1960 por la International Harvester Company para fabricar en Sevilla), Lanz Ibérica (de Manheim, Alemaña, 125 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica pero desde 1960 en Getafe, Madrid), ou os Pegaso da Empresa Nacional de Autocamiones ENASA (La Sagrera, Barcelona), senón tamén da man e do enxeño de hábiles carpinteiros, ferreiros e mecánicos asentados en Galicia, que adaptaban, copiaban ou creaban maquinaria como aquela limpadora de cereal “feita en Lugo” por A. Vila Gandoy contra 1954, segundo reza a inscrición que nela figura. Foran así mesmo moi destacadas as achegas ó agro galego dos produtos –e sinaladamente a malladora Ajuria– da fábrica alavesa de Araia que iniciara xa a comezos do século XX da man do bilbaíno Serafín Ajuria e o seu socio Segundo Aranzábal, a fabricación de maquinaria agrícola nas instalacións que chegaran a ser contra 1954 a meirande fábrica española de maquinaria agrícola, con cerca de mil empregados nos talleres de Araia e Vitoria. E cómo non lembrármonos daquelas malladoras do “sistema suízo” que nos anos 1960 fabricaban no seu taller de Mondoñedo (Lugo) os irmáns Leivas, ou da malladora Campeva que facían na mesma época os Talleres Breamo, en Campolongo (Pontedeume, A Coruña). En fin, son moitas, moitísimas, as pegadas da mecanización na nosa historia agrícola, gandeira e forestal, sustento das nosas necesidades básicas que esperan da achega de traballos agarimosos para que non se perdan as súas lembranzas. E as ferramentas e as máquinas da labranza son merecentes de que lles conservemos e loubemos a memoria do singular papel que fixeron cabo de nós, na nosa vida, na nosa historia, na construción do noso país, facendo máis livián os nosos esforzos para tirar adiante da vida propia e da dos nosos. E é nesta angueira na que desexo felicitar e apoiar nas súas propostas e pedir a colaboración de todos os que amamos á nosa terra para axudar á Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC), que xunto con outras igualmente meritorias iniciativas (A Casa do Patrón, Casa Tendeiro, De Bosende), teima por recordármonos o valor do traballo no rural, fonte básica de riqueza, integral e sostible, que debe continuar a contribuír á auténtica calidade de vida da nosa xente e recibir o recoñecemento do que sen discusión é merecedor. 126 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Desiderio Novoa Piñeiro, Universidade de Santiago, socio de AGAMAC. ANVASO (1960 - 1983): FÁBRICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA El anagrama que identifica a esta empresa, AN.VA.SO, procede de las primeras sílabas del nombre y apellidos de su fundador, D. Antonio Vallejo Soto (V), hombre emprendedor y osado que inició su andadura empresarial como fabricante de herramienta y de máquinas agrícolas a principios del año 1960 en Muimenta, importante localidad del municipio de Cospeito en la provincia de Lugo. En Muimenta, con un solo empleado al principio pero llegando en poco tiempo a contar con veintiuno, fabrica diversa herramienta agrícola, arados de tracción animal (de “ferro”), gradas de discos, arados, remolques para tractores, etc En abril de 1970 se traslada a Lugo con todos sus empleados y se establece en Las Arieiras, donde, en una nave industrial de, aproximadamente, 250 m2 continúa con la fabricación del mismo tipo de productos. En diciembre del mismo año 1970 se asocia con M. Díaz y Prieto, S. A., pasando a tener esta sociedad la parte mayoritaria y siendo decisiva, por tanto, en el devenir de la empresa. El 22 de junio de 1972 se constituye la entidad mercantil “Anvaso, S.A.” a la que correspondería el NIF A27005766 y adopta el anagrama y membrete que se puede observar en la imagen siguiente Se construyen nuevas naves y se amplían los medios de producción. Forja, estampación, corte y mecanizado de piezas, corte y plegado de chapa, soldadura, acabados y diseño (oficina técnica) son realizados en las instalaciones propias y por personal y técnicos en plantilla. 127 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica En un terreno de, aproximadamente, una hectárea de superficie, las edificaciones destinadas a oficinas, fabricación y vivienda para conserje, ocupan, más o menos, 4.100 m2 de los que 3.250 corresponden a las zonas de producción y administración y los restantes a almacén de productos terminados. La importancia de esta empresa en la economía lucense la pone de manifiesto el número de empleados, que llegó a ser superior a las 130 personas. En el año 1974 se inicia la fabricación de motosegadoras, llegándose a producir, en todas las secciones de la empresa y en la época de mayor actividad: • Arados: Del orden de 200 mensuales, de diversos modelos, tanto fijos como reversibles, incluso de 1/4 de vuelta y arados especiales para competir en los campeonatos nacionales de arada. Los arados “ANVASO” tenían fama de hacerlo bien • Otros aperos como gradas de discos, cultivadores rígidos y flexibles, surcadores y subsoladores: 100 unidades mensuales • Remolques: 200 mensuales, de uno y dos ejes. El mercado para los de dos ejes estaba en Castilla • Cisternas de Purín: 60 mensuales. Algunas se fabricaban como lo que hoy se llamaría “marca blanca” • Motosegadoras: Se fabricaron más de 7.000 unidades en los años que duró su producción y que fue de 1974 a 1981. Las motosegadoras eran comercializadas por empresas del grupo M. Díaz y Prieto (“Comercial Bertolini, S.A.) con el nombre de “Bertolini Motoagro”. En un momento determinado y para poder ampliar la venta en algunas zonas de España, se fabricaron motosegadoras con la marca “Anvaso”. La única diferencia entre la “Bertolini” y la “Anvaso” era el anagrama que se hacía figurar en la máquina. Se fabricaban motosegadoras con dos anchos de corte: La de 1,27 m. y la de 1,10 m, llamada esta última “de montaña”. De dos o 4 ruedas. Dotadas de motores Diesel monocilíndicos de 14 CV, principalmente de las marcas Diter y Lombardini. Se entregaban con peine para hierba y para tojo y se ofrecían como opciones: carrito de una rueda, con o sin volante; aparato de afilar, aparato atador (para cereal); equipo de leguminosas; bombas de alta y baja presión para riego y lavado; bomba de fumigación y sierra circular. 128 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica El “carrito de una rueda con volante” tenía una peculiaridad que, hasta acostumbrarse a él, complicaba la conducción de la máquina. La rueda directriz se podía accionar con los pies y/o con el volante. Si se giraba el volante para ir hacia la derecha, por ejemplo, parece lógico que el pie izquierdo hiciese avanzar el pedal hacia delante y el derecho hacia atrás: sucedía exactamente al revés, el empuje lógico con los pies se oponía al esfuerzo llevado a cabo sobre el volante. En el mercado existían, naturalmente, otras marcas de motosegadoras tales como Camon, BCS, etc. Llama la atención especialmente la existencia de otra máquina que, fabricada en Italia por una empresa que nada tenía que ver con Anvaso, se comercializaba con el mismo nombre. Así, en el “clúster” de la maquinaria agrícola se hablaba de la Bertolini “Italiana” y de la de Anvaso. En las figuras que ilustran este artículo se puede observar la diferencia constructiva entre ambas. La “Italiana” Las fabricadas por Anvaso ¿Por qué sucedía esto? Parece ser que las máquinas italianas eran importadas y comercializadas en España, antes de existir la fábrica de Lugo, por una sociedad participada por M. Díaz y Prieto, con sede en Madrid (Motomáquina?), la cual tenía a su nombre la patente de la marca en nuestro país. Por motivos que desconozco hubo un desencuentro entre fabricante e importador. El grupo al que pertenece Anvaso compra una marca italiana, “Super Padana”, sus modelos de fundición, planos, etc. Las primeras segadoras que se montan en Lugo son comercializadas con el nombre de “Bertolini MS 74” y, posteriormente, en el año 1984, después de una serie de modificaciones obligadas por los problemas ocasionados por la deficiente calidad de algunos de sus componentes, se sustituyen por la “Bertolini MS 78”. Simultáneamente, como se ha dicho, otra empresa, “Auto Avión”, importa y comercializa la “Bertolini” italiana. La marca “Bertolini” se usa basándose en la patente del nombre que se posee en España. 129 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Entre otros muchos motivos, de los que desconozco la mayoría, los problemas surgidos con algunas piezas de aluminio de la segadora hacen que la continuidad de la empresa sea imposible y, así, después de un traumático ERE en el año 1980 o 1981, mediante el que se despide a la mitad de la plantilla, el 31 de julio de 1982 reciben la carta de despido todos los empleados restantes excepto los dos o tres necesarios para ultimar la liquidación. El 3 de diciembre de 1983 se protocoliza notarialmente, “para dar fin al estado de suspensión de pagos en que se encuentra dicha sociedad”, la “propuesta que formula a sus acreedores – los empleados entre ellos – la entidad mercantil ANVASO, S. A.”, propuesta que se resume en poner todos sus bienes a disposición de la “masa de acreedores” y nombrar una comisión liquidadora. Agradezco la colaboración de José López Darriba (Pepe o Barbas) y de Dionisio Jato Carrera, personas con responsabilidad como encargados de diferentes secciones de la empresa, que me han facilitado fotos y datos imprescindibles para elaborar este artículo. 130 Instalaciones AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Surcadores. Cisternas. Remolque basculante de dos ejes. Remolque basculante de un eje. 131 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Benigno Ruíz Nogueiras, Universidade de Santiago, socio de AGAMAC. A “MECANIZACIÓN” DA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO Nesta pequena contribución, tentaremos de debullar un pouco como se foi dotando a Escola Politécnica Superior (Universidade de Santiago de Compostela, Campus de Lugo), en particular nos seus primeiros anos de andadura. A tarefa non é doada pola evolución que experimentou o Centro ao longo da súa historia, que conlevou sucesivos cambios de sede e de “deslocalización” de documentación (nos casos en que existiu, naturalmente). Evidentemente, nestas condicións, para facer un traballo documentado cómpre tempo, principalmente para a busca de fontes de información, e xustamente, diso é do que pecamos. Sirva por tanto este artigo de prospección inicial e de base para un posible traballo mais amplo. Na actual Escola cúrsanse varias titulacións: Enxeñaría Técnica Agrícola, coas súas 4 especialidades, Enxeñaría Agrónoma, Enxeñaría Técnica Forestal, Enxeñaría de Montes, Enxañería Técnica en Obras Públicas e Enxeñaría Técnica en Topografía. O Comezo, moito mais humilde, foi como “Escuela Universitaria de Peritos Agrícolas”, dependente do Ministerio de Agricultura, ao que tamén pertencía practicamente todo o seu profesorado. Corría o ano 1967 cando empezou a cursar estudios a primeira promoción na “Escuela de Comercio”, pois o edificio propio estaba en construción na Avenida de Madrid, nun predio que ata ese momento era o Cuartel Militar das Mercedes. A primeira maquinaria para prácticas coa que se dotou a titulación chegou axiña, sen dúbida: sen que se teña moi clara a data exacta, ao ano seguinte xa se constata a súa presenza na parte posterior da Escola en construción. En 1969, sendo profesor de Motores e Máquinas Agrícolas D. Odón Abad Flores, funcionario da Delegación do Ministerio de Agricultura, hai tamén constancia da realización de prácticas coa mencionada maquinaria, no lugar en que estaba ubicada, aínda que as clases se seguían impartindo na “Escuela de Comercio”. No curso 1970/1971 dan comezo xa as clases na nova “Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica Agrícola”, que dispón dunha nave, un patio e un pórche cuberto para aloxar a maquinaria. 132 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Esta dotación inicial de maquinaria consistía en 2 tractores, unha colleitadora, un motocultor, un remolque de dous eixes, un remolque esparexedor dun só eixe e diversos apeiros: subsolador, grada de discos, arado de discos, cultivador, cuba de tratamentos, atomizador, etc.: TRACTOR Güldner G 40. Fabricado en 1963 en Alemaña. Potencia homologada: 35 CV. Matriculouse en 1982 (Figuras 1 e 2). TRACTOR Holder A.G-3 (Figuras 3 e 4). Fabricado en 1960 en Alemaña. Potencia homologada: 20 CV. Tractor articulado, de dobre tracción, de formato estreito (viñeiro). COLLEITADORA DE CEREAIS Hoffherr-Shrantz SMD 190 (Figuras 5 e 6). Ancho de corte: 1,90 m. De fabricación austríaca. REMOLQUE ESPAREXEDOR DE ESTERCO: Fabricado por Talleres CIMA, S.A. Zaragoza. 3 t de carga máxima (Figuras 7 e 8). REMOLQUE DE DOBLE EIXE. Fabricado por Talleres CIMA, S.A. Zaragoza. 5 t de carga máxima (Figura 9). CUBA DE TRATAMENTOS Holder (Figura 10). CULTIVADOR. Fabricado por Talleres CIMA, S.A. Zaragoza. Modelo B-F. (Figura 11; enganchado ao tractor Güldner, realizando labouras de preparación do solo para un ensaio). Ata finais dos 80 do século pasado, non se produciron incorporacións importantes ao parque de maquinaria: pequenos apeiros e máquinas adquiridos con fondos propios, e moitas veces grazas ás relacións persoais do profesorado coas casas comerciais e coa administración (constátanse cesións da Delegación de Agricultura de trebellos que ían deixando de terlles utilidade: na Fig. 12 obsérvase unha pequena cuba de tratamentos arrastrada polo tractor Holder, para dar neste caso unha rega de emerxencia nun ensaio). Adquirense nesta época unha motosegadora Bertolini, modelo MS-78 (Fig.13), unha sementadora de cereais LAMUSA, de 12 liñas (Figs. 14 e 15), unha fertilizadora 133 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica pendular (Fig.16), unha fresadora (Fig. 17), un arado de veso, unha colleitadora de millo forraxeiro (Fig. 18), etc. Un punto de inflexión constitúeo a implantación no campus de Lugo da titulación de Enxeñaría Agrónoma, e posteriormente a de Enxeñaría Técnica Forestal, que non tardarán en unificarse xunto con Enxeñería Técnica Agrícola para constituír a Escola Politécnica Superior (posteriormente criaríase tamén a titulación de Enxeñaría de Montes). Pois ben, coas novas titulacións, e como dotación para as mesmas, foise incrementando o equipamento de prácticas. É así como chega no ano 1989 o seguinte tractor á Escola: Kubota M 69500 T, con dobre tracción, e unha potencia de 75 CV (Fig.19), ademais dun motocultor e diversos apeiros para o mesmo; a principios dos 90, unha grúa hidráulica para traballos forestais, de fabricación sueca –FMV– (Fig.20) e unha desbrozadora de martelos. En 1999, debido á necesidade de maquinaria específica para a realización de traballos de preparación e mantemento dos predios de prácticas, obtense, mediante cesión do INLUDES (Deputación de Lugo), outro tractor: Renault 651 E, de 66 CV (Fig.21). Adquírese un remolque dun só eixe, e varios apeiros, tales como unha desbrozadora de cadeas. Outra vía de adquisición de maquinaria que se pon de relevo especialmente nos últimos anos, é a investigación: ao traveso de proxectos conséguese orzamento para diversas máquinas que se foron adquirindo, e que ademais de seren utilizadas para o seu cometido investigador engrosan o parque de maquinaria de prácticas do Centro. Deste xeito mercouse unha sementadora de mínimo laboreo (Semeato), un remolque autocargador (Maglosa), un descompactador, pero o mais destacable é a adquisición en 2004, coa concurrencia de tres grupos de investigación da EPS e un da Universidade da Coruña, do tractor Massey-Ferguson MF 7465 Dyna-VT, de 120 CV. (Fig. 23): é o tractor mais avanzado do que dispón a EPS, supondo un salto dende o punto de vista cualitativo, por permitir a utilización de controles electrónicos na maquinaria agrícola, estando dotado dun monitor compatible co protocolo ISOBUS. Finalmente, un dobre paradoxo que supón o mellor remate que lle podemos dar a este capítulo dedicado á maquinaria agrícola na EPS: O tractor adquirido, polo de agora en último lugar, é o mais antigo, e non atopamos situación mais idónea para a súa fotografía que xunto ao mais moderno que rematamos de describir. Trátase do Fordson F de 1916 (Fig. 24), que chegou a esta casa cedido por AUTO AVIÓN, a 134 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica raíz da súa exposición na “1ª Mostra de maquinaria agrícola de época”, realizada por AGAMAC nesta Escola. É de xustiza rematar esta modesta recompilación agradecéndollo a quenes me axudaron a documentarme: D. Javier Bueno Lema, profesor de motores e máquinas, e actual director da Escola, D. Emilio Mario Hernández Rodríguez, profesor de Cultivos Herbáceos, e un dos mais antigos alumnos da Escola, e sobre todo a D. Manuel García Caderno, profesor de prácticas de motores e máquinas agrícolas dende o ano 1972; verdadeira historia viva da Escola, en particular do que se refire á maquinaria, e merecente do agradecemento de que moitas das unidades das que se falou neste escrito chegasen ata a actualidade, polo seu interese persoal no excelente estado de conservación no que se atopan. Fig. 1 Fig. 2 Fig. 3 Fig. 4 135 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 136 Fig. 5 Fig. 6 Fig. 7 Fig. 8 Fig. 9 Fig. 10 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Fig. 11 Fig. 12 Fig. 13 Fig. 14 Fig. 15 Fig. 16 137 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 138 Fig. 17 Fig. 18 Fig. 19 Fig. 20 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Fig. 21 Fig. 22 Fig. 23 Fig. 24 Fig. 25 Fig. 26 139 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Ramón Fuentes, Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela. UNHA VIAXE NO TEMPO POLO MEDIO RURAL GALEGO Os que nacemos na aldea xa fai moitos anos e mantivemos o contacto con ela non só vivindo, senón tamén queréndoa e estudiandoa, notamos con máis intensidade os cambios que foi experimentando no último século, particularmente nas últimas 4 décadas. Falar da Galiza rural de fai un século, supón situarse nunha época na que a natureza mantiña en alto grao os seus parámetros. A terra era un ben querido porque aportaba a maioría dos alimentos, pese a presión demográfica rural da época. As tecnoloxías de esos tempos eran escasas e as fontes enerxéticas estaban limitadas ás persoas e ó gando. As terras manexábanse con moito agarimo porque eran a despensa en aquel entonces e ademais como en boa medida pertencían á nobreza que cobraba as rentas, foros e parcerías, tiñan un freo á hora de cambiar as alternativas, así como variar a relación entre o censo gandeiro e a superficie agraria. Podemos dicir que ata a década dos 50 do século pasado o inmovilismo foi a característica fundamental da actividade agraria en Galiza. O TRACTOR A liberalización do mercado do tractor, e os servizos de Extensión Agraria e Concentración Parcelaria, marcaron nos anos 50 o comenzo do desenvolvemento agropecuario, aínda que as explotacións seguiron adicadas ó autoconsumo. Foron as vacas as que notaron máis o cambio, porque o xugo foi desaparecendo ainda que moi lentamente ata que a economía o permitíu. O comenzo dos anos 70 podemos consideralo como de transición da produción para autoconsumo á especialización en leite ou carne. A emigración a Europa despexóu moito o medio agrario, o acceso a propiedade intensificouse e aumentou a base territorial das unidades de producción, variando tamén as alternativas no sentido de intensificar os cultivos forraxeiros complementados coa maquinaria específica para estas produccións. Podemos polo tanto dicir que a Galiza agraria 140 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica especializouse maioritariamente nas producións de leite e carne, sen esquencer o viñedo e os cultivos de horta e fror. A medida que foi pasando o tempo os censos gandeiros foron aumentando, chegando en casos a 5 vacas por ha., que equivale a decir que se intensificou moito o consumo de concentrados. O medio agrario foi cambiando a súa fisonomía, os cultivos de cereal de inverno reducíronse a valores testimoniais, mesmo o millo para grao. A población rural foi disminuíndo, chegando no momento actual a contar só con 1 ou dous membros activos por explotación. Recollendo patacas na década dos cincuenta. A ACTUALIDADE AGRARIA Dende a miña perspectiva o noso agro non ten resolto a problemática actual, porque cambiar o manexo das explotacións de producir para autoconsumo a facelo para comercialización, supón un gran cambio, supón iniciarse no mundo da empresa, supón falar de competitividade, de rendementos, de rendabilidade das inversións etc., aspectos para o que non están preparadas boa parte das nosas explotacións. Se falamos de empresa agropecuaria temos que tratar de resolver a súa problemática en aspectos tan importantes como: A falta de base territorial, falta de rendabilidade da maquinaria, falta de especialización da man de obra, manexo inadecuado do solo, parcelación excesiva, prezos moi axustados dos produtos etc. 141 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Como vemos os atrancos que ten o noso sistema agrario son de primeira división. Tratar de arranxalos non é tarefa fácil porque partimos dunha situación que atopa dificultades en case todos os eidos cando falamos de empresa que debe competir en Europa. Coa superficie media das nosas explotacións, non é posible cumprir case ningunha das premisas propostas e por iso pensamos que os estudios deben facerse sobre unidades que permitan rentabilizar a maquinaria e a especialización da man de obra. Temos moitas aldeas na Comunidade onde é posible facer estudios baixo estas premisas e completalos coas prácticas correspodentes para ir conquerindo o modelo agrario dos tempos actuais. En Lugo temos os centros específicos para tratar estes temas, falta coordinación, alguén que con xuventude e ilusión fomente o estudio do noso agro nos aspectos de empresa e sustentabilidade. É unha asignatura pendente que debe figurar nos plans de estudos actuais. INFORME SOBRE TRABALLOS FEITOS Ramón Fuentes Acabada a carreira, fixo oposicións ó Servizo de Extensión Agraria sendo destinado a Monforte. Como este Servicio non cumpría as súas aspiracións, abandonóuno o cabo de varios meses. Posteriormente adicouse varios anos a realizar estudos prácticos sobre cultivos, alternativas, cebadeiros de gando vacún, ensaios sobre abonado etc. Coa finalidade de montar unha empresa agropecuaria, aproveitando a liberalización do mercado do tractor e a posibilidade de montar unha empresa agropecuaria de tamaño axeitado para aqueles tempos. Para ter un seguro de vida decidiu opositar ó corpo de Peritos Agrícolas del Estado, para en caso de obter plaza pedir excedencia, porque en este corpo mantiñan a praza naqueles tempos. Aprobada a oposición foi destinado á Xefatura Agronómica de Lugo onde lle encargaron traballos de análise de terras, inspección de tractores , campañas de prados etc., traballos todos do seu agrado que máis adiante foron complementados coas prácticas de Análisis Agrícola na Escola de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo. Chegado a este punto decidiu abandonar a súa ilusión 142 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica pola empresa agropecuaria e seguir na administración compatibilizando as dúas actividades na Jefatura e na Escola. Máis adiante ocupou a praza de Xefe Adxunto do SEMPA ata súa desaparición. Posteriormente convocouse unha praza na Escola Politécnica Superior de Lugo, obtendo praza e pasando así a formar parte do Corpo de Profesores Titulares ata a súa xubilación. Outros méritos Foi nombrado Oficial Da Orden Do Mérito Agrícola no ano 1977. Foi nombrado socio fundador da Sociedad Española de Agricultura Ecológica. Recibiu o premio de prensa da primeira edición da Semana Verde de Silleda. No ano 2.007 pubricou a obra Agrosistemas Sostenibles y Ecológicos, editada polo Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago. Colabora na prensa local con artículos de difusión sobre temas agrarios así como en algunhas revistas. 143 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Dna. Lara Méndez, Vicepresidenta 2.ª da Deputación de Lugo A MAQUINARIA AGRÍCOLA ANTIGUA, “UN AUTÉNTICO LEGADO PATRIMONIAL E HISTÓRICO QUE TAMÉN DEBE CONSIDERARSE COMO PARTE DA NOSA CULTURA” Como Vicepresidenta Segunda dunha institución, que ten unha aposta decidida polo sector agrogandeiro, e como enxeñeira técnico agrícola é un pracer para min compartir este tempo con todos os socios da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (AGAMAC). Por iso, quero que as miñas primeiras liñas sexan para recoñecer o enorme labor que esta Asociación desempeña para a conservación do patrimonio arqueolóxico, cultural e industrial agrario galego. A aparición da maquinaria agrícola foi un dos grandes fitos da historia. A Revolución Industrial e o desenvolvemento das máquinas máis complexas supuxeron un antes e un despois na vida dos gandeiros e nos métodos de cultivo tradicionais, de tal xeito que permitiron reducir custes de man de obra, aumentar a competitividade e a profesionalización do traballo. Atrás quedan os carros que empregaban os nosos antepasados, e que marcaron unha época única en Galicia, ou os primeiros tractores. En definitiva, un auténtico legado patrimonial e histórico que tamén debe considerarse como parte da nosa cultura. Na Granxa Gayoso Castro dispoñemos dalgúns exemplos que, aínda conservamos, e que cabe comentar. É o caso de tres tractores. O primeiro, marca Cartepillar, foi matriculado nos anos 50 e conta cun motor de catro cilindros e 35 cabalos de potencia. O seu sistema eléctrico é con magneto. En agosto de 1951 tamén se matriculou un John Deere, modelo serie A, con cinco marchas cortas e outras tantas longas. O motor é de dous cilindros en horizontal e non dispón de bomba de auga para refrixeración. O embrague vai incorporado na polea de trilla e acciónase cunha palanca manualmente. O terceiro, trátase dun Ford que foi incorporado tres anos máis tarde que o anterior. Dispón de catro marchas, catro cilindros e un elavador hidráulico dos aperos. A este listado hai que engadir dous arados bisurcos, un deles de discos para roturación do monte e de orixe estadounidense e, o outro, reversible de vertedeira con elevador incorporado e volteo manual. 144 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Pero non quería deixar pasar a ocasión para reparar na cuestión de que nestes momentos de crise as administracións temos que mirar ó campo doutra forma. Na Deputación de Lugo, se algo compartimos con AGAMAC é o impulso do agro en xeral co obxectivo de que os nosos gandeiros sexan máis competitivos, grazas a unha produción de auténtica calidade. Na Deputación estamos executando medidas estratéxicas para potenciar a economía provincial, seguindo o Plan Estratéxico que elaboramos co Centro de Investigación Económica e Financieira da Fundación Caixa Galicia. Precisamente, reorientamos o Orzamento de 2010, xa que unha boa xestión dos fondos públicos obriga a facelo rendible dende o primeiro momento. Neste senso, o pacto polo campo non pasa por competir cos gandeiros da provincia senón por poñer en marcha medidas que permitan a este sector ser máis competitivo. Cando chegamos á Deputación, cambiamos o rumbo da Granxa Gayoso Castro. Nós non podiamos seguir vendendo leite nin criando vacas. Para iso temos ós nosos gandeiros. Non estamos para competir con eles, pero sí para mellorar a calidade xenética da cabana gandeira, reducir os custes que teñen e crear postos de traballo. Isto é o que nos levará a construir, unha vez que teñamos os permisos da Xunta de Galicia, o primeiro centro de recría público de España. Trátase do proxecto máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas en Galicia, xa que triplica a capacidade do 14 centros existentes en toda a Comunidade, e dispón de 12 millóns de euros de orzamento. Pero esta Deputación non só vai colaborar cos gandeiros de frisona, senón tamén cos de raza rubia, dentro do convenio de colaboración subscrito con ACRUGA nada máis chegar ó goberno da Deputación para expandir e mellorar xeneticamente a raza. Precisamente, no marco deste acordo, construiremos nas inmediacións da Granxa outra nave que albergará, nun principio, a unhas 250 reses. Son dúas iniciativas coas que buscamos que unha provincia como a nosa, que é eminentemente agraria, acade un maior grao de desenvolvemento. Por este motivo, felicito ós creadores desta revista e bríndolles a colaboración da Deputación en vindeiros proxectos porque se algo nos une é o desexo de poñer en valor o medio rural, dende unha perspectiva de cohesión para que este sexa rendible. 145 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 146 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 10.– COLABORACIÓNS DOUTRAS ASOCIACIÓNS DA MAQUINARIA AGRÍCOLA CLÁSICA, E REFERENTES DO SECTOR DA MAQUINARIA AGRÍCOLA. D. Eloy Galván, Enxeñeiro Técnico Agrícola, ex director xeral de Same-Deutz-Fahr Ibérica, actual director xeral de RECINSA. PASAN LOS AÑOS, SIGUE LA VIDA A finales de los 70, John Deere, la empresa de maquinaria agrícola en la que trabajaba, me destinó a Galicia como Jefe Territorial con la misión de apoyar comercialmente a los concesionarios de la marca. El trabajo implicaba viajar continuamente por la región, tanto visitando los talleres locales para seguir la evolución del mercado como acompañando a los vendedores en sus gestiones con ganaderos y agricultores. Había visitado Galicia en diversas ocasiones, pero una inmersión de cinco años me permitió conocer con cierta hondura la situación de la Comunidad, el carácter de sus gentes, y su capacidad para resolver los problemas que nos afectan a los humanos. Encontré acomodo con mi familia en Pontecesures, un pueblo limpio y cuidado en la ribera del Ulla, de clima suave y buena comunicación por carretera y ferrocarril, con un entorno privilegiado por sus paisajes y tranquilidad. Aunque había vivido en varias ciudades tanto de España como del extranjero, me llamó la atención la avanzada mentalidad social, la independencia de criterio y el carácter emprendedor de la población. Posiblemente se debiera a la pasión viajera de los gallegos o a su estrecha relación con sus parientes de otros continentes. Otro tema que me chocó fue el hecho de que, de manera habitual, las mujeres trabajaran en las faenas del campo, algo que aún hoy día resulta avanzado, y excepcional, en otras partes de España. En aquellos años, la actividad agraria tenía una gran importancia social y económica en la Comunidad, ya que ocupaba a más de la mitad de la población y el valor de su producción era similar al aportado por el sector industrial. Los trabajos del campo eran muy laboriosos y exigentes por lo que, cuando el nivel de renta permitió la adquisición de maquinaria, la mecanización de las labores del campo se impuso con bastante rapidez. Así, en la década que medió los años 70 y 80 se introdujeron en Galicia 70.000 tractores nuevos y usados, y cerca de 40.000 motocultores, una cifra muy considerable de máquinas que desmanteló los sistemas seculares de traba147 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica jo para dar paso a nuevos métodos de laboreo, de tratamiento de las cosechas y de manejo de los animales, lo que resultaba económicamente más eficaz y provechoso. La entrada masiva de tractores, remolques y maquinaria de forraje sustituyendo a los bueyes, carretas y guadañas, redujo el número de horas de trabajo y empujó a buena parte de los agricultores y ganaderos fuera del sector. La ganadería, más provechosa que en otras zonas de España, ganó fuerza y superficie en detrimento de la agricultura, a pesar de la introducción de nuevos cultivos como el kiwi o las flores, o la expansión internacional de los grandes vinos locales. Visito Galicia varias veces al año, y recientemente atravesé la región en peregrinación a Santiago. En las ferias no brilla con la misma fuerza el bullicio de aldeanos y animales procedentes de los pueblos, muchos montes han perdido la frondosidad de sus antiguos bosques, y el familiar chirrido del carro perezoso de Rosalía ya no suena por los caminos. En los últimos 30 años, la Comunidad ha franqueado una drástica transformación. La agricultura y la ganadería atraviesan ahora una profunda crisis, y han perdido la influencia de años atrás. Pero la vida sigue. Es grato comprobar como los servicios de comunicaciones, de enseñanza o de sanidad han mejorado enormemente la vida de las gentes de la Comunidad. Y, también, como los paisanos mantienen la constancia y la calma adquirida tras siglos de alianza con el entorno, y la misma retranca y socarronería acumulada durante generaciones en el conocimiento del significado de la vida. 148 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Joan Artigas Campás, coordinador de FAMAE (Federación de Amigos de Maquinaria Agrícola de España), exdirector técnico de Parés-Hermanos. En mis charlas, impartidas a grupos de agricultores, al revisar los contenidos, me daba la impresión de que faltaba la referencia de un modo general, a la historia de la mecanización agraria, que sirviera de introducción. La historia vivida obliga a tomar como referente los primeros meses del año 1944, cuando los agricultores tomaron conciencia de que su supervivencia y bienestar, sólo era posible produciendo más y mejor, interesándose en cómo aumentar la productividad de sus tierras, mediante el laboreo mecanizado, la aplicación de abonos y la siembra de variedades seleccionadas de semillas. Como máquina emblemática, destacaba sobre todas, el tractor agrícola. Los agricultores, en aquellos primeros años de la mecanización, no tuvieron oportunidad de acceder a información especial sobre maquinaria, que no fuera el simple manejo. Eran contados los tractores que se entregaban al usuario con su manual de instrucciones impreso en castellano. Los fabricantes exportadores no prestaban demasiada atención. Sólo los más importantes los editaban en castellano para América del Sur y España. El Estado español, como consecuencia de la guerra civil, sufrió un retraso industrial muy notable, debido al bloqueo económico de posguerra. De modo que esta situación, ocasionó un evidente retraso en la mecanización del campo. Comparado a otros países como: USA; Reino Unido, Canadá; Alemania y Francia, el retraso era de aproximadamente 20 años. Como ejemplo, se puede señalar que los tractores que incorporaban el sistema Ferguson, desarrollados la década de los años 30, el avance tecnológico que incorporó y revolucionó el sistema hidráulico en los tractores, no estuvieron dispoñibles en el país, hasta los últimos años de la década de los 50. De un modo preferente, puesto que eran los más avanzados, de estos países, se importaron los primeros contingentes, algunos cientos de tractores, preferentemente de USA, cedidos mediante una ayuda especial y que de alguna manera, rompió el bloqueo económico. Años 1951-1952 y siguientes. Estas unidades, eran importadas por empresas, pero, eran distribuidos por el Ministerio de Agricultura entre los agricultores, a los que se les exigió una cierta cantidad de tierra en cultivo, por unidad solicitada. 149 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica En la década de los cincuenta, MOTOR IBÉRICA; LANZ IBÉRICA ( antes de que fuese adquirida por JOHN DEERE); SABA-Nuffield, iniciaban la fabricación de tractores. Paralelamente, industriales y talleres agrícolas, destinaron recursos humanos y económicos, en desarrollar máquinas para la agricultura. A unos no les acompañó el éxito, por la dificultad de hacerse con la tecnología adecuada, y, a otros, a pesar de su alta calificación en ingeniería mecánica, no les era posible fabricar máquinas fiables, dada la dificultad de adquirir aceros especiales, imprescindibles, que precisaban estas máquinas, para trabajar en un medio tan duro y abrasivo, como es el laboreo de la tierra. En estas condiciones, era prácticamente imposible, fabricar máquinas para una vida útil de diez mil horas (diez años), fiables, es decir, sin que, las averías y la reposición de las piezas de desgaste afectaran a su rentabilidad. Esta dificultad, hubiera conducido al fracaso, cualquier intento de exportar a otros países. Por lo que se ha explicado, quedó muy limitado el desarrollo de la industria de maquinaria agrícola. Uniendo a las dificultades mencionadas, el veto de los fabricantes que cedían sus Licencias de Fabricación, cerrando toda posibilidad de exportar, obligando a que todo el stock fabricado fuese vendido en el país. No se debe olvidar la contribución, aportada a la difusión de la mecanización por las revistas agrarias, verdaderos motores en la expansión y mejora del conocimiento sobre máquinas agrícolas, y que, prestaron una valiosa ayuda, a los que estábamos inmersos en el medio agrario. Entre ellas: AGRICULTURA DE LAS AMERICAS; FARM MECHANIZATION y EL CULTIVADOR MODERNO, decana de la prensa agraria en nuestro país. Es justo, hacer mención aquí, de la impagable labor de difusión, del profesor D. Luís Márquez (hoy director técnico de la revista Agrotécnica, que se edita en Madrid,quien, a través de sus escritos, publicados, durante décadas en revistas especializadas, ha sido el referente, para quienes hemos deseado una puesta al día, sobre tecnología aplicada, a máquinas agrícolas. Los que nos integramos, en aquella época, al sector, participamos y, por tanto, fuimos testigos de excepción, de lo que era un incipiente comienzo y posterior desarrollo de la mecanización, sobre todo los que, como es mi caso, nuestros inicios en la profesión, fueron en el medio rural, que arranca en Febrero de 1944 hasta Septiembre de 1992, de un modo activo y sigue, hasta el día de hoy, como “hobbye“, debido al firme propósito de mantener las neuronas con cierta actividad. 150 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Han sido muchos años de permanentes contactos con algunos de los principales fabricantes de tractores y máquinas, pioneros en la mecanización del campo, a nivel mundial, como son: Massey-Harris; Massey-Ferguson; Ford; Ford-New Holland; Landini y también, participando en la introducción y consolidación, en todo el territorio español, de los productos Kverneland. Por cuanto queda dicho, entiendo que, transmitir esta experiencia, en todo lo posible y, memoria histórica adquirida, es para mí el mejor tributo, que un hombre de la profesión puede hacer, al colectivo de agricultores y restauradores de tractores y máquinas agrícolas. Como consecuencia de las reuniones que he mantenido con mis amigos Albert Torras, Joan Bosch y Antonio Esteve, director general de Argo Ibérica (Landini), surgió la idea de que sería necesario disponer de un boletín que pudiera publicarse, al amparo de alguna Institución. Propuse a nuestro buen amigo Julián Mendieta la creación de un suplemento, insertado en su revista Agro-Técnica, destinado a la restauración y al coleccionismo. Y justo, salieron los primeros ejemplares de “Agrotécnica-Clásicos “. Más adelante, bajo el patrocinio de Feria de Zaragoza, editamos el FAMAE News. Estamos en su tercer año de publicación y, el contenido de temas irá creciendo, a medida que avanzará su publicación. Su éxito dependerá de nosotros mismos si, entre todos logramos que se mantenga el apoyo logístico a la actividad principal que es, difundir, aún más, el entusiasmo de nuestros restauradores e incorporar otros nuevos, que amplíen o regeneren al colectivo. Pruebas iniciales con un Massey Harris Pony para arrozales. 151 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Con el Ministro de Comercio en Fima de 1973. Cursillos de producto. Cursillos de producto. 152 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica D. Albert Torras Pey, Presidente de Honor de FAMAE, Presidente de Honor e fundador da “Asociación dels Amics del Tractor d´época del Bages, fundador do Museo Ermitanet de Santpedor (Manresa) e membro honorífico de “Amics del Tractor d’época de l’Empordà (Girona). HISTÓRIA CLÁSICA El interés por las máquinas clásicas del campo me vino muy pronto, y podemos decir que desde muy joven, ya que nací en una finca en la cual mis padres y mis abuelos habían trabajado siempre la tierra. Cuando venían máquinas a trabajar nuestras tierras, yo ponía mucho interés e ilusión en ellas. Cuando de pequeño iba a la escuela pasaba muchos ratos viendo como trabajaban en las eras trillando con máquinas. Además trabajé en el campo hasta la edad de 28 años aunque después me dediqué a otras actividades. Llegando el año 1975 tuve la ocasión de comprar un tractor marca Lanz modelo 2806 que le llamábamos el 38 estrecho y mirando la placa ponía modelo 2806 pero yo, como no conocía casi nada de historia, no entendía que pasaba, después, a medida que fui averiguando, descubrí que este modelo no se había fabricado en Getafe (España), sino que había venido de Alemania y no era el clásico 38 estrecho, por lo tanto tenía 28 caballos. Eran modelos que se importaron antes de fabricarlos en España, cuyo distribuidor era MOTOR MÓVIL, ubicado en Barcelona y Baleares. Creo que los importaba Ricardo Meden. Trabajé con este tractor algunas tierras de mi propiedad, entonces fue cuando llegando al año 1980 me animé y compré un Lanz 40, éste ya fabricado en Getafe (España) por Lanz Ibérica. En este modelo se inspiró un compañero maquetista para hacer una réplica a escala 1/16. Enseguida pensé que aquellas maquinas no podían ir al desguace como ya se estaba haciendo desde mucho antes. Ya se empezaba a hablar de clásicos, pero con las máquinas del campo esta idea no se podía contemplar. Hablé con personas que conocían muy bien el tema y casi nadie veía clara esta posibilidad. Al llegar al año 1985 fui a ver a un agricultor “de toda la vida” que había tenido tractores ya de muchos años y que había recuperado algunos. Entonces empezamos a hablar de los que tenía él y de los que tenía yo. Estas conversaciones iban siendo cada vez mas frecuentes y fue cuando decidimos buscar más compañeros que tuvieran la misma afición. Durante bastante tiempo celebrábamos reuniones con personas de interés común, de los cuales algunos ya tenían tractores. En esto surgió la posibilidad de 153 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica celebrar la primera salida para exponer tractores en un pueblo vecino, en el que celebraban la fiesta del arroz, que consistía en dar arroz a los pobres (es una fiesta que viene desde la antigüedad). Entre los aficionados conseguimos reunir varios tractores. Fue la primera salida en concepto de exposición e hicimos un recorrido por las calles de este pueblo, que fue un éxito. Fue entonces la primera vez que se hizo, digamos, de forma itinerante. En este mismo pueblo fuimos repitiendo el mismo acontecimiento hasta el año1996 y he de recordar que empezamos en el año 1987. A este le siguió otro y otro... En algunos de ellos conseguimos exponerlos durante 12 años seguidos y como es lógico consiguiendo una recompensa económica (comisiones de fiestas y algún espónsor). En el año 1995 tuvimos ocasión de contactar con el Ayuntamiento de Castellbisbal que fue el que más compensación económica nos proporcionó. Contactamos gracias al señor Joan Bosch. No obstante, en mi cabeza, tenía la necesidad de explicar a la gente más historia, no solamente tractores, sino todas las demás herramientas complementarias para realizar las tareas del campo en el pasado. En 1990, alquilé la primera nave en Santpedor (Barcelona) para poder enseñar y explicar la historia de las máquinas cronológicamente. Para poder conseguirlas tuve que buscarlas por sitios cercanos al lugar de residencia y las dejé en el estado en el que estaban cuando trabajaban, respetando al máximo las transformaciones que les habían efectuado para adaptarlas a las necesidades de la época, en las cuales los avispados fabricantes ya se habían percatado de dichas mejoras, tales como ruedas neumáticas, asientos sobre guarda barros, velocidades mas rápidas, etc. También procuré tener varias marcas diferentes, tanto de tractores como de otras máquinas, motores estáticos, motocultores... De estos llegué a tener una cantidad representativa para poder hacerse una idea de la diversidad de marcas. Una de las cosas que procuré fue documentarme en archivos históricos, para poder explicarlos junto a la historia etnológica. 154 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica En aquella época no había más que lo que quedaba en desuso. Debo comentar que en 1990 se formalizó la Asociación con cinco socios fundadores. En 1992 comencé a tener contacto con personas de otros países y me di cuenta de lo importante que era el tema para ellos y también me enteré de que existían diversos museos y exposiciones. Hace aproximadamente 25 años no entraban máquinas de época de fuera del país. Cuando empezaron algunos coleccionistas adquiriendo ejemplares, algunos con un gran talonario, los oportunistas “compra-ventas” comenzaron a llevarlos de un sitio a otro allá donde hubiese maquinaria agrícola. En Francia, al contrario que en España, guardaron mucha maquinaria agrícola. Igual pasó con coches y motos. Estos últimos a mi parecer no cuentan tanto para la historia como las máquinas agrícolas, pues a mi entender éstas tienen un valor cultural, ya que formaron parte de un pasado muy duro y nosotros, los campesinos de la posguerra, sentimos un gran respeto por ellas. También creo que es importante valorar las marcas que se fabrican en nuestro país, tanto las multinacionales como las nacionales que tuvieron que soportar la escasez de materia prima (hierro y acero de calidad). Llegando al año 2000 tuve la oportunidad de poder alquilar la segunda nave, en la cual expuse en mejores condiciones y pudiendo de esta manera mostrar al público lo que siento haciendo una pequeña mención del cultivo de la tierra con herramientas primitivas referentes al esfuerzo humano, animal, siguiendo con el vapor y con el motor de combustión interna. Decidí obtener como tema “el cereal” y centrarme en trigo, como el cereal rey que es y explicar la gran necesidad de poder recoger este cereal con mínimo tiempo y esfuerzo posible, ya que son pocos los días y urgente la necesidad de recoger la cosecha. En la antigüedad, los romanos ya empezaron a buscar alguna herramienta, pero no lograron grandes avances tecnológicos aunque sí consiguieron un punto de partida. Palladius describe un carro con dos ruedas: en un extremo estaba provisto de unos dientes de hierro y un varal empujado por un buey y de esta manera cosechaba el cereal. Parece ser que quedó en el olvido por el poco éxito alcanzado. No fue hasta 1822, que Patrien Bel pudo demostrar su gran descubrimiento al lograr el sistema de «Vai-Ven» que corta la caña del trigo y aprovechando los fracasos 155 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica de varios inventores como Many, Ogie, Brown, los cuales no pudieron lograr sus objetivos por falta de dinero. Entonces fueron los americanos Makconnich y Deering los que fundaron las grandes empresas y se comenzó el gran paso de la mecanización en el campo y a su vez elevar el nivel de vida de millones de personas ya que se pudo cultivar enormes extensiones de tierra: algo que hasta entonces era inimaginable. En pocos años, en una misma operación se consiguió la siega y la trilla. Este proceso se inició tan sólo en unos 60 años. Llegando a los años 20, Ford saca al mercado un tractor ligero, fuerte y económico, pensado para ser adquirido por la gran mayoría de agricultores, fabricados en cadena y a un precio módico. En 26 años se construyeron más de 90.000 unidades en distintas fábricas. En España, en 1929, se importaron una cantidad importante de tractores. Fue en Barcelona donde se instaló una fábrica, la cual estaría muchos años. Como es obvio, no hace falta decir que en América fructificaron muchos fabricantes de tractores y maquinarias agrícolas que en pocos años sobrepasaron los 100 y en Europa otros tantos. Solamente en Alemania se llegó a 70 fábricas en 1950, que fue el tope máximo en este año. Después fue descendiendo el número de fabricantes considerablemente. En España hubo pocas fábricas de tractores autóctonas, dos o tres, mixtas hubo algunas más. Segadoras, trilladoras, ... las más nombradas fueron Ajuria, en Vitoria y Trepat en Tárrega. Mi deseo sería poder disponer de un espacio mayor y adecuar mejor la exposición para seguir con la idea de relacionar las maquinas, las personas y el país. Por ello necesito ayudas institucionales o privadas para poder realizar el objetivo, que por el momento es único aunque modesto. Entre las personas que han visto la exposición y escuchado el relato que expongo en la misma y que me honran con su presencia, está mi querido amigo Marcos Vázquez y sus compañeros de AGAMAC, a los cuales les agradezco el esfuerzo que tuvieron que hacer. Desde aquí, me gustaría animar a los más jóvenes a luchar para seguir protegiendo este valioso patrimonio que son las máquinas del campo clásicas. También quiero comentar que después de celebrar 20 años de la fundación de la Federación FAMAE, a la cual pertenecen la mayoría de las asociaciones, y que amparada por la feria de 156 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica Zaragoza FIMA, se empezó a editar un boletín con todas las informaciones que nos interesan a nosotros, amantes del rural y coleccionistas empedernidos de las ya citadas máquinas clásicas del campo. Albert Torras al lado de un buen clásico en los años 80 peregrinando al Montserrat. 157 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 11. Na honra do socio falecido que nunca esqueceremos, o comandante D. José Iglesias Álvarez. Esta foto do comandante da Garda Civil de Tráfico D. José Iglesias Álvarez, (que faleceu en xuño de 2010 aos 59 anos de idade) tomada por Manuel Vázquez Rivas na feira de Valverde del Majano (Segovia) en setembro de 2007, amosa claramente a paixón coa que este home, de recoñecida valía no progreso da seguridade vial e civil, vivía o mundo da maquinaria agrícola clásica, e ao mesmo tempo loitaba polos seus obxectivos, os de conseguir un rural máis vivo. Entre outras moitas cousas dentro da asociación foi un gran impulsor do Camiño de Santiago en Tractor e tamén contribuíu a facer posible o conservar moitos tractores ao abeiro do Programa Renove de tractores. Alá onde estea, saiba que o lembramos con cariño, e que seguimos necesitando dos seus consellos, que sempre marcaron e marcarán o rumbo axeitado. Moitas grazas por todo o bo que nos deixou. Toda AGAMAC 158 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 12. En AGAMAC HISTORIA VIVA II, contaremos. Xigantes e clásicos: relataremos o percorrido de dous xigantes clásicos do rural galego, o David Brown 4690 da empresa Blanco Trigo e o John Deere 8430 da empresa Agroforestal Xanceda. 159 AGAMAC - Asociacion de Amigos da Maquinaria Agricola Clasica 160